HISTORIAS DE NADAL

Page 1

l a d a N e d s a i r o t His ALUMNOS DE 6ºA

DECEMBRO 2012

Conto de Nadal ¡

TEXTOS DE:  ADRIÁN

ALLO

GERPE

Qué alegría! hoxe e Nadal, dixo o SR Manolo. Teño que pensar os agasallos que podo facer, uumh, a ver … a ver ... a meu sobriño unha play, a miña sobriña unha Barbie, a miña tía unhas gafas, a meu tío un audífono e a os meus pais unha cesta de Nadal. Despois de mercar os agasallos todos, dispúxose a colocar a árbore de Nadal. Cando xa estaba rematando petaron á porta. Era o seu xefe. -¿A que ben esta agradable visita? - Só te quería comentar que o vindeiro día sete terás que regresar a o traballo.

 LAURA GRILLE

SUÁREZ

-Vale respondeu o SR Manolo. -E ¿Que estaba a facer vostede? si se pode saber. -Só estaba a colocar a árbore de Nadal.

 LUANA

FERREIRO RAMOS

- Boh! árbore de Nadal! que tontería!. Vostede non se da conta de que o verdadeiro espírito do Nadal non é colocar árbores nin comer e facer agasallos. O Nadal é unha época de estar coa familia, disfrutar de ela e estar en paz e sen guerras no mundo. O SR Manolo pechou os ollos e comezou a imaxinar outro Nadal. - O que bonito seria non si, preguntoulle o xefe.

 RODRIGO

BOUZADA POMBO

- Si moi bonito. Moitas grazas por ensinarme outra forma de como disfrutar do Nadal grazas. - De nada home chao espérote o día sete. O día seguinte o SR Manolo dirixiuse ata casa dos seus pais para facer a típica cea do Nadal, cando entrou pola porta o seu sobriño foi correndo ata el e preguntoulle : - Tito ¿O meu agasallo? -Non o teño -É logo -Porque o Nadal non e unha época de regalos e unha época de estar coa familia é estar en paz coa xente que nos rodea. -Boh! seras malo!... eu só quería o meu agasallo.


Página 2

Historias de Nadal

PERDÓN

Eu era pequeno cando os meus pais me abandonaron, agora xa teño 11 anos e sigo estando so, non teño nin familia nin amigos, en resumen non teño nada. Moitas veces paso por diante das tendas e vexo saír a un montón de familias felices e alegres con todos os seus regalos, para regalar o dia de Nadal e son eses regalos que a min me encantaría ter, pero como vos dixen antes non teño nada. Aveces síntome como un estorbo como se non lle importara a ninguén, porque me parece que moitas veces cando a xente pasa por fronte miña rinse de min, pero eu non lle fago caso, eles pensan que a min non me importa pensan que como os meus pais me abandonaron agora non sinto tristeza pero iso non e certo. Pero bueno teño algo bo que contarvos Non vos ides imaxinar o que me pasou hoxe pos vóuvolo a contar: Hoxe estaba sentado no banco da praza, e de repente acercóuseme un home e doume un agasallo abrino e eran un par de calcetíns, non son os xoguetes que quería pero fíxome tanta ilusión que alguén me regalara algo que me daba igual o que me regalaran, de repente unhas mans rozaron a miña cara eu vireime e vin a unha muller, eu non sabia quen era e de repente esa muller díxome que era a miña nai eu non mo cría porque non me parecía normal unha señora que se me presenta no medio da calle e me di que era a miña nai pero ela ensinoume o carné de identidade eu seguía sen créela pero de repente ela díxome unha palabra: PERDÓN e eu con iso entendino todo.


ALUMNOS DE 6ºA

Página 3

CAMBIA, CAMBIA... Unha maña de noiteboa ,Pepe levantouse da súa luxosa cama e foi para o seu luxoso baño a ducharse, despois foi para a súa luxosa cociña e chamou a súa criada, que enseguidiña se preparou un delicioso almorzo. Pepe mirouno con asco, e cunha voz de nena mimada empezoulle a gritar a criada, cando rematou de berrarlle despediuna. Pepe saíu a rúa e pediulle a o seu chofer que o levara a súa oficina, cando estaba diante do seu edificio viu un can e doulle una patada, o can saíuu disparado ata a estrada e un camión enorme atropelouno, Pepe votoulle a culpa ao chofer e despediuno. Pepe entrou no edificio sen ningún remordemento e viu un cartel de ``coidado chan mollado´´ el sen facerlle moito caso a o cartel seguiu andando e esvarou nun chanzo. Cando Pepe estaba inconsciente oíu unha voz cálida e suave que lle dicía cambia, cambia,cambia…. , cando Pepe abriu os ollos encontrouse nun hospital, intentou moverse pero non podía, volveu intentar moverse e desta vez soamente puido mover os brazos ,de repente entrou un médico na sala e díxolle que quedara invalido de pernas, Pepe non so podía crer ademais agora estaba só no Mundo e arrepentiuse de todo o que fixera sobre todo porque era Nadal . Ao fin Pepe decatarase de que todo o que fixera estaba mal,volveu a contratar ó chofer e a criada e donou 1.000$ por Nadal a un orfanato e a un centro de cans enfermos, e nunca mais volveu ser tan egocéntrico, aprendeu a compartir as súas riquezas, amor e cariño, ao cabo dun tempo puido volver a andar casouse e tivo dous fillos que sempre tiveron contentos ao seu lado. Pepe agora é una persoa que si sabe disfrutar da vida e sobre todo da Nadal.


Página 4

Historias de Nadal

O SIGNIFICADO DO NADAL O señor Manolo estaba camiñando polo pobo cando se dou conta que non había ninguén, todo o mundo estaba a celebrar o Nadal, pero el non, a Manolo non lle gustaba o Nadal e non lle gustaba a xente, xa que el non tiña familia coa que celebralo, pensaba que o Nadal solo era pasalo ben coa familia. Ao día seguinte levantouse para ir a traballar, pero cando saíu pola porta atopouse co seu veciño, el pasou del pero seu veciño díxolle, - e Manolo donde tiveches onte, pareciume raro non verte celebrar o Nadal, Manolo pasou del outra vez pero logo volveu a falarlle e dixolle, - se queres saber que e o verdadeiro Nadal ven a xunta min e eu direicho. Cando o señor Manolo saíu de traballar reflexionou un pouco, e pensou que non quería facer máis veces así e entón foi falar co seu veciño, Manolo preguntoulle ao seu veciño que era o verdadeiro Nadal e el contestoulle, - o Nadal non solo e pasalo ben coa familia, o Nadal e sentirse alegre e feliz, por moito que solo sea unha vez ao ano.

Textos realizados na clase a partir da lectura dun fragmanto de “Conto de Nadal” de Charles Dickens, así buscarán os sentimentos que crean son propios destas festas e empregáronos para crear un pequeno conto de Nadal.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.