Samaín

Page 1

CONXUROS: Vómito de ra, Babas de caracol, Se bebes este conxuro Convertiraste nun trol.

Verrugas de curuxa, Mocos de camelo, Ollos de avestruz, Píntegas con pelo. Que veña unha tronada e leve os pantasmas pola ventana. Ana Rapa, Madina Satorras, Alba Fernández 4ºA


A tradición do Samaín Fai 2.600 anos viñeron a Galicia os povos Celtas e ademais dos seus adiantos científicos e técnicos trouxeron as súas crenzas nos deuses. Tamén lume, forza, sabiduría, batallas... Das súas crenzas nos deuses son as festas que coinciden coas estacións e cos seus cambios. Celebraban o Samaín. A festa do Samaín era a data máis perigosa do seu calendario xa que o mundo dos mortos, o Outromundo, facíase accesible para os mortais, podendo pasar a formar parte del por culpa dun feitizo ou meigallo. A noite do 31 de outubro comezaba o ano novo Celta e a súa festa en honor dos defuntos marcando a transición do outono a o inverno.

Colocaban velas nas caveiras dos seus inimigos mortos e poñíanas nos cruces dos camiños. Celebramos o Samaín no colexio No noso colexio o Samaín celébrase pintándose a cara e cantando unha canción de medo preparada con Álvaro (o noso profesor de música). Tamén preparamos unha cabaza que traemos das nosas casas. Decorámolas con cara de monstro e poñémoslle ollos, dentes, pelos...


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.