Leda Magazine #01

Page 15

1.Para empezar , explícanos un pouco quen eres. Chámome Hans, e son un rapaz case home que vive nalgún lugar ó noroeste de Galicia, aínda que nacín en Hamburgo xa fai algo máis de dúas décadas. De cando en vez intento facer cancións, con maior ou menor éxito. 2.O teu nome , Hans Castorp é un personaxe do libro “La montaña mágica” de Thomas Mann, dinos por que escolliches ese nome e cóntanos un pouco a túa afición pola literatura. Escollín ese nome porque é unha novela marabillosa que me marcou e, como adoita ocorrer nestes casos, sentinme totalmente identificado co personaxe protagonista, que é Hans Castorp. Supoño que se es un mozo inseguro de vinte e poucos anos, que non sabe moi ben o que quere na vida, facilmente impresionable e que busca defini-la súa propia personalidade, pois é probable que che pase iso.

Pois curiosamente, e aínda que pareza un pouco contradictorio co anterior, non emprego moito tempo á hora de facer as letras; a maioría das veces só procuro acadar unha certa eufonía no ritmo, sen preocuparme demasiado polo contido. Isto débese basicamente a que non me considero capaz de escribir unha boa letra. Pero pode ser que algún día aprenda, quen sabe. 4.No momento de gravar as túas ideas, que métodos utilizas? Adoito empregar o método de “agora ou nunca”, que consiste en gravar unha idea que considero interesante xusto no intre en que se me ocorre (orixinal, ¿eh?). Moitas cousas esquecín por non gravalas no momento.

No tocante ó meu gusto pola literatura, o único que podo dicir é que me encanta ler e que procuro facelo tódolos días. Podería dicir que é como un elemento de seguridade, algo ó que sempre podo acudir Bandcamp: cando quero esquecerme por un anaco da miña mediocre existencia (o mesmo http://hanscastorp.bandcamp.com/ poderíase dicir do cine ou da música, claro).. Non vou falar de autores e libros My Space: preferidos porque aquí non procede.. http://www.myspace.com/hanscastorp 3.Falando de literatura, que tipo de textos utilizas nas túas cancións?


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.