Camiñantes nº8

Page 1

2017-2018

CamiĂąantes


CAMIÑANTES 2017-2018

SUMARIO: EDITORIAL..................................................................................................3 DÍA DAS LETRAS GALEGAS....................................................................4 DE ANIVERSARIO......................................................................................8 PROTAGONISTAS: 21 PREGUNTAS.......................................................10 PROTAGONISTAS: ENTREVISTAS.........................................................12 ANÁLISE...................................................................................................16 CÓNTANOS O TEU PAÍS..........................................................................17 FALANDO DE............................................................................................19 ANDAINAS DOS CAMIÑANTES..............................................................27 DE CONMEMORACIÓN............................................................................30 PARA TODOS OS PÚBLICOS..................................................................32 CURSO ESCOLAR EN IMAXES...............................................................38 PUBLICACIÓN DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA IES VAL DO ASMA (CHANTADA) CURSO 2017-2018 Dirección: Ana Jorge Edición e maquetación: Pili García Revisión: Susana Guerra Redacción: Alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos Deseño de portada: Cartel institucional Consellería Igualdade Día da Muller 2018 realizado por Cristian Fernández, Victoria Regueira, Lara Suárez, Jorge Vázquez, Carlos Vázquez e Jiaqu Xu. Deseño de contraportada: Lola López Agradecementos a: Cristina Rodríguez, Natalia Novóa, Maribel Moure e Ramón Aldegunde © IES Val do Asma 2018

2


CAMIÑANTES 2017-2018

EDITORIAL Por: Susana Guerra

É un clamor! Estamos en loita. Mulleres e homes de calquera idade e condición, unidos polo noxo que nos produce o fedor a machismo, dicidimos que xa non máis. O fallo xudicial do caso A Manda e o voto particular, onde non só non se considerou violación senón que mesmo se afirmou que a vítima disfrutou mentres cinco homes a agredían sexualmente, superou con moito os límites da comprensión, da aceptación, da submisión da muller. A metade da poboación vive con medo, é xulgada, é maltratada, é escravizada, é vendida, é ignorada. Que sociedade tan putrefacta! Imos falar de feminismo e machismo, só por aclarar conceptos. O feminismo asenta na idea de igualdade e equidade entre home e muller, asenta na xustiza, no equilibrio e nos dereitos reais e efectivos, iguais para todos e todas. O machismo nace do desequilibrio, sendo o home considerado superior á muller a nivel físico, intelectual, moral… De aí que os seus privilexios estean ben merecidos (teñamos en conta que Deus creou ao Home, é un ser case divino). Non caiamos no erro de entender feminismo como o oposto ou o contrario ao machismo. Esa incomprensión do termo pode levar a quen descoñece o seu significado real a presentar actitudes de rexeitamento cara ás persoas que loitan pola xustiza social. Ser feminista é un eloxio por todo o que en si comporta: capacidade de empatía, respecto aos demais, solidariedade cos desfavorecidos, busca da equidade entre xéneros, loita pola igualdade de dereitos e o equilibrio entre roles, rexeitamento a calquera tipo de violencia exercida sobre a muller, valoración da igualdade como base en que asentar unha sociedade xusta, avanzada e moderna. Historicamente a muller foi maltratada, coa connivencia das figuras que representaron o poder ou poderes: gobernos, institucións, representantes da cultura, das relixións, etc. Fixémonos: “A femia é femia en virtude a certa falta de cualidades” (Aristóteles), “Por moitas razóns non é bo que a muller estude e saiba tanto” (Molière), “O secreto da alma das mulleres consiste en carecer dela totalmente” (Enrique J. Poncela), “O dominio masculino é indispensable para que os homes poidan apropiarse do produto da fecundidade feminina” (Corán). Lamentablemente, o noso presente está á altura das humillacións máis desprezables da historia. Diñeiros e poder foron, son logros e obxectivos que non pasan de moda. Dá igual como acadalos ou a costa de quen. A muller convértese en obxecto, é un produto máis para o consumo: obxecto sexual (prostitución, pornografía, trata de brancas, escravitude, acoso laboral, violacións…), man de obra barata (coidado da casa, coidado das persoas dependentes…; traballo fóra, o peor retribuído para elas), imaxe da beleza prefabricada dende o hedonismo masculino (corpos estilizados, peitos exuberantes, pernas longas e esveltas…); perfectas nais e fillas, esposas e empregadas. Que loucura! Non o esquezamos, unha sociedade onde se impón o dominio do home sobre a muller é unha sociedade enferma, é unha sociedade deshumanizada. E hai que posicionarse. De que lado queremos estar? Do lado dos opresores ou do lado das oprimidas? Do lado dos violadores ou das vítimas? Do lado dos acosadores ou das acosadas? Do lado dos maltratadores ou das maltratadas? Do lado da inxustiza ou do lado da xustiza?

EDITORIAL

3


CAMIÑANTES 2017-2018

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018 María Victoria Moreno Por: Ana Jorge, responsable do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG)

Este curso a celebración da Semana das Letras Galegas foi intensa no I.E.S. Val do Asma. En primeiro lugar traballamos desde o EDLG e o Departamento de Lingua Galega sobre a figura de María Victoria Moreno cos diferentes grupos da ESO e de Bacharelato. Seleccionamos uns fragmentos da súa obra (O amor e as palabras, Anagnórise, Elexías de luz e Onde o aire é brisa foron os textos nos que decidimos afondar) e propuxémoslles participar no festival de corais do sábado 12 de maio colaborando así tamén coa asociación Chantada contra o cancro.

Arriba un alumno lee o seu texto entre actuación e actuación das corais e abaixo catro alumnas recitan poemas de María Victoria Moreno.

Arriba o grupo, no auditorio de Chantada, esperando para o ensaio e abaixo unha alumna le o fragmento correspondente.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

4


CAMIÑANTES 2017-2018 Por outra banda, o luns 14 de maio os rapaces sacaron de novo a obra de María Victoria Moreno a rúa organizando coa Escola de música de Chantada un concerto ao aire libre no que o son do piano acompañou as lecturas.

Arriba , imaxes de tres momentos do concerto.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Unha infancia estremeña. María Victoria Moreno Márquez naceu en Estremadura, na localidade de Valencia de Alcántara, en 1939. Seu pai, o militar Vicente Moreno, fora mobilizado en 1937 na Facultade de Dereito para ir á fronte. Nesa altura, aproveitou un permiso e casou coa mestra Sara Márquez. Ela quedou na casa dun irmán seu que estaba destinado como policía na vila onde nacería de forma circunstancial a pequena Victoria. Ao rematar a Guerra Civil, trasladáronse a Badajoz e logo a Segovia e tiveron tres fillos máis: Sara, Antonio e Rafael. En 1949, por causa da tubercolose, morreulles o pai e a nai comezou a traballar como mestra en Sepúlveda. Neste concello non había instituto e a situación económica da familia era difícil; por iso, María Victoria só puido empezar o bacharelato aos doce anos, en 1951, cando conseguiu unha bolsa de estudos para estudar interna nun colexio da Sección Feminina da Falanxe, en Barcelona. Malia que estremeña de orixe, María Victoria sentíase galega, e con razón: Estremadura foi a terra dos seus primeiros anos, mais logo residiu en moi diversos lugares ata que chegou a Galicia onde botaría raíces e pasaría a maior parte da súa vida. Estudando linguas. As linguas marcaron a vida de María Victoria Moreno xa desde moi nova. Pasou a súa infancia, entre dúas linguas o castelán e o portugués. Con 12 anos marchou a Barcelona para cursar Bacharelato. Nesa cidade aprendeu o catalán e o francés e comezou a interesarse polo latín. Tamén descubriu o pracer da lectura lendo El Quijote e O principiño. Despois estudou en Madrid, na Universidade Complutense, para ser filóloga. Este termo significa “ quen ama a palabra” e defínea moi ben. María Victoria sentía paixón polas linguas. Dominaba o galego, o español, o catalán, o francés, o 5


CAMIÑANTES 2017-2018 italiano e o portugués e coñecía o latín, o árabe, un pouco de ruso e de romanés, e mesmo o sistema Braille. Porén, elixiu aprender, falar, escribir e vivir en galego. María Victoria Moreno non só escribía as súas propias obras, senón que tamén era tradutora, un xeito de conectar mundos ca palabra. A súa prezada ferramenta. Entre outras obras, traduciu ao galego a novela de ficción científica Mecanoscrito da segunda orixe, de Manuel de Pedrolo, que acadaría un enorme éxito, e ao castelán O can Rin e o lobo Crispín, de Carlos Casares.

“anagnórise”, xa que María Victoria logo se decataría de que a súa identidade estaba vinculada á nosa terra e á nosa cultura. Ela mesma afirmaba cara ao final da súa vida: “a miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor”. Vocación docente. En 1963 comezou o seu labor de profesora no Instituto Feminino de Pontevedra. Logo de aprobar as oposicións de lingua e literatura española, exercería a docencia no Instituto Masculino de Lugo e, dous anos despois, regresaría ao seu primeiro centro. De 1986 a 1990 deu clase en Vilalonga e, finalmente, no I.E.S. Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra. Ser profesora non era para ela unha obriga (sorprendíase de cobrar un traballo que lle producía tanta ledicia). Amaba a lingua e a literatura e amaba compartila co seu alumnado e fomentar nel o pracer da lectura e da escrita. Grazas a súa empatía, moitos destes alumnos sentíronse recoñecidos e renacidos nas súas clases. Ningún quedou indiferente a esta especial relación que tiña María Victoria coas persoas e cas letras. A súa paixón pola docencia reflíctese nas súas obras, nas que defende un ensino libre, sen autoritarismo baseada no xogo e no afecto.

1963 – Galicia. Tras rematar a carreira de Filoloxía Románica en 1963, María Victoria Moreno casa con José Luis Llácer e trasládase con el a Galicia. Logo de dous anos como profesora interina en Pontevedra, aproba as oposicións e vai vivir a Lugo, onde da clase no Instituto Masculino. Alí coñece a Xesús Alonso Montero, que influirá de forma decisiva na súa decisión de adoptar o galego. En 1967, regresa á Vila do Lérez, da que quedara namorada pola suavidade do clima e a súa beleza. Este será o seu destino definitivo, pois nela desempeñará a maior parte da súa carreira como docente e o seu labor de novelista, poeta, ensaísta, tradutora, Sombra e luz. editora,… O seu encontro con Galicia María Victoria Moreno naceu nunha época podería cualificarse como unha auténtica convulsa: os primeiros anos da posguerra DÍA DAS LETRAS GALEGAS

6


CAMIÑANTES 2017-2018 e do que había ser unha longusima ditadura. Esta circunstancia íaa marcar e, xa dende a súa etapa de estudante en Barcelona e Madrid, sitúase dentro do que poderiamos chamar resistencia interior. Unha vez en Galicia a partir dos anos 60, a súa actividade céntrase no activismo cultural e, especialmente, na defensa e difusión da lingua galega. En 1973 creou, cun grupo de amigos, a libraría Xuntanza, auténtica trincheira na loita pola liberdade e a divulgación dos libros e a cultura; nela podíanse mercar libros prohibidos pola censura. De forma paralela ao seu traballo como profesora de 1972 a 1974 impartiu de maneira semiclandestina, cursos de galego en Pontevedra, Vilagarcía e Ourense. Por causa destes últimos, as forzas represivas do réxime chegaron a abrirlle un expediente policial e retirarlle o pasaporte. Ata o último momento, a ditadura amosaba as súas gadoupas. Coa chegada da democracia, continuou co seu labor a prol da cultura e da lingua galega. Impartiu cursos de galego para docentes e codirixiu a Colección Árbore da Editorial Galaxia. Tamén foi unha das fundadoras

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

de GALIX a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil. Poeta e narradora. María Victoria Moreno mantivo unha fonda relación coa poesía. De feito, Rosalía de Castro, Antonio Machado, Miguel Hernández e Federico García Lorca foron os seus grandes referentes literarios. Publicou en galego contos en verso para o público infantil, como Un cachiño de bica? (1994) e E haberá tirón de orellas? (1997), Xa non teño medo! (1998) e, uns anos despois, Eu conto, ti cantas… (2005); e, para o público adulto, a obra Elexías de luz (2006), aparecida xa de forma póstuma.

7


CAMIÑANTES 2017-2018

DE ANIVERSARIO 70 anos da Declaración Universal de Dereitos Humanos Por: Cristian Fernández, Victoria Regueira, Lara Suárez, Carlos Vázquez Jorge Vázquez, e JiaQi Xu.

Este ano traballamos sobre os Dereitos humanos na clase de Plástica aproveitando o concurso que convoca anualmente “El Defensor del Pueblo”. Aprendemos que existía unha carta dos dereitos humanos onde se recollen todos aqueles dereitos e liberdades que todos os cidadáns temos. Despois de ler a Carta observamos que na realidade moitos deses dereitos se ven vulnerados.

premios na modalidade de Secundaria. Sendo este un concurso de nivel nacional, o asombro foi maior aínda.

Entrevista ao gañador Como foi o proceso creativo? Pois comecei lendo cada un dos artigos da Carta dos Dereitos Humanos para intentar recollelos todos nun só debuxo. Despois, busquei ideas e debuxos en Internet para inspirarme e decidín realizar un debuxo no que se transmitira a esperanza dentro de todo o malo que poida haber. Para isto, empreguei a técnica de punta seca do gravado e a acuarela. Que sentiches cando soubeches que gañaras? A verdade é que ao principio non o cría. Logo, comecei a dixerir a noticia e sentinme moi contento, emocionada e ilusionado.

Debuxo gañador do certame, realizado por Carlos Vázquez

Como foi a entrega de premios? Paseino moi ben! Aínda que ser protagonista no Congreso dos Deputados e rodeado de xente tan importante me fixese sentir moi nervioso. Por iso quero agradecerlle tanto a Lola, profe de plástica; como a Xosé Antón, o vice; como aos meus compañeiros de clase que me acompañaran e me arrouparan nesta inesquecible experiencia.

Ao presentarnos a este concurso, Na páxina seguinte podedes ver o non contabamos para nada que un de nós resto dos debuxos que presentamos ao resultara premiado polo que a sorpresa foi concurso. grande cando nos comunicaron que Carlos Vázquez gañara un dos tres

DE ANIVERSARIO

8


CAMIÑANTES 2017-2018

Recollida do premio no Congreso dos Deputados

Na imaxe da esquerda, Carlos Vázquez coa súa profesora de Plástica, Lola López e o Vicedirector do IES Val do Asma, Xosé Antón Domínguez. Na da dereita, xunto co “Defensor de Pueblo de España” (segundo pola dereita), Francisco Fernández Marugán.

Se queres consultar a Declaración Universal dos Dereitos Humanos podes facelo no seguinte enlace: http://www.un.org/es/universal-declaration-human-rights/

DE ANIVERSARIO

9


CAMIÑANTES 2017-2018

PROTAGONISTAS: 21 PREGUNTAS Mercedes Sánchez

Juan Ureña

{PROFESORA DE INGLÉS}

{PROFESOR DE EDUCACIÓN FÍSICA}

DOUS PROFESORES RESPONDEN AO CUESTIONARIO PERSOAL “21 PREGUNTAS”, REALIZADO POR UNHA DAS SÚAS COMPAÑEIRAS. Por: Ana Jorge.

Por que profesor/a de secundaria? Mercedes (M.): Dende nena xa tiña claro que me gustaba a docencia. Juan (J.): Os estudos do INEF naquela época estaban orientados principalmente cara a esta saída profesional. A elo hai que engadir que apenas había uns poucos profesores de E.F. no ensino con titulacións. Por que esta materia e non outra? M.: Esta materia é a que mais me gusta. J.:Casualidade. Practicaba moito deporte de adolescente. No momento en que remataba estudos de COU, iniciábanse na Coruña os do I.N.E.F. (1ª promoción). Presenteime ás probas e fun PROTAGONISTAS: 21 PREGUNTAS

seleccionado. Estaba matriculado noutras facultades pero aproveitei a oportunidade. Cantos anos levas no ensino? M.: Se sumamos os anos como alumna e como profesora , case toda a miña vida. J.: 26. Por cantos institutos pasaches? M.: Xa perdín a conta. Suficientes para saber que Galicia é máis grande do que parece. J.: 13. Que sentiches o primeiro día que entraches nunha aula a dar clase? M.: Que non había tanto que estaba sentada nunha deses mesmas cadeiras. J.: Moito respecto. Hai que ter en conta 10


CAMIÑANTES 2017-2018 que era moi novo e tiña alumnos maiores ca min. Unha anécdota graciosa en clase? M.: Nas clases hai moitas anécdotas. Cando empecei a traballar, algunha vez mandáronme para a clase pensando que era unha alumna. Agora xa non me pasa iso. J.: Un día apareceu un alumno en clases, que non coñecía de nada, dicindo que se quería examinar- viña vestido con roupa de rúa. Díxenlle que con esa vestimenta non podía realizar a proba. Apareceu ó cabo dun tempo. Fora comprar a roupa de deporte e examineino. Non o fixo mal. Un bo compañeiro de traballo. M.: Sempre atopei bos compañeiros de traballo nos centros onde estiven. J.: Un/ha alumno/a receptivo/a e participativo/a. Valora o funcionamento do noso instituto. M.: Cheguei este ano e estoume adaptando. J.: Levo pouco tempo no centro para facer unha valoración en profundidade. A primeira impresión é boa. Quizais chama a atención a cantidade de actividades extraescolares que se ofertan. Iso gústame. Montaña ou praia? M.: Ambas, pero sen moita xente. J.: As dúas. Cidade ou aldea? M.: As dúas son importantes. J.: Igualmente. Revista ou xornal? M.: Xornal, pero dixital. J.: Ultimamente, máis de xornal. Un libro. M.: Jane Eyre, de Charlotte Brontë. J.: El nombre del viento ou El temor de un hombre sabio forman parte dunha triloxía que me enganchou totalmente.

PROTAGONISTAS: 21 PREGUNTAS

Unha película. M.: The many adventures of Winnie the Pooh. J.: El golpe, de George Roy Hill, podería ser unha delas. Unha canción. M.: Bird on the wire. J.: Radio 3. Prefiro esta emisora. Cancións hai unha para cada momento. Unha mascota. M.: Encántanme os animais, pero non tería mascota. J.: Can ou cadela. Tes algunha manía? M.: Querer ter baixo control os imprevistos. J.: Penso que non. Un lugar que mereza a pena visitar. M.: Estaca de Bares, por elixir un. J.: A Ribeira Sacra, por suposto! O gran problema social deste século? M.: A desigualdade, a perda de valores... J.: A nivel mundial, para min, a desigualdade entre os países desenvolvidos e o terceiro mundo, así coma as súas consecuencias: éxodos, inmigracións, guerras, fame negra e continuas violacións dos dereitos humanos. Algún obxectivo por cumprir? M.: Aprender outros idiomas (francés, italiano... ) e que o meu alumnado aprenda a falar en inglés. J.: Dominar o inglés con soltura e viaxar… Moitas viaxes por facer! Galego ou castelán? M.: ...ou inglés, depende de con quen fale. J.: Crieime en Asturias ata os 13 anos...penso que bilingüe. Que é Galicia para ti? M.: O meu lar. J.: Como di a canción "miña terra nai", aínda que prefiro escoitar Miña terra galega, de Siniestro total.

11


CAMIÑANTES 2017-2018

PROTAGONISTAS: ENTREVISTAS Lucía Mazaira {Profesora de Matemáticas e ex alumna do I.E.S. Val do Asma}

«Sempre estiven moi orgullosa de ser do IES Val do Asma e nunca me sentín inferior a xente doutros institutos » LUCÍA MAZAIRA RESPONDE ÁS PREGUNTAS ELABORADAS POLO ALUMNADO DO MÓDULO DE COMUNICACIÓN. Por: Gabriel Carballo, Alexis Fidalgo, Eva Montes e Martín Portomeñe - 1º curso do CS Administración e finanzas.

INSTITUTO Como foi a túa experiencia no IES Val do Asma? Cóntanos o teu mellor e peor recordo. Bos houbo moitos, a gran maioría! Agora mesmo non sabería destacar ningún en concreto. O peor foi 2º de Bacharelato en si mesmo, agobieime moito. Que tres palabras se che veñen á cabeza ao pensar no IES? Digo dúas positivas, confianza e amigos; e outra menos positiva, madrugar (o bus pasábame ás 7.30). Cal foi o/a profesor/a que máis che influíu no teu paso polo centro? É difícil responder a isto. Gardo un bo recordo de moitos deles, pero Lola López é para min un referente na súa forma de traballar. Sempre me fascinou a capacidade que ten de equilibrar a formación académica co trato persoal. Ademais, estiven soa con ela en Debuxo Técnico de 2º de Bacharelato e iso fíxome ter unha unión especial. O IES Val do Asma foi valorado recentemente como un dos peores centros da comunidade en canto a resultados académicos, que opinas respecto diso? Non sei con que criterio se obtiveron estes resultados, pero para facer estatísticas PROTAGONISTAS: ENTREVISTAS

deste tipo hai que ter en conta diversos factores, non se poden sacar porcentaxes sen máis. Por poñer un exemplo: cando fun ás PAAU, iamos 4, unha persoa non as superou e saíu na prensa que aprobara o 75%. Si, é certo, pero ese dato sen ter en conta que eramos 4, non representa a realidade. Por iso penso que nese sentido hai que facer as valoracións desde dentro. Sempre estiven moi orgullosa de ser do IES Val do Asma e nunca me sentín inferior a xente doutros institutos que figurarán na lista de mellores resultados académicos. E coma min, compañeiros meus que tamén acadaron as súas metas. “Algo que me gustou do persoal do IES Val do Asma foi a familiaridade.” Cales cres que foron os valores persoais que che inculcaron no centro? Non sabería dicir valores concretos, supoño que o conxunto de todas as vivencias é o que vai forxando o teu carácter e te vai facendo dunha maneira ou outra. Algo que me gustou do persoal do IES foi a familiaridade e si que intento poñer da miña parte para crear un ambiente familiar sempre que podo.

12


CAMIÑANTES 2017-2018 Segues mantendo contacto cos teus antigos compañeiros e profesores? Si, con practicamente todos os compañeiros e cos profesores tamén, sobre todo cos que compartín as prácticas do Mestrado de profesorado. Segundo a túa experiencia, cres que aquí se realizan suficientes actividades extraescolares? Das que ti viviches, cal ou cales destacarías? Si, nunca botei en falta nada nese aspecto. Destacaría as que faciamos con Educación Física. Propoñíanse actividades como rafting, barranquismo, esquí... que ao mellor doutro xeito moitos non probariamos. Que consellos lles darías aos actuais estudantes do centro? No académico, que se esforcen porque o agradecerán no futuro. E no persoal, que valoren a familiaridade que se vive, porque é algo que noutros niveis superiores se bota de menos. UNIVERSIDADE Fálanos un pouco da túa elección de cursar a carreira de matemáticas, vícheste influenciada pola túa formación no centro? Tíñalo claro ou fixéchelo en función dalgún outro aspecto? Desde pequeniña sempre me convencera a idea de ser profesora, pero á hora de elixir quería optar por unha vía que me permitise ter máis saídas que só a docencia. Como me gustaban as mates, Cecilia Alvarellos (a miña profesora naquel momento) propúxome facer un campamento de matemáticas no verán de 1º a 2º de Bacharelato. Alí entroume máis a curiosidade polas matemáticas, coñecín a xente que tamén quería facer a carreira e todo iso levoume a tomar esa decisión, sempre tendo como meta máis probable dedicarme á docencia da materia. Que supuxo para ti o cambio de pasar dun instituto dunha pequena localidade a unha universidade nunha cidade? PROTAGONISTAS: ENTREVISTAS

Botei de menos o familiar que era todo no instituto, pero non me resultou difícil adaptarme ao cambio da aldea á cidade. E si, tiven momentos de baixón pero non polo cambio de ambiente (que en Santiago estase moi ben) senón porque en certos momentos a dificultade da carreira facíame dubidar se eu serviría para aquilo. Tiveches algún momento de fraqueza que che levase a pensar en abandonar? Si, así o penso. Xa digo, o problema non foi o cambio en si, nin dificultade para desenvolverme ou saber como afrontar a nova etapa. Foron as esixencias académicas, que me superaban ás veces. “En certos momentos a dificultade da carreira de Matemáticas facíame dubidar se eu serviría para aquilo”. Cres que as competencias tanto a nivel persoal como formativo, adquiridas no centro, foron as idóneas ou suficientes para afrontar ese cambio? Diría que si cumpriu as expectativas a pesar de ser moi diferente ao que esperaba. As matemáticas que se ven na carreira son moi distintas ás do instituto. Pouca xente entende que hai que estudar moita teoría. A formación universitaria cumpriu as túas expectativas previas? Como resumirías o teu paso pola universidade? Pois diría que curto pero intenso. Se me poño a recordar, dáme a sensación de que pasou todo moi rápido pero, á vez, pasaron moitas cousas neses anos! Unha vez finalizada a carreira, como afrontaches a pregunta que moitos recén graduados se fan: “E agora que?”.Tiñas claro que o teu futuro profesional estaría na docencia? Non dubidei nada, seguíao tendo igual de claro que ao principio. Que pasos seguiches para chegar a ser profesora? Ao curso seguinte de rematar, fixen o 13


CAMIÑANTES 2017-2018 Mestrado de profesorado coas prácticas no IES Val do Asma. Definitivamente crin que isto era o meu e o curso pasado dediqueime a preparar a oposición. DOCENCIA No momento en que obtiveches a praza e o teu primeiro destino, cales foron as túas sensacións ao enfrontarte a este cambio? Como sentiches o paso de alumna a profesora?Fálanos dos teus primeiros días. Pois estaba moi feliz de ter obtido a praza e tamén contenta co destino que me tocara, así que comecei con moitísima ilusión. Dos meus primeiros días...que a miña cabeza xa non tiña onde meter máis información: aprender os nomes, mirar os temarios por primeira vez, a programación, preparar clases, as gardas, os horarios do timbre, meter as faltas no XADE e un longo etcétera de detalles que vistos por primeira vez parecen un mundo.

Como ves desde dentro o sistema educativo? É flexible en canto á introdución de cambios ou velo demasiado ríxido? Paréceme bastante ríxido. Os temarios son tan extensos que no momento que intentas facer algo diferente, tes que

PROTAGONISTAS: ENTREVISTAS

renunciar a cumprilo na súa totalidade. Considéraste unha docente innovadora? É dicir, introduces as novas tecnoloxías nas túas clases ou segues algún método novo? Non me considero demasiado innovadora, a verdade. Intento buscar diferentes alternativas, pero sempre tendo como base a resolución de exercicios do libro de texto. Utilizo as tecnoloxías, pero máis como apoio que como método de traballo. “O sistema educativo paréceme demasiado ríxido. No momento que intentas facer algo diferente, tes que renunciar a cumprir os temarios na súa totalidade.”. Cal é a túa percepción de como é a evolución do sistema educativo? Ou cara a onde cres que debería ir? Penso que o sistema educativo non levará un bo rumbo ata que non se estableza un pacto educativo. Por exemplo, a LOMCE ten aspectos que me parecen interesantes, como o traballo por competencias. Pero para que iso sexa efectivo, hai que deixar ao profesorado asentar unhas directrices, dar unha marxe para cambiar o modo de traballar e ver os resultados dese traballo nun tempo prudente. Seguindo a idea das tres palabras coas que te referiches ao IES Val do Asma, con que palabra ou palabras identificarías as túas sensacións actuais como docente? Vou dicir dúas bastante contrapostas, pero á vez penso que describen o meu día a día: satisfacción e esgotamento. Esgotamento porque moitos días acabo sen forzas e sen paciencia, pero que se compensa coa satisfacción de conseguir a miña meta e ver que hai momentos nos que este traballo merece moito a pena.

14


CAMIÑANTES 2017-2018

Adrián Varela {ALUMNO DE AUTOMOCIÓN EN PRÁCTICAS EN ITALIA}

«Recomendaríalle a todo o alumnado que fixera prácticas no estranxeiro» UN DOS ALUMNOS DO C. M. DE ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS AUTOMÓBILES, RESPONDE AS PREGUNTAS REALIZADAS POR UN DOS SEUS PROFESORES SOBRE A EXPERIENCIA DE REALIZAR A FORMACIÓN EN CENTROS DE TRABALLO EN ITALIA. Por: Fernando Pernas, profesor de Automoción.

En que empresa fixeches as prácticas (FCT)? Onde está situada a mesma? Realicei as prácticas en Genari Motor de Coches e Motos. Está situada na localidade de Verolanuova, provincia de Brescia.

Que podes dicir da túa experiencia? Resultouche proveitosa como formación? Podo dicir que é unha experiencia única , sempre aprendes cousas novas e estilos diferentes de facelas. Sempre resulta proveitoso aprender. E a nivel persoal, que sacas en positivo do feito de facelas no estranxeiro e en Italia, en particular? Pois que vin moitas cousas novas, que te dás conta de que en calquera parte do mundo podes traballar e ser unha persoa de proveito. A parte de visitar Florencia, Venecia, Milán... Supúxoche un impedimento o idioma á hora de desenvolverte no traballo?

PROTAGONISTAS: ENTREVISTAS

Para nada. Os primeiros días, mentres non coñeces de todo o vocabulario, tes que dar algún paseo de máis (risas), pero en pouco tempo acabas collendo o ritmo de traballo e entendemento. Adecuouse a formación que levabas no noso instituto á labor que desenvolviches na empresa? Si, por suposto. Así e todo, en todo momento preguntaba para asegurarme se o método de facer as cousas podía ser diferente. Pero moi ben a verdade, moi orgulloso de facer o ciclo no Val do Asma.

Os catro alumnos que fixeron a FCT en Italia de visita en Venecia

A partir da túa experiencia, recomendarías a outros alumnos/as facer as prácticas no estranxeiro e en Italia en particular? Sen dubidalo, cos ollos pechados. Recomendaríalles a todos que o fixeran. Eu repetiría sen pensalo, iría a calquera país, pero este en especial encantoume desde pequeno e o descubrilo aínda é mellor do que imaxinaba. 15


CAMIÑANTES 2017-2018

ANÁLISE «Latín vivo» ALUMNADO DE LATÍN, MOTIVADOS POLA SÚA PROFESORA, Mª JOSÉ AGRA, MOSTRA CO SEU TRABALLO QUE O LATÍN SEGUE VIVO. Por: Antonio Blanco, Daniel Cervelo, Cristian Fernández, Javier García, Andrea Mariño, Iosif Petru, Victoria Regueira, Lara Suárez, Jorge Vázquez, Noé Vázquez e JiaQi Xu de 4º ESO.

Os rapaces e rapazas de latín de 4º ESO, con motivo da Semana da Prensa, realizamos un traballo que consistiu en buscar expresións latinas en diversos xornais dos que dispoñemos no centro, para demostrar que o Latín non é unha lingua morta.

Este traballo serviunos para O proceso consistiu en buscar ditas dármonos conta de que hoxe en día aínda expresións nas diferentes noticias, a empregamos palabras en latín. continuación recortámolas e pegámolas en cartolinas de cores, como podedes ver nas imaxes.

ANÁLISE

16


CAMIÑANTES 2017-2018

CÓNTANOS O TEU PAÍS... Venezuela DOUS DOS NOSOS ALUMNOS MÁIS INTERNACIONAIS, LEONARD ESPINOZA E SAMUEL CASTILLO RESPONDEN A UN CUESTIONARIO ONDE NOS CONTAN DO SEU PAÍS DE ORIXE. Por: María Saco e Sofía Zelarayán de 3º ESO.

S: Si, os meus avós e tíos maternos. L: Non. Volverías para a túa cidade? S: Si, xa que boto de menos as miñas costumes. L: Nunca. Considero que España é un país mellor. Botas de menos a familia e amigos? S: Si, claro. Moito. L: Non. Como che resultou cambiar de país, de amigos, de costumes…? S: Non me agradou moito. Foi difícil adaptarse. L: Gustoume moito o cambio.

Vés dunha cidade ou dunha vila? Samuel: Veño dunha cidade. Leonard: Dunha cidade.

Sénteste cómodo en Galicia? S: Si, porque me gusta. L: Si, moi cómodo.

Como é a paisaxe na túa vila? S: Hai partes onde atopamos moitas Que idioma se fala no teu país? Dinos árbores, moitas praias e moitas algo nel. urbanizacións. S: Fálase castelán maioritariamente aínda L: Víanse edificios, rúas, poucas zonas que tamén se fala inglés e francés. Unha verdes, manifestacións, delincuentes con palabra que se emprega moito é “Carajito” motos e secuestradores en camionetas L: Castelán. Din moito “Chamo” para negras. referirse a un rapaz. Por que viñeches para España? S: Buscando un futuro mellor. L: Pola inseguridade que había alí. Tes algún antecedente español? CÓNTANOS O TEU PAÍS...

Como é o clima de alá? Cal prefires? S: O clima é cálido e prefiro o de alá. L: O clima é tropical. En algunhas partes fai moita calor (Estado de Tachina) e neva en partes altas .Prefiro o clima venezolano 17


CAMIÑANTES 2017-2018 aquí os invernos son moi fríos. Como é a comida típica do teu país? S: Comemos arepas, caraotas e hallaca por exemplo. L: O máis típico son as arepas, a hallaca, o pabellón e a cachapa entre outras cousas. Gústache a comida de aquí máis que a de alá? S: Non, gústame máis a de alá que a de aquí. L: Sí claro, moitísimo máis. Que música se escoita no teu país? S: Escoitase bachata, salsa, merengue, electrónica e claro… reggaeton. L: Reggaeton, electrónica e bachata. Unha grande festa, como é? S: Safari: moita xente xove acude a un local a bailar. As festas, en carnavais en Táchira. L: A festa dos diaños danzantes. Persoas disfrázanse de diaños e bailan. Celébrase en todas as vilas. Hai tanta gandeiria e viñas como aquí? S: Nas cidades non, pero nas vilas, bastante. L: E as viñas non as encontras en ningunha parte. Hai moita delicuencia xuvenil? S: Si, lamentablemente si. Por culpa do Presidente. L: Moitísima. Está alí mellor a economía? S: Fai uns anos si. Agora mesmo, non. L: Non. Que diferenzas atopas na educación entre os dous países? S: Os privados de alí son coma os

CÓNTANOS O TEU PAÍS...

públicos de aquí, e os públicos de alá son peores. L: Eu fun a un colexio privado, onde non atopei ningunha diferencia co público de aquí. Hai tanta tecnoloxía nas aulas como aquí? S: Nas privadas, si. Nos públicos practicamente non hai. L: No meu colexio, sendo privado, e aínda así só tiñamos ordenadores na aula de informática e eran pouco avanzados. Como está a sanidade, máis ou menos avanzada que aquí? S: Aquí a sanidade está máis avanzada ca en Venezuela. L: En Venezuela, a sanidade está moi mal, non hai suficientes medicamentos e a xente morre por iso. A que idade se saca o carné de conducir? S. e L. : Sácase aos 18 anos. Que é o que menos che gusta de Galicia? E do teu país? S: En Galicia, as praias son moi frías, a maioría da xente é moi seca e as festas non son o mesmo. O que menos me gusta de Venezuela é o Presidente. L: O que menos me gusta de Galicia son os garbanzos e do meu país o que menos me gusta son os programas de televisión, o presidente, os ladróns, a inseguridade, a xente, os policías… Que é o que máis che gusta de aquí? S: A paisaxe, a comida e as costumes. L: Gústame a xente, a lingua, as decoracións das rúas, a liberdade, a economía, a gastronomía, a televisión, os coches, a tecnoloxía, o sistema educativo… en xeral a maioría das cousas.

18


CAMIÑANTES 2017-2018

FALANDO DE... Chegada á ESO Por: Loli Chas, Orientadora

A E.S.O. é o último tramo da Ensinanza obrigatoria en España. Unha etapa estruturada en dous ciclos: 1º ciclo (1º,2º e 3º ESO) e 2º ciclo (4º ESO, de carácter preparatorio para unha Formación Profesional ou o Bacharelato). A E.S.O. desenvólvese entre os 12 e os 16 anos, polo tanto, correspóndese coa fase inicial da adolescencia: unha etapa de transición evolutiva na que as persoas nos enfrontamos a numerosos cambios biofisiolóxicos, mentais, sociais e afectivos; cos que conseguimos unha readaptación constante. Así pois, esta etapa supón unha revolución psicolóxica: ➢ No plano biolóxico: transformacións físicas e cambios hormonais. ➢ No plano emocional, cabería destacar as seguintes características: • É un período cheo de contradicións. • Con reaccións introvertidas, negativistas e de rebeldía. • Interese polo propio sexo e curiosidade cara ao sexo oposto. • Busca de novas sensacións e atracción polo risco. • Sentimentos de inseguridade. • Sentimentos de angustia: agresividade, medo ao ridículo e tristura. Os/as adolescentes deben construír a súa propia identidade e precisan da nosa axuda nesta tarefa tan complicada. Educar os/as nosos fillos/as non resulta nada sinxelo, por iso nos FALANDO DE...

permitimos o luxo de darvos algúns consellos: • Cómpre respectardes o seu período de adaptación ao novo centro: novos compañeiros e compañeiras, novos profesores/as, materias novas, creación de rutinas novas... • Falar diario cos seus fillos/as, compartir a comida ou a cea con eles/elas. Facerse unha experta/o na arte da comunicación: saber escoitar, comprender, expoñer os motivos, facer suxestións ou pedir… • É importante tamén asegurarse de que sabe organizar o seu tempo de estudo e o tempo de ocio. Un instrumento moi útil para elo será a Axenda Escolar que, desde o próximo curso, o instituto lle proporcionará ao alumnado para axudarlle a organizarse mellor e para facilitar a comunicación familia-escola. • Amosar unha actitude positiva con respecto á educación. O que dicimos e facemos nas nosas vidas diarias pódelles axudar a desenvolver actitudes positivas cara á escola e a aprendizaxe e a desenvolver a confianza en si mesmos como estudantes. Ao demostrarlles que valoramos a educación e utilizamos o noso coñecemento na vida cotiá, dámoslles un exemplo moi poderoso a seguir, o cal contribúe moito ao seu éxito na escola. ➔ Supervisa o uso da televisión, os xogos electrónicos e Internet. Os nenos norteamericanos invisten unha maior proporción do seu tempo mirando a televisión ou xogando xogos electrónicos (como Nintendo) que facendo tarefas ou participando noutras actividades 19


CAMIÑANTES 2017-2018 escolares. Supervisa o uso da • Dan consellos, pero non impoñen o televisión e os xogos electrónicos e seu criterio. axuda a que o teu fillo/a aprenda a • Son tolerantes coas pequenas usar a Internet adecuada e cousas (roupa, pendentes, color e efectivamente, xa que así ofréceslle forma do pelo…), pero esixen nas algunhas suxestións para que fundamentais. utilice os medios con sensatez. • Valoran positivamente os esforzos, ➔ Alenta o teu fillo/a a ler. O máis non só os resultados. importante que podes facer para • Teñen moitísima paciencia, son axudarlle ao teu fillo/a para ter éxito perseverantes. na escola e na vida é axudarlle a • Promoven a autonomía persoal. ler. Debemos salientar a • Non xulgan os seus fillos/as, aínda importancia da lectura, pois é a que non entendan que se convertan clave para a aprendizaxe de toda a en youtubers: Ti es ti e eles son vida. eles. ➔ Axuda ao teu fillo/a a ser responsable e a traballar Recomendacións con sentido independentemente. Tomar maior común para axudar aos teus fillos a responsabilidade e traballar estudar: independentemente son calidades ➔ O pai/nai non debe sentar nunha importantes para o éxito escolar. cadeira á beira do estudante Ten en conta que, se quere porque transmite mensaxes liberdade, debe ser responsable. negativas: “Non sabes facelo só”, Lémbrao e cóntallo. “descoida, que eu me ocupo”. ➔ Mantente informado/a: acode ás ➔ Non hai que corrixir os exercicios reunións, solicita titorías, participa na casa. O obxectivo non é levalos nas actividades que organice o perfectos, senón probar a facelos centro; será máis fácil se compartes para ser conscientes da dificultade. as túas preocupacións e entendes O profesor corrixe mellor; hai que o porqué das cousas. oílo. O estudante ten que anotar nunha axenda os deberes, leccións Existen diversos estilos educativos, a estudar, traballos a entregar e pero o que recomendan todos os expertos datas de exame. é o das Familias moderadamente ➔ Non hai que dedicar toda a tarde a autoritarias, xa que estas logran: estudar, xa que resulta imposible ✔ Fillos/as con confianza en si manter a concentración tanto mesmos. tempo. Mellor se descansa un ✔ Niveis altos de autoestima. pouquiño do seu estudo e ten ✔ Manifestan unha independencia tempo de xogar cos amigos/as responsable e unha conduta nalgún parque. Iso mellorará a súa disciplinada e ordenada. concentración ao chegar á casa. ✔ Son rapaces e rapazas que saben ➔ Lémbrese que non é posible manter dicir non, polo tanto, saben tamén a atención ininterrompidamente resistirse á presión social. máis de 45 minutos, así o sinalan todos/as os expertos. Pero ser moderadamente autoritario ➔ Hai que comezar por unha tarefa non é nada sinxelo, así que aquí tes breve e sinxela para quentar algunhas pistas do que fan estas familias: motores e logo facer a menos FALANDO DE...

20


CAMIÑANTES 2017-2018 agradable. Reservar para o final algo livián e entretido. ➔ Un reloxo na mesa axuda a controlar o tempo. ➔ É recomendable estudar nun lugar da casa que non sexa de uso común e ter o móbil apagado. ➔ Hai que comprobar que o rapaz ou rapaza corrixiu en clase os deberes e en que fallou. E é que se aprende máis dos erros que dos acertos.

Sistema solar Por: María Padrón, profesora de Ciencias Naturais

No primeiro trimestre do curso, o alumnado de 1ºESO elaborou unas reproducións do Sistema Solar coa súa profesora de Bioloxía e Xeoloxía, María Padrón. Este traballo serviu para materializar, dunha maneira divertida e práctica, o visto nos temas do Universo e do Sistema Solar. Os nenos e nenas prepararon durante semanas as súas maquetas, pintándoas e buscando información sobre: • Os compoñentes do Sistema Solar • As distancias no Universo • As ideas actuais sobre a posición da Terra. Para iso, contaron coa axuda da súa profesora de Plástica, Lola López e coa do seu profesor de Tecnoloxía Roberto Campo. O resultado foi marabilloso. A imaxinación estivo presente na elaboración dos traballos e a implicación de todos os alumnos e alumnas viuse reflectida nas súas presentacións. Deixamos aquí unha mostra do resultado.

FALANDO DE...

21


CAMIÑANTES 2017-2018

Madrid Por: Xavier Fernández, Cristian Gabriel, Laura Ledo, Hugo Listón, Jorge Sánchez e Monstserrat Xu - 1º BAC.

Este ano as vacacións do entroido foron un pouco máis curtas do habitual aínda que o motivo fixo que non nos importase: iamos aproveitar uns días das vacacións para marchar de saída de estudos… a Madrid! Comezamos a viaxe de madrugada e, cando espertamos, xa albiscamos ao lonxe a nosa primeira parada, nada máis e nada menos que o mosteiro do Escorial.

fermosos lugares deste monumento son a Sala do Sepulcro Real ou a impresionante Biblioteca, sitios que non se deben perder aínda que todo merece unha visita. Rematada a vista marchamos ás présas cara á capital, xa que pola tarde iamos ver o museo do Prado. Trátase dunha das pinacotecas máis importantes do mundo. O que máis ou o que menos estaba expectante por ver algunha das obras que sempre aparecen nos libros de texto. A todos nos chamou a atención o famoso cadro de Velázquez , As Meninas, pero o máis chamativo foi poder comprobar a grande cantidade de cadros que había: de Goya, Velázquez, Murillo, El Bosco… Era tan grande e tiña tantas salas que houbo mesmo quen se perdeu. A tarde de museos aínda non rematara e, en canto reunimos o grupo, marchamos cara ao Raíña Sofía. Neste museo puidemos ver un dos cadros máis famosos e fermosos da historia española: O Guernica, dun famoso pintor como é Picasso. Pero onde houbo que agardar o turno foi nuns grandes ascensores de cristal nos que subiamos e baixabamos coma nenos pequeniños. Pola noite xogaba o Real Madrid así que non perdemos ocasión de ir velo a un bar, aproveitar para cear e para a cama cediño que o día seguinte tamén era apurado.

Tivemos a sorte de que un guía nos agardaba para mostrarnos os segredos deste impresionante monumento, declarado Patrimonio da Humanidade. Tanto a súa arquitectura como os segredos que agocha no seu interior merecen esta denominación. A visita dos cuartos privados de Filipe II e da súa muller foi moi interesante, xa que tiñan vistas ao propio altar da Basílica. Outros FALANDO DE...

Pola mañá do xoves camiñamos e camiñamos polo Paseo da Castellana para chegar á seguinte parada: O Museo de Ciencias. A actividade que nos tiñan preparada era bastante divertida, pero cortouse todo de súpeto pois comezou a soar a alarma de incendios e tivemos que evacuar o edificio.

22


CAMIÑANTES 2017-2018 familias e xoguetes de nenos pequenos. O que máis nos impactou foi ver os pixamas e as fotos dos presos de antes e como se vían despois de entrar no campo de traballo.

Despois de agardar un tempo que se nos fixo eterno, decidimos pór rumbo cara á próxima visita: una exposición temporal sobre o campo de concentración de Auschwitz. Quizais é a exposición menos coñecida, pero en xeral estamos seguros de que foi o que máis nos gustou a todos. Trátase dunha exposición con obxectos do campo de exterminio de Auschwitz que no próximo ano percorrerá as principais capitais e, como coincidimos, non deixamos escapar a oportunidade.

A exposición chamaba a atención por poder ver elementos como roupa de presos aínda co sangue e a conxunción coas impresionantes fotografías e paneis informáticos onde se contaban historias das persoas que sobreviviron á concentración e á guerra. Puidemos ver diarios de persoas que foron exterminadas nos campos de concentración, maletas que non chegaron a recuperar, fotos de FALANDO DE...

Pola tarde corremos para chegar a tempo de facer unha visita guiada polo Senado. Ensináronnos o edificio de ampliación do senado, sendo un privilexio poder ver en directo onde se toman moitas das decisións políticas actuais, sentar no mesmo escano que o presidente do goberno, etc. Continuamos a visita polo antigo palacio do Senado. O salón de plenos impresionounos, así coma as bancadas de veludo vermello, os balcóns. Asemade contan cun importante patrimonio histórico e unha biblioteca con numerosos incunables, así como edicións orixinais de distintas constitucións coma a de 1869 ou a da segunda república española. Ou sexa, que merece a pena!!!!!!

23


CAMIÑANTES 2017-2018 Despois de tres días esgotadores, no camiño de regreso aínda nos esperaba unha impresionante sorpresa: Segovia. O acueduto que domina o centro da cidade é espectacular, aínda máis porque facía un sol espléndido. A única pena foi non poder pasar máis tempo, xa que a visita ao Alcázar fíxose moi curta e quedamos pendentes voltar para merendar tranquilamente nos seus fermosos xardíns. Noite …un pouco máis de vida cultural e marchamos ver unha obra de teatro chamada Toc-Toc, unha comedia que de 2 horas de duración, aproximadamente. Trata sobre un grupo de persoas, cada unha ten un trastorno obsesivo compulsivo que teñen que superar mediante o tratamento dun famoso doutor. Ao chegar á sala de espera déronse conta de que lle deran a todos a mesma hora para a cita. O doutor tivo un retraso no avión e non puido chegar á cita. Mentres tanto, estas persoas fóronse coñecendo e comentando os seus respectivos trastornos: un tiña un transtorno que consistía en insultar e utilizar palabras obscenas; outro estaba obsesionado por facer cálculos mentalmente; outra tiña unha obsesión por non coller ningún microbio.

IES Val do Asma Por: Ex-alumnado e familias

Laura Arias, ex-alumna Graduada en ADE e traballadora de HOTUSA.

“Val do Asma, a pequena e marabillosa familia onde xorde o xerme do noso futuro. Eu son Valdemista de pura cepa.” Sonia Fernández , nai de alumno “Neste centro ensinan coñecementos e ademais educan para a vida.” Luis Miguel Crespo, ex-alumno Doutorando en Educación Musical e Grao en Comunicación Audiovisual.

“Un camiño nun entorno de confianza e O venres pola mañá estabamos motivación que empurra a continuar esgotados, pero aínda quedaba moito por formándose.” facer. Un grupo de alumnos marcharon cara ao xeomineiro, mentres outros tíñamos curiosidade por coñecer o Museo Alex Varela, ex-alumno de Grao de Actividade Física e do Arqueolóxico Nacional. Non deixedes de Estudante Deporte. ver as damas íberas ou os artesonados mudéxares. Pero, sen ningunha dúbida, “O proceso de aprendizaxe é complexo, onde máis desfrutamos foi vendo as pero se quen che transmite os momias exipcias. Aínda que tamén coñecementos é xente tan cercana […] gostamos moito das gafas de realidade este facilítase.” virtual: parecía que estabamos no pasado de verdade!!! Está claro que se están modernizando. FALANDO DE...

24


CAMIÑANTES 2017-2018 Iago Suárez, ex-alumno Estudante de Grao de Tradución e Interpretación.

“Un dos poucos centros no que o contacto profesor-alumno segue a ser o máis importante.”

Graduación da FP dual Por: Oumayma Ettoumi e Alba Vázquez, alumnas do 2º curso e Mónica de la Torre, profesora do C.S. Axencias de viaxes e xestión de eventos

O acto de fin de curso visto dende bastidores Lucía Mazaira, ex-alumna Este ano o alumnado do CS de Profesora de Matemáticas. Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos tivo a oportunidade de levar a cabo a “No IES Val do Asma medrei academicamente e como persoa, sempre organización dun evento moi especial , a Acto de Graduación da Primeira sentindo que eramos unha gran familia.” do Promoción de FP Dual do IES Val do Asma que se celebrou no Auditorio de Matías Zelarayán, ex-alumno Estudante de Grao de Actividade Física e do Chantada. Deporte.

“Unha segunda casa cunha segunda familia para sempre.” Fe Vázquez , nai de alumnos “Profesionalidade e cercanía.” Alba Pérez , alumna de CS Axencia de Viaxes e Xestión de eventos (Dual) Empresaria, Técnico Superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas (TAFAD), exalumna de BAC.

“Si cando pensades en instituto vos sae un sorriso é porque estudastes na gran familia do Val do Asma.” Mercedes Vázquez, profesora xubilada

Esta acto permitiu ao alumnado pór en práctica moitos dos coñecementos aprendidos nos distintos módulos que estudan no curso, como Protocolo ou Xestión de Eventos. Pero ademais aportoulles outra serie de vivencias que reproducimos a continuación, tal e como nolas narraron:

Orientadora ata 2016

Oumayma: O que máis me gustou deste curso, foi sen dúbida o acto de graduación “Lugar onde se valora a diversidade e se que tiven o honor de presentar xunto co ten en conta o ritmo de desenvolvemento meu compañeiro Manuel. Encantoume! de cada alumno/a. Calma, tranquilidade Foi o broche final que me serviu para e bo facer!” cerrar etapa. Recordo o momento no que rematou o acto, escoitando os aplausos... Pili García, profesora pecho os ollos e volvo aos primeiros días Profesora no IES Val do Asma desde 1995 ata de clase. hoxe. Vaia reto! Eu que viña de Marrocos! Case non falaba castelán e menos aínda “Profesionais implicados” galego. E a profesora de Destinos FALANDO DE...

25


CAMIÑANTES 2017-2018 turísticos, Lucía, pídenos un traballo de mos pensando converteuse en algo moi power point! formal. Se viña Amancio, viña o conselleiro; se viña o conselleiro, viña o No meu país non se utilizan alcalde. Aumentaba a responsabilidade! ordenadores, todo é a man e ao profesorado non lle podes pedir axuda. Non mantés unha conversa de máis de dous minutos con eles. Os aplausos reclámanme. Eu, coa mirada, busco as miñas profesoras, María e Mónica, as que me propuxeron que presentase o acto. Quero saber que estiven á altura das circunstancias. É delas das que necesito a confirmación. Ambas sorrín. Si, parece que todo saíu ben .

Regreso de novo ao comezo de curso: Sinto a Lucía ao meu lado explicándome o formato de powerpoint, véxome tremando co primeiro traballo que presentei ante a clase, recordo a invitación para presentar o acto de graduación, eu pensando que estou tola por aceptala, Manuel que me di que todo sairá ben ...

Durante unhas semanas traballamos pensando no que suporía para nós e para o centro. Que presión! Sei que parte do traballo de organizar eventos é soportar esa presión , improvisar un discurso en dúas horas ,encontrar a alguén que o lea e que non se note. Logo, durante o acto, o tempo pasou moito máis rápido do previsto. Algún graduado arrancou antes de tempo, outros acortaron o paseo, xa que estaba previsto que foran pola rampa. Pero é que iamos en tacóns! O dos tacóns foi o que máis me gustou, vestirnos de longo. Iso encantoume e creo que ás miñas compañeiras tamén.

Son os pasos que me trouxeron ata este escenario. Alba: Fixémolo en dúas semanas, con exames finais. Foi moito choio, un estrés enorme. Ademais, ao principio ía ser un acto informal. Logo, nunha tarefa de clases xurdiu a idea de invitar a Amancio Xa sabes, son ese tipo López, presidente do grupo HOTUSA. A americanadas que nos gustan ...! idea gustou e, mentres esperabamos resposta, o acto informal no que estaba-

FALANDO DE...

de

26


CAMIÑANTES 2017-2018

ANDAINAS DOS CAMIÑANTES Berlín 2018 Por: Noelia Areán, Antonio Blanco, Sarai Civeira, Javier García, Naím García, Andrea Mariño, Mario Pérez, Lara Suárez, Jorge Vázquez, Noé Vázquez. (4ºESO), Ana Jorge e Xosé Antón Domínguez, profesores.

Tamén visitaremos o Neues Museum que está situado nun edificio espectacular da Illa dos museos de Berlín. É un dos máis importantes da cidade. A xoia do museo é o busto da raíña exipcia Nefertiti, de 3300 Os alumnos do grupo eliximos a cidade de anos. Neste museo destacan as Berlín, como excursión de fin de etapa, coleccións do Antigo Exipto e da debido a que nos parecía unha cidade moi Prehistoria e Historia. interesante, pois xa garda moita relación coa Segunda Guerra Mundial que é un tema da Historia Mundial moi importante.

Imos ver o muro de Berlín e máis concretamente a arte plasmada na zona East Side Gallery, que se considera unha galería de arte ao aire libre. O muro, construído despois da Segunda Guerra Mundial durante a Guerra Fría, dividía a zona occidental e a zona oriental (os aliados e a URSS). Moitas persoas morreron intentando pasar dun lado ao outro. O Muro de Berlín caeu en novembro de 1989.

O Museo do Pérgamo é outro museo moi famoso en Berlín. Está formado por tres museos: o Museo do Antigo Oriente Próximo, o Museo de Arte Islámica e a Colección de Antigüidades Clásicas. As principais obras son a reconstrución da Porta de Istar de Babilonia , o Altar de Zeus da cidade do Pérgamo, a porta do mercado romano de Mileto, a fachada de Mushatta e o Salón de Alepo.

Visitaremos o monumento ao Holocausto, que é un monumento en ANDAINAS DOS CAMIÑANTES

27


CAMIÑANTES 2017-2018 recordo aos xudeus asasinados polo réxime nazi e está formado por unha zona cuadriculada de corredores na que se alzan bloques de formigón de diferentes alturas. A un lado do monumento situase o centro de información, no que destaca unha sala con nomes e datas de nacemento e morte das vítimas do Holocausto.

parcialmente durante a Segunda Guerra Mundial. A Igrexa Memorial Kaiser Wilheim foi reconstruída despois da Segunda Guerra Mundial. Aínda que parcialmente destruída polos bombardeos das tropas aliadas, conservouse en ruínas para lembrar os efectos da guerra e é interesante vela por ese motivo.

Iremos ata a Alexanderplatz, que é unha praza histórica que pertencía á parte soviética e o seu edificio máis destacado é a Torre da televisión. Nesta praza tamén se pode desfrutar da Fonte da Amizade e do Reloxo das Horas do Mundo no que se pode ler a hora en diferentes cidades do mundo. Nos seus arredores encóntrase a O Checkpoint Charlie foi o paso máis Igrexa Marienkirche e a Rotes Rathaus famoso do Muro de Berlín durante a Guerra Fría. Soamente permitía o paso (Concello de Berlín). dun lado ao outro á xente autorizada: militares, persoal de embaixadas… e no caso contrario os gardas tiñan orde de disparar e matar aos que intentaran pasar sen autorización. Hoxe en día converteuse nunha atracción turística. Poderemos pasear polo Tiergaten que é o principal parque de Berlín, situado no centro da cidade. É un parque enorme que se pode percorrer en bicicleta. Neles destacan o Monumento Nacional a Bismarck ou a Columna da Victoria, ademais de encontrar nun lateral o Tamén pasaremos un día na cidade alemá Reichstag onde se encontra o Parlamento de Postdam. Sitúase nas inmediacións de Alemán desde 1999 e foi destruído Berlín e ofrece unha combinación perfecta ANDAINAS DOS CAMIÑANTES

28


CAMIÑANTES 2017-2018 entre arte e natureza. Foi o lugar de instrumentos científicos e históricos alí residencia da Familia Real Prusiana e, expostos, así como o Palacio de Dresde polo tanto, hai moitos palacios como o de que foi residencia dos Reis de Sajonia. Sanssouci ou o Palacio Novo.

E, por último, pararemos na cidade de Dresde onde veremos o Zwinger e os

Italia 2017

Venecia

Florencia e Roma

ANDAINAS DOS CAMIÑANTES

29


CAMIÑANTES 2017-2018

DE CONMEMORACIÓN 8 de marzo: Día da Muller O IES Val do Asma: cartel institucional da Xunta Por Ana Jorge, responsable do EDLG

momento, Lola traballou sobre a temática e logo cada alumno realizou un retrato en acuarela de mulleres de diferentes partes do mundo.

A idea final foi destrozar e renunciar Este curso, o IES Val do Asma a cada un dos retratos e construír con decidiu adicar o ano a traballar sobre o feminismo. Cada departamento implicouse algúns anacos de cada traballo unha única traballando os seus contidos pero muller que as representase a todas. relacionándoos con este tema tan necesario de abordar na sociedade actual e mais cos adolescentes.

O lema elixido foi “ Iguais e Libres” con diferentes tipografías axudando así a visualizar a idea da diferencia. O resultado obtivo o primeiro premio do concurso e a obra converteuse na imaxe oficial da campaña institucional da Xunta de Galicia para o Día da Muller do 2018.

Lola López, na materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual, de 4º da ESO, optou por presentar os seus alumnos a un concurso convocado por primeira vez pola Dirección Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. O concurso era unha escusa perfecta para motivar ao alumnado a afondar neste tema. Nun primeiro DE CONMEMORACIÓN

30


CAMIÑANTES 2017-2018 É evidente o orgullo e a satisfacción que profesorado, alumnado e toda a comunidade educativa deste centro sentimos.

amigas, amantes, líderes. Fartura de ver como os fillos sans do patriarcado actúan como manadas sen alma, potenciais violadores que gozan de toda unha estrutura patriarcal que os defende, os Agradecemos a ampla cobertura lexitima e os exonera de crimes de lesa mediática e o incalculable número de humanidade. O medo ten que mudar de felicitacións e mostras de afecto e bando. admiración recibidas desde entón de todas partes de Galicia e España. Xa non queremos máis baixas deste lado, xa non queremos máis feminicidas impunes. Imos organizarnos na sonoridade, no grupo, no crémoste, nas barricadas, no gas pementa. E imos ocupar os espazos, as horas intempestivas, os xulgados, as prazas públicas, para desaloxar a podremia que teñen montado señores pornograficamente cobizosos, misóxinos, agresivos, infectos, cuxo tempo está a rematar, O feminismo non é unha queiran ou non.

moda

Por Montse Fuentes, profesora de filosofía

A loita pola igualdade de dereitos entre mulleres e homes existe dende que hai seres humanos capaces de empatía e con sentido da xustiza.

Sinto que caerán as compañeiras máis visibles, que serán procesadas por incitar ao odio, que terán que sufrir a Lei Mordaza. Pero a astucia levaranos a buscar como sortear toda a engrenaxe machista, enferma de virilidade, torpe no primario da súa violencia, que teñen montada. Imos organizarnos tan ben e tan intelixentemente que o avance e o desaloxo serán imparables.

A loita organizada aparece modernamente coa esixencia do recoñecemento das mulleres como seres racionais, coa reivindicación do voto Non vos queremos xa nas feminino, a abolición das leis misóxinas e racistas, o dereito á vida pública e ao institucións, por asasinos, violadores, mercadores de persoas, corruptos, traballo en igualdade de condicións… ineptos, ecocidas, covardes. Non vos Pasos que nos traen ata o presente respectamos, non vos amamos, non vos e ás manifestacións imparables do necesitamos. Somos mulleres, somos a movemento feminista deste ano nas rúas, metade da poboación, estamos enfadadas nas redes sociais, nos medios de e non temos moito que perder. comunicación, na xudicatura, nos Se non cuestionas os teus parlamentos, etc. A desigualdade é demasiado antiga e rancia para poder privilexios, se non es feminista non farás o soportarse por máis tempo. Agora cambio, pero non poderás evitalo. E se estamos nunha guerra. Demasiado tempo andas perdido, apártate, que as mulleres vendo asasinar ás nosas mulleres, temos unha revolución que facer!!

DE CONMEMORACIÓN

31


CAMIÑANTES 2017-2018

PARA TODOS OS PÚBLICOS Relatos Mi clase Por Candela Touriño - 1º ESO

Nervios e ilusión rodeaban nuestro cuerpo escasos minutos antes de entrar por esas pequeñas puertas rojas. Veníamos de un pequeño colegio, con apenas 60 alumnos. Estábamos asustados y al mismo tiempo ilusionados. Entramos en nuestra clase, la que nos acompañaría durante un año. Los primeros días nos fuimos acostumbrando a esa multitud de niños rebeldes y con ansia de irse a casa. Una pequeña parte de la clase no estábamos familiarizados con que hubiera tanto ruido y movimiento a nuestro alrededor, lo que nos provocaba tener un poco de desconfianza con la gente. Con el paso del tiempo, fuimos cogiendo confianza. El día a día de la clase ha cambiado mucho con respecto a la 1ª evaluación. Ya mucho más tranquilos, aunque a veces seguimos hablando.

As colchonetas desaparecidas Por Mª José Teixeira - 2º ESO

para a nosa sorpresa, tamén estaba baleira! O profesor mandounos revisar todos os armarios e caixas e descubrimos que non había cousa con cousa! Os aros estaban nas caixas dos patíns, os conos estaban no sitio das esterillas, todo un caos! Por fin atopamos os balóns logo dun bo anaco. Estaban agochados no lugar dos conos. Pero, e as colchonetas? Non aparecían por ningures! O profesor mandounos revisar todas as aulas e preguntarlles aos demais alumnos se sabían algo. Logo de preguntar en todas as clases, só nos quedaba por revisar a aula taller de Mecánica. Chegamos alí e abrimos aquela enorme porta de metal e de cor morada. Xa nos deron os ollos nelas! As colchonetas desaparecidas por fin apareceran! Loxicamente, preguntámoslles aos alumnos de Automoción por que colleran as colchonetas sen permiso. Dixéronnos que estaban fartos de terse que deitar no chan para mirar os coches e entón déraselles a idea de collelas para traballar máis comodamente e sen luxarse tanto no chan, que sempre acababan enzoufados de aceite e con dor de costas.

Fomos ao pavillón para dar a clase de ximnasia. O profesor mandounos colocar a colchonetas, fomos ao armario Our trip to Courel e… non había ninguna! O armario das colchonetas estaba Por Lía Goyanes - 2º ESO completamente baleiro. Last week my classmates and I -Xa que non hai colchonetas, collede os balóns para xogar ao fútbol- went on a school trip. We went to Courel in Quiroga. dixo o profesor. Our adventure started in the bus. Dirixímonos á caixa dos balóns e, Laura and Sheyla were singing and Carla PARA TODOS OS PÚBLICOS

32


CAMIÑANTES 2017-2018 was taking pictures. As I was sick I fell asleep. When we got threw we went straight away to the museum. Then we went to a youth hostel where we ate and slept. In the afternoon we went hiking. It was very funny because some of my classmates were telling jokes and laughing. It was getting dark when we went back to the town. The next morning we visited some caves and went for a boat ride. In the afternoon we took the bus back to Chantada.

Un rêve fait réalité Por Natalia Mazaira - 3º ESO

Je passais le soir à mon poste d’art dans les rues de Paris. Chaque endroit était plein de magie ; c’est incroyable la quantité de peintures qu’ils peuvent t’inspirer dans le plus précis détail . Après, les personnes commençaient à me demander des portraits d’eux , d’exagérer les traits et c’était agréable de pouvoir écouter toutes les jolies choses qui sortaient de ces bouches. Ils m’ont incité encore plus à suivre ma lutte pour vivre de ce que j’aimais. Mon problème c’était de combiner mon

sommeil avec le thème des études. J’avais quinze ans et je ne pourrais pas laisser mes études pour me consacrer uniquement à un commerce qui ne me permettait pas de vivre. Chaque fois que je sortais de l’école, mon objectif était de m’organiser pour partir à une heure raisonnable de la bibliothèque et pouvoir aller à mon poste d’art et peindre pour le plaisir. Un jour, j´ai connu un garçon qui serait l’homme de ma vie . Il portait des lunettes et ses yeux étaient bleus . Nous nous sommes marriés quand j’ai eu vingt ans et pour des thèmes de travail nous sommes allés vivre dans le sud de l'Espagne , prés de Séville. Nous nous sommes installés là et nous ne nous sommes plus jamais déplacer. Là, j’ai commencé à peindre à nouveau. Le premier tableau que j’ai fait a été la Giralde. J’ai passé le reste de ma vie là, mais tout cela est resté bien loin... Maintenant je suis seule, avec quatre-vingts ans, couchée dans un lit et sans mobilité dans les jambes. C’est une fierté pour moi de savoir que j'ai fait heureuses beaucoup de personnes avec mes travaux. J'aime savoir que j'ai été remerciée de ma présence dans ces petits endroits où je suis intervenue.

Sabes... CURIOSIDADES INFORMÁTICAS Por Javi Benso e José Antonio López , profesores de Informática.

internet, os sitios web identifícanse a través de números que son difíciles de lembrar para as persoas. Por este motivo, pódense asociar a un nome de dominio ... como se escribían os primeiros programas informáticos? Escribíanse en que se amosa despois de ' www.'. Por exemplo, a dirección 216.58.205.195 cartóns perforados, que eran láminas de corresponde co nome de dominio cartolina que contiñan a información en forma de perforacións ,segundo un código 'www.google.es'. Cada mes rexístranse arredor de 1 millón de nomes de dominio. binario. Estes cartóns inspiráronse nos ... como evolucionou o hardware? O que xa usaba a industria téxtil no século primeiro disco duro de 1956 custaba ao XIX para o seu uso en teares. ... que é un nome de dominio? Na redor de 40.000€, tiña unha capacidade PARA TODOS OS PÚBLICOS

33


CAMIÑANTES 2017-2018 de 4 MegaBytes e o tamaño dunha neveira. Hoxe en día, un disco duro de 500 GigaBytes custa uns 40€. Isto é un aumento de 100.000 veces na capacidade e unha diminución de 1.000 veces no prezo. ... como afectou Android á industria? En 2005 os grandes fabricantes de móbiles, con Nokia á cabeza, declararon que Android non era unha ameaza para os seus negocios e que non habería por que temer. Hoxe en día, os dispositivos Android superan as vendas de todas as demais plataformas xuntas e a marca Nokia desapareceu, absorbida por Microsoft. ... que é un algoritmo informático? Un programa ou algoritmo informático pódese definir como un conxunto ordenado de pasos a realizar para resolver un problema. Ademais, un algoritmo debe ser preciso (indicando a orde de realización de cada paso), ben definido (se se executa dúas veces coas mesmas condicións, debe obter o mesmo resultado) e finito (deben acabar nalgún momento). ... por que nos teclados dos PCs as letras non están ordenadas alfabeticamente? Parecería que o máis natural sería posicionar as letras na mesma orde que estudamos no alfabeto e, sen embargo, están colocadas dunha maneira aparentemente caótica. Esta ubicación é máis intelixente do que parece, e o seu obxectivo é lograr que as persoas escriban o máis rápido posible, distribuíndo as letras de tal maneira que se poidan usar ambas mans para escribir a maioría das palabras. Chámase teclado QWERTY e o seu nome provén das primeiras seis letras da fila superior. ... que, de media, cada mes créanse uns 6.000 virus informáticos? A maioría son creados para obter información confidencial con propósito de roubo ou chantaxe aos usuarios, como por exemplo fotos comprometidas no teu móbil, PARA TODOS OS PÚBLICOS

información da túa vida privada ou contrasinais de medios de pago. Pero tamén unha boa parte deles son ferramentas de espionaxe de gobernos. Por iso, usa o móbil e o ordenador con moita responsabilidade! ... a distancia e velocidade á que viaxa un dato? Cando fas click nun enlace, nunha imaxe ou un vídeo no teu móbil ou ordenador o máis probable é que a información á que queres acceder estea nun servidor en Estados Unidos, Canadá, os países nórdicos europeos ou en China. Isto quere dicir o teu click pode chegar a viaxar a máis de 10.000 km. e retornar os primeiros bloques de datos en apenas 0,1 segundos! ... que arredor dun 23% das profesións actuais serán automatizadas antes do 2030? Segundo un estudio recente dunha prestixiosa consultora (McKinsey, 2017) en pouco máis de dez anos case a cuarta parte dos traballos que coñecemos na actualidade serán levados a cabo de maneira automática por aplicacións software e/ou robots. O estudo conclúe que arredor de 400 millóns de persoas terán que cambiar de traballo. Nos últimos meses outros estudos prognostican mesmo unha porcentaxe máis alta. ... a relación que existe entre a túa saúde e escribir sen mirar ao teclado? A mecanografía permítemos escribir no teclado do ordenador usando todos os dedos e sen mirar para el. Cando escribimos tan só con algúns dedos ou miramos para o teclado a nosa mirada ten que facer un cambio de enfoque no ollo: da pantalla, ao teclado, continuamente. Este cambio de enfoque termina provocando danos na visión, vista cansada de maneira acelerada, dores de cabeza continuos e, o peor de todo, perder moito tempo de vida por teclear sen saber que poderiamos adicarnos a moitas outras cousas. Merece a pena aprender mecanografía!

34


CAMIÑANTES 2017-2018 ... que 10 das profesións que marcarán o mercado laboral no futuro aínda non existen na actualidade? Se ben todo indica que os robots farán unha parte crecente dos traballos que hoxe en día fan as persoas, tamén xurdirán outros que soamente nós seremos capaces de facer. Moitas delas aínda non existen e os futuros profesionais aínda están nos institutos e nas facultades. Algunhas das esperadas terán nomes como: científico

de datos (data scientist), director de coñecemento, vixilante online, delegado de protección de datos, ciberasesor financeiro, etc. ... canta enerxía eléctrica consume Google? O ano pasado, 2017, Google usou arredor de 15.000.000.000 de kWh. Unha barbaridade. Máis que o consumo de moitos países! Sen embargo, Google xera moita dela con paneis solares propios.

Lecturas recomendadas As aventuras dun ciberpirata

No último momento, cando todo o mundo estaba xa desesperado, Xoeliki lembrou que súa nai lle dixera unha vez que Xoel é un neno ao que lle encanta premese as teclas “Ctrl+Block” e el fíxoo xogar con moitos videoxogos, pero está a inmediatamente e funcionou. Todos xogar co “Real Fantasy”, un videoxogo quedaron asombrados cando Xoeliki moi famoso. logrou vencer o virus. El é o mellor xogador deste xogo, é o primeiro da lista dos mellores xogadores. Leonardo e os fontaneiros O videoxogo empezou a ter Por: Alejandro López e Iván Vázquez - 1º ESO erros desde fai unhas cantas semanas, abríase a páLeonardo e os fontaneiros é un libro xina e aparecía “ERRO” na infanto-xuvenil escrito por María Victoria pantalla. Iso era porque un Moreno Márquez. señor chamado Mr. Virus hackeou a páxina cun virus chamado Este libro, aínda “capitangarfo.exe”, que se instalaba ao que estea recomendado ordenador automaticamente ao abrir a para un público infantopáxina. xuvenil, creo que lle podería gustar a calquera Un amigo do pai de Xoel deulle un persoa dependendo do móbil moi bo con resistencia antihackeos gosto de lector. e díxolle que tiña que entrar na Resistencia Pirata, xa que seu pai era un Leonardo e os fontaneiros é un libro deles. que trata dun neno chamado Antón e do seu can, Leonardo. O neno cóntalle ao Xoeliki ten que buscar a solución ao can todo o que fai na historia. Hai unhas virus antes das 12 da noite porque, se non aventuras moi boas, aínda que ao final a o fai, os nenos non poderán ter liberdade historia é un pouco triste. de navegar pola internet. Por: Leonard Espinoza - 3º ESO

PARA TODOS OS PÚBLICOS

35


CAMIÑANTES 2017-2018

Pasapalabra Solucións na última páxina SOBRE O MÓDULO DE ADMINISTRACIÓN E FINANZAS “COMUNICACIÓN E ATENCIÓN AO CLIENTE” Por: Noé Carballo, Marcos López, Miguel Méndez, Asun Pereira, Tania Rodríguez e Yolanda Vázquez 2º C.S. Administración e finanzas

A: Cualidade dunha persoa que permite comunicar ideas e sentimentos sen a intención de ferir ou prexudicar e sen deixarse levar polas emocións. B: Circunstancia presente no proceso comunicativo que provoca unha descodificación inadecuada da mensaxe transmitida. C: Técnica de resolución de conflitos na cal non se propoñen solucións, só se facilita o diálogo entre ambas partes. D: Cliente agresivo por natureza que non está de acordo con ningunha das cousas que se lle di. E: Imaxe simplificada estruturada, estática ou esaxerada dun determinado colectivo, que é aceptada por gran parte da sociedade como representativo del. F: Sección dunha web corporativa, a fin de resolver dúbidas habituais e comúns a moitos usuarios. G: Palabra composta Aplicación que permite colocar anuncios en distintas páxinas web mediante banners. H: Crave fundamental en case todas as compañías de publicidade. I: Palabra composta Forma na que se percibe unha compañía (concepción psicolóxica que os clientes teñen dunha determinada empresa). L: Solución mediante a cal se resolve un conflito e ten a mesma eficacia que unha sentenza. M: Situación na que intervén un terceiro independente a un conflito, propondo solucións, que actúa de forma imparcial na disputa. PARA TODOS OS PÚBLICOS

N: Técnica de resolución de conflitos onde cada parte se compromete a buscar o acordo sen intervención de terceiras persoas. Contén o Ñ: Palabra composta Accións realizadas polo departamento comercial que fomentan a fidelización de clientes. O: Asociación privada independente sen ánimo de lucro que revelou que o sector das telecomunicacións é o que provoca máis queixas. P: Servizo do departamento de atención ao cliente que satisfai as necesidades e requirimentos que xorden dos consumidores como usuarios do produto. Q: Manifestación dunha desconformidade que realiza un cliente dun produto que recibiu ou do servizo que se lle prestou. R: Fase ou etapa no proceso de solución de calquera conflito no que despois de escoitarse mutuamente, as partes chegan a unha solución para o problema que expoñen. S: Fenómeno polo cal dúas ou máis actuacións desenvolvidas conxuntamente producen un efecto maior que o que se esperaría das mesmas desenvolvidas por separado. T: Actuación deliberada dentro da negociación cuxo obxectivo fundamental é influír no proceso negociador, presionando á parte contraria para que ceda ante as nosas esixencias. Contén o U: Característica fundamentalmente subxectiva que se define nun primeiro momento, do que debe presentar todo bo servizo postventa e que se observa durante o proceso de atención ao cliente. V: Principios básicos en calquera servizo de atención ao cliente, que consiste en que este servizo debe ser coñecido polos 36


CAMIÑANTES 2017-2018 clientes, o persoal da empresa e calquera outra persoa interesada no proceso de reclamación. Contén o X: Sistema extraxudicial de resolución de conflitos.

Contén o Z: - A arbitraxe tras un fácil proceso resólvese por medio dun Laudo ou Resolución sen necesidade de recorrer a vía xudicial ordinaria, por iso dicimos que a arbitraxe é….

Sudoku Solución na última páxina

PARA TODOS OS PÚBLICOS

37


CAMIÑANTES 2017-2018

CURSO ESCOLAR EN IMAXES Courel

Proxecto Terra

FITUR

Feira Internacional de Turismo

Entroido

Alumnado e profesorado

CURSO ESCOLAR EN IMAXES

Neve

Días de esquí

Erasmus+

Profesora en formación en Romanía

Capoeira

Practicando a arte marcial afro-brasileira

38


CAMIÑANTES 2017-2018

O Grove

A Coruña

Museos científicos

Vistas ao mar

Visita á USC

Día da Ciencia

Futuros universitarios

Investigación conxunta co alumnado de 6º Primaria

Solucións aos pasatempos Respostas ós pasatempos das páxinas 36-37:

Sudoku:

Pasapalabra: Asertividade Barreira, Conciliación Discutidor Esteriotipo FAQS Google-Adsense Humor Imaxe Corporativa Laudo Mediación Negociación Campaña Promocional OCU Postventa Queixa Resolución Sinerxia Táctica Cualitativa Visibilidade Arbitraxe Eficaz

CURSO ESCOLAR EN IMAXES

39


ESO BACHARELATO Ciencias Humanidades e Ciencias Sociais

FP RÉXIME ORDINARIO CB Mantemento de vehículos CM Electromecánica de vehículos automóbiles CS Administración e finanzas

FP DUAL CS Administración e finanzas CS Axencias de viaxes e xestión de eventos CS Desenvolvemento de aplicacións web

Oferta educativa


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.