O gran mestre por manuel mosquera

Page 1

O GRAN MESTRE


T

odo comezou unha mañá de xaneiro cando Felipe saíu

da casa para ir á escola; era un día nubrado e chovía pero a el eso non parecía importarlle. Vivía nunha casa non moi grande e o espacio era moi necesario posto que eran moitos membros na súa familia. Era un rapaz solitario, pero a el eso non lle causaba ningunha molestia a pesar de que os seus compañeiros se burlaran del. O día estaba sendo tranquilo ata que apareceu Roberto, un neno fortachón e mal educado. -Qué fas aquí, renacuajo?- dixo. -Nada- respondeu Felipe. Tanto molestou Roberto a Felipe que éste anoxado explotou. Roberto empezou a inflarse e a elevarse pouco a pouco máis e máis alto ata chegar ao teito da aula asustando e asombrando a tódolos demáis nenos. Con esa fazaña Felipe conseguiu que o expulsaran e de volta a casa encontrouse cun home que lle dixo: -Xa te deches conta, Felipe, que eres un mago.


Ainda que Felipe non era un neno moi alegre aquelas palabras fixéronlle rir. -Eu un mago! Mira como saco un coello do meu sombreiro- dixo Felipe alonxándose. Ao chegar cedo á casa súa nai preguntoulle polo acontecido e ante a súa resposta recibiu un bo sermón. Ó longo do día sentiuse molesto pero sabía que as cousas non se podrían solucionar así con Roberto, así que púxose a idear un plan pero as ideas non saían dándose por vencido. Durante toda a noite soñou con castelos con trasnos, elfos e demáis fantasias pero o máis raro era aquela voz que non paraba de chamalo. Espertou suorento, qué lle estaba sucedendo?


P

asaron os anos e Felipe xa olvidara a conversa con

aquel home, pero foran uns anos un pouco extraños posto que era capaz de estivar os golpes de Roberto a gran velocidade e incluso arriscábase a darlle algún de vez en cando sen fallar a puntería. Ó cumplir dezaseis anos, unha noite de verán, coñeceu a Xurxo, un rapaz con orellas en punta, que cambiaría a sua vida para sempre. Despois dun día apasionante co seu compañeiro, pasadas as dez da noite, Felipe decidiu que era hora de ir para a casa, despideuse de Xurxo para quedar en volver a verse ao día seguinte pola mañá. Cando chegou á casa, Felipe comprobou que ninguén da súa familia chegara polo que sentouse un anaco fóra para esperar a seus pais; pasados uns minutos, escoitou un forte ruído dentro da casa e un calofrío recorreu o seu corpo, pero, a pesar da súa idade, non podía quedarse quieto e decidiu comprobar o que estaba pasando no interior da vivenda.


Entrou cauteloso e sin acender ningunha luz pero decatouse que por debaixo da porta do cuarto, que compartía con seus irmáns, saía unha luz similar ó resplandor dunha vela, e pensando nas historia de medo que lles contaba súa avoa asustouse un pouco. Tiña que arriscarse senón quedaría como un cobarde e ademáis pola idade que tiña sentíase grande. Acercouse á porta, agachouse e mirou polo burato que seu irmá fixera nun ataque de histeria distinguindo unha silueta, reflexada na parede, dunha persoa da súa estatura e bastante esquelética. Abriu dun golpe a porta e encontrou ó seu amigo Xurxo sentado aos pes da cama. Asombrado Felipe preguntou desafiante: qué fas aquí? Cómo entraches? -Tranquilo Felipe, estou aquí para salvarte- respondeu con tono sereno.


Ao instante, os dous apareceron un monte e o primeiro que viu Felipe non o desamiou por centímetros.

Un dragón! Xurxo sorriu. -Cada vez máis difícil! Nun intre, apareceu na man de Xurxo un bastón e acorralou ao animal, éste ó sentirse perseguido soltou unha chamarada. Felipe berrou -Soños de coelliños, coelliños! Por qué dragóns?


Rápido coma un raio Xurxo fixo un escudo máxico que desviou o ataque do dragón pero para Felipe aquilo era demasiado así que perdeu o coñecemento. Espertou cunha forte dor de cachola e cun cheiro a chamuscado deuse conta que aquel sitio non lle era coñecido e asustouse de novo. O lugar onde estaba era húmido, frío e escuro polo que decideu non moverse de onde se atopaba xa que non sabía que dirección coller para marchar de alí. Pasaran uns minutos cando diante del unha a sombra dun humano acercábase a el, pero quedou inmóvil á espera de que se aproximase para poder golpearlle. A medida que se acercaba os ollos de Felipe engrandencíanse cada vez máis para así poder ver mellor, cando estivo a uns cantos metros percatouse de que aquela persoa recordáballe a alguén, eso non sabía se era malo ou bo, pero por máis que fixera memoria non lle viña ninguén á mente decidindo esperar a telo cerca para averigualo.


Ao irse acercando conseguiu verlle a cara e a súa ledicia foi tal que se levantou dun salto e correu a abrazalo sen saber moi ben o por qué. Era o home, sí, o home -Tranquilo rapaz, fai moito tempo que non me ves. Botábasme de menos? O mozo non podía articular palabra. -Chámome Mestre- continuo o home. -Mestre? -Sí. Vamos acompáñame, neno- ordenou o Mestre. Felipe agarrou a man do home moi forte para non perderse e volver quedarse só. -Aquí aprenderás a dominar a auga, o lume, a terra e o airecontinuou mentres apuraba o paso. -Dacordo, sigo soñando- dixo Felipe, agora máis tranquilo. A Felipe ese soño non lle gustaba ou era real? -É todo real, belíscate se queres.


-Li, li, li...líchesme a mente. -Ler non, mozalbete, eres coma un libro aberto. -Eres un bruxo? -Sí, e ti tamén. -Eu? -E dos bos, acórdaste cando fixeches voar a aquel rapaz? -A Roberto? -Sí, malo coma un staurk e listo coma un trasno. -Strauk? Trasno? -O staurk é un ogro duns 5 metros e un trasno...Xa o sabes, non? Felipe non se dera conta que estaba chegando ao seu destino coa charla tan animada. El seguía amarrado á man do Maestro porque aquel sitio ainda estaba moi escuro.


O

Mestre soltou ó rapaz e fíxolle un xesto para que

permanecese quieto, adiantouse e abriu unha enorme porta de madeira. Ante os ollos do mozo apareceu un cuarto moi amplio e luminoso polo que tivo que taparse os ollos pola dolor que lle producía tanta claridade. O Mestre tendeulle a man para adentrarse. Cando entraron os dous a porta pechouse tras deles facendo un fortísimo ruido. Ao acostumarse as súas pupilas á claridade puido ver ante el un elfo cunha túnica vermella coa cara do seu amigo Xurxo. -O, o, ola- dixo Felipe. -É el, Mestre?- dixo Xurxo. -Sí- contestou o Mestre. -Bueno, xa abonda de palique, Xurxo lévao o seu cuarto, que descanse, que se cambie e despois que baixe a cear. -Sí, señor!- dixo Xurxo sorrindo. -Mestre!- replicou o Mestre. -Sí, Mestre!- continuo Xurxo.


Xurxo invitou a Felipe para que o seguise e sairon daquela habitación para subir por unhas estreitas escaleiras de caracol. Percorreron un pasillo moi longo con portas cerradas a ambos lados ata chegar a unha onde figuraba reflexado o nome de Felipe. Entraron e Felipe comprobou que aquela era o cuarto que sempre soñara, cunha espaciosa cama, moi amplia e cun armario que podía almacenar a roupa que puxera ó longo da súa vida, ademáis aquel cheiro a flores e terra mollada tan peculiar dos días de primaveira facíalle sentirse máis cómodo que na casa. -Vou durmir aquí? Podo probar a cama?- preguntou un Felipe tímido. -Sí, descansa que pronto virei a buscarte para a cea. Xurxo foise cerrando a porta para deixar descansar a Felipe.


C

ando o rapaz se atopou só asomouse á ventá vendo

unha paisaxe tan fermosa que os seus ollos non podían deixar de mirala como se ésta o hipnotizase. Sen apartar a vista daquel panaroma retrocedeu ata tropezar coa cama para tumbarse e continuar fixando a vista naquilo. Non soubo o tempo que estivo mirando aquel espectáculo pero os seus ollos foron pechándose deixando paso á escuridade para entrar nun profundo sono tan pracenteiro que era imposible que algo o estropease. Despois de dúas horas, un balanceo espertouno sobresaltado. Era Xurxo que estaba movendóo, desesperadamente, para conseguir que se incorporase. -Vamos folgazán, prepárate que os demáis esperan por ti para cear. Aquí a puntualidade é moi importante- replicoulle Xurxo. -Xa vou, xa vou, que pesado es, quedeime durmido- dixo Felipe avergoñado.


Levantouse e dirixiuse ó armario que xa abrira Xurxo cun toque de dedos deixando á vista un sinfín de roupa colocada de cores moi vivas. -Pecha a boca, escolle vestiario: é todo teu!- ordenou Xurxo. Felipe rebuscou entre tanta prenda para decidirse por un pantalón curto amarelo, camisa azul celeste e unhas sandalias escuras e para terminar o atuendo púxose un gran sombreiro marrón na cabeza. -Listo! Qué che parece?- preguntou Felipe. -Vamos, deixate de lerias, os demáis están ansiosos por vertedixo o elfo. Saíron do cuarto e baixaron polas mesmas escaleiras estreitas de caracol e a Felipe parecéronlle máis longas, quizáis polos nervios que tiña no estómago. Pasaron por diante da estancia na que anteriormente estiveran co Mestre para pasar xusto á do lado que era o comedor. Ao entrar no comedor levantáronse todos.


Felipe non podía crer o que estaba vendo, aquel comedor estaba cheo de ninfas, elfos, dragóns, ratas... -Vamos, Felipe, espabila- dixo Xurxo empurrando ó rapaz. Felipe comezou a andar sen poder apartar a vista de todo o que estaba ó seu redor ata chegar a unha gran mesa redonda situado no cento do comedor, nela encontrábase o Mestre xunto con un grupo de humanos. O Mestre invitou a Felipe para que ocupase o asento xusto ó seu carón. -Podedes sentarvos, amigos- ordenou á sala o Mestre. Cando todos ocuparon os seus asentos a comida comezou a aparecer nos pratos sen que ninguén a servira. -É do teu gusto, chaval?- preguntou o Mestre a Felipe. Felipe era incapaz de articular palabra, así que baixou a cabeza sinalando afirmación. En cada prato había grande cantidade de carne e patacas pero ó rapaz, coa fame que tiña, pareceulle escasa. Ao que rematou a cea comezou a sonar a música e moitos dos comensais levantáronse para bailar.


O

Mestre permaneceu durante toda a cea calado, ó

igual que Felipe. O seu silencio rompeuse só para facerlle unha pregunta a Felipe. -Listo para unha misión?- preguntou. -Unha misión?- replicou Felipe asombrado. -Explicareicho. Hai catro escolas de feitizos. Cando se fundaron catro meigos que me desafiaron foron condenados ó desterro. -Os meigos maldeciron ao pobo cunha profecía que debíase cumprir para impedir a destrucción de todos os habitantes.

“Cando un elfo e un humano convivan o mundo escuro alzarase, ámbolos bruxos ós catro deberán derrotar”.


-E pensades que son eu o humano? Por qué eu?- interrumpiu Felipe O Mestre, ignorando ó rapaz, seguiu -Onte o Oráculo predixo: O humano chega, o elfo quédase ambos vades ter para a profecía así poder cumprir. Ao rematar aquelas verbas levantou a man para avisar a Xurxo para que se acercase. Xurxo chegou xunto deles moi acalorado pola presa que se dera. O Mestre puxo as súas mans enriba dos respectivos hombros do rapaz e do elfo asentindo coa cabeza e deulle un pequeño empuxón para que marchasen. Xurxo agarrou o brazo de Felipe para indicarlle a saída, Felipe estaba un pouco aturdido despois do que lle estaba acontecendo pero obedeceu e marchou con Xurxo. -Vai a túa habitación e colle algo de roupa, vémonos alíordenou Xurxo.


Felipe apresurouse, sen saber moi ben o por qué, a subir as escaleiras, entrou na habitación e colleu algo de roupa e calzado e cando abriu a porta para disporse a saír Xurxo xa estaba esperándoo. Seguiu, sen articular palabra, a Xurxo ata o final do pasillo para abrir unha porta que daba ó exterior, ao encontrarse fora Felipe puido percibir que Xurxo portaba unha espada brillante nas súas costas. Cando levaban uns kilómetros percorridos adentráronse nun monte calcinado. -Non des un paso máis- susurrou Xurxo. Felipe estaba farto de que todos lle deran ordes polo que decidiu continuar a pesar da advertencia de Xurxo, cando puxo de novo o pé no chan un calafrío recorreu o seu corpo e perdeu o coñecemento. Xurxo non podía crer o que estaba pasando. -Por qué os humanos son tan testáns? Nese momento, apareceu unha sombra que recolleu ó rapaz do chan e desapareceu con el. -Bruxa Piñona, por qué non me din conta?- pensou en voz alta Xurxo.


Xurxo sabía que se adentraba no monte correría a mesma sorte que o chaval, pero non podía abandonalo polo que correría o risco. Deu un paso decidido ó frente e desmaiose. Cando o elfo espertou atopouse encerrado nunha celda baixo a vixiancia de tres ogros, así que debía tratar un plan de fuxida. Pensou: Plan A, derrotalos coa maxia e Plan B, ter moita sorte (máis que quen gaña a lotería sen comprar o décimo) e que apareza alguén para rescatarme. Fíxose o dormido e cando os os seus vixiantes estaban despistados creou un feitizo de invisibilidade, pensando así os ogros que o elfo lograra escapar; ao abrir a celda Xurxo saíu a toda présa cerrando a verxa tras de sí, encerrando ós ogros. Correu, apresuradamente, en busca de Felipe, atopándóo nunha xaula colgada.


Ao chamar ó xoven, a Bruxa Piñona fizo aparición lanzándolle un raio de lume ó elfo, inmediatamente Felipe levantou unha barreira máxica e no acto apareceu nas súas mans a espada. A Bruxa atacou varias veces máis, pero o elfo defendeuse, con eficacia, converténdoa nun árbol forte e verde. O elfo liberou a Felipe que aínda continuaba atontado e a cabeza dáballe mil voltas. -Que pasou?- apresurouse a preguntar Felipe. Xurxo explicoulle o acontecido e contoulle a lenda daquel bosque. -Fai moito tempo, neste bosque habitaba unha fada que cumplía os desexos a todo ser de corazón puro, ata que un día chegou o bosque unha bruxa malvada. Ela ao ser malvada e avariciosa pediu poder e beleza eternas. A fada do outono sabía que era malvada así que negouse a concederdelle desexo algún.


A bruxa furiosa, capturou á fada e condenou ó bosque a escuridade, tanto ós seres vivos que alí habitaban como a todo aquel que o pisara. Aínda non rematar o relato cando un resplandor iluminou todo o horizonte dando por concluído o cautiverio da fada do outono. Ante os ollos dos dous, o bosque recuperou o estado que tivera antaño , vendo como brotaban os froitos do outono nas


ĂĄrbores, todo gracias a que a fada do outono regresara.

D

esde que abandonaran o bosque Xurxo estaba

inquedo, como se lle preocupase algo. -Por

hoxe

abonda!

Preto

de

aquĂ­

hai

refuxiaremonos nela para descansar- dixo Xurxo. -Estou moi canso- engadiu Felipe.

unha

cova,


Faltaban poucos metros para chegar á citada cova, unha vez dentro descargaron as súas mochilas e tumbáronse. Xa se estaba facendo de noite e a temperatura comezaba a baixar polo que Felipe remexeu na súa mochila para encontrar unha chaqueta de abrigo; aínda estaba poñéndoa cando Xurso levántouse e odenou, con firmeza, a Felipe que recollese as súas cousas para abandonar aquel refuxio de contado. -Por qué?- preguntou Felipe, confuso.


Un gruñido respondeu por Xurxo, no fondo da cova había un animal salvaxe irrecoñecible para Felipe. Dito animal levantou unha especie de porra e ó soltala alcanzou a Xurxo. Éste susurou: Eart ciz cam. -Eart ciz cam?- preguntou Felipe, tremendo co medo. Nese momento, na man de Felipe apareceu unha espada brillante de pequenas dimensións que, sin pensalo, suxetou fortemente e dispúxose a loitar, a pesar de que nunca usara unha arma sentiuse seguro e sin temor ó perigo. Felipe berrou como nunca recordaba facelo e correu cara o animal cravándolle a espada nunha das patas e éste chillou de dor, perdendo o equilibrio para darse de cheo co chan. Felipe apresurouse a acercarse ó seu amigo, pero antes de chegar a el un chillido do elfo púxoo sobre aviso do que se acercaba. O rapaz xirou a cabeza e ó ver uns seres como que apuñalara comezou a correr para axudar ó elfo a levantarse e lograr saír daquel sitio. Conseguiu chegar ó sitio onde se atopaba Xurxo malferido e levantouno para conseguir sair.


X

a na entrada da cova Felipe puxo a salvo a Xurxo e

arrodillouse a esperar a aqueles animais. Non tardou en divisar as siluetas, que se facían máis grandes a medida que se ían achegando, cando estiveron frente seu puido comprobar que o que apuñalara acompañabaos tamén. En total era catro e acordouse do conto que o Mestre lle relatara polo que sin saber moi ben por qué pechou os ollos e apretou os puños fortemente, comprobando que a espada ainda estaba na súa man, e pronunciou as palabras: Shu mi. De repende, o vento comezou a soplar moi forte provocando unha onda expansiva que impedía que os animais avanzasen logrando, así, que retrocederan. O elfo conseguiu arrastrarse e tocarlle no hombro a Felipe e inmediatamente o lume apareceu ante eles; o elfo levantou os brazos de Felipe á vez que facía o mesmo cos seus conseguindo que o lume alcanzara ós bichos, converténdoos en cinza. Felipe abriu os ollos e sentiuse moi seguro, a pesar do canso que se sentía, recolleu a Xurxo e dirixíronse a fóra sen articular palabra.


n

o exterior da cova, Felipe deixou a Xurxo nunhas

pedras e sentouse ó seu carón sen deixar de miralo como se estivese vendo o seu reflexo nun espello. -Moi ben, amigo, tiña razón o Mestre, ti es o verdadeiro mago da rexión. A partir de agora nunca máis nos imos separar, seremos un só ser...- dixo Xurxo. Un forte resplandor iluminou o lugar, asustando a Felipe. Xurxo colleu a man do seu amigo para tranquilizalo, posto que aquel resplandor non era señal de perigo senón o contrario xa que o Mestre acercábase para recoñecer o labor do rapaz. -Felipe, conseguiches o que eu nunca puiden alcanzar. Acabas de vencer ós desterrados coa túa mente, polo tanto ti serás o novo Mestre xa que o teu poder é superior ó de calquer ser do Universo. A túa misión será a de guiar a todos nós polo camiño do ben. Felipe deuse conta que os últimos días madurara para converterse nun home e aínda que os días parecían curtos pasaran un par de anos desde que marchara da súa casa. Sen saber moi ben por qué acordouse da súa familia pero avengonzáballe preguntar por eles, pero sen decir nada o elfo púxose frente del e sorrindo díxolle:


-Sei que os botas de menos pero ti agora eres outra persoa, túa nai, sobre todo, nota moito a túa ausencia así que tes a opción de elexir, pero o mundo, como comprobaches precísate para recuperar a estabilidade. -Preciso velos, aínda que sexa por derradeira vez- dixo Felipe, triste. O Mestre sabía polo que estaba pasando aquel rapaz, así que deulle a oportunidade de regresar por un día xunto coa súa familia. -Podrás ir ver a túa familia pero non debes desvelar o teu segredo xa que as forzas do mal poden usar á túa familia contra ti- apuntou o Mestre. -Cómo saldrei de aquí?- preguntou Felipe. -Pensa no teu fogar- díxolle o elfo abrazándoo.


N

aquel mesmo instante, Felipe espertou no seu cuarto,

como se o que vivira anteriormente nunca sucedera. Levantouse e mirándose no espello comprobou que era o mesmo neno que marchar aquela noite de verán. Abriu a porta e dirixiuse á cociña, a medida que se acercaba o ruído que facían seus irmáns xogando facíase máis nítido. Ao chegar á cociña súa nai xirouse e sorrindo, como tódalas mañás, puxo a xerra con leite e unha taza na mesa. Felipe acercouse a súa nai e abrazouna como nunca fixera, a o que a muller correspondeu cun bico na meixela. Felipe continuaría o resto da súa vida así abrazado pero seu pai interrumpiu aquel momento entrando na cociña. -Eh, rapaz, deixa respirar a túa nai- dixo o pai. Felipe apartouse de súa nai avergonzado e viu que a cara de súa nai desprendía unha enorme delicia, como si se sentise orgullosa del.


O mozo déuse conta que súa nai percibía algo pero non dixo nin unha palabra. Ese día foi tan emocionante que nunca podría esquecelo, aproveitou cada segundo do día para disfrutar da súa familia ata que se fixo de noite. Despois da cea levou a seus irmáns á cama e esperou a que o sono os rendira, bicounos e abrazounos forte e cando se dispoñía a marchar bicounos de novo, cerrou a porta e fixo un descanso no pasillo antes de ir xunto ós seus proxenitores. Na cociña, seus pais terminaban de recoller os pratos para limpalos e Felipe contemplounos dándose conta que aquela era a última vez que observaba aquela escena. Entrou na cociña, estreitou a man de seu pai e acto seguido abrazouno tamén; despois dirixiuse a súa nai que, con bágoas nos ollos, esperábao impaciente, os dous abriron os brazos e fundíronse nun abrazo como se fosen un só ser. Felipe recordaría aquel momento para sempre, secoulle unha bágoa que tiña súa nai na cara e foise ó cuarto. Metéuse na cama e os ollos pecháronse aínda mollados de chorar.


A

o espertar encontrouse naquel sitio escuro xunto a

Xurxo e 贸 Mestre, levantouse, decidido, e avanzou con paso firme. Tras el, fixeron o mesmo os dous compa帽eiros. Desde aquel momento Felipe seguiu loitanto contra todo inimigo da paz mundial.

Manuel Mosquera



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.