Programa 4º trimestre 2012

Page 1

PROGRAMACION PARA O 4º TRIMESTRE 2012 Outubro • Día 3, mércores: O aflorar das orquestras: Xurxo Souto, músico, cantante e escritor. Na Deputación Provincial ás 20 h. Anotacións para a viaxe do día 28, de 19 a 20 h. na Deputacion provincial. •

Día 14, domingo: Vivir a nosa música (Itinerarios musicais pola Coruña: roteiro musical pola cidade incluindo o cemiterio de San Amaro, onde repousan algúns dos nosos músicos; visita Arquivos de Cántigas da Terra, con proxección sobre o contexto musical coruñés, e asistencia á súa actuación e doutros grupos no teatro Rosalía de Castro-A Coruña). Guía: Moncho do Orzán.

Novembro • Día 7, mércores: Conferencia-proxección sobre A cidade de Madrid co musical O rei León, a cargo de Lois Diéguez, escritor. Na Deputación provincial ás 20 h. (Entre as 19 e as 20 h. anotacións para a xornada de festa na Casa Grande de Rosende (Sober) sobre Música e contos arredor da lareira, a celebrar o día 15 de decembro. Saída ás 9 h.). •

Día 30 (venres) a 2 de decembro (domingo): Viaxe a Madrid co musical O rei León.

Decembro • Día 11, martes: conferencia de Mini e Mero (A Quenlla) sobre A música folk en Galiza. Ás 20 h. no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo. •

Día 15, sábado: Música e contos arredor da lareira, coa participación de A Quenlla e Miro Casabella, na Casa Grande de Rosende (Sober), para celebrar tamén a clausura dos ciclos Coñecer a nosa Música e Coñecer os Petróglifos. Entregaranse esculturas de Pérez Porto a asociados e asociadas que se distinguiron polo seu traballo a prol de LugoPatrimonio. Facemos unha chamada a tod@s os que queiran participar con contos, representacións, etc. Saída ás 9 h. do lugar habitual. •

A asemblea anual de LugoPatrimonio celebrarémola no mes de xaneiro

PROGRAMA VISITA A MADRID CO MUSICAL O REI LEÓN (30 novembro a 2 decembro) 30 novembro, venres : Mañá: saída de Lugo (7 h.) para Madrid. • Xantar en Madrid. 1


Tarde: • Visita Palacio de Comunicacións de Antonio Palacios e subida ás terrazas con fermosa panorámica de Madrid centro. • Visita Museo do Prado (Rubens, Velázquez e Goya) ou Exposición temporal (RUBENS). • Cea: libre 1 decembro: sábado: Mañá: • Panorámica de Madrid en bus (Gran Vía-Pza de España-Pza. Oriente; RecoletosCastellana-Pza. Castilla (4 Torres, Obelisco Calatrava; Barrio de Salamanca (Serrano, Velázquez, Goya); Retiro (paseo polo Parque: estanque, Palacios de Cristal e Velázquez)). • Visita igrexa San Antonio da Florida (pinturas e sepulcro de Goya). • (De dispoñer de tempo): Visita Museo (Artes Decortivas, ou Romántico ou Lázaro Galiano) ou exposición temporal. • Xantar. Tarde: • Ruta a pe polo Paseo do Prado: Pza. Cibeles-Atocha; fontes da Cibeles e Neptuno... de Ventura Rguez, Atocha). • Visita museo Raíña Sofía ou exposición temporal. • Cea libre (?). • 22 h.: Musical O rei León 2 decembro, domingo: Mañá: • Paseo a pe polo Madrid dos Austrias e Casco Antigo (Sol, Rúa Victoria, R. Cruz, Pza. Santa Ana, Pza. do Anxo, Pza. J. Benavente, Pza. Maior, Arco Cuchilleros, R. e Mercado San Miguel (tempo libre para unha copiña), R. Maior, Pza. Conde Miranda, Pza. da Vila, Colexiata San Isidro, Pza. Cascorro, RASTRO). • Tempo para andar polo Rastro. • Xantar despedida Madrid. Tarde: • Regreso a Lugo. PROGRAMA ITINERARIO MUSICAL VIAXE A CORUÑA (14 octubro 2012) Ao igual que acontece na literatura, a música tamén presenta etapas semellantes: Precursores, Rexurdimento e Irmandades. Un camiño onde agroma a conciencia dunha música con idiosincrasia de noso: alboradas, alalás, muiñeiras, cantos de pandeiro, etc. Mais tamén a necesidade de apoiar a difusión doutras artes deste pobo: a poesía, o teatro, a pintura... usando como eixo central un espectáculo musical onde os galegos nos sentísemos orgullados de ter unha lingua e unha cultura propias.

2


Nesta viaxe ao longo dun século e medio de música, guiarán a nosa andaina mestres como Marcial del Adalid, Canuto Berea, Pascual Veiga, Xosé Castro "Chané", Andrés Gaos, Xosé Baldomir ou Mauricio Farto... Un vieiro que terá como colofón un concerto do VIII Ciclo de Coros Históricos, onde actuarán dúas formacións galegas case centenarias, Toxos e Froles e Cántigas da Terra, e o grupo de baile A Ponte Vella. Itinerario musical • Saída de Lugo para Coruña: 8,30 h. • Mañá: Itinerario 1º: Cemiterio de San Amaro, onde están soterrados moitos dos arriba nomeados; paseo até a praia San Amaro e Parque Arqueolóxico da Torre; Proxección sobre contexto musical da Coruña na se de Cántigas da Terra; tempo de viños no Centro e xantar. • Tarde: Itinerario 2º polo centro da cidade, con remate ante o monumento a Curros Enríquez, nos Xardíns de Méndez Núñez; ás 19 h. asistencia ao concerto do VIII Ciclo de Coros Históricos no que participan, o coro Toxos e Froles, de Ferrol, Regueifeiros de Ponteceso e Cántigas da Terra, da Coruña. • 21 h. regreso a Lugo. Lugo, Setembro 2012 A XUNTA DIRECTIVA

3


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.