LENDAS

Page 1

PROXECTO A NOSA Rร A

LENDAS E FESTAS

2ยบ CICLO DE PRIMARIA



Lendas BENITO SOTO

Benito de Soto Aboal (Pontevedra, 22 de

marzo de 1805 — Xibraltar, 25 de xaneiro de 1830 ), pirata galego de principios do século XIX. Pasou a historia como un dos piratas máis sanguinarios, comezou no bergantín brasileiro El Defensor de Pedro, que partiu de Río de Xaneiro en 1823. Tras un motín, Soto Aboal abandonou ao capitán da nave en terras africanas e adicouse a piratería, sendo a súa 1


primeira vítima a fragata mercante Morning-Star, de bandeira inglesa. Despois de saquear a nave e asasinar a case todos os seus ocupantes, puxo rumbo ao

Norte,

cara

as

illas

portuguesas

Azores,

cometendo varios abordaxes máis. Ao final da súa vida foi executado por asaltar máis de 10 barcos e matar a 75 persoas.

Contoume meu pai que o seu tataravó era curmá da nai do famoso pirata Benito Soto Aboal. Nacido como a familia da súa nai na Moureira que era dun barrio de mariñeiros/as. Meu pai chámase Xosé Antonio Casalderrey Aboal e el Benito Soto Aboal. Nuria C. 2


Lendas LENDA GREGA Sobre o nacemento da cidade de Pontevedra existe unha lenda que di que o responsable da fundación da vila foi Teucro,un dos heroes da guerra de Troia. Conta a lenda que foi á guerra co seu irmá Ajax. Finalizada esta, de volta namorouse dunha serea de nome Leucoiña e seguiuna ata a ría onde agora está Pontevedra. Tamén di que chegou a estas terras tras ser rexeitado polo seu pai Telemón e fundou un imperio co nome de Helenes. Sofía

3


LENDA DA PONTE DOS PADRIÑOS Dise que as mulleres que tiñan moitos abortos ou dificultades para ter fillos acudían ata o río Umia concretamente en Pontearnelas para realizar o rito da ponte. A partir das doce da noite o primeiro home que pase pola ponte realiza o rito sobre o ventre da muller. O rito consiste en botar auga sobre o ventre. A continuación a familia a de invitar a cear ao home e a comida que sobre tirarase ao río. O primeiro home que pase será o padriño e terase que encargar de buscar madriña.

4


Lendas

AS NOVE ONDAS

Unha das lendas mais antigas na noite de San Xoán ten lugar na praia da Lanzada. Alí as persoas interesadas en curar o meigallo deberán bañarse no Océano Atlántico. Tamén na praia da Lanzada ten lugar un rito de fecundidade que permite concebir ás mulleres estériles. Para acadalo as mulleres deberán bañarse e contar sete olas dende o número dous ata o número nove. As mulleres que queiran completar o rito de fecundidade deberán deitarse sobre a cama da Virxe que se atopa na ermida da Nosa Señora da Lanzada. 5


BAÑO DE MEDIA NOITE Na noite de San Xoán é aconsellable bañarse ás doce da noite polos seus efectos rexuvenecedores. Esa noite hai que procurar non atoparse cunha meiga porque pode danar a xente usando esa auga para preparar os meigallos.

Nesa mesma noite hai que colocar nun recipiente auga con herbas de todo tipo : fentos, romeu, malvas, rosas follas de castiñeiro.....

6


Lendas Ao amencer a familia tense que lavar con esa auga que se deixou repousar toda a noite co fin de ter unha pel máis fermosa, curar males de ollo, envexas... Hai outra tradición que consiste en romper un ovo ás doce da noite e deixalo repousar nun vaso de auga. A mañá seguinte dependendo da forma que tome o ovo así será a que se adique no futuro a persoa que o puxo. Outra tradición da noite de San Xoán ten lugar en Santa Cruz de Lamas Moraña. Alí din que se atopa a cama de San Xoán, unha especie de cova á que acudían as parellas para ter descendencia. Por outra banda tamén se asustaba aos rapaces dicíndolles que alí aparecían serpes enormes. Ao lado da cama hai un manancial cunha fonte da que se conta que mana auga con poderes máxicos e curativos. En Campolameiro tamén se atopa a pedra da serpe que é tradición ofrecerlle a estas na noite de San Xoán unha cunca de leite de vaca que estea criando para que as parellas poidan concebir.

7


SANTUARIO DAS APARICIÓNS “PONTEVEDRA”

Situado no interior do Convento das irmás Doroteas. Nel residiu durante varios anos Sor Lucía, a principal vidente das aparicións da Virxe de Fátima, que aquí afirmou ter recibido as aparicións do Inmaculado Corazón de María na compañía do Neno Xesús. Alex

8


Lendas SAN CIBRÁN A ermida de San Cibrán está situada no monte do mesmo Nome, en Tomeza. É un edificio rectangular, e preto del atópanse un cruceiro e un altar. Cóntase de San Cibrán que é un santo que anteriormente fora bruxo. A el recorríase para remediar os males dos homes e dos animais. O luns de Pascua celébrase unha romaría na honra do santo. Segundo a tradición, para afastar o meigallo compre dar sete voltas á capela tirando sete pedras no seu tellado, tentando que pasen ó outro lado da ermida. Á capela acudíase antigamente calquera día do ano para curar o meigallo. O famoso libro chamado Libro de San Cipriano, moi utilizado tempos atrás en Galicia para localizar tesouros ocultos. Se estes tesouros se atopaban baixo peñas ou no medio de cotos, ademais de usar o Ciprianillo realizábanse tamén conxuros. 9


VIRXE DA RENDA A primeira fundación monacal data do século VI, levada a cabo por San Martiño Dumiense, unha ermida que sería transformada en mosteiro por San Froitoso, vinculado ao convento bieito de San Xoán de Poio. Logo convértese en priorado baixo a advocación de Sta. María de Graza. A súa imaxe foi tirada ao mar polo pirata Francis Drake en 1589, que arrasou co asentamento bieito da illa, prendendo lume á igrexa e ó convento da illa de Tambo. A imaxe da Virxe de Gracia foi recollida polos pescadores de Combarro que a esconderon entre as súas redes e máis tarde construíron un santuario no lugar da Renda, onde aínda hoxe se lle rende culto.

10


Lendas ARMENTEIRA Segundo a lenda, Ero, cabaleiro da corte de Alfonso VII, decidiu construír un mosteiro baixo a petición da Virxe nun soño, xa que así compensaría a incapacidade de ter fillos coa súa muller. Un día, paseando polo campo pensando na eternidade, quedou prendido do canto dun paxaro. Cando acabou de escoitalo voltou ó mosteiro, e alí quedou sorprendido porque non estaban alí ningún dos freires que coñecía, estes foran substituídos por outros. En realidade non fora así, senón que pasaran douscentos anos dende o canto do paxaro.

O luns de Pascua moitos veciños acércanse a pé ata o Mosteiro, seguindo o camiño dos antigos peregrinos, para honraren á “Virxe das Cabezas”, a darlle grazas ou pedirlle curación, a mesma que engaiolou a Santo Ero e puidera coñecer a vida eterna durante 3 séculos. 11


A tradición di que hai que asistir á misa cunha imaxe de cera sobre a cabeza, xa que é un modo de honrar e dar gracias por todo o concedido. Á Virxe atribúenselle calidades benéficas relacionadas coa cabeza, xa que cura as dores de cabeza e as enfermidades dos nervios. Ó rematar celébrase unha gran romaría na súa honra. Outra festa que se celebra no lugar é na honra de San Ero, fundador do Mosteiro, o día 31 de Agosto. Antes da desamortización de 1836, tratábase duna gran festa que reunía a xentes de toda a comarca. Hoxe, celébrase dende hai uns cincuenta anos e o seu carácter é mais ben parroquial.

12


Lendas SANTA TRAHAMUNDA Santa Trahamunda foi unha monxa que vivía no convento de San Martiño coas súas irmás, que pertencían á orde de San Bieito. Os mouros, que invadiran España, chegaron a Galicia e levaron como botín as mozas máis belidas como regalo para o seu sultán. Atopábase un día Trahamunda apacentando as ovellas na Xunqueira que había onde está agora o colexio de Poio, e chegaron os mouros. Como era moi fermosa, levárona para o harén do sultán, para que fose unha máis das moitas mulleres que alí tiña. Ela negouse e foi encerrada nun calabozo.

13


Así pasou o tempo, ata que chegou o día de San Xoán. Trahamunda púxose moi triste; acordábase das irmás e sentía anceios moi grandes de volver a Poio. Logo de chorar un bo anaco, sentiu sono e quedou durmida. En soños apareceulle un Anxo que lle puxo unha pitiña de palma na man. Cando espertou atopouse nun prado xunto ó convento. Era o amencer e os frades do Monteiro cantaban matíns. Sentiu unha gran Ledicia e alí mesmo plantou a palma, que, co tempo, foi medrando. Dende entón aquel prado chamouse “Prado da Palma”.

Trahamunda viviu moitos anos no convento, e cando morreu foi enterrada no sartego de pedra que se conserva na capela do convento de Poio.

14


Festas FESTAS DE POIO Festa de San Xoan

A Festa de San Xoán é dentro da cultura popular galega, sen lugar a dúbidas a de maior interese, porque nela perviven mitos, crenzas e supersticións das máis fondas raíces. Coincide cos días máis longos do ano, coas noites máis curtas, cando a vida é máis intensa. Estamos no solsticio de verán, no triunfo da luz sobre as sombras. Por iso, a noite de San Xoán ten en Galicia - como noutras culturas das nosas latitudes - unha maxia e un encanto especial.

15


Este festival do lume cos antigos celtas denominaban "Alban Heruin", onde o astro rei mostra aos homes o seu máximo poder, foi cristianizado como Noite de San Xoán, unha festa con multitude de rituais que ten en Poio un dos seus referentes. A importancia desta festa en Poio debese a que San Xoán é o seu patrón e no seu honor erixiuse un imponente mosteiro no século VII. Esta festa patronal é unha festa de diversión e de actividades menos lexendarias que a de saltar as chamas. Cultura, música, deporte, gastronomía e actos relixiosos están presentes en actividades como o certame de canto coral, a exposición da Escola de Canteiros, os pasarúas e verbenas populares, o recoñecemento aos deportistas do ano, a sardiñada,.... actividades que reúnen no Municipio de Poio a un gran número de veciños e veciñas así como residentes de localidades próximas ao municipio.

16


Festas Festa do mar

A Festa do Mar, vense realizando dende o ano 2001 e nace como un evento conmemorativo que celebraba a chegada da expedición "Sant Eflam", na que un grupo de embarcacións tradicionais de coiro, chamadas “currachs”, procedentes de Irlanda, Bretaña e Euskadi arribaban ata as nosas costas. Esta aventura marítima e etnográfica rememoraba as viaxes que realizaban na Idade Media, os monxes irlandeses, percorrendo o Camiño de Santiago na súa versión marítima. A última etapa deste apaixonante proxecto, denominada Vers la Galice( Cara a Galicia), rematou en Poio. Esta é unha festa que agrupa nun mesmo programa todos os aspectos da cultura marítima cun obxectivo común: realzar o patrimonio marítimo galego. Celébrase a penúltima semana de Agosto, e, durante este período, o pobo reencóntrase a si mesmo co seu pasado, vinculado desde sempre ao mar; é por méritos propios unha das celebracións máis esperadas do verán galego, tanto para os visitantes como para os veciños da zona. 17


Festas Gastronómicas: XXIV Festa da Ameixa Xullo XI Festa do Mar - Mostra Gastronómica Agosto Festa da Castaña Celebrada o 11 de Novembro, coincidindo coa época do Magosto. Festa do Mexillón Celebrada o 15 de agosto en Combarro, onde se crían estes moluscos nas bateas, tan chamativas para a xente de fóra. IV Festa dos Callos Setembro Festa da Filloa Ligada intimamente ao Entroido, celébrase en Samieira no mes de Febreiro ou Marzo 18


Festas Outras Festas Parroquiais: MARZO

19. SAN XOSÉ . Pereiro (San Xoán)

ABRIL 13. VIRXE DA GRACIA . A Renda - Xuviño (Combarro) 19. FESTA DOS DOLORES . San Martiño (San Xoán)

MAIO 13. NOSA SEÑORA DA FÁTIMA . Campelo (San Xoán) 22. FESTA DE SANTA RITA . Combarro Último domingo . FESTIVIDADE DAS FILLAS DE MARíA . Combarro

XUÑO 11. CORPUS CHRISTI . Combarro 13. FESTA DE SAN ANTÓN. Samieira 25. SUBIDA DA VIRXE DA GRACIA A SÚA ERMIDA . Combarro

XULLO 11. SAN BIEITO . San Xoán 25. FESTA DE SANTIAGUIÑO . Raxó

19


AGOSTO 5,6,7. SAN SALVADOR . Patrón de San Salvador 15. FESTA DE SANTA MARÍA . Samieira 16. FESTA DE SAN ROQUE . Patrón de Combarro 17. FESTA DE SAN ANTÓN . Combarro 18. FESTA DO 'CAN' . Combarro

SETEMBRO 8. FESTA DA VIRXE DA GRACIA . A Renda - Xuviño 23. MISA NOVENARIA NOCTURNA DA MERCÉ . Mosteiro de Poio, San Xoán 24. FESTA DA MERCÉ . San Xoán 24,25. ROMERÍA DA SALETA . Raxó 10. FESTA DOS DOLORES . Samieira 21. FESTA DOS DOLORES . Combarro, Samieira

NOVEMBRO 11. SAN MARTIÑO . San Xoán

DECEMBRO 8. A INMACULADA . San Salvador 13. SANTA LUCÍA . Samieira

20


Festas FESTAS DE SANXENXO

Festas patronais de verán: FESTAS NA HONRA A SAN ANTONIO Data: 12 e 13 de xuño

Lugar:

Porto

de

Sanxenxo

FESTAS NA HONRA A SAN XOÁN Data: 24 e 25 de xuño

Lugar: Capela de Aios-Noalla

FESTAS NA HONRA A SAN XOAN E SANTA ANA Data: 23, 24 e 25 de xuño Lugar: O Santo- Nantes

FESTAS NA HONRA A SAN PEDRO E SAN ANTONIO Data: 28 e 29 de xuño

Lugar: Vilalonga

FESTAS NA HONRA Ó SANTÍSIMO SACRAMENTO Data: 2º domingo de xullo

Lugar: Noalla

FESTAS NA HONRA A VIRXE DO CARME Data: 15 e 16 de xullo

Lugar: Vilalonga

FESTAS NA HONRA A SAN ROQUE E SAN CRISTOBAL Data: 19 e 20 de xullo (fin de semana mais próximo) Lugar: Vilalonga

21


FESTAS NA HONRA A SAN CRISTÓBAL Data:

10

de

xullo,

(fin

de

semana

mais

próximo)

Lugar: Portonovo

FESTAS NA HONRA A SAN ANTONIO E O CARMEN Data: 19 e 20 de xullo (fin de semana máis próximo) Lugar: Dorrón

FESTAS NA HONRA Ó CARMEN Data: 24 e 25 de xullo

Lugar: Noalla

FESTAS NA HONRA A SAN ROQUE Data: 14-18 de agosto

Lugar: Portonovo

FESTAS NA HONRA ÓS DORES E SAN ROQUE Data:

30

e

31

de

agosto

(último

fin

de

semana)

Lugar: Dorrón

FESTAS

NA

HONRA

A

SAN

XENXO

E

DÍA

DO

TURISTA Data: 24 e 25 de agosto

Lugar: Sanxenxo

FESTAS NA HONRA A SANTA ROSALÍA E O CARMEN Data: 3,4 e 5 de setembro Lugar: Sanxenxo

22


Festas FESTAS NA HONRA A NOSA SEÑORA DA LANZADA Data: Último fin de semana de agosto Lugar: Ermida da Lanzada

Festas gastronómicas: Degustación gastronómica rodeada de actos culturais

FESTA DA RAIA Data: 1, 2 e 3 de maio

Lugar: Portonovo

FESTA DA OSTRA Data: 2º fin de semana de agosto Lugar: Ermida da Lanzada

FESTA DAS MIGAS Data: 1º sábado de agosto Lugar: A Revolta- Noalla

FEIRA DO MEL Data: do 24 de agosto ó 5 de setembro Lugar: Sanxenxo

FEIRA DA CEBOLA Data: 4 de setembro

Lugar: Sanxenxo

FEIRA DE PRODUCTOS GALEGOS Data: 1º fin de semana de agosto Lugar: Praia de Moltalvo

23


Festas patronais de inverno FESTAS

NA

HONRA

A

SANTA

EULALIA

E

SAN

ANTONIO Data: 6 e 7 de decembro (celebración fin de semana mais próximo)

Lugar: Nantes

FESTAS NA HONRA A SAN ESTEVO Data: 26 de decembro

Lugar: Noalla

FESTAS NA HONRA A SAN XOAN (non hai verbena) Data: 27 de decembro

Lugar: Dorrón

FESTA DA VENDIMIA Data: 1º sábado de outubro

Lugar: Dorrón

FESTAS NA HONRA A SAN AMARO Data: 15 e 16 xaneiro

Lugar: Arra - Portonovo

FESTAS NA HONRA A SANTA CATALINA Data: 29 de decembro (celebración fin de semana mais próximo)

Lugar: Portonovo

FESTAS NA HONRA A SANTA BÁRBARA Data: 1º domingo de decembro

24

Lugar: Aios - Noalla


Festas FESTAS NA HONRA A SAN ANTONIO Data: 1º fin de semana de maio

Lugar: Aios - Noalla

FESTAS NA HONRA A SAN TOMÉ Data: 21 de decembro

Lugar: Gondar - Vilalonga

FESTAS GASTRONÓMICAS

FESTA DA FABADA Data: 1º sábado de decembro

Lugar: Nantes

FESTA DA CACHEIRA Data: 2º fin de semana xaneiro

Lugar: Bordóns

FESTAS DE BUEU

Corpus Christi - Bueu - Domingo seguinte a Corpus Christi - Os veciños engalanan as rúas de alfombras florais para o paso da procesión pola tarde.

Festa dos Mozos - Cela – Derradeiro domingo de agosto - Degustación do viño Tintafemia

Festa da Banda do Río - Pazo de Santa Cruz

Santiago de Hermelo - Hermelo - 25/07 Tradicional romaría 25


26

Festa da Vieira - Bueu – Outubro ou Novembro -

Romaría de Santa Efigenia - Pazo de Santa Cruz 21/09

Romaría Santos Reis 06/01

Festa do millo corvo 26/03

Festa do Churrasco 02/06

Festa do Viño Tinta Femia - Cela - 01/07 03/07

Romaría de Sanamedio 07/08. Romaría de orixe medieval.

Festa do Polbo - Bueu - 1ª Semana de setembro. Unha serie de actos e degustacións deste producto típico da zona.

Xornadas Micolóxicas

Festa S. Martiño e S. Roque - Bueu - 11/11


Festas FESTAS DE MARÍN Celébranse moitos eventos culturais no Concello, entre eles cabe subliñar: •

As Festas do Carme (16 de xullo), que son as máis importantes da vila, coa celebración de numerosos actos ao longo dos 10 días que dura oficialmente a festividade.

O Maratón San Migheleiro Sen Traxe: Que se celebra o último sábado de setembro, onde marinenses e forasteiros agrúpanse en diferentes peñas de amigos para percorrer durante toda a xornada os bares do centro da vila "festeiramente".

A Festa de San Miguel (29 de setembro), a "Danza das espadas", na que os mareantes da vila percorren as rúas marcando os ancestrais pasos acompañados pola música das gaitas, unidos uns aos outros polo que se denominan as "espadas".

A festa da Sidra e da mazá, en Santo Tomé de Piñeiro, onde os produtos desta terra son a base da

27


festa, que intenta conservar este produto típico da zona mediante a celebración que reúne a tódolos veciños da parroquia co fin de dar a degustar varios pratos que elaboran coas súas mazás. •

O "Entroido", onde tódolos marinenses e demais visitantes bótanse á rúa cos seus disfraces a celebrar o entroido. Conta con numerosas actuacións nas súas rúas ademais de desfiles e concursos. Cabe destacar como día grande deste "Entroido", o chamado "Enterro da sardiña", onde disfrazados cos seus traxes de loito e con moito desacougo despídense do cadáver da sardiña. Son de destacar tamén nestas festas as charangas, que compoñen cancións e sátiras de temas de actualidade.

28




Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.