Vocabulario Tema 6

Page 1

IES Lama das Quendas

“Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia”

Vocabulario Tema 6 SECTOR SECUNDARIO: Segundo a clasificación de Clark abarca os sectores industrial, mineiro, enerxético e de construción. A súa característica principal é o proceso de transformación que sofren os produtos. MATERIA PRIMA: Recurso a partir do cal se obteñen produtos elaborados ou semielaborados. Trátase, polo tanto, dun produto esencial no proceso de transformación industrial. FONTE DE ENERXÍA: Recurso natural do que se obtén a forza motriz para o desenvolvemento dun traballo.(2 veces en PAAU) AUTARQUÍA: Política de autosuficiencia económica que basea o crecemento da economía nacional nos recursos propios, adoptada polo goberno español na posguerra ata 1959. INDUSTRIALIZACIÓN: Proceso de desenvolvemento industrial producido nos dous últimos séculos. RECONVERSIÓN INDUSTRIAL: Medidas estruturais de adaptación da industria tradicional para facela máis competitiva e adaptala ás novas condicións económicas, o que comporta innovación tecnolóxica e redución de man de obra. Pode ser un proceso espontáneo ou levado a cabo por iniciativa estatal. Reestruturación e acondicionamento de sectores industriais maduros ás novas necesidades de oferta e demanda do mercado. En España desenvolvéronse na década dos 80 e afectaron a metalurxia, petroquímica e construción naval. AGROINDUSTRIA: Actividades industriais de transformación de materias primas agrarias para producir bens de consumo, para a alimentación animal ou para ser utilizados noutros procesos industriais (fábricas de fariña, conserveiras, azucreiras...). (2 veces en PAAU) ENERXÍA HIDROELÉCTRICA: Tipo de enerxía que se produce polo movemento da auga a través dun salto natural ou artificial (encoros). ENERXÍA TÉRMICA: A que procede da combustión de corpos sólidos, líquidos ou gasosos. ENERXÍA NUCLEAR: A obtida pola modificación do núcleo do átomo de uranio e plutonio. ENERXÍAS ALTERNATIVAS: Enerxías de creación e investigación recente, que veñen substituír as enerxías antigas ante a posibilidade de esgotamento destas. Por exemplo, solar, eólica... INDUSTRIA BÁSICA: Aquela que realiza unha primeira transformación das materias primas en produtos semielaborados, que despois servirán para que outras industrias poidan face-las súas manufacturas.

Profesor: Diego Xesús López González.


IES Lama das Quendas

“Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia”

INDUSTRIA MANUFACTUREIRA: En sentido amplo, a que fabrica algo, ben a man, ben coa axuda dunha máquina, aínda que xeralmente se considera só a industria lixeira. INDUSTRIA SIDERÚRXICA: Tipo de industria básica que converte o ferro en aceiro. Soen ser industrias de titularidade pública porque requiren grandes investimentos e é un sector estratéxico da economía. INDUSTRIA PETROQUÍMICA: Tipo de industria básica que trata produtos derivados do petróleo. INDUSTRIA LIXEIRA: Conxunto de actividades dedicadas á transformación de recursos non moi voluminosos, non elaborados ou semielaborados, en produtos aptos para o consumo. Son as industrias que proporcionan bens de consumo directo. POLÍGONO INDUSTRIAL: Espazo planificado e acondicionado para o uso industrial do solo. Poden construírse por iniciativa privada ou pública. A súa finalidade pode ser fomenta-lo desenvolvemento industrial de áreas deprimidas ou desconxestionar certas áreas industriais. Espazo delimitado e clasificado para albergar usos do solo industriais, promovido pola iniciativa privada ou pública, para orientar as decisións de localización empresariais. PARQUE TECNOLÓXICO: Solo industrial que os concellos poñen ó servizo das empresas de alta tecnoloxía. Instrumento creado para o desenvolvemento industrial e tecnolóxico dunha determinada área. Instálanse, mediante convenios ou concursos, un conxunto de empresas e institucións que traballan ou investigan no eido da tecnoloxía. O parque tecnolóxico consta de 3 unidades: (a) de transferencia de tecnoloxía; (b) de creación de empresas; (c) parque industrial. POLO DE DESENVOLVEMENTO: Zona delimitada oficialmente para lograr o seu desenvolvemento industrial, que recibe unha serie de medidas de apoio e vantaxes para as industrias que se establezan nela. PEN: Plan Enerxético Nacional. Marca as directrices da política enerxética para un certo período de tempo. O actual (PEN 1991-2000) mantén a moratoria nuclear e basease na expansión do gas. Prevé que baixará a demanda de carbón, que aumentará a do petróleo e que diminuirá o autoabastecemento enerxético. Incide nos obxectivos medioambientais e na necesidade de optimizar o uso das enerxías convencionais. REESTRUTURACIÓN INDUSTRIAL: é a política adoptada para atallar a crises industrial. Nos países da OCDE comezou a mediados dos setenta. En España, por razóns políticas, retratouse ata os oitenta. Ten dúas vertentes complementarias: A primeira é a reconversión industrial, tratamento de choque a medio prazo para asegurar a viabilidade das empresas en crises, con medidas como a redución da produción e do cadro de persoal de traballadores, o saneamento financeiro, novos sistemas de organización e xestión, etc. A segunda vertente é a reindustrialización ou recomposición do tecido industrial das zonas afectadas pola reconversión mediante a modernización tecnolóxica dos sectores viables e a creación de actividades de futuro que diversifiquen a industria. Ambas actuacións abordáronse con axudas estatais, financeiras, fiscais e laborais. Profesor: Diego Xesús López González.


IES Lama das Quendas

“Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia”

ZUR: Zonas de Urxente Reindustrialización. Nacidas en 1983, tiñan o obxectivo de fomentar a reindustrialización nas zonas máis afectadas pola reconversión. Podían solicitar a súa inclusión nunha ZUR as empresas que realizasen a instalación, ampliación ou traslado de fábricas a estas áreas, supoñendo a creación de novos postos de traballo e presentando unha actividade e características tecnolóxicas viables. A cambio, recibirían incentivos fiscais e financeiros. O resultado foi a creación dun emprego menor co previsto, pouco acceso das PYME e escaso éxito nas zonas que contaban con peores condiciones de partida. SECTORES INDUSTRIAIS DE ALTA TECNOLOXÍA: son as ramas da actividade industrial que aplican os descubrimentos científicos á mellora da produción e da xestión ou á obtención de novos produtos. Están integrados por sectores como a información (microelectrónica e telemática) e as aplicacións industriais dos descubrimentos científicos: automatización, biotecnoloxía, láser, enerxías renovables e novos materiais. ÁREAS EN DECLIVE: son espazos especializados en sectores industriais maduros en crises; sen diversificación industrial que permita xerar empregos alternativos; con PYME moi dependentes das grandes empresas, que vense arrastradas por a súa crises; mercado laboral de cualificación media ou baixa, con forte implantación sindical e conflitividade e deterioro do medio ambiente. Por elo experimentaron unha desindustrialización cuxas consecuencias son: redución da súa achega ao PIB, paro por riba da media e declive demográfico. Estas áreas son Asturias, Cantabria e algúns focos illados (Ferrol, Cádiz, Puertollano e Ponferrada). El País Vasco, ata fai pouco incluído tamén nesta zona, comeza a constituír unha excepción pola récente recuperación da súa industria. INDUSTRIALIZACIÓN ENDÓXENA: é unha política industrial que pretende fomentar a industria dunha zona apoiándose nos seus propios recursos naturais e humanos. Supón unha planificación descentralizada e un maior protagonismo das administracións locais e rexionais. PLANS DE DESENVOLVEMENTO: Programas de planificación económica que perseguen o desenvolvemento económico nun espacio determinado baseándose nuns obxectivos fixados previamente e nunha serie de instrumentos que se poñen ó seu servizo para ser aplicados nun período de tempo concreto. Os plans poden ser globais ou sectoriais, de ámbito estatal ou rexional, e contar con medidas vinculantes ou só indicativas para os axentes económicos. Dende 1964 desenvólvense en España 3 plans; deixarán de aplicarse en 1975. MERCADOTECNIA: conxunto de técnicas ( principios e prácticas) que buscan o aumento do comercio (demanda).

Profesor: Diego Xesús López González.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.