Na Escola 2009

Page 1

cpi de xanceda

Semana da prensa 2009

conoutramirada.blogspot.com

SEMANA DO 9 AO 13 DE MARZO DE 2009 Época II Número 2

Precio: De balde

Gran nevarada en Mesía E os vellos pensan que aínda nevará máis Noemi 6ºA

No Concello de Mesía xa nevou seis veces neste inverno. Os habitantes do Concello xa están fartos

da neve, e non é para men os. Aparte das nevaradas, tamén houbo temporais de vento e

choiva, frio intenso, xeo... clase os días 23 de Pola súa causa os rapaces xaneiro e 9 de febreiro. e rapazas do CPI de Xanceda estivemos sen

Un ano mais no colexio celebramos o Entroido, e aproveitando que estamos a traballar os medios audiovisuais, eliximos como tema “A Televisión”. Fixemos unha bonita festa de disfraces, cada grupo representou unha pequena obra teatral imitando programas, seccións e personaxes que vemos na pequena pantalla, así por exemplo, os nenos de primeiro ofrecéronnos unha parodia dos espazos dedicados ás noticias do tempo; tamén puidemos ver entre outros a Pocoyó, Os Simpson, o Formigueiro, Tu si que vales, indios e vaqueiros....; así mesmo, fixemos un concurso ao estilo Pasapalabra... Sigue páxina 2

Belén 4 anos

Marta 6ºA

A unha señora de Cabrui roubáronlle mentres tendía a roupa no garaxe. A señora ía ir ao supermercado e atopouse sen diñeiro, tarxetas, contas bancarias, ordenador… E tocoulle seguir traballando.

Ampliación do almacén En Boado os agricultores teñen unha cooperativa e a maquinaria é de todos. Dende hai uns días están a facer obras no almacén no que a gardan. Esta ampliación necesitábana dende hai moitos anos, porque a maioría da maquinaria tiñan que deixala fóra.

Entroido TV

Infantil

Roubo en Cabrui

Nerea 6ºA

COLEXIO

REPORTAXE

LOCAL

Aceras novas Adriana 6ºA

Neste novo ano 2009 o Concello fixo unhas aceras dende o CPI de Xanceda ata a piscina municipal. Isto é moi útil para as saídas que se fan dende o colexio alí, e tamén para os nenos e nenas que se queiran ir refrescar algún día de calor.

DEPORTES

6ºB

O equipo de Mesía, nunha liga máis difícil Un momento do espectáculo./Iago e Martín 5º

No noso cole hai moitos nenos e nenas e tamén moitos profes. Pero tamén hai outras persoas que axudan para que todo vaia ben. Son os cociñeiros e o conserxe. Os reporteiros de infantil, tratamos de coñecelos un pouco millor e por iso lles fixemos unha entrevista. - Traballan no comedor. - Son unha chica e dous chicos, un é grande, moi alto, e o outro baixo. - Van vestidos de branco, cun gorro branco, ou de negro, cun gorro negro. - Cociñan, dan a comida, poñen a mesa, limpan o comedor...

- Fan unha comida rica. - A chica chámase Enma, vive en Castroverde. - O chico alto é Pablo, vive na Coruña e ten un neno pequecho. - O outro chico é Pepe, vive en Santiago e ten dous fillos. - Son un equipo, o que manda no comedor é o mestre Alfonso. - Non traen a comida da súa casa!!! - Gústalles comer pizza e empanada, pero tamén verduras e peixe. - Poñen cada día máis de douscentos pratos !!! - Teñen unha libreta para apuntar os nenos que comen e os que non comen e despois ensínanllela aos Reis Magos. - O que máis lles gusta do seu traballo é que comamos todo. - O que menos lles gusta é cando non comemos nada.

- Chámase José Manuel, é moi gracioso e non se enfanda. - É moi grande, non ten pelo e leva gafas. - É a primeira persoa que entra no cole e o último que sae. Andrea 5 anos - Varre as follas do patio - Da os papeis para asinar cando estamos enfermos. - Coloca as cousas e os paquetes. - Leva 21 anos traballando no noso colexio. - Coñece moitos nenos e nenas e moitos profes, e sabe o nome de todos. - O que máis lle gusta do seu traballo é ver os nenos de Infantil, que nolo dixo el. - O que menos lle gusta é erguerse cedo para vir ao cole, coma nós. - Está casado e ten un fillo grande que tamén veu a esta escola. - Cada día pecha dúas portas: a da entrada principal e a de secretaría. - Algunha vez tense enfadado cos nenos, pero non moito. - Non ten medo cando queda só no cole !!! - Cada día fai máis de cincocentas fotocopias !!! - Toca a serea cun timbre e se non está na conserxería, cun reloxo coma un despertador, inda que nós pensabamos que facía maxia.

Todos facedes un traballo moi importante no colexio. Grazas pola vosa colaboración!

Na liga Municipal de Fútbol Sala os equipos de Mesía das categorías benxamín, alevín e infantil acadaron grandes postos. Agora comeza unha liga nova moito máis difícil con equipos de: Arzúa, Curtis, Toques, Touro, Boimorto, Pino, Melide, Trazo, Vilasantar e Frades.

Grandes éxitos deportivos dos equipos de 6ºB O trimestre pasado xogouse o campeonato de Bloques onde o equipo de 6ºB alzouse coa victoria grazas a unha gran actuación de Jose Peteiro. Segundo declaracións do xogador o partido decidiuse in extremis “cando quedaba un minuto a min salváronme e como iamos empatados collino e gañamos”. Aínda do apretado do resultado, Jose móstrase radical nas súas palabras: “Gañamos tódolos partidos e fomos sobrados cara a victoria”. Este non é o único triunfo de alumnos deste curso xa que o Campeonato de Baloncesto foi gañado polos Ánxeles Lakers, un equipo formado por Fran, Jose Ángel e Rubén. Este último comentou que “o partido máis difícil foi contra os Xogóns. Levaban unha ventaxa de 6 puntos pero ao final gañamos”. Ante as preguntas sobre a dificultade da victoria no campeonato, Rubén mostra a mesma actitude que Peteiro: “Non foi difícil, pero houbo dous partidos que foron máis complicados.”


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.