Recomendacións verán 2015

Page 1


PRELECTORES/AS (E. INFANTIL) QUEN É ESE BECHO? Carmen Queralt Edit.: kalandraka Unha fauna diminuta habita neste simpático conto duro para pre-lectores, onde o lector/a convértese nun personaxe máis. Creatividade, xogo e humor nun libro para practicar a descrición, o recoñecemento e asimilar o fenómeno da diversidade. SIEMPRE TE QUERRÉ Robert Munsch

Edit.: Andana

Siempre te querré é a historia de amor entre unha nai e o seu fillo. Non só no momento do nacemento, tamén ao longo da súa vida. Ambos van superando as diferentes etapas da vida do fillo -a adolescencia, a xuventude e a madurez- e todo aquel amor incondicional que a nai lle deu ao seu fillo volverá a ela cando sexa maior. A VACA QUE PUXO UN OVO Russell Ayto e Andy Cutbill

Edit.: Patasdepeixe

Unha vaca que quere facer algo diferente, para destacar entre as demais, e que pola súa simpatía e tristura é axudada polas súas amigas galiñas. Claro que a envexa non é boa conselleira e as súas "comadres" están seguras de que todo é unha gran mentira. O final, sorprendente. IMPRESCINDINBLES NA TÚA BIBLIOTECA Eva Mejuto e Sergio Mora

A CASA DA MOSCA CHOSCA Edit.: Kalandraka

Conto popular ruso. Na casa da mosca hai unha torta de amoras, sete pratos, sete banquetas, sete animais a punto de merendar. Xa non cabe ninguén máis… pero alguén peta na porta. . NAUGHTY & NICE Harriet Ziefert

Edit. Edelvives

Alex e Emily son xemelgos.Nalgunhas cousas son iguais pero noutras son moi diferentes. Un libro moi visual para aprender de maneira divertida os opostos en inglés.


PRIMEIROS LECTORES (1º CICLO) A GARDERÍA DE DONA BIXELMINA Jacobo Fernández Serrano Edit.: Xerais Lucas Leoncavalo vive no circo onde traballan os seus pais. Cando o circo pechou, Lucas xa non será nin domador nin trapecista e será obrigado a ir á gardería de dona Bixelmina, que está invadida por virus e microbios.

A VIAXE DAS BOLBORETAS Paula Carbonell Edit.: OQO O percorrido que a eiruga fai da laranxeira ao limoeiro, durante o que se lle van sumando distintos compañeiros de viaxe, acaba sendo unha metáfora da propia vida: a mudanza dun estado cara á outro; a aparición de amigos, ou de inimigos, e conflitos que só se poden superar coa solidariedade e, finalmente, o amor. EL FANTASMA DE PALACIO MIRA LOBE Edit.: SM (EL BARCO DE VAPOR) Unha pantasma que non asusta, un adulto adicado por completo a facer o que lle peta e un can amigo dunha gata, forman un grupo de personaxes que rompen cos estereotipos. A pequena pantasma habita nun pazo e, como se sinte só e aburrido, decide poñer un anuncio. Acuden un pintor, unha gata e un can, cos que vive imaxinativas aventuras. Rocío Antón

UNA RICA MERIENDA Edit.: Anaya

Carapuchiña extrañase de que non apareza o lobo no bosque. De socate velo tirado, coa tripa inchada coma un globo. É que se empachou e se atopa moi mal. Carapuchiña rífalle porque ten que aprender a comer san. MICHELLE,THE SHY FROG Antón Blanco e Lola Rocío Núñez

Edit.: Edelvives

Os animais do bosque búrlanse dar rá Michelle porque é un pouco fea e non sabe cantar moi ben. Michelle decide non volver a cantar nunca máis, pero un día convérsese na heroína do bosque ao salvar aos animais utilizando a súa voz. Contén CD.


LECTORES AUTÓNOMOS (2º CICLO) DEMO DE DENTE Pep Bruno Edit.: OQO Un dente que se move e nos amola, ao comer, ao falar…, pero non hai maneira de que caia: aí segue como se tal cousa! Estás en clase de matemáticas e, ao facer unha multiplicación, zas!, ese dente que abaneaba, cae. O ESTRAMBÓTICO PRINCIPIÑO Pinto & Chinto Edit.: Bulubú (Carambola) O Principiño de Antoine de Saint Exupéry permite á recoñecida e multipremiada parella Pinto & Chinto achegar aos máis pequenos (e aos seus maiores) este título clásico dende unha visión amena, chispeante e divertida. Un xeito perfecto de atraer posteriores lecturas ao orixinal. VAIA TROPA! Antón Cortizas Edit.: Xerais (Merlín) Vaia tropa! é un libro de poesía do absurdo, do sen sentido, e está pensado para ser lido de formas diversas. Hai poemas que terás que ler de esguello e noutros precisas usar un espello e así poder ler do verso o reflexo MAGO POR CASUALIDAD Laura Gallego Edit.: Bruño Ratón é o típico rapaz que trabilla na típica pousada do típico reino fantástico, cos seus cabaleiros típicos, os seus feiticeiros e os seus tipiquísimos dragóns. Un día, un accidente con un obxecto máxico, outórgalle os grandes poderes do famoso mago Calderaus…uns poderes que non sabe usar… LA ISLA DE SUSÚ Antonio G. Iturbe Edit.: Edebé Susú foise a vivir a unha illa remota para cumprir o seu soño de ser xardiñeira submarina. Nesta aventura acompáñaa Tío Rufus o loro mais cascarrabias do mundo. Alí atópanse con persoeiros moi curiosos. Na Illa Marabú un non se aburre nunca! FEARLESS JOHN Equipo EdelvivesEdit.: Edelvives Conto tradicional con ilustracións. Actualizado. Contén CD.


LECTORES EXPERTOS (3º CICLO) MALOS TEMPOS PARA OS FANTASMAS Aguistín Fernández Paz Edit.: Xerais (Merlín) Cando Marta fai once anos, a súa familia abandona a vila onde residían e trasládase a vivir na cidade. Alugan unha casa antiga e espazosa, sobre a que circulan rumores inquietantes. Unha vez instalados na nova vivenda, comezan a se producir misteriosos sucesos, que afectan sobre todo á vida de Marta ERNESTO EL APRENDIZ DE MATEMAGO José Muñoz Santonja Edit.: Nivola De súpeto apagáronse as luces, un potente foco de luz iluminou a entrada de artistas e unha silueta fixo a súa aparición entre a néboa. Cubríase cunha longa capa azul e un sombreiro puntiagudo con lunares prateados que simulaban estrelas no ceo nocturno. Fraco e alto, parecía o máis vello de todos os artistas, pois tiña unha barba branca moi longa. O QUE LLE ACONTECEU A BARNABY BROCKET John Boyne Edit.: Kalandraka O terceiro fillo do señor e da señora Brocket naceu desa- fiando a lei da gravidade. Os seus pais son fanáticos da "normalidade" e non aturan que o neno teña a rara habili- dade de flotar. Tras botalo da casa, Barnaby coñece mundo e fai amigos que, coma el, re- presentan a diferenza e a diversidade nun mundo pouco tolerante. LA VOZ DEL ÁRBOL Vicente Muñoz Puelles Edit.: Anaya Virxinia vive no campo coa súa familia, rodeada de animais e prantas. A convivencia coa cadela Laika, a ra Renée, o furón Hugo e o paxaro Grip é tan natural coma con calquera dos seus irmáns. Os animais parecen ser un membro máis da familia. Pero ese verán, Virxinia descubre algo moi especial: unha cabana nunha árbore na que van aparecendo libros de xeito misterioso. Quen os deixa aí? Por que? THE SKATEBOARDER Bill Bowler Edit.: Oxford Cando un parque de patinaxe abre cerca da súa casa, Hannah interésase rápidamente polo “skateboarding”. Esta lectura pertence á colección Dominoes, a todo color. Ofrece actividades integradas e audio.


PARA TODA A FAMILIA

MALALA. MI HISTORIA. Malala Yousafzai Edit.: Alianza Editorial Premio Nobel da Paz 2014. Malala tiña 10 anos cando os talibáns tomaron a súa rexión. Defendeu as súas conviccións e loitou polo seu dereito á educación. En 2012 estivo a piques de perder a vida pola causa: dispará-ronlle a queimarroupa no autobús cando voltaba a casa do colexio.

EL “NO” TAMBIÉN AYUDA A CRECER. Mª Jesús Álava Reyes Edit.: La Esfera De Los Libros «Non podemos con el/ela». «Tómanos o pelo». «Sáltase as normas e pasa o día desobedecen-do e contestando». «Non sabemos que facer para que estude, sexa máis responsa-ble... e nós sentímonos culpables».


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.