REVISTA II XORNADAS DE ORIENTACIÓN

Page 1

ESPECIAL

20 12

Abril


A nosa experiencia nas II Xornadas de orientación Académica e Profesional O día 6 de marzo asistimos á inauguración das xornadas, no salón de plenos do Concello de Cangas. Presentó á mesa a Dña. Camila Vidal, orientadora do IES María Soliño, dando a palabra a D. Enrique Sotelo, alcalde de Cangas, o cal felicitou

ás

persoas

encargadas

da

organización.

Comentou

a

importancia destas xornadas ao ter desaparecido as "oficiais" e ser agora as únicas que se organizan na nosa comunidade. Lamentou que o Concello non puidese colaborar máis por falta de recursos económicos. A continuación, tomou a palabra D. José Luís Poceiro, alcalde de Vilaboa, que tamén felicitou a organización e ofreceu todos os recursos do seu Concello para próximas edicións. Pasóulle a palabra á inspectora de educación das poboacións de Moaña e Vilaboa,quen lamentou a ausencia por motivos de axenda, do Xefe Territorial e da inspectora da zona de Cangas e Bueu. Tamén felicitou e animou a organización pola labor realizada. A continuación, tomou a palabra o concelleiro de educación de Cangas, D, José Luís Gestido. Deu a benvida a todos os asistentes, reiterou as felicitacións e púxose a disposición da organización. Por último, tomou a palabra D, Juan Bouza, Director do IES de Rodeira.

Agradeceu

a

todos

o

esforzo

realizado

e

remarcou

a

importancia destas xornadas de orientación.

1


II XORNADAS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL DÍA 6 MARZO INAUGURACIÓN DAS XORNADAS

O día 6 celebrouse no salón de plenos do Concello de Cangas o acto de inauguración das II Xornadas de Orientación Académica e Profesional das vilas de Bueu, Cangas, Moaña e Vilaboa. Abriu o acto a Orientadora do IES María Soliño, Dona Camila Vidal, dando a palabra ao Alcalde de Cangas, Don Enrique Sotelo; ao Alcalde de Vilaboa, Don Jose Luis Poceiro, á Inspectora de Educación de Moaña e Vilaboa, ao Concelleiro de Educación de Cangas Don Jose Luis Gestido e ao Director do IES de Rodeira, Don Juan Bouza. Asistindo

ao

acto

Directores

de

diferentes IES, así

como

Orientadores e membros da Federación de ANPAS de Cangas

2


!!Comezan as xornadas!!

O primeiro que nos chamou a atención ao entrar no Auditorio, foi a existencia dunha serie de mesas onde se encontraban traballos de Formación Profesional. Destacaba o material de Formación Profesional do IES Johan Carballeira en peiteado e estética. Cuxas alumnas fixeron unha demostración de maquillaxe e peiteado no descanso. Tamén había interesantes maquetas de automatismos. Ademáis de mesas con catálogos e diversa información das distintas escolas e universidades galegas. Todas elas con persoal disposto a atender calquera consulta. O primeiro día dedicouse ao alumnado de 4º da ESO, orientándoos sobre as posibilidades tanto de formación profesional coma do bacharelato. Tamén se atendeu ao alumnado de 2º de bacharelato, dándolles información xeneralizada sobre as tres universidades galegas e as súas ofertas educativas, sen descartar información sobre os ciclos superiores da Formación Profesional. O segundo e terceiro día adicáronse exclusivamente a presentar distintas opcións de estudos ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato. Queremos mencionar a excelente coordinación, en todos os seus aspectos. Tanto no transporte do alumnado coma na organización das mesas de traballo, que de forma simultánea realizáronse colocando unha no auditorio e a outra na sala de exposicións superior. Non coincidindo ningunha das dúas mesas con temas comúns, dando a oportunidade ao alumnado de elixir entre unha ou outra, en función dos seus intereses.

3


4


Mércores día 7 de Marzo Auditorio de Cangas Dúas mesas simultaneas cós seguintes horarios: -De 09:30 a 11:00h. -Descanso de 11:00 a 11:30h. -De 11:30 a 13:15h. Nunha mesa presentáronse as tres Universidades galegas, presentando as súas ofertas de titulacións, servizos estudantís, bolsas, bolsas propias, etc... Dona Elena de Miguel, Orientadora do IES Paralaia, presentou aos poñentes desta mesa: -Don Ricardo Corderí. Jefe Servicio de Extensión Universitaria Vigo. -Don Antonio Rial. Director departamento de didactica de Santiago. -Don Salvador Nay. Representante del SAPE. Universidade Da Coruña.

5


6


Mesa adicada ao Acceso a Ciclos

Dona Cristina Gonzalez, Orientadora do CPI Toural, presentou á poñente Dona Emilia Lamelas da Subdirección Xeral de Orientación Profesional, Relación coas Empresas. A cal explicou: -A Formación Profesional. -Os sistemas de acceso á FP. -A estrutura da FP. -A oferta dos ciclos formativos. -As saídas académicas e profesionais.

7


Xoves día 8 de Marzo Auditorio de Cangas Dende as 9:30 a 11:00h celébranse dúas mesas redondas simultaneas. Nunha das mesas tócanse as Rama de Artes e Humanidades, presentada pola Orientadora do IES María Soliño, Dona Camila Vidal: -Grao en Tradución e Interpretación.UNiversidade de Vigo. -Grao en Estudos de galego e español. Universidade de Vigo. -Grao en Linguas estranxeiras (inglés). Universidade de Vigo -Grao en Linguas e Literatura Modernas. Universidade de Santiago. E aos seus poñentes: -Dona Susana Crucas. Coordinadora Traducción e Interpretación -Dona Ana Bringas. Coordinadora do Grao en Linguas estranxeiras. -Don Xosé González. Lingua e literatura moderna Decano.

8


Na outra mesa tratouse a Rama de Ciencias Sociais e Xurídicas: -Grao en Administración e Dirección de Empresas, Grao en Comercio e Grao en Economía. -Grao en Publicidade e Relacións Públicas. -Grao en Traballador Social (diferencia con educador social). Esta mesa foi presentada pola Orientadora do IES Monte Carrasco, Dona Sagrario Sanchez, e os poñentes foron: -Don José Manuel Corbacho, Publicidade. Vgicedecano de alumnado. (Campus de Pontevedra) -Dona Carmen Verde, Traballo Social.Facultade de Ciencias da Educación (Campus de Orense) -Don José Santiago Gomez, Empresas, Decano de Vigo.

9


10


Francisco Javier Piñeiro, Orientador do IES Johan Carballeira, presentou nesta mesa a Rama de Enxeñaría e aos seus poñentes: -Grao en Recursos mineiros e enerxéticos. -Grao en tecnolixía de Telecomunicacións. -Grao en Industriais (eléctrica, mecánica, electrónica industrial e automática, organización industrial, tecnoloxías industriais, química industrial). -Grao en Enxeñaría Agraria. -Don Raul Rodríguez, Escola de Telecomunicacións Vigo. -Dona Ans Mª Mejías, Escola de Enxeñeria Industrial Vigo. -Don Javier Taboada, Catedratico da área de explotacións de minas.

-Don Gil Garrote, Vicedecano da Facultade de ciencias de Ourense.

11


Na sala de exposicións do Auditorio Dona María Jesús Janeiro, Orientadora do IES de Rodeira, presentou a Rama das Ciencias: -Grao en Ciencia e tecnoloxía dos alimentos e Grao en Ciencias Ambientais. -Grao en Bioloxía e Grao en Ciencias do Mar. -Grao en Química. E aos poñentes: -Don Pedro Pablo, Ex-Decano da Facultade de Bioloxia de Vigo. -Don Pedro Araujo Decano da Facultade de Ciencias de Ourense. -Dona Soledad García, Decana da Facultade de Quimica de Vigo.

12


13


Venres 9 de Marzo Auditorio de Cangas Se

celebraron

dúas

mesas

simultaneas.

No

auditorio

a

Orientadora do IES As Barxas, Dona Rosario González, presentou a Rama das Ciencias da Saúde e aos poñentes: -Grao en Psicoloxía. -Grao en Enfermeria. -Grao en Fisioterapia. -Grao en Podoloxía. -Don Dámaso Rodriguez Vicedecano de asuntos docentes USC. -Dona Mª Concepción Agra, Subdirectora da escola enfermeria POVISA -Don Manuel Gutierrez, Decano da Facultade de Fisoterapia. -Don Pedro Gil, Vicedecano de Podoloxia Universidade da Coruña.

14


Na sala de exposicións celebrouse a outra mesa presentada pola Directora do IES Monte Carrasco, Dona Begoña Otero, que presentou as Ensinanzas Especiais e aos seus poñentes: -Grao en Arte Dramática. -Grao en Artes Plásticas e Deseño. -Grao en Restauración. -Grao en Ensinanzas Técnico-Deportivas. -Dona Alejandra Montemayor, Profesora de Escenografía. -Don Oscar Codesido, Profesor de Interpretación. -Don Gonzalo Porral, Asesor Técnico Ensinanzas Artísticas. -Don Fernando Carrera, Restauración. -Dona Ana Önega, Ensinanzas Tecnico Deportivas

15


A partir das 11:30h e ata a finalización destas Xornadas fíxose unha soa mesa redonda no auditorio onde se falou para todo o alumnado sobre as Probas de Acceso á Universidade ( P A U ) presentada pola Orientadora do IES A Paralaia Dona Elena de Miguel que deu a palabra ao representante da CIUG ( Comisión Interuniversitaria de Galicia ) Don Luis Hervella. Este intentou desmitificar as PAU para que o alumnado non sentise pánico á hora de presentárselles, tanto á hora de chegar tarde,

dicíndolles que sempre

deixan

unha

marxe para

os

imprevistos, como á hora de perder etiquetas, que sempre teñen de reposto, como dándolle importancia ás materias que se escollan como especificas, dándolle prioridade a aquelas que multipliquen por 0,2 antes que ás de 0,1 á hora de poder subir nota. Ao final desta intervención deuse por finalizadas as Xornadas de Orientación Académica e Profesional deste ano.

16


Conclusións Por un lado, queremos destacar a cantidade de poñentes que asistiron, que nos dá unha idea da diversidade de estudos que se presentaron. Facer incapé en que todos eles coincidiron en destacar os piares básicos para conseguir o éxito tanto nos estudos como a nivel profesional. Isto foi unha constante en todas as mesas: -Esforzo, no traballo diario, valorado en créditos. -Constancia, no esforzo. -Idiomas, fundamentais para a mobilidade e para entrar con éxito no mercado laboral. -Mobilidade, para estudar noutros países (bolsas, Erasmus, etc.) e adquirir novas experiencias, que cada vez son máis valoradas polas empresas. Con estes catro valores, pódense alcanzar as metas que o alumnado se propoña. Tanto a nivel académico, coma profesional, xa que as empresas valoran estes mesmos puntos. Por outro lado, queremos destacar o éxito das xornadas, tanto a nivel participativo, coma nos resultados obtidos. Cónstanos o grande esforzo que supuxo para as persoas que as organizaron e por iso queremos animalos a que continúen con elas nos próximos anos.

¡¡GRACIAS!!

17


Campus de Vigo (cidade)

Escola de Enxeñaría Industrial EU de Estudos Empresariais Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT) Centros adscritos EU de Enfermaría (Meixoeiro) EU de Enfermaría (Povisa) EU de Maxisterio "María Sedes Sapientiae" Escuela de Negocios Novacaixagalicia

Campus de Vigo (Lagoas, Marcosende) ETS de Enxeñaría de Minas Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Escola de Enxeñaría Industrial Facultade de Bioloxía Facultade de Ciencias do Mar Facultade de Química Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo Facultade de Filoloxía e Tradución Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación (CACTI) Centro de Investigación Biomédica (CINBIO) Centro de Investigación Tecnolóxico Industrial (MTI) 18


Campus de Ourense

Escola Superior de Enxeñaría Informática Facultade de Ciencias Facultade de Ciencias da Educación Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo Facultade de Dereito Facultade de Historia Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI) Centros adscritos Escola Universitaria de Enfermaría

Campus de Pontevedra

Escola de Enxeñaría Forestal Facultade de Fisioterapia Facultade de Belas Artes Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Centros adscritos Escola Universitaria de Enfermaría Centro Universitario da Defensa (Marín)

19


Campus de Santiago Facultade de Bioloxía Facultade de Ciencias da Comunicación Facultade de Ciencias da Educación Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais Facultade de Ciencias Políticas e Sociais Facultade de Dereito Facultade de Enfermaría Facultade de Farmacia Facultade de Filoloxía Facultade de Filosofía Facultade de Física Facultade de Matemáticas Facultade de Medicina e Odontoloxía Facultade de Óptica e Optometría Facultade de Psicoloxía Facultade de Química Facultade de Relacións Laborais Facultade de Xeografía e Historia Escola Técnica Superior de Enxeñaría

20


Campus de Lugo Facultade de Administración e Dirección de Empresas Facultade de Ciencias Facultade de Formación do Profesorado Facultade de Humanidades Facultade de Veterinaria Escola Politécnica Superior

Outros Centros Centro de Estudios Avanzados (CEA) - Casa Europa Centro de Posgrao Escola de Práctica Xurídica

Centros adscritos e vinculados

Centro Superior de Hostalaría de Galicia (Santiago) Escola Universitaria de Enfermaría (Lugo) Escola Universitaria de Relacións Laborais (Lugo) Escola Universitaria de Traballo Social (Santiago)

21


campus A Coruña campus Ferrol

Centros propios Escola Politécnica Superior Escola Técnica Superior de Arquitectura Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos Escola Ténica Superior de Náutica e Máquinas Escola Universitaria de Arquitectura Técnica Escola Universitaria de Deseño Industrial Escola Universitaria de Fisioterapia Escola Universitaria Politécnica Facultade de Ciencias Facultade de Ciencias da Comunicación Facultade de Ciencias da Educación Facultade de Ciencias da Saúde Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física Facultade de Ciencias do Traballo Facultade de Dereito Facultade de Economía e Empresa Facultade de Enfermaría e Podoloxía Facultade de Filoloxía Facultade de Humanidades Facultade de Informática Facultade de Socioloxía

Centros adscritos Escola Universitaria de Enfermaría Escola Universitaria de Relacións Laborais Escola Universitaria de Turismo

Outros centros CUFIE

22


A Consellería de Cultura e Educación presenta a campaña Achégate ao Sistema Universitario de Galicia . Técnicos da Consellería, que realizan o proxecto, viaxan a diferentes concellos galegos para informar aos estudantes dos mesmos sobre as probas de acceso á Universidade. Varios técnicos da Consellería viaxaran por distintos concellos galegos, que non teñen centros nos que se imparta o bacharelato, e teñen programadas unha serie de actividades dirixidas aos estudantes que queren acceder á universidade. Os interesados poderán achegarse ata o vehículo que a Consellería ten preparada para viaxar por toda Galicia e na que ofreceran toda a información relativa ás probas de acceso á universidades, e na que tamén darán a coñecer a oferta de estudos existentes, así como os novos plans implantados con motivo do Espazo Europeo de Estudos Superiores (EEES); a oferta de bolsas de axudas e premios da Consellería, do Ministerio de Educación e doutras administracións, así como os distintos aloxamentos aos que poden optar os futuros estudantes universitarios. Deste xeito a Consellería de Cultura e Educación continúan a desenvolver diversas accións a prol da calidade do sistema educativo dando pasos a nivel informativo para que todos as galegas e galegos teñan coñecemento de todas as alternativas de estudos que se ofertan na comunidade.

A nós gústannos mais as nosas, hai que aproveitalas! 23


Ampliar

Descargar


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.