Revista 14 15 completa

Page 1

O CAN QUE NON MORDE 2015

O VELLO PROFESOR Filgueira Valverde

IES SANXILLAO

REVISTA ANUAL DO IES SANXILLAO DE LUGO Equipo de Dinamización Lingüística CURSO 2014-2015


O can que non morde

2014-2015

SUMARIO 2 3 4 5 6 7 9 10 11 13 15 16 17 18 19 20 24 27 30 31 34 36 37 38 39 40 41 42 43 45 47 48 49 50 51 52

Editorial Colaboracións Día das Letras Galegas Poemas dos alumnos “Carta a min mesmo”, Esteban Pérez Lizardo Visita ao Museo Provincial de Lugo Concurso de cabazas Que aborrecemento!, Carmen Núñez Festival de Nadal 2014 Concurso recitado de poesías: “Rosalía sempre viva” Imos ao cine Excursión a Marín Excursión a Barcelona “Vento mariñeiro”, César Díaz Parga “Baños prodixioxos”, Pepa Barrios Exposición fotográfica Unha cidade imaxinaria Composición de puntos, liñas e cores Excursión ao Courel Cómic Encontros cun escritor Elaboración e exposición de carteis sobre Filgueira Valverde O acoso escolar nos centros educativos Correlingua 2015 Intercambio de inglés “Falo galego porque me peta” Un país de ensoño “O meu ano no IES Sanxillao” Graduación curso 2014-2015 Excursión a Cantabria Excursión a Madrid Sabor e Arte Almorzos exquisitos Recomendacións da libraría Gato Neghro Receitas Oferta educativa Sanxillao

1


O can que non morde

2014-2015

Editorial Cando estamos a piques de rematar o curso reaparece a nosa revista “O can que non morde”, que trata de abranguer a maior parte das actividades extraescolares que se levaron a cabo durante este curso. Por primeira vez apostamos non só por facela en formato dixital, senón que tamén aparecerá en papel, xustamente agora que tan denostado está para algúns. Pero, que delicia poder pasar as páxinas a man e sobre todo o ulido do papel! Igual que o curso pasado, tamén agora intercambiamos dous artigos co IES “Ollos Grandes” (Tempus das Letras). Queremos agradecer a todos os alumnos e alumnas que colaboraron desinteresadamente na revista, así coma ao profesorado que tamén puxo o seu gran, que digo gran! montón de area. Todos eles conforman a revista. Tentamos publicar a maioría das excursións, intercambios, actividades extraescolares, concursos, viaxes, artigos…, aínda que algúns deles non cheguen a tempo. A pesar disto, agardamos que sexa do voso agrado, pois nela puxemos todo o noso cariño. Grazas por compartir!

A redacción

2


O can que non morde

2014-2015

Colaboracións Aroa María Millares, 2º ESO César Díaz Parga, 4º ESO Carlos Fernández, 2º ESO Yeray Bao, 2ºESO Emiliano Lameiro, 2ºESO Luís Cao Bouza, 2º ESO Rafael Lombao, 2º ESO Víctor de Jesús, 4º ESO Mª Pilar Cendán, 4º ESO Lidia Fernández e Sara Rivas, 2º ESO Francisco Seivane, 4ºESO Yenea Varela e Valentina Zabaleta, 2ºESO María Neira Hermida, 1ºBAC Esteban R. Lizardo, 2º BAC (IES Ollos Grandes) Carmen Núñez, (profesora IES Ollos Grandes) Pepa Barrios, Profesora IES Sanxillao Lula, profesora do IES Sanxillao Jenaro Fieira Noya, Profesor Hostalaría Sanxillao Eva Enjo Mallou, Profesora de alemán do IES Sanxillao Orlando Álvarez e Benxa, Profesores de Educación Física do IES Sanxillao Sophie Thresher, Auxiliar de conversa de inglés no IES Sanxillao Departamento de Artes Plásticas. Departamento de Hostalaría. Carmen Abelleira, Profesora de Galego do IES Sanxillao Andrés Álvarez Mercador Carmen Garabal, Profesora de Xeografía e Historia do IES Sanxillao

3


O can que non morde

2014-2015

4

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015 ADICADAS A

XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE O escritor e historiador Xosé Filgueira Valverde, naceu en Pontevedra en 1906 e finou na mesma cidade en 1996. Foi membro fundador do Seminario de Estudos Galegos, director do Museo de Pontevedra, onde enceta un ambicioso progra­ ma de expansión. É notoria a adquisición do legado de Castelao por este Museo, grazas á súa iniciativa. Ao abeiro desta institución fundou en 1942 a revista: “El Museo de Pontevedra”. É autor dunha inmensa obra de carácter divulgati­ vo que o converte nunha das figuras centrais da cultura galega do século XX. Tamén foi membro numerario da Real Academia Galega desde 1941. Escritor prolífico e dotado dunha enorme erudi­ ción, a súa inxente producción abrangue unha ampla diversidade de temas, tratados cun estrito rigor intelectual, onde atopamos dende achegas á

nosa historia e etnografía ata o estudo da literatura galega medieval. Deixounos un gran legado intelectual. Un dos máis importantes da segunda metade do século XX. Entre a súa obra destacan: Vocabulario popular galego-castelán (1926-1928), o estudo da Cantiga CIII, o Cancioneiro Musical de Galicia (1942), Estudios sobre lírica medieval (1992) e as colec­ cións de artigos xornalísticos publicados no Faro de Vigo e reunidos en nove volumes baixo o título de Adral, que segundo Ferro Ruibal, constitúen unha verdadeira “enciclopedia galeguizadora”.


O can que non morde

2014-2015

5

Poemas dos alumnos Tras unha audición do son da auga, feita na aula, os alumnos de 2º da ESO tiveron que escribir un poema coas sensacións que lles provocaba. Entre eles destacan os seguintes:

Auga, auguiña, que cae para abaixo sobre as grandes pedriñas. Yeray Bao Coto

2º ESO B

Que ledo vai o regato, ferindo as pedras no anonimato. Corre, corre o regato, vai cargado de pedras. Corre, corre o regato, tamén leva roseiras. O regato sempre corre, o regato sempre para, saúda moi amable, cando só sempre anda. Corre, corre o regato, amoriños por aquí. Corre, corre o regto, amoriños sempre así.

Marcos Muinelo 2º ESO Regato en movemento vertical. Regato, auga de cristal. Emiliano Lameiro 2º ESO C O río baixa correndo, coma se o levase o vento; O río baixa voando, coma se estivese bailando. Luís Cao Bouza 2º ESO A

Aroa Mª Millares 2º ESO A

A forza deste regato inspirou a letra deste poema, mentres ollaba aparvado para el, Cando me din conta, os versos xa estaba rematados.

O son da auga do río prodúceme unha estraña sensación, ao tocar a auga, sinto un tímido frío agradable ao tacto e ao meu corazón. O tacto coa auga recórdame á miña nai, é esa sensación que me chega ao corazón; cando me levaba ao río meu pai recordo na cabeza esa vella canción.

Carlos Fernández 2º ESO B Rafael Lombao Pérez 2º ESO A


O can que non morde

2014-2015

6

Carta a min mesmo dende o futuro: a miña vida dentro de 10 anos, Esteban Rafael Pérez Lizardo ano 2025 IES OLLOS GRANDES 2º BAC Querido eu: Preguntaríache como estás, pero paréceme unha parvada porque sendo como es agora, un adolescente con un caldo de hormonas máis cambiante que o mesmo universo, as respostas poderían variar cada día, cada hora se me apurases. Dicirche que este estado non che vai durar por moito máis tempo, e que ás veces valo botar de menos, esa inconsciencia dun rapaz que cre que o sabe todo da vida cando en realidade non é máis ca iso, un rapaz. Poderíache dar moitos consellos agora que xa estou case nos trinta anos, pero penso que aínda me queda moito por aprender e que seguramente moitas cousas das que penso non son realmente correctas. Pero do que si estou seguro é que te tes que equivo­ car. Comete erros, moitos erros, pero sobre todo aprende deles. A vida é así, cantos máis paus leves ao longo do camiño, mellor che vai ir despois. Por iso che teño que pedir que loites. Non te rendas, non fagas caso a toda esa xente que di que non es capaz de facer algo. Só ti te podes poñer os teus propios límites, por iso ponos tan altos que nunca os poidas alcanzar. Non vivas para traballar, traballa para vivir. Que non te coman a cabeza en que cantas máis cousas teñas máis feliz vas ser. Non, négate a iso. Búscate un futuro no que vivas de algo que non consideres coma un traballo, senón coma un goce. Ti e mais eu sabemos ao que me refiro, á música. Sei que parece difícil nos tempos que vives atopar traballo, neste ámbito especialmente. Para logralo tes que aprender idiomas e viaxar, non penses que o teu futuro pode

estar só no país no que naciches e te viu crecer. A terra que máis queres e que sentes coma se fose xa parte de ti. O teu futuro está alí onde poidas vivir do que che gusta e coas persoas que queres, sen importar onde sexa, sen importar ese sentimento tan noso como é a morriña ao estar lonxe túa terra natal, do teu fogar. Porque nunca te perdoarías estar atrapado nun traballo que realmente non che gusta durante case toda a túa vida. Vivir da música é algo co que levas soñando xa moitos anos. Valo conseguir porque é a única maneira que coñeces de comuni­ carte e expresar todo o que realmente sentes e es, coma un idioma capaz de plasmar as ideas máis abstractas coma se realmente as poidésemos palpar e ver... Por iso, eu agora e ti dentro de dez anos, vas vivir coma un pianista profesional, ensinando aos demais esta maneira de expresarse única e universal. Goza a túa xuventude xa que é a única que vas ter. Sal de festa e comete algunha que outra loucura e imprudencia, ten moitas experiencias, pasa o tempo cos teus amigos e a túa familia, coñece xente nova e aprende canto poidas deles... e namórate. Namórate de alguén que acabas de coñecer, namórate por uns días e logo pensa noutra persoa. Pero cando chegue unha rapaza que sexa realmente especial intenta estar con ela xa que non coñezo ningunha sensación mellor ca do amor verdadeiro... Dez anos... dez anos son os que nos separan. Agora paréceche moitísimo tempo, máis da metade dos dezasete anos que levas vividos. Pero pronto pasan, non te enganes. Non deixes que ningún día dese dez anos estea baleiro, que sempre haxa unha gargalla­ da, unha historia, un bico... calquera cousa da que despois poidas ter un bo recordo, que cando botes a vista atrás como estou facendo agora, como vas facer ti en dez anos, non vexas ningún día completamente negro, que sempre haxa un raio de luz que o ilumine. “Sempre hai un pouco de alegría nos meus peores días” xa dixera Mario Benedetti.


O can que non morde

2014-2015

7

Visita ao Museo Provincial de Lugo Yenea Varela Vila e Valentina Zabaleta Lozano 2º ESO A

Tras ler o libro: "Contos de medo no museo" coa profesora Carmen Abelleira, fomos de excursión o día 29 de novembro desde o instituto ata o museo provincial, onde nos organizaron unha serie de actividades: primeiro reuníronnos na sala principal e separáronnos en grupos de seis persoas á vez que nos daban uns libros con actividades. A nós tocounos o conto: "O pozo dos desexos." Tivemos que ir a diferentes salas localizando obxectos nos cadros e mirando quen eran os autores dos cadros Ao final xuntámonos todos na sala “Xulia Minguillón”, e o guía correxiunos as preguntas do libro que nos dera anteriormente. Ao grupo que acertara todas as preguntas regalábanlle un bolígrafo a cada un do mesmo.

Foi unha experiencia moi positiva, non só porque algúns era a primeira vez que visitaban o museo, senón porque tamén aprendimos a "ver" os cadros e a localizar diferentes obxec­ tos neles. Ademais, coa lectura na clase apren­ dimos a fixarnos no que lemos, xa que moitas veces hai asuntos que nos pasan desapercebi­ dos. Esperamos que o curso que vén fagan a mesma saída para que outros nenos poidan disfrutar desta experiencia.


O can que non morde

2014-2015

8


O can que non morde

2014-2015

9

Concurso de cabazas No mes de outubro, co motivo da celebración do Samaín, o EDL convocou un concurso de cabazas entre o alumnado que estivo exposto na entrada do instituto. Na foto vemos algunhas das presentadas. O día de

festival de Nadal, aproveitamos para a entrega de diplomas. O primeiro premio foi para a cabaza mellor elaborada, o segundo para a máis orixinal e o terceiro para a máis enxebre.


O can que non morde

2014-2015

10

Que aborrecemento! Carmen Núñez Paños Profesora de Matemáticas do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes Cantas veces esta expresión reflicte o noso estado de ánimo cando estamos a realizar o noso labor docente, por mor de non sabermos moi ben que facer e como facer para mantermos a a t e n c i ó n d o s estudantes. Estamos fartos da repetición da cantiga de ter que motivalos, sabendo que a maioría das veces non abonda con iso, nin con un repertorio de coplas semellantes, e, cantas veces reflicte o sentir do alumnado! Fartos tamén da nosa manía, tan pesada, de mantelos acougados. Como se non, poderiamos dar as clases? (É como dar voltas nun círculo tan pechado, tan pechado que non atopamos o buratiño para saír e coller o tempero). Estar aborrecido na aula, de cando en vez, ata forma parte dos parámetros normais dunha clase, pero cando un alumno ou alumna di que se aburre en tódalas clases e o pon de manifesto coa súa conduta desatenta, hiperactiva, impulsiva, falta de autocontrol e de autonomía, desorganización e outros problemas graves de comportamento, entón comeza a soar unha forte alarma que debemos apagar o máis axiña posible, primeiro, para que non se nos levante unha boa dor de cabeza e despois, para tratarmos de resolver eses déficits. As manifestacións e os síntomas do trastorno de atención con hiperactividade (TDAH) e os subtipos podémolos atopar en calquera libro que verse sobre o tema, sen ter que ser, necesariamente, expertos no manexo do DSM-IVTR ou do DSM-V- (ámbolos dous manuais diagnósticos e estatísticos dos trastornos mentais), polo tanto, que cada quen lea e investigue o que considere oportuno. Estamos logo en condicións, ou ben de localizar e pulsar o botón que apague a alarma, ou ben de deixar que siga soando todo o tempo que a soportemos. O papel do profesorado é fundamental para axudar a rapaza ou o rapaz con TDAH e o seu labor necesario e básico para que estes estudantes teñan un bo prognóstico como alumnas e alumnos, pero sobre todo como persoas. Mais, trátase dun

labor de equipo: pais, profesores, pedagogos, médicos, psicólogos e o propio rapaz, cada un ten a súa propia parcela co seu cometido, onde a coordinación é funda­ mental, e sobre todo, desde unha corta idade, pois a detección nos primeiros anos da escola é moi importante para obter uns bos resultados posteriores. Por exemplo, é coñecida a facilidade que ten o alumnado con TDAH para sobrevalorar o seu traballo (tamén a teñen os alumnos sen TDAH, polo que todo o que digamos é igualmente válido e aplicable con eles). Pois ben, é importante que aprendan a autoavaliarse e sobre todo, que a súa valoración sexa máis obxectiva e axustada á realidade. Xa que, por outra banda, cando exista moita carga emocional negativa (medo, ansiedade, preocupación, apatía, sufrimento, enfado,…) tenden a infravalorarse. Para conseguir o noso reto propoñemos ao alumnado que cando finalice unha tarefa escolar debe avaliarse escribindo a cualificación que crea ter obtido. Cando dita nota coincida ou máis se aproxime á cualificación dada polo profesorado, iso suporá un INCENTIVO (que previamente pode estar ou non pactado). E que sorprendentes son os INCENTIVOS! Obran milagres. Esta medida tan sinxela de autoavaliación reforzada con retroalimentación externa garante un mellor rendemento nas tarefas escolares e, por suposto, canto antes aprendan a facelo, antes nos sentiremos máis contentos e a gusto todos. Trátase dun pequeno exemplo, calquera de nós (profesoras e profesores) poderiamos encher moreas de folios con exemplos ou prácticas que superan a proba do esgotamento pero que levamos a cabo ao longo do noso percorrido diario docente. Non hai receitas máxicas para non aborrecer nas clases a estes estudantes con TDAH (nin para non aborrecer aos outros), pois son como todos, teñen as súas dificultades, os seus sentimentos, cualidades, habilidades e talentos que debemos descubrir, potenciar e facer que se sintan válidos como persoas. Son diferentes á maioría á hora de autorregularse polo que debemos ensinar como e cando facer o que saben facer, axudando e guiando. Como todos, queren ser felices e triunfar, e tamén, igual que todos, os factores protectores neles son a familia, o profesorado e todos aqueles adultos significativos que se crucen na súa vida. Sexamos, pois, acompañantes no seu crecemento e partícipes dos seus triunfos, a pesar de que isto supoña , ás veces, pero só ás veces, un aborrecemento, tanto para eles como para nós.


O can que non morde

2014-2015

11

Festival de Nadal 2014 Víctor de Jesús 4º ESO B PDC Rematando o primeiro trimestre, un grupo de alumnos, entre os que estaban como presentadores do acto: Fran Seivane y Mario Astorga, de 4º da ESO e 1º de BAC respectivamente, tivemos un final de xornada moi musical: Ana, Estrela, Lúa e Paula, fixeron un “mix” de bandas sonoras de películas, tocando o violonchelo, o piano, a frauta traveseira e o caixón. Tamén Serea a Alba cantaron “All about that base”, de Megan Trainor. Sandra e Noemí cantaron “Move”; Alba e Noemí:”Desapareces”, de Malú e Daniel xunto con Damián tocaron a guitarra e a frauta traveseira. Tamén Noel e Lorena cantaron estupendamente. Estes alumnos do Sanxillao saíron moi moviditos…


O can que non morde

Festival Nadal 2014

2014-2015

12


O can que non morde

2014-2015

13

CONCURSO DE RECITADO DE POESÍA

“ROSALÍA SEMPRE VIVA” A Fundación Manuel María de Estudos Galegos convocou o concurso de recitado de poesía desti­ nado ao alumnado do ensino non universitario.

As composicións recitadas foron: “Adiós ríos, adiós fontes” e “Nasín cando as prantas nasen”. Na foto vemos aos dous alumnos cos seus diplomas.

O IES Sanxillao participou con dous alumnos: Aroa Millares, de 2º ESO A e Bruno Adrio de 2º ESO B. O acto tivo lugar o sábado 21 de febrero na CasaMuseo de Manuel María, en Outeiro de Rei.

Aproveitando o acto, visitamos a Casa-Museo cun guía que nos foi ensinando e explicando en cada estanza da casa, diferentes aspectos da vida e da obra de Manuel María.


O can que non morde

2014-2015

14


O can que non morde

2014-2015

15

Imos ao cine! Mª del Pilar Cendán Pichín 4º ESO B PDC O día 30 de xaneiro, os alumnos de 1º de BAC e os de 4º ESO B (PDC), asistiron á función da película “A esmorga” nos cines de As Termas. Esta película estreou­ se o 15 de novembro de 2014 e o seu director é Ignacio Vilar. Está baseada na obra do escritor galego Eduardo Blanco Amor, que os alumnos de bacharelato están a ler. É unha crónica moi intensa que se desenvolve en vintecatro horas nas que a vida de tres homes, compa­ ñeiros de troulas ( o Cibrán, o Milhomes e o Bocas), van deixando un regueiro de destrución, de sexo equívoco e

reprimido e van pechando portas tras eles e tirando as chaves, coma para non querer volver, tal como se o fixesen a propósito cara á súa perdición. Moi ben retratado o Ourense da periferia, onde se desenvolve a obra. A choiva, parte esencial nesta obra, está presente nos principais acontecementos do relato. Gustounos moito.


O can que non morde

2014-2015

16

Excursión a Marín O 6 de marzo, corenta e cinco alumnos de Relixión de 1º e 2º da ESO, fixeron unha visita á catedral de Tui, onde acompañados por un guía, subiron aos tellados da mesma e tamén visitaron o Museo e o xardín que o percorre. Nesta excursión estiveron acompañados por un grupo de alumnos do IES de Melide.

Tamén se achegaron ao parque de tirolinas de Marín, acompañados pola profesora de Relixión, Lula Rivas e polo profesor de Educación Física, Benxa Soto.


O can que non morde

2014-2015

17

Excursión a Barcelona Lula, profesora de Relixión do IES Sanxillao Outra excursión máis: esta vez a Barcelona durante os días 9, 10 e 11 de abril. Que sorte teñen estes alumnos de Relixión! Porque a cultura non se limita só aos libros senón que hai que ir buscala fóra. E así fan estes rapaces.

Condal: un percorrido a pé pola zona gótica e tamén unha panorámica en autobús para que non se quedase nada sen ver… A última hora da tardiña visitaron a” Sagrada Familia” e foron durmir a Calafell.

Comezaron cunha visita guiada pola cidade

Pero como todo non vai ser cultura, había que adicar espazo para o ocio e así foi: ao día seguinte visitaron o Parque de Port Aventura e ao outro, a cidade de Zaragoza e, claro, non se pode ir de alí sen entrar na basílica do Pilar e a súa contorna. O grupo formábano trinta e sete alumnos, acom­ pañados pola profesora de Relixión. Pero non foron sós, alí tamén estaban os compañeiros doutros institutos: dos Ollos Grandes, do Lucus Augusti, da Muralla Romana, de Rábade, de Melide e de Monterroso. Unha boa representación dos galegos polo mundo!


O can que non morde

2014-2015

18

Poema de César Díaz Parga 4º ESO VENTO MARIÑEIRO Como vento que foxe eu me presento -ese que algún día zarpou cara costas estranxeiras? Poderes varios teño a soidade mariñeira eu provoco Cada paso que dás cada metro que avanzas ao naufraxio achegas Forza de homes podo ser Pero tamén a súa fin Como paxaro libre que de pronto vese engaiolado Salvación Vida Acompañamento podo ser eu -e non es aquel que levanta o mar para que logo este o engula todo? Acompañándome sempre Nas miñas viaxes ese pailebote o cal empurro a andar e o Sol candil dos días sempre xunta nós


O can que non morde

2014-2015

Baños prodixiosos: As nove ondas Ide tomar nove ondas antes de que saia o día e levaredes convosco as nove follas da oliva. Romance popular Lémbroas nos veráns da infancia na Mariña Lucense como personaxes curiosas e de pintoresca estampa. Chamábamoslles as Carolinas ou Catalinas. Eran mulleres campesiñas que a finais de agosto, xa rematados os labores do campo, viñan “tomar os nove baños por consello de médico”. Non vistían bañador, senón brancas enaguas ou coloridos camisóns -e nalgún caso un hábito- que unha vez mollados apegábanse aos corpos regalando a olladas esculcadoras xenerosas curvas e sombranceiras carnes (de aí –coido eu- o nome de “mantidas” que recibían noutras partes do país). As Carolinas, temerosas da bravura do mar, refrescaban brazos e pernas nas mornas augas que se acubillaban nas covancas dos cons ou nas remansadas pozas que afondaban no areal cando xa tiña devalado a marea. As máis ousadas achegábanse aos lindes do mar e aserándose sobre da auga xogueteaban e zapicaban coa escuma das ondas que xa brandas e calmas ían morrer no regazo da ourela. Algunhas veces, e ben ancoradas á punta dun penedo, téñoas visto tender os corpos sobre da salgada superficie e así abandoarse gozosas ao deleitoso pracer de ser abaladas e tomadas por enteiro na donda oleaxe mariña. Cando isto sucedía, a brisa do mar inflaba as amplas roupaxes das Catalinas e daquela deviñan aos meus ollos en cordiais cetáceos abeirados na ribeira ou en coloristas e risoñas morsas frotantes. O que elas non sabían, e naquel tempo eu tampouco, é que tomar “os nove baños” ten a súa orixe nun rito ancestral e pagano -que máis tarde se cristianizou-, o de “As nove ondas”. Este rito atribuía ao deus mar e a deusa lúa o poder de fecundar as mulleres ermas e desfacer os meigallos e feitizos dos demos como ben di unha canción popular: Levei á miña nuller/ á Lanzada, ás nove olas:/Leveina a desenfeitar/e botar os demos fóra. Mais da personificación do mar como amante e o seu poder fecundador, non só dá conta a tradición popular, pois amósase tamén nos versos trobadorescos das Cantigas de Amigo medievais: Quantas sabedes

19

Pepa Barrios. Profesora do IES Sanxillao

amar amigo/ treydes comig' a la mar de Vigo:/ E banhar-nos- emos nas ondas! Segundo a crenza a data más axeitada é o día de San Xoan, e as aguas máis propicias son as da praia da Lanzada. Así que aproveiten o próximo solsticio de verán e acheguesen á costa para beneficiarse da prodixiosa maxia das nosas ondas mariñas. Mais non esquezan que, para que o ritual faga o seu efecto, terán de agardar á caída da noite e espidos á luz do luar recibir o pulo de nove ondas. Por certo, que o beneficio non só é para as mulleres, tamén se estende aos varóns que desexen recuperar ou mellorar a súa virilidade (e nin lles conto os miragres que obra este nocturno novenario cando se fai en parella e con premeditación e alevosía). En canto aos nove baños, se non disporen de tempo ou a crise lles atufa, fagan o mesmo que aquela Catalina que aforrou os cartos dos nove días de estadía na costa sen incumprir o consello de médico: catro baños pola mañá e cinco polo serán.

Bañista con cabelos longos, Renoir


O can que non morde

2014-2015

Exposición de fotografía O Departamento de Artes Plásticas convocou un concurso de fotografía para os alumnos de 1º de Bacharelato e estas son algunhas das fotos presentadas.

20


O can que non morde

2014-2015

21


O can que non morde

2014-2015

22


O can que non morde

2014-2015

23


O can que non morde

2014-2015

Unha cidade imaxinaria 1ยบ Bacharelato de Artes

24


O can que non morde

2014-2015

Unha cidade imaxinaria 1ยบ Bacharelato de Artes

25


O can que non morde

2014-2015

Unha cidade imaxinaria 1ยบ Bacharelato de Artes

26


O can que non morde

2014-2015

Composición de puntos, liñas e cores 1º Bacharelato de Artes

27


O can que non morde

2014-2015

Composición de puntos, liñas e cores 1º Bacharelato de Artes

28


O can que non morde

2014-2015

Composición de puntos, liñas e cores 1º Bacharelato de Artes

29


O can que non morde

2014-2015

30

Excursión ao Courel Os alumnos de 1º BAC acompañados polos profesores: Orlando, Benxa e Xosé Luís García


O can que non morde

2014-2015

31


O can que non morde

2014-2015

32


O can que non morde

2014-2015

33


O can que non morde

2014-2015

34

Encontros cun escritor Carmen Abelleira Profesora de Galego do IES Sanxillao O día 3 de marzo, o noso prezado compañeiro e escritor, Xosé Miranda, achegouse ao noso centro para ter unha charla-coloquio cos alumnos que, por certo, xa leran Pel de lobo e tamén Ariadna este mesmo curso. Xosé Miranda naceu en Lugo e traballa como profesor de Bioloxía e Xeoloxía no IES Xoan Montes da cidade. Entre a súa obra narrativa destacan títulos como: Historia dun paraugas azul (1990), A biblioteca da iguana (1994), O demo á orella (1996), Morning Star (1998) Ariadna (2002), Pel de lobo (2002), Tarxeta vermella (2003), entre outros. Especialista en literatura oral e popular, é coautor das obras: Diccionario dos seres míticos galegos (1999), Pequena mitoloxía de Galicia (2001), Cando os animais falaban (2003), Narracións eróticas da tradición oral galega (2001), Historias galegas de fantasmas e de terror (2004)… Galardoado cos Premios Esquío e Eusebio Lorenzo Baleirón de poesía e o García Barros de novela, Xerais de novela e Merlín de literatura infantil e xuvenil, o seu libro Pel de lobo, figura na lista de honra do IBBY. Resultou unha charla-coloquio moi interesante e amena, pois Miranda, que tan ben sabe tratar á mocidade, conseguiu crear un clima de complicidade con todo o alumnado que o escoitaba sen pestanexar. Faloulles da tradición oral popular galega, contándolles casos persoais e, á vez, preguntándolles aos rapaces por outros que eles coñeceran. Isto foi quizais o punto de inflexión da charla, xa que os alumnos soltáronse a falar e, desta maneira estableceuse un coloquio moi interesante. Así estivemos

durante case dúas horas e ao final moitos alumnos achegáronse a el para que lles asinara un libro. Cousa que fixo encantado e os rapaces tamén quedaron moi contentiños. Aos nenos gústanlles moito estes contactos directos cos autores dos libros que leron. Ao principio mírano con certa distancia pero axiña os escritores engánchanos e conseguen que se pase unha mañá divertida e pedagóxica. Ao remate do acto, levamos a Miranda ata o comedor de Hostalaría para dar boa conta dun xantar excelente que gabou insistentemente. Unha demostración máis dos servizos que se prestan nesta Escola.


O can que non morde

2014-2015

35


O can que non morde

2014-2015

36

ELABORACIÓN E EXPOSICIÓN DE CARTEIS SOBRE A FIGURA DE X. FILGUEIRA VALVERDE Co motivo das Letras Galegas 2015, os alumnos de 1º e 2º da ESO elaboraron unhas cartolinas nas que debuxaron e escribiron sobre o homenaxeado este ano.


O can que non morde

2014-2015

37

O acoso escolar nos centros educativos. Francisco Seivane 4º ESO B Na maioría dos centros escola­ res, certos alumnos, sofren acoso escolar, o chamado "bu­ lling". Ben sexa pola súa forma de ser, de vestir, de actuar… Neste artigo vou facer fincapé, nos casos de homofobia nos centros educativos. Eu penso que na época na que estamos, é dicir, no século XXI, hai que ser de mente moi pecha­ da, como para discriminar á xente pola súa condición sexual. Que máis dá que un home se namore doutro, que unha muller se namore doutra muller ou que un home se namore dunha muller? SON HUMANOS! Este nivel de discriminación social que teñen que soportar algunhas persoas, non é moi lóxico. Cando o amor está no medio, non importa do sexo que sexas, nin a idade que teñas nin nada, o que de verdade importa é o amor. O importante nunha persoa, non é con quen se deita ou con quen se deixa de deitar, senón a súa personalida­ de, e a súa forma de ser cos demais. Con esto quero dicir, e facer un chamamento a todas esas persoas que nalgún momento da súa vida, se meteron ou agrediron a persoas homo­ sexuais, polo simple feito de que lle gusten os

homes ou lle gusten as mulleres. Quero dicirvos que se todos fosemos iguais, non habería diver­ sidade, e que o mundo sería moi aburrido, xa sei que a comparación que vou pór agora, é como se comparasemos o touciño coa velocidade, pero é a pura verdade. Por exemplo: Se todos fosemos dun mesmo equipo de fútbol, non habería esa emoción nos partidos, non credes? Ou se a todos nos gustase un mesmo grupo de música, ou un mesmo cantante, aos demais artistas non lles merecería a pena traballar nun disco, se ninguén o vai mercar. Eu, con isto quero dicirvos que pensedes, e fagades uso das vosas facultades mentais, para darvos conta de que ser homosexual, non é nada malo. Que máis dá que sexas gay, bisexual, lesbiana, heterosexual, transexual; nacimos así, porque ninguén pode ser perfecto. Se eres home e che gustan as mulleres, ben. Se eres muller e che gustan os homes, ben. Se eres home e che gustan os homes, ben. Se eres muller e che gustan as mulleres, ben. Se eres muller e che gustan os homes e as mulle­ res, ben tamén. Non importa o que sexas e o que che guste ou deixe de gustar. TODOS SOMOS IGUAIS Á NOSA MANEIRA, PORQUE NON SOMOS PERFECTOS.


O can que non morde

2014-2015

38

Correlingua Lidia Fernández e Sara Rivas 2º ESO A Un ano máis, a nosa cita co Correlingua tivo lugar o día 6 de maio. Ás 11 da mañá estabamos na Praza de Santa María xunto cos nosos compañeiros de Lugo e provincia. Asistimos cuns cen alumnos da ESO acompañados por cinco profesores. Alí levamos un par de pancartas previamente elabo­ radas no instituto polos rapaces. Tras facer o itinerario proposto, coa volta á muralla completa, voltamos á Praza para participar no concurso de pancartas. A continuación actuou o grupo “Bocina­ zo” e os mozos cantaron e bailaron ó seu son. A presentadora do acto, Isabel Riso, chamounos a atención pola súa expresividade e a forza que tiña para cativar aos rapaces e animalos. Rematamos ás 13.15 e volta para o instituto, que aínda queda­ ba a derradeira clase do día… Pasámolo moi ben e desexamos que siga a cele­ brarse nos vindeiros anos. Tamén co motivo do Correlingua os alumnos fixeron uns bocadillos con lemas referidos á lingua. Tratábase dun fotocol que logo enviamos para subilo no Facebook. Aquí están as mostras.


O can que non morde

2014-2015

39

INTERCAMBIO DE INGLÉS EDUARD-SPRANGER GYMNASIUM IES SANXILLAO CURSO 2014-2015 Eva Enjo Mallou Profesora de alemán do IES Sanxillao

Por segundo ano consecutivo o 14 de abril chegaron os nosos alumnos a Landau, unha pequena cidade sita na rexión de Rheinland-Pfalz, no suroeste de Alemania, a carón de Francia. O acollemento foi excepcional tanto por parte dos profesores organizadores coma das familias de acollida e todos pasamos unha semana inolvidable. Nada máis chegar recibiunos o Sr. Neuman, director do instituto alemán e, nos días seguintes sucedéronse todo tipo de actividades: recepción co alcalde na casa do concello de Landau, excursión á cidade de Speyer e paseo en barco polo Rhin, senderismo ata o Castelo de Triefels, etc... A verdade é que entre a organización dos profesores e das familias non nos quedou tempo para aburrirnos.

Sen dúbida foi unha experiencia enriquecedora, e non soamente a nivel cultural ou lingüístico, senón tamén no persoal, onde puidemos comprobar como os alumnos se adaptaron ós novos costumes e ás familias, coas que na maior parte dos casos establecé­ ronse uns vínculos que desexamos que perduren. Esperemos, que coa vontade e esforzo de todos, poidamos manter esta actividade por moitos anos máis. Grazas ós pais polo esforzo económico, ó equipo directivo pola iniciativa e polo empeño en conseguir que saíse adiante e ós profesores colaboradores. E a vós, os alumnos, soamente me queda recomendar­ vos a participación nesta marabillosa experiencia, que xa estamos a planificar de novo.


O can que non morde

38 40 2014-2015 2014-2015

Falo galego porque me peta! María Neira Hermida 1º BAC C Aquela noite, Xiana non pegara ollo. Por máis que intentara durmir non o conseguira. Todo estaba xa disposto para comezar de novo a escola e non só estaba entusias­ mada por volver nutrirse cos máis diversos coñecemen­ tos, senón que estaba desexando coñecer os seus novos compañeiros; pois este ano escolar, Xiana cursaría 6º de Primaria lonxe da súa aldea natal. Seu pai atopara traballo nunha empresa ben coñecida da Coruña e isto levou á familia a mudarse á capital. Aínda non eran nin as 8 da mañá cando Xiana, sen necesida­ de de que ninguén a viñese espertar, se dispuxo a meter na súa carpeta nova un caderno e un lapis. Debía de comezar o curso con bo pé. Así, logo de asearse e tomar algo para matar a fame, seu pai levouna ao novo colexio. Na entrada, una rapariga moi agradable indicoulles o corredor que debían de seguir para chegar á aula que lle fora asignada. Nada máis despedirse do seu pai, Xiana dirixiuse aos seus novos compañeiros. -Bos días. Son Xiana e veño dunha aldea de Lugo – Berrou entusiasmada. Que estrano! Alí a xente semellaba muda. Ningún dos seus compañeiros lle devolvera o saúdo. Decidiu entón buscar un pupitre baleiro. Ao fondo, unha rapaza loira ocupaba unha das dúas mesas que se atopaban pegadas. -Pódome sentar aquí? -“No, prefiero sentarme sola” – Contestou de xeito pouco amable aquela rapariga. Xiana decidiu non meterse en leas e limitouse a eliminar mentalmente á aquela maleducada da súa lista de futuras amizades. Mais ao longo da mañá descubriu, con moito pesar, que non se trataba dun caso illado. Todos os seus compañeiros a ignoraban e a trataban con desprezo e a situación empeorara logo de que ,a que sería a súa mestra, fixera referencia ás raíces rurais de Xiana. Ás dúas e dez, todos os alumnos estaban sentados xa nas longas mesas que formaban parte do comedor escolar. Xiana

intentou facer de novo alguna amizade máis, non obtivo resultado algún. -Perdoade pero, pásavos algo comigo? – Decidiu preguntar finalmente. -“No. ¿Por? El problema es que no nos gusta demasiado la gente que viene de pueblos. Es muy bruta y sólo sabe hablar gallego… “-Contestou unha das súas compañeiras de mesa. Xiana non o podía crer. Verdadeiramente levárana a un colexio de parvos! Ás tres, a xornada escolar xa rematara e seu pai recolleuna na porta do colexio. Nun principio pensou en poñelo ao corrente do sucedido mais, logo cambiou de parecer… Durante toda a tarde andivo dándolle voltas á resposta desa inculta. Os de aldea non tiñan nada que envexarlles ós das cidades… Faltaría máis! Foi entón cando se lle ocorreu un plan xenial. Íalles facer calar a todos eses señoritos de cidade! Primeiro buscou fotografías dos arredores da súa casa da aldea, logo algunas nas que aparecerán os animais que se viran obrigados a vender por mor da mudanza e, finalmente, preparou de xeito mental un convincente discurso. Ao día seguinte, ao chegar á aula, pediulle á mestra que lle permitise falarlles aos compañeiros sobre a súa orixe. Así comezou: -Como xa sabedes, eu nacín nunha pequena aldea da provincia de Lugo. Mais non nun pobo calquera, senón nun lugar cheo de tranquilidade, rodeado de natureza… Un lugar que nada lle ten que envexar a isto- dixo Xiana ao tempo que sinalaba a través da fiestra algún dos edificios próximos. Aquí – pronunciou mentres mostraba as fotografías –medrei feliz e rodeada de tantas cousas boas que nin vos podedes imaxinar, xogando con cans, gatos, cuxos…E claro que sei falar castelán pero acaso non vos dades conta de onde vivimos? Ou acaso a Coruña non forma parte de Galicia? Pois iso, eu falo o galego porque me peta, porque é a lingua propia da miña terra e porque é tan digna como o é o castelán. Dito isto, Xiana ocupou de novo a súa cadeira. Agora si que se sentía ben. Os seus compañeiros non daban creto, mirábanse uns a outros e Xiana comprendeu que agora si que non ía facer unha amizade nin por intervención divina. Mais non foi así. O emotivo discurso fixeralles reflexionar sobre o rural e sobre o galego. O resto da mañá, Xiana xa non estivo soa. Moitos dos que estiveran presentes na charla, achegábanse a ver os retratos dos animaliños e a preguntar polos seus nomes. Parecía que o segundo día de escola fora mellor có primeiro. Agora, Xiana sentíase más orgullosa que nunca de ser de pobo e de falar galego!


O can que non morde

2014-2015

41

Un país de ensoño Benxa Profesor de Educación Física do IES Sanxillao …pumpum-pumpum-pumpum-pumpum…late o meu corazón como se fose estoupar. Vaaaamoooos!!!!!!, non pares agora por favor, segue!! Anímome a min mesmo para non me frear no intento de correr cara a non sei onde, sen rumbo, nen sei sequera que fago correndo coma un funambulista que non quere caer do cume deste vertixinoso cordal de montañas. A miña única compaña é esa pequena , calada, negra e perfecta imitadora creada polo outro gran compañeiro que hoxe semella estar máis preto que nunca. Buffff, será que isto non ten fin!!?? Meu deus, será que existe un camiño que me permita baixar na procura de auga e de alguén que me diga onde estou…pumpum­ pumpum-pumpum…quero auga, quero beber…oooonde estooouuu???!!! Non estou canso, agora non...non me doen as pernas, segue!!! Teño forzas, sei que podo seguir……. NOOOOOOOOOOON!!!!!!!!!!!!! (voltas e máis voltas, cada vez a máis velocidade como se estivese dentro dunha lavadora no programa de máximo centrifugado) (15 minutos máis tarde) HAHAHAHAHAHAHAH….sabía que tiña que estar soñando……..Oh, nooooon!!! Non pode ser certo, dime que non, por favor, oh meu deus… Que fan os meus pantalóns e camiseta cheos de buratos!?!?, por que agora vexo as montañas desde abaixo?! Por que teño aínda máis sede??!! Choro de angustia a pesar de que os meus dous compañeiros seguen sen abandonarme……Onde carallo estou!!!!!! Dóeme todo o corpo e sigo sen saber onde estou e que demos fago aquí, antes polo menos podía divisalo todo dende arriba, pero agora só consigo distinguir árbores e rochas con formas sinistras que no seu conxunto forman un gran labirinto con múltiples entradas e sen aparente saída. Auga, auga, auga…quero auga!!!!, berro chorando de impotencia e agonía unha vez máis. Como se sae deste maldito labirinto!!!??? Covas e máis covas, cada cal máis misteriosa; rochas e máis rochas, cada cal máis expresiva; árbores e máis árbores cheos de vida grazas a esas formas imitando persoas que parecen insinuar unha inexistente saída. Será que me están indicando a saída deste sinfín labirinto?? Qué é ese son!!!!???? Si, si, si, siiiiiiiiii, ten que ser auga, dime que es auga!! Onde estás auguiña miña?? Dime por favor…

Un río!!!!! Siiiiii!!!!! Grazas!!. Corro como un louco cara á beira cando tropezo cunha pedra que me lanza dereito ao río, que en cousa dun segundo pasou de ser o meu mellor amigo, ao máis temido inimigo, que me empurra con forza e me agarra sen deixarme apenas sacar a cabeza para respirar. Socorrooooo!!! Socorroooooooo!!! Que alguén me axude!!!!! Loito por saír á superficie pero cada vez teño menos forzas e o frío que agora me invade, inmovilízame. Non teño forzas para loitar máis, sinto que me afogo, non consigo respirar, perdo o sentido. Que escuro está todo. Non consigo ver nada. Unha vez máis non sei onde estou. Só consigo ver na miña mente un montón de imaxes, de paisaxes, flores, árbores, ríos…Estou moi tranquilo e relaxado a pesar de non saber onde me atopo e non ver nada nesta escuridade. Estou deitado envolto nunha especie de capa que me rodea limitando os meus movementos como se fose un prisioneiro. De súpeto, unha luz se aproxima, cada vez máis perto! O meu corazón comeza a acelerarse novamente. Esa luz sinistra que vén cara a min apuntán­ dome como se fose o seu branco, semella saír da cabeza dunha persoa…É unha persoa!!! (En baixiño) - “Profe…profe…Benxa” - “Ummm…si, dime…dime Brandán”. Respondo coa tardanza propia dunha persoa que acaba de se esper­ tar. - “ Manu ten un ombreiro desprazado”. - “Umm…si, vale, está ben… xa saio, espera por min para me indicar o camiño coa túa lanterna” Entón saio do saco no que ao fin estaba comezando a durmir, ao tempo que comezo a tomar conciencia de que estou no Courel acompañando a un grupo de alumnos do IES Sanxillao que non teñen moita vontade por durmir. Case que prefería seguir inmerso noutro pesadelo, correndo pola Travesía da Devesa disfrutando das vistas dende o Alto do Couto; ou perderme polo misterioso Labirinto cárstico do Val das Mouras; ou incluso darme un baño nas fresquiñas augas do Río Lor, despois de pasear polo seu fermoso canón que vai dende a Ferrería Vella ata Ferreirós de Abaixo. Gracias Orlando por nos amosar tan fermosos lugares coma ti só sabes.


O can que non morde

2014-2015

42

O meu ano no IES Sanxillao Sophie Thresher Profesora auxiliar de conversación de inglés no IES Sanxillao Cando descubrín que ía traballar no Instituto Sanxillao, estaba moi feliz. Xa fun á Coruña a traballar o verán anterior e aínda que me gustou moito, quería ver outra cidade e vivir outra experiencia en Galicia. O que máis me gusta de todo Lugo é a comida. No meu país non temos polbo, nin raxo, nin caldo e só os puiden probar cando cheguei aquí. Os pratos típicos de Galicia son moi diferentes dos ingleses, pero aínda así encántan­ me! A primeira vez que probei o polbo non me gustou nada porque a súa textura era un pouco rara, pero agora é unha das miñas comidas favoritas. Ademais estou aprenden­ do o galego. Parece unha lingua preciosa e gústame moito escoitar á xente galega falala (non obstan­ te non me gusta que a xente me escoite falándoa porque teño un acento moi forte!) Aquí en Galicia tedes moita sorte de poder falar outra lingua. Gustaríame dar moitísimas grazas a todos os profesores e estudantes do Sanxillao por axudarme e por facerme sentir como se estivera na miña casa. Foi un pracer traballar convosco, e espero poder seguir facéndoo o próximo ano!


O can que non morde

2014-2015

Graduaci贸n Curso 2014-2015

43


O can que non morde

2014-2015

44


O can que non morde

2014-2015

45

Excursión a Cantabria Carmen Garabal Profesora de Xeografía e Historia do IES Sanxillao Nesta actividade visitamos: 1) Museo do Xurásico de Asturias, a gran pegada tridáctila do dinosauro. 2) Capricho de Gaudí en Comillas, arquitectura e

natureza. 3) Neocueva de Altamira, a “Capela Sixtina” da arte rupestre paleolítica. 4) Santillana del Mar, que “ni es santa, ni llana, ni tiene mar”. 5) Parque de Cabárceno, animais dos cinco continentes en réxime de semiliberdade. 6) Santander, capital de Cantabria. 7) Cueva El Soplao, un paraíso de estalactitas, estalagmitas e excéntricas. 8) San Vicente de la Barquera, histórica, turística e mariñeira. 9) Cudillero, azul e verde. 10) Praia das Catedrais, formacións rochosas que lembran arbotantes góticos.


O can que non morde

2014-2015

46


O can que non morde

2014-2015

Excursión a Madrid Os días 8 e 9 de maio, un grupo de alumnos de 16 anos da materia de Relixión de 3º da ESO, viaxaron a Madrid, xunto con outros centros da cidade e provincia: o”Muralla Romana”, o “Lucus Augusti”, o de Monterroso, Rábade e Melide. O venres pola tarde tivemos unha visita completa e guiada pola cidade e tamén á catedral da Almudena. Despois disfrutaron do tempo libre ata que nos trasladamos ao hotel. Ó día seguinte, ocio no Parque Warner Bross e ao remate do día emprendimos a viaxe de regreso cara a Lugo.

47


O can que non morde

2014-2015

48

Sabor e Arte Jenaro Fieira Noya Profesor do Ciclo Superior de Cociña do IES Sanxillao E s t e p r o xe c t o xorde das mans do grupo de alumnos do 1º curso do ciclo s u p e r i o r Dirección en Cociña e no módulo de “Pro­ dutos de elabora­ cións culinarias”. Esta formación estámola a levar a cabo no IES Sanxillao que é un centro público de ensino, sito na cidade de Lugo, no que ademais da ESO e Bacharelato tamén se poden estudar varios ciclos de FP da familia profesional de Hostalaría e Turismo. A esta última pertence­ mos nós. Presentamos na revista “Sabor e arte”, 19 pratos elaborados coas súas receitas seleccionadas das 150 elaboradas ao longo do curso, acompañadas da fotografía do autor coa intención de que, no futuro, cando miremos atrás, tropecemos cos vellos papeis e a visión desta “ORLA CULINARIA” nos traia á memoria todas as horas e os esfor­ zos que dedicamos á nobre arte de cociñar; os momentos de camarade­ ría coas luces e as súas sombras e un obxectivo claro confirmando o que, como di Faustino Cordón:”Cociñar fixo ó home”.

Os pratos foron elaborados con produtos da zona, xa que non somos partidarios de buscar na casa allea o que sobradamente bo temos na propia. Se o esforzo na cociña foi considerable, non menos importante foi a montaxe da revista e, neste caso contamos coa inestimable colaboración dun dos alumnos, fotógrafo profesional, marabillado pola beleza da foto­ grafía culinaria e a Escola de Artes Ramón Falcón que irmandaron a arte da imaxe coa da gastronomía. SIRVA DE RECORDO Como di Manuel Vicent, no seu prólogo ao libro La casa de Lúculo de Julio Camba: “Nin­ gunha comida é indixesta, pesada nin causa acidez de estómago. Os que dan acidez e resultan pesados e indixestos son certos comensais que…”


O can que non morde

2014-2015

Almorzos exquisitos Os alumnos do 1º Ciclo de Hostalaría prepararon un ano máis un almorzo­ buffet para o resto do alumnado do centro. Está dentro do Programa de “Almorzos saudables” e asistiron uns cincocentos alumnos. Foi o día 14 de maio durante toda a mañá, alí fomos por grupos para almorzar tal coma se estive­ semos nun hotel de cinco estrelas.

Todo tan ben preparado que daba gusto velo. As mesas estaban espectaculares e a cantidade e calidade do ofrecido era insuperable: zumes, cafés, repostería, bolería, friames, ovos, touciño, lácteos, cereais, froita…

Grazas, hostalaría!

49


O can que non morde

2014-2015

50

Recomendacións da libraría Gato Neghro Camino a la escuela

El maestro

de Marie Claire Javoy. Editorial Alrevés

de Marius Mollá. Ediciones B

Jackson, keniano, 11 anos. Carlitos, arxentino, 11 anos. Zahira, marroquí, 12 anos Samuel, indio, 13 anos… Camino a la escuela narra as vivencias e dificultades duns nenos que cada día teñen que percorrer un longo, duro e perigoso camiño para poder acudir á escola. Conmovedoras e extraordinarias historias de sete escolares que son exemplo de coraxe e vontade para construir unha vida mellor por medio da educación.

Intentando fuxir do seu pasado e abandonando os soños e os ideais de antano, un home decide formar parte dunha comunidade de leñadores e levar unha vida tranquila en contacto coa natureza. Pero pronto descubrirá que os nenos da explotación forestal precisan da súa axuda. El maestro, é un canto á educación, unha novela que alza a voz en defensa daquela deixándonos unha clara mensaxe crítica ao tempo que esperanzadora.


O can que non morde Pablo Andión

2014-2015

51

Robaliza á prancha con gulas e cuscús de verduras

PREELABORACIÓN: Limpamos a robaliza e cortámola en lombos. Facemos unha brunoix de nabo, cenoria e calabacín (o calabacín coa pel gorda). Fileteamos os dentes de allo. ELABORACIÓN: Poñemos un chorro de aceite nunha tixola, e cando estea ben quente engadímoslle os dentes de allo fileteados, logo poñemos as gulas e salteámolas un par de minutos a fogo forte. Para facer o cuscús, salgamos as verduras e refogámolas en aceite de oliva ate que esteñan un pouco tenras. Para a robaliza, salgámola e marcamos. Facemos aceite de perexel para decorar o prato: misturamos o perexel con aceite de oliva virxen e trituramos.

Javier Ramudo

Empanada de liscos

PREELABORACIÓN: Poñemos nunha cunca fariña e o sal en forma de volcán, disolvemos o fermento en auga morna e agregámosllo á cunca de fariña. Amasamos e, unha vez feita unha pasta, pasar a unha mesa enfariñada, amasamos cos puños de fóra cara a dentro (agregar fariña ou auga se fose necesario). Ten que quedar unha masa suave, sen que se pegue ás mans. Deixamos repousar cun pano enriba durante unha hora a temperatura ambiente. ELABORACIÓN: Mentres facemos o rustrido, picamos a cebola e o pemento en brunoise, pochamos ata que a cebola estea transparente e engadimos os liscos cortados en bastonciños, salteados lixeiramente cun pouco de salsa de tomate caseira. Dividimos a masa en dous e estirámola coa axuda dun rulo ata deixala con 2 mm. de grosor, dándolle a forma desexada. Poñemos o recheo estirado ata os bordes e a continuación cubrimos coa outra masa estirada. Pechámola trenzando coas mans por todo o borde e facémoslle un burato no medio para que respire. Pintamos co ovo batido cunha brocha. Enfornamos a 180º durante 45 minutos ata que estea dourada.


O can que non morde

2014-2015

52

Oferta educativa do IES Sanxillao - ESO - BACHARELATOS : - ARTES PLÁSTICAS - ARTES ESCÉNICAS - CIENCIAS E TECNOLOXÍA - HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS - CICLOS FORMATIVOS: - CICLO MEDIO DE COCIÑA E GASTRONOMÍA - CICLO MEDIO DE SERVIZOS EN RESTAURACIÓN - CICLO SUPERIOR DIRECCIÓN DE COCIÑA - CICLO SUPERIOR DE SERVIZOS EN RESTAURACIÓN (Adultos) - OFERTA MODULAR - CURSO 1º DE FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA DE COCIÑA E RESTAURACIÓN

IES SANXILLAO Ronda das Fontiñas, 171 - 27002 LUGO Teléfono 982 25 20 16 - Fax 982 25 16 52 ies.sanxillao@edu.xunta.es www.iessanxillao.es




Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.