Ghafos Campolongo

Page 1

TRABALLAMOS A PROL DA LINGUA O OB BLLO OG GU UE ED DO OE EQ QU UIIP PO OD DE EN NO OR RM MA ALLIIZZA AC CIIÓ ÓN N bota a andar, aproveitando e comprometéndose con todas as posibilidades que nos ofrecen as tecnoloxías da comunicación, porque non hai tarefa máis gratificante que ir abrindo camiños na demostración diaria de que a escola pública avanza, mellora, e ofrece a mellor calidade, sempre na vangarda e na experimentación. Achegámonos de novo á Comunidade Educativa e a todos aqueles que nos queiran seguir, co alicerce de impulsar a nosa realidade cultural e lingüística desde a escola. A nosa pretensión é de ser unha ferramenta útil, dinámica, funcional e participativa, que contribúa ao fomento da lingua –nese incerto transcorrer do galego na escola-, nunha aposta clara e de responsabilidade pola defensa da oralidade e do herdo cultural. A nosa proclama é, sempre será, o amor ao galego e a Galiza. Falaba ben Castelao, cando esixía o ensino en galego e dicía que estamos fartos de saber que o pobo galego fala un idioma de seu, fillo do latín, irmán do castelán e pai do portugués. Idioma apto e axeitado para ser vehículo dunha cultura moderna e co que aínda podemos comunicarnos con máis de sesenta millóns de almas. Douscentos setenta na actualidade. Pero a escola precisa máis, sobre todo nos núcleos urbanos onde a perda de falantes é alarmante. Precisamos implicar aos ensinantes para acadar un uso maior do galego na docencia, entre os docentes e nas relacións escolares en xeral. A Administración Autonómica recoñece a lingua como un elemento básico de identidade cultural e valor fundamental. Dá novas pautas co reformado decreto do plurilinguísmo, establecendo unha nova regulamentación para facilitar o seu emprego: Artigo 3º.-A lingua na Administración educativa.


1. Na Administración educativa de Galicia e nos centros de ensino sostidos con fondos públicos utilizarase, con carácter xeral, a lingua galega e fomentarase o seu uso oral e escrito, tanto nas relación mutuas e internas como nas que manteñan coas administracións territoriais e locais galegas e coas demais entidades públicas e privadas de Galicia, sen que iso supoña unha restrición dos dereitos do persoal docente.

Entendemos que a lingua constitúe un elemento básico de identidade cultural e representa un valor fundamental de cohesión dunha comunidade, como tamén o entenden os nosos representantes cando acordan: O parlamento de Galicia insta ao goberno galego a consolidar na Administración Pública Autonómica e nos organismos e entes dela dependentes o uso do galego como lingua xeral de referencia, tanto a nivel escrito como oral, garantindo, en todo caso, a cooficialidade lingüística establecida na Constitución e no Estatuto de Autonomía de Galicia. En consecuencia, establecerase o galego como lingua de contacto inicial entre o funcionario e os administrados e administradas nas relacións presenciais e na atención telefónica, sen prexuízo de dereito destes últimos á atención na lingua oficial da súa preferencia”.

Hai un recoñecemento das moitas posibilidades que a lingua ofrece, pero non están aproveitadas. Provócanos fonda preocupación a tendencia desgaleguizadora que asolaga ao noso idioma, co galego retrocedendo a unha situación de minorización e ata de ameaza de desaparición. Sabemos que é insuficiente o apoio que recibe para medrar e construír espazos de encontro e unión. GHAFOS DO EDL CAMPOLONGO xorde cunha identidade propia e con vocación de sementar un futuro diferente para a lingua galega, coa esperanza de avanzar no proceso normalizador e de ser alento renovado cara o porvir. O noso compromiso firme coa lingua é o aceno desa identidade, repleta de contidos variados. Dende este universo virtual, dámoslle a benvida a tódolos internautas, no desexo de que esta andaina compartida sexa enriquecedora para todos, de xeito que se converta nunha colleita de traballo proveitosa a prol da lingua. S E O 22001122 RO EM MB BR SE ETTE GO O ON NG MP PO OLLO AM CA P C CE EIIP ED DLL C


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.