Na Escola 2010

Page 1

cpi de xanceda

Semana da prensa 2010

conoutramirada.blogspot.com

SEMANA DO 8 AO 12 DE MARZO DE 2010 Época II Número 3

Precio: De balde LOCAL

Xa non nos mollamos!

Novo campo de fútbol Tomás 6º

Unha nova pasarela no colexio

En Visantoña veñen de inagurar un novo campo de fútbol. É de herba artificial e ten aspersores. Agora o que teñen que facer é formar un equipo de fútbol infantil, se é posible. Tamén se inaugurou a Casa da Tella, onde se pode ver como se van facendo as tellas. Ten ventás para ver os peixes da lagoa e, se saes fóra, podes ver garzas e tes sitio para merendar.

Victoria, Noelia e Aylín. 5º

No verán pasado construíron no CPI de Xanceda unha pasarela. A finalidade é a de protexer da choiva aos nenos e nenas deste centro que cada día teñen que cruzar este para entrar e saír., recorrido que vai dende a entrada ata a saída onde se atopan os autobuses. Está situado ao longo do pavillón e os materiais

que se empregaron na súa construción son cristaleiras, columnas grosas e teito de chapa. Agora, por fin, despois de tantos anos os nenos e nenas do colexio de Xanceda xa non teñen porqué mollarse ao cruzar o centro nin tampouco para ir ao pavill ón . O bxectivo cumprido!

Cae un camión ao río Adrián 6º

Hai uns meses caeu un camión pola ponte de Mesía. Parece que, ao pasar por alí, o camión quedou sen freos e bateu contra outro camión, o que recolle o leite de Pascual, ao que só lle rozou unha porta. Despois de dar contra el, bateu contra a ponte e caeu ao río. Custou bastante sacalo e todos os veciños estiveron alí mirando ou axudando.

COLEXIO

Un obreiro ferido Un novo caso de risco laboral Manuel 5º

No mes de febreiro un obreiro que arranxaba o pavillón do colexio de Xanceda caeu do andamio. Cando esto sucedeu produciuse un ruído moi forte. O andamio veuse abaixo e como resultado caeron dous obreiros. Ningún dos dous levaba protección na

REPORTAXE

Novas pistas cabeza nin cintas. Os dous tiveron feridas, un levou un golpe nun brazo ñe outro na cabeza. Este último, dada a importancia do golpe, tivo que ser atendido e trasladado ao hospital por unha ambulancia. Cando ían meter ao ferido na ambulancia tamén se

achegaron ao centro o alcalde e a garda civil. Alí xa estaban a directora, o conserxe e o secretario que estiveron dende un primeiro momento controlando a situación. Durante o día todo o colexio falou do suceso e dende este acontecemento os obreiros

foron máis precavidos e a partir dese día xa viñan con equipos de protección. Non se pode esperar a actuar unha vez que pase algo, hai que prever e protexerse antes. Así que xa sabedes: protección ante calquer risco laboral!

Santi 6º

Na localidade de Cova acaban de abrir as novas pistas da parcelaria e están, en xeral, moi ben. Os únicos problemas que lles vexo son, o estreita que é a ponte que puxeron, xa que si se cruzan dous coches un ten que dar marcha atrás, e que ten unha curva innecesaria cando podían tela feito recta. Vanas asfaltar, pero dentro de moito tempo.

Abellá estrea campo

As nenas e nenos de infantil falan de arte . . .

Infantil

Martín 6º

un museo é . . . unha casa grande onde hai pinturas e cadrados, un sitio grande onde hai esculturas, . . .

no cole tamén creamos arte . . . cando facemos cousas de plasti e barro, cando pintamos con María, cando pegamos papeis, cando cantamos e bailamos, cando facemos de Cocorico, cando escribimos e lemos, . .

os museos valen . . moitos cartos, para que poidamos mirar cadros, para que as pinturas non se estropeen, . . . a arte é . . . debuxar persoas, facer santiños de plasti, pintar cos pinceis, cantar e bailar, ler contos, multiplicar, cruceiros, música, películas, . . .

Os veciños de Abellá, en Frades, contan con un novo campo de fútbol con césped artificial e novo mobiliario. As obras de remodelación leváronse a cabo recentemente con cargo á Deputación, dentro do plan de campo de fútbol con herba sintética. En total os traballo de remodelación supuxeron unha inversión de 470.000 €, dos cales se destinaron 70.000 á instalación de herba sintética e á iluminación. O novo espazo deportivo conta cun sistema de rego de largo alcance, un sistema de drenaxe e a correspondente equipación deportiva.

DEPORTES

O equipo de Mesía gaña partido tras partido O equipo de fútbol do Concello de Mesía está integrado por nenos de terceiro e cuarto do cole. Está facendo unha liga fabulosa, ata en algúns partidos gañou por máis de dez goles de diferenza. Sen dúbidas supón o terror da competición e esperamos que sexa durante moito tempo así.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.