Boletín Xuño 2012

Page 1

Instituto de Educación Secundaria Rúa Fernández Losada s/n 32800 CELANOVA Tef. 431565 / 431460 FAX: 988431460 Correo Electrónico: ies.celanova@edu.xunta.es Páxina web:http://www.edu.xunta.es/centros/iescelanova/

Boletín informativo nformativo para as familias Presentámosvos, como adianto, o limiar de O POLEIRO,, a nosa revista, que xa está na rúa!!! Consíguea ou bótalle unha ollada na nosa web!!! http://www.edu.xunta.es/centros/iescelanova iescelanova/

BOLETÍN INFORMATIVO PARA PAIS

Xuño 2012

ANO CELSO EMILIO!!!

En Celanova a terra produce poetas e, por máis sinais, poetas combativos. O verbo de Curros, idealista e liberal, o verbo de Celso, humano e rebelde, o verbo de Ferrín, solidario e de ferro, ecoan no vento da cantiga: “Celanova ten un vento...” Neste curso homenaxeamos a muitos poetas, a Rosalía, a Valentín, ao noso Celso Emilio... O aire vén cargado de versos, e ha chover poesía enriba de Celanova todo o ano, especialmente cando os poetas da bisbarra nos traian ao IES o seu lirismo, a lentura a vivificante das palabras poética. E en pleno mes de San Xoán, unha regalía! Para eles, a nosa gratitude; para vós, alumnado de Celanova, un segredo: se tamén vós sodes fabricantes de versos, artesáns dos berros e silencios, ourives das olladas, aquí está o Poleiro, a vosa revista. Imaxe atopada en: http://armandorequeixo.blogaliza.org/tag/celso-emilio-ferreiro/ http://armandorequeixo.blogaliza.org/tag/celso

“A vida debe ser unha incesante educación” Gustave Flaubert Arrodeado de libros atoparaste sempre en boa compaña, e sentiraste feito un rapaz!!!

Ilustración:: Fernando M. Menchón INFORMACIÓN DO CENTRO EXAMES DE SETEMBRO: 3, 4 e 5 de dito mes. O calendario de exames estará exposto no taboleiro de entrada e na páxina web do IES. Deberá presentarse todo o alumnado que teña materias suspensas en xuño. CONFIRMACIÓN DE MATRÍCULA Todo o alumnado de 3º, 4º ESO e 1º e 2º Bach que tralos exames de setembro teña que repetir curso deberá facer unha confirmación de matrícula na secretaría do centro os días 6 e 7 de setembro tan pronto como saiba as notas, para poder garantir a oferta das optativas que escollan. SOLICITUDE DE TRANSPORTE umnado de 1º Bach, 2ºBach e Ciclos Formativos que necesite transporte escolar para o curso 2012-2013 2012 2013 deberá facer unha solicitude O alumnado de transporte na secretaría do centro do 6 ao 14 de setembro. LIBROS DE TEXTO Ao alumnado que vai cursar ESO foille entregada xunto co boletín de notas, unha nha folla con información sobre as axudas para a adquisición de libros de texto. Máis información en http: www.edu.xunta.es/web/axudaslibros O INICIO DE CURSO, SEGUNDO O CALENDARIO ESCOLAR, SERÁ O 17 DE SETEMBRO.

1


FIN DE CURSO COS CELARATIÑOS

¡¡¡ZoNa Na CiCloS!!! CiCloS BOLETÍN INFORMATIVO PARA PAIS

PÁXINA 2

Rematou a experiencia “A historia nunca contada de Mendel”, Mendel do departamento de Ciencias Naturais, na que o IES participaba, como informamos no anterior boletín. Rematámola moi contentos porque foron moitos esforzos por parte dos alumnos e voltas dadas a “por “ qué non parían os nosos ratos”. Os alumnos desilusionábanse por momentos ao ver que noutros Centros si o facían, pero a perseveranza e darlle voltas a como facer máis íntimas as gaiolas e que se sentiran mais protexidos deu o resultado esperado. Os alumnos trataron os ratiños con moito agarimo, saíron todos moi bonitos e sans. Non tivemos problemas de canibalismo nin morreu ningún. Así que todo un éxito para esta primeira experiencia. A maioría dos alumnos do Centro e moitos profesores pr pasaron ao longo deste tempo continuamente para comprobar como estaban os ratiños e todos querían quedar con eles e telos como mascotas, sen dúbida unha bonita experiencia, por todas as implicacións e connotacións que conleva e non só as referentes tes a aprendizaxe das Leis de Mendel, senón o traballo en equipo, a responsabilidade, un maior entendemento da labor da investigación e a perseveranza nun proxecto. Noraboa!

Os alumnos do segundo curso do ciclo de Instalación Eléctricas e Automáticas participaron na primeira “Competición nacional de Eficiencia Energética“ Energética na formación profesional convocado pola multinacional fabricante de materia eléctrico Schneider Electric. O obxectivo era buscar posibilidades de aforro enerxético no instituto a través da mellora nas instalacións eléctricas. No noso caso centrámonos no consumo dos equipos informáticos (hai 200 no instituto) e da iluminación, xa que son os dous maiores consumos eléctricos. Fixéronse medicións, cálculos e esquemas, que permitiron sacar a conclusión de que se poderían acadar aforros importantes nos dous campos, si ben o aforro en iluminación supón unha gran inversión. Para os alumnos foi unha actividade motivadora e que ademais permitiu afondar en este tipo de técnicas, esixiulles tamén traballar tendo en conta un prazo fixado e tendo que presentar unha ampla documentación técnica cunha boa presentación. Tanto por este efecto positivo nos alumnos como polas conclusións obtidas , o departamento de Electricidade do IES de Celanova considera positiva esta experiencia.

ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS O alumnado que desexe cursar o Ciclo medio de Instalacións eléctricas e automáticas ou o Clclo medio de Xestión administrativa debe presentar a solicitude de admisión no centro do 18 de xuño ao 2 de xullo.

III XORNADAS DO MOSTEIRO: O MOSTEIRO e a MÚSICA 28.06.2012, 20.15 H. Conferencia a cargo do musicólogo D. Manuel Rey Olleros: Olleros “A música no mosteiro de Celanova” 29.06.2012, 20.15 h. “O Son das Pedras”. Concerto de alumnos do IES. Representación ón do grupo de teatro do IES da obra “A voda do Esganarello” (Molière) (Moliè

Axenda

PÁXINA 2

TALLER DE ELECTRÓNICA O taller de Electrónica nica é un curso impartido no IES de Celanova, dentro dos denominados contratos programa. O que se pretende no curso, é que os alumnos saiban desenvolver todo o proceso para creación de circuítos electrónicos : Deseño, simulación, creación da PCB, insolación , revelado, atacado, soldado e comprobación de erros. O curso desenvolveuse tódolos xoves do mes de maio e as dúas primeiras semanas de Xuño, en horario de 17 a 19 na aula de tecnoloxía , impartido po Antonio Loureiro (Deseñador e informático en EGATEL, empresa punteira no desenvolvemento lvemento de equipos de comunicación) , e coordinado polo profesor Celso Fernández. Ao curso asistiron dez alumnos de distintos niveis (3 de 3 ESO, 3 de Ciclo Medio de electricidade e 3 de 2º de Bacharelato).

“NON NON ME VEÑAS CON CONTOS” CONTOS

Érase unha vez no antigo Oriente…

Uns mortos moi vivos…

Tódolos martes pola tarde vimos á biblioteca dous profesores e de cinco a seis rapaces,(sempre que non teñan exame), para aprender a facer guións e a contar e montar historias con fotos, recortables de cartolina e plastilina. Estamos montando tres historias: historia un videoclip con foto fixa, un videoclip de recortables de cartolina e unha animación de monecos de plastilina ambientada no oriente antigo. Os rapaces veñen con ganas, pero, como o curso está acabando e xa non nos dá tempo, volveremos retomar o proxecto proxect o vindeiro curso.

ESTUDIANDO CON XEITO Roberto Rguez. Vilariño foi o encargado de realizar as labouras de apoio académico e técnicas de estudo no IES. Traballou con alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO con todo o grupo clase, e el el mesmo mándanos un resumo de cómo foi a estrutura das sesións: “1.- Lectura tura do tema a tratar da materia correspondente. 2.-´Unha ´Unha vez lido, reflexión e posta en común dos aspectos relevantes de cada apartado tratado anteriormente. 3.- Realización de preguntas ó alumnado sobre cada un dos apartados para afianzar os novos coñecementos coñecementos e resolución de dúbidas se as houbese. 4.- Realización dun esquema ou mapa conceptual que engloba os aspectos máis importantes do tema. O alumnado realiza o seu propio esquema, eu elaboro un propio que lle entrego uns días antes da data do exame, informando informando ó profesorado da materia correspondente con antelación e tendo as dúas versións, eles realizan outro o máis completo posible en base ó material do que dispoñen para a preparación dos exames.” Parece ser que a experiencia foi positiva para o alumnado, alumnado, polo que tentaremos repetila no sucesivo.

2


VIAXE A PARÍS

VIAXE A MADRID

O departamento de Música organizou a súa viaxe anual, esta vez a Madrid, entre os días 26 e 30 de marzo. Alí tivemos tempo de divertirnos e de coñecer a cidade, sobre todo a súa vida musical. Asistimos a un concerto de música sinfónica no Auditorio Nacional, a unha ópera para escolares no Teatro Real, onde tamén fixemos a visita guiada; a un musical (Grease, para cambiar algo de estilo) e a unha exposición interactiva sobre os Ballets Rusos. Mágoa que a folga xeral do 29M pillounos alí e fixo que se suspendera a función de ballet no Teatro da Zarzuela á que tiñamos previsto asistir… Tamén nos deu tempo a visitar o Palacio Real, o Museo do Prado e de percorrer as rúas madrileñas para ver a súa Praza Maior, o Templo de Debod e outros edificios de interese.

O departamento de Francés do noso BOLETÍN INFORMATIVO PARA PAIS IES, consciente da utilidade das saídas didácticas e dos idiomas, organizou un ano máis, a viaxe a Francia para 1º e 2º de Bach., do 23 ó 30 de marzo. Visitamos S.Sebastián, St Jean Jean-de Luz, Poitiers, París, Versailles e Bordeaux. En París, estivemos 3 días e visitamos os sitios máis emblemáticos da cidade: A Tour Eiffel, Arche de Triomphe, Champs-Élysées, Champs Notre Notre-Dame, Madeleine, Opéra, Montmartre, Os departamentos de Xeografía Moulin Rouge, quartier latin, paseo polo Sena e Histori Historia e de Latín, organizaron unha e os museos do Louvre, Orsay e Pompidou. saída didáctica os días 6,7,8 e 9 de maio Tamén intercalamos dous parques temáticos: para os alumnos de 4º ESO. Esta viaxe o Futuroscope de Poitiers Poit e Disneyland Paris, organizámola en colaboración co onde disfrutaron di como neno/as! "Proxecto Terra" do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. O/as alumno/as estuveron entusiasmado/as durante toda a viaxe, En Lisboa visitamos o Mosteiro mostrando unha gran interese por todo. dos Jerónimos, a Torre de Belém, Alfama, Practicaron o francés e viron a súa utilidade. o Chiado, o Parque das Nacións e en Portáronse dun xeito excepcional, polo que as Porto os alumnos participaron nunha serie profesoras acompañantes, Flora e Manu, de acti actividades programadas no tamén viñeron encantadas. Como cremos "intercambio Territorial" na fundación que estas viaxes fan medrar culturalmente culturalm Serralves, a casa da Música, unha visita o/as noso/as alumno/as, seguiremos guiada pola cidade etc. ofertá ofertándoas nos anos vindeiros. Ademais de tódolos coñecementos adquiridos debemos salientar a actitude participativa dos alumnos, que se implicaron moito en tódalas ódalas actividades propostas. Tamén hai que felicitalos polo bo comportamento. Pola nosa parte queremos darlles as grazas porque foi un pracer compartir con eles esta experiencia.

O ambiente da excursión e o comportamento do alumnado foi inmellorable, e é que, se queren, os nosos rapaces poden ser un exemplo de saber estar en calquera situación. Que sigan así!!!

O IES CELANOVA E OS ARTISTAS GRÁFICOS Ricardo Martínez, ilustrador de El Mundo e Hermann Tertsch, escritor de ABC, visitaron o presente curso o IES, facendo sendos encontros co alumnado da aula de plástica de José Rivela. Os medios recolleron estas visitas e tanto o profesor como o alumnado valoran a experiencia como positiva. A seguir traballando!!!

VIAXE A PORTUGAL

INTERCAMBIO Como cada ano o EDLG contactou cun centro afín ao noso pertencente a unha área dialectal distinta inta para realizar un intercambio. Neste curso co IES Illa de San Simón, Simón de Redondela. Os nosos alumnos recibíronos o día 28 de maio con un recital e un concerto a cargo dos alumnos de música, despois un aperitivo e logo ensináronlles, ronlles, orgullosos, o noso centro. Os nosos visitantes quedaron impresionados. Logo organizouse una visita o Mosteiro de San Rosendo e a Capela de San Miguel, incluíndo unha visita ao noso fantástico órgano barroco. barroco Despois de un paseo polas rúas da vila saíron para una comida campestre en Portoquintela e una visita o campamento romano de Aquis Querquennis. O día ía 11 de xuño viaxaron os nosos alumnos a Redondela co coa ilusión de coñecer o pobo e visitar as Illas de San Simón e San Antón, ademais do reencontro cos seus amigos. Tamén nos recibiron cun recital poético-musical poético no que os protagonistas foron os Trovadoress do mar de Vigo (Xoán de Cangas, Mendinho e Martín Códax), pero o que máis sorprendeu foi a travesía por mar e o itinerario histórico pola illa de San Simón. Pasárono todos moi ben. ¡Que se repita!

Outras actividades. ENCONTRO DO CLUBE DE LECTURA CON NEIRA VILAS 14.05, Alumnos do clube ACTUACIÓN DO GRUPO DE TEATRO DO IES EN BANDE 15.05. Alumnos de teatro CONFERENCIA SOBRE CELSO EMILIO FERREIRO 16.05. 4ºESO CHARLAS DA CRUZ VERMELLA. 28.05.2012 . 1ºESO CHARLA DO DEPTO DE FOL. PCPI, E CICLOS FORMATIVOS VISITA A CORRUBEDO : 05.06, 2ºESO; 20.06 . 3ºESO Depto. Ciencias Naturais VISITA A CAMPOLAMEIRO: 15.06.2012. 1ºESO Depto. Ciencias Sociais.

Na nosa biblioteca…

Camiño da Illa.

3


PÁXINA 4

BOLETÍN INFORMATIVO PARA PAIS

OS ESCRITORES DA COMARCA TERRA DE CELANOVA-BAIXA LIMIA NO CENTENARIO DO NACEMENTO DE CELSO EMILIO FERREIRO Mércores 20 de Xuño, 10.45 h. Xoves 21 de Xuño, 19.00 h. Biblioteca

AS NOSAS EXPOSICIÓNS PERMANENTES…

PÁXINA 4

ATENTOS AOS DÍAS 20 E 21 DE XUÑO!!!: ESTADES TODOS CONVIDADOS!!!

4


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.