Na escola 2011

Page 1

CPI de Xanceda e Escolas

Semana da prensa 2011 SEMANA DO 11 E 12 DE MARZO DE 2011 Época II

DEPORTES

Número 4

Precio: De balde

Sexto

EDITORIAL

Gran actuación do alumnado na competición de campo a través Os resultados prometen ser mellores a vindeira temporada. Os alumnos e alumnas de 2º , 3º , 4º , 5º e 6º de primaria do CPI de Xanceda , participaron na súa primeira carreira de campo a través no campionato escolar desta modalidade. O campionato constaba de varias fases e para acceder á seguinte fase había que clasificarse entre os 6 primeiros/as de cada carreira. A primeira proba celebrouse en Touro o pasado 17 de decembro de 2010. Alí os alumnos e alumnas do CPI de Xanceda obtiveron 3 medallas: Noelia Sánchez Grobas (1ª en infantil feminino); Andrea Louro Vázquez ( 6ª en benxamín feminino) e Raquel Rey Lata que obtivo medalla polo seu esforzo e superación persoal.Tamén hai que destacar os resultados conseguidos por: José Ramón González Mosquera (17º en benxamín masculino); Marta Varela Bello, Yedra Marina Penas Holguín e Tania Bello Cao (13ª , 15ª e 16ª en alevín feminino ); Martín Rivas Fernández (12º en alevín masculino); Aylín Andrea Penas Holguín e Aida Cao Rodríguez ( 8ª e 11ª en infantil feminino ); e Esteban López Fila (16º en infantil masculino). Tamén hai que destacar a Miguel López Blanco quen ía camiño de gañar pero abandonou por sobresforzo en infantil masculino. Na segunda proba, a cal se celebrou en Santiago o 22 de xaneiro de 2011, participaron 3 alumnas: Noelia Sánchez Grobas e Victoria Iglesias Grobas que remataron 13ª e 30ª en infantil feminino; e Andrea Louro Vázquez que rematou na posición 15ª en benxamín feminino. Parabéns a todos/as e seguide practicando deporte.

Un ano máis e con motivo da semana da prensa, sacamos unha nova edición do noso Xornal na escola. Un anos máis e nótase porque xa temos outra experiencia a hora de realizar artigos, pasatempos, local, etc... Pretendemos achegarnos ao mundo da prensa apostando os nosos coñecementos para que este xornal sexa un xeito de vos comunicar as vosas novas e para que pasedes un bo anaco léndoo e compartíndoo coa familia, amigos, compañeiros… Que disfrutedes dunha boa lectura!

OPINIÓN

Terceiro

Quen é quen? Son Raúl. Ui, pensei que eras David! Aos nenos de 3º non nos gustaría vir a escola con uniformes porque ao vestir todos iguais parécenos que non nos recoñeceriamos. Tamén pensamos que si xogamos ao fútbol ou á pillada non iamos saber quen pertence ao noso equipo, e vaia lería! Opinamos que cos uniformes acabariamos aburrindo sempre a mesma roupa. Ademais preferimos vir vestidos ao noso gusto. Estamos de acordo en que os nosos pais aforrarían moitos cartos, pero nas estaríamos dispostos a axudalos na compra da roupa cos cartos dos nosos petos.

INTERNACIONAL Chegada á meta.

Sexto

OS PAÍSES ÁRABES PETAN Á PORTA DA DEMOCRACIA

REPORTAXE Os Museos

Infantil

Un museo é . . . Un sitio grande, con moitas cousas para ver. Algo importante, onde podemos aprender mirando. No museo traballan os “científicos”. Visitamos o Museo de Historia Natural “Luis Iglesias”. Como está en Santiago, tivemos que ir en autobús. Está nun cole grande e vello, de chicas e chicos maiores, da universidade. Hai que baixar moitas escaleiras. Non se pode berrar, nin correr, nin comer, nin tocarlle á tartaruga. Alí traballa Tino, que nos explicaba moitas cousas. Hai moitos animais mortos, dentro de “cristais” colocados en “táboas de madeira”.

Un momento da saída.

Está dividido en tres salas: Na primeira, hai osos, canguros, tartarugas, cunchas, estrelas de mar, crocodilos, monos, peixes, tigres, esqueletos e unha momia. Na segunda, hai animais de Galicia: corzos, raposos, lobos, aguias, bubelas, coellos, e tamén bolboretas, vacalouras e escaravellos. Na última, hai un mapa grande, un dente de mamut e pedras brillantes con moitas cores. Gustounos moito e animámosvos a visitalo!

Manifestacións pacíficas en Túnez esixen democracia e liberdade. O presidente vese obrigado a abandonar o país. As protestas populares propáganse a Exipto, onde miles de manifestantes permaneceron na Praza principal de El Cairo ata que o presidente renunciou ao seu posto. En Libia as cousas están moito peor: están a bombardear ao pobo que esixe liberdade e democracia, e xa hai centos de mortos. O ditador Gadafi négase a abandonar o poder. Todo isto pode provocar unha guerra civil. O “efecto dominó” das reinvidicacións democráticas está chegando a outros países do entorno: Arxelia, Bahrein, Marrocos, Siria, Jordania, Yemen….


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.