Folleto Informativo 11/12

Page 1

CPR Divino Maestro Infantil Primaria Secundaria


ÍNDICE OS FUNDADORES DO COLEXIO

2

A NOSA OFERTA EDUCATIVA

3

O MÉTODO EDUCATIVO

4

A COMUNIDADE EDUCATIVA

5

PROXECTO XERAL DO CENTRO

6

UN CENTRO EN PASTORAL

8

ASOCIACIÓN DE PAIS E NAIS (AMPA)

10

CLAUSTRO DE PROFESORES

11

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

13

DATAS DE ENTREGA DE NOTAS

14

ORGANIGRAMA

15

NORMAS XERAIS DE CONVIVENCIA DEREITOS DOS ALUMNOS

17 19

DEBERES DOS ALUMNOS

20

CALENDARIO ESCOLAR

21

ACTIVIDADES CULTURAIS E FORMATIVAS

23

GRUPOS DIVINO MAESTRO

26

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

27

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

28

HORARIO ESCOLAR

29

1


OS NOSOS FUNDADORES

Madre Soledad de la Cruz

Nace en Zamora o día 1 de febreiro de 1904. Crece á calor do amor dos seus pais Manuel e Paula. Soledad é unha nena ampla, sinxela, estudosa, alegre, delicada… Aos 16 anos sente o desexo de ser relixiosa e non dubida en dar este paso, ingresa coas RR. Escolapias. En 1941 coñece a Francisco Blanco Nájera, un tempo despois proponlle: - “Padre, ¿por que no hacemos una fundación para niños pobres?” O día 7 de decembro de 1944 este soño faise realidade. Morre en Madrid o 28 de outubro de 1965.

Francisco Blanco Nájera

Nace en Logroño o 24 de maio de 1889. Os seus pais Eduardo Blanco e Patricia Nájera. Francisco é un neno alegre, inquieto, con grandes dotes para a música. Aos 13 anos ingresa no Seminario e o 20 de decembro de 1927 é ordeado Sacerdote. Francisco foi un home coherente na súa vida, tiña un amor especial polos máis pobres e necesitados e o seu desexo era axudar para que nestes a semente do Evanxeo medrase e dese froito abundante. Morreu o 15 de xaneiro de 1952. Xunto coa Madre Soledad de la Cruz fundou as “RR. Misioneras del Divino Maestro”, as cales hoxe a través dos Colexios “Divino Maestro” fan presente o seu ideal por todo o mundo, “levar a luz da verdade e o lume do seu amor á mente e ao corazón de todos os homes” a través da Educación.

2


A NOSA OFERTA EDUCATIVA Nunha sociedade pluralista o noso centro trata de ofertar unha educación integral, conforme a unha visión humana e cristiá da vida baseada nos valores do Evanxeo. Queremos: 1. Mellorar a calidade educativa tendo en conta os catro piares da escola: • • • •

Aprender a coñecer Aprender a facer Aprender a convivir Aprender a ser

2. Desenvolver a dimensión transcendente na vida dos nosos alumnos, segundo o Evanxeo de Xesucristo “Divino Maestro”, favorecendo o ideal da educación cristiá: “a reprodución de Cristo no educando”. 3. Fomentar o respecto, o esforzo, o sentido crítico, a solidariedade e a liberdade dentro do marco dunha convivencia agradable. 4. Potenciar a adquisición das técnicas instrumentais que posibiliten a aprendizaxe por si mesmos “aprender a aprender”. 5. Facilitar a todos os alumnos a asimilación dos contidos básicos de cada un dos niveis ou cursos. 6. Propiciar a aprendizaxe no amplo campo da cultura humanística, científica e artística. 7. Dar canle de participación efectiva e activa entre Escola e Familia, ao servizo do educando, centro da escola e da familia.

3


O NOSO MÉTODO EDUCATIVO 1. A través dunha acción titorial personalizada e en grupo axudar ao alumno a abrirse ao mundo dos valores que constrúen as persoas dende dentro e as fan de verdade máis valiosas. 2. Que os alumnos experimenten mediante a práctica e a teoría. 3. Fomentar a autoestima para facilitar a aprendizaxe e o desenvolvemento de relacións positivas consigo mesmo e cos demais. 4. Poñer especial interese no desenvolvemento das capacidades e na madurez intelectual, social, moral, afectiva e relixiosa. 5. Tender “pontes” para que o labor educativo Familia-Escola sexa eficaz e fecundo. 6. Cultivar no centro: • A cooperación activa do alumnado na dinámica educativa. • Un estudo diario e levar ao día as tarefas • Un aseo persoal, orde e limpeza na aula, corredores, patio… e o bo uso do edificio, material e mobiliario do centro. • A puntualidade ao centro e ás clases (non permanecer nos corredores ou outras dependencias do colexio). • Un trato correcto cos membros da comunidade educativa.

4


A COMUNIDADE EDUCATIVA Toda a comunidade educativa (pais, profesores e alumnos) colaboramos para conseguir un ambiente de: SINXELEZA,TRABALLO, LEDICIA, RESPECTO, SOLIDARIEDADE E LIBERDADE RESPONSABLE. Para isto decidimos asumir certos compromisos: Os profesores comprometémonos a: • Colaborar para facer realidade os principios do Proxeto Educativo. • Crear un clima adecuado para o desenvolvemento do proceso educativo dos alumnos e o logro dos obxectivos pedagóxicos. Os pais dos alumnos comprométense a: • Prestar apoio e colaboración á dirección do centro e aos profesores para facer eficiente o Proxecto Educativo. Os alumnos comprométense a: • Confiar nos seus educadores. • Levar aos seus pais toda a información que reciben. • Manter una actitude positiva ante o estudo e a normativa do centro. • Representar adecuadamente ao colexio nas viaxes, espectáculos, saídas culturais, competicións deportivas… e no seu comportamento diario.

5


OFRECER UNHA EDUCACIÓN DE CALIDADE

ACADÉMICO

EDUCATIVO

DESTINATARIOS Pais,profesores,alumnos

Facendo fincapé nas áreas Instrumentais: lingua e matemáticas Prestando atención á diversidade Innovando nos medios educativos empregando as novas tecnoloxías

Promovendo os valores do Proxecto Educativo: responsabildidade, respecto, solidariedade, xustiza, verdade Xerando expectativas, estimulando Fomentando as boas relacións

Implicándonos na vida e na realidade do Centro Unificando criterios, obxectivos Sentindo o colexio como propio

Dende unha visión transcendente e esperanzada

6


Titorías alumnos Mediación conflitos Convivencias Celebracións festivas e relixiosas Centro en Pastoral Asambleas Reunións cos país Servizo de Orientación Centro promotor de actividade física

7

DESTINATARIOS

EDUCATIVO

ACADÉMICO

Aulas dixitais Emprego das Tic’s Horario lectivo PPT (Programa de Prevención Titorías) Reforzos nas áreas instrumentais Apoios PT e AL Traballo por proxectos Biblioteca Obradoiros Saídas culturais

Reunións equipos, de etapa e ciclo Traballo dos Dptos. Pedagóxicos Actividade da AMPA Páxina Web Guieiro e circulares Revista “Andoriña” Obradoiros de Pais Extraescolares Servizos escolares: acollida matinal e comedor


UN CENTRO EN PASTORAL “En – red – ate, un curso nuevo te espera” “Tu banda ancha: darse y solidaridad” “Tu red social: Jesús Divino Maestro” “María, un link que no puede faltar” “Tu cortafuegos: dialogar”

“Pasa el antivirus: reconcíliate” http://www.conectaconjesus.com “Vive en red solidaria con las misiones” “Thank you: family, friends, teachers. ¡Gracias Divino Maestro!”


Despertar,con un solo "clic", despegar, comenzar la conexión. Encontré en tu dirección, la verdad y la mejor versión. Contigo acierto, Divino Maestro… Me conecto a ti para descubrir que hay alguien, un amigo en mi vida En mi chat inició sesión, la Madre Inmaculada María Qué ilusión mi buzón se llenó de sueños, decisión y alegría. Conexión@Jesús.com Creo en ti, en tu protección, Tu antivirus se basa en el amor. De tus pasos, mi caminar Tu camino, el de la amistad. Contigo acierto, Divino Maestro.., Me conecto a ti para descubrir que hay alguien, un amigo en mi vida En mi chat inició sesión, la Madre Inmaculada María Qué ilusión mi buzón se llenó de sueños, decisión y alegría. Conexión@Jesús.com

Germán Meoro 9


ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS (AMPA) O obxectivo da asociación de pais/nais é participar na marcha do Colexio a través dos representantes regulamentarios elixidos para os diversos órganos colexiados do mesmo. Colaboran co Colexio na realización e coordinación doutras actividades artísticas, culturais, formativas e recreativas para pais e alumnos. Xunta da A.M.P.A.: • • • • •

Presidenta: Vicepresidente: Secretaria: Tesoreiro: Vogais:

Nieves Pereira Conde D. Santiago Saco Rivera

Dna. Isabel Mato Méndez D. Alberto González Gómez

Dna. María del Valle Calvelo Vázquez D. Fernando Caamaño Rego D. Juan Luis Cachaldora Gómez Dna. Marta Varela García Dna. Mª Aurora Varela Fernández Dna. Raquel Alvarado Álvarez

• Representante da AMPA no Consello Escolar: D. Julio Portabales Rodríguez HORARIO DE ATENCIÓN A FAMILIAS NA A.M.P.A. 1.º martes de cada mes

15.30 a 16.30 horas

Pódense entregar suxerencias no buzón da AMPA sito na entrada ao patio na Rúa Madre Soledad. 10


CLAUSTRO DE PROFESORES EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 4º EI 5º EI 6º EI

TITORES Belén Vidal Rodríguez Héctor Vilas López Carmen Feijoo Rodríguez

MATERIAS Psicomotricidade Inglés

OUTROS PROFESORES Félix Seijo Fraga Antía Gómez Alonso

ATENCIÓN PAIS Luns de 17:25 a 18:25 horas

ATENCIÓN PAIS Luns de 17:25 a 18:25

EDUCACIÓN PRIMARIA CURSO 1º EP 2º EP 3º EP 4º EP 5º EP 6º EP

TITORES Manuel Martínez Fernández María del Carmen Campo Carreira Ledicia Estévez Couceiro David Manzano González Concepción Alonso Pérez Álvaro Cid Bragado

MATERIAS Educación Física Relix.,C.M., Ed.Cid. Música C.M.

OUTROS PROFESORES Fco. Javier Vázquez Fernández María Luz Grande Blanco Antía Gómez Alonso Mª del Carmen Fernández Dopazo 11

ATENCIÓN PAIS Luns 18:25 a 19:25 Luns de 17:25 a 18:25 Luns 18:25 a 19:25 Luns de 17:25 a 18:25 ATENCIÓN PAIS Luns de 17:25 a 18:25


EDUCACIÓN SECUNDARIA CURSO 1º ESO 2º ESO 3º ESO 4º ESO MATERIAS Lingua Castelá Matemáticas, C.N., Tecnoloxía e E.P.V. Relixión Música Educación Física Apoio Matemáticas e Lingua Castelá

TITORES Patricia Borrajo Zon Marco A. Novelle Fernández Salomé Vilachá Fernández Concepción Vilachá Fernández OUTROS PROFESORES

ATENCIÓN PAIS Luns 17:25 a 18:25 Martes 16:20 a 17:20 ATENCIÓN PAIS

Arantxa Carballo Varela J. Florencio Pérez Campos María Luz Grande Blanco María Teresa Rodríguez Vázquez Fco. Javier Vázquez Fernández Álvaro Cid Bragado Mª del Carmen Fernández Dopazo

12

Luns de 17:25 a 18:25


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Pretende potenciar a educación integral dos alumnos/as atendendo aos tres principios básicos da orientación: prevención, diagnóstico e intervención acadando a máxima implicación do profesorado e das familias no proceso educativo.

ORIENTADORA Mª Carmen Fernández Dopazo

AULA DE EDUCACIÓN ESPECIAL Pedagoxía Terapéutica Audición e Linguaxe Orientación

ATENCIÓN PAIS Luns de 17:25 a 18:25

ATENCIÓN PAIS

Andrea Covelo Saavedra Félix Seijo Fraga Diana Alonso Martínez Mª Carmen Fernández Dopazo

13

Luns de 17:25 a 18:25


DATAS DE ENTREGA DE NOTAS EDUCACIÓN INFANTIL 1º Avaliación

Luns, 19 de decembro

2º Avaliación

Luns, 26 de marzo

3º Avaliación e final

Luns, 25 de xuño

EDUCACIÓN PRIMARIA Sesión de avaliación

Entrega de notas

1º Avaliación

Luns, 19 de decembro

Mércores, 21 de decembro

2º Avaliación

Martes, 7 de marzo

Venres, 30 de marzo

3º Avaliación e final

Martes, 19 de xuño

Luns, 25 de xuño (pola mañá aos pais)

EDUCACIÓN SECUNDARIA Sesión de avaliación

Entrega de notas

1º Avaliación

Luns, 19 de decembro

Mércores, 21 de decembro

2º Avaliación

Martes, 7 de marzo

Venres, 30 de marzo

3º Avaliación

Luns, 18 de xuño

Avaliación final

Luns, 25 de xuño

Mércores, 27 de xuño (pola mañá aos pais)

Avaliación de Pendentes

Do 16 ao 20 de xaneiro. 1º parcial de pendentes. Do 7 ao 11 de maio. 2º parcial e final de pendentes. 14


15


16


NORMAS XERAIS DE CONVIVENCIA (Extracto da Normativa de Convivencia en vigor distribuída a toda a Comunidade Educativa) Algunhas normas relativas aos pais. 1. Coñecer e atender a Normativa de Centro. 2. Atender ás citacións do Centro. 3. Absterse de visitar e telefonar tanto os seus fillos como aos profesores durante as clases ou recreos sen causa xustificada. 4. Ter un comportamento correcto dentro do recinto escolar. 5. Non desautorizar a acción dos profesores en presenza dos seus fillos. 6. Facilitar información veraz ao profesorado. 7. Colaborar co profesorado naquelas actividades para as que se solicite axuda. 8. Para entrevistarse cos profesores respectar a hora e o lugar establecidos para a titoría. 9. Facilitar o cumprimento das obrigas dos seus fillos co Centro: • Puntualidade nas entradas. • Orde, limpeza e hixiene persoal. • Roupa apropiada á actividade escolar. 10. Xustificar a ausencia e retrasos dos seus fillos durante o horario escolar. 11. Recoller persoalmente, ou mediante persoa autorizada, os alumnos que teñan que ausentarse do Centro durante o horario escolar, previa autorización.

Algunhas normas relativas ao alumnado 1. 2. 3. 4. 5. 6.

Asistencia puntual ás actividades escolares. Aseo persoal e vestimenta axeitada. Nas entradas e saídas respecta os teus compañeiros: non corras nin empurres. Respecta e mantén limpos os materiais, dependencias e instalacións do Centro. Usa un vocabulario correcto e educado: pide as cousas por favor, dá as grazas... Evita os xogos violentos. 17


7. Non insultes, agredas ou ameaces: respecta os teus compañeiros. 8. Mantén limpa e ordenada a clase, utiliza as papeleiras na aula e no patio. 9. Favorece a boa marcha da clase, amosando unha actitude de respecto, traballo e colaboración cos profesores e compañeiros. 10. Nas saídas culturais utiliza o transporte con corrección. 11. Non te ausentes do centro sen coñecemento do titor ou profesor responsable. 12. Lembra que no recinto escolar non se permiten aparatos electrónicos que interrompan ou distraían: móbiles, Mp3, Mp4…. 13. Cumprir as medidas de corrección emanadas da aplicación do Regulamento de Réxime Interior (R.R.I.) Algunhas normas relativas ao profesorado 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9. 10.

Actualizarse e perfeccionarse na súa profesión. Preparar adecuadamente as clases. Asistir con puntualidade ás clases e reunións para as que fora convocado. Vixiar o alumnado no recreo, segundo as quendas correspondentes. Colaborar no mantemento e bo uso do material e instalación do Centro Respectar a personalidade de cada alumno, potenciando as súas capacidades e destrezas. Non facer distincións entre os alumnos. Asumir as decisións do Claustro de Profesores, do Consello Escolar e das autoridades educativas. Manter contactos periódicos cos pais ou titores dos alumnos dentro do horario establecido a tal efecto. Cooperar no mantemento da orde e disciplina necesarias para a actividade escolar. Aplicar a normativa de convivencia.

18


DEREITOS DOS ALUMNOS (R.D. 732/1995 do 5 de maio polo que se establecen os Dereitos e Deberes e as Normas de Convivencia dos Centros) 1.

A actual Lei de educación recoñece aos alumnos os seguintes dereitos:

2. 3. A formación no respecto aos dereitos e liberdades fundamentais e no exercicio da tolerancia e da liberdade dentro dos principios democráticos de convivencia. 4. A adquisición de hábitos intelectuais e técnicas de traballo, así coma de coñecementos científicos, técnicos, humanísticos, históricos e estéticos. 5. A formación para a paz, a cooperación e a solidariedade entre os pobos. 6. O desenvolvemento harmónico da afectividade, da autonomía persoal e da capacidade de relación cos demais. 7. A participación na mellora da calidade do ensino. 8. O fomento da súa capacidade e actitude crítica. 9. O respecto da súa dignidade e da súa condición social. 10. A orientación escolar e profesional. 11. A participación na vida do Centro.

19


DEBERES DOS ALUMNOS 12. Aceptar o carácter propio do Centro e respectar as accións concretas que o Colexio determine neste sentido. 13. Asistir ás clases con regularidade e puntualidade. 14. Participar nas actividades orientadas ao desenvolvemento dos plans de estudio. 15. Respectar os horarios aprobados para o desenvolvemento das actividades do centro. 16. Seguir as orientacións do profesorado verbo da súa aprendizaxe. 17. Respectar o exercicio do dereito ao estudo dos seus compañeiros. 18. Respectar a liberdade de conciencia e as convicións relixiosas e morais, así coma a dignidade, integridade e intimidade de todos os membros da Comunidade Educativa. 19. Non discriminar a ninguén por razón de raza, sexo ou por calquera outra circunstancia persoal ou social. 20. Respectar e utilizar correctamente os bens inmobles e as instalacións do Centro. 21. Participar na vida e funcionamento do centro. 22. Deber de cumprir as normas de convivencia. 23. Deber de respectar o profesorado e aos demais membros da Comunidade Educativa.

20


CALENDARIO ESCOLAR 2011-2012 SETEMBRO

1ª quincena 12 e 16 2ª quincena Do 19 ao 27 23, venres

Elaboración do Plan Xeral Anual Xornada de acollida Avaliacións iniciais Reunión cos pais e entrega do guieiro Convivencia de alumnos da ESO

OUTUBRO

12, mércores Do 17 ao 21 28, xoves 31, luns

Día da Hispanidade * Campaña do Domund Lembranza da morte de Madre Soledad Día do Ensino *

NOVEMBRO

1, martes 9 e 10

Día de Todos os Santos * Celebración festa do DIVINO MAESTRO Convivencia do profesorado San Martiño * Comeza o tempo de Advento

11, venres 26, sábado DECEMBRO

XANEIRO

Do 1 ao 11 5, luns 6, martes 8, xoves 10, sábado 12, luns 20, martes 21, mércores 22, xoves

Conmemoración Constitución e do Estatuto de Autonomía de Galicia Día de libre elección * Día da Constitución * Día da Inmaculada Concepción * Día dos Dereitos Humanos Inauguración Belén Festival de Nadal e Cea do Pobre Festival de Nadal (alumnos) Inicio das vacacións de Nadal *

9, luns 30, luns

Reinicio das clases Día da Paz

21


FEBREIRO

1, mércores 14, martes 20 e 21 22, mércores 23 e 24

Lembranza nacemento de Madre Soledad Pasarrúas do Entroido (tarde) Entroido * Mércores de Cinsa * (Inicio da Coresma) Imposición da Cinsa (Parroquia de Sta. Teresita)

MARZO

8, xoves 15, xoves Do 12 ao 16 30, venres 31, sábado

Día Internacional da Muller Traballadora Día Mundial dos Dereitos do Consumidor Semana da Prensa Motivación da Semana Santa Inicio vacacións Semana Santa *

ABRIL

10, martes 7, sábado Do 12 ao 30

Reinicio das clases Día Mundial da Saúde Animación á lectura. Día do Libro

MAIO

1, martes 3, xoves 9, mércores Do 9 ao 16 11, venres 17, xoves Do 21 ao 27 24, xoves 27, domingo

Día do Traballador* Día da Santa Cruz * Día de Europa Semana das Letras Galegas Peregrinación ao Santuario de Fátima Día das Letras Galegas * Semana Cultural e Misioneira Lembranza nacemento Francisco Blanco Nájera Día da Familia

XUÑO

5, martes 21, xoves 22, venres 23, sábado 25, luns

Día Mundial do Ambiente Festival de Fin de Curso Día de Convivencia Inicio das vacacións (EI, EP e ESO) Entrega de notas (EI e EP) Graduación alumnos de 6º de Ed. Infantil Graduación alumnos de 4º da ESO Entrega de notas (ESO)

26, martes 27, mércores

* Indica os días non lectivos 22


ACTIVIDADES CULTURAIS E FORMATIVAS EDUCACIÓN INFANTIL Saídas trimestrais para reforzar os contidos que se traballan na aula. Contacontos Obradoiros Nadal Entroido Magosto Campaña de animación á lectura Saídas culturais Excursión fin de curso Tren das termas Convivencias

23


EDUCACIÓN PRIMARIA

1º Ciclo

Campaña de animación á lectura Granxa Escola Excursión fin de curso (por determinar) Coñece a túa cidade Teatro Contacontos Convivencias

2º Ciclo

Campaña de animación á lectura Visita ao Parque de Bombeiros de Ourense Educación vial Teatro na escola Granxa escola Excursión fin de curso (por determinar) Coñece a túa cidade Charlas formativas Aula da natureza Convivencias

3º Ciclo

Campaña de animación á lectura (encontros co autor) Charlas formativas Excursión fin de curso (por determinar) Policía Local Policía Nacional Formación en primeiros auxilios Visita á Casa do Concello de Ourense Convivencias

24


EDUCACIÓN SECUNDARIA • CONVIVENCIAS DE INICIO DE CURSO • COÑECEMOS A CIDADE Ourense Literario e Ourense Etnográfico, Catedral • DÍAS CON NOME PROPIO Día da Constitución Día da Familia Día das Letras Galegas Día da Paz Semana da Prensa… • TEATRO NA ESCOLA Asistencia a varias obras de interese, ofertadas polo Concello ou calquera organismo coma Caixanova, La Caixa, Teatro Principal, … • MÚSICA NA ESCOLA Concertos didácticos, se é posible no auditorio de Galicia. • PROGRAMA VERDE Visita a lugares de interese ecolóxico de Ourense: Depuradora, Potabilizadora, Empacadora de lixo… • SAÍDAS DIDÁCTICAS Saída ao Monte Invernadoiro Saída para coñecer Galicia: Coruña, Cambre… Excursión Final de Etapa (por determinar) • CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA Na semana do libro animadores e escritores comentarán algunha lectura ESTA RELACIÓN DE ACTIVIDADES PROGRAMADAS ESTÁN SOMETIDAS A VARIACIÓNS EN FUNCIÓN DAS PROPOSTAS EXPOSTAS POLO CONCELLO, CAIXANOVA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E OUTRAS ENTIDADES COLABORADORAS.

25


GRUPOS DIVINO MAESTRO Obradoiros Saídas Xogos Convivencias Campañas

Oración Reflexión

Dende os Grupos Divino Maestro queremos ofrecer aos nenos e nenas alternativas de formación, como medio de crecemento na Fe.

Xuntos podemos descubrir, compartir e vivir experiencias de amizade, solidariedade, xustiza e colaboración. 26


ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

27


SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Acollida matinal: Todos os días de 8:00 a 9:15 e venres de 13:00 a 13:30. Entrada pola rúa Río Corzo. (Nos meses de setembro e xuño será de 8:00 a 9:00 horas).

Comedor escolar: Todos os días de 13.30 a 15.30 (setembro e xuño de 14:00 a 15:30).

Biblioteca de alumnos: Ofrecemos a posibilidade de préstamo de libros aos nenos e nenas con carné da biblioteca.

Escola de pais: • É un obradoiro educativo. • Estuda temas de interese en torno á educación dos fillos. Seguro Escolar “Mapfre” • É voluntario para os alumnos. Cobre calquera accidente que poidan sufrir dentro do recinto colexial, ou en calquera actividade que sexa organizada polo colexio.

28


HORARIOS Co fin de comezar as clases con puntualidade, a hora de entrada será sempre 5 minutos antes da fixada nos horarios. Infantil e Primaria Mañá: de 9:15 a 13:25 horas (venres 13:00) Tarde: de 15:30 a 17:20 horas (de luns a mércores)

Secundaria Mañá: de 8:00 a 14:00 horas Tarde do martes: de 15.30 a 17:20 horas Reforzos Secundaria: Materias pendentes e instrumentais. Luns 15:30 a 17:20 horas

DIRECCIÓN Luns: 13:00 a 14:00 horas Martes: 16:30 a 17:30 horas Mércores: 16:30 a 17:30 horas Xoves: 9:00 a 10:00 horas

SECRETARÍA Luns: 13:00 a 14:00 horas Venres: 11:00 a 12:00 horas

XEFATURA DE ESTUDOS Luns: 16:30 a 17:30 horas Mércores: 12:30 a 13:30 horas Venres: 10:30 a 11:30 horas 29


ANOTACIÓNS

30


“Pensa que Xesús dá cor a túa vida, ábrelle as portas do teu corazón” corazón”

CPR “DIVINO MAESTRO” Rúa Madre Soledad de la Cruz, 1 32001 – Ourense Telf: 988 217 800 Fax: 988 511 215 E-mail: codimaou@mundo-r.com 31 http://centros.edu.xunta.es/cprdivinomaestro/


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.