nadal, actividades

Page 1

Quen é? É o Apalpador: un personaxe mítico galego que baixa da montaña na noite do 31 de decembro.

Que trae? Unha

presada

de

castañas,

xoguetes

e

deséxalles ás nenas e aos nenos que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura.

Que fai? Entra nos cuartos dos nenos e das nenas, cando están durmidos e apálpalles a barriguiña por ver si estiveron ben mantidos todo o ano.

Que lle gusta? É moi lambeterio e gústanlle as cousas doces.

Ten outros nomes? Si. Nas Terras de Trives (Ourense) chámanlle

Como preparaban a súa chegada? Os pais cantábanlles aos nenos/as cancións de berce para facer máis curta a espera do Apalpador: “Durme meu neno, durme carabeliño

Durme que vén a apalparche

que sae o Apalpador, do seu acochiño;

e aloumiñarche a barriguiña

e baixa dos montes, cheíño de frío

e a dixarche para o almorzo

e quere atoparte, no leito durmido.

CASTAÑAS BEN QUENTIÑAS”


Cantos de Reis Grupos de mozos e de mozas ían cantando polas portas agardando recibir unha lambetada, comida ou algún outro agasallo. A cambio do seu cantar, a mocidade solicitaba o aguinaldo, xeralmente en especie (viño, chourizos, touciño, doces, lambetadas, etc...), que despois consumían todos xuntos facendo unha festa ou foliada.. Estes cantos de Reis soían comezar cunhas estrofas de presentación dos “reiseiros”, na que se pedía permiso ou licencia para cantar na casa. A continuación, viña o propio relato ou canto de Reis e adoitaban finalizar cunha loubanza ós da casa onde cantaban, en caso de obtelo aguinaldo desexado; pero tamén podía rematar dun xeito ferinte, e mesmo insultante, no caso contrario, facendo saber ós veciños quen estaba menos disposto a compartir os seus alimentos. De seguido tocábase unha “jota” ou muiñeira e convidaban a danzar ós da casa. Era esta unha tradición habitual nas nosas festas de Nadal, Aninovo e Reis. No Nadal eran panxoliñas; no fin de ano xaneiras, manueis ou aninovos, e en reis, os cantares de reis ou aguinaldos.

“Aguinaldo pido con disposición ovos e torresmos caixas de turrón. Ó aguinaldo imos e ó aginaldo andamos se nos dan as fabas tamén as tomamos. Dea o aguinaldo se o quere dar que bastantes porcos ten para matar.

Dea o aguinaldo anque sexa pouco, touciño e medio e a metade do outro. Dea o aguinaldo señora casada, ovos e torresmos fan boa empanada. Dea o aguinaldo señora solteira, cartos ou torresmos o que vostede queira”

CONTOS DE REIS e nadal


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.