Tempus das letras 2014

Page 45

44

VISITA DO ALUMNADO DE BIOLOXÍA DE 2º BAC AO C.A.C.T.U.S. Departamento de Ciencias Naturais Celeste Domínguez Vázquez. 2º BAC B. Fotografía: Ana Pérez López. 2º BAC B A tan só un día das vacacións de Nadal, os alumnos de Bioloxía de 2º de BAC aproveitamos a nosa última clase do ano facendo unha saída cultural ó edificio CACTUS do Campus de Lugo e alí ver, para moitos por primeira vez, un microscopio electrónico. Nada máis chegar ó Instituto, o grupo de Pilar xa partía nesa dirección. Dúas horas máis tarde, ás dez e media, o grupo de Leonor, do que formo parte, dirixíase tamén ó Campus Universitario de Lugo. Isto pon en evidencia a dispoñibilidade dos técnicos do CACTUS que tódolos anos, por estas datas, aténdennos, por partida dobre, co seu mellor sorriso e auténtico entusiasmo. No Departamento de Microscopía Electrónica está nun soto ó que nos diriximos. Alí explicáronos as diferenzas entre un microscopio óptico e un electrónico (basicamente un M.O. utiliza luz, un chorro de fotóns, e un M.E. un chorro de electróns), como era un microscopio electrónico, como funcionaba, as súas partes. Tamén amosaron a todo o grupo os moldes nos que se inclúen as mostras e as reixas sobre as que se montan os cortes, para que vísemos como eran e puxeron diferentes imaxes feitas con dito microscopio. Iso permitiunos ver a ultraes-

trutura de orgánulos citoplasmáticos como mitocondrias, retículo endoplasmático, Golgi, etc. Finalmente vimos en persoa como se usaba o microscopio, colocaron unha mostra e observamos na pantalla do ordenador o que alí había. Ademais tamén nos deixaron acercarnos á pantalla fluorescente para ver como se vía todo dende alí. Ó finalizar co microscopio de transmisión pasamos ó de varrido que estaba no laboratorio do lado. Alí explicáronnos como funcionaba. Non se detiveron moito, xa que o mecanismo era moi parecido ó do anterior, ambos son microscopios electrónicos. No M.E.T. o chorro de electróns ten que atravesar a mostra, mentres que no M.E.B. os electróns “varren“ a superficie da mostra. Isto permite ver a superficie da mostra como en relevo. Pasáronnos diferentes mostras cubertas de metal, para que as vísemos: distintos parasitos, partes de animais, ácaros, etc. Como no caso anterior acabamos cunha sesión de fotos tomadas co microscopio de varrido. Cando chegamos ó Instituto unhas longas e reparadoras vacacións estaban esperándonos.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.