A ti

Page 1

A ti

Alba Pose


A Ti Emma espertou cos labios resecos. Abriu os ollos lentamente aínda aturdida polo pesadelo que acababa de ter. Xa era a quinta vez que soñaba aquilo nesa semana. Sempre se presentaba o mesmo paronama. Un home de grandes ollos, ollos totalmente brancos, sen iris nin pupila, que a miraba, dende o recuncho do cuarto, e aí acababa todo, nunca pasaba máis nada. Pasou a lingua polos beizos incorporándose. Fóra o vento bruaba, as nubes choraban e os deuses descargaban a súa ira contra nós con lanzas de luz que facían ruído cando chegaban aos seus desdichados destinos. Foi cara á cociña e prendeu o interruptor, pero nada sucedeu. A tormenta orixinara un cortocircuíto e fórase a luz. A cegas abriu a alacena, colleu un vaso e dirixouse ao fregadeiro. Un raio atravesou o ceo iluminando a cociña e no marco da porta, Emma viu a un home. Un home de grandes ollos, ollos totalmente brancos, sen iris nin pupila, que a miraban. Emma quedou muda de horror, o vaso estrelouse, pero non fixo ningún ruído ao impactar contra o chan. Os anacos de cristal esparcironse polas lastras pero eles tamén gardaron silencio ante ese espantoso momento. Os ollos de Emma acostumáronse á escuridade e agora podía ver a aquel ser humano. Quedouse prendida dos ollos que parecían que non dirixían a ollada cara a ningún sitio pero ela sentíase espantosamente observada. Todo o seu corpo paralizouse. Os ollos do home queimábana, doíalle o peito e mareábase. Sentía como se el estivese arrancando recordos do seu corpo e destruíse a felicidade. Viu como o enxendro borraba das mentes dos seus pais o seu recordo, a lembranza de que Emma fose a súa filla nalgún momento; viu as fotos do salón e presenciou como a súa cara xa non aparecía nelas, agora era un espazo baleiro ao lado do seu pai e da súa nai. E nese instante, Emma caeu nun pozo escuro do que xa non podería escapar xamais. Se agora te fixas nos seus ollos verás que estes xa non teñen pupila nin iris e que te miran a ti. Mírate a ti porque se deu conta de que ti presenciaches como desaparecía do mundo e non fixeches nada para impedilo, E por iso agora, cando algunhas noites notas unha presenza ao teu carón, unha respiración case inaudible tumbada na túa propia cama, é ela observándote cos seus grandes ollos, ollos totalmente brancos, sen iris nin pupila, que te miran. A Ti.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.