A Catedral de Lugo

Page 1

A CATEDRAL DE LUGO Estrutura da fachada principal e planta

A catedral de Lugo ten planta de cruz latina polo que presenta tres portas alinteladas con arcos de medio punto, que se corresponden con cada unha das naves da catedral.

Entrando pola porta de Santiago vemos a fachada neoclásica, do século XVIII, que substitúe unha fachada románica anterior. Rematou as obras o arquitecto Ferro Caaveiro no 1778. As torres rematáronse a finais do século XIX. No corpo superior ábrense ventanais con esveltas columnas e pilastras máis robustas dispóñense ó longo da fachada sostendo o frontón e o entaboamento.Coroan a parte superior as estatuas dos catro evanxelistas e a figura da Fé. En dúas fornelas están as imaxes de San Froilán, patrón de Lugo, e San Capitón, posiblemente o primeiro bispo da cidade.


A porta románica ou fachada norte É a portada máis antiga que conservamos. Por ela entraban os peregrinos na catedral. Destaca un tímpano bilobulado que na parte central remata nun capitel de mármore no que está representada a última cea. Sobre este capitel hai unha fermosa imaxe de Cristo en Maxestade, tamén do século XIII. As bases da columna son de mármore con decoración de estilo suevo e poderían pertencer a unha igrexa primitiva da época do bispo Odoario. Moi interesantes son as ferraxes da porta de madeira do século XIII, moi semellantes a outras que se conservan en Meira e en Sarria. Inscríbese nun estilo oxival tardío, con nártice aberto nas tres frontes, realizado con amplos arcos oxivais os laterais e de medio punto o central. Está cuberto por unha espléndida bóveda de crucería co escudo de Pedro de Ribera, bispo da época.

Capela da Virxe dos Ollos Grandes É unha das xoias do barroco galego realizada por Fernando de Casas entre 1726 e 1734. Para a súa construción foi necesario reformar a cabeceira da catedral para agrandar o espazo. A súa planta é circular cuberta por unha fermosa e equilibrada cúpula semicircular levantada sobre machóns.Unha lanterna dota de boa luminosidade o recinto. O conxunto, marabillosamente decorado, transmite unha equilibrada harmonía. O camarín da virxe, a xeito do altar maior, é obra tamén do arquitecto Casas. Destacamos o gran retablo, obra de Miguel de Romai, cheo de formas complicadas enmarcando figura da Virxe que é de finais do románico, realizada en alabastro, ricamente policromada e executada con sorprendente naturalismo. María está rodeada por una grilanda de anxiños e sostén o neno cunha man mentres coa outra lle ofrece un dos seus peitos nus.


A esta figura fai referencia a Cantiga de Santa María, do Rei Afonso X, número LXXVII, na que describe a curación dunha muller que pediu á Virxe a saúde, que recobrou na propia catedral de Lugo, ós pés da Virxe: “ Esta é de como Santa María sandou na súa igrexa de Lugo a unha muller contrafeita dos pés e das mans”. Aparece o tema iconográfico da Virxe do Leite ( Maria Lactans) que foi moi difundido desde a segunda metade do s. XIII. “ Esta é de como Santa María sandou na súa igrexa de Lugo a unha muller contrafeita dos pés e das mans”. Da que Deus manou o leite do seu peito, Non é marabilla que sande ao contrafeito.

Disto fixo Santa María milagre fermoso na súa igrexa en Lugo,grande e piadoso, por unha muller que tiña tolleito a maior parte do seu corpo, e de mal encolleito. Da que Deus manou o leite do seu peito…

Que ámbalas súas mans tanto se encolleran, que ben por cerca dos seus sombreiros se meteran, e os calcañares, polo mesmo feito, se meteron todos no corpo maltreito. Da que Deus manou o leite do seu peito…

En canto viu que non a sandaba ningunha menciña, volveuse a Santa María, a nobre Raíña, pregándolle que non mirase o despeito que ela lle fixera, senón o seu proveito; Da que Deus manou o leite do seu peito…

Que parase mentes nela de maneira que a sandase, se non, que fixese de xeito que cedo finase; e despois se fixo levar nun leito ante a súa igrexa, pequeno e estreito. Da que Deus manou o leite do seu peito…

E ela alí xacendo fixo moi boa vida ata que lle tivo a Señora a mercé cumprida no mes de agosto, no día sinalado, na súa festa grande, como contado Da que Deus manou o leite do seu peito…


Será agora por min. Que naquel día se fixo levar á igrexa de Santa María; pero a Santa Virxe non demorou o preito, senón que lle sandou todo o corpo desfeito. Da que Deus manou o leite do seu peito…

E ocorreulle de xeito que alí onde sandaba, cada membro, por si, moi rexo estalaba, como a madeira seca do teito, cando se estendía o nervio encollido Da que Deus manou o leite do seu peito…

O bispo e toda a xente diante estando, vendo isto e oíndoo, e fortemente chorando, viron que un milagre foi e non impostura, polo que loaron á Virxe a fartura Da que Deus manou o leite do seu peito…

Este milagre foi transmitido pola tradición oral e trata o tema da curación dunha muller tolleita dos pés e das mans. Unha muller á que ningún remedio puido curar, pide á Virxe que a sande ou que, do contrario, faga que morra pronto para evitarlle o sufrimento de padecer unha parálise nas súas extremidades. Faise trasladar no mesmo leito á igrexa que custodia a imaxe da Virxe, e alí fai unha vida virtuosa. Así transcorre o tempo ata que no mes de agosto, o día que se conmemora o día grande da Virxe, fixo que a introducisen no templo. Unha vez alí, a Raíña obrou o milagre. Finalmente, todos os que estaban no templo loaron á Virxe, decatándose de que fora un feito marabilloso e non un engano.

Como quedaron moitas cousas por aprender e comentar é o noso desexo continuar coñecendo as xoias que encerra a nosa cidade e desde estas páxinas convidámosvos a que fagades o mesmo.

Alumnado de 3º PDC


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.