O parladoiro

Page 1


EDITORIAL Mes de xuño: excursións, xogos populares, festivais, entrega de notas, final de curso…Atrás queda un ano intenso… Cheo de actividades de todo tipo. Este curso contamos cunha persoa moi entrañable para nós. Foi Dayna, a auxiliar de conversa americana, que estivo connosco dende outubro ata maio. A experiencia para o centro foi única e inesquecible. O seu carácter alegre e colaborador encheu de ledicia a todo o alumnado e profesorado do Centro. O triste é que ten que marchar pero a súa amizade permanecerá nos nosos corazóns. Despedir , como todos os anos ao alumnado de 6º que remata a súa escolaridade para continuar no IES Primeiro de Marzo. Desexarlles un bo aproveitamento escolar e decirlles que no noso Ceip sempre lembraremos a seu paso por el. Este ano decidimos adaptarnos ás Novas Tecnoloxías co xornal facendo únicamente a edición dixital. DISFRUTADE DO XORNAL,










Seguindo o fío condutor do PDI do centro: "Ocio e tempo de Lecer", o MECO deunos as ordes relacionadas con este tema: circo, deportes, contos e debuxos animados, festa e música.

Moitos días traballamos, para poder lucir os disfraces tan bonitos e ben feitos que levamos o venres o desfile, co tema: "OS MUSICAIS" Os pequenos do cole foron do Rei León, A Sirenita e o Libro da Selva


Seguimos cos alumnos de primaria, e de menor a maior tivemos: Abba, Greasse, Chicago, Xiqui Xoque Fiu Fiu, O mago de Oz e Mery Poppins.

O Entroido rematou, coa queima do Meco entre risas e admiraci贸n.





OS NENOS DE 3ยบ- 4ยบ- 5ยบ- 6ยบ FORON PLANTAR ร RBORES AO MONTE DE OIA


OS NENOS DE INFANTIL, 1º E 2º FORON PLANTAR ÁRBORES AO MONTE DE MOUGÁS

PLANTAMOS NO ARBORETO QUE ESTÁ A CREAR O PROXECTO MOUGÁS OLIVOS, MACEIRAS, AMEIXEIROS, NOGAIS, PEREIRAS...

"O ARBORETO": REFORESTACIÓN DE ESPECIES AUTÓCTONAS CO FIN DE CREAR UN PEQUENO XARDÍN BOTÁNICO NO POBO


"CONCURSO DE RELATOS" CO TEMA: "AS ÁRBORES", OS NENOS DE 4º - 5º - 6º, PARTICIPARON NUN CONCURSO DE CONTOS E RELATOS. OS GAÑADORES FORON:

MARCOS DE 4º, POLO SEU CONTO: “A ÁRBORE QUE QUERÍA VOAR”

EN 5º SHEILA, CO SEU CONTO: “A ÁRBORE TRISTE”

CANDELA DE 6º, COA HISTORIA TITULADA: “A CHICA DOS CATRO VENTOS”


"CONCURSO DECORA A TÚA PORTA" COA TEMÁTICA DA PRIMAVERA DECORAMOS AS NOSAS PORTAS. QUEDOU O COLE XENIAL, PORQUE TODOS TRABALLAMOS E NOS ESFORZAMOS MOITO. 4 ANOS

3 ANOS

5 ANOS

2º 3º

4º- PORTA GAÑADORA


AS AULAS DOS MESTRES ESPECIALISTAS E O XIMNASIO TAMÉN PARTICIPARON P.T.

PISCOMOTRICIDADE

A.L.

RELIXIÓN

ED. FÍSICA

DIRECCIÓN

TÓDOLOS PARTICIPANTES, LEVARON UN PREMIO POLO ESFORZO. PERO OS GRANDES GAÑADORES FORON OS NENOS E NENAS DE 4º


OS NENOS DE 4º FORON OS ENCARGADOS DE PLANTAR AS PLANTAS AROMÁTICAS

MENTA, HERBA BOA, TOMILLO, ROMERO, RUDA, LAVANDA... AGORA TÓCANOS APRENDER OS SEUS USOS E BENEFICIOS! A CLASE DE 4ºE OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS, SON OS ENCARGADOS DO SEU COIDADO


COMO VEN SENDO TRADICIÓN, NO COLE DE OIA, COIDAMOS OS NOSOS XARDÍNS. ESTE ANO, OS ENCARGADOS DESTE TRABALLO FORON OS NENOS DE 4 E 5 ANOS.


ESTE ANO, NO COLE DE OIA TEMOS A NOSA PROPIA HORTA ECOLÓXICA. PARA PLANTALA SEGUIMOS ESTES PASOS: 1: PREPARAR O TERREO E ABONAR

2: FACER OS SURCOS

3: PLANTAR

4: REGAR


NA PROCURA DAS NOSAS RAÍCES… Os nenos de primeiro estivemos investigando sobre a nosa familia para averiguar cales eran as nosas raíces!!!! Antes de comezar a nosa investigación, a nosa mestra explicounos que era unha árbore xenealóxica e por quen está formada… Foi moi interesante!!! Dito isto, comezamos coas nosas pesquisas… 1. En

primeiro

lugar,

buscamos

información

no

ordenador da clase sobre distintos tipos de árbores xenealóxicas…


2. Para

continuar,

fixemos

pequenos

grupos

de

traballo para facer unha árbore e colocala na clase e así tamén practicamos para despois facer a nosa!!!


3. Por último, cando rematamos a nosa árbore, coa axuda tamén da nosa familia, ensinámoslles aos compañeiros o resultado final…

Unha vez rematado todo o traballo imos ensinarvos dúas das árbores xenealóxicas máis orixinais da aula de primeiro… Unha delas en forma de reloxo!!!


Os

nenos

e

nenas

de

primeiro

despedímonos

ensinándovos o noso bosque de árbores xenealóxicas!!! Divertímonos moito facendo este proxecto e traballando na procura das nosas raíces!!!


AULA DE 2º DE PRIMARIA. Este ano participamos no Día da Poesía o 23 de Marzo lendo e recitando poemas e nas Letras Galegas 2015 no concurso literario promovido pola Asociación Cultural Guardesa. Aquí vos deixamos algún dos traballos , tanto poemas ( en castelán e en galego) coma relatos fantásticos. Esperamos que vos gusten!


RAIOLAS

LA PRIMAVERA

Unha raiola na chuvia,

La primavera ha venido

o arco da vella.

nadie sabe como ha sido.

Unha raiola na terra

Ha despertado la rama

unha rosa amarela.

y el almendro ha florecido

Unha raiola nas ondas

y en el campo se escuchaba

diamantes de prata.

el gri gri del grillo.

Unha raiola na neve,

La primavera ha venido

un fulgor de folerpas.

nadie sabe como ha sido.

Unha raiola na noite,

ANTONIO MACHADO

a luz dunha estrela.

(SABELA RODRÍGUEZ)

unha raiola quente no corazón do inverno. FARRAPOS DE NUBES (ESTELA PÉREZ)


TANTARANTÁN ( Inventada por NOELIA RAYO ) Foi unha das premiadas. Tantarantán

con María Luisa.

pa onde vas nena? Tantarantán

Hoxe teño reli ca profe Bea

vou pa escuela.

hai que ter coidado que non lle gusta a pelea.

Tantarantán Que vas buscar?

Aprendo idiomas ca profe Carme

Tantarantán

uns falan inglés e outros ó revés.

Deixame contar unha historia

Dame EF. a profe Pilar

que che vai gustar.

se miras para ela ponse a saltar.

Vou a estudar ó colexio de Fajar.

Vamos ó comedor con Maruxa sempre está facendo burbuxas.

Estiven tres anos con Ana Garcés

Hai moitos profes que non podo

Ensinoume moitas cousas

nomear porque se hai que deitar.

menos o francés. Tantarantán Pasei pa primeiro

esta é a miña historia

ca profe Marisa,

Tantarantán

Agora estou en segundo

non quero quedar fóra.


UXÍA E O MAPA DA CUNCHA DOURADA Unha tarde de verán, Uxía e mais o seu irmán Xián, foron á praia. Pasárono moi ben, pero de pronto, viron una botella cun mapa do tesouro dentro.Pensaron un pouco e decidiron buscalo. Pensaron ondea topar una barca e Xián atopou unha e foron cara a ela. A illa era a que marcaba o mapa! Tras a búsqueda da cruz encontrárona nun arbusto escondido. Xián cavou coa súa pá de xoguete e Uxía encargouse de quitalo tesouro. Os dous xuntos abriron o tesouro e… Era una cuncha dourada, onde se escoitaba o mar! Os dous voltaron para a casa e cada noite oían o mar na súa cuncha dourada. XIANA ALDEA. (Relato inventado)

SANDRA E AS SEREAS Sandra é una nena de 8 anos, loira e moi guapa. Vive afastada das praias e a súa maior ilusión é que chegue o verán para poder ir a bañarse á praia. Un día nadando e nadando atopouse cunha serea e pediulle o seu maior desexo: convertirse en serea e vivir na auga. A serea díxolle que o seu desexo se vería cumprido, pero con unha condición..que o mantivera en segredo xa que se alguén o soubese, o seu desexo nunca se faría realidade. Dende ese día, cada vez que Sandra ía á praia visitaba á súa nova amiga e nadaban xuntas. Ata que un día, foron a dar un longo paseo polo mar, e cando Sandra se deu conta convertírase en serea. De repente, Sandra abriu os ollos e deuse de conta de que todo fora un soño, pero un soño maravilloso…


Aquel dテュa, cando saiu do seu cuarto, o primeiro que fixo foi pedirlle aos seus paテュs que a levaran テ。 praia. NOA ESPAテ前L.( Relato inventado)


P.R.O.A. (PROGRAMA DE REFORZO ORIENTACIÓN E APOIO) Nós os nenos e nenas de quinto e sexto, fixemos esta páxina para explicarvos o noso traballo no PROA. Realizamos esquemas para comprender os temas, reflexións sobre a convivencia no cole, a sinceridade e como mellorar nos estudos, traballamos técnicas de estudo.

Vivenciamos conceptos matemáticos facendo medicións no centro e solucionando problemas de unha forma práctica. Tamén organizamos o recuncho matemático, facendo fichas para explicar as posibilidades de uso dos materiais facéndonos expertos no uso dos materiais didácticos. Neste tempo que estivemos no P.R.O.A. , aprendemos a importancia do esforzo nos estudos e da importancia de ter ilusión e ganas de saber. De que sempre podemos mellorar aínda que as veces as cousas non salgan ben. Os errores que cometemos están para aprender non para afundirnos. A nosa profe Chiti apoiounos moito e estámoslle moi agradecidos. Grazas !!!!!! AGORA SABEMOS QUE CAPACIDADE TEMOS TODOS, NECESITAMOS ORGANIZACIÓN E CONFIANZA EN NÓS!!! Saúdos dende o P.R.O.A.


O día 15 de maio celebramos o Día da Familia. Na clase de terceiro preparamos un agasallo para as nosas familias: unha tarxeta de felicitación con flores. Tamén lemos o libro Unha chea de familias onde nos fala dos diferentes tipos de familias que podemos atopar. Aprendemos que aínda que existen moitas familias diferentes todas teñen en común unha cousa: están unidas polo amor.



A Espada Encantada Este relato ocorre na idade media no reino de Mampelet. O cabaleiro Artur era o mais valente de todos os cabaleiros do reino. Artur perdera ao seu pai cando era cativo, e o único que lle deixou é a súa espada que el dicía que era máxica. Pero un día roubáronlle o que mais quería, a súa espada. En lugar da espada había unha carta que puña: “Se queres recuperar a túa espada ven ao monte Quemalotodo sen ninguén e a cambio tráeme o ollo do dragón Durmido. Firmado o mago Dúrumen”. Cando Artur leu toda a carta pensou que tería unha aventura. Artur fixo o equipaxe partiu á cova do dragón durmido. Artur tardou dous días e unha noite para chegar á cova do dragón durmido. O final resultaba que o dragón un gordo e medorento que pasábase todo os dia durmindo e comendo. Artur mirou o dragón e pensou que seria moi cruel matar a un ser indefenso e incapaz de atacar. Entón o dragón despertouse e o ver a Artur mandou un berro e saíu correndo. Artur para tranquilizar o dragón decidiu contarlle o ocorrido e pediulle que o acompañara para recuperar a usa espada. Finalmente os dous foron ao monte Quemalo todo. Gracias ao dragón fixeron a viaxe mais rápido que a pé. Unha vez alí se encontraron con o mago Dúrumen. Cando o mago mirou o dragón enfadouse moito, ao ver que Artur non conseguira o ollo do dragón. Entón Dúrumen atacou a Artur pero puido esquivar o seu ataque. E con un movemento preciso Artur colleu a espada inmobilizou ao mago. Cravoulle a espada no corazón e caeu a lava do monte. E Artur mais o dragón foron moi amigos.

Iago Giráldez Miniño 6º primaria CEIP mestre Manuel García - Oia


FESTA DOS MAIOS QUE É?

A Festa dos maios é a festa da primavera. Celebra a chegada da mesma, o remate do inverno, o reverdecer das prantas e o comezo do ano agrícola. Propiciaban deste xeito a obtención de boas colleitas. Nos tempos actuais, as festas dos maios son a última manifestación folclórica que festexa en Galicia o final do inverno.

As persoas recitan coplas (cantigas ) sobre moitas cousas ; algunhas, por exemplo, sobre política, sobre a vida do lugar, sobre as persoas…


CANDO SE CELEBRA? Celébrase entre finais de abril e principios de maio. En Galicia ven celebrándose habitualmente o 1º de maio, se ben en Ourense fano o día 3, día da Santa Cruz, que na tradición cristiá representa a árbore da que nos veñen a vida, a saúde e a resurrección.

POR QUE? Celébrase para conseguir abundantes colleitas e festexar a aparición dos primeiros froitos.

ONDE SE CELEBRA?

En Redondela, Vigo, Santiago de Compostela, Porriño, Pontedeume, Mondoñedo..... En Ourense e Redondela, onde estas festas son moi importantes,

convócase

tódolos anos un Concurso de Maios e Coplas no que participan todo tipo de grupos e colectivos sociais e culturais. A celebración das festas do maio é común en moitos países de Europa, onde existen variantes similares da mesma festividade.

COMO SE FAN E CON QUE?

Constrúense figuras con elementos naturais como: fiúncho, flores silvestres, laranxas, ovos, paus.

Arredor do maio cántanse, mentres camiñan, acompañados da percusión de dous paus coplas e cancións irónicas e críticas con feitos ou personaxes de actualidade.

TIPOS DE MAIOS


-Humano: Cando é unha nena ou un neno o que se disfraza de maio, cubrindo as súas roupas con follas, ramas e flores. -Figurativos: Cando o maio non é máis que una figura feita con paus e cuberta con musgo,fiúncho, xesta, etc., e adornado con flores, laranxas, cáscaras de ovo, etc. Os tradicionais son sempre cónicos ou, xa menos, piramidais. A súa forma recorda a de unha árbore que, case seguro, foi a súa orixe. Constrúense figuras con elementos naturais, como musgo, flores silvestres, ovos, paus e arredor delas cántase, con acompañamento de paus, coplas e cancións irónicas e críticas con feitos ou personaxes de actualidade.

A NOSA OPINIÓN SOBRE ESTA FESTA POPULAR NA NOSA ESCOLA

Como alumnos do Ceip Mestre Manuel García, sentímonos afortunados por poder participar na primeira celebración da Festa dos Maios. Tódolos nenos do colexio levamos flores, fiuncho, ovos, laranxas… conseguindo así un Maio moi fermoso. Gustounos moito tamén a participación dos mestres cantando as súas propias coplas e puidemos ensinar aos nosos pais como é esta festa.

Esperamos que para o ano que ven se volva celebrar e que tamén poidamos expresar por medio das coplas as nosas críticas.

LAURA: Gustóume moito ser solista e poder cantar as coplas que fixemos entre todos os rapaces da miña clase.

BRAIS DA SILVA: A min gustoume moito.


MARTÍN e ADRIÁN T.: Gustoume moito, foi moi divertido.

LUCÍA: Gustóume moito esta festa. O Maio era moi chulo e as coplas tamén eran moi bonitas.

OLI: Gustoume moito, pero o do guindastre non me pareceu ben porque estaban actuando os nenos de infantil e facía moito ruído . Cando tiven que cantar as coplas penso que me saíron ben .

DIEGO e YAGO: -Gustounos moito. Esperamos que tódolos anos sexan así ata que marchemos. Pasámolo moi ben facendo cousas para o maio, traendo o material e clasificándoo.

HÉCTOR : -Gustoume moito. Encantoume facer o maio e as coplas.

CLAUDIA, JENNY e YAIZA: -Gustounos moito a celebración dos maios.

DAVID e MAURO: -Era unha festa que non sabiamos que existía. Gustounos moito preparar o maio cos nosos compañeiros e pasámolo moi ben facendo as coplas na clase.

ELENA: -Gustoume moito a celebración dos maios que se fixo no colexio. Divertímonos moito coas coplas de tódolos cursos.

LÍA: -A min parecéronme moi boas as coplas.

MAR: -Gustoume moito polas coplas e por cantar.


PABLO: -Encantoume facer o maio e cantar de solista.

ADRIÁN MINIÑO e MARCOS: -O que máis nos gustou foi cantar as coplas arredor do maio. O que non nos gustou foi que fixera ruído o guindastre.


AS NOSAS COPLAS

NESTE COLEXIO DE OIA SENDO ESTA A VEZ PRIMEIRA, ÍMOSLLE CANTAR AO MAIO FESTEXANDO A PRIMAVERA.

OS RAPACIÑOS DE CUARTO SOMOS BOS E EDUCADOS, PERO O QUE NON PODEMOS É ESTAR SEMPRE CALADOS.

Á NOSA QUERIDA PILI IMOS TODOS PROMETER SER MAIS BOS E EDUCADOS PARA OS XOGOS NON PERDER.

NÓS QUEREMOS INTERNET ÍMOSLLO PEDIR AO MAIO QUE SENÓN Á PROFE ANA VAILLE DAR ALGÚN DESMAIO.

QUEREMOS Á PROFE NURIA


PORQUE ELA É MOI BOÍÑA E QUEREMOS A PATRICIA QUE TAMÉN É MOI FEITIÑA

ÍMOSLLE PEDIR AO MAIO PARA DANI O PROFESOR UNHA GORRA QUE O PROTEXA PARA CANDO VEÑA O SOL.

TEMOS UN COLE MOI CHULO QUEN LLO DERA AO PRESIDENTE TEMOS UN PATIO DE LUXO QUE É O CAMPO DO OIENSE.

FOISE ALBERTO, CHEGOU ANA QUEN VIRÁ O ANO QUE VEN? NON FUXADES MÁIS DE NÓS QUE SOMOS XENTE DE BEN.

TEÑEN AS TAQUIILLAS FORA OS ALUMNOS DE MARISA AÍNDA IMOS TROPEZAR XA VEREDES VÓS QUE RISA.

ÍMOSLLES PEDIR AO MAIO


QUE OS PROFES REGALEN ALGO PORQUE AS COPLAS SON MOI BOAS E DERON MOITO TRABALLO.

NOS QUEREMOS QUE TE ENFADES PROFE CARMEN, POR FAVOR; QUE SABEMOS QUE ERES BOA E AMOROSA COMA NÓS.

ÍMOSLLE PEDIR AO MAIO QUE SEXA MOI BO CON NÓS; QUE SOMOS BOAS PERSOAS E PEDIMOS POR FAVOR.

Alumnos de 4º de Primaria


O NOSO MAIO

Cosemos o fiĂşncho.



Cosemos os ovos.


Cosemos as laranxas e as flores.


E, por fin, empezamos a montar o maio!

Emocionounos Yoli cantando polo micro.



Quedounos precioso!



Que ben o pasamos cantando as coplas!


Por último, sacamos fotos co noso maio.

ALUMNOS DE 4º

CONTINUARÁ……….


Dende a aula de AL e PT apostamos polo traballo baseado na aprendizaxe cooperativa como recurso metodolóxico para dar resposta á diversidade do alumnado. A

aprendizaxe

cooperativa

en

pequenos

grupos

permítenos mellorar os resultados do alumnado, desenvolver o pensamento diverxente e creativo, aumentar a autoestima e a motivación, adquirir valores e hábitos de relación social, solidaridade, empatía, compañerismo… e algo moi, moi importante: integrar os alumnos/as con máis dificultades. Como mostra do noso traballo aquí tendes algunhas fotos das actividades que levamos a cabo neste curso:

Os nenos/as de 2º encántalle crear as súas propias historias; case sempre disparatadas. Coa dinámica do folio xiratorio e os nosos “dados fantásticos” facemos que as princesas vivan en covas escuras, que unha fada viaxe ao espazo ou mesmo que un dragón vaia a escola!!!


Ademais pasámolo pipa coas lecturas compartidas. Xuntos melloramos a lectura e comprendemos moito mellor.

Estes dous contos gustáranos moito e, ademais,

tamén

nos

servirán

para

reflexionar sobre a diversidade 100% recomendados. Podedes ver os videocontos nestes enlaces:

 https://www.youtube.com/watch?v=K0usZT3LGOQ  https://www.youtube.com/watch?v=DBjka_zQBdQ

Traballando no “recuncho do super” todos aprendemos cousas: Os

pequenos

coñecen

palabras

novas,

clasifican produtos, fan listas da compra, suman,

restan,

comezan

a

multiplicar,

inventan os seus problemas matemáticos... e os maiores, ademais de crear e resolver problemas, fan presuposto, andan cos kilos para arriba e cos gramos para abaixo, cos litros da leite para aquí e os centílitros dos refrescos para alá.


Ben é sabido por todos que a tecnoloxía asoballa a nosa vida diaria. Dende electrodomésticos ate o inseparable do móbil. Pois na escola seguimos esta tendencia evitando así que as nenas e nenos estuden nun ambiente lonxe do que coñecen nas súas casas.

Na aula de Audición e Linguaxe e na

de

Pedagoxía

Terapéutica

temos por bandeira empregar as Tecnoloxías da Información e da Comunicación ferramenta

(TIC) de

apoio

como ás

aprendizaxes que os nosos alumnos perseguen.

FUENTE: http://www.cidademarketing.com.br/

Ao longo do curso 2014 – 2015 fomos elaborando actividades e tarefas que nos axudaron a acadar novos coñecementos a través do emprego da tablet e o ordenador. Para iso fixemos uso de diferentes APPs, programas e software libre.

A tablet é un recurso con moitas funcionalidades. Nós empregámolo como cámara e comunicador e con ela usamos diferentes APPs coas que traballamos:

Atención

Memoria

Xestión do tempo

Lecto – Escritura

Ritmo da fala

Praxias bucofaciais


Co ordenador navegamos na rede en busca de novos conceptos que integrar no noso vocabulario, miramos vídeocontos, e fixemos uso de software libres que nos serviron para poñer punto final a varias das tarefas propostas.

Tamén empregamos diferentes softwares para o ordenador como medio para traballar a lecto – escritura. Usamos o Word, o PowerPoint e o AraWord. Con

eles

escribimos

historias,

contamos

desexos

e

expresámonos libremente a través da escrita.

A aula de Audición e Linguaxe dispón dun blog no que se expuxo o proceso de traballo e o resultado final de diferentes traballos levados a cabo polos alumnos e alumnas da Audición e Linguaxe e demais nenas e nenos do colexio.


Los crímenes 1º Capítulo

El comienzo En una noche oscura, de luna llena, en el cuartel de policías, recibieron una llamada anónima. -Hola, venid a la calle 57b -Esa era la llamada.

Los policías, acudieron rápidamente a esa calle, armados.

De repente, se encontraron una bomba y una persona atada a ella .La bomba explotó y de entre el humo apareció una sombra oscura. -Quiero que me deis 500.000.000$ o si no, seguiré matando a más gente -Dijo el asesino desapareciendo entre la neblina.

Los policías se fueron a su cuartel y pensaron un plan e investigaron quién era el asesino.


2º Capitulo

Pensando En el corcho, había una serie de sospechosos.

Ellos estaban en sus archivos. -Esto es muy difícil, hay que llamar a López -Aseguraron los policías.

-Yo creo que hay que investigar la zona del crimen -Dijo López saliendo por la puerta con su ayudante ,que habían aparecido automáticamente. Llegaron a la zona vallada y vieron una chabola, que, claramente, intentaron abrirla pero estaba cerrada con llave. Decidieron entrar por la ventana y vieron unas fotos tiradas. Las llevaron al cuartel y apareció un sobre en la puerta. Dentro, había una llave sospechosa.


3ºCapitulo

La llave sospechosa Buscando y buscando, al fin encontraron la puerta en la que entraba la llave. Dentro de la casa había una pistola bañada en oro con balas de oro.

Al cogerla , del techo cayó una caja en la que el asesino escribió esta nota.

-Este mensaje se acaba de escribir la tinta esta húmeda y el papel suelta humo - Dijo la agente López. -Vale , vamos al salón, cargad las armas -Dijo el primer oficial.

CKICK


CHKCH Pasaron por la puerta de la cocina, ya casi estaban pero

¡¡¡ZAS!!!

4º Capitulo

La trampa Habían caído en la trampa : -Ya me parecía que esto era demasiado fácil, sacad las navajas!-Ordenó la agente López -Venga tenemos que llegar al salón-gritó el primer oficial, pero la red estaba muy dura y resistente. Al fin la cortaron pero no se atrevieron a seguir por si había más trampas y fueron al laboratorio de Chack.

Tenemos que investigar la pistola Chack -Le pidió el segundo oficial. -Clawro amwigwos, imwestiwaré la pwistola-aclaró el

Capítulo 5

Las huellas de sangre

El científico había encontrado unas huellas de sangre. -Venga, tenemos que ir a la casa y llegar al salón para ver lo que hay allí -Dijo el segundo oficial. Al llegar se encontraron con una huella marcada.


Esto es una trampa para que vallamos, que tal si les hacemos una TRAMPA a ellos también .

Capitulo 6

El plan La agente López y los oficiales fueron al faro y dijo que a las 12:30 alumbrara la casa y la agente López sacó el plano. Hay que conseguir dos radios ,en una el ruido de un helicóptero y en otra nuestro ruido diciendo que salgan. Las ponemos en la parte delante de la casa y ellos saldrán por la puerta trasera, donde nosotros les esperaremos.


Capitulo 7

Todo coincide El plan ha funcionado y los asesinos salieron, eran ยกIvรกn y Anxo! ยกTodo coincide!


Mira que fácil era!!!!!!

Director: Iván Soliño Cuevas Escritor:Anxo Aldea González Guionista :Eliana Gomes Vieira FIN


RECORDOS O mar tráeme recordos tristes recordos. Se o miro choro se penso entristezo. As cinzas da fogueira gústame tocalas o seu tacto tráeme recordos, de épocas pasadas. As fotos nin tocalas para mi son sagradas. Tráeme recordos especiais do meu tío Álex. De cativa levábame ás costas, encatábame. Os recordos esvaécense, os recordos quedan no olvido.

Elora Martínez Mantecón 6º de primaria






PROA CURSO 2014 – 2015 Busca as diferenzas entre estas dúas imaxes. 1º Imaxe

2º Imaxe



NESTES 9 ANOS NO COLEXIO…

“ Este año ha sido muy duro porque cambié de cole y no aprobé muchas. Aprendí mucho con Patri y Nuria y con todos los compañeros” Denís

“… quédome cos meus amigos, aprobados e as excursións que nos fixeron perder horas de clase ”. Camille

“…lévome un montón de amigos, recordos bos e malos o que aprendín en todas as materias. Grazas aos profesores e os recreos”. Iago

“… aprendí muchas cosas y volví a ver a todos mis antiguos compañeros en 6º. Me llevo muchos recuerdos”. Darío

“… han sido inolvidables, creo y sé que ha sido muy importante esta primera etapa. Hemos hecho amigos que van a ser para toda la vida y henos estado con unos profesores y compañeros excepcionales que nos han apoyado en todos los momentos. Gracias por estos años con vosotros”. Candela

“… foron os mellores de todos. Lévome aos meus amigos, aos profes e a Dayna. Quérovos moito. ¡Botareivos de menosa todos”. Aroa

“ … he aprendido muchas cosas pero me quedo con los profesores, los compañeros y amigos. Nunca me olvidaré de los festivales, fiestas y excursiones. ¡Hasta siempre! Gracias.” Antonio


“… aprendín moitas cousas. Tivemos uns titores moi bos e uns compañeiros moi divertidos. Lévome as cousas boas e malas e tamén as excursións que fixemos xuntos. Moitas grazas a todos”. Borja

“… me quedo con todo, pero sobre todo con los profesores y los compañeros. Estos años han sido inolvidables, voy a echar de menos este cole”. Elora

“… lévome os recordos bos e malos, os amigos e algúns profesores, a música, a plástica a educación física e sobre todo os recreos”. Lucas

“… os titores nos ensinaron non só as matemáticas, a música, a plástica… senón tamén a sorrir e a ser fortes. Estes anos nunca os cambiaría por nada. Chegou a hora de demostrar o que nos ensinaron”. Nadege

“… quédome co corazón dos profes e do que nos ensinaron e tamén cos amigos que fixen. Grazas por todo!”. Rubén

“… aprendín moito e coñecín a moita xente”. Rodrigo

“… o que mais me gustou foi facer amigos e que se foran complicando os estudos por cada ano que ía pasando”. Rober

“… foron os mellores da miña vida porque fixen amigos, aprendín moito, recorrimos moitas excursións. Dame moita pena marchar ao instituto”. Saul

“… gustáronme moito porque fixen moitos amigos e os profesores axudáronme a madurar; aprendín un montón con eles e son moi agradables. Moitas grazas”. Alma

“… conocí a muchos amigos que me hicieron muy felíz, algunos marcharon al instituto y otros están en el cole. Conocí a muchos profes muy divertidos y graciosos. Gracias a todos ellos aprendí muchas cosas. Me alegro mucho de haber estado en este cole”. Anxo

“… quédome coa amizade de tódolos profesores, e amigos que obtiven durante todos os cursos. Asignaturas que aprendín e cousas que lin.” Gonzalo

“… me quedo con los profesores que me han tocado todos estos años. Gracias, sois los mejores”. Isma

“A vosa etapa no colexio remata e vos espera un novo camino e moitas experiencias durante os próximos anos. Lembrade os bos consellos que se vos deron e moita sorte”. Sofía



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.