Pena do encanto definitivo baixa

Page 1

7

Pena do Encanto

Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013

Sumario Limiar

Equipo de Redacción

A José-Luis, In Memoriam Varios

Actividades 2012-2103 Arturo Gómez Mato

Encontro con Bernardo no Alén Xosé Manuel Carballo

Manuel María e as romaxes chairegas Xosé Manuel Blanco Prado

Polos camiños da tribu Orlando Viveiro Veiga

Letras Galegas: Díaz Castro Manuel Castro Santamariña

A beleza feriume para sempre Raúl Río

“A Pastoriza” de Díaz Castro en “Penélope” Xaquín Campo Freire

Poesía J T

esús rastoy Saavedra Mª Isabel Gómez Corbeira

A José-Luis Novo Cazón, in memoriam


7

Pena do Encanto

EQUIPO DE REDACCIÓN Manuel Castro Santamariña Mª Luisa Barreiro Mejuto Arturo Gómez Mato Francisco Xosé Roca Constenla Manuel Roca Cendán Carlos Gómez Osa Xosé M. Felpeto Enríquez José-Luis Novo Cazón Carme Pernas Bermúdez Sabela Figueira Tenreiro Jesús Trastoy Saavedra Constantino Alvite Muinelo

DESEÑO E MAQUETACIÓN Arturo Gómez Mato

COORDINACIÓN Xosé Mª Felpeto Enríquez

FOTOS PORTADA Fotografías gañadoras do I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “TERRA CHÁ’2013

IMPRIME Artes Gráficas Sera, SL Vilalba DL - LU -

ISSN 1889-2787 Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013

EDITA

Instituto de Estudos Chairegos Aptado. nº 39 VILALBA (Lugo)

PÁXINA2


7

Pena do Encanto

Limiar

NA PENA DO ENCANTO

Equipo de Redacción

Temos que comezar este limiar manifestando o noso pesar pola dobre perda que na familia do IESCHA sufrimos desde a publicación do número anterior desta revista. Parece como se a garza maxestosa, da que tanto nos deixa falado Bernardo e que nos viña amparando desde a Pena do Encanto, no río Trimaz, levantase voo e nos esquecese. Dous anos de infortunio no que dúas persoas moi queridas por todos nós nos deixaron de xeito precoz e, polo tanto, inxusto. Nos albores do verán do 2012 era Bernardo García Cendán quen nos abandonaba, a persoa á que lle correspondía elaborar mesmamente este escrito, como adoitaba facer desde o primeiro número; o noso “limiareiro”, como cariñosamente o denominábamos internamente; o entrañable e sabio conversador, arredor dun café ou en nocturno paseo polas rúas vilalbesas, do que sempre un aprendía, xa que era un auténtico libro de historia e de historias, da capital chairega, principalmente. E máis recentemente, neste outono de 2013, deixounos tamén outra grandísima figura da cultura chairega e, se cabe, máis grande persoa: José-Luís Novo Cazón. Do que fora noso Presidente gardamos o recordo do intelectual humilde, do home ameno e próximo de talante conciliador, e do seu bo facer en discreta pero intensa actividade cultural até o mesmo momento do seu pasamento. Neste número da Pena do Encanto insírense algunhas colaboracións loando a súa persoa, como non podía ser doutro xeito. Desde o Instituto de Estudos Chairegos sumámonos ás iniciativas de grupos políticos do concello vilalbés para que estas dúas persoas conten co recoñecemento público e honremos a súa memoria dedicándolles senllas rúas na capital chairega. Tamén propoñeremos na próxima asemblea de socios o nomeamento de José-Luís como socio de honra da nosa entidade a título póstumo. Vai tamén neste número unha carta de Xosé Manuel Carballo na que nos conta unha peculiar visita celestial que recentemente lle fixo a Bernardo. Este crego singular da nosa chaira, escritor, animador sociocultural, ilusionista e sobre todo persoa ilusionante, que hai só uns meses pasou tamén por unha intervención cirúrxica da que desexamos se repoña en breve, achéganos un texto, como adoita facer, cheo de creatividade, humor e entrañable sentimento. Un agasallo para os nosos lectores.

PÁXINA3

Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013


7

Pena do Encanto

Limiar

NA PENA DO ENCANTO Equipo de Redacción

Un ano máis, Orlando Viveiro Veiga aproxímanos ao seu Outeiro de Rei, esas terras da Chaira que a oficialidade administrativa teima en arredar do seu distrito natural. Lévanos esta vez de viaxe polo Camiño Real, Vello ou Francés, mediante unha descritiva viaxe que nos achega á paisaxe, á toponimia e á historia desa vella ruta. Como ben di no remate dos seu artigo, “As persoas viaxeiras poden descubrir os abondosos recunchos que aínda conserva para goce de quen queira achegarse e ver. Unha regalía nos tempos que vivimos”. Xosé Manuel Blanco Prado, do grupo “Carboeira”, colabora esta vez cun traballo sobre os poemas que Manuel María dedica no seu libro “Terra Chá” ás romaxes chairegas: a Virxe do Monte, o San Ramón de Vilalba, a Virxe das Angustias de Arcos, o San Alberte de San Breixo de Parga, a Santa Isabel de Outeiro de Rei, a Virxe da Saleta de San Xulián de Mos e mais a Santa María de Rábade. E non podíamos esquecer neste número da nosa revista a designación do chairego Xosé María Díaz Castro como escritor homenaxeado nas Letras Galegas de 2014. Varias colaboracións fan referencia a este poeta das terras de Guitiriz, con escasa pero excelente obra. O seu veciño dos Vilares, Raúl Río, achéganos un fermoso e sentido artigo: “A beleza feriuno para sempre” Tamén Xaquín Campo Freire colabora neste sentido cun esclarecedor texto sobre a toponimia na poesía de Díaz Castro que, sen dúbida, resultará de interese para moitos dos nosos lectores dado o seu carácter documental. Coma sempre, nesta publicación hai unhas páxinas para a creación poética. Desta volta recollemos poemas de dúas persoas: Jesus Trastoy e Isabel Gómez Corbeiras, que nos fan partícipes da súas reflexións e sensibilidade plasmadas nos seus versos. E rematamos facendo referencia ás actividades deste bienio 2011-2013. Memoria dun traballo intenso e variado que nesta publicación se pode visualizar de xeito global e polo miúdo. Publicacións, presentacións, conferencias, exposicións, concursos, rutas culturais, … dos últimos dous anos aparecen compendiadas e con reportaxe gráfica neste número sete da revista “Pena do Encanto”. Que a gocedes.

Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013

PÁXINA4


7

Pena do Encanto

Homenaxe

A JOSÉ-LUIS NOVO CAZÓN, IN MEMORIAM

elprogreso.galiciae.com

Cultura viva ao servizo dos veciños Vai facer 64 anos que naceu en Noche o que hoxe é o veciño máis reseñable desta parroquia vilalbesa, José-Luis Novo Cazón, do que os nostinos nos sentimos orgullosos. Á súa bagaxe cultural -é escritor, historiador, investigador, educador…- pódenselle engadir a calidade humana, o trato afable nas distancias curtas, as conversas adornadas con citas históricas ou mesmo con verbas de personaxes significativos. Sábeno ben todos os que tiveron a sorte de pasar polas súas clases, os veciños e amigos que con el compartimos momentos ou os que traballaron e traballan ao seu carón no Instituto de Estudos Chairegos, unha entidade que é referente cultural na Chaira, da que JoséLuís foi fundador e presidente. Na Asociación Recreativo Cultural Nausti, dos veciños de Noche, decidimos porlle o seu nome ao noso Centro Social, unha pequena homenaxe para este gran home, que dende o seus inicios achegou sempre a súa axuda desinteresada e activa na procura de recuperar as nosas raíces e a nosa historia. Parte destes traballos están a piques de ver a luz e todo grazas a este ilustre nostino,

PÁXINA5

José-Luís Novo Cazón, ou Luís de Cernadas, como o coñecemos nesta parroquia vilalbesa. O dito, é unha gran sorte e un tremendo orgullo ter a cultura tan á man. (Publicado en El Progreso, uns días antes do seu pasamento)

UN GRANDE Hoxe déixanos un GRANDE: JOSÉ-LUÍS NOVO CAZÓN, Luís de Cernadas para os veciños. Un nostino de nacenza e de querenza, como el mesmo se definía; unha persoa íntegra, un referente cultural, un colaborador desinteresado, unha cabeza privilexiada, un estudoso, un historiador, un mestre, un bo pai e compañeiro, un amigo con maiúsculas, un veciño exemplar.... un excelente veciño, un dos nosos. Amigo Luís, quedarás para sempre no noso recordo, o teu legado e a mellor herdanza. Grazas polo exemplo, os teus veciños de Noche xamais te olvidaremos. D.E.P. Luis Criado, Presidente da ARC Nausti Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013


7

Pena do Encanto

SORRISO DE AMIZADE Apareceu no meu horizonte próximo cos albores do novo milenio como agasallo serodio de amizade que perdurou no escaso tempo que chegamos a compartir. Mais neste efémero espazo decateime axiña da súa valía humana e intelectual, calidades que adoitaba brindar de maneira xenerosa e altruísta. A súa etapa como presidente do IESCHA resultou fundamental, tanto polo seu carácter emprendedor canto polo enfoque optimista con que en todo momento abordou os proxectos, sen esquecer a súa habelencia para as relacións institucionais, gañada a pulso sen dúbida pola brillante traxectoria no desempeño de cargos de responsabilidade institucional. Apaixonado no seu labor, amosou sempre, dende unha óptica positiva e conciliadora, un profundo amor á nosa cultura e á nosa lingua, procurando facer sentir como son as palabras propias as que chegan ao corazón, xustamente porque son as nosas. Afábel e sinxelo no trato, permitía amenas e longas conversas das que un aprendía en cada ocasión. Pero por enriba de todo brillou arreo a súa bonhomía, que se mostrou, entre outras manifestacións, na entrega desinteresada aos demais.

Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013

Homenaxe Non teño coincidido con José-Luís en centro docente algún, e ousado sería para min valorar a súa traxectoria profesional. Mais sei por amigos comúns do IES “Virxe dos Ollos Grandes”, derradeiro destino antes da jubilatio, que o seu talante e preparación amosaron unha excelente e proveitosa actividade académica para o alumnado que tivo a fortuna de asistir ás súas clases, e que foi unha persoa recoñecida e respectada por toda a comunidade educativa. Entre nós deixou todo un tecido de vida en forma de amizades e de relacións humanas que foi medrando ao longo da súa existencia. Na nosa lembranza ficarán aquelas vivencias que temos compartido, porque vivir tamén é recordar, e el permanecerá vivo na nosa memoria. Bo e xeneroso, foi dos que fixo pobo, dos que puxo a alma na cerna cultural que alimenta o espírito. Se eu tivera dotes para a pintura, retrataríao con ese sorriso permanente que non agochou nin nos momentos máis agres dunha doenza que levou coa máxima dignidade. E sei de certo que no seu rostro tamén se debuxaría daquela un sorriso de amizade entre tímido e agradecido. Chema Felpeto

PÁXINA6


Homenaxe JOSÉ-LUIS NOVO CAZÓN A cultura chairega está de loito co pasamento de José Luis Novo Cazón. O pasado mércores recibiamos a triste noticia de que nos deixaba tras unha longa enfermidade. Foi un gran dinamizador e activista cultural; licenciado en Filosofía e Letras e doutor en Historia pola Universidade de Oviedo, da súa traxectoria hai que destacar a grande aportación como investigador, que se plasmou en varios libros, entre eles O legado santiaguista de Vilar de Donas (1989), Un xeito de ollar a obra escultórica de Víctor Corral (2001), Historia de Lugo (2002, con outros autores) ou A Memoria de Vilalba (2006). Porén, hai outras obras colectivas que non podemos deixar de lembrar, como Chanot, pintor gaditano-vilalbés (con Chema Felpeto), Capelas e ermidas da Costa (con Sabela Figueira e Carme Pernas) e Avelino Fernández, memorias dun mestre itinerante (en coordinación con Manolo Roca).

7

Pena do Encanto Chairegos (IESCHA) entre 2005 e 2008, un período moi fructífero no esta entidade recibiu o pulo definitivo para situarse como auténtico referente na vida cultural vilalbesa e tamén noutros lugares da Terra Cha. Cando penso en el, recibo a imaxe da súa actitude asertiva cada vez que outras persoas e asociacións propoñíamos a organización de actividades conxuntas. A súa resposta sempre era a mesma: “cara adiante”. Non o esqueceremos, sempre estará presente na nosa memoria. Unha forte aperta, José Luis, alí onde esteas permanecerás connosco. Moncho Paz

Homenaxe a Novo Cazón

Desde aquí quero facer a miña modesta homenaxe ao profesor Xosé-Luis Novo Cazón, do cal fun alumno nesa etapa na que un se está a formar intelectualmente e No eido da Administración autonómica, foi como persoa. subdirector xeral do Libro, Bibliotecas e Pa- Novo Cazón, ou Cazón a secas, como eu lle trimonio Documental (1984-87) e director chamaba, era un profesor que desprendía xeral de Educación Básica (1987-1990). Unha sabedoría e humanidade polos catro costadas persoas que o coñeceu ben nesa etapa foi dos. Lois Celeiro, xornalista de Samos, con quen coincidiu na Xunta de Galicia e que lem- Unha mágoa o seu perecemento. brando a súa figura destacaba precisamente Grazas polas leccións e o trato. o “carácter afable” de Novo Cazón e a súa ca- Descanse en paz. Abraham Paz pacidade e vontade como “home de consen(OBITUARIO, so”. Tamén foi membro Consello de Fábrica El Progreso, 12/11/2013) da Catedral de Mondoñedo e asesor histórico en obras de restauración de Patrimonio Arquitectónico. Ata a súa recente xubilación, José Luis foi xefe do Departamento de Xeografía e Historia no IES “A Nosa Señora dos Ollos Grandes” en Lugo. Pero de todas as súas facetas quixera destacar o importante papel que xogou como no ámbito cultural da Terra Cha: primeiro como un dos membros fundadores da asociación recreativo-cultural “Nausti” de Noche, a súa parroquia natal; e despóis como presidente do Instituto de Estudos

PÁXINA7

Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013


7

Pena do Encanto

IN MEMORIAM Xosé Luís Novo Cazón “Na procura da historia e da beleza”

(Xosé Luís Novo Cazón: Tempus das Letras. 2009)

Sempre o noso guía, seguiremos o itinerario que nos ensinaches Falleció nuestro compañero José Luis Novo Cazón. Desde aquí, su lugar de trabajo desde hace muchos años, queremos enviar un fuerte abrazo a su mujer e hijos y queremos compartir la tristeza de este momento con sus ex-alumnos/as y ex-compañeros/as. Quienes tuvimos la suerte de trabajar junto a José Luis somos conscientes del privilegio que supuso compartir esta labor con un profesor vocacional que trabajaba en pos de la Educación (sí, con mayúsculas), y que era un gran profesional tanto en su tarea de investigador como de profesor. Fuimos testigos de su lucha contra su enfermedad -realmente cruel y dura en ciertos momentos; muchos recordaremos cómo una persona tan aparentemente depresiva era capaz de venir al instituto en chanclas en pleno invierno - porque era el único calzado que podía ponerse – y nos saludaba con una media sonrisa y un “¡no me pises que llevo chanclas!” (los “mayores” entenderéis el juego de palabras). Sus ganas de seguir trabajando en esas circunstancias fueron una lección de dedicación y amor por la profesión. Sabemos que su muerte supone un cambio de página en nuestro instituto. Hace ya tiempo que, en las reuniones, echamos de menos su precisión en el uso del idioma (ya fuese gallego o castellano) y su espíritu conciliador. No será fácil encontrar un sustituto. José Luis Novo Cazón, D.E.P

Homenaxe NOVO CAZÓN QUERIDO profesor, Xosé-Luis Novo Cazón: escríboche para darche as grazas polos momentos que compartimos. Déboche a honra de terme elixido por amigo. Fuches, vilalbés de Noche, unha persoa boísima e un dos grandes humanistas da provincia. Ninguén esquecerá tampouco a túa dedicación polo ensino e o amor que profesaches a cada un dos teus pupilos e pupilas. Coñecémonos, lembras, cando te propuxen escribir artigos para A Chaira deste diario. Todos foron bos e sustentados nun galego riquísimo, semellante ó castelán de Cela, coa verba concreta para cada emoción, herba ou pedra. Pasaches pola vida como alguén xeneroso e anónimo, dedicado ó estudio, a túa familia, profesión e amigos. Cando viñen traballar a Lugo, chamáchesme para darme a noraboa e falamos. Cousas da vida, eu estaba no museo xunto a peza de Asorey da muller coa ofrenda a San Ramón, patrón de Vilalba. Axiña quedamos para conversar e trouxeches como agasallo ‘Historia de Lugo’, que escribiches con Concepción Burgo. Lamento non ter participado máis do teu saber en calquera ágora improvisada. Sempre me sentirei orfo de mestre, de amigo e dunha persoa limpa e humilde malia súa gran cultura. Neste outono de árbores vermellas, mentres soa de fondo a elexía de Elton John a Lady Di, alma máter do IESCHA, o rumor do Miño chórate. Quérote, profesor. Froilán Varela

(RETORNO A ÍTACA, El Progreso, 11/11/2013)

IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (http://bibliolhosgrandes.blogspot.com.es/2013/11/ obituario-de-jose-luis-novo-cazon.html) Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013

PÁXINA8


Homenaxe “SOMOS OS MENOS PERO NON OS ÚLTIMOS” (1º de Filosofía, 6 de maio de 1966)

Non sei o que quixemos dicir con aquela frase que algún de nós escribiu no reverso da fotografía que nos fixemos con D. Jesús Blanco o noso profesor de Lóxica. Si recordo, e ademais conservo o documento gráfico, que estamos todos os que pasamos ao Seminario Maior, dezaoito, e que ao curso seguinte repetimos a fotografía, eramos catorce, para presumir de que o Concilio Vaticano II pasara por alí e permitíannos vestir con traxe e gravata. Tamén recordo que a D. Xesús lle parecía ben. Chegoume a noticia de que José Luís nos deixou. Creo que el o sabía. Hai algún tempo, nun día moi agradable do mes de agosto, ademais de compartir amizade e bo recordo daqueles nove anos no Seminario de Mondoñedo, falamos no xardín da súa casa do tempo pasado, das nosas familias, das nosas incursións na vida política, e tamén de futuro condicionado pola enfermidade que ambos compartiamos pero que en ningún momento a ningún dos dous nos fixo baixar a garda. Hoxe veñen á miña mente aqueles fríos e húmidos invernos en Lourenzá, onde era unha verdadeira heroicidade levantarse ás sete da mañá, case unha crueldade para uns nenos de doce anos, porque eramos uns nenos que a pesar de estar soamente a corenta quilómetros das nosas casas sentiamos que estabamos moi lonxe.

7

Pena do Encanto e amizade cultivada día a día na nosa adolescencia. Soamente quero render unha humilde homenaxe a un amigo, a un bo amigo co que durante unha década pasei máis tempo que coa miña familia e iso permanece. Ninguén morre mentres fique no recordo, e José Luís está entre aqueles aos que quero e non esquezo. Alegroume moito saber que os teus paisanos de Noche quixeron que ese espazo de cultura levase o teu nome. Non sempre acontece que ese recoñecemento chegue en vida. Grazas pola túa amizade, grazas polo que deches tamén pola nosa terra. Dende lonxe quizais o aprecio mellor que dende cerca. E un forte abrazo á túa familia, aos teus amigos e compañeiros docentes, que son moitos, aos teus amigos do IESCHA que notarán a túa ausencia. Aquilo que escribimos no anverso da fotografía, sérveme para dicirche, que “somos menos, pero seguiremos téndote entre nós e, polo tanto, seguiremos sendo os mesmos”. Ángel Felpeto Enríquez Toledo, 6 de novembro de 2013

Hoxe recordo a José Luís o primeiro da clase. Foino sempre, pero non por iso tivo nunca o rexeitamento de ninguén, supoño que un pouco de envexa sa, como máximo. Sempre tímido, sereno e tolerante. Nove anos de convivencia dan para moito e, aínda que houbo unha etapa na que perdemos o contacto polos nosos compromisos laborais, o tempo e a distancia non foron ningún obstáculo para que cando volvemos encontrarnos non se perdera nin un ápice dese afecto

PÁXINA9

Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013


7

Pena do Encanto

Homenaxe

Grazas por todo, Josテゥ-Luis. O I E S C H A , s u m a m e n t e a g r a d ec i d o

Boletテュn Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013

Pテ々INA10


Actividades2012

Pテ々INA11

7

Pena do Encanto

Boletテュn Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013


7

Pena do Encanto

Actividades2012 10 de febreiro de 2012-20:30 na Casa da Cultura PRESENTACIÓN DO LIBRO “ROSALÍA DE CASTRO, ESTRANXEIRA NA SÚA TERRA” DE FRANCISCO RODRÍGUEZ O Instituto de Estudos Chairegos e o xornal Terra Chá Xa organizaron a presentación do libro de Francisco Rodríguez “Rosalía de Castro, estranxeira na súa terra”, nun acto que tivo lugar o venres, día 10 de febreiro de 2012, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba. Este libro de Francisco Rodríguez é unha obra que ofrece unha lectura partindo do contexto da poeta, do coñecemento explicativo e causal da súa obra íntegra, para traela á marcha da historia, coa súa incomparábel e única lucidez e tormento. Tal como se xerou e como combateu, na súa tendencia e intencionalidade. O libro desenvolvido para informar, explicar e valorar, con máis fundamento de causa, deitando máis luz, Rosalía e a súa obra.

24 de febreiro de 2012-20:30 na Casa da Cultura PRESENTACIÓN DO LIBRO “SÁLVORA. MEMORIA DUN NAUFRAXIO. A TRAXEDIA DO SANTA ISABEL” DE XOSÉ MARÍA FERNÁNDEZ PAZOS Vilalba acollereu o venres 24 de febreiro a presentación do libro Sálvora. Memoria dun naufraxio, sobre a traxedia do vaporcorreo Santa Isabel, que afundiu no inverno de 1921 preto da illa de Sálvora, na ría de Arousa. O acto, organizado polo Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) e o xornal A Voz de Vilalba, tivo lugar ás 20:30 horas na Casa da Cultura e contou coa presenza do autor, Xosé María Fernández Pazos, presentado poe Moncho Paz. O xermolo deste libro foi en 1998, cando Fernández Pazos publicou na prensa unha serie de reportaxes sobre a historia do naufraxio do Santa Isabel. Era a primeira vez que se daban a coñecer imaxes sobre a construcción, o interior do buque e datos históricos sobre a traxedia do barco.

23 de marzo de 2012-20:30 na Casa da Cultura PRESENTACIÓN DO LIBRO “CRUCEIROS DO CONCELLO DE VILALBA” DE FERNANDO ARRIBAS ARIAS, JOSÉ MANUEL BLANCO PRADO E MARIO SAAVEDRA PÉREZ O Instituto de Estudos Chairegos de Vilalba continuando cos actos programados para o presente ano 2012, organiza a presentación do libro “Cruceiros do Concello de Vilalba” do que son autores: Fernando Arribas Arias, Xosé Manuel Blanco Prado e Mario Saavedra Pérez, que terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura de Vilalba o vindeiro venres, día 23 de marzo, ás 20.00 horas e intervirán no mesmo: Fernando Arribas Arias, Xosé Manuel Blanco Prado e Mario Saave-dra Pérez, autores do libro; Manuel Castro Santamariña, presidente do IESCHA e Mario Outeiro, delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, entidade que financiou a publicaicón. Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013

PÁXINA12


7

Pena do Encanto

Actividades2012 30 de marzo de 2012-20:30 na Casa da Cultura ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DO IESCHA O Instituto de Estudios Chairegos convocou a todos os seus asociados á Asemblea Xeral Ordinaria que tivo lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura de Vilalba, o día 30 de marzo de 2012, ás 20,15 horas en primeira convocatoria -20,30 horas en segunda-, coa seguinte ORDE DO DÍA: 1.- Lectura da Acta da anterior Asemblea. 2.- Memoria de Actividades do ano 2011. 3.- Plano de Actividades para o ano 2012. 4.- Estado de contas. Balance económico ano 2011. 5.- Orzamento ano 2012. 6.- Propostas da Xunta Directiva. 7.- Rogos e preguntas.

11 de maio de 2012-20:00 na Casa da Cultura PRESENTACIÓN DO LIBRO “OS CAMIÑOS DA CHAIRA NA POESÍA” Vilalba acolleu o venres 11 de maio, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, a presentación do libro “Os camiños da Chaira na poesía”, unha antoloxía poética de autores chairegos do século XX coa imaxe dos nosos CAMIÑOS na lembranza, como expresión literaria e sentimental das propias emocións. A edición, numerada, foi preparada pola Equipa de Normalización Lingüística do I.E.S. Basanta Silva (Vilalba) en apoio á declaración dos camiños do Norte como patrimonio mundial pola UNESCO. As imaxes foron cedidas polo Instituto de Estudios Chairegos. No acto interviron: Pepe Legazpi, director do IES Basanta Silva; Javier Bañobre, Vicepresidente da ANPA; os profesores JoséLuís Novo Cazón e Ricardo Polín, e o presidente do IESCHA, Manuel Castro Santamariña.

3 de xuño de 2012 IV CONCURSO DE PINTURA RÁPIDA DE VILALBA O Instituto de Estudos Chairegos de Vilalba (Lugo) convocou o IV Certame de Pintura Rápida o domingo 3 de xuño de 2012. Podían participar todos os artistas que o desexaran, provistos do material necesario, incluíndo o cabalete onde se expoñerá a súa obra. A inscrición final foi de 28 artistas. Os participantes presentáronse na Praza da Constitución de Vilalba entre as 9:00 e as 11:00 horas para o selado e numeración do soporte. As técnicas pictóricas admitidas serán: óleo, acrílico e acuarela. A zona urbana de Vilalba, o Paseo Fluvial e a zona recreativa da Madalena foi a temática escollida para esta ocasión na que os traballos finalmente expostos foron de grande calidade.

PÁXINA13

Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013


7

Pena do Encanto

Actividades2012 17 de xuño de 2012 XII RUTA CHAIREGA-POR TERRAS DE... XERMADE. RUTA DE XERMADE A SOTAVENTO O Instituto de Estudos Chairegos, como vén sendo habitual dende a súa fundación, organizou a tradicional Ruta Chairega, que este ano alcanzou xa a súa duodécima edición. Celebrouse o domingo, día 17 de xuño, percorrendo, nesta ocasión, terras de Xermade, pola ruta DE XERMADE A SOTAVENTO, cun total de 9,5 km, aproximadamente. Durante o percorrido da ruta, poidemos apreciar as paisaxes dos enclaves da Fraga do Sisto, a Medoña da Zaipa, Pena de Curvos ou As Abelleiras. Ao finalizar a ruta, houbo que repoñer forzas coa comida que se realizou nesta ocasión no restaurante Tino de Momán.

Do 20 de xuño ao 14 de agosto de 2012 Escola Habaneira de Guitiriz II EXPOSICIÓN “TAL COMO ERAMOS” GUITIRIZ O Instituto de Estudos Chairegos “Pena do Encanto” de Vilalba organizaou a II Exposición TAL COMO ERAMOS de fotos antigas do concello de Guitiriz. A mostra conformábana unhas 140 fotos da variada temática. Foi inaugurada o día 20 de xuño de 2012 na Escola Habaneira de Guitiriz e permaneceu aberta ata o 14 de agosto. Foron moitas as persoas que contemplaron durante ese tempo as fotos, verdadeiras testemuñas do acontecer diario do Guitiriz do século XX. 7 de setembro de 2012 na Casa da Cultura DÍA DA CULTURA CHAIREGA NO VIII ANIVERSARIO DO PASAMENTO DE MANUEL MARÍA O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS organizou o VIII DÍA DA CULTURA CHAIREGA, que se instituiu na memoria de Manuel María, o autor do poemario “Terra Chá”, auténtico creador literario desta comarca e do que se cumplen agora oito anos do seu pasamento. Nesta ocasión o acto consistirá nunha conferencia que leva por título A POESÍA ÚLTIMA DE MANUEL MARÍA, e será pronunciada por MANUEL LÓPEZ FOXO, autor do libro do mesmo título. O acto levouse a cabo o venres, 7 de setembro de 2012, ás 20,30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, e foi presentado por Manuel Roca Cendán. Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013

PÁXINA14


7

Pena do Encanto

Actividades2012 Do 10 de setembro de 2012 ao 13 de outubro No Auditorio Municipal de Vilalba VI EXPOSICIÓN TAL COMO ERAMOS FOTOS PARA O RECORDO O Instituto de Estudos Chairegos inaugurou o 10 de setembro a VI Exposición TAL COMO ERAMOS-Fotos para o recordo. As 230 fotos que a conformaban -procedentes da fototeca do IESCHA, formada coas aportacións de moitos veciños e veciñas de Vilalba e bisbarra- eran de temática variada (Antroido, Deportes, Celebracións, Actos Relixiosos, Feiras e Festas, Música, Nenas e Nenos, Grupos, Oficios e Actividades, Paisaxes e Recantos, Paseos, etc.) e a maioría delas correspondían á 1ª metade do pasado século XX. Entre as fotos houbo un especial recordo de Bernardo García Cendán. TAL COMO ERAMOS VI foi presenciada por moitísimas persoas, moitas das cales colaboraron aportando datos das fotos no caderno correspondente.

17 de outubro de 2012-20:30 na Casa da Cultura CONFERENCIA DE RAMÓN CHAO PRESENTACIÓN DA PLATAFORMA CÍVICA “PRISCILIANO DE COMPOSTELA” Ramón Chao regresou a Vilalba. Músico, escritor, xornalista, pai do famoso cantante Manu Chao e irmán do teólogo Xosé Chao Rego, estivo na capital da Terra Cha o mércores día 17 de outubrode 2012. Falou sobre a figura mítica de Prisciliano, nun acto organizado conxuntamente polo xornal A Voz de Vilalba e o Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA). Prisciliano (340-385) foi un bispo hispano, o primeiro sentenciado a morte acusado de herexía, executado polo goberno secular en Tréveris, en nome da Igrexa Católica. Tras a súa desaparición naceu o priscilianismo, un movemento que dominou Galicia durante máis de douscentos anos. O conferenciante foi presentado polo xornalista Moncho Paz

28 de outubro de 2012 V RUTA POR GALICIA ADIANTE ANDANDO AS TERRAS…DE BALEIRA RUTA DA MARRONDA: Tramo San Paio-Cortevella O Instituto de Estudos Chairegos, continuando co desenrolo da súa programación do ano 2012, organizou o domingo, día 28 de outubro, a V Ruta Por Galicia adiante - Andando as Terras... de Baleira-Ruta da Marronda”, incluíndo na mesma unha visita ao nacemento do río Eo, en Fonteo-Baleira. Tramo: San Paio–Cabreira– Cortevella. Lonxitude: 10,20 km. Duración aproximada: 3 horas. Unha vez rematada a Ruta, trasladámonos ao Chao de Pousadoiro onde tivo lugar a comida no Restaurante Casa Horacio, sobre ás 14,30 horas.

PÁXINA15

Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013


7

Pena do Encanto

Actividades2012 14 de decembro de 2012-20:00 na Casa da Cultura PRESENTACIÓN DO LIBRO “O RASTRO QUE DEIXAMOS” de Agustín Fernández Paz O Instituto de Estudios Chairegos de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizaron o venres, 14 de decembro de 2012, ás 20: horas, no Salón deActos da Casa da Cultura de Vilalba, a presentación do último libro de AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ “O rastro que deixamos”. O acto contou coa participación de Manuel Bragado, Isabel Soto, Manuel Castro Santamariña e o propio autor, Agustín Fernández Paz. No mesmo acto tivo lugar tamén a entrega ao escritor vilalbés do Diploma de SOCIO DE HONRA, condición que lle foi outorgada por unanimidade na Asemblea Xeral de socios do Iescha do pasado ano.

publicacións do iescha no ano 2012

Durante o ano 2012 o IESCHA editou tres libros incluídos no convenio asinado coa Área de CulturaVicepredidencia Primeira da Deputación de Lugo: “Poética da viaxe” de Xosé Otero Canto Libro de poemas pertencente á Colección Biblioteca Chairega, da que fai o nº 20. A anterior publicación deste mesmo autor levaba por título “Arelas de prata e soños. No Benquerencia (no) mar” e tamén foi editada polo IESCHA. Nesta ocacións o poeta describe por medio do verso as vivencias e sensacións producidas nunha viaxe a Europa utilizando tres medios de transpote distintos: autobús, tren e avión. “Caderno de Estudos Chairegos”, nº 6. Varios autores. No mes de decembro saiu do prelo o Caderno de Estudos Chairegos, nº 6, con temática preferentemente chairega (etnografía, historia, xeografía, sociedade, patrimonio cultural, etc. no que se incluiu, asi mesmo, un apartado poético, outro de recesións de libros escritos por chairegos ou de temática chairega, así como semblanzas de persoaxes chairegos. Non podía faltar neste número unha sección moi popular: TAL COMO ERAMOS, recollendo fotografías antigas do Concello de Vilalba e do de Guitiriz. “Algunhas casas fidalgas da Terra Chá e doutros lugares. Apuntamentos xenealóxicos e heráldicos” de José Mª Coira Sanjurjo. Colección Biblioteca Chairega, nº 21. José-Luis Novo Cazón foi o encargado da edición dun novo libro con texto de José María Coira Sanjurjo, e coa colaboración de Pepe Coira Nieto, Ana Mª Cuba Regueira e Manuel Lousa Rodríguez, continuando coa temática fidalga, xenealóxica e heráldica que ven desenvolvendo nestes últimos anos. Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013

PÁXINA16


Actividades2012 Prensa

Pテ々INA17

7

Pena do Encanto

Boletテュn Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013


7

Pena do Encanto

Boletテュn Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013

Actividades2012 Prensa

Pテ々INA18


Actividades2012 Prensa

Pテ々INA19

7

Pena do Encanto

Boletテュn Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013


7

Pena do Encanto

Boletテュn Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013

Actividades2012 Prensa

Pテ々INA20


Actividades2012 Prensa

Pテ々INA21

7

Pena do Encanto

Boletテュn Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013


7

Pena do Encanto

Boletテュn Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013

Actividades2012 Fotos

Pテ々INA22


Actividades2012 Fotos

Pテ々INA23

7

Pena do Encanto

Boletテュn Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013


7

Pena do Encanto

Boletテュn Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013

Actividades2012 Fotos

Pテ々INA24


Actividades2013

Pテ々INA25

7

Pena do Encanto

Boletテュn Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013


7

Pena do Encanto

Actividades2013 18 de xaneiro de 2013-20:30 na Casa da Cultura PRESENTACIÓN DO CADERNO DE ESTUDOS CHAIREGOS, Nº 6 O venres, día 18 de xaneiro de 2013, na Casa da Cultura de Vilalba, o Instituto de Estudios Chairegos presentouse o número SEIS da publicación bianual, Caderno de Estudos Chairegos, editado polo propio IESCHA e financiado pola Vicepresidencia PrimeiraÁrea de Cultura da Deputación de Lugo. Nesta entrega o Caderno contou coas seguintes colaboracións: José Luis Novo Cazón, Fernando Arribas, Xosé Manuel Blanco Prado, Mario Saavedra, Orlando Viveiro, Manuel C. Santamariña, María Crespo Vázquez, David Fernández Fraga, Martiño Maseda e varios colaboradores máis que glosaron a figura de Bernardo García Cendán. No acto de presentación interviron: Manuel Castro Santamariña, Xosé M. Felpeto Enríquez, David Fernández Fraga, María Crespo Vázquez e Martiño Maseda

7 de febreiro de 2013-20:00 na Casa da Cultura PRESENTACIÓN DO LIBRO “POÉTICA DA VIAXE (DOCE HORAS DE POESÍA)” DE XOSÉ OTERO CANTO Organizamos o xoves, 7 de febreiro de 2013, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Vilalba, a presentación do libro de XOSÉ OTERO CANTO “POÉTICA DA VIAXE (Doce horas de poesía)”, que foi editado polo propio IESCHA co patrocinio da Vicepre-sidencia Primeira da Deputación de Lugo (Área de Cultura). O acto contou coa participación de CAMILO GÓMEZ TORRES, Profesor, escritor e Doutor en Filoloxía; XOSÉ LUÍS VÁZQUEZ SOMOZA, Profesor, escritor e Director do IES “Lucus Augusti”, e MANUEL CASTRO SANTAMARIÑA, presidente do IESCHA, e estivo amenizada polo saxofonista FRAN CUPEIRO que interpretou de maneira brillante temas clásicos do jazz de mediados do S. XX.

15 de febreiro de 2013-20:30 na Casa da Cultura PRESENTACIÓN DO LIBRO “MAN, O ALEMÁN DE CAMELLE” DE BEATRIZ MACEDA ABELEIRA A historia do alemán de Camelle preséntouse en Vilalba, dez anos despois da súa morte tras o desastre do Prestige Vilalba acolleu o venres, día 15 de febreiro a presentación do libro Man, o alemán de Camelle, de Beatriz Maceda Abeleira, con ilustracións de Laura Veleiro Suárez, sobre a vida e obra de Manfred Gnädinger (1936-2002), o pintor e escultor xermano que viviu durante anos como un anacoreta en Camelle, no concello de Camariñas, pertencente á Costa da Morte. O acto, organizado conxuntamente polo xornal A Voz de Vilalba e o Instituto de Estudos Chairegos, tivo lugar na Casa da Cultura da capital chairega e foi conducido polo escritor chairego Lis García Ferreiro e contou tamén coas intervencións da propia autora, Beatriz Maceda; da ilustradora, Laura Veleiro; do presidente do IESCHA, Manuel Castro Santamariña, así como dun representante da Editorial Galibook. Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013

PÁXINA26


7

Pena do Encanto

Actividades2013 8 de marzo de 2013-20:00 na Casa da Cultura PRESENTACIÓN DO LIBRO: “UNHA ALBORADA NOVA: BERNARDO GARCÍA CENDÁN O mes de xuño de 2012 finou Bernardo García Cendán, membro do Consello de Redacción da Revista Encrucillada dende os seus inicios, hai xa 36 anos. Na súa memoria, a Asociación Encrucillada editou unha nova Monografía: Unha alborada nova. Bernardo García Cendán, da que son editores Marisa Vidal Collazo, Baldomero Iglesias Dobarrio e Rubén Aramburu Molet. Este libro homenaxe recolle primordialmente textos poéticos inéditos de Bernardo: cancións, oracións, poesías,... que nos revelan a Bernardo como unha persoa sensible e fondamente crente. O amor e o agarimo que verteron neste traballo todas as persoas que o fixeron posible está ben patente. O libro foi presentado o venres 8 de marzo, ás 20:00 na Casa da Cultura nun acto organizado polo IESCHA.

9 de mairzo de 2013-19:00 no Centro Cultural CONFERENCIA “A DESAFECCIÓN POLÍTICA” A CARGO DE FERMÍN BOUZA A charla-coloquio “A desafección política”, a cargo do escritor e sociólogo Fermín Bouza Álvarez tivo o sábado, día 9 de marzo de 2103, no Centro Cultural e Recreativo, nun acto organizado conxuntamente polo xornal A Voz de Vilalba e o Instituto de Estudos Chairegos, Fermín Bouza (Compostela, 1946) vive en Madrid desde o ano 1969. É membro fundador de ACOP (Asociación de Comunicación Política) e tamén escribe textos literarios, particularmente en galego (o seu libro de poemas Labirinto de Inverno foi Premio da Crítica Española). Fóra do ámbito universitario, cómpre destacar que mantén un blog en lingua castelá (El voto con botas) no que comenta a situación política tanto galega como española, facendo fincapé nos temas de lingua e mantendo posturas marcadamente progresistas e galeguistas.

22 de marzo de 2013-20:30 no Salón do Auditorio ASEMBLEA XERAL DO IESCHA O Instituto de Estudos Chairegos levou a cabo o venres, 22 de marzo de 2013, ás 20:30 horas a Asemblea Xeral Ordinaria seguida doutra de carácter Extraordinario. O lugar de celebración foi a Sala de Exposicións do Auditorio Municipal. Na Asemblea Xeral Ordinaria tratáronse temas como a Memoria do ano 2012; o Plano de Actividades para o ano 2013; o Estado de contas e Balance económico do ano 2012; o Orzamento para o ano 2013; as Propostas da Xunta Directiva -nunha das cales acordouse nomear Socio de Honra a título póstumo a Bernardo García Cendán-; e rematouse cos Rogos e preguntas. Unha vez rematada a Asemblea Ordinaria, celebrouse a Extraordinaria cun único punto: A elección da nova Xunta Directiva. Os asistentes á mesma elixiron por unanimidade á única candidatura presentada, encabezada polo presidente, Manuel Castro Santamariña.

PÁXINA27

Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013


7

Pena do Encanto

Actividades2013 5 de abril de 2013-20:30 na Casa da Cultura CONFERENCIA “O FÚTBOL GALEGO NO TEMPO DE LUIS SUÁREZ” A CARGO DE XAN FRAGA Xan Fraga, licenciado en Xeografía e Historia, Especialidade de Historia Contemporánea, pola Universidade Central de Barcelona, articulista, conferenciante, ponente e coordinador de diversos cursos de Historia, foi o encargado de impartir a conferencia “O fútbol galego no tempo de Luis Suárez, o arquitecto do balón”. A conferencia tivo lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura de Vilalba o día 5 de abril de 2013 e contou tamén coa presentación de MANUEL ROCA CENDÁN, directivo do IESCHA. Xan Fraga foi fundador e primeiro presidente da Agrupación Cultural Lumieira de Carballo, así como membro do Instituto de Estudos Bergantiñáns. Foi declarado Carballés do ano en 1997 polo acordo unánime das asociacións carballesas.

12 de abril de 2013-20:30 no Centro Cultural e Recreativo CONFERENCIA “CÓMO SALIR DE ESTA” A CARGO DE JOSÉ LUIS GÓMEZ O venres, 12 de abril, tivo lugar a presentación do libro “Cómo salir de esta” (A Coruña, Actualia Editorial, 2013) do xornalista José Luis Gómez, nun acto organizado conxuntamente polo xornal A Voz de Vilalba e o Instituto de Estudos Chairegos, e que se levou a cabo no Centro Cultural e Recreativo da capital chairega. O autor estivo acompañado polo filósofo Antón Baamonde e polo tamén xornalista Moncho Paz. “Cómo salir de esta” é froito dunha idea compartida co xornalista e economista xermano Carsten Moser, asinante do limiar, e co editor Carlos Iglesias, director de Netbiblo. A resposta á pregunta que da título á obra non figura nun só capítulo, senón que vai aflorando no seu conxunto. 20 de abril de 2013-19:00 no Auditorio Municipal PROXECCIÓN DA PELÍCULA “O APÓSTOLO” DO DIRECTOR FERNNADO CORTIZO O Instituto de Estudos Chairegos convocou a todos os que o desexaran a acudir o sábado, 20 de abril de 2013, ás 19 horas, ao Auditorio Municipal de Vilalba para presenciar a proxección da película O APÓSTOLO, dirixida polo galego Fernando Cortizo. O acto enmarcouse dentro do programa de colaboración do Instituto Basanta Silva e o IESCHA, nunha serie de actividades levadas a cabo ao longo do ano. O Apóstolo é a primeira película de animación stop-motion estereoscópica realizada en Europa, un proxecto que arrancou en 2008 e que se realizou integramente en Galiza. Contou con Philip Glass para a creación da Banda Sonora e coa participación de técnicos provenientes de películas como “A Noiva Cadáver” ou “O Señor dos Aneis”. Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013

PÁXINA28


7

Pena do Encanto

Actividades2013 26 de abril de 2013-20:30 na Casa da Cultura PRESENTACIÓN DO LIBRO “ALGUNHAS CASA FIDALGAS DA TERRA CHÁ E DOUTROS LUGARES-APUNTAMENTOS XENEALÓXICOS. O Instituto de Estudos Chairegos organizou o venres 26 de abril de 2013, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba a presentación do libro de JOSÉ MARÍA COIRA SANJURJO “Algunhas casas fidalgas da Terra Chá e doutros lugares. Apuntamentos Xenealóxicos e Heráldicos”. A coordinación da edición correu a cargo de José-Luis Novo Cazón, coa colaboración de Pepe Coira Nieto, Ana Mª Cuba Regueira e Manuel Lousa Rodríguez. O libro, publicado polo IESCHA, forma parte da Colección Biblioteca Chairega co número 21, e contou coa financiación da Área de Cultura-Vicepresidencia Primeira da Diputación de Lugo. No acto intervirán: Manuel Castro Santamariña, Presidente do IESCHA, José-Luís Novo Cazón, Pepe Coira Nieto, Ana María Cuba Regueira –coordinadores da edición-

10 de maio de 2013-20:30 na Casa da Cultura MESA REDONDA “ROBERTO VIDAL BOLAÑO E O TEATRO EN GALICIA.

O venres, día 10 de maio de 2013, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, O Instituto de Estudos Chairegos organizou unha mesa redonda que levou por título “Roberto Vidal Bolaño e o teatro actual”. Interviron na mesma: -Manuel Mª Lourenzo, actor, dramaturgo e director teatral -Francisco Piñeiro, mestre e escritor -Xosé Manuel Carballo, crego, escritor, ilusionista, humorista e animador cultural e social e -Mª Xosé Lamas, mestra e escritora O acto enmarcouse dentro da programación que, co gallo das Letras Galegas’2013, levou a cabo o IESCHA durante o mes de maio e que contou así mesmo con representacións teatrais tanto para o público en xeral coma para os máis pequenos.

26 de maio de 2013-18:30 no Auditorio Munnicipal REPRESENTACIÓN TEATRAL “O ASASINO E O MORDOMO”

O domingo día 26 de maio de 2013, ás 18:30 horas no Auditorio Municipal de Vilalba, o IESCHA organizou unha función teatral a cargo da compañía Produccións Acontrabutaca, que representou a obra “O Asasino e o Mordomo”. Esta é unha obra dirixida principalmente a un público xuvenil e de mediana idade, aínda que é apta para tódolos públicos. Esta actividade teatral programada polo IESCHA con motivo das Letras Galegas tivo continuidade o venres, día 7 de xuño, coa representación da obra “A Historia de Brancaflor”, dirixida neste caso ao público infantil. “O Asasino e o Mordomo” é algo máis que un espectáculo... é un novo xeito de entender a comedia en Galicia seguindo o ronsel que compañías como Yllana, Sexpeare, Capa i Espasa ou Pez en Raya marcan a nivel nacional... Un espectáculo no que o gag, o absurdo, os efectos sonoros, as influencias cinematográficas e media ducia de irreverentes personaxes farán as delicias do público máis esixente.

PÁXINA29

Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013


7

Pena do Encanto

Actividades2013 Do 1 ao 30 de xuño de 2013 I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA TERRA CHÁ-2013 O Instituto de Estudos Chairegos convocou o I Concurso de Fotografía Terra Chá-2013, no que poideron participar calquera persoa física sen ningún tipo de exclusión. Cada participante puido presentar até un máximo de 3 fotos, acompañadas dun título e información do lugar fotografado. As fotografías tiñan que ser orixinais e inéditas. O xurado estivo formado por 3 persoas propostas polo Instituto de Estudos Chairegos. Os premios establecidos foron os seguintes: o 1º Premio, dotado con 300 € o 2º Premio, dotado con 200 € o 3º Premio, dotado con 100 € t A entrega de premios aos gañadores levouse a cabo nun acto organizado no mes de outubro e do que se dá conta un pouco máis adiante.

7 de xuño de 2013-18:00 no Auditorio Municipal REPRESENTACIÓN DA OBRA DE TEATRO “A HISTORIA DE BLANCAFLOR” O Instituto de Estudos Chairegos, culminou as actividades programadas co gallo das Letras Galegas, coa organización dunha representación teatral, especialmente dirixida ao público infantil, que levou por título A HISTORIA DE BRANCAFLOR, dirixida por Avelino González e posta en escea polo grupo OS SETE MAGNÍFICOS MÁIS UN. O acto tivo lugar o venres, día 7 de xuño, ás 19:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba e a entrada foi totalmente de balde. A obra, protagonizada por Fran Rei, achéganos á lenda popular de Brancaflor -filla do Demo- a partir da versión que Xosé Ramón Mariño Ferro recolleu na súa escolma ‘Contos Marabillosos’. Unha trama chea de probas máxicas, encantamentos, romances e maleficios Unha fermosa historia de amor entre Brancaflor e Xan á que se opón con decidida firmeza o malvado pai da rapaza.

16 de xuño de 2013 XIII RUTA CHAIREGA POR TERRAS DE GUITIRIZ O Iescha organizou a súa habitual Ruta Chairega, alcanzando este ano a súa décimo terceira edición. Celebrouse o día 16 de xuño e, nesta ocasión, discorriu pola denominada Ruta da Auga, sita no concello de Guitiriz. Esta ruta xa foi realizada no ano 2007, pero debido as inclemencias do tempo non puideramos disfrutar totalmente da súa beleza. Partimos das inmediacións do santuario do Santo Alberte, na parroquia de Sambreixo, e, logo de percorrer uns quince quilómetros, chegamos á paraxe dos Sete Muíños, nun itinerario sen desniveis pola beira dos ríos Parga e Ladroil. Os lugares, historia e construcións fan del un camiño moi recomendable (as pontes de Santo Alberto; a ponte de Pitero; as de Parga, Ferreira, Montemeá ou Moeiro; multitude de muíños; áreas de lecer coma a de Sete Muíños; a antiga mansión, etc). Ao finalizar a ruta, repuxéronse forzas coa comida que se realizou no restaurante Tino de Momán. Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013

PÁXINA30


7

Pena do Encanto

Actividades2013 5 de xullo de 2013-20:30 na Casa da Cultura CONFERENCIA DE XOSÉ FARIÑA SOBRE “INFORMACIÓN LOCAL, PROXIMIDADE E INTERPRETACIÓN GLOBAL” Vilalba acolleu o venres 5 de xullo de 2013 a conferencia “Información local, proximidade e interpretación global”, a cargo de Xosé Pereira Fariña, profesor e decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC). O acto foi organizado conxuntamente polo xornal A Voz deVilalba –no marco do seu XXX aniversario- e mailo Instituto de Estudos Chairegos, e tivo lugar na Casa da Cultura da capital chairega. A presentación do conferenciante correu a cargo de Moncho Paz, xornalista e coeditor de A Voz de Vilalba destacando o seu traballo investigador e as súas diversas publicacións.

19 de xullo de 2013-20:30 no Centro Cultural PROXECCIÓN “CARRILANOS-OS TÚNELES DUN TEMPO” A CARGO DE RAFAEL CID O 19 de xullo, venres, tivo lugar no Centro Cultural e Recreativo de Vilalba a proxección da película documental “Carrilanos. Os túneles dun tempo”, a historia interminable da construción do ferrocarril Puebla de Sanabria-Ourense durante case medio século, prometida por gobernos monárquicos, repúblicanos e da ditadura. Durante 58 minutos e da man dos seus protagonistas aínda vivos reconstruíronse os detalles dunha obra que aparentaba interminable, cunha odisea técnica e humana de por medio da que eles non eran conscientes e os demais descoñeciamos. O acto, organizado conxuntamente por A Voz de Vilalba e o Instituto de Estudos Chairegos, levosue a cabo no Centro Cultural e Recreativo e contou coa presenza de Rafael Cid, autor do documental e actual director de RTVE Galicia, que estivo acompañado polos xornalistas Antón Grande e Moncho Paz.

27 de xullo de 2013-21:00 no Centro Cultural ESPECTÁCULO DE MAXIA “ONDE ESTÁ O MAGO ANTÓN” Co patrocinio da Área de Cultura da Deputación de Lugo, o Instituto de Estudos Chairegos, convidou a participar o sábado, día 27 de xullo de 2013, ás 21 horas no Salón de Actos do Centro Cultural e Recreativo de Vilalba, do espectáculo de maxia titulado Onde está o Mago Antón? Neste caluroso verán non podía faltar a maxia, e que mellor para iso que disfrutar dela da man do mago máis recoñecido do panorama galego, o Mago Antón. Este espectáculo, no que poidemos presenciar novos e sorprendentes trucos, contou cunha xornada previa –a do venres, 26- na que o Mago Antón percorreu diversas rúas da nosa vila amosándolle á xente coa que se atopou parte dos seus mellores trucos e convidándoos de paso ao acto principal que tivo lugar, como dixemos, na xornada seguinte, sábado, día 27, ás 21 horas, no Salón de Actos do Centro Cultural e Recreativo, con entrada libre e gratuíta.

PÁXINA31

Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013


7

Pena do Encanto

Actividades2013 Do 28 de agosto ao 14 de setembro de 2013 no Auditorio Municipal de Vilalba EXPOSICIÓN DE PINTURA DE Mª CARMEN GÓMEZ Coincidindo coas festas patronais de San Ramón e Santa María, o Instituto de Estudos Chairegos organizou unha exposición de pintura da vilalbesa Mª Carmen Gómez Mato no Auditorio Municipal de Vilalba. A data de inauguración foi o mércores, 28 de agosto, ás 20:30 horas. A mostra estivo formada por un total de 46 cadros ao óleo sobre distintos materiais: lenzo, tabla, aglomerado ou madeira. A temática dos cadros foi bastante variada, podéndose contemplar dende mariñas, paisaxes diversas ou atardeceres ata retratos, motivos relixiosos, bodegóns ou tarefas cotiás. A exposición permaneceu aberta dende o día 28 de agosto ata o 14 de setembro de 2013, ambos inclusive, podéndose visitar dentro do horario estipulado polo propio Auditorio.

31 de agosto de 2013-18:30 no Auditorio Municipal CINE-COLOQUIO “A VÍA LÁCTEA” CON RAMÓN CHAO O día 31 de agosto, día de San Ramón, tivo lugar en Vilalba un cine-coloquio coa proxección de A Vía Láctea, película realizada por Luis Buñuel en 1969. Moderado por Ramón Chao e Moncho Paz, celebrouse ás 18:30 horas no Auditorio Municipal. O acto, de entrada gratuíta ata completar aforo, organizouno o Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), o xornal A Voz de Vilalba e a plataforma cívica Amigos de Prisciliano. Como outras películas do universo Buñuel, A Vía Láctea trata de temas como o catolicismo, o comunismo e o surrealismo. O guión é do propio Buñuel e do francés Jean-Claude Carrière, que na cinta interpreta o papel de Prisciliano e que na actualidade é o presidente de honra da plataforma cívica Amigos de Prisciliano, fundada por Ramón Chao e Ignacio Ramonet.

13 de setembro de 2013-20:30 no Auditorio Municipal CONCERTO DE UXÍA NO DÍA DA CULTURA CHAIREGA - IX CABODANO DO PASAMENTO DE MANUEL MARÍA O Instituto de Estudos Chairegos de Vilalba escolleu o espectáculo “Andando a Terra”. Uxía canta a Manuel María’ para conmemorar o Día da Cultura Chairega no IX Cabodano do Pasamento do poeta da Terra Chá. O acto foi financiado pola Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo. Os versos do poeta da Terra Cha convertidos en fermosas cancións escoitáronse no epicentro da súa lembranza e no medio dun ambiente de exaltación do patrimonio material e inmaterial deste singular territorio que Manuel María viviu, cantou e amou. Uxía estivo acompañada polos músicos Sergio Tannus, Paulo Silva e Santi Cribeiro. Un trío de luxo para este espectáculo que naceu trala emotiva estrea-presentación do disco no Teatro Colón da Coruña, en setembro do pasado ano. O acto tivo lugar o día 13 de setembro con entrada gratuíta. Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013

PÁXINA32


7

Pena do Encanto

Actividades2013 Do 20 de setembro ao 18 de outubro de 2013 no Auditorio Municipal de Vilalba EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA TERRA CHÁ’2013 A inauguración da exposición tivo lugar o venres, día 20 de setembro, ás 20:30 horas, na referida sala do Auditorio Municipal. Así mesmo, durante a inauguración, levouse a cabo tamén a entrega de premios aos gañadores do I Concurso e que a continuación se relacionan: 1º PREMIO: TÍTULO: RIOVERDE AUTOR: FERNANDO ROMÁN AREÁN, DE AMES CANTIDADE: 300 € 2º PREMIO: TÍTULO: AS DÚAS TORRES AUTORA: ANA ANIDO TRASTOY, DE VILALBA CANTIDADE: 200 € 3º PREMIO: TÍTULO: ALTO DE BOIZÁN (Ponte sobre a A8) AUTOR: BRAIS GONZÁLEZ ROUCO, DE VILALBA CANTIDADE: 100 €

20 de outubro de 2013 VI RUTA POR GALICIA ADIANTE-ANDANDO AS TERRAS DE MAÑÓN O Instituto de Estudios Chairegos, continuando co desenrolo da súa programación do ano 2013, organizou para o domingo, día 20 de outubro, a VI Ruta Por Galicia adiante - Andando as Terras... de Mañón: Ruta Ribeiras do Bispo-Coto de Segade”. O tramo percorrido foi o de Ribeiras do Bispo-Coto de Segade, espectacular tramo á beira do río Sor, bastante ben conservado, fácil de facer e apto para todas as idades. Atópase nun entorno natural moi pouco explotado, cunha paisaxe agreste e frondosa e cunha vexetación autóctona misturada con especies foráneas que se adaptaron perfectamente á zona. As augas do río son limpas e cristalinas. En fín, todo un luxo que merece a pena ser visitado. Unha vez rematada a Ruta, tivo lugar en Casa Urbano de Grañas do Sor unha reconfortante comida que serviu a todos os participantes para repoñer forzas.

22 de novembro de 2013-20:00 na Casa da Cultura EXPOSICIÓN “SOÑOS DE AUGA” E PRESENTACIÓN DO LIBRO “SOBRE RUÍNAS” O venres, 22 de novembro, tivo lugar na Casa da Cultura de Vilalba, un acto doble organizado conxuntamente polo Instituto de Estudos Chairegos e a Asociación Cultural “A Voz de Vilalba”. Por unha banda, a presentación da mostra fotográfica “Soños de auga”, da poeta Helena Villar Janeiro, que ficará exposta ata o 12 de decembro e que reúne unha serie de fotografías desta escritora galega que teñen como nexo común o tema da auga en todas as súas formas: a orballada, a batida do mar, a brétema, a chuvia… E por outra banda, presentouse no mesmo acto o libro “Sobre ruínas”, de Xesús Rábade Paredes, un conxunto de poemas para o combate neste tempo de vencidos e derrotas. Unha poesía de altura sobre ruínas e fronte a elas, un berro para espelir aos rendidos, un laio contra a desolación. No acto, participarán os autores Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes, amais de Henrique Alvarellos, María Xosé Lamas e Mario Paz González.

PÁXINA33

Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013


7

Pena do Encanto

Actividades2013 Decembro de 2013 EDICIÓN DO LIBRO “FOTOGRAMAS DA DESFEITA” DE MARTIÑO MASEDA LOZANO Incluído no convenio asinado coa Vicepresidencia Primeira-Área de Cultura da Deputación de Lugo e dentro do programa “Actividades do ano 2013”, o Instituto de Estudos Chairegos editou o libro de poemas de Martiño Maseda Lozano “Fotogramas da desfeita”, pasando a formar parte da colección Biblioteca Chairega co número 22. Baixo ese título agóchase a película da vida no que cadaquén cumpre o seu papel como actor nese gran teatro que é o mundo. Cada poema é un fotograma composto polo alento das emocións que nel se viven, que del se respiran. Son corenta poemas que falan desa dor allea que se fai nosa ao presenciala, ou sentila. Poemas da intrahistoria, que vai dentro de nós e que conforma o debuxo deforme da nosa existencia. Poesía social que afonda dun xeito entre poético e narrativo nas eivas que aturan os personaxes na inexorable existencia. A presentación levarase a cabo a finais do mes de xaneiro de 2014, na Casa da Cultura de Vilalba.

13 de decembro de 2013-20:30 no Auditorio Municipal INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE PINTURA DE DOLORES LEAL O venres, 13 de decembro, ás 20:30 horas, na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba, o IESCHA organizou o acto de inauguración da Exposición da pintora vilalbesa DOLORES LEAL e que se puido contemplar ata o día 11 de xaneiro de 2014 dentro do horario do Auditorio. Emocións a cachón. Así é como se podería definir o traballo desta pintora vilalbesa, que dende sempre, sentiu a chamada da pintura, “que non do debuxo”, tal e como ela mesma recalca en repetidas ocasións. As súas obras son xeralmente coloristas e dunha viveza de sentimentos indescritible. Podendo dicirse que deles xorde o seu mundo interior máis oculto. Non obstante, o espírito do tráxico ou a tristura están presentes en moitas das súas obras, sendo a cor negra utilizada na maioría delas pois, tal e como a propia autora afirma “Non podo dar por finalizada unha obra sen darlle o toque de negro e cheguei á conclusión de que representa a fina capa de amargura que recobre cada acto vital e cada sentimento”.

20 de decembro de 2013-18:00 no Auditorio Municipal ACTUACIÓN DO GRUPO MALABARISTA “CAIR”

Unha nova colaboración entre o IESCHA e o IES Basanta Silva permitiu organizar a actuación na nosa vila do grupo de malabarismo “CAIR”. Pola mañá foi no Salón da Acto do Instituto, para o alumnado dese centro, e pola tarde no Auditorio Municipal, para todos os públicos, especialmente alumnado de Infantil e Primaria. CAIR é un espectáculo de circo e acrobacias onde accións sinxelas e cotiás derivan en coreografías acrobáticas, excéntricas, con continuos golpes e caídas caóticas que contratan con coreografías visuais de danza e malabar. A emoción e o risco súmanse ao humor. O absurdo, o sinxelo e o universal están presentes nas disparatadas rutinas do circo. Catro persoaxes aparecen en escena, non falan, están á espera, sorpréndense cando se ven, pero coñécense dende toda a vida. Imítanse, xogan, divertíndose todos a unha. Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013

PÁXINA34


7

Pena do Encanto

Actividades2013 20 de decembro de 2013-20:30 na Casa da Cultura CONFERENCIA DE DARÍO VILLANUEVA Darío Villanueva Prieto, reelixido hai pouco tempo para o cargo de secretario da Real Academia Española, estivo en Vilalba para falarnos dos 300 anos des institución, un aniversario que comezou a celebrarse o pasado mes de setembro e que rematará no outono de 2014 cunha nova edición do Diccionario de la lengua española. A conferencia, á que asistiu numeroso público, tivo lugar o venres, día 20 de decembro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura. O académico foi presentad por Mario Paz González, co-editor do xornal A Voz de Vilalba, e por Manuel Roca Cendán, membro da xunta directiva do Instituto de Estudos Chairegos “Pena do Encanto”, que foron as dúa entidades que organizaban o acto. Darío Villanueva, nado en Vilalba no ano 1950, é na actualidade un dous principais teóricos e críticos literarios do Estado español.

Decembro de 2013 EDICIÓN DO LIBRO “CARTAS ANTÓN” DE BERNARDO GARCÍA CENDÁN Coincidindo co cabodano do pasamento do noso benquerido e recordado Bernardo García Cendán –nomeado Socio do Honra do IESCHA a título póstumo na última asemblea xeral-, o Instituto de Estudos Chairegos acordou a edición dun libro recollendo a totalidade dos textos que baixo o epígrafe de Cartas a Antón, escribiu Bernardo para distintos medios tanto escritos coma falados. Compoñen a publicación un total de 212 cartas que van dende o 10 de outubro de 2002 ata o 18 de marzo de 2011. O libro conta ademais cun prólogo a cargo do escritor vilalbés Agustín Fernández Paz. A obra incluíuse tamén no Convenio asinado coa Vicepresidencia Primeira-Área de Cultura da Deputación de Lugo, dentro do programa “Actividades 2013”. A súa presentación levarase a cabo no mes de xaneiro de 2014, na casa da Cultura de Vilalba.

Decembro de 2013 PUBLICACIÓN DO BOLETÍN INFORMATIVO DO IESCHA “PENA DO ENCANTO”, Nº 7 No mes de decembro, editamos un novo número -o 7- do noso boletín informativo “Pena do Encanto”, que alterna coa outra publicación periódica do Iescha, o Caderno. Nesta ocasión, comezamos no limiar lembrando a figura de dous ilustres compañeiros que nos deixaron: Bernardo García Cendán -a quen lle dedicamos o anterior Caderno- e José Luis Novo Cazón, a quen vai dedicado este número da revista, xunto con distintos artigos que glosan a súa persoa. Na portada, reproducimos as tres fotografías premiadas no I Concurso de fotografía Terra Chá’2013. Na contraportada, como é costume, incluímos un debuxo a plumiña do sempre recordado Ramón Guntín. No interior, á parte da relación completa das actividades do 2012 e 2013, podemos ler artigos de Xosé Manuel Carballo, Xosé Manuel Prado, Orlando Viveiro, Manuel Castro Santamariña, Raúl Río, Xaquín Campo e as poesías de Jesús Trastoy e Mª Isabel Gómez.

PÁXINA35

Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013


7

Pena do Encanto

Boletテュn Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013

Actividades2013 Fotos

Pテ々INA36


Actividades2013 Fotos

Pテ々INA37

7

Pena do Encanto

Boletテュn Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013


7

Pena do Encanto

Boletテュn Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013

Actividades2013 Fotos

Pテ々INA38


Actividades2013 Fotos

Pテ々INA39

7

Pena do Encanto

Boletテュn Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013


7

Pena do Encanto

Boletテュn Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013

Actividades2013 Fotos

Pテ々INA40


Actividades2013 Fotos

Pテ々INA41

7

Pena do Encanto

Boletテュn Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013


7

Pena do Encanto

Boletテュn Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013

Actividades2013 Prensa

Pテ々INA42


Actividades2013 Prensa

Pテ々INA43

7

Pena do Encanto

Boletテュn Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013


7

Pena do Encanto

Boletテュn Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013

Actividades2013 Prensa

Pテ々INA44


Actividades2013 Prensa

Pテ々INA45

7

Pena do Encanto

Boletテュn Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013


7

Pena do Encanto

Colaboracións

ENCONTRO CON BERNARDO NO ALÉN (I e II) Xosé Manuel Carballo I Querido Chema Felpeto, demais familia do IESCHA, amigos e familiares de Bernardo, en resposta ó teu agarimoso correo, querido Chema, no que me desexas unha pronta recuperación e que, aínda que me queden dificultades de voz, non as teña na fala, coincidindo ademais co cabodano de pasamento de Bernardo e lembrando a conversa que hai pouco máis dun ano mantivemos no tanatorio estando el de corpo presente, quixera contarche para que ti, se queres, tamén o contes, un encontro que tiven co Bernardo García Cendán o día vinte deste mes de xuño mentres me estaban operando, entre as 8,30 e as 4 da tarde, neste Hospital de Lugo dende o que che escribo. Pois resulta que mentres estaba anestesiado, como vin que a cousa ía para longo, decidín, sen pedir permiso a ninguén deixarlles o meu corpo alí no quirófano para que fixesen o que quixesen con el, xa que confiaba en que estaba en boas mans, e botarme fóra de min para ir dar unha voltiña por aló arriba, polo Alén, para que non me pillase de sorpresa se por un casual se producía algunha das posibles continxencias mortais que eu xa firmara co “Consentimento” da preanestesia que, de ocorreren, só eu era responsable legal. Segundo mesmo estaba entrando no Alén vin ó Bernardo por detrás e recoñecino. Así de primeiras sentinme un chisco cortado, porque pesa sobre min un certo sentimento de culpabilidade por non estar nos seus últimos días tan ó pé del como debera, debido quizabes á timidez, á indecisión, ou, se cadra, ó medo, porque xa eu daquela non as tiña todas comigo e ben sabía que Bernardo sabía o que outros sospeitabamos. Tamén sentía algo de reparo á hora de falar con el, porque non cumprín como é debido coa súa familia, especialmente con súa nai, a sempre agarimosa Maruxiña. Despois da morte de Bernardo estaba eu agardando a que curase un pouquiño a súa sangrante ferida par ir facerlle unha visita, e non souben que morrera ata despois dalgún tempo do seu pasamento. Parécelle a un que está bastante ben informado porque leu ou escoitou catro chorradas de políticos corruptos e, non obstante, cando se produce un acontecemento verdadeiramente transcendental pásache desapercibido. Tamén, como cando Bernardo parou de deixarse ver por entre nós, foise indo así daquela maneira, case sen opoñer resistencia, afrouxando na loita pola vida, debido ás súas recorrentes depresións, a desencantos e decepcións dun corazón especialmente sensible, pensei que ó mellor aínda non era tempo de volvermos a falar de cousas que van quedando lonxe, como por exemplo: ter que poñer trancas ás cancelas do corazón por mor dunha utópica meirande doazón. Nin que non o coñecera! Atopeime con que recuperou o sosego e bo humor que sempre o caracterizaron. Cando cheguei a cabo del ía paseando a modo por entre uns amieiros a carón dun río que a min case me pareceu o Magdalena. Levaba a zamarra de costume co colo subido coma se fose frío, e mais non o facía. Lucía un solciño morno que namoraba, cantaban paxariños e revoaban arredor del, facendo mil cabriolas, centos de variopintas bolboretas ou pitiñas de Deus. Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013

PÁXINA46


7

Pena do Encanto

Colaboracións

O pillabán, ó verme, sorriu e eu empoliqueime nese sorriso para iniciar a conversa: - E logo, se non é moita a pregunta, de que te ris, Bernardo? Hoxe non traio chourizos coma os que me daban na casa, cando estabamos no Seminario, para o amigo de Vilalba El, sen perder o seu paso repousado, contestoume: - Home, Xosé Manuel, xa ves o que son as casualidades. Ríame á conta túa, porque pasou aviso o Xiz das túas entrequedencias e de que a estas horas te estarían operando no HULA. Pero, xa me parecía a min que non te ían dar amarrado para térente moito tempo quieto e parado.... Ben sabes que o Xiz a onde non chega manda razón sobre o que lles pasa ós amigos para ben ou para mal... E ía eu matinando: Ese argalleiro de Carballo, se hai algún fallo na operación, unha de dúas: ou se cabrea co Sergas, ou lle bota as culpas á Anastasia. Pregunteille por curiosidade: - Seguirás participando en coloquios da radio ou da televisión celestial? Ceibou unha gargallada e díxome: - Aquí non hai televisión. Non ves que se a houbese non podería ser o ceo. ¡Sería o inferno! O que hai aquí son parrafeos, e xa o creo que participo. Aviseino de que non contase neses parrafeos o da miña escapada parcial do quirófano, porque, se me pasaba algo e o sabían na inseguridade social, o mesmo non querían cargar cos gastos da operación e acabábanme cos aforriños que tiña gardados para a recuperación. Tamén lle preguntei se lle servía para algo alí a socioloxía na que el era especialista e díxome que non, porque alí a vara de medir non é a razón, senón a doazón. ¡Menos mal!, dixen eu, pensando en Bárcenas e Urdangarín. Para non rematar esta parte con estas dúas palabras tan de actualidade, pero tan pouco axeitadas para o caso, déixame dicir, moi prezado Chema, que continuará e rematará nunha próxima segunda parte. http://www.galiciadigital.com (28-06-2013)

II O Bernardo segue chegando tarde a case todo. Só é puntual ás horas de rezar e de cear. Tampouco madruga. Segue facendo versos e ten un coro formado por querubíns e serafíns que poñen música ós seus poemas. Dá gloria escoitalos. Case o fan tan ben coma Pilocha ou María Manuela, dúas das súas moitas boas amigas, e, dende logo, fano moito mellor ca Mini e Mero. ¡Sen comparanza! Claro que a voz de Mini corresponde máis a tronos que a querubíns e a de Mero tíralles un aire ós principados e potestades. Como tiñamos falado de que tanto el coma min dificilmente libraríamos sen unhas chamuzcadiñas, quixen saber se xa saíra do purgatorio, ou se gozaba de liberdade condicional, ou se conseguira o terceiro grao. Confesoume que saíra o mesmo día que chegara ó ceo súa nai, Maruxa. Maliciei que houbera ser cousa del reclamala para xunto de si; pero non. Moi serio dixo: - Foiche cousa dela virse.

PÁXINA47

Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013


7

Pena do Encanto

Colaboracións

- Sería -dixen eu-, pero non porque fose mal querida ou mal tratada pola familia e veciños. - Non, home non -seguiu el-. É que para min non podía haber felicidade plena sen ela e ela, aínda que era ben querida abaixo, non deixaba de matinar en como estaría o seu Bernardiño. Ben sabes que os fillos curas non medramos para as nosas nais. - E para as irmás tampouco, -constatei eu e continuei-: Pois teu pai, o Severino, non se houbo de alegrar pouco coa chegada de calquera de vós os dous. Aclaroume Bernardo: - Meu pai, (do que por certo non esquezo que fuches ti o encargado de comunicarme que finara, cando estabamos na Romaxe do Monte Aloia, aló polo 10 de setembro do 1983), sentiuse moi ledo, sobre todo coa chegada de miña nai; pero a súa alegría é relativa, porque aínda non deu superado a morte prematura de meu cuñado Martín Seco. Tamén a min me afectou moito. Afectounos a todos. Atalleille eu: - Ben o sei. Non fai falla que mo xures… Aínda non teño o libro de Encrucillada en homenaxe a ti. Coa súa retranca habitual e sen perder a calma, bromeou: - E, anque o tiveses…,a ti pásache, como ti mesmo dicías daquel bispo, D. José: que tiña tanto que escribir que non lle quedaba tempo a ler. Antes volver aínda quixen investigar algo máis, porque, sen ser eu un hiperactivo, tenme algo intrigado iso da pasiva visión beatífica, que, sen saber por que, conceptúo como un estado de inactividade perpetua, coma se un estivese vendo vídeos eternamente: - E teu pai, co amigo que era de conversar, non se aburre. Bernardo sempre sentiu unha admiración moi especial polo pai e cun amplo sorriso contoume: - Aínda que na eternidade non medra o pelo ni na barba, el montou unha barbaría clásica moi parecida á que tiña en Vilalba. Alí xúntanse nas horas de recreo amigos de sempre, coma Antonio Fraga e moitos outros. Alí pásaselle o tempo case sen darse conta. Ben sabes que había quen viña cortar o pelo co Severino dúas veces á semana só polo gusto de conversar. Daquela eran outros tempos. Eu non levara reloxo comigo, porque non me deixaban entrar con el no quirófano e Bernardo tampouco o tiña, porque mentres o tivo non o miraba e na eternidade o tempo é sempiterno. Consciente de que non tiña permiso verbal nin escrito, decidín volverme e díxenlle: - Bueno, vou aló a ver como estou. Ofreceuse el: - Se queres dígolle ó arcanxo Gabriel, co que teño moita confianza, que vaia nun plis plas botar un ollo a ver como vai o asunto. Eu ben sei que Bernardo ten certa tendencia a “enrollarse” como bo conversador que é e temía non dar chegado a tempo ao quirófano para espertárenme no momento oportuno. Por iso díxenlle que prefería baixar eu e así xa me quedaba se lles facía falla. Despedinme con estas verbas, as últimas que dixen antes de quedar sen cordas vocais: Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013

PÁXINA48


Colaboracións

7

Pena do Encanto

- Ata por aí calquera día. Se todo vai ben, o mesmo tardamos unha tempadiña en volver a vernos; pero non te vaias esquecer de min e búscame unha estancia algo xeitosa, podendo ser non moi lonxe de ti, aínda que sexamos moitos os que alangreamos polos teus saberes e polos teus chistes. El só respondeu: Amén. Amén. Chema, amigo, permíteme antes de rematar facer referencia a un deses sucesos que algúns din que se producen por casualidade e outros opinamos que é por causalidade; pero en calquera caso dan que pensar. O día que chegou a mala nova da morte de Bernardo quedara eu con Elena e Carolina do Castro de Viladonga no monte da Escrita ou do Sagrado Corazón en Santa Locaia. Elas subiron ó cumio e baixaron abraiadas, porque se atoparon alí arriba co poema que Bernardo fora escribir alí mesmo para a Ruta da Escrita. O Poema titúlase: “O teu Reino na Chaira”. Del entrecollo a última estrofa que reza: Noso Pai, veña o ten Reino que dea a todos palabras e que esperten algún día, na calma da nosa Chaira, xenerosas rebeldías que un mundo novo proclaman.

Pídolle a Deus, xa que polo que se sabe saíu ben a intervención, que me dea algunha desas palabras que proclamen un mundo novo. E que todos os chairegos atinemos con esas palabras axeitadas.

Remato, Chema, con apertas non moi fortes por medo a mancarme e dicíndoche que por mímica tamén se pode entender o que se di e o que se quere dicir, ou sexa: a retranca, non si?

PÁXINA49

Xosé Manuel Carballo http://www.galiciadigital.com (02-07-2013)

Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013


7

Pena do Encanto

Colaboracións

MANUEL MARÍA E AS ROMAXES CHAIREGAS Xosé Manuel Blanco Prado

No seu poemario sobre a Terra Chá, Manuel María adícalle a algunhas romarías da Chaira uns poemas nos que a tenrura, a emotividade, a nostalxia… están continuamente presentes. A miña intención é levar a cabo unhas breves reflexións sobre algúns destes poemas e ademais ter en conta a interpretación que realiza o pensador chantadino Lois García sobre o devandito poemario. O poema Á Virxe do Monte, patrona da Terra Chá, está composto de 4 cuartetas: Virxe do Monte, Raíña, Patrona da Terra Chá: ¡olla a soedade miña que morro de señardá!

Estás ollando amorosa con olliños de abelaira a miña terra fermosa na soedade da Chaira.

Eu algo teño no peito, non debe ser cousa boa. Téñote lonxe, en Cospeito, con saudades da Lagoa…!

Eu estou lonxe, Señora, agora vivo en Monforte, ¡E penso en Ti cada hora, miña estreliña do norte!

Este poema reflicte a profunda melancolía que sente Manuel pola súa terra de orixe. Así, as súas vivencias da Chaira lévano a volver a miúdo a este recanto, xa que no seu ser hai unha profunda inquedanza e un sentimento inherente que o obrigan a saír do seu Monforte, vila do Lemos querida, coa súa cónxuxe Saleta, tamén compañeira e amiga. Estas viaxes, aínda que sexan de ida e volta, permítenlle ao poeta sentir de novo unha natureza que non pode esquecer e que está reflectida non só nos ríos, nas lagoas, nas árbores, nos paxaros, nas capelas, nos castelos… senón tamén na proxección de cara aos seus amigos de nome e de moitos outros, que están no seu latexar. Isto último está claramente plasmado na súa Cantiga de Romaxe pra ir ó San Ramón de Vilalba, onde, ademais de facer alusión ao sentido lúdico da festa do San Ramón, aproveita a viaxe para contemplar dende unha atalaia artificial, como é o castelo dos Andrade, unha natureza xa con pequenos cambios propiciados pola chegada dunha nova estación. Así mesmo, esta cantiga serve para lembrar aos seus amigos: García Mato, Pepe Apenela, os Camba (Pepa, Cristina e Alfonso), Carme Prieto, Pablo Pena de Olano, Plácido Orosa, Antón Insua, Chao Rego, Xulio Xiz Ramil; tamén, xa dun xeito impersoal, aos poetas que van xurdindo, onde encontra a “nova seiva” galega, e a un sen fin de persoas que sería moi complexo nomear. Nos poemas Romaxes e A Virxe das Angustias de Arcos hai dúas cuartetas nas que o poeta e a advocación mariana respectiva establecen unha relación mediante unha promesa. Esta consiste nun contacto directo e sagrado de forma moral entre o devoto e Deus por medio de Cristo ou dunha serie de mediadores como son as diferentes advocacións da Virxe e dos santos. Sen embargo, estes mediadores non sempre son como os define a Igrexa Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013

PÁXINA50


Colaboracións

7

Pena do Encanto

oficial, xa que na devoción popular non adoitan ser intermediarios ante Deus, senón que teñen un poder primario, é dicir, un poder que lle é propio. Se o centeo non se apedra ofrecereime con vela: ¡ós Milagros de Saavedra e mais á Virxe de Cela! (Romaxes)

Señora, que todo o ves: ¡benzóame esta ferida! ¡Estou aquí, ós teus pés, coa miña oferta cumprida!

(A Virxe das Angustias de Arcos)

No primeiro caso a promesa é condicional, é dicir, ambas as dúas advocacións marianas conceden a petición ao devoto e, logo, este leva a cabo a promesa. Este tipo de ofrenda é un cumprimento a posteriori, e recibe tamén os nomes de “ofrenda condicionada” e “petición condicional”. Pola contra, no segundo a promesa é a priori, é dicir, os diferentes rituais e ofrendas, que os devotos cumpren, teñen lugar denantes de que lles sexa concedida a petición. Este tipo de promesa recibe os nomes de “ofrenda propiciatoria” e “ devoción peticionaria”. No poema O San Alberte de Parga, composto de 5 cuartetas, o autor fai referencia a este santo como sandador dos mudos e dos tatexos. Sen dúbida Manuel coñecía desde pequeno, grazas aos seus pais, a proxección importante que tiña este santo por toda a comarca chairega, chegando o seu territorio de graza ata as terras de Betanzos, onde era coñecido como “ o santo da fala”. Meu San Alberte glorioso de San Ambreixo de Parga: ¡se o falar é moi fermoso, a mudez é ben amarga. Cómpre dicir que San Alberte foi non só un teólogo dominico do século XIII, senón tamén un importante filósofo –mestre de Santo Tomás- e retórico. Polo tanto, non resulta estraño que este santo fora tamén un milagreiro intercesor por todos os que desexaban manexar a arte da retórica e da oratoria1. Dáme unhas verbas sinxelas prá miña pronuncia escura e lume para acendelas en chamas de fermosura...! Así mesmo é moi significativa a súplica do poeta ao santo para que interceda sabiamente na súa proxección lingüística galega. Se cadra o poeta quere tentar unha concienciación da fala da Chaira utilizando ao santo como mediador. San Alberte milagreiro eres, como min, chairego: ¡dáme un falar verdadeiro no noso idioma galego. 1 LOIS GARCÍA, Xosé: Lectura e Itinerario posible polo Terra Chá de Manuel María, Lugo: Deputación Provincial, 1994, páx. 27.

PÁXINA51

Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013


7

Pena do Encanto

Colaboracións

No poema A Santa Isabel de Outeiro de Rei, composto como o anterior por 5 cuartetas, o insigne autor fai alusión a unha romaxe adicada á santa, que se celebra o día 8 de xullo nunha pequena capela situada á beira do río Miño. Esta romaxe, en tempos, tiña moita sona e gozaba dun prestixio en toda a contorna. Isto daba lugar a que acudisen devotos de todas as condicións, mais dun xeito preferencial os segadores prestos para comezar a tarefa do campo. Era a romaxe máis próxima a este labor, o que daba lugar a rogos e súplicas tanto polos que quedaban na terriña como polos que saían para Castela na procura dalgúns cartos para poder pagar débedas e seguir vivindo na pobreza. Era un continuo ciclo pechado. ¡Que romería belida a túa romaxe, na sega¡ ¡A súa sona ben cumprida a moitos lugares chega. Ademais o poeta reflicte o seu cariño e fidelidade á Santa, xa que foi o produto dunha socialización primaria que tivo como eixo fundamental a súa nai. Esta transmitiulle unha serie de valores relixiosos, tanto teóricos como prácticos, distinguindo como un dos máis significativos a veneración a esta entidade sacra. O teu amor, miña raíña, é como escuma e medrou. ¡Foi miña nai, ai santiña, quen teu amor me amosou! O poema A Virxe da Saleta de San Xulián de Mos, composto de 4 cuartetas, é devocional, de rogo a unha advocación mariana que posúe un territorio de graza proxectado ao ámbito municipal, mais non por iso menos avogosa que as demais advocacións da Chaira. Ademais cómpre sinalar como o poema reflicte o profundo sentimento que o poeta sente pola súa dona, compañeira inseparable no seu percorrido vital. ¡Xa nomeei co teu nome tódalas cousas que amei! ¡Co teu nome hei nomear canto na vida amarei! A Cantiga de Romaxe de Santa María de Rábade trátase dunha composición poética na que o autor plasma o amor que sente por esta advocación mariana, á que lle prega que poña remedio as súas angurias. Así mesmo deixa entrever o pedimento de amor e casamento que lle fan moitas devotas. En definitiva estas composicións poéticas reflicten as angurias do poeta, os seus sentimentos, emocións, inquedanzas, a interacción da natureza coa luz divina que nos leva a unha sacralización da mesma e, polo tanto, a un posible panteísmo. “Se Manuel María vai á procura da suposta luz celestial o que si temos claro é que o fai a través da natureza do seu medio divinizado”2. 2 LOIS GARCÍA, Xosé.: Lectura e Itinerario posible polo Terra Cha de Manuel María, Lugo: Deputación Provincial, 1994, páx. 30. Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013

PÁXINA52


7

Pena do Encanto

Colaboracións

Recordo: Manuel, poeta chairego, insigne, bo e xeneroso, que as romaxes da túa Chaira querida latexen no teu ser ao longo dos séculos. ILUSTRACIÓNS

SANTUARIO DA VIRXE DOS MILAGRES (SAAVEDRA, BEGONTE)

ADVOCACIÓN MARIANA DOS MILAGRES

RELICARIO DA VIRXE DO MONTE (FEIRA DO MONTE, COSPEITO)

IMAXE DO SAN ALBERTE EN PROCESIÓN (SAN BREIXO, GUITIRIZ)

PÁXINA53

ADVOCACIÓN MARIANA DA VIRXE DO MONTE EN PROCESIÓN

FREGUÉS ENCARGADO DE “POÑER A SANTA” (ARCOS, OUTEIRO DE REI).

CATIVA BEBENDO DA AUGA DA FONTE DO SAN ALBERTE (SAN BREIXO, GUITIRIZ).

SANTUARIO DE ARCOS (OUTEIRO DE REI)

Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013


7

Pena do Encanto

Colaboracións

POLOS CAMIÑOS DA TRIBO Orlando Viveiro Veiga O camiño real, vello ou francés(*) En pasando o castro de Bagueixos, que cadra asentado no curuto dun outeiro dende o cal se pode observar a chaira inmensa, descende o camiño aproveitando unha pronunciada caída pola banda do norte para atravesar o monte da Brea e de seguido o río Santa Marta, nado nas veigas de Bonxe, a medio da chamada “ponte vella” situada preto de Constante. A ponte, que conserva o seu único arco de medio punto construído en cantería, ten sido vítima da insensibilidade e do desleixo que semellan posuír os responsábeis de dar aprecio e conservar o noso patrimonio. Como consecuencia de tal, ficou emboutada en cemento e chapapote por mor da execución dun daqueles “plans” deseñados polas administracións. Mais a pesar de tal afronta resiste en pé facilitando a entrada de viaxeiros e viaxeiras nas terras do concello de Outeiro de Rei. A continuación, o trazado debuxa voltas e reviravoltas por entremedias dos lugares de Pape e o Castro para atravesar de novo o mencionado regato na procura de Brandián, lugar situado mesmo ao pé da igrexa de Robra. A toponimia fica ateigada de elementos que amosan a importancia e antigüidade do traxecto viario que apuntamos, proporcionando ás persoas interesadas información relacionada co mesmo. En primeiro lugar aparece o expresado “Brea” referido a unha “vereda” ou camiño público, en moitas ocasións estreitamente relacionado coa existencia previa dunha calzada romana tal como acontece no presente caso a propósito da vía que comunicaba as cidades de Lugo e Betanzos. Esta condición contribúe a xustificar a presenza de abondosas re-

“Meu regato do Cepelo, fillo do Trollo da Agüela, ¡faste mociño nas Regas e vas morrer á Barciela! Manuel María

ferencias a “camiño vello” e mesmo “real” cualificativos ambos que se observan tanto no plano documental como na tradición oral. Outra denominación frecuente é a de “camiño francés”, que tería a súa explicación na utilización deste itinerario como ruta secundaria de peregrinación a Compostela, circunstancia que motivara a conservación do chamadeiro antedito na memoria colectiva e mesmo na propia toponimia onde se localizan diversos puntos, nos cales figura tal apelativo. “O francés” é o nome polo que se coñecen diversas parcelas situadas na ribeira do río de Robra ás portas do lugar de Brandián. Nas proximidades deste enclave atopamos, como se dixo, a citada igrexa de Robra, que conser-

(*) Denominación utilizada polo profesor Xesús Neira Diéguez no interesante traballo publicado con motivo das festas parroquiais de Santa Mariña á altura do ano 1998.

Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013

PÁXINA54


Colaboracións

7

Pena do Encanto ocasión referido a leiras da parroquia de Outeiro encravadas na agra de Soborvila, situada ao norte do camiño que levamos, o cal entra no centro histórico ao carón das casas de Luís, de Montes e dos Gaioso. Os fermosos e íntimos espazos que enrodelan a praciña do concello amosan tras de cada rúa o seu tesouro, os mundos máxicos que fican ao redor da casa de Hortas, felizmente no presente aberta para nós.

va valiosos elementos en estilo románico tales que a propia ábsida e a porta principal, que presentan a construción como un punto de grande interese histórico patrimonial ao carón do cal pasaba este camiño. Apenas deixarmos a igrexa, a vía descende entremedias dunha agra coñecida polo nome de “a franca” en dirección ao lugar da Barciela, a onde chega, vadeando de novo o río antes mencionado, por riba dunha humilde pontella que permite encarar a costa que nos conduce na procura do Cantón e dende aquí até a propia vila de Outeiro. Á man dereita queda o lugar de “Francos”, por onde esvara o regato do Cepelo, elemento clave no universo literario e persoal de Manuel María. Ten o nacemento no denominado Trollo da Agüela e logo de pasar polas Regas, deixa as súas augas no río Pequeno ou río de Robra, á altura do lugar expresado da Barciela. Neste barrio de Francos houbera en tempos unha fermosa fonte que daba servizo a persoas e facendas, a cal a día de hoxe permanece cegada baixo unha desconforme lousa de formigón consecuencia doutra intervención dos responsábeis urbanísticos. Os habitantes do lugar foran posuidores, así mesmo, dun muíño roulón situado no leito do expresado regato do Cepelo, nomeado “de Valentín”, do cal fican apenas uns restos cubertos polas hedras.

A viaxe continúa pola agra da Torre, chegando á igrexa de Santa Mariña por Aldai. Aquí, nesta parroquia, existe así mesmo un “leiro francés” e por tras da súa igrexa as persoas viaxeiras atopan a “fonte dos cochizos” coas súas augas sandadoras para os males da boca, en secular ritual conservado na memoria colectiva, consistente en mollar nove veces a parte afectada mentres se rezaban nove pai nosos, durante nove días. Non se pode afirmar outro tanto no referente á conservación da propia fonte, vítima de infortunadas actuacións administrativas que a deixaron mesmo a punto de desaparecer. Andazo este, o da desfeita patrimonial, que non por habitual resulta menos dramático e triste.

Antes de chegarmos á propia vila temos ocasión de atopar outro “Francés”, nesta

PÁXINA55

Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013


7

Pena do Encanto

Colaboracións camiño quedara como vía doméstica para transporte da pedra e lousa arrincadas polos veciños da parroquia nas pedreiras situadas na marxe esquerda do río e que no presente fican completamente esquecidas. Outro tanto acontece coas barcas destinadas ao paso de persoas e mercadorías que seguramente existiron e mesmo coas utilizadas polos ribeiregos nas operacións de pesca, habituais até hai algúns anos, que ficaban amarradas aos ameneiros das beiras.

Escóitase o bruar xordo do río Miño nos guiares do caneiro de Pena, noutrora utilizado para a pesca da anguía. Mentres, nós baixamos polo derradeiro tramo do antigo camiño que nos guía ás beiras do leito fluvial, o cal cruzaba polo porto de “Surribeira” até a construción da ponte vella de Rábade. Unha vez construída a ponte, este

Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013

Alén do río, o camiño principal continúa en dirección a Betanzos, á Coruña, e mesmo saen ramais cara a Vilalba, Mondoñedo e outros lugares. Pola súa parte o “francés” xira á esquerda por Caboi e Uriz, onde cruza o río Ladra, para ascender en dirección á igrexa románica de “Francos”, Penas de Rodas, e ás terras montesías de Friol, na procura de Sobrado dos Monxes, onde emparza co do Norte. As persoas viaxeiras poden descubrir os abondosos recunchos que aínda conserva para goce de quen queira achegarse e ver. Unha regalía nos tempos que vivimos. Orlando Viveiro Veiga

PÁXINA56


7

Pena do Encanto

Colaboracións

Letras Galegas 2014

Homenaxe a un chairego: Xosé Mª Díaz Castro Manuel Castro Santamariña O Día das Letras Galegas estará dedicado en 2014 á figura de Xosé María Díaz Castro, cadrando co centenario do seu nacemento, segundo acordo adoptado de forma maioritaria polos membros da Real Academia Galega (RAG). Desde o Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) queremos manifestar a nosa ledicia por esta decisión que vai poñer de relevo durante 2014 a unha probablemente pouco coñecida das moitas figuras literarias que deu esta nosa comarca. charelato, acadando o título en 1945, licenciándose logo en Filosofía e Letras pola Universidade de Salamanca. En 1948 trasladouse a Madrid, onde traballou como tradutor para organismos oficiais e privados, entre eles primeiramente o Ministerio de Gobernación, en asuntos de seguridade e intelixencia. Despois exerceu a docencia como profesor de linguas clásicas e modernas. Traballou no Consello Superior de Investigacións Científicas, onde acadou o posto de xefe do Servizo de Información e Documentación do Instituto do Frío. No Instituto de Cultura Hispánica estivo ata 1966, encargado de servizos de tradución de francés, inglés, alemán, italiano, portugués, holandés e linguas escandinavas.

Xosé María Díaz Castro, terceiro de catro irmáns, naceu no seo dunha familia labrega no lugar do Vilariño, na parroquia dos Vilares, no concello de Guitiriz, o 19 de febreiro de 1914. En 1929 ingresou no Seminario de Mondoñedo, onde coñeceu a Aquilino Iglesia Alvariño. Abandonou os estudos eclesiásticos e fixo o ba-

PÁXINA57

Publicou os primeiros versos aos dezasete anos na revista Lluvia de rosas, de Tarragona; pero foi a súa entrada no seminario e o contacto con Aquilino Iglesia Alvariño o estímulo decisivo para comezar a escribir en galego. El Progreso Villalbés deu a coñecer o 6 de agosto de 1931 os seus primeiros versos en galego, Lembranzas e sospiros, Baix’o o calor (14/10/31), Lá vou, amor (22/01/32), As formigas (28/06/32), Era un contiño de fadas (8/8/32). PosBoletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013


7

Pena do Encanto

teriormente escribiu dous cadernos de poesía, tamén en galego: Follas verdes, en 1934, e Follas ó aire, que inclúe versos de 1932 a 1935, que finalmente quedaron inéditos. Logo da Guerra Civil continuou compoñendo. O 16 de agosto de 1946 foi premiado nos Xogos Florais de Betanzos polo poema El Cántico de la Ciudad, en castelán, e por Nascida d’un soño, en galego. Francisco Fernández del Riego inclúeo na súa Escolma da poesía Galega IV, Os Contemporáneos, publicada por Galaxia en Vigo en 1955, representado por sete poemas. En revistas e xornais diversos viron a luz outros poemas e artigos del, en castelán e en galego. Mais Díaz Castro está considerado autor dunha soa obra, o poemario Nimbos, editado en Vigo por Galaxia o 9 de xullo de 1961. Na obra, que inclúe revisados os poemas que escolmara Fernández del Riego, móstrase unha reflexión so-

Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013

Colaboracións bre o destino humano a través da preocupación existencial e relixiosa e da comuñón coa natureza. Un dos seus poemas máis coñecidos, “Penélope”, foi traducido ao francés na antoloxía Terre d’Espagne, de Francoise Pechère, e cantado por grupos como “A Quenlla”. Carvalho Calero dixo que Nimbos veu restaurar na literatura galega a poesía total. Pese á brevidade da súa obra, Alonso Montero, actual presidente da RAG, cualificouno como figura fundamental na literatura galega e definiuno como un poeta patriótico, relixioso e tamén telúrico, máis que paisaxístico. Pola súa parte, o chairego e académico Ramón Villares, destacou del o seu gran traballo como tradutor.

PÁXINA58


Colaboracións

7

Pena do Encanto

A beleza feriume para sempre Raúl Río

A Real Academia Galega decidiu dedicarlle o Día Das Letras Galegas do ano que ven ao autor de Nimbos, Xosé María Díaz Castro, un poeta nacido en 1914 no seo dunha familia campesiña na aldea do Vilariño, nos Vilares de Guitiriz da Terra Chá. A pesar de nacer na mesma parroquia, eu non o puiden coñecer até que se retirou e, como Ulises, volveu a súa Ítaca natal. Foi no ano 1985, na casa habanera de Guitiriz, cando Manuel María veu ler o Pregón do Festival de Pardiñas. Lembro vagamente oírlle a meu pai, sendo eu neno, que un fillo de Cidro do Vilariño gañara un premio en Betanzos con un poema sobre a muller betanceira e por facer un cántico a esa cidade, pero non volvín oír falar deste poeta que vivía en Madrid e tiña o corazón en Galiza até que lle fixen unha visita ao cantor da Terra Chá en Monforte, aló polo ano 1982. Faloume del e da calidade da súa poesía e a partir daquela foi cando me interesei por coñecer Nimbos, o único libro que publicou en vida. Despois, cando o coñecín persoalmente, trabamos unha grande amizade que solo puido tronzar a súa morte, acaecida en Lugo en 1990. Díaz Castro era unha persoa moi modesta, pausada e sinxela, coa que daba gusto pasear amodiño polas rúas de Guitiriz falando de poesía ou tomando unhas cuncas de ribeiro no Gaibor, no Ramiro ou no Miragaya. Nestas conversas nunca quixo recoñecer o mérito dos seus poemas e dicía que escribira poesías desde neno para xogar coas palabras, resaltar os nomes desas cousas pequenas, pero esenciais na vida diaria dos labregos e que, pola súa sinxeleza, nos pasan desapercibidas; para darlle palabras ás vellas cousas cheas de destinos que están aí contra a noite e deixar constancia literaria das verbas que falaba a súa avoa. Mais tarde xa escribía para publicar nas revistas especializadas, algo que consideraba propio da adolescencia. Podemos dicir que foi el quen elevou a lingua literaria a rica variante dialectal desta comarca da Terra Chá, enriquecendo así o noso idioma nacional. Sempre afirmaba que nunca tivera intención de imitar a ninguén, pero que se consideraba alumno poético de Aquilino Iglesia Alvariño, a quen admiraba e foi quen o animou a seguir escribindo en galego. Ando a facer unha peregrinaxe polos lugares da comarca que citou nalgúns dos seus poemas e o outro día estiven na Suatorre de Montouto. Fun ver, co amigo Carrillo, o Menhir Solitario que el cantou nun poema á idade de trece anos, e vimos todas aquelas penas polas que Díaz Castro andaba de neno alindando as vacas, buscando niños de paxaros e facendo poemas. Algo poético deben ter esas penas isoladas e heroicas que tamén inspiraron a Fermín Bouza Brei para compoñer o fermoso poema Adeus cando andaba a escavar, xunto co malogrado cineasta e fotógrafo, Carlos Varela Veiga, os túmulos que hai naqueles montes do Pilreo da veciña parroquia do Buriz; esas penas ergueitas e firmes que, en

PÁXINA59

Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013


7

Pena do Encanto

Colaboracións

palabras do poeta estradense, fan garda desas ideas outas, ás que non matan as balas nin tripan as botas. Entre aquelas penas afincadas na gándara asombrada pola metralla e as bombas xurdiu o poeta dos nosos Nimbos, ou alí, como dicía el, xurdiu para el a poesía. Este vilarego, que sabía case todos os idiomas de Europa (mais de catorce) e entre eles o éuscaro, por estar casado coa vasca Teresa Zubizarreta Bengoetxea, era un amante da poesía clásica grega e sobre todo de Virxilio, cuxas influencias podemos aprezar nos seus versos. Cando poucos escribían en galego el tivo a valentía de facelo en plena noite de pedra e compoñer un dos mellores poemas que se fixeron na nosa lingua, como é Penélope. Sabía que para ser universal non importa a lingua na que se escriba, que a nosa Rosalía é mais universal que moitos escritores en inglés, ruso ou chinés, a pesar de facelo ela nunha lingua minoritaria, pero que foi traducida e lida neses idiomas moito mais que algúns dos que os utilizaron para facer a súa obra, xa que a universalidade está na calidade e non no idioma escollido polo escritor. Dicía que todo escritor nacido e criado en Galiza tería que avergoñarse de non saber falar ou escribir na súa lingua materna e que o idioma castelán non é axeitado para a expresión da alma galega. Ricardo Carvalho Calero, gran coñecedor e amante da súa obra, chega a dicir no prologo do libro Nimbos, editado en Madrid pola Editora Nacional, que Díaz Castro veu restaurar na literatura galega a poesía total e afirmaba que si todos os nenos galegos tiveran algún día o libro Nimbos na súa mesiña de noite outro galo nos cantaría. Poesía total ou non, a beleza aflora nos seus versos como a auga abrolla na fonte entre o veludo. Era un home que buscaba a perfección, e así o expresa nunha entrevista que lle fixeron en 1988: Pretendín e pretendo acercarme a perfección pro non que os demais sexan perfectos en nada. Esta aspiración nace de considerar a poesía, a visión e a expresión poética do mundo como unha das mais outas e fermosas tarefas da creación humana. Eu non son un entendido, pero modestamente creo que se lle pode aplicar a Díaz Castro o que di o noso poeta nacional, Manuel María, no prólogo do libro Onde o vento leva un soño de carpazas, do tamén vilarego, Xosé Andrés López González, que traballaba os seus poemas, cernándolle todo ornamento superfluo, deica deixalos afiados e cortantes coma o gume dun coitelo ou o ouveo dun lobo. Ao igual que Uxío Novoneyra, luíu a palabra poética até deixala pura como no intre mesmo da creación. De feito, escribiu outros dous cadernos mais pero non os quixo publicar porque igual considerou que non acadaban a perfección que el se esixía. Esta dedicación do Día das Letras ao que foi grande amigo meu, non houbera sido posible se Alfonso Blanco Torrado e Xermolos non o rescataran do case anonimato, polo afastamento no que se atopaba en Madrid, ou non fixeran tanto esforzo por divulgar a súa obra; sen que Xulio Xiz fixera o vídeo Xosé María Díaz Castro, Nimbos de poesía e Xosé Antonio Cascudo O instante eterno; pero sobre todo sería imposible facelo coincidir co centenario do seu nacemento sen o empeño que puxeron os profesores e profesoras do Instituto de Guitiriz que leva o nome do poeta e os alumnos dese centro (que choutaban de alegría cando souberon a noticia) non musicaran os seus versos para a película A lus do mundo, feita tamén por eles. Temos que aproveitar o ano que ven para difundir a súa obra e que os rapaces se familiaricen e fagan súa a beleza da poesía deste chairego que xa é un clásico da nosa literatura. O universo poético sería moito mais pequeno sen el. Guitiriz, verán de 2013.

Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013

PÁXINA60


7

Pena do Encanto

Colaboracións www.poetadiazcastro.com

“A PASTORIZA” DE DÍAZ CASTRO EN “PENÉLOPE”

Xaquín Campo Freire

“O tempo vai de Parga á Pastoriza”, así o expresa fermosamente o noso vate no poema “Penélope”. O universo íntimo de poetización de Díaz Castro está determinado polos recunchos pequenos das súas contornas próximas. É o poeta dos detalles mínimos como se ve en: “ESMERALDA”. “Herba pequerrechiña que con medo sorrís ó sol que vai nacendo e morrendo sen ti, ¿por que de ser pequena te me avergonzas ti? ¡O universo sería máis pequeno sen ti!” E isto mesmo está moi claro tamén nos exemplos da toponimia que emprega se analizamos Nimbos: A Ponte-Gafín, A Corda, Arxán. O Carmio, (o do Buriz, próximo á súa casa), O PortoMuíño. Lugares todos moi ben coñecidos aínda hoxe por todos nós os que desta terra somos. Do mesmo xeito está determinado pola fala e o léxico da fitozoonimia que sempre son as das súas contornas vivenciais. Non os das alleas. Os que somos maiores e somos de alí, entendemos perfectamente as referencias e os falares do poeta por termos coñecido aínda aquel mundo, usando as mesmas verbas ca el e que se ve obrigado a aclarar no Vocabulario final para xentes doutras variantes dialectais, mas non para nós.

PÁXINA61

Eu son testemuña directa por ser nativo de Roca, pertiño de A Pastoriza, de San Alberte, a quen se está a referir. Tamén vivín por moitos anos nas proximidades de Os Vilares. De feito eu coñecín a Díaz Castro nos Oficios da Semana Santa do ano 1961 ou 1962, nun serán do xoves santo, na Igrexa de San Vicenzo dos Vilares de Parga. De Parga Á Pastoriza, (con artigo contracto neste caso por referirse á romaxe), vai o Tempo en Díaz Castro como van de sempre o río Parga, a néboa, o tren, (daquela camiñabamos todos polos carreiros das beiras da vía do tren), os romeiros, a estrada N-VI, e tamén os ventos do oeste, chamados tamén contralisios, que son os ventos e tempos predominantes na outonía da que el nos fala. Pois, quen vai “desorballando os prados como sono”, na experiencia vivida polo poeta, son precisamente eses ventos e ese Tempo que fan ese mesmo percorrido, seguindo o río, de Parga á Pastoriza do Sant’Alberte no poema Penélope. O santuario de Sant’Alberte alternaba daquela ese nome co de A Pastoriza. San Alberte é o padroeiro da capela. É máis antigo no tempo, e deulle nome ao lugar. Porén a festa

mariana de sona, seguramente traída por algún predicador capuchino que acostumaban ser chamados, orde na que naceu a advocación polo 1703, foi A Pastoriza. Lémbroa de neno e de rapaz con misas varias ao longo da mañá. Misa solemne de doce (hora solar aínda daquela) con varios sacerdotes e con sermón de gran predicamento. Procesión tamén solemne, longa e con pelexas por levar a Santa, por roldas, entre as xentes que estaban ofrecidas e que non querían volvérense sen cumprir. Promesas, esmolas, velas, exvotos, ofrendas, e o rito de “poñer a Santa”. Gaiteiros, merendas e festa ata o solpor. Esta advocación sufriu cambios na súa denominación co Concilio Vaticano II. No misal romano deixou de chamarse “ A Divina Pastora”. Pasou a ser “María, Nai do Divino Pastor”. Pero aquí seguiu conservando esoutro nome: A Pastoriza. Así a chamamos aínda hoxe en toda a bisbarra e esténdese cara a Baamonde, Begonte, Pígara, Vilalba, Trás do Río e en toda a comarca do daquela Arciprestado de Parga. Tamén viñan moitos romeiros de Friol, Sobrado, Vilasantar, Curtis, Teixeiro, Aranga e Monfero. Todo isto está na memoria viva dos actuais, sobre todo da xente que temos mais de 55 anos.

Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013


7

Pena do Encanto

Así como a camiñada a Santiago vai rematar no santuario de Santa María de Fisterra, a festa do Sant’Alberte remata aínda hoxe coa romaría mariana da nosa Señora da Pastoriza. A romaxe de Sant’Alberte, todos os domingos de maio, tiña e aínda ten o seu colofón, a súa coroación, o seu nimbo, a aureola, na festa de A Pastoriza, en agosto. Iso sabémolo ben os que deses lugares somos nativos e por aquí desenvolvemos a nosa vida da infancia e xuventude que cadrou co mesmo tempo en que poetizou este noso veciño a onde el tamén foi algunha vez de neno, de rapaz, sendo seminarista ou mesmo ao volver da guerra. O Santuario do Santo Alberte de Parga tamén era coñecido como “A Pastoriza” na bisbarra e en toda a Terra Chá occidental pola Romaxe do primeiro domingo de agosto. Xusto o domingo anterior á Feira de Parga, centro de vida civil e comercial máis importante en toda a bisbarra. Velaí a ligazón. Cómpre non esquecer que a denominación do Concello ata ben entrados os anos corenta era: “Concello de Trasparga”, non de Guitiriz, con sede na Casona ou Pazo do Mesón da Cabra onde traballou un certo tempo o seu pai Cidre Díaz con algún cometido de escribinte, secretario ou algo así. Lembramos aquela inmensa multitude que enchía a ponte gótica e o camiño cos esmoleiros, cegos, tollidos, entangarañados e outros eivados e mutilados da guerra, pedindo unha axuda en cada treito do camiño e en número moi medrado despois da guerra, da que el volveu e precisamente escri-

Colaboracións biu sobre algo do que alí viviu moi de rapaciño como tamén ten ido ao “Quince de agosto”, á Nosa Señora de Bascuas, pasando pola Ponte-Gafín a mesma pola que atravesaba o río para ir Á Pastoriza. A min non me estraña nada, nun home de referencias relixiosas coma as del, que falase d’A Pastoriza como algo sobreentendido por todos, sen ningunha necesidade de especificar máis para alguén que o puidese ler coetaneamente cos tempos nos que poetizou. Tampouco explicou os outros topónimos. Cando se achegou á romaxe, viviu as merendas e experimentou as contornas ben desorballadas, nos prados a carón do río Parga, pegadiños ao santuario, hoxe inexistentes pola foresta. Penso ademais que este poeta escribiu máis para si mesmo, para expresar o seu íntimo, do que para publicar ou pensando en futuros lectores. “O Tempo vai de Parga á Pastoriza”. Refírese sen dúbidas ao lugar desa romaxe de A Pastoriza, no primeiro domingo de agosto de tanta sona ata os anos 80, en que o Festival de Pardiñas en Guitiriz veu eclipsala un pouco por mor de coincidiren sempre no primeiro fin de semana de agosto.

Por outra parte ambas pertencen a microclimas e bacías ou concas fluviais que nada teñen que ver connosco e que son ecosistemas moi diferentes. A ningunha desas dúas iría o “Tempo desorballando os prados” desde Parga. Iso non tería sentido no poema e estaría moi forzado tan só por buscar unha rima nun verso dun poeta sobrado de recursos literarios. A Pastoriza que está na súa experiencia íntima e persoal é esta. Esa é a razón. Vese de novo ben clariño no poema “Vísperas”: O Tempo volve estar ligado ao río, ao santuario, á festa das súas vivencias, que neste caso é O Carmio de O Buriz. Velaquí: “Polos días do Carmio a festa chega ó río. O río está deitado como un boi remoendo e o Tempo non sei que anda rente del remexendo”. Si. “O tempo vai de Parga á Pastoriza desorballando os prados”. Aínda hoxe podemos percorrer eses case cinco quilómetros seguindo esa mesma ruta polas beiras do río, pola vía do tren, e experimentaremos coma el “un paso adiante e outro atrás, Galiza. Aran os bois e chove.”

Nin A Pastoriza, que linda con Meira, nin A Pastoriza de A Coruña estiveron nos lugares vivenciais de Díaz Castro. Esas viaxes daquela eran difíciles polas comunicacións, estaban moi lonxe e eran moi caras nun mundo de escaseza económica de posguerra. Non ías aí se non había lazos familiares nesas latitudes, que el certamente non tiña, fóra de ter coñecido sen máis algún compañeiro de seminario oriúndo de por alá.

Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013

PÁXINA62


7

Pena do Encanto

Poesía

poesías Jesús Trastoy

O RÍO MADALENA Baixa amodo, mainiño, xogando coas cores reflectidas no espello das súas claras augas, bica a beira dos pradellos onde se esconden as fadas. Botando as súas cantigas en ondiñas espalladas escoitando os alalás das mociñas de Vilalba. Vai deixando o seu facer nas aceas e muíños achegando namorados nas tardiñas de moer. Velaí baixa repousado ollando para o castelo, que aló enriba do curuto semella que bica o ceo. A repousar un anaco a aloumiñar O Rañego, seguindo o seu camiño musicando as súas augas á xuntanza co pai Miño. RÚA DE CIMA Cando na noite clara e serea, a lúa chea, fachendosa, bica o río Madalena ollándose como moza feiticeira no espello claro das súas augas, paseniño, con andar pousado, vou deixando pegadas

PÁXINA63

pola rúa de Cima achegándome á Torre ergueita, maxestosa, galana. Veño a cotío, préstame recordar na soidade plácida e queda da noite cousas da nenez pasada. Cada pegada é un recordo: o resoar das baldosas, o ruxir a auga na fonte, o recendo de fornos cocendo o pantrigo, o café de pucheiro e das vacas o muxido/bramido. Co paso dos anos saíron as canas; ti e mais eu facémonos vellos e o andar do tempo trae outras andanzas. Mais eu mentres poida volverei co andar paseniño ruar sobre o teu leito parolar un bo anaco recordar cousas pasadas e os xogos de neniño. No teu berce abrín os ollos á vida gocei da túa acollida lévote dentro de min ata que chegue o final querida Porta de Cima.

Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013


7

Pena do Encanto

Poesía

ARELAS DO PINTOR

VAI FRÍO

Ti que tes todo o poder dálle Deus ao meu pincel a arte e a sabedoría para reflectir no lenzo a cor da noite serea e a claridade do día.

Vai frío, quéixanse os piñeiros empurrados polo vento que baixa do Xistral varrendo A Chaira.

Caricias tenras de nai as olladas dun neniño, cores de árbores en flor, augas tranquilas do río. Dálle ti, dálle Señor, un aquel de axilidade, ben a el ou ben á man, que é a que pon a vontade. ACORDO NAI Acordo as túas mans acariñándome de neno, nos teus reflexos de ollar tenro e ledo. Aquelas mans encalecidas de tirar da eixada sacando terróns na leira dura e brava. Acordo bágoas baixando as túas meixelas reflectindo a dor polas miñas arelas. Sempre ditos con respeto acordo os teus consellos orientando o meu porvir a ser home de proveito.

Vai frío, agóchanse no valado as xovencas, e trema a man do neno agarrado á aguillada. Vai frío, déitanse as xestas en ondadas de bravas mareas semellando mar bravío. Vai frío, ao lonxe resoan campás xunguidas co abrazo do vento e chaman á achega do xantar. Vai frío, érguese o fume nas casas da aldea con cheiros de caldo e o ruxe-ruxe da fame chama á achega á lareira. Trema a aguillada na man aterecida do neno ei Marela! ei Gallarda! Imos, que teño fame e vai frío. Jesús Trastoy

Tarde acordo miña nai agarimos e desveos, agora xa non estás, agora xa non te teño.

Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013

PÁXINA64


7

Pena do Encanto

Poesía

poesías Mª Isabel Gómez Corbeira

LINGUA GALEGA

QUIETUDE

Non quero unha lingua pantasma que se amosa de cando en vez. Non quero un disfrace ocultando unha idea de arrogancia sen ser.

No baleiro e no silencio segue o tic-tac do reloxo, pasan minutos e horas, pasan momentos sen máis. Parece pararse o mundo, parece non moverse xamais. O reloxo co seu tic-tac só parece espertar co son das badaladas que se oen na campá. Por un momento o mundo parece que vai respirar. Eu, aquí, queda sen máis.

Non quero a valentía paseando por aí sen ter solidez. Eu non quero borrar a esperanza coa forza na boca e na man. Eu quixera unha lingua sinxela, unha lingua de moitos traballos, unha lingua próxima e amiga, unha lingua na que me criei, na que dixen as primeiras verbas, na que entendín por primeira vez. Gustaría de querela moito, de sentila tan preto de min, de encontrarme con moitos irmáns que deixaron prendida na xente unha espiña de amor e dozura, un sentir, un pensar e un ser. Esa, amigos, é a que sempre debemos mirar de querer, debémoslle aprecio e respecto, debémoslle un bico tamén, debémoslle un canto sincero con todo o noso lecer Que bonito é coñecer!. coñecer as nosas raíces, a nosa forma de ser. E para iso xa temos testemuñas a quen crer.

PÁXINA65

CHORO Por non ter amado todo o que debera, por non ter dado todo como eu quixera, por non ter sabido que o amor é todo, por tanta ignorancia choro este momento, Coma Magdalena cáenme as bágoas e con elas podo lavar esta dor. Non quixera ter que chorar xamais, pero se algún día eu me sinto mal, pido a Deus que poida derramar sen máis, as bágoas que quedan ocultando o mal.

Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013


Publicacións 7 As nosas publicacións

Pena do Encanto

colección biblioteca chairega

CADERNO DE ESTUDOS CHAIREGOS

EDICIÓNS FASCÍMILES

BOLETÍN PENA DO ENCANTO

OUTRAS PUBLICACIÓNS

Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013

PÁXINA66


Folla de Inscriciテウn

Pテ々INA67

7

Pena do Encanto

Boletテュn Informativo do Instituto de Estudos Chairegos Vilalba, decembro de 2013


FONTE DE CIMA-SÉCULO XIX Debuxo de Ramón Guntín


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.