MARROCOS: UNHA VIAXE POLAS CIDADES HISTÓRICAS

Page 1

MARROCOS: UNHA VIAXE POLAS CIDADES HISTÓRICAS, KASBAHS E DESERTO DE MERZUGA (do 30 de marzo ao 10 de abril)

DIA 30 de marzo (venres): A CORUÑA- MADRI D- CASABLANCARABAT Presentación no aeroporto da Coruña para voar con destino a Casablanca (vía Madrid). Chegadae asistencia polo guía de fala hispana. Traslado a Rabat e xantar na zona costeira. Tarde adicada á visita guiada a Rabat. Na vella medina visitaranse: a Kasbah dos Odayas, da dinastía Almohade, a Torre de Hasan II, o chellah construído polos Merinides e finalmente o Mausoleo de Mohamed V, abó do actual rei de Marrocos. Ceae aloxamento no hotel RABAT. DÍA 31 de marzo (sábado): RABAT- FEZ: beleza imperial Almorzo buffet no hotel e traslado a FEZ . Cidade declarada Patrimonio da Humanidade. Comezaremos cunha panorámica desde un dos outeiros que circundan a cidade para visitar despois as portas de chumbo (bronce) do Palacio Real, e xa a pé entraremos na medina pola porta Bab Buxelud para visitar Medersas(centros de estudos coránicos): Medersa bu Inania e Attarine. Xantar na medina de Fez. Tarde adicada aos Karabanserais e aos barrios dos artesáns. Destacan o dos curtidores (Chuara), o dos luthiers (perto da praza Smine), o dos obxectos de coiro e especialmente babuchas (Ain Allu), da henna (perto do anterior), das especias (el Attarin), dos carpinteiros (Nejjarine), dos tetuaníes (Tsetauí), e dos orfebres (rúa Merinides). Aloxamento no hotel LES MERIN I D ES. DÍA 1 de abril (domingo): FEZ- VOLUBIL IS- MEKNES- FEZ Almorzo buffet no hotel. Traslado a VOLÚBIL IS e visita do sitio arqueolóxico. Volúbilis é unha antiga cidade romana. O seu xacemento arqueolóxico é posibelmente o mellor conservado desta área do norte de África. Foi incluído na lista de Patrimonio da Humanidade da Unesco. Xantar en Meknes e visita guiada á cidade.

1


A Unesco ten designado a Meknes como parte do Patrimonio da Humanidade polo seu carácter representativo dun complexo urbano e arquitectónico dunha capital do Magreb do século XVII que combina de forma harmónica elementos de deseño e planificación islámicos e europeos. Visita da Mellas, Bab el Mansur e Medina. Aloxamento no hotel LES MERIN I D ES. DÍA 2 de abril (luns): FEZ- MEKNES- ERFUD Almorzo no hotel. Saída deica a cidade de Midelt : panorámica e explicación do guía. Xantar en Midelt . Continuación deica Erfud , pasando por zonas paisaxística moi fermosas no Val de Ziz . Parada en Erfud , onde nos achegaremos á historia da cidade desde o seu mesmo centro. Ceae aloxamento no hotel XALUCA MAADID . DÍA 3 de abril (martes): ERFUD- MERZUGA Almorzo no hotel. Saída deica a zona de fósiles de Erfud . Xantar en Rissani . Visita desta cidade. Continuación cara á zona de Merzuga e deserto. Chegadaao campamento. Atardecer no deserto. Cea e aloxamento en tenda nómade dobre en Bivuac XALUCA BELLE ETOILE. DÍA 4 de abril (mércores):MERZUGA- UARZAZATE Amencer no deserto. Contemplación da saída do sol. Almorzo buffet en haima. Saída cara a Uarzazate moi cedo, pasando por Tinghir . Xantar en Todra e visita aos seus canóns. Seguiremos ruta polo Val do Dades e Val das rosas. Chegadaa Uarzazate . Ceae aloxamento no hotel MERCURE . DÍA 5 de abril (xoves): UARZAZATE E AS SÚAS FERMOSAS KASBAHS Almorzo no hotel. Visita á kasbah Taurirt desprazándonos polo seu interior. Xantar en Ait Ben Haddu e visita á súa kasbah. Ás portas do deserto de pedra, nunha singular paisaxe formada por varias edificacións fortificadas de adobe, descansa a kasbah de Ait Ben Haddu como unha quimera do tempo. Ait Ben Haddu é Patrimonio da Humanidade, declarado pola Unesco no ano 1987. 2


Ceae aloxamento no hotel MERCURE. DÍA 6 de abril (venres): UARZAZATE- MARRAKECH Almorzo buffet no hotel. Saída cara a Marrakech . Xantar na Medina Visita guiada á Mesquita da Kutubia e xardíns . Construída por orde do califa Abd al-Mumin Ibn Ali durante a segunda metade do s. XII é unha das máis importantes mesquitas do Magreb. Obtén o nome dun duplo oficio, o de libreiros-calígrafos (Al-Kutbiyyine) que se instalaron nos seus arredores a finais do s. XII. As tumbas Saadies: necrópole real ricamente decorada, onde está soterrado o sultán Ahmed el-Mansur el-Dahbi, "O Vencedor, O Dourado". O palacio da Bahía : exemplo dunha rica residencia de principios do século pasado. Este palacio está composto por unha sucesión de departamentos e patios. Rematado en 1900, A Bahía foi construída polo Chambelán Ahmed Ibn Mussa. Ao solpor a praza Djem Fna : historia e visita. Aloxamento no RIAD BAHIA SALAM. DÍA 7 de abril (sábado): MARRFAKECH (VAL DE URIKA E ARREDORES) Almorzo no hotel. Saída cara ao Val de Urika , unha excursión sensacional desde a perspectiva paisaxística. No decurso do camiño visitaremos unha casa bereber para coñecer a súa distribución interior e saborear un auténtico té á menta. Xantar nun restaurante da zona. Visita aos zocos gremiais e ás funduks do zoco de Marrakech . Aloxamento en Marrakech no RIAD BAHIA SALAM. DÍA 8 de abril (domingo): MARRAKECH- ESSAUIRA "A BELA MOGADOR". Almorzo no hotel. Traslado a Essauira e chek in. Coñeceremos esta cidade familiar e exótica á súa vez, coas súas murallas fortificadas, o porto pesqueiro, mesmo os axiridos das gaivotas que sobrevoan sen descanso. O Skala de Ville, un impresionante bastión mariño construído nos acantilados. Unha colección de canóns europeos dos s. XVIII e XIX que bordean a pasarela e desde onde se goza dunha excelente panorámica. O Skala de Port ofrece máis canóns e panorámicas á illa de Mogador e ao porto pesqueiro. Xantar no porto pesqueiro. Aloxamento na cidade de Essauira, hotel ATLAS MED INA ESSAUIRA. DÍA 9 de abril (luns): MARRAKECH Almorzo buffet no hotel. Traslado a Marrakech. 3


Visita á nouvelle ville e outros barrios de Marrakech, incluída a medersa de Marrakech e o Palacio El Badi . Regreso para xantar no hotel. Para finalizar a nosa viaxe por Marrocos que mellor que gozar dunha fantástica cea nun Palacio do s. XVII da Medina, con Orquestra árabe Andalusí durante a velada. Finalizada a cea, regreso ao hotel e aloxamento no RIAD BAHIA SALAM . DÍA 10 de abril (martes): MARRAKECH- MADRID- A CORUÑA Almorzo no hotel. Á hora indicada traslado ao aeroporto de Marrakech. Asistencia nas formalidades do aeroporto e voo de regreso. Chegada e fin dos servizos.

4


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.