Día das Letras Galegas 2019

Page 1

Naceu en 1905 en Cerdedo­Cotobade e morreu en 1999 en Santiago de Compostela. Antón Fraguas foi unha das máis relevantes figuras no ámbito intelectual e galeguista do século XX. Destacou, sobre todo, polos seus traballos como historiador e antropólogo. Discípulo de Castelao e de Losada Diéguez, pasou a súa etapa universitaria en Santiago de Compostela onde se licenciou en Filosofía e Letras. Posteriormente doutorouse na Universidade de Madrid cunha tese sobre o colexio de Fonseca. En Santiago pasou a formar parte activa da intelectualidade galeguista da época, ingresando nas Irmandades da Fala, e comezando a colaborar nas seccións de Xeografía e

de Etnografía e Folclore do Seminario de Estudos Galegos. Dentro do Seminario iniciou o estudo da xeografía histórica de Galicia e dos costumes arredor do Entroido. En maio de 1951 ingresou na Real Academia Galega, na cadeira que deixara o seu profesor Alfonso Rodríguez Castelao; en 1963 foi nomeado director do actual Museo do Pobo Galego. Tamén tivo responsabilidades no Consello da Cultura Galega, foi membro numerario da Real Academia Galega de ciencias e da Real Academia da Historia; e exerceu como Cronista Oficial de Galicia. Foi merecedor de recoñecementos como o Premio Trasalba, o premio Otero Pedrayo, a Medalla Castelao, e o premio das Artes e das Letras en Galicia.


"Eu traballei sempre por e para Galicia. Unhas veces acertei, outras non; pero en

LETRAS GALEGAS 2019

todo canto levo feito puxen sempre toda a miña ilusión, todo o pouco que sei, sen esperar nunca nada a cambio." Antón Fraguas

ANTÓN FRAGUAS Biblioteca do IES Fin do Camiño


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.