Con raices en Forcarei

Page 1



Pintores

Concello

EDITORIAL O equipo da biblioteca escolar deciciu que durante este curso o tema de traballo sería "Forcarei", e a nós, os de sexto, gustounos o aspecto relacionado coas artes plásticas e os artesáns, porque sendo Forcarei un concello pequeno, sobre todo en nº de habitantes, podemos presumir ,entre outros persoeiros destacados, de grandes pintores, algúns deles figuran entre os grandes de Galicia. Pero a maioría dos forcaricenses non eramos conscientes deste acervo cultural ata que no ano 1986 o alcalde deste Concello, D. Manuel Brea Porto, e o concelleiro de cultura, D. David R a po s e i r a s Correa, ámbolos dous mestres neste colexio, organizan a 1ª Exposición de Pintura do Concello de Forcarei. Contan coa

de

Forcarei

colaborara ción de Xosé Mª Barreiro Gómez, un dos pintores galegos vivos de máis renome e nado neste concello. A exposición foi todo un éxito e, dende entón, séguese a organizar, no mes de agosto, tódolos anos agás no 1987 que non se realizou . Pintura,variados estilos e técnicas, e escultura, tanto en pedra como madeira, obras de artistas con lazos neste concello ou non, teñen cabida nesta Sala de Exposicións, e dende ela, todos eles, móstrannos o seu particular universo. Dende esta primeira exposición o Concello merca unha obra das expostas e o artista que expón regálalle outra. Deste xeito, hoxe en día, o fondo de obras, sobre todo en pintura, do noso Concello é moi importante, non só no seu número, senón tamén na súa calidade e variedade, dado os diversos estilos que amosan os artistas invitados e nós comprobámolo indo visitar a exposición permanente da Casa do Concello, alí vimos obras dos artistas que estamos a traballar e moitas máis... Os alumnos de 6º visitando a exposición permanente do Concello de Forcarei

CEIP Nsa. Sra. das Dores-Forcarei Curso 2011-2012

3


P i n t o r e s

C o n c e l l o

d e

F o r c a r e i

VIRXILIO BLANCO Virxilio Blanco naceu e morreu en San Miguel de Pesqueiras – Forcarei, (1896 - 1948). Moi novo, 16 anos, emigrou primeiro a Argentina, logo a Cuba, paso caria os EEUU, pero xa quedou na illa traballando en distintos oficios que compaxina coa súa formación en "La Academia de Artes" de La Habana. Freconta o Centro Galego alí coñece a Laxeiro, e nel fai a súa primeira exposición, pola que lle conceden unha beca para formarse na Real Academia de Bellas Artes de S. Fernando de Madrid. Regresa a Cuba e fai unha nova exposición conseguindo outra beca para seguir a súa formación en París onde tivo contacto con Miró, Picasso e Mattisse. A Diputación de Pontevedra concédelle dúas becas: no 1930 para París e en 1932 para Madrid. Despois da Guerra Civil ábrese unha etapa moi difícil na súa vida, a súa innovadora obra non é valorada como merece e na década dos 40 as dificultades económicas seguen e a súa saúde vai empeorando. Realizou algunha exposición en Vigo e Santiago de Compostela. A súa obra non é abundante, hai catalogados uns 80 cadros que están en varios museos galegos e en coleccións particulares, pero quedan sen catalogar aquí, en Cuba ou os E.E.U.U. Na súa pintura é importante a cor e na súa paisaxe non se ven figuras humanas; os debuxos, cheos de sensibilidade, fainos directamente co pincel. A súa inquietude intelectual levoulle a fundar a revista “Alborear” con Caldera Manzano. 4

CEIP Nsa. Sra. das Dores-Forcarei Curso 2011-2012


P i n t o r e s

C o n c e l l o

O Para単o

d e

F o r c a r e i

Paseo da Ferradura-Santiago

Praza Maior de Ourense

CEIP Nsa. Sra. das Dores-Forcarei Curso 2011-2012

5


P i n t o r e s

C o n c e l l o

Au t or r e t r at o

d e

F o r c a r e i

A súa familia

Xardíns de Casto Sampedro Pontevedra

Xardíns de Luxemburgo

6

CEIP Nsa. Sra. das Dores-Forcarei Curso 2011-2012


P i n t o r e s

C o n c e l l o

d e

F o r c a r e i

B A R R E I R O Nace en Loureiro, parroquía de Dúas Igrexas, Forcarei o 25 de outubro de 1940. Dende moi novo trasladouse a Pontevedra onde realiza estudios de bacharelato, alternándoos coa súa afición ao debuxo e a pintura. Un premio de pintor aficionado suponlle unha estancia en Madrid, con outros xóvenes valores a nivel estatal: José M. Párraga de Murcia, Manolo Valdés de Valencia, Mataruna do País Vasco, etc. Conferencias, visitas a museos, pintura ao aire libre, suponlle tomar con máis vontade o camiño da arte. En 1957 concedérolle un primer premio en acuarela en Pontevedra. 1963, comeza as súas exposicións facendo a “Primera exposición individual”, en Sta. Cecilia de Marín,. Chega a París onde reside durante un ano,Toma un primeiro contacto cos impresionistas,

Matisse, Picasso, Duffy, fai bocetos de rincóns de París, pinta en Montmartre e toma referencias, sobre todo, dos pintores que el admirará profundamente: Matisse e Picasso. 1965, de volta a España fixa a súa residencia en Vigo, fai traballos de decoración en casas comerciais desta cidade; xa en París tivera contacto con Galerías Lafayette, e en anos posteriores compaxinou o seu traballo coa decoración en Harrods de Buenos Aires (1969-71). Alquila un estudo na rúa Velázquez Moreno, 29 (hoxe en día segue a ser o seu

CEIP Nsa. Sra. das Dores-Forcarei Curso 2011-2012

7


P i n t o r e s

C o n c e l l o

d e

F o r c a r e i

estudo),coñece a Laxeiro e a Lugrís. Con Urbano comparte casa e estudo durante catro anos. Lugrís é un admirador da obra de Barreiro. 1969, despois de expoñer en Vigo viaxa a Argentina para expoñer en Buenos Aires. 1970, polas mañás, Barreiro fai proxectos de decoración para os almacéns Harrods de Buenos Aires. Polas tardes no seu estudo prepara obra para expoñer. 1986, despois de facer exposicións en moitas cidades españolas ao longo destes anos, incluso unha colectiva en Caracas e sendo xa un recoñecido autor, expón na Casa do Concello de Forcarei. A exposición titúlase: “Homenaje a mi Tierra” que abrangue dende 1958 ata 1986. Volve expoñer no 1996 na exposición colectiva de “Homenaje a autores nativos” Dende esa son moitas as exposicións que fai en diversas cidades europeas e americanas. As Muller Labrega técnicas que soe usar son: óleo sobre tela, papel, cartulina, cartón, lenzo, táboa, tinta sobre papel, cartón reentelado... Soe facer as exposicións con temas distintos: o circo, a música...A súa pintura impresionista nun comezo foise impregnando de elementos contemporáneos, actualizándose con rasgos de gaffitti de Jean-Michael Basquiat, do cubismo... Según Barreiro nos seus cadros a ventá é un símbolo de liberdade, un escaparate caria o infinito. A pomba e a gaivota son outros dous elementos que simbolizan esa liberdade. Dende o mes de abril terá unha exposición permanente do seu fondo pictórico no mosteiro de Aciveiro, que estará integrada por obras propias e de artistas tan famosos como Laxeiro, Seoane, Lugrís, Colmeiro.. . 8

CEIP Nsa. Sra. das Dores-Forcarei Curso 2011-2012


P i n t o r e s

C o n c e l l o

d e

F o r c a r e i

BARREISO ESCULTOR,"Gaiteiros"

CEIP Nsa. Sra. das Dores-Forcarei Curso 2011-2012

9


P i n t o r e s

C o n c e l l o

d e

F o r c a r e i

Natural de Seoane (1958-2007), parroquia de Meavía, Forcarei. Estudios: Asiste a escola da parroquia e cursa os primeiros anos de bacharelato por libre. Do ano 1971 ata o 1979 cursa estudios na Escola de Maxisterio de Vigo e tamén estuda na Escola de Artes e Oficios. No ano 1979 trasládase a Barcelona onde remata Maxisterio, e fai estudios de Bellas Artes en S. Jordi (Universidade de Barcelona). Ano das exposicións en Forcarei: 1989 "Exposición en solitario". 1996 "Exposición colectiva en Homenaxe os autores nativos". 2008 "Exposición retrospectiva da súa obra". Pintaba a óleo, acuarela, pastel... sobre diversos soportes e tallaba en madeira.

GUITARRA

10

TORRE DE ALARMA CEIP Nsa. Sra. das Dores-Forcarei Curso 2011-2012

CANDIL


P i n t o r e s

C o n c e l l o

d e

F o r c a r e i

PRAZA DA IGREXA

PONTE GOMAIL

CANTEIROS

TALLAS DE MURAS

CEIP Nsa. Sra. das Dores-Forcarei Curso 2011-2012

11


ALBERTO GULÍAS Alberto Gulías naceu no ano 1969 en Caracas,Venezuela. Os seus pais son naturais deste Concello, da Ponte o pai, e a nai de Covas, ambos da Parroquia de Forcarei. Licenciado en Bellas Artes pola UniversidadeCompultense de Madrid e doctorado pola facultade de Bellas Artes de Pontevedra,Universidade de Vigo. Ao longo da súa traxectoria artística ,expón dende o ano 1977,faino en salas de diversas cidades tanto europes como españolas: Bruselas, Londres, Coimbra, Santiago de Compostela, Madrid, Lisboa, Vigo... En 1990 fixo a sua primeira exposición no Concello de Forcarei e unha segunda no ano 1996 titulaba "Homenaxe do Concello de Forcarei aos Autores Nativos".

12

CEIP Nsa. Sra. das Dores-Forcarei Curso 2011-2012


P i n t o r e s

C o n c e l l o

PAISAXE HUMANA

A TERRA MÁIS INOCENTE

d e

F o r c a r e i

ALMAS FUXITIVAS Homenaxe a Pollock

PEDRAS

CAMA

ÍCARO

CEIP Nsa. Sra. das Dores-Forcarei Curso 2011-2012

13


P i n t o r e s

C o n c e l l o

d e

F o r c a r e i

M A RI O D A P E N A Nado no Cachafeiro, parroquia de Forcarei e residente, dende hai moitos anos, en Biscaia. Mestre de profesión, descubriu á súa vocación pola pintura en plena madurez. Forma parte do "Colectivo Beurko", do que é cofundador. Comeza a expoñer no 1982, e dende esa participa en distintas exposicións tanto en Galicia como en Biscaia. Son temas recurrentes na súa pintura os vencellados coa natureza e co patrimonio histórico galego, sobre todo co forcaricense: a Praza da Igrexa, Ponte Gomail... Na Casa do Concello fai a súa 1º exposición en 1993, participa na colectiva de "Homenaxe a Autores Nativos" en 1996 e no 2006 fai outra exposición individual. Colección particular

PONTE GOMAIL

TORR E DE ALARMA

14

CEIP Nsa. Sra. das Dores-Forcarei Curso 2011-2012

M A R I Ñ A


P i n t o r e s

C o n c e l l o

d e

F o r c a r e i

BALDOMERO CALVIÑO O pai era de Liñares, parroquia de Santa Mariña de Castrelo, pero el nace na Habana onde resídia a súa familia, alí cursa estudios de Debuxo e Artes Plásticas. A comezos dos noventa vense para Galicia, nesa primeira época reside na casa duns familiares paternos en Liñares, Castrelo. No ano 1994 fai a súa primeira exposición na casa do Concello e no 1996 expón de novo na colectiva " Homenaxe a Autores Nativos" (Barreiro, Muras, Gulías, Mario, Rosaura e Calviño)

NEGRITA

PAISAJE TROPICAL

CEIP Nsa. Sra. das Dores-Forcarei Curso 2011-2012

15


P i n t o r e s

C o n c e l l o

d e

F o r c a r e i

ANA SILVA Anque nace en Puebla (México, 1979) os seus país son galegos, o pai natural de Bearíz e a nai de Córneas, parroquia de Dúas Igrexas, e ela desde moi pequena reside en Forcarei. Enxeñeira Técnica Industrial Mécanica de profesión e pintora, en tempo de lecer, por afección. No 1999 expuxo na Casa do Concello

16

CEIP Nsa. Sra. das Dores-Forcarei Curso 2011-2012


P i n t o r e s

C o n c e l l o

JOSÉ LUIS IGLESIAS DIZ

d e

F o r c a r e i

Nace en Alfonsín, San Miguel de Presqueiras. Vive a infancia e adolescencia en Cerdedo e dende o ano 1965, no que comezou os estudos de Medicina, vive en Santiago de Compostela. É licenciado e doutor en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela e especialista en Pediatría. Traballa como Pediatra no Complexo Hospitalario Universitario de santiago de Compostela (CHUS) e é profesor de Pediatría na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Fixo a súa 1ª exposición no ano 1980 en Santiago, no pub Modus Vivendi, e dende esa son numerosas as exposicións nas que participa, non so en vilas e cidades galegas, tamén fóra: Valencia, Lisboa.. No 2005 fixo no Concello a exposición Iglesias Diz/ Iglesias Fernández ( o seu fillo), titulada: " Dicen lo cual es improbable...", na que expoñe 20 obras de pintura abstracta e Luis Fernández 3 obras, sendo a composición de cubos a máis admirada. A súa pintura móvese dende a figuración ata a abstración, cunha gama cromática variada e presencia de formas xeométricas.Utiliza diversas técnicas e utiliza materiais mixtos acadando diferentes texturas.

CEIP Nsa. Sra. das Dores-Forcarei Curso 2011-2012

17


P i n t o r e s

C o n c e l l o

d e

F o r c a r e i

...MÁIS A R T I S T A S Pero non só temos pintores, tamén podemos presumir doutros artistas, algúns tan famosos como:

CHANO PIÑEIRO Forcarei 19541995. farmacéutico de profesión, pero cineasta de corazón. Principal impulsor do cine "galego en galego", pioneiro e símbolo das posteriores xeracións do noso audiovisual . Filmografía: "Os paxaros morren no aire"1977, premiado entre outros co "Film de oro" do Ministerio de Cultura "Eu, o tolo", 1978. "Mamasunción", 1984. Premio da Crítica na Sección de Artes e Ciencias da Representación en Galicia, 1985. "Esperanza", 1986. "Sempre Xonxa" 1989, a súa primeira e única longametraxe. " O camiño das estrelas", Medalla de Plata de Galicia no 1995 (título póstumo). Autor dos libros: "Conversas co vento", onde se recollen os artigos que escribía no Paisaxe da xornal "Faro de Vigo" e "A luz dun soño e outros Toscana textos de cine" que se publicou despois da súa morte. Pintor ocasional, participou na exposición"COLECTIVA DE DEZ AUTORES PONTEVEDRESES" no 1992 na Casa do Concello.

18

CEIP Nsa. Sra. das Dores-Forcarei Curso 2011-2012


P i n t o r e s Máis C oartistas n c e ldo l o d e F o r c a r e i Concello

" O GAITEIRO DE SOUTELO" •Avelino Cachafeiro "O Gaiteiro de Soutelo" (1899-1972), descendente de gaiteiros é líder do grupo familiar "Os gaiteiros de Soutelo". Consagrado como un dos mellores gaiteiros de Galicia, despois da Guerra Civil adícase á poesía, á pintura e á súa faceta empresarial.

E outros non tan famosos, pero non menos importantes:

...MÁIS MÚSICOS •Avelino Alberte, acordeonista e mestre de gaiteiros , sobriño de Avelino Cachafeiro. •Jaime Barreiro Ouro, acordeonista. •Jesús Campos, "Jesús do Cachumil", reloxeiro de profesión e acordeonista, tamén arranxa estes instrumentos. •Paco do Cachafeiro, acordeonista e fundador dun grupo musical familiar. •Ramiro Cortizo "O capador de Muras", gaiteiro autodidacta de Muras. •Adelino Pichel "O gaiteiro de Sorribas" solía tocar en solitario, nalguha ocasión teno feito acompañado por outro músico e algunha vez fíxoo cos "Gaiteiros de Soutelo" •Moncho Pichel, acordeonista, fillo Adelino Pichel, o gaiteiro de Sorribas. •Ángel Rapado Prada, gaiteiro autodidacta de Forcarei. •Pablo Barreiro Rivas, Técnico de sonido, que participa na formación de grupos e orquestas de todo tipo e no ano 1985 entra a traballar na Radio Galega e posteriormrnte na TVG onde dirixe varios programas musicais. Como AUTOR MUSICAL destaca por: - a música de tódalas películas de Chano Piñeiro. - Caixa de música, Indicativo RTVG, música informativ, Galegos, Rapaces, O fiadoiro, A peneira, Cousas, Ibiza, . - No 2006 recibe o premio da Crítica de Galicia pola súa labor como difusor, colaborador e restaurador das gravacións.

CEIP Nsa. Sra. das Dores-Forcarei Curso 2011-2012

19


...OUTROS ARTISTAS

Obra de VÍCTOR CARRACEDO ESCARÍZ Víctor Carracedo Escariz, adícase ao traballo en granito

A base deste reloxio é unha torada de tronco de árbore. Está no Salón de Actos do Concello

OBRA de

JAVIER CORTIZO 20

CEIP Nsa. Sra. das Dores-Forcarei Curso 2011-2012


Máis artistas do Concello

JOSÉ PICHEL TAÍN Natural de Malburgo, Millerada, Forcarei. Traballa, en obra civil, na empresa Peninsular de Contratas, pero ten unha gran afición, á que adica moitos dos seus momentos de ocio, facer obxectos de madeira, moitos deles a base de pequenas pezas. Mostrámosvos algo da súa obra que abrangue dende maquetas de igrexas parroquiais ata xoieiros, pasando por artesas, cadros...ou pezas que se abren e se descompoñen como un perfecto crebacabezas.

Distintas posicións da mesma peza.

CEIP Nsa. Sra. das Dores-Forcarei Curso 2011-2012

21


Mรกis artistas do Concello ARTESA A MESMA PEZA PECHADA E A B ER TA

Xoieiro Paisaxe nevada IGREXA DE FORCAREI

IGREXA DE MILLERADA

22

CEIP Nsa. Sra. das Dores-Forcarei Curso 2011-2012


P i n t o r e s

C o n c e l l o

d e

F o r c a r e i

RECURSOS UTILIZADOS http://pensaipinta.blogspot.com/2011/03/virxilio-blanco-garrido-forcarei.html http://trianarts.com/pintores-gallegos-virxilio-blanco-garrido/ http://lembranzas-ines.blogspot.com/2010/09/virxilio-blanco-garrido.html http://lembranzas-ines.blogspot.com/2010/09/virxilio-blanco-garrido.html http://lembranzas-ines.blogspot.com/2010/09/virxilio-blanco-garrido.html http://lembranzas-ines.blogspot.com/2010/09/virxilio-blanco-garrido.html http://www.forcarei.com.es/pan1.asp?idm=1&tit1=O%20Gaiteiro%20de%20Soutelo&tit2=El%20Gaite iro%20de%20Soutelo&img=/images/concello/Escudo_small.gif&tab=xente&id1=4 http://www.jmbarreiro.com/ http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2765/jose-maria-barreiro-pintor-genialidad-dificilhecho/89836.html http://www.galegos.info/jose-maria-barreiro http://www.fundacionmondarizbalneario.org/patrimoniodetalle/33/110/JOS%C3%89%20MAR%C3%8DA%20BARREIRO http://www.galeriasantaclara.com/alberto_gulias_cv.html http://www.saatchionline.com/GULIAS http://sumarte.wordpress.com/2011/10/28/alberto-gulias-diseno/ http://www.jaimetrigo.com/galeria/gulias/index.htm http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/08/26/5054961.shtml http://bvg.udc.es/indice_paxinas.jsp?id_obra=FoNobedo1&id_edicion=FoNobedo1002&cabecera=%3 Ca+href%3D%22ficha_obra.jsp%3Fid%3DFoNobedo1%26alias%3DFrancisco%2BRozados%22+class% 3D%22nombreObraPaxina%22%3EForcarei.+No+berce+do+Umia+e+do+L%E9rez%3C%2Fa%3E&ali as=Francisco+Rozados&formato=texto http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2008/08/25/0003_7086162.htm http://www.elcorreogallego.es/?idMenu=27&idNoticia=181544&idEdicion=559 http://guimart.eurowintuweb.com/pages/6/pr/17-xesus-muras.html http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2007/06/25/5928349.shtml http://www.lavozdegalicia.es/deza/2007/12/19/0003_6415887.htm http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/background-jose-luis-iglesias-diz-auriol/idEdicion-201005-21/idNoticia-549392/ http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2358/domingo-arte-forcarei/16016.html http://webs.uvigo.es/mpsp/medicarte/individuais/iglesiasd.htm http://es.wikipedia.org/wiki/Chano_Pi%C3%B1eiro http://www.culturagalega.org/avg/persoas_detalle.php?Cod_prsa=32 http://www.axenciaaudiovisualgalega.org/public/index.php?id_persona=1214&seccion=oficinaprod uccion/ficha_persona.php http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2635/galardoados-cos-premios-da-critic -reunironse-na-cea-das-letras-galegas-mondarizbr/64918.html Revista Cotaredo Nยบ XI, editada polo Concello de Forcarei

CEIP Nsa. Sra. das Dores-Forcarei Curso 2011-2012

23


P i n t o r e s

C o n c e l l o

d e

F o r c a r e i

ÍNDICE EDITORIAL VIRXILIO BLANCO BARREIRO SUSO MURAS ALBERTO GULÍAS MARIO DAPENA BALDOMERO CALVIÑO ANA SILVA JOSÉ LUIS IGLESIAS DIZ CHANO PIÑEIRO MÁS MÚSICOS JAVIER CORTIZO VÍCTOR CARRACEDO E. JOSÉ PICHEL TAÍN RECURSOS UTILIZADOS

AUTORES: Alumnos 6º EP, curso 2011-2012 EDITA: CEIP Nsa. Sra. das Dores MAQUETACIÓN: Laura Andión López

24

CEIP Nsa. Sra. das Dores-Forcarei Curso 2011-2012

3 4 7 10 12 14 15 16 17 18 19 20 20 21 23


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.