Os sismos

Page 1

Os sismos


Índice: 1. 2. 3. 4. 5.

Definición de sismos e características Distribución xeográfica Principais efectos que causa Medidas de predición Medidas de prevensión e prevención


1. Definición de sismos Os sismos ou terremotos son temblores ou movementos bruscos do terreo debidos ós movementos tectónicos. Outras causas son: vulcanismo, explosións, minaría… Isto ocorre cando a forza exercida sobre unha roca sobrepasa a súa resistencia e esta rompe, liberando moita enerxía, ou tamén no rozamento entre dúas placas. Esta enerxía propágase a modo de ondas sísmicas en todas as direcións.


Características dos sismos o

Magnitude: é a cantidade de enerxía liberada no lugar no que se orixinou. Mídese en grados do 1 ó 10 segundo a escala de Richter. Para calcular a magnitude os especialistas empregan varios sismógrafos.

o

Intensidade: son os efectos causados no home. Mídese en grados segundo a escala de Mercalli.


oPropagación:

os sismos propáganse mediante ondas a partir dun hipocentro, que é o lugar da codia onde se produciu o sismo. Poden ser: •

Ondas primarias ou P: propáganse a unha velocidade entre 8 e 13 Km/s, no mesmo sentido que a vibración das partículas. Viaxan polo interior da Terra e son as primeiras que detectan os sismógrafos. Ondas secundarias ou S: viaxan a unha velocidade entre 4 e 8 Km/s. Propáganse perpendicularmente no sentido de vibración das partículas. Ondas superficiais: son as máis lentas e propáganse pola superficie terrestre a partir do epicentro (punto da superficie terrestre situado na vertical do hipocentro), polo que producen máis dano.


2. Distribución xeográfica Hai zonas da Terra máis propensas a sufrir sismos. Estudando a localización dos hipocentros dos terremotos a Terra podémola dividir: Rexións sísmicas: zonas da corteza terrestre moi propensas a sufrir terremotos. Coinciden cos bordos das placas tectónicas. Rexións penisísmicas: zonas onde os terremotos son escasos e débiles. Rexións asísmicas: zonas estables da corteza onde case non se detectan sismos. Atópanse no interior das placas.


3. Principais efectos que causan Os efectos poden ser de tres tipos: o Efectos primarios; entre eles atópanse: • Movemento do solo e dos edificios: son os que producen máis mortes. • Fallamento e ruptura do chan.


o •

• • •

Efectos secundarios: Réplicas (terremotos de menor magnitude que ocorren despois do terremoto). Cambios no nivel topográfico do terreo. Movementos de terras. Aludes.


Tsunamis: son grandes ondas veloces oceánicas provocadas pola enerxía que se desprende nos sismos.

Inundacións por rotura de encoros.


o • •

Efectos terciarios: Desprazamente de persoas debido a perda dos seus fogares. Perda de postos de traballo por destrución de empresas, cultivos…


4. Medidas de predición 1 .Cambios topográficos: antes de producirse un terremoto dilátase a corteza do planeta debido a tensión acumulada, e esta deformación pode ser detectada satelitalmente. 2. Anomalías infravermellas: estes esforzos xeran calor que poden ser detectados como anomalías infravermellas. 3. Anomalías magnéticas. 4. Estatística Sísmica: estudando o epicentro dos sismos e a súa distribución no tempo podemos elaborar un mapa sísmico que nos axude a predecir cando se preoducirá o seguinte terremoto.


5. Outros: -Anomalías gravitatorias. -Potencial sísmico. -Pozos: variación do nivel e aumento da temperatura da auga. -Anomalías eléctricas. -Marcadores de vulcanisno. -Estudo do relevo das placas tectónicas preto das zonas de subdución.


5. Medidas de previsión e prevención Estas medidas fan posible que se mitiguen e reduzan os efectos dos sismos. -Averiguar se a nosa zona está en perigo de sismos. -Asegurarse de que a nosa casa ou lugar de traballo non corren ningún risco. Se teñen algunha avaría, arranxala. Tamén convén enterarse de cales son as zonas da casa máis seguras para poder protexernos, como dinteis, mesas ou paredes de soporte. -Evitar as zonas máis perigosas da vivenda, tales como ventás ou mobles. -Realizar con frecuencia simulacros para saber como actuar en caso de emerxencia.


-Preparar un botiquín de primeiros auxilios.

-Evitar o risco de caída de obxetos pesados como cadros ou lámpadas mal fixadas. -Ter á man os números dos servicios de emerxencia como bombeiros ou ambulancias. -Manter despexadas as vías de saída. -Establecer preferencias de obxectos para levar, como documentación importante, lanternas ou radio. -Manter reservas de auga e alimentos non perecedeiros.


Fontes ►oni.escuelas.edu ►desastres.usac.ed ►predes.org ►geofisica.cl


Traballo feito por:  Noemi Castro Bernárdez

 Tamara Lage Vidal


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.