Guia biblioteca

Page 1

A BIBLIOTECA GUร A DE USO CEIP Nยบ 2 de TUI


A biblioteca é… un mundo por descubrir. A nosa biblioteca experimentou nos últimos anos unha transformación,

tanto

no

espazo

físico

coma

no

funcionamento. Agora a nosa biblioteca é un lugar moi especial do colexio. 

Considerámola como un

centro de recursos,

dinámico e activo, que dota de contido académico e cultural a todas as actividades transversais que celebramos, serve de apoio ao desenvolvemento do currículo facilitando o acceso a información en distintos soportes e fomenta a lectura. 

Queremos que a nosa biblioteca cumpra un papel esencial no proceso de ensino e aprendizaxe, a través

do

emprego

dos

seus

fondos

proporcionando estratexias aos seus usuarios/as para a propia formación e a creación de hábitos lectores. 

Pretendemos que sexa un lugar de encontro, de sosego e tranquilidade que onde se poidan realizar tarefas

escolares,

gozar

da

lectura,

obter

información, usar as novas tecnoloxías, compartir un xogo de mesa cos amigos ou amigas, etc.

2


1.- USUARIAS E USUARIOS: Poden utilizar a biblioteca escolar todas as alumnas, alumnos, mestras e mestres e familias do CEIP Nº2 de Tui. Os/as profesores/as contan cun número de usuario/a e os alumnos e alumnas con marcadores para poder utilizar o servizo de préstamo.

2.- SERVIZOS: A biblioteca ofrece os seguintes servizos: -Préstamo de materiais impresos. -Sala de Lectura. -Acceso a Internet. -Actividades de formación de usuarios. -Actividades de dinamización. -Ludoteca (nos recreos)

3


3.-DISTRIBUCIÓN DE ESPAZOS NA BIBLIOTECA:

A nosa biblioteca está distribuída nas seguintes zonas:

Unha zona de lectura informal (composta por mesas e cadeiras de diferente altura, dividida en dúas subzonas, unha para educación infantil e 1º ciclo, e outra para 2º e 3º ciclo).

Unha zona de traballo para busca de información en soporte impreso.

Unha zona de ordenadores, con acceso a internet.

Unha zona de proxeccións multimedia.

Unha zona de xestión.

4


4.-COLOCACIÓN DOS MATERIAIS Utilizamos a Clasificación Decimal Universal (CDU) que os agrupa deste xeito: 0. Xeneralidades. 1. Filosofía. 2. Teoloxía. Relixión. 3. Ciencias Sociais. 4. Baleiro 5. Matemáticas. Ciencias Naturais. 6. Ciencias Aplicadas. Medicina. Técnica. 7. Arte. Xogos. Deportes. 8. Lingüística. 9. Xeografía. Biografías. Historia.

Cada materia ten unha cor diferente que facilita a súa localización nos estantes e un pequeno debuxo que axuda aos nenos e nenas na busca da información sobre determinados temas. As etiquetas dos libros de “información” son verdes. As etiquetas dos libros de imaxinación” son brancas. As etiquetas dos libros de Educación Artística tamén son brancas.

5


Tódalas etiquetas do lombo teñen tres partes: 

1ª liña:

Nos libros de información pon CM (Coñecemento do Medio). Nos libros de imaxinación poden aparecer as letras NC, NG, NI, NP,BD, P ou T que se corresponden co xénero literario e o idioma no que están escritos: NC- narrativa castelá. NG- narrativa galega. NI- narrativa inglesa. NP- narrativa portuguesa. BD- banda deseñada en calquera idioma. P- poesía en calquera idioma. T- teatro en calquera idioma 

2ª liña:

Tres letras maiúsculas que indican as tres primeiras letras do apelido do autor. 

3ª liña:

Tres letras minúsculas que fan referencia ao título da obra.

6


Os libros están colocados nos estantes segundo varias zonas tal como indica o plano:

Cada materia está ordenada por orde alfabética de autores e finalmente alfabeticamente de novo por títulos do mesmo autor. Os libros de “imaxinación” teñen ademais sobre a súa etiqueta un adhesivo circular que indica para que idade está preferentemente aconsellados. As cores son: Azul: Prelectores Vermello: Primeiros lectores Verde: Lectores autónomos Amarelo: Lectores expertos

7


5.- HORARIOS Recreo Durante o recreo a biblioteca estará aberta para o préstamo e devolución de libros para calquera alumno/a de primaria, pero unha vez feita a xestión deberán abandonar

a

sala

dando

a

volta

ao

colexio

e

incorporaranse ao patio co resto dos compañeiros/as. Durante o recreo poderán permanecer na biblioteca para ler,

buscar

información,

realizar

traballos,

usar

os

ordenadores ou utilizar os xogos de mesa o día que cada nivel teña reservado. Sesións de traballo Cada grupo clase ten asignada unha hora de biblioteca, que coincide cunha sesión da área de lingua castelá ou lingua galega. As/os titoras/es que o precisen poden dispoñer de máis horas se así o solicitan á coordinadora da biblioteca sempre e cando queden sesións libres. Este horario é confeccionado ao comezo do curso pola xefa de estudos. Recordamos que no noso Proxecto Lector acordamos facer esta sesión de traballo (como mínimo) na Biblioteca do Centro cada semana. Tardes A biblioteca do centro funcionará de luns a venres de 16 a 18 horas como sala de lectura, lugar de estudo persoal, de realización de traballos e de busca de información.

8


Nesta banda horaria tamén poden acudir as familias, ben a ler a prensa ou a ler cos seus fillos pequenos. Haberá un profesor/a encargado/a de abrir e pechar a biblioteca e de garantir o seu correcto funcionamento. Neste horario non se prestan materiais para levar ás casas pero si se poden coller dos estantes utilizando os marcadores. O uso dos ordenadores farase só pedindo permiso ao profesor de garda.

6.- SERVIZO DE PRÉSTAMO. Toda

alumna ou

alumno de Primaria pode utilizar o

servizo de préstamo na biblioteca dentro do horario establecido. As nenas e nenos elixirán e buscarán eles mesmos os libros. Para evitar descolocalos, empregarán marcadores. Unha vez elixido o libro, se a lectura se fai dentro da biblioteca, deberá coller o libro e deixar o marcador no seu lugar e cando remate de ler colocará o libro no sitio onde está o seu marcador e recupérao. Se o libro se leva para a casa, o neno ou nena terá que ir co libro ata a zona de xestión levando ademais o seu marcador para que lle anoten o préstamo no MEIGA, que é o programa informático que utilizamos. Alí estará un

9


profesor ou un axudante de biblioteca (alumnos/as de sexto) que fará a anotación no programa. A duración do préstamo é de 15 días como máximo

7.-AXUDANTES DE BIBLIOTECA O alumnado do sexto colabora co profesorado de garda durante o tempo de lecer (recreo) en grupos de tres ou catro alumnos. A distribución de funcións será da seguinte maneira: -1 para control de xogos (encargado/a de ludoteca) -1 para rexistro de préstamos (encargado/a de préstamos e devolucións) -E

1

ou

2

para

a

colocación

nos

estantes

correspondentes dos libros que están na caixa de devolución (encargados/as de reposición).

Tódolos

nenos

e

nenas

estarán

identificados cunha tarxeta e terán que coidar

que

non

se

produzan

disturbios

dentro da biblioteca e axudar ante calquera dúbida aos nenos/as que o soliciten ou non saiban desenvolverse de forma autónoma.

10


O

calendario

de

quendas

dos

axudantes

estará

a

primeiros de mes na porta da biblioteca e nas cortizas das súas clases.

8.- NORMAS BÁSICAS DE FUNCIONAMENTO E UTILIZACIÓN 

Gardar silencio e, se é necesario, falar facelo moi baixiño para non molestar a quen alí se encontre.

Non entrar con bebidas ou alimentos.

Andar a modiño.

Utilizar os marcadores correctamente para evitar descolocar os libros.

Non se poderán sacar ningún libro da biblioteca se non se anota o préstamo no programa MEIGA.

Só se poderá levar prestado un libro como máximo por alumno.

Os libros prestados deben devolverse no mesmo estado no que se sacaron.

11


Devolver os materiais no prazo indicado ou facer unha renovación de préstamo.

Os dicionarios e enciclopedias non se prestarán.

Os mestres poderán coller os libros que precisen (ata

50

préstamo,

exemplares), ben

para

previa

uso

anotación

particular

ou

do

como

biblioteca de aula.

O/A mestre/a titor/a coidará que os libros de biblioteca

de

aula

sexan

devoltos

en

boas

condicións.

As encargadas e encargados deben ser puntuais, deben estar identificados e non faltar a súa quenda.

É obriga de todas e todos o coidado dos libros, así como manter a biblioteca limpa e ordenada.

12


Os ordenadores da biblioteca poderán usarse para tarefas escolares do alumnado, previo permiso do profesorado.

9.-

ACTIVIDADES

DE

ORGANIZACIÓN

E

DINAMIZACIÓN. O grupo de traballo creado co fin de reestructurar e dinamizar actividades

a

biblioteca destinadas

encargarase á

de

dinamización

preparar lectora

organizando actuacións que se desenvolverán coa axuda dos titores e os especialistas. Ás veces as actividades necesitarán a colaboración dos equipos ENDL , EACE e TIC.

10.- BLOGUE A biblioteca conta cun blogue (bibliotui2.blogspot.com) no que se publican periodicamente informacións de interese para toda a comunidade educativa. Pódese acceder directamente a través da páxina web do colexio.

13


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.