O Galo Millarengo 2012

Page 1



O GALO MILLARENGO Coordinación: EDLG e vicedirección. Consello de redacción: Sara Porrit Marchena, Alba M.ª Rodríguez Díaz, Avelina Rodríguez Gil, Moncha Sotelo Lorenzo e Miguel Doiro Taboada. Colaboradores: • Víctor F. Freixanes • Adrián Docampo Fernández (1º A de ESO) • Lizeth Paola Rodríguez Pineda (1º A de ESO) • Laura Sanmartín Ferreira (1º A de ESO) • André Campos Álvarez (1º D de ESO) • Áurea Termenón Paniagua (2º A de ESO) • Ana Domínguez Rodríguez (2º C de ESO) • Bárbara Carmona Guillermo (3º B de ESO) • Adrián Campos Álvarez (4º C de ESO) • Laura Arca Serrapio (1º E de bacharelato) • Celina Fernández González (1º E de bacharelato) • Sara Porrit Marchena (1º E de bacharelato) • Alba M.ª Rodríguez Díaz (1º E de bacharelato) • Teresa Castaño Quintáns • M.ª Dolores Fernández Pérez • Miguel Lías Villar • Rosa López Fernández • José Manuel Otero Fernández • Juan Manuel Rodríguez Criado • Avelina Rodríguez Gil • Marina Suárez González O noso agradecemento ás casas comerciais e establecementos que fixeron posible a edición desta revista: Autoescuela Lusant, Café Bar Alcázar, Cafetería Isla de Paquetá, Empresa Raul S.A., Escola Universitaria de Estudos Empresariais de Vigo, Grupo Anaya, Edicións Xerais de Galicia, Librería A Libroteca, Libreria Nobel, Muebles La Peña, SaboreatéyCafé e Viajes Iberia. A todos moitas grazas. Deseño de portada: Eloísa Miguez de León Maquetación: M&ADT don’t worry 1ª edición: decembro de 2011 © EDLG do IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO, 2011 Gran Vía, 191 36210-VIGO Tel.: 986 231 667 Fax: 986 213 969 ies.santome.freixeiro@edu.xunta.es Impreso en Tórculo Rúa Álvaro Cunqueiro, 3 36211 - Vigo Compartidos todos os dereitos. Os contidos desta revista están protexidos só por un seguro a terceiros e con cristais, polo que pode ser reproducido por todos aqueles que o precisen, especialmente os curiosos, os amantes do galego e as xentes de ben en xeral. Permítese o plaxio (só se se cita a fonte e ben acompañado de mellora) e a distribución ou comunicación pública, en todo ou en parte, ou a súa transformación, interpretación ou execución artística fixada en calquera tipo de soporte ou comunicada a través de calquera medio, sen a preceptiva autorización.

SUMARIO páxina pre-histeria ................................................. 2 festa rachada! ............................................. 3 @modiño.vai .............................................. 4 bancada de río ............................................ 5 dktc .............................................................. 6 love one another ........................................ 7 pilivigo.uk ................................................... 8 viaxes.santomé ........................................... 9 no andel ....................................................10 auga vai .....................................................11 escenarios .................................................12 to be ou non ser .......................................13 o camiño ...................................................14 creación.....................................................15 (re)corten!! ...............................................16 altares e cabazas .......................................17 mar a fóra .................................................18 corazóns á deriva .....................................19 pasa o tempo ............................................20

Quiquiriquí Pasou o tempo e parece mentira que aínda teñamos que sacar os galos á rúa para dicir que estamos, que somos así porque así nos fixeron; e que temos lingua de noso, a nosa grande achega á cultura universal. Despois dunha noite no que o noso galo fuxiu do curral para vivir as súas aventuras (algunha licenza se podía permitir, faltaría máis!), que o creto é o creto e non se pode perder, volve ó rego para achegar o seu pulo contaxioso a aqueles que desexan oír o seu canto enérxico e vitalista, de esperanza. Este é o canto do galo, non queremos que sexa o canto do cisne. Aberto ás achegas de toda a comunidade do IES San Tomé de Freixeiro, o noso galo, O Galo Millarengo, quere cantar e contar de novo por moito tempo cando o centro acaba de cumprir xa 50 anos da súa entrada en funcionamento. Pero esa é outra historia e dela falaremos –ou esa é a nosa intención– no próximo canto do quirico. Saúde e longa vida ó IES San Tomé de Freixeiro e ó Galo Millarengo!!! O consello de redacción


pre-histeria

Quen é, quen será?

Velaquí unhas antigas pero tenras fotografías, as de seis profesores que debedes identificar.

De esquerda a dereita 1. Quen é, quen será esta young lady que tan lambida e calada (que raro!) na foto está? 2. Quen é, quen será, o cativo seguidor de Eric Clapton e o Velvet Underground?

2

1

De esquerda a dereita 3. Quen é, quen será, de Mafalda amiga, con riciños louros e ollos de mar? 4. Quen é, quen será, conta que che conta historias toda seria e co mapa detrás?

3

4

De esquerda a dereita 5. Quen é, quen será o pequeno querubín? Se descobres o seu nome é que xa sabes un chisco de latín. 6. Quen é, quen será, con esa cariña tan feitiña e xa co lapis na man?

6

5 Solucións proximamente en: http://ogalomillarengo.blogspot.com/

2

O Galo Millarengo


festa rachada!

ACTO INAUGURAL DO CURSO 2011-2012

O

Víctor F. Freixanes no IES San Tomé de Freixeiro

xoves 20 de outubro de 2011, tras a presende nós puidemos empezar a soñar que outras realidatación realizada pola vicedirectora, profesodes eran posibles e algún dos nosos soños realizables. res e alumnos de 2º de bacharelato tiveron Como non recordar aquel profesor de literatura que a oportunidade de escoitar a lección inaugural deste nos aprendeu a ver nos libros o mundo, os mundos curso a cargo do escritor e académico D. Víctor F. –para moitos de nós descoñecidos–? Aínda resoan Freixanes. Cun título tan suxesos versos que recitaba con voz tivo como, en principio, herméengalanada e que nos facía tico “Entre a Trabe de Ouro e a aprender de memoria os sonepaxariña de Armenteira”, nintos de Quevedo, ou a emocioguén estaba moi seguro do tema narnos coas palabras de Rosaque o profesor Freixanes escolía. Ou aqueloutros profesores llera para o acto. Pero a escolla de ciencias ou de matemáticas da frase inicial “un é de onde que tentaban sementar a raciofai o bacharelato” situounos nalidade nos anos posiblemenrapidamente na verea pola que te máis irracionais na vida dun Freixanes ía camiñar. E, por ser humano. Foron algúns deles A vicedirectora presentando a Víctor F. Freixanes certo, con éxito absoluto polo que os que nos axudaron e vos axudaalí escoitamos alumnos e profesores. Esa frase rotunrán a vós –alumnos de bacharelato de hoxe– a atopar da que encerra tantas vivencias novas, tantos mundos A Trabe de Ouro, a intentalo, polo menos, que nos descubertos, tantas decisións tomadas, nun tempo empuxaron e vos empuxarán a vós, aínda que non vos entre adolescente e maduro onde amores e desamodecatedes agora mesmo, a ir cara a adiante, a non perres se mesturan, e do que non somos conscientes ata manecer quietos contemplando que as cousas pasen bastantes anos despois, define perfectamente unha sen participar no proceso, como aquilo da paxariña das fases cruciais da nosa vida. Case sen decatármode Armenteira. Velaí o título da lección inaugural. nos, son eses anos do bacharelato os que teñen moito Estaba claro agora. O noso agradecemento a Víctor que ver coa nosa forma de ver e estar no mundo, os F. Freixanes por esta magnífica homenaxe ós anos do que van conformando a futura madurez, os que van bacharelato, ós seus mestres, ás súas marabillosas desdespexando dúbidas e abrindo camiños que van marcubertas, ás raíces que alí prenderon e que nos fixeron car a nosa traxectoria persoal e profesional. E claro ser como somos porque “un é de onde fai o bachareque en todo este vertixinoso proceso teñen moito que lato”. ver algúns dos nosos profesores. Tanto, que moitos Rosa López Fernández

Víctor F. Freixanes

O Galo Millarengo

3


@modiño.vai Peóns, bicis e ciclomotores

A

Por Miguel Lías Villar, profesor da Autoescuela Lusant

índa que moitas veces non somos conscientes, debemos recordar que as normas de circulación non só van dirixidas ós condutores de motos, turismos ou camións, senón que tamén nos afectan a todos nós como usuarios de ciclomotores, bicicletas ou mesmo como simples peóns. Por iso, lembra: OS PEÓNS • Cando transiten fóra do poboado pola beiravía ou pola estrada de noite ou con condicións meteorolóxicas adversas teñen que levar chaleco reflector. • Se non pos o chaleco cando sexa obrigatorio pódente sancionar cunha multa de 80 €. • Os atropelos son a primera causa de morte por accidente en cidade, pero o risco de morte triplícase na estrada. • Un atropelo a 70 km/h é case unha morte segura, nun atropelo a 50 km/h o risco de morte pode reducirse case un 75 % e se se produce a 30 km/h pódense evitar 3 de cada 4 atropelos. • As infraccións que máis cometen os peóns vítimas dun accidente son irromper ou cruzar a vía antirregulamentariamente e no utilizar os pasos para peóns. • En Vigo prodúcense diariamente 2 ou 3 atropelos. • En Vigo cruzar indebidamente pódeche custar unha sanción que vai dos 50 ós 500 €. • O 30 % dos peóns mortos en atropelos presentan alcohol en sangue. • Case o 70 % dos peóns implicados en accidentes cometeron algunha infracción. AS BICIS • Os accidentes en bicicleta son maioritariamente colisións frontolaterais, ocorren durante o día e en días laborables. • As bicicletas son vehículos e teñen que circular pola beiravía ou no seu defecto polo carril e non pola beirarrúa.

4

O Galo Millarengo

• • • • • • • • • • • • • • •

Unha bicicleta ten que respectar as sinalizacións da vía, por exemplo un stop, semáforo en vermello, etc. A utilización do casco pode reducir o risco de graves lesións na cabeza nun 86 %. Os condutores de bicicletas teñen a obriga de someterse ás probas para a detección de alcohol e drogas. O casco é obrigatorio en vías interurbanas. Os accidentes prodúcense maioritariamente contra turismos. Cando se circula en bici non se pode utilizar o móbil nin auriculares conectados a dispositivos de música. OS CICLOMOTORES Para conducir estes vehículos cómpre unha autorización chamada permiso AM. A idade mínima de obtención da mesma agora é de 15 anos. Para levar pasaxeiro tes que ter 18 anos. Os ciclomotores teñen que pasar a ITV. Se o pasaxeiro non leva casco o responsable é o condutor. Se o casco cae dunha altura de 1,50 m cómpre cambialo. O casco ten unha duración duns 5 anos aproximadamente. Usar cascos con cores vivas e prendas reflectoras reduce a posibilidade de que sufras un accidente. Unha das causas máis frecuentes pola que non se pon o casco é por non “despeitearse”. Van prohibir o casco denomicasco “quitamultas” nado “quitamultas”.


bancada de río Entrevista a Yoel Rodríguez, porteiro do Celta

D

Por Laura Sanmartín Ferreira e Lizeth Paola Rodríguez Pineda

espois de permanecer durante 3 anos na canteira do Celta de Vigo, e tras as boas actuacións no equipo filial celeste a tempada anterior, o club decide subilo á primeira plantilla na tempada 2009-2010. O seu debut co primeiro equipo tivo lugar na Copa do Rei, un 2 de setembro de 2009 diante do Real Unión de Irún. Non obstante, no será ata o 20 de marzo de 2010 cando a baixa por sanción do seu compañeiro Ismael Falcón lle permite ser titular e debutar na Liga no partido fronte ó Cartagena Club de Fútbol. No verán de 2010 Yoel é convocado pola selección española sub 21 para realizar varios adestramentos na Ciudad deportiva de Las Rozas e así poder optar a un posto no combinado español polo que tamén loitaban outros porteiros de primera división. ENTREVISTA De pequeno xogabas moito ó fútbol? Si, xogo desde os seis anos. Gozas xogando ó fútbol? Si, aínda que hai momento peores e mellores, gústame moito. Os adestramentos son moi duros? Un pouco, pero os máis duros son os da pretemporada.

Dedicas moito tempo ós adestramentos? Si, desde as 9.00 da mañá ata a 13.00 da tarde. Cales son as túas afeccións á parte do fútbol? Montar a cabalo. Gústanme moito os animais, en especial os cabalos. Gústache ser porteiro ou prefires ser dianteiro? Pois, puxéronme de porteiro porque de pequeño tiña moi mal perder e daba moitas patadas, e de pequeno non me gustaba, pero agora si. Lévaste ben cos teus compañeiros? Si, aínda que algúns son amigos e outros son simplemente membros do equipo. Estás nervioso nos partidos? Máis que nervioso estou tenso. Canto tempo levas xogando ó fútbol? Desde os seis anos; levo 17 anos xogando. Pola forma de xogar… a quen prefires, a Messi ou a Ronaldo? Pois, os dous son moi bos xogadores, pero se teño que elixir, prefiro a Messi.

Laura Sanmartín e Lizeth Rodríguez co porteiro do Real Club Celta

Data de nacemento: 28/08/1988 Lugar de nacemento: Arbo (Pontevedra) Nome completo: Yoel Rodríguez Oterino Nome deportivo: Yoel Data fichaxe: 30/11/1999 Altura: 1,86 m Peso: 78 kg Posición: porteiro Dorsal: 13 Alta do contrato: 30/11/1999

Para saberdes máis: http://www.celtavigo.net/

CAFETERÍA ISLA DE PAQUETÁ menú do día Gran Vía 174 Telf.: 986 232 155 36211 - VIGO Agora tamén na rúa Zamora 78

O Galo Millarengo

5


dktc

Dios Ke te Crew

Dios Ke Te Crew é unha combinación de rap, graffiti e break dance, caracterizada por editar os seus traballos integramente en galego e por non cortarse un pelo á hora de compoñer os seus temas. Deuse a coñecer no Festigal do ano 2003, pero non presentou Xénese,, o seu primeiro traballo, ata 2006. Neste álbum incluíron temas tan coñecidos como Herdeiros da Ditadura ou Dios Ke te Crew. Na súa andaina pola península compartiu escenarios con artistas coma La Mala Rodríguez, Violadores del Verso ou La Excepción. Os seus temas teñen como característica sobre todo o seu carácter social e reivindicativo, a prol da lingua e a cultura galegas e contra todo tipo de inxustiza social; están cargados de forza e sobre todo de moito ritmo, que eles remarcan aínda máis nos seus directos. Aqui vos deixamos a letra íntegra do tema, Herdeiros da Ditadura e un par de fragmentos de Estranxeiros e Profecía. Somos herdeiros dunha ditadura cultural, fomos as vítimas dun ataque brutal, ¡contra o noso! A lingua mantivémola calándolle ó cacique, Falando ao pé do lume só, a lingua vaise a pique, Pois toma, ¡escóitanos! Non nos calaremos nin de broma Toma, toma, toma, toma, toma!! Dios ke te crew en galego, ¿non che mola? Éche o que hai, Paco Vázquez eres un ghulai, Non jodas con Arteijo, Rianjo, Sanjenjo, Vivero, La Guardia, Órdenes, Bueymuerto, Puertosín, Puertosón... Dime ¿cantos son?, 1,2,3,4,5: 600 anos de represión. Contra o noso, A lingua vaise a pique, Dime ¿cantos son? Pois toma Contra o noso. Vaise a pique Dime ¿cantos son? Pois toma Contra o noso a lingua vaise a pique.

6

O Galo Millarengo

Profecía (fragmento) Cando chegue o día no que non poidas respirar no medio ambiente acordaraste desta profecía. Cando chegue o día no que non poidas comer comida de verdad acordaraste desta profecía. Cando chegue o día no que non poidas beber auga potable acordaraste desta profecía. Cando chegue o día en que te des conta será tarde cando chegue o día só haberá cinzas será tarde. Estranxeiros (fragmento) De donde es? do mundo son. Que dis que es? humano son. De donde es? do mundo son. Que dis que es? humano, como non que comparte terra con millóns de especies máis De donde dis que es? do mundo son. Que dis que es? un humano, ti non? como non.


H

O beatle silencioso

ai dez anos, o 29 de novembro de 2001, morría en Los Ángeles George Harold Harrison tras una longa enfermidade que lle permitiu prepararse para “o momento no que debía abandonar o seu corpo” cando tiña 58 anos. Pouco antes –no ano1999– un perturbado (sóavos a historia?) intentara asasinalo cun coitelo. Fillo dun condutor de autobús e unha ama de casa católica de ascendencia irlandesa, encontrou o seu camiño profesional e vital a raíz daquela primeira guitarra Egmond que mercou por 3 libras con apenas 13 anos. Despois, os primeiros acordes, os ensaios e a aprendizaxe partindo das influencias do skiffle e o rock and roll dos anos 50. Xa máis tarde, madurecería –coas especias da música hindú– na balada pop, no rock psicodélico ou no estilo senlleiro, xa considerado clásico, dos Beatles, ata se converter nun dos máis lexendarios intérpretres da música contemporánea George Harrison foi quizais o beatle máis misterioso, sempre eclipsado –como Ringo Starr– polo inmenso magnetismo da parella MacCarney-Lennon. Non obstante, coa desaparición de Harrison perdeuse ese actor “secundario” que para moitos foi o “noso” beatle. E é que Harrison representa unha gama cromática que enriqueceu o repertorio musical do universal grupo de Liverpool. “O beatle silencioso”, “o beatle tranquilo”, “o irmán menor”, “o pequeño George”, “o terceiro beatle”, non era unha comparsa do grupo do que formara parte con permiso de Lennon a pedimento de Paul; George tiña a súa propia personalidade e, de feito, a súa figura e a súa música foron co paso dos anos gañando protagonismo e modelando o ADN dos músicos do Cavern Club ó incorporar certa busca espiritual (Love You To, Within Without You). George sempre aparece como un tipo “estraño”, buscador da verdade, da transcendencia, que foi atopar na cultura india, quizais sen ser consciente da súa necesidade de achar unha válvula de escape á presión que supoñía ser un beatle (“Cando era beatle, cada ano parecíanme vinte anos”). O “toque” hindú impregnaría a súa música e a dos Beatles, especialmente de mediados dos anos 60 en sons e melodías derivadas da súa devoción por esta cultura, que se manifesta tamén no emprego do sitar ou na meditación transcendental, confiada ó seu guía Ravi Shankar. Por suposto, sería imposible falar do fenómeno musical beatle sen Paul e John como grandes tótems beatlerianos, pero sen George o grupo non sería tal, sería outra cousa. Como esquecer ese toque sutil por veces, outras arroutado, fresco, melancólico e mesmo etéreo de cancións como I Me Mine, Something, Don’t bother me, If I needed someone, Taxman, While My Guitar Gentli Weeps, I need you ou Here Comes the Sun (o primeiro single non asinado polo tándem Lennon-MacCartney que acadou o nº 1 en vendas dos EE UU), … e outras tantas cancións que para moitos son (d)as mellores dos Beatles?

love one another

Ós que temos uns aniños asáltannos a memoria lembranzas nas que se mesturan as utopías e os descontentos da época con bailes agharrados e sensuais dos que mesmo podían nacer promesas de amores inextinguibles e todo porque… “me atrae algo na súa maneira de moverse” (Ai o Sancin!!); con cancións nas que a guitarra era quen de chorar de amor e saudades nun solo esvaído e desconsolado, que parecía adormentar os nosos sentidos (While My Guitar Gentli Weeps). Chegados a este punto, tampouco vaiamos pensar que Harrison foi unha sorte de místico redentor. Tamén ten o seu lado “escuro”, que dun xeito discreto recolle Scorsese no seu documental: na súa biografía caben a fama de mullereiro ou as súas adiccións ó LSD e á cocaína. Deste lado menos místico de Harrison fala (sen lle facer grandes reproches pois, ademais de gran amigo, Low Hand tampouco fixo méritos para a beatificación) na súa autobiografía de 2007 Eric Clapton: “Despois do concerto, xa de volta no hotel, George, ó que as cuestión carnais movían tanto como as espirituais, levoume á parte e propúxome que pasase a noite con Pattie para que el puidese deitarse con Paula.” A propósito, Patti sería un nexo morboso de (des)encontro co seu amigo, pois a modelo pasou de ser a dona de George a musa e muller de Eric Clapton (á que lle dedicará cancións tan coñecidas como Layla ou Wonderful Tonight). A efeméride do seu pasamento está a propiciar as inevitables reedicións conmemorativas da súa obra musical e un dos seus admiradores máis famoso, o cineasta Martin Scorsese, rendeulle homenaxe coa elaboración dun documental (Living in the Material World), no que aparece o Harrison músico, produtor, filántropo, espiritualista e, especialmente, o home que tratou de facer algo polo mundo. O documental, emitido pola BBC, podedes agora velo polo Canal+. Presenciádeo se tedes a oportunidade. George Harrison foi músico (case sempre como guitarra solista e rítmica), cantante, compositor e produtor musical e cinematográfico. Cando non tocou en solitario formou parte dos grupos The Rebels (1957); Quarrymen, xermolo de The Beatles (1960-1970) e Traveling Wilburys (1988-1990), grupo no que se reuniría con Bob Dylan, Tom Petty, Jim Keltner, Roy Orbison e Jeff Lynne. Foi o primeiro en celebrar un concertó benéfico, Concert for Bangla Desh (1971), no que interveñen figuras da categoría musical de Bob Dylan, Eric Clapton, Leon Russell, Ringo Starr ou Billy Preston. Na memoria dúas cancións: My Sweet Lord e Bangladesh. E máis. A súa figura foi homenaxeada un ano despois do seu pasamento nun memorable concerto capitaneado por Eric Clapton e coa presenza, entre outros, de Paul McCartney. Grazas George, materiais e espirituais grazas.

O Galo Millarengo

7


pilivigo.uk EstadĂ­a en Putney (London) por AdriĂĄn e AndrĂŠ Campos Ă lvarez

A

lumnos de 4º de ESO do IES San TomÊ de Freixeiro estivemos ó comezo do curso no Pilivigo, un programa de inmersión lingßística que o Concello facilita ós mozos e mozas desta idade. Algúns estivemos moi preto do sur de Londres, nun barrio chamado Putney, aloxados con familias inglesas e todos os días agås a fin de semana iamos a un instituto próximo chamado Eliott School, no que estabamos en clase cos ingleses ata a hora de comer, que en Gran Bretaùa son as 12. Aprendemos a defendernos bastante ben na lingua saxona aínda que non tiùamos

adquirido un nivel importante de inglÊs. Os såbados faciamos excursións a diferentes lugares de Londres, visitamos o Big Ben, a abadía de Westminster, o palacio de Buckingham‌, mentres que os domingos tiùamos o día libre para estar coa familia ou para quedar cos amigos e visitar os arredores da nosa zona. Na miùa opinión foi unha experiencia moi produtiva e penso que se debería fomentar este tipo de iniciativas para poder aprender varios idiomas, xa que a diversidade Ê sempre enriquecedora.

Grupo de Putney coas monitoras preto do Big Ben e a abadĂ­a de Westminster O Concello de Vigo entende que a educaciĂłn ĂŠ un ben social prioritario e deu continuidade Ăł Plan PILI, que ten como obxectivo que todos os rapaces e rapazas da cidade que cumpran os requisitos coĂąezan a experiencia de estudar e vivir en inglĂŠs, cunha estadĂ­a financiada Ă­ntegramente polo goberno de Vigo para mellorar a formaciĂłn en idiomas, imprescindible para o mercado laboral. A Xunta de Goberno Local na sĂşa sesiĂłn do 25 de febreiro de 2011, entre outros, adoptou o seguinte acordo: aprobar as Bases e Convocatoria para a adxudicaciĂłn de prazas para a participaciĂłn no programa de inmersiĂłn en lingua inglesa (PILIVIGO 2011) dirixidas ao alumnado de 3Âş da ESO de centros educativos sostidos con fondos pĂşblicos do Concello de Vigo (Expte. 12506/332)

Grupo de Putney na escola inglesa cos representantes do Concello de Vigo

(O PHMRU SUHFLR \ FRQGLFLRQHV SDUD WXV YDFDFLRQHV GH IDPLOLD SXHQWHV YLDMHV GH QRYLRV YLDMHV GH HPSUHVD \ D PHGLGD (VSHFLDOLVWDV HQ JUXSRV \ FROHFWLYRV 5~D 5HJXHLUR HVTXLQD U~D %DUFHORQD 9,*2 vigo.regueiro@viajesiberia.com 986 493430 ÂŹ 986 493062 www.viajesiberia.com

MEJOR AGENCIA DE VIAJES DE EUROPA ELEGIDA POR LOS WORLD TRAVEL AWARDS

PanorĂĄmica de Eliott School

8

O Galo Millarengo

Para mĂĄis informaciĂłn: http://www.pilivigo.org/


Viaxe a Berlín (Alemaña)

GALEGOS POLO MUNDO

viaxes.santomé

Berlín,14 de abril de 2011 Meu querido diario: po que non o Acho que hai moito tem unha cidade marabipasaba tan ben. Berlín é pouco a miña terra, llosa e hoxe lémbrame un porque chove sen chover.

Viaxe a Clermont-Ferrand (Auvergne, Francia)

O pasado curso os alumnos do San Tomé e algúns alumnos do Santa Irene fixemos un intercambio co Lycée Fenelon, en Clermont Ferrand, unha vila rodeada de volcáns e coñecida sobre todo por ser berce da afamada casa de pneumáticos Michelín. O grupo francés veu a Vigo algúns meses antes de visitalos nós, e xunto a eles fixemos diversas actividades como a visita ó centro (con actuación do coro incluída) ou a tradicional visita a Santiago de Compostela. Durante a nosa estadía en Francia desenvolvemos actividades moi diferentes, dende unha carreira de orientación ata a visita ó parque temático Vulcania. Tamén visitamos o museo Michelín, ascendemos ó Puy-de-Dôme (o máis alto entre os volcáns) e fixemos a ruta dos lagos que se atopan ó redor de Clermont. Pero o máis importante e do que máis recordos gardamos son dos nosos “correspondant” porque con eles nos divertimos, convivimos e choramos á hora de marchar.

O Galo Millarengo

9


no andel

Reckless. Carne de pedra de Cornelia Funke Por Áurea Termenón Paniagua

J

acob Reckless, un neno de doce anos, vive co seu irmán pequeno Will e coa súa nai. Seu pai, John Reckless, desaparecera había máis dun ano, e el entra no seu antigo despacho pola noite. Así é como Jacob descobre o segredo do seu pai, un espello que leva a un lugar cheo de maxia e criaturas dos pesadelos máis tenebrosos. Durante os doce anos seguintes, foi fuxida e fogar para el, pero un día tivo demasiada présa. Por un erro, non se decata de que o seu irmán anda tras el e pasa tamén ó outro lado do espello. A maldición dunha bruxa seméntalle a Will carne de pedra, que se estende cada vez máis rápido transformándoo nun goyl de xade. Jacob, seu irmán, a moza deste (Clara), e Fox (unha raposa á que Jacob sacou dunha trampa e dende aquela son inseparables) parten na procura dunha soa cousa: a menciña que salve a Will antes de que sexa demasiado tarde. Persoalmente, este libro pareceume un libro moi entretido. Un deses libros dos que non me separei ata

rematalo, e cando o fixen, deume moitísima pena. Para min, foi un deses libros nos que me metín tanto na historia que cando paraba de ler tiña que pensar para lembrar onde estaba e o que tiña que facer. Tiñan meus pais que avisarme de que apagase a luz pola noite cando era tarde porque eu andaba perdida polo outro lado do espello. Pareuceme doado de ler, sobre todo se ler é un pracer para ti e non unha obrigación, se gustas de ler. Nel hai intriga, aventuras, amor, misterio, maxia… e moito máis.

PREMIOS III CERTAME XOSÉ MANUEL ENRÍQUEZ Maio 2011 NARRATIVA “O meu diario” “Vivindo a vida” Tomás Rodríguez Rodríguez (1º D ESO) “Chovía” de Sandra López Iglesias (1º C ESO) “No burato” de Sara Porrit Marchena (4º D ESO)

POESÍA

“Amante da Lúa” Diana E. Campos Mancilla (1º A bacharelato)

BANDA DESEÑADA: A voz de Barbara Carmona Guillermo (2º D ESO)

10

O Galo Millarengo

NO BURATO [...] Pero sabes que o que realmente che pesa, o que realmente te afoga, son os recordos, e apesares diso somérxeste neles nunha viaxe vertixinosa na que se mesturan rostros ben coñecidos, con outros que a penas podes nomear; frases longas e ceibadoras, con grandes e terroríficas parrafeadas destinadas ao adoutrinamento e que a ti non facían máis que enfurecerte; e rostros de muller, centos de rostros de muller que che atravesan a ialma co seu ollar loitador e coas súas esperanzas de futuro, unhas esperanzas que tiñan postas en ti, en ti... por que en ti? Habíaos moito máis fortes, máis intelixentes, incluso, e pensando en ser superficiais, moito máis guapos, pero elas puxeron as súas esperanzas en ti... [...] Sara Porrit Marchena AQUEL INSTANTE Entón divisei as súas mans rodeando a miña cintura tan fráxiles e doces como a última vez. Desexaba tanto que ese momento non rematase, cando de súpeto bicou tan profundamente os meus labios. Mentres admirabamos as estrelas naquel profundo ceo, pensando que nada podería ser eterno. Pechando os ollos intentando crer, que nada podía ser máis belo como aquela vez. O vento, que facía entrelazar os seus dedos no meu pelo con tanta sinxeleza e dozura. Se puidese vivir ese momento en calquera instante, converter o amor e a apaixón nos nosos aliados. Mentres me murmura que sempre estará aí. Diana Campos Mancilla


Máis que auga

E

auga vai

por Celina Fernández González

ntre o 18 e o 21 de outubro doce alumnos do centro fomos expoñer, acompañados polas profesoras Marina Suárez e Concepción Díaz un proxecto a Azuqueca de Henares (unha pequena localidade situada en Guadalajara) a poucos quilómetros de Alcalá de Henares, a cidade onde nos hospedabamos. Neste proxecto participamos diferentes institutos de España tratando un tema único: o sostemento. Ó noso instituto tocoulle falar da auga nos seus diferentes aspectos. No grupo de latín fixemos un traballo sobre os diferentes usos da auga na Antigüidade, e tomamos como referencia a visita que fixemos ó campamento de Aquis Querquennis (Lobios, Ourense). Nesta visita, cos profesores Lillo e Otero á cabeza, fomos ó centro de interpretación do campamento para comprender a súa función e o seu funcionamento. Tamén visitamos as escavacións arqueolóxicas e fomos a unhas termas de orixe natural no río Caldo (como ben indica o hidrónimo). Nesta excursión aprendemos as tres ideas principais que desenvolvemos no traballo: a importancia da

auga para os romanos, os sistemas de calefacción como tamén a súa infraestrutura e o seu poder civilizador. Desenvolvendo un pouco estas tres ideas, tentamos expoñer como coa chegada dos romanos a auga pasou de ser un elemento espiritual e sagrado a un elemento utilitario, permitindo ós romanos conquistar e civilizar os pobos da Gallaecia. Así crearon as termas: lugares de reunións destinadas ó lecer e ó negocio. Tamén eran lugares de curación, onde se empregaban as propiedades medicinais da auga. Os romanos consideraban un privilexio o dereito ó baño. O ciclo termal consta de tres fases: o caldarium (onde se atopaban os baños de auga quente), o tepidarium (onde se temperaba a temperatura corporal) e o friguidarium (onde se bañaban en augas frías). O traballo presentámolo acompañado dun vídeo con imaxes de toda a excursión. Persoalmente quedamos moi satisfeitas coa exposición e foi un traballo moi dinámico que agradou moito ós profes dos outros centros.

Hipocausto da villa romana de Baños (Lobios)

R/ Gerona, 12 - Telf. y Fax: 986 29 45 81 - VIGO

O Galo Millarengo

11


escenarios

O florido pénsil por Sara Porrit Marchena

B

aseada no libro do mesmo título (Andrés Sopeña, 1994) O florido pénsil é unha obra de teatro que fai, a través do humor e o sarcasmo, unha crítica do sistema educativo do Franquismo e ó mesmo tempo unha homenaxe a todos aqueles nenos, hoxe pais, avós e mestres, que medraron nestas escolas en ocasións crueis e violentas. Con tan só 5 actores, O florido pénsil trata temas tan diversos como a relixión, a lingua ou os exercicios de matemáticas; ademais recrea toda unha época da historia de España a través da mirada dos nenos e da forma de aprender destes. Pode ser que grazas a esta, nós, a xente nova, poidamos achegarnos a outra época, que aínda que ás veces poida parecernos afastada, está moito máis preto e moito máis presente do que pensamos. Elenco: Antonio Durán “Morris”, Xosé Manuel Olveira “Pico”, Josito Porto, Alfonso Agra e Federico Pérez. Dirección: Fernando Bernués e Mireia Gabilondo. Adaptación galega: Sandra Romarís. Xénero: humor. Para saberdes máis: http://www.centrodramatico.org/cdg/axenda/axendad.php?id_e=2274&lg=gal http://www.concellotui.org/archivos/O_Florido_Pensil.pdf – Milleiros e milleiros de veces pasamos inmaculados, coa voz en alza polo: – (Cantando) fuiste de glorias florido pensil. – Sen a menor idea do que puidésemos estar berrando. – E sen a máis mínima curiosidade por averigualo, a verdade sexa dita.

O

4º de ESO á escena

s alumnos de 4º A e C de ESO durante o curso 2010-2011 realizaron unha actividade extraescolar na materia de lingua galega e literatura baixo a miña supervisión: cada grupo debía facer unha montaxe teatral. Partindo de dous textos, A piragua de Cándido Pazó e O achado do castro de Manuel Núñez Singala, cada grupo reelaborou a obra que lle correspondía e adaptouna as características do grupo. No que se refire á primeira obra mencionada, o resultado foi tan distinto do orixinal, que podemos dicir que en realidade se trataba doutra obra. O único que tiñan en común era a denuncia da violencia doméstica. Na segunda obra, cun número reducido de papeis para un grupo moi numeroso —e considerando que era obrigatoria a participación de

Librería Nobel

12

O Galo Millarengo

– Pero nesta frase, no recordo da súa repetición tonta e mecánica, encontramos, porén, o símbolo inefable daquela escola, a cifra do caos aparente. – A “lóxica” de tanta e tanta sandez. – E é que está todo aí, no florido pénsil.

todos os alumnos— cumpriu recorrer á creatividade para ir adaptando os papeis do argumento orixinal ó alumnado do grupo. Os números de baile e canto foron ben aceptados polos alumnos (especialmente polas rapazas) e desta maneira conseguín o obxectivo perseguido: a participación de todos os alumnos. O Achado do castro é unha comedia ambientada na época dos romanos onde os pícaros e raspiñeiros intentan sobrevivir a conta do emperador. A obra resultou moi atractiva, xa dende a primeira lectura, e supuxo todo un éxito a pesar dos esquecementos do papel, da improvisación e dos nervios que todos pasamos. Marina Suárez González

Avda. Gran Vía, 184 Tlf/fax: 986231892 36211 VIGO


to be ou non ser Viva Shakespeare! Viva Cunqueiro!

O

26 de abril de 1616 morre un dos xenios da humanidade, William Shakespeare, escritor inglés de proxección universal. En 1958, outro xenio, Álvaro Cunqueiro, galego de nacemento e de corazón, retoma a obra de Shakespeare, Hamlet, e transfórmaa en O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca. Que tenta dicirnos Cunqueiro con isto? A resposta dánola el mesmo ao comezo da peza teatral: “É mellor pór unha lei romana aos pés da vontade de El Rei, que non un letreiro que diga: CAVE CANEM! A nosa pequena obra do 26 de abril do 2011, Xakespeare ou eu non son parvo, nun ton de retranqueira seriedade, celebra ao mesmo tempo, como non podía

ser doutro modo, a morte do bardo de Stratford-uponAvon e o centenario do nacemento do escritor mindoniense. Tenta, así mesmo, reivindicar a vontade e o dereito de existir como cultura para que non pase iso que dixo Cunqueiro nunha entrevista para a Televisión Española: “Galicia é un lugar con moita tradición oral, pero escasa memoria”. Nós, Pablo, Iván, Andrea, Nerea, Ruth, Celina, Sara, Alberto, Marina, Marina a profe e Veli demandamos a nosa memoria, a nosa existencia ao berro de Viva Shakespeare! Viva Cunqueiro!

E ti? Eu tamén

Grao en Comercio · Postgraos en comercio internacional e dirección de pemes, idiomas. Prácticas en empresa Escola Universitaria de Estudos Empresariais de Vigo

C/ Torrecedeira 105 - VIGO www.euee.uvigo.es O Galo Millarengo

13


o camiño

E

A lingua do futuro

por Laura Arca Serrapio e Alba M.ª Rodríguez Díaz

stamos fartos. Fartos de que nos digan continuamente: “estuda tal lingua, que é a lingua do futuro” ou “estuda tal outra, que é a lingua do futuro”. Que futuro? E o que é máis importante, o futuro de quen? Que futuro imos ter se carecemos de presente e renegamos do noso pasado? Que futuro imos ter se nos negamos a construílo a partir da nosa idiosincrasia? A maior parte da xente que nos di esas cousas desde que somos ben pequenos nin sequera sabe falar a súa propia lingua correctamente. Como cren que poden ter algunha fiabilidade se lle viran as costas ó seu? Estamos fartos. Fartos de tanto utilitarismo, de que nos digan que co galego non imos chegar a ningures, de que nos recomenden estudar na lingua hexemónica do momento. Basta xa de autoodio: ningunha é mellor ca outra. Son todas lindas, todas importantes, sobre todo para o pobo que as creou. E si: tamén poden abrir os

horizontes das persoas que as aprenden, ben o sabemos. Pero non por aprender cousas novas imos esquecer as que xa sabemos. O principal problema é que hai xente que trata as linguas como instrumentos. E aparentemente sería máis fácil se todos utilizásemos o mesmo instrumento. Poñemos por exemplo: as matemáticas son universais. Pero as linguas son moito máis que instrumentos. Son parte da identidade e da cultura propia da xente, sexa de onde sexa, fale o idioma que fale. Aprender máis linguas tería que significar coñecer máis culturas, coñecer máis puntos de vista, non esquecer e enterrar a nosa propia. Poden tentar que a lingua do futuro sexa unha soa, pero nós sabemos que a única lingua do futuro é a nosa. Ademais, non haberá futuro se non o construímos, e non será noso se non o facemos nós. Como camiñar se non temos lugar onde comezar o camiño?

Eu son unha cerdeira

S

por Ana Domínguez Rodríguez

empre pensei que me gustaría ser unha cerdeira, a vida como tal sería marabillosa. Cando fora unha semente, plantaríanme con coidado nun testo e regaríanme todos os días. Á parte, iso de poder alimentarme de substancias que ten a terra é xenial, porque non tes que ir ó supermercado todos os días para comprar algo de comer. Logo disto crecería e ós poucos anos daría flor e uns froitos riquísimos: as cereixas; á parte disto proporcionaría sombra para os días máis calorosos do verán, todas as persoas se agocharían baixo das miñas pólas. Esa era a parte boa; a mala é que no inverno quedaría es-

14

O Galo Millarengo

pida e co vento as miñas pólas moveríanse como a son dun vals ou se fai moito aire a ritmo de rock and roll. Outra cousa moi boa é que se non me cortan viviría moitos anos e coñecería cada unha das historias da xente que recolla as miñas cereixas ou se deite baixo a miña sombra. Faríame vella, pero se puidese falar, podería entreter a moita xente nunha desas tardes de neve a carón do lume contándolles estes contos. Xa logo duns centos de anos, as miñas pólas irán morrendo igual que as historias que coñezo se irán perdendo.


creación

Flor de toxo

por Alba M.ª Rodríguez Díaz Cando ela chega entra pola porta un rumor de bolboretas; arrecendo de limón e de chorimas molladas polo orballo da mañá. E vén e vai e apenas sabe que o mundo enteiro se fai noite cando ela sae.

Unha tarde de venres por Laura Arca Serrapio

A

tópome deitada na cama, coa música alta sen pensar en nada concreto. Así, coa mente en branco, os minutos pasan máis á présa, e cando me dou de conta, xa pasaron máis de vinte minutos. Incorpórome e fixo a vista no piano que hai contra a parede. Sinto coma se quixera dicirme algo. Decátome de que levo dous días sen tocar e decido poñer mans á obra. Parece que a lectura das partituras se me resiste un pouco, así que, falta de ganas para pensar, deixo que os meus dedos toquen unha melodía que coñecen de memoria, sen necesidade de que lles ordene algo. Media hora depois saio do cuarto e diríxome ao despacho. Non teño nada que facer, así que escribo unhas poucas liñas no ordenador case sen pensalas moito. Aburrida, volvo ó meu cuarto e conecto a música de volta. As letras en inglés, letras que coñezo ben, pene-

tran na miña cabeza traducidas, coma se estivesen na miña propia lingua. Vou até o estante e escollo un libro ó chou. “Total –pensei– xa os lin todos cando menos dúas veces”. Miro o título e relaciónoo cunha historia fantástica sobre dragóns e os seus xinetes. Decido que a música que está a soar non concorda coa novela e cambio o disco con desgana. As palabras escritas atrápanme de inmediato e mergúllome nas páxinas, perdendo a noción do tempo. Leo só as partes que me gustan, xa que non teño paciencia para máis, e chego ó final do libro en pouco tempo. Miro pola ventá: está a escurecer. Regreso ó principio, deitándome na cama, coa música alta, sen pensar en nada concreto.

Cinco palabras para alumear a lembranza por Alba M.ª Rodríguez Díaz

S

e me dixesen que escollese cinco palabras de todas as que viven apreixadas no meu corazón para describir aquela aldea, a primeira de todas sería ledicia. Todos os días de ledicia que vivín na casa dos avós, todos os sorrisos que quizais nunca se volvan repetir. A segunda palabra que escollería sería pumar. Así se chama o lugar en que está a casa, a eira onde xogaba cos meus curmáns a que eramos príncipes da fraga coroados con follas de castiñeiro, as escaleiras desde as que o meu avó me daba tantas e tantas benvidas co seu “Ola, miña pequeniña!”. O lugar onde medraban as rosas da avoa que tanto recendían. Outra palabra sería auga, a auga da praia da Cova en que me bañei durante eternos veráns. Tamén a auga do

pozo da horta, que o avó sacaba para min todos os días e que era a auga máis rica do mundo para aquela meniña rebuldeira que eu era hai non tantos anos. A seguinte palabra, sen dúbida sería lume, que representa todas as noites que pasaba coa miña familia a contar contos, a asar castañas… Lémbrome a min fozando na cociña de ferro vixiando que o lume non se apagase. A derradeira sería estrelas, as estrelas que eu vía tantas veces no ceo inmenso das miñas noites infantís, das que tantas saudades teño cando volvo á cidade, e que alumean a lembranza duns tempos que endexamais volverán.

O Galo Millarengo

15


(re)corten!! FOLGAS DO ENSINO

A

16

lumnos, profesores de primaria, conservatorio, secundaria e incluso futuros mestres e mestras xuntáronse os pasados 21 e 27 de setembro en Compostela para defender o ensino publico e expresar a súa repulsa polos brutais recortes que a Xunta está aplicándolle a educación pública. Ao berro de “Conselleiro dimisión, pola túa culpa 1.000 profes van a rúa” a manifestación percorreu Santiago dende a Alameda ata a sede da Xunta en San Caetano. Alí leuse un manifesto e cantouse o himno galego, e mesmo houbo tempo para cantar e bailar. Na segunda xornada escenificouse o enterro da educación publica, e algún turista despistado achegouse á comitiva para dar o seu pésame pola defunción e preguntar se todos eramos familiares do defunto. Lamentablemente esta non será a última concentración que se celebre na capital durante este curso, xa que a Xunta decidiu continuar co seu plan de privatización do ensino... pero os galegos seguiremos loitando contra estas medidas abusivas que non son máis ca un atraso para os logros sociais que non hai tanto que obtivemos.

O Galo Millarengo


altares e cabazas A porta entre os dous mundos

E

ntre o 27 de outubro e o 4 de novembro tivo lugar no vestíbulo do noso centro a mostra denominada “A porta entre os dous mundos”, na que se xuntaron tres exposicións que desde coordenadas culturais distantes no tempo e no espazo tratan sobre a a morte e a vida, ou, se se prefire, a fraxil liña que as separa ou as une, segundo se vexa: os altares de muertos (tipicamente mexicano), o Samaín (festividade de orixe celta) e curiosidades referentes á morte e os seus ritos na Antigüidade clásica. Na exposición colaboraron activamente numerosos alumnos, especialmente de 1º de bacharelato e mais de 1º de ESO, que achegaron o seu traballo e materiais diversos para poder levar a cabo as exposicións organizadas por vicedirección, EDLG, os departamento de latín, lingua castelá e lingua galega. Museo de Grecia e Roma O altar de muertos, tipicamente mexicano, consiste basicamente, como o seu nome Altar de muerto indica, nun altar que pode acadar varias alturas e se levanta en memoria dunha persoa morta que é invitada a comer cos vivos durante esta época do ano. Resultan tremendamente vistosos e gozan de grande popularidade. O Samaín é tamén unha festa, neste caso de orixe celta, coincidente coa fin das colleitas e a chegada dos frío e o mal tempo, na que os espíritos dos mortos volven para se mesturar cos vivos nas brétemas invernais. É tempo de bruxas, de calacús con candeas acesas no seu interior, gatos negros, misterios, medo, etc. A exposición complétase cunha colección de obxectos, réplicas de antigüidades romanas e gregas ou elaboradas polos propios alumnos, que teñen cabida no museo de Grecia e Roma e historia Cabazas acesas das relixións en relación coas tumbas, as catacumbas e os fantasmas da Antigüidade. As exposición foron apoiodas documentalmente por máis de 40 carteis alusivos á significación dos altares de muertos, o Samaín e o tratamento da morte na literatura e na tradición universais. Incluíuse no evento, ademais, a reprodución da obra íntegra de Castelao Un ollo de vidro. Memorias d’un esquelete.

O Galo Millarengo

17


mar a fóra

O paíño do mal tempo por Adrián Docampo Fernández

O

Paíño do mal tempo, de nome científico Hydrobates pelagicus, é a única especie de paiños que cría na Península, aínda que tamén podemos atopar o paíño de Wilson Oceanites oceanicus, o paíño de Madeira Oceanodroma castro e o paíño de Leach Oceanodroma leucorrhoa. En Foz coñécese como aceiteira e no Grove co nome de paíño; tamén se lle chama peidiño e papoia. Este animal chama a atención dos mariñeiros pola súa forma de voar e o seu comportamento. É a ave mariña máis pequena de Europa, cun tamaño aproximado de 15 cm de longo. É totalmente negro, agás a mitra branca. Este paxaro cría ó oeste do Paleártico e inverna por todo o leste do Atlántico e o Mediterráneo. Pasa case toda a súa vida no mar e, cando vai á terra, é só para aniñar. Pon un único ovo. Os paíños son aves

que cando acoden á terra fano pola noite para evitar os predadores. Localizan os seus niños polo cheiro e reclamo. Teñen un certo aire de misterio pola súa vida tan peculiar. Este paxaro colonial cría en Galicia, en buratos e fendas nos cantís rochosos máis escarpados de illas e illotes como, por exemplo, no Boeiro, Vilán ou illas Gabeiras. Alimántase de zooplancto, peixes e residuos graxentos. Posúe un olfacto moi desenvolvido. Grazas ás marcaxes e anelamentos que se fan en Galicia sabemos que estas aves percorren todo o litoral atlántico dende o sur de Portugal ata o norte de Europa. Aves aneladas en Galicia teñen sido recuperados en Francia, Inglaterra e costas do Cantábrico. A súa presenza no inverno preto da costa cando hai fortes temporais xustifica o seu nome de “paíño do mal tempo”.

da man dos paíños...

Rivas, Manuel: A man dos paíños, Xerais, Vigo, 2000

Rúa Sagunto, 19 Tel. 986 270 949 36205 - Vigo

18

O Galo Millarengo

[...] Aquela man estaba desadornada. Durante os interminables días de prostración, a imaxe dos paíños do mal tempo no refuxio da man axudárame a pairar no desacougo. Agora, non había nada á vista. [...] Pero dunha vez volveu cambiado. Andara no mar austral, nun conxelador, de frigorista. Seis meses sen saír do barco, sen tocar terra. A min nunca me gustaron as tatuaxes. Pregunteille para que fixera aquilo, que lle ía quedar a man marcada por toda a vida. E díxome: ”Nalgún sitio tiñan que pousar os paíños”. [...] A man dos paíños, Manuel Rivas.

A man dos paíños en Poemas Visuais Poemario cotián luispenamosquera.blogaliza.org


Corazóns de mar

corazóns á deriva

por Juan Manuel Rodríguez Criado

N

o interior das selvas da América tropical medra unha planta moi curiosa: Entada gigas. Trátase dunha liana coñecida como escaleira de mono (noutros países habita de la suerte, coeur de la mer, monkey ladder e ocean voyager) que produce o legume máis grande do mundo e que contén unhas sementes no seu interior que son como grandes fabas marróns escuras, de superficie pulida, moi bonitas e con forma de corazón. Son coñecidas como corazóns de mar e sea hearts. Que relación teñén co mar?, e que relación teñen con Galicia? Pois a seguinte: dende a selva tropical caen anacos do legume seco ó río que conteñen unha semente dentro. Van flotando e son transportados ata o océano. Pouco a pouco o anaco de legume apodrecido libera a semente que viaxaba comodamente no seu interior. A semente, xa solta, continúa flotando e viaxa grazas ás correntes oceánicas (no Atlántico a Corren-

te do Golfo e a Corrente Noratlántica) ata que, ó final, chegan ás costas europeas, entre elas as costas galegas. Por este motivo, reciben tamén o nome de Columbus bean e fabas de Colón (pois suponse que fixo pensar a Colón na presenza de novas terras no oeste que enviaban estas sementes descoñecidas). Hai longa tradición en diversos países de Europa na recolección nas praias destes corazóns de mar para usalos como remedios, para fabricar colgantes e, sobre todo, como amuletos, pois “se tiveron tanta sorte como para atravesar o océano, tamén a terían os mariñeiros que as levaran na viaxe de volta...”. Por certo, atopaches o teu corazón de mar? Pois ben, se non tiveches esa sorte e o queres ver, pásate polo museo de ciencias do instituto e obsérvao alí. E se che gusta este tema visita as páxinas da bibliografía que aparece a pé de páxina.

Para saberdes máis: http://waynesword.palomar.edu/plmay97.htm http://waynesword.palomar.edu/pldec398.htm http://www.seabean.com/guide/Entada_gigas/ http://www.seabean.com/guide/Entada_gigas/Vol09-3-pg19-part1.pdf

Avda. Gran Vía, 174 36211 VIGO Teléfono: 886 11 22 84 http://www.saboreateycafe.com/

O Galo Millarengo

19


pasa o tempo Coa colaboración de Bárbara Carmona Guillermo e M.ª Dolores Fernández Pérez

Enigmas matemáticos Dálle ás neuronas!!

sopa de letras

Busca 15 nomes de profes V

I

O

S

E

R

T

O

I

Q

L

M

A

R

I

N

A

R

U

M

A

E

L

O

I

S

A

E

S

O

S

H

I

S

C

Z

V

T

S

N

E

I

L

A

M

E

U

O

O

C

R

E

L

A

D

I

O

L

X

H

E

T

O

O

G

P

A

Z

N

A

T

S

A

L

L

E

D

R

A

P

labirinto

Acha o camiño de saída

André e Brais eran dous amigos que xa había tempo que non se vían. André preguntoulle a Brais cantos libros tiña. Brais, que sempre gustaba de explicar as cousas de xeito enigmático, dixo: —Non cho sei con exactitude. Se fago grupos de dous, tres, catro, cinco e de seis, sóbrame sempre un libro; non obstante, se os xunto en grupos de sete non me sobra ningún. André adiviñou o número de libros que tiña Brais, pero... como o soubo?

As tres caixas

Temos tres caixas: unha vermella, unha verde e outra azul. Cada unha ten a seguinte mensaxe no seu exterior: Caixa vermella: “Os caramelos están nesta caixa”. Caixa verde: “Os carmelos non están nesta caixa”. Caixa azul: Os carmelos non están na caixa vermella”. Só unha das mensaxes é verdadeira. Se só puideses abrir unha caixa... cal abrirías?

A enquisa

Unha enquisadora diríxese a unha casa onde é atendida por unha muller: —Cantos fillos ten? —Tres –responde ela. —Idades? —O produto das idades é 36 e a suma é igual ó número da casa –responde. A enquisadora marcha, pero ó pouco volve e dille á muller que os datos que lle deu non abondan. A muller, despois de cavilar un pouco, dille: —Leva razón, a maior estuda piano. Isto é suficiente para que a enquisadora saiba as idades dos fillos… Cales son?

Acha as SETE diferenzas entre as dúas series

XXXXXX

A cifra da esquerda dun número de 6 cifras é un 1. Se se pasa o 1 ó outro extremo do número, o número é tres veces maior có primeiro. De que número estamos a falar? Divide a figura en catro partes iguais de forma que cada unha delas conteña un punto.

• • • • As solucións, proximamente en: http://ogalomillarengo.blogspot.com/

20

O Galo Millarengo




Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.