CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO NO NOSO COLEXIO

Page 1

No CEIP de Figueiroa abril é o mes adicado aos libros e farémolo cos seguintes actos: 28 de abril de 2011 na biblioteca: MARATÓN DE LECTURA Alumnos e alumnas de 3º a 6º . Lectura colectiva do libro MEMORIAS DUN NENO LABREGO. CAMBIAMOS LECTURAS Intercambio de lecturas entre os cursos do Primeiro Ciclo. SABEMOS LER Lecturas dos de Ed. Infantil de 5 anos para os seus compañeiros de 4 anos. ENTREGA DE MARCAPÁXINAS E FOLLETO INFORMATIVO. Semana do libro. Do 26 ao 29 de abril ¿ E TI QUE LIBRO SALVARÍAS ? Durante esta semana cada aula decidirá que libro salvaría se soamente se puideran quedar con ún. Coas súas propostas faremos unha exposición. AÍ VEÑEN OS NOSOS CONTACONTOS Interpretación de contos e poemas para os máis pequenos do cole a cargo de grupos de alumnos e alumnas Durante todo o mes de abril. CONCURSA CON NÓS ED. INFANTIL E 1º CICLO DE EP Debuxa ao teu personaxe favorito. 2º E 3º CICLO DE ED. PRIMARIA Fai unha adiviña sobre o personaxe dos contos que máis che guste.


CONCURSA CON NÓS

Ola amigos e amigas: Quero convidarvos a un novo concurso para os nenos e nenas de terceiro a sexto. Pensade no voso personaxe favorito dos contos ou dos libros que vos gustan. Ten que ser un protagonista famoso que todos poidamos coñecer. Agora pensade como o describiríades sen dicir quen é e facede unha ADIVIÑA. Usa a imaxinación e a creatividade e dálle moitas voltas ata que quede ben formada. Logo escríbea con boa letra, pon o teu nome e curso e por detrás a resposta, é dicir, o nome do personaxe que a adiviña esconde. Haberá un premio por curso e publicaremos as mellores. Anímate e participa que non é moito esforzo. Boa Pascua.

BIBLIOTECA DO CEIP FIGUEIROA

Abril mes dos libros


CONCURSA CON NÓS Ola familias: Son Carola e quérovos convidar a participar nun concurso arredor dos libros. ¿ Cal

tos

é o teu personaxe favorito dos con-

? Hai miles onde escoller pero seguro que ti tes un preferido, o que

máis che gusta, o que máis queres. Pois ben, durante estas vacacións debúxao como ti o ves. Usa a técnica e o formato que queiras e despois de Pascua tráeo ao colexio. Faremos una exposición e os cinco máis bonitos recibirán un agasallo. Ah! Non te esquezas de poñerlle o teu nome e o curso para que todos e todas vexan quen foi o autor ou a autora. Boa pascua a tod@s.

BIBLIOTECA do CEIP Figueiroa Abril, mes dos libros.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.