TRABALLAMOS AS ÁRBORES EN AREAS

Page 1

EN AREAS TRABALLAMOS O PROXECTO:

AS NOSAS AMIGAS AS ÁRBORES

O contacto co tema das árbores foi nunha Asamblea a partir dunha exposición de ideas, onde cada un de nós dixemos cousas que sabíamos das ÁRBORES:


Despois recollemos do mesmo xeito o que realmente queríamos saber:

Pedimos axuda ós pais para que trouxeran o aula todo tipo de materiais dos que pudiésemos obter información relacionada co tema e tamén buscamos na aula e na rede.


Comezamos a investigar e a experimentar sobre: -Que son as árbores. -Cales son as súas partes. -Onde se atopan. -Como se chaman as árbores do patio. -Outras árbores comúns da contorna. -As súas propiedades e características. -A importancia das árbores na natureza. -Consellos para coidar os bosques.

AS ÁRBORES DO NOSO PATIO

NESPEREIRO

PRADAIRO


Estudiamos as árbores do noso patio a partir da observación directa: como eran, que tipo de follas tiñan, seres lle caían ou non, se tiñan flores e froitos… Rematamos facendo distintos debuxos:

Estudiamos tamén distintas árbores presentes na nosa contorna inmediata:


Con toda a información que iamos obtendo elaboramos un MURAl.

Eu creo que unha das actividades que máis motivou os nenos e nenas foi A MALETA VIAXEIRA. Esta actividade pretende afondar na estreita colaboración entre familia e escola. Cada semana será unha familia a encargada da maleta. Unha maleta que contén dúas carpetas unha para continuar un conto relacionado cunha árbore á que lle van ocorrendo distintos sucesos e outra na que fan un estudio das árbores que hai nas súas casas-

Traballamos tamén co motivo do día da paz o conto Wangari e as árbores da PAZ.


A partires das experiencias fomos descubrindo as distintas características, necesidades e coidados das árbores e plantamos dúas no noso patio: un carballo e un castiñeiro.

Fixemos unha maqueta onde se ven as diferentes fases polas que pasan as árbores ó longo das estacións.


Tamén coa axuda dos pais traballos no patio da escola plantando novas plantas e recordando os coidados, que deben ter para que crezan bonitas.

Fixemos outras manualidades que xiran en relación ás arbores


Para rematar, escribimos as nosas: coclusi贸ns:


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.