Recomendacións nadal 14

Page 1

http://bibliocouceiro.blogspot.com.es


PRELECTORES/AS (E. INFANTIL) QUEN É ESE BECHO? Carmen Queralt Edit.: KALANDRAKA Unha fauna diminuta habita neste simpático conto duro para pre-lectores, onde o lector/a convértese nun personaxe máis. Creatividade, xogo e humor nun libro para practicar a descrición, o recoñecemento e asimilar o fenómeno da diversidade.

AS TRES PRINCESAS PÁLIDAS María José Martin Frances Edit. Kalandraka Chega a hora do relevo para o vello monarca dun reino lonxano. Un conto clásico que rima e se repite, inspirado na estética das mil e unha noites; un relato evocador que nos envolve nun universo máxico e poético… A COCIÑEIRA DO REI Soledad Felloza e Sandra de la Prada Edit.: OQO O rei tiña unha pena como unha nube negra, que non o deixaba pensar. E, cando un non pensa, todo sae mal: as estradas tórcense, as pontes caen, os barcos perden as mercadorías… Os secretarios chegaban a palacio, un día si e outro tamén, coas carteiras cheas de problemas; pero, da cabeza do rei, non saía nada de nada. A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA Werner Holzwarth Edit.: Kalandraka Pode pasarlle a calquera, pero un día saíu do tobo e alguén lle fixo aquilo na cabeza. Quen sería? A pomba, o cabalo, a lebre? MIS PRIMERAS PALABRAS DE INGLÉS Edit. Collins Os pequenos da casa aprenderán inglés da maneira máis fácil e divertida xunto con Ben, Daisy e o mono Keekee. Inclúe CD con cancións.


PRIMEIROS LECTORES (1º CICLO) ADELAIDA Tomi Ungerer Edit.: Kalandraka. Tras os montes "Malia ser diferente a outros canguros, as súas ás serven para máis que voar: perseguir os seus soños e vivir emocionantes aventuras. Un álbum sobre a autoestima, a superación e a busca da felicidade”. O SOÑO DE ESTHER Miguel A. Alonso e Luz Beloso Edit.: Nova Galicia Edicións A protagonista do libro atopa nas vogais o fogar, o entretemento, a beleza, o camiño e a seguridade no descanso. Grazas a elas consegue escapar dunha temible treboada, que é unha metáfora da ignorancia que todo o quere destruír ao seu paso. OGROS Y GIGANTES Varios clásicos Edit.: Parramon Orixinal recompilación de contos con persoeiros tan especiais coma os ogros e os xigantes... LA REINA DE LAS RANAS Davide Cali

Edit.: Libros del zorro rojo.

Unha raíña das ras non pode falar coas demais ras, non pode mollarse os pés, e debe ter unha gran folla de nenúfar para ela soa. Debe comer só moscas gordas, dar ordes e castigar ás outras ras se non onbedecen inmediatamente.... OCTOPUS´S GARDEN Ringo Starr Edit. Aladdin Este bonito libro ilustrado lévanos de viaxe ao mítico Octopus´s Garden celebrando a liberdade de ser un neno e poder vivir os seus soños. Este libro contén un CD no que Ringo Starr le o texto,ademais dunha nova gravación da canción e unha versión instrumental para que os rapaces canten sos.


LECTORES AUTÓNOMOS (2º CICLO) O MISTERIO DO LIXO MUTANTE Carlos Freire Cordeiro Edit.: Sushi Books Catro gatos da rúa, Fiz, Carlocho, Felisa e Nébedo atopan entre restos de comida unha botella cuns extraños xeroglíficos. A curiosidade por coñecer ao autor da misteriosa mensaxe levaraos a vivir múltiples aventuras, escoitar historias entretidas e a descubrir os segredos do mundo da reciclaxe. Un libro para xogar e aprender. SEMENTES DE PAPEL Bea e Silvia Gil Edit.: Baía edicións. Conta a relación entre dúas mozas e o bosque onde viven. Naia ocupouse sempre de coidar das árbores e dos animais. Pero os anhelos máis profundos de Eyla romperán o equilibrio do lugar. EL DIARIO DE LAS CAJAS DE FÓSFOROS Paul Fleischman Edit.: Juventud Unha nena visita ao seu bisavó e escolle unha caixa de puros que atesoura no seu interior un montón de caixas de fósforos. Dentro de cada caixa hai un recordo: un óso de oliva, unha chapa de botella, unha entrada, unha letra de chumbo…Un diario de obxectos gardados por un neno que ansiaba deixar constancia da súa vida pero que non sabía ler nin escribir. ADIVINA EN QUÉ PAÍS... Martina Bedstuber Edit.: Juventud Adiviña en que país…. faise o papel de carta con caca de elefante. Adiviña en que país… as vacas descansan sobre colchóns. Adiviña en que país… choven peixes. Adiviña en que país… o leite sae conxelado da vaca…. Todos estes feitos sorprendentes son reais e que poderás descubrir neste álbum que te levará arredor do mundo.. CUENTOS CORTOS EN INGLÉS John Liddy Edit. Bruño Fox, é un raposo moi listo con gañas de axudar. Grazas a el e aos seus amigos os nenos vivirán distintas aventuras aprendendo inglés. Inclúe CD, vocabulario e actividades.


LECTORES EXPERTOS/AS (3º CICLO) EL TESORO BARRACUDA Llanos Campos Edit. SM (El barco de vapor) PREMIO BARCO DE VAPOR 2014 Chispas, un grumete de once anos, conta nesta novela as aventuras que vive a bordo do CRUZ DO SUR, o navío do capitán Barracuda, na busca do lexendario Phineas Jonhson Krane. O pirata Krane deixara soterrado un libro onde daba pistas sobre o paradeiro das súas riquezas. Conseguirán dar co tesouro? MUSIKI Gonzalo Moure Edit. SM (El barco de vapor) Unha novela sobre o poder da música como ferramenta para superar fronteiras, diferenzas e dificultades. O protagonista desta novela, un pianista camiño do seu ensaio, chega tarde á súa cita e en metade dun atasco achégaselle un neno negro que vende… A VERDADEIRA HISTORIA DA MOSCA DA TELE. María Solar Edit. Galaxia (Árbore) Hai moscas que non se conforman con ser moscas e que, ademais, queren ser estrelas da televisión. A que non sabías que hai unha mosca que se cola nos programas de máxima audiencia? Unha mosca á que lle gusta xogar cos convidados. Mais iso sí, aos convidados da tele non lles gusta nada que a mosca os fastidie…

ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA Ledicia Costas Edit. Xerais (Merlín) PREMIO MERLÍN DE LITERATURA INFANTIL 2014 Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto…

THE LITTLE MATCH GIRL Hans C.Andersen Edit. Oxford A clásica historia da cerilleira que nos amosa os valores do Nadal vistos a través dos ollos da protagonista.


RECOMENDADOS PARA O CLUB DE LECTURA O CARTEIRO DE BAGDAD (Premio Ala Delta 2007) ALUMNADO DE 5º Marcos S. Calveiro Edit. Tambre-Edelvives Estamos en Bagdad, cidade atravesada polo río Tigris, a que aparece nos contos das MIL E UNHA NOITES, e que hoxe resiste baixo as bombas, entre o fogo cruzado. As escolas pecharon e os cativos xa non xogan na rúa. Memtras, Ibrahim reparte o correo na súa motocicleta e no seu peto unha carta que entregará custe o que custe.

PALABRAS DE AUGA (Premio MERLÍN 2012) ALUMNADO DE 6º Marcos Calveiro Edit.: XERAIS O xamán Mkebe ordenou a todos os membros do clan dos Wataki da tribo dos Kimba que abandonasen o país Lomba coa esperanza de atopar unha terra mellor con auga abondosa. Dende entón, homes e mulleres camiñan, baixo un sol abrasador, a sabana poeirenta sen saber que lles pode deparar o futuro... Amadou aprenderá a colleitar o alimento agochado nos formigueiros e seguirá na busca de Numba, o seu irmán maior...

PARA TODA A FAMILIA MI RINOCERONTE TAMBIÉN COME CREPES Anna Kemp Edit. Blume Un conto ideal para papás moi ocupados, que fará reflexionar sobre a importancia de dedicar máis tempo aos nosos fillos…

PITUSA SEMIFUSA Olga brañas e Alejandro Lamas Edit. Galaxia Este libro-CD fai unha proposta para gozar da música desde as idades máis temperás da man dunha cativa, Pitusa, e que pretende aprenderlle aos nenos e nenas as familias de instrumentos.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.