Proxecto redEIRA

Page 1

redEIRA


RedEIRA TEMHA. Tipologías Estructurales José Antonio González Meijide www.temha.com Fermín Blanco. Arquitectura www.ferminblanco.com Proxecto Antucas Juán Ares www.juanares.es Idoia Cuesta www.idoiacuesta.com

Localizacion:

O Parrote. Concello da Coruña,

Indice

Latitude: 43º 22’ 6,81’’ N Lonxitude: 8º 23’ 40,92’’ W Fuso UTM: 29 Coordenada X: 549.041,22 m Coordenada Y: 4.801.921,64 m

0. RedEIRA

Promotor:

Concello da Coruña

3. Estudos de soleamento

Enxeñería:

TEMHA.Tipologias Estructurales. José Antonio González Meijide.

4. Vistas nocturnas

Arquitectura:

Fermín González Blanco.

Colaboradores: Luis Miguel Fernández López. Saúl Gómez Rubio. Fotografía:

Inés Soto Nogueira. Estudio Fermin Blanco Juán Ares Marine Design.

Deseño:

Juan Ares.

Artesanía:

Idoia Cuesta.

1. Proposta de emprazamento 2. Estrutura/ planimetría

5. Proxecto Antucas 6.Contacto


0. RedEIRA

Onde?

RedEIRA é un estudo sobre as posibilidades de obter un ámbito en sombra de gran escala para espazos públicos, mediante a utilización de sistemas téxtiles con mínimo impacto visual e economía de medios. O nome supón unha nova acepción ao termo facendo referencia non só á profesión senón ao lugar facendo uso da raíz etimolóxica do termo -eira.

Como zona de aplicación exponse o Baluarte do Parrote en Coruña, zona privilexiada polas vistas e o soleamento pero carente de sombra na actualidade. A súa situación sobre a zona de afección patrimonial das antigas murallas permite unha cimentación contida sen grandes repercusións nas estruturas preexistentes. Participación cidadá

Quen somos? O proxecto realízase a través da colaboración en rede entre un equipo interdisciplinar de enxeñería, arquitectura, deseño e artesanía. A idea supón un aproveitamento a través do deseño dun material téxtil para a xeración de grandes espazos en sombra. A materialización pretende aproveitar as experiencias dos membros do equipo en estruturas similares para xerar un proxecto orixinal con carácter social e histórico sobre unha zona moi sensible da cidade.

A necesidade de lugares en sombra que xeren espazos públicos amables de estancia é un requisito exposto pola cidadanía a través das políticas de participación cidadá. Propoñemos este traballo a modo de investigación práctica, prototipo urbano que sirva de primeira experiencia para aplicar noutros puntos da cidade e que poida estar exposto ao xuízo dos veciños a través dunha posta en práctica, sendo o sistema xeneralizable en caso de resultar satisfactorio.


1. Emprazamento O Baluarte é na actualidade un espazo duns 1600 m2 elevado respecto ao resto do paseo. Historicamente zona vinculada ao arranxo de barcos e redes, imaxe tradicional da Coruña pesqueira. As fotos que acompañan mostran aos redeiros do Parrote na década dos anos corenta. Hoxe en día a plataforma é unha zona excepcional de gozar público con gran potencial urbano por atoparse recollida de ventos dominantes e contar con soleamento de nacente a poñente sen sombras arroxadas de edificacións lindeiras. A disposición proposta xera zonas de sombra dun 70 % da actual superfice cun mínimo de soportes a chan (tres mastros) e 6 tirantes ao chan máis dous aos muros posteriores. Todos eles unidos por unha estrutura de bancos que poderían encartarse e recollerse ao chan para permitir un uso de toda a superficie da praza sen obstáculos en caso de espectáculos públicos, un espazo flexible que permita diferentes usos.



2. Estrutura/planimetría

Vistas

O Baluarte é accesible a través dunha rampla lateral e conecta a través da escaleira co paseo do Parrote nun nivel superior. É por tanto un punto estratéxico de conexión peonil entre ámbitos urbanos, na actualidade pouco transitado. A súa configuración permite reforzar este carácter de articulador de movementos e zona de estancia.

A disposición dos elementos pretende conxugar os criterios estéticos e estruturais permitindo as vistas panorámicas dende todas as cotas; o porto, o propio Baluarte, o Parrote e por suposto as vivendas. A estrutura cobre un espazo en sombra duns 800 m2 (en función da hora e a época do ano) e compleméntase cunha serie de bancos que rematan a actuación.



3. Soleamento Estudio de soleamento en verรกn nas horas de maior uso do espazo .

10:00 am

15:00 am

12:00 am

16:00 am

14:00 am

17:00 am


20:00 am




5. Proxecto Antucas

O proxecto Antucas é unha creación do estudo de deseño Juán Ares (www.juanares.es) que consiste nunha serie de tapices sombreadores realizados con rede de pesca reutilizada. Este tipo de material en colaboración coa artesá Idoia Costa xera unha gran variedade de efectos de sombra en virtude do traballo sobre o material. Consideramos totalmente adaptable esta experiencia para ampliar a escala e producir os grandes lenzos do proxecto. O produto xa foi presentado recentemente no ciclo #proxectosacontracorrente na Fundación Luís Seoane e na actualidade están a producirse os primeiros prototipos que poden verse nas imaxes. O proxecto tamén foi enriquecido coa participación dentro do proxecto Enredadas en colaboración coa Fundación Artesanía de Galicia para facer partícipes a diferentes cooperativas de redeiras na produción do produto, participación que podería incluírse no presente proxecto tratando de aumentar o grao de compromiso coas comunidades locais vinculadas a oficios tradicionais e á promoción da desestacionarización do traballo destes colectivos.



6. Contacto Jose Antonio González Meijide www.temha.com meijide@temha.com Rúa da Pezoca, 1B, 15173 Oleiros, A Coruña Teléfono: 981 64 83 83 Fermin G. Blanco www.ferminblanco.com correo@ferminblanco.com Rúa Santiago n 4, 1 D. CP 15001, A Coruña Teléfono: 981225267/ 686720020

+INFO Proxecto Antucas Juan Ares Marine Design www.juanares.es Rotonda de Barraña, 55 baixo 15930 Boiro, A Coruña Teléfono: 981 845 334 637 733 099/ Idoia Cuesta www.idoiacuesta.com Hortas, nº7 Cela, Outeiro de Rei, Lugo. Teléfono: 982390666 /677334150


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.