Un hipopótamo NA B A Ñ E I R A ! texto de Kyoko Matsuoka ilustracións de Akiko Hayashi
ka o u s Mat ayashi o k Kyo kiko H eira! A ba帽 a n mo a t 贸 p ipo h n U
ESTE LIBRO VIVE NO E S TA N T E D E …
Un hipopótamo NA B A Ñ E I R A !
Ilustracións de
Akiko Hayashi Texto de
Kyoko Matsuoka
A min encántame bañarme. Cando vou entrar no baño, sempre levo comigo o meu parruliño Pukka. A Pukka tamén lle encanta bañarse. Cando abro a porta soa… clic-clec-clac. O chan do baño é moi escorregadizo. Hai que ter coidado.
Ó levantar a tapa da bañeira sempre sae moitísimo bafo.
Un día, Pukka entrou o primeiro na auga quente. —Pukka, como está a temperatura da auga? —pregunteille. —Non está quente e tampouco está fría. Está á temperatura perfecta —respondeume Pukka.
Despois eu tamén me lavei e me metín na auga quente. —Mako, como está a temperatura da auga? —preguntoume despois miña mamá. —Non está quente e tampouco está fría. Está á temperatura perfecta.
Logo de ficar un pouco dentro da auga, saín da bañeira e lavei ben o corpo. Aínda que estea só, podo lavarme perfectamente. Poño o xabón na toalla e lavo por quendas os brazos, os ombreiros, o peito e a barriga. A Pukka non o lavo. Non fai máis que xogar na auga. Blup, blup, blup… Pukka meteuse baixo a auga. En canto me decatei, con moita présa, volveu saír aboiando. —Makko, no fondo da bañeira hai unha tartaruga enorme! —díxome.
Plof, plof. Unha gran tartaruga apareceu flotando. —No mar, a superficie da auga é máis quente que o fondo —dixo a tartaruga. —Pero isto non é o mar —contestou Pukka. —Daquela, é un río? —dixo a tartaruga. —Non é un río. É o baño da nosa casa —contestei. Entón a tartaruga estirou o pescozo. —Así que nos baños tamén hai pingüíns? —preguntou.
Mete dentro da bañeira unha tartaruga, dous pingüíns xemelgos, unha foca, un hipopótamo e unha balea...
Pódese!
Colección Vintage
A Colección Vintage inclúe só libros inesquecibles, escritos e ilustrados en calquera lugar do mundo hai máis de 30 anos. Premiados e de referencia nos seus países, nunca chegaron a España... ata agora. Foron seleccionados entre miles. Son libros para sempre. ISBN 978-84-941136-9-7
9 788494 113697 www.latadesal.com