Revista 2007 Nº 7

Page 1

CARTAFOL IES DE COTOBADE

Plantación Coirego

O Castro VIGO

Equipo de Bádminton

Correlingua

Museo etnográfico

Nº 7

O noso primeiro voo

Erica Fontán Lozano

Charla de Federico de la Peña

CURSO

2006 - 07 1

Samaín


Cotobade naneiag)ro

ada r a P r).

e nd

á

c Vol

en del Ma e lum María

O LUME

eC

A xente fox

e bad

eno T n

Foc

e da Carba

a).

ne

e os d

(Tatiana)

lleira

(Óscar)

d atian o r g (T

Ov

Unha manta negra cobre Borela

(

oto

n erá

(T

rio

e e(Érica) m u l

O lume na estrada de Vilanova

Soáron as campás ao lume en Corredoira (Jonathan)

(Andrea)

is abr a m i n A

Non quedou ningunha esquiniña sen arder

O lume q dos volu ueima dous q uads ntarios (Tania)

nova

Vila n e s o ad a)

as

(Fátim

Veu unha bóla de aire e plantou outra vez (Saúl)

Cotobade en lapas (Adrián)

Os veciños axudan aos soldados apagando coa máquina de sulfatar

Xente de Fentáns foxe do lume e dorme no velatorio de Campolameiro (Sebastián)

(Adrián)

(Aida)

A gran nu be deixaba res de fume non pirar (Paula)

tra n o c s ría de o n o a ám ta M z i an , San g r iel) n O me a (D o lu os Sac

Titulares alumnos

O lume rodea a xente que vai apagalo

2

e um l O

re ent

a

as. s a s c m) iria

(M

n arí

b xa un o. niel) e a rec imad (D a ap que a i s ala ello t A co Na rios ían d o a p cav n no olos s p eiro ión am) b om cam (Miri b Os rar co ent os miñ

e


INDICE 4 Nélida e o lume 5 Os poetas galegos e as árbores 6 Prevención de incendios forestais 7 Plantación monte Coirego 8 Auga e lume 9 Comic 11 Samaín. Les fêtes 12 Colaboracións 15 Hora de ler 17 Letras Galegas 20 Entrevista 22 Cotobade 26 Portugal música e literatura 27 Viaxes 32 Deportes 33 Quebracabezas

Editorial Estimados lectores o verán pasado o lume arrasou o noso concello, e logo viñeron as inundacións. Adicamos este número á Natureza para desagraviar o dano que lle provocamos os humanos. Debemos concienciarnos e traballar para evitar futuros desastres. Queremos felicitar á profesora Dña. Maruja que este ano xubilase despois de anos adicandose ao ensino. Foi mestra de moita xente en Cotobade e actualmente é profesora no IES. Para ela un garimoso saúdo. Este ano desde o centro, programáronse diversas actividades e viaxes: Os de 1º ciclo a Madrid, os de 3º e 4º no programa descubre Galicia, visitáronse centros, teatro e participamos en campionatos. Viaxade connosco pola revista e veredes que ben o pasamos!!

3


NÉLIDA E O LUME Neste documento estremecedor lamenta a destrucción do pobo dos seus ancestros

Cotobade eterno

4


AS ÁRBORES ESTÁN NA PAISAXE E NA LITERATURA ESTAS FORON AS LECTURAS QUE OFRECEMOS Á NATUREZA O DÍA DO MEDIO AMBIENTE

No seguinte caldo de letras podes localizar o nome de dez especies vexetais, cales serían as máis adecuadas para os nosos montes. 5

H

E B

D

U

E

I

R O

K

U

Ñ F S

X

Z

O

U

C

A

C X

E

S

T

A

P

P

A

E

A C

Ñ

O I

V

I

U S

O

L B

A B T

C

Ñ

E T

T

I

A

S

R

Ñ E

C I

A P

D

P

E T

M

I

R Ñ

Z

T

A

S

I

D

T R

R E

X

O C

E R

V

B O

T

C

A R

B A

L

L

O

X R

F

A

I

V R

O

T

I O

C

I

H

I

Lucía Garcia e Noelia Vilariño 3º


Formación dos escolares na prevención dos incendios forestais. En Galicia dous tercios do territorio son terreo forestal. É preciso concienciar ás novas xeracións do valor patrimonial do monte, todos debemos contribuír a preservar o medio natural. Cada ano os montes galegos sofren unha media de dez mil incendios e a loita contra o lume costa máis de sesenta millóns de euros. O monte é o desenvolvemento sostible é un programa que pretende sensibilizar aos escolares galegos sobre a lacra dos incendios forestais. Realizaranse xornadas informativas, unha semana forestal nos montes, e unha semana informativa de prevención. Polo monte é un proxecto de innovación educativa, no que os alumnos farán traballos de investigación sobre distintas temáticas, relacionadas co monte galego: O pasado do monte, utilizando os métodos históricos a toponimia, a paisaxe cultural como unidade de territorio e traballos de bioloxía e xeoloxía.

PLANTACIÓN NO MONTE COIREGO Fomos ao monte Coirego, en Carballedo o CEIP de Tenorio, CEIP de Carballedo e o IES de Cotobade. Todos levabamos castañas, landras, noces, etc…Os maiores facíanlle os buratos aos pequenos que plantaban as sementes. As plantacións realizáronse arredor dunha lagoa que está ao pé do Coirego. Esperemos que nazan as árbores fortes e vigorosas. Ao rematar algúns fomos ao cumio do monte, onde hai unha caseta de vixiancia contra incendios, subimos ao alto do mirador da caseta e dende alí vense ata as rías. Plantamos unha chea de sementes para botar nos buracos. Logo pasamos un bo tempo no cumio do monte Coirego admirando a paisaxe e vendo como quedara. Reunámonos todos para recuperar os montes pola vaga de lume que asolou Cotobade. Manuel Magdaleno Madroño Diego Gómez Sarrapio Pablo Bugallo Quinteiro 3º ESO

6


7


Entrevista a unha veciña de Cotobade Entrevistadora: Como afectou o temporal aquí en Cotobade? Veciña: Moito, fixo moita desfeita. E: Fixéronse arranxos para solucionar os problemas? V: Si, retiráronse pedras, lama, paos, limpáronse os leitos dos ríos e regueiros. E: En que zonas tiveron que actuar? V: En San Xurxo de Sacos, Dorna, Viascón, no Lombo do Muíño, e principalmente no río Cabanelas. E: Tirou algunha ponte? V: Non, desapareceron algúns pasares. E: Din que caeu algún muíño? V: Si, as pedras duns muíños perdéronse ao virse abaixo a madeira. E: Afectoulle os camiños? V: Bastante, a ruta dos muíños de Santa María de Sacos, que aínda hai pouco que se recuperou sufriu desperfectos. E: E as estradas? V: A N-541 estivo cortada varios días por mor do afundimento a altura do quilómetro 82. Tiveron que desviar o trafico ata que se volveu permitir a circulación. Miriam Barros e Blanca Alfonso 4º

8


Jordi 2ยบ

9


10


Ten a súa orixe na cultura celta que hai 3000 anos se estendeu por todo o Noroeste de Europa. A finais do outono os celtas celebran un festival, o SAMONIS, en honor a SAMHAIN, deus da morte, que marca o último día da colleita e o comezo do inverno, durante o que se facían fogueiras e ofrendas para espantar os malos espíritos. Os celtas crían que esa noite, o 31 de outubro, os espíritos dos mortos regresaban aos antigos fogares para visitar aos vivos e se estes non lles poñían comida, poderían ocorrerlles toda caste de cousas terribles.

S A M A Í N

11


Terror de libro O Salón do Libro Infantil de Pontevedra, celebrouse entre o 4 e o 10 de febreiro. Nesta oitava edición estivo adicado ao terror, bruxas, lobos, arañas e outras personaxes terroríficas dos contos infantís invadiron o Pazo de Cultura que estivo decorado con montaxes creadas por escolares e artistas. O Coco refuxiouse na Biblioteca para amosar alí tódalas súas falcatruadas. Houbo teatro, música, conferencias, talleres, presentacións de libros. Bernardino Graña foi o escritor homenaxeado e Brasil o pais invitado. O CEIP de Tenorio participou no certame con traballos realizados polo alumnado de tódolos cursos. A súa aportación tivo moi boa acollida pola súa calidade e orixinalidade. Desde aquí enviémoslle a nosa felicitación. Andrea Búa Fontán 4º ESO

Mostra sobre Cela O día 18 de Xaneiro conmemorouse o quinto aniversario da desaparición de Camilo Xosé Cela (Premio Nobel de Literatura en 1989) A fundación que leva o seu nome mostrou ao público unha selección de epistolario sobre Galicia composto por un milleiro de cartas cruzadas entre Cela con galegos ilustres como Otero Pedrayo, Celso Emilio e outros. Tamén se podían ver os manuscritos orixinais das tres novelas galegas do autor, libro de memorias e unha selección de artigos e discursos. Así como a edición en galego da novela “A familia de Pascual Duarte” Traducida por Risco e prologada por Otero Pedrayo. A mostra coincide coa publicación do libro Retorno a Iria Flavia que recolle unha selección de textos de temática galega escritos por Cela ao longo de 60 anos. Este libro presenta a curiosidade de amosar a unión entre Camilo Xosé Cela e Galicia. A Fundación Cela quere reivindicar a galeguidade do autor de Iria Flavia. Aida Rodríguez Torres 4º ESO 12


O paíño europeo, elixida a ave do ano pola Sociedade Española de Ornitoloxía. Os socios da Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO/Bird Life) elixiron no seu último congreso ao paíño como ave do ano 2007, en representación das aves mariñas que son as que sofriron o maior declive das súas poboacións en todo o mundo nos últimos anos. O paíño europeo é unha pequena ave mariña peláxica duns 25 gramos de peso e que pasa ato o 90% do seu tempo no mar e só chega as costas para reproducirse e pon un único ovo. O paíño atopase en situación vulnerable, e cunha poboación mundial estimada en medio millón de parellas, no noso país habitan e voan unhas cinco mil parellas reproductoras, principalmente en Baleares, Canarias, costa Mediterránea, Galicia e a costa Cantábrica. Para conservar esta especie e outras mariñas, os ornitólogos propoñen evitar a presenza de depredadores terrestres nas colonias.

*** Entre o polgar e o índice da man de Castro, no triángulo da membrana carnosa, hai tatuados en tinta negra tres pequenos paxariños. Minúsculos e de trazos sinxelo, como ideogramas chineses. Voan nas pregaduras da pel. Cando a man se pecha, ocúltanse nunha furna. ¿Andoriñas? Non, non son andoriñas. Son paíños. A derradeira compaña do mariñeiro… Esto escribe Manuel Rivas en “A man dos paíños”

paíño patiamarelo

paíño europeo

paíño calcamar

paíño gallado

paíño chuchagraxas

paíño tropical 13


“A M O R E S Q U E M A T A N” O día 22 de Xaneiro, os alumnos de 3º e 4º da ESO fomos a Vigo a ver unha obra de teatro, proposta polo Departamento de Orientación. A obra titulábase “Amores que matan” aprendemos que para que unha persoa sexa maltratada non fai falla que sexa mancada fisicamente. Por mor dos ciúmes o mozo da protagonista agredíaa psicoloximente e se ela non lle plantara cara e o deixara seguro que el chegaría a maltratala fisicamente ata matala. Tivo un final mellor có do inferno de Marta. Esta obra é moi parecida a un libro chamado “O Inferno de Marta” no que o argumento é igual a obra “Amores que matan” o que cambia é que no libro, Marta é maltratada tamén fisicamente e estivo a piques de morrer e o noivo de Marta xa matara a súa antiga moza, el acabou no cárcere. Despois de asistir á representación fixemos un debate na clase de Lingua Galega. Os espectadores consideran que a obra foi curta, algo aburrida pero interesante, e que o final non quedou claro. No libro “O Inferno de Marta” tamén traía a actividade “Máscara de Amor” na que había preguntas e respostas sobre o maltrato. Na obra de teatro, cando remataron, os personaxes fixeron un coloquio con preguntas sobre a obra de teatro e algunhas das que plantexaron foron por exemplo: se a protagonista era maltratada, e algúns dixeron que non! Pero si, a protagonista era maltratada psicoloxicamente. “O I N f E R N O d E M A R T A” Marcelo: Exnoivo de Marta, estudiante de Belas Artes. Braulio: Amigo de Marta, encántalle ler xornais. Héctor: Mozo de Marta, que a maltrata, o único que quere é vivir dela.

Argumento Marta é unha rapaza que vivía cós seus pais nun pequeno pobo pero como estudiou Dereito alugou un piso na capital que compartía con Carme e Xulia. Estas mozas son amigas de Braulio, que foi quen lle presentou a Héctor, un suposto amigo seu. Desde aquel día Marta veuse perseguida por Héctor que non parou ata saír con ela. Héctor era moi ciumento e posesivo e por calquera cousa berráballe e insultábaa, despois pedíalle perdón e púñalle calquera escusa para que o perdoara. Héctor vixiaba e ía a todas partes con ela, Marta caeu nas súas redes e namorouse del. Carme e Xulia intentaron abrirlle os ollos pero ela non as escoitaba. Marta descubriu que Héctor tiña distintas nacionalidades e atopou unhas fotos del con Isabel unha rapaza que fora asasinada polo seu mozo Héctor, cando ela lle pediu explicacións el decatouse que o sabía todo e deulle unha malleira intentando matala, por sorte oírona as veciñas e os seus amigos chamaron a policía que pronto foi o piso salvarona e a Héctor metérono no cárcere, Agora Marta voltou a súa vida normal. Autor “O Inferno de Marta” foi escrito por Pascual Alapont e “A Mascara do Amor” foi escrita por Vicente Garrido, a traducción destes traballos fíxoa Ignacio Chao Castro. Pascual Alapont Ramón (Catarrosa, 1963) é licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Valencia. Escritor, editor, guionista, actor e director de escena, ten publicado numerosos libros en catalán. Opinión persoal O libro gustoume moito, é moi interesante, é un libro moi actual, cunha historia moi real. Tamén é moi interesante “A Máscara do Amor”, gracias a este libro aprendín moitas cousas e axúdame a comprender a historia desta rapaza que é o que lle pasa a moitas rapazas e rapaces tódolos días. Creo que é un libro moi fácil de ler, eu lino en dous días e creo que o poderían ler persoas dende os 12 anos ata calquera idade. Creo que os profesores terían que comentar a estructura, intención, finalidade… deste libro nas súas clases para que os mozos se conciencien pois a min serviume de moito. De verdade é un libro precioso. 14 Tatiana Rey Pazos


L e c t u r a de v e r á n No mes de xuño apareceron uns carteis polo instituto convidandonos a ler no verán. O cartel foi deseñado por Iván de 4º, nel aparecía un rapaz na praia lendo, mentres se protexía do sol baixo unha sombrilla en forma de libro. O sol vixiando sorrindo e curioseaba por debaixo das gafas para enterarse do que o rapaz estaba a ler. As profesoras explicaronnos que sería bo que leramos algo no verán. Chegou o día e a xente non quería saber nada de lecturas veraniegas. Despois de moito insistir e case a forza todos levaron o libro para a casa. Ese foi o único compromiso. A volta das vacacións xuntámonos na biblioteca e cada un contou o que pasara co libro. Algúns non se lebraban de que o levaran, outros sabian o titulo, o autor e o resumo que trae na tapa. Pero un 20% do alumnado si que lera o libro, no verán o 10% leuno os primeiros días de curso, e os demais dixeron que no proximo verán procurarían facerlle un oco a lectura. Para empezar non estivo mal. Aquí temos o comentario dalgunha lectura. Kika está namorada de Andrés; pero a el encantalle o fútbol e Kika diso non ten idea. A súa mellor amiga Mónica deulle moitos consellos, por ese motivo Kika le tódolos días os xornais onde falan dese tema, ve todos os partidos que saen na televisión e ata compra un libro para aprender os sistemas de fútbol. Con isto sorprende a Andrés. Andrés lévase moi ben con Kika ata a anotou no equipo da escola. Acabou o partido e perdeu o equipo de Kika pero Kika deuse conta que fixeran trampa e díxollo ao adestrador, así que gañaron e foron o campeonato final. Maria José Rodríguez 3º

Leonel, é a primeira novela xuvenil de Cortizas, narra a historia de Miguel, un xoven estudante que se despraza á aldea dos avós que apenas coñecía para pasar o verán estudando o que suspendera. Miguel non imaxinaba que este verán sería o máis apaixoante da súa vida, E non só porque se ía atopar un mundo fascinante, aínda que alleo á súa vida da cidade; nin porque se vería mergullado na solución dun apaixoante misterio; nin porque había de coñecer a Leonel e a Metralla; nin porque se namoraría de Ana... Romina Rodríguez 3º Andrea Pintos 3º 15


Hora de ler Este é o lema da campaña de lectura deste ano nos centros de ensino. Cada cousa necesita un tempo e un espazo, hora de comer, hora de xogar, hora de durmir, hora de bañarse… hora de ler. A lectura é unha necesidade básica do ser humano, axiliza a linguaxe e o pensamento, aumenta a curiosidade, acaba co aburrimento acheganos á información etc. A campaña deste ano presentase como unha de viaxe que nos acompaña durante a vida, desde os contos de berce, os primeiros contos, libros de aventuras…

Ler o mundo é o lema específico para 1º ciclo de ensino secundario. Entregamos aos alumnos de 1º e 2º unha mochila e un Caderno de viaxes, no que se propoñen títulos que poderian atopar na biblioteca. No interior do caderno de viaxe aparecen uns textos aos que cómpre buscarlles o autor e o título da obra da que foron extraídos. No noso centro fomos colocando os carteis segundo ían chegando.

CALENDARIO DO LIBRO DE LECTURA 24 febreiro:

Día de Rosalia.

21 marzo:

Día Mundial da Poesía.

27 marzo:

Día Mundial do Teatro.

2 abril:

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.

Mes de abril :

Mes dos libros.

23 abril:

Día Internacional do Libro.

17 maio:

Letras Galegas.

26 setembro:

Día da Traducción.

24 novembro:

Día das Bibliotecas.

2º Semana de novembro:

Semana da Literatura da Tradición Oral.

17 decembro:

Día da Edición. 16


LETRAS GALEGAS 2007 María Mariño Carou é a figura homenaxeada neste ano no día das Letras Galegas. Naceu o 8 de xuño de 1907 en Noia. Estudiou algo pero pronto se puxo a traballar de costureira. No pazo de Goiáns, tivo acceso a algúns libros da biblioteca, e foi nacendo nela a súa afección pola poesía. Pasou algún tempo no País Vasco e en Arzúa, logo foi para Folgoso do Caurel onde estivo ata o 1967, ano do seu falecemento. En 1963 publicou “Palabra no tempo”. No 1990 o Concello de Noia editou “Verba que comeza”. No 1994 publicase unha recompilación dos seus poemas “Obra completa”. Estivo máis vencellada á Xeneración dos 50 cá do 36. A frecuencia da anáfora e o tratamento dos elementos da paisaxe galega recordan moito a poesía oral popular. A súa poesía coincide coa de Novoneyra nos temas relacionados co Caurel e na ansia de ver o seu ser trascendido no ámbito da Natureza. A súa lírica está atravesada por desexos existenciais e a morte é o resultado final e ineludible. Nos seus versos hai unha anguria íntima e latente que recorda a Rosalia. En “Verba que comeza” a autora fala do seu mar nativo, da serra, e das cousas concretas que a rodean. Utiliza o verso narrativos e longo, rico en disonancias rítmicas. En “Palabra no tempo gustou do verso popular e foron continuos os seus achegamentos ao romance. 2 Ribeiras de mar enxoito! Ribeiras de pleamar! Quedas, vellas ribeiras, agardan un mar i outro mar.

“Noia” de Palabra no tempo: Campanas que tocades todas no mesmo xeito, unhas chegádesme a alma e outras o pensamento.

3 Os serans nas Rías Baixas ollan con luz de aurora, ca sua mirada queda, silencio da sua hora.

Pobos donde eu vivín! Algúns eran máis feitos e queríanme engañas, mais eu nunca sentín neles o meu fogar. O meu fogar téñoo en ti: no teu vivir e nas tres pontes e das campanas os toques, toques que eran para min. Fora de ti cando as oio, e sendo o mismo tocar, recólloasa no pensamento, xa non pasan mais alá. 17


De Rosalia a María Mariño No ano 1963 cúmprese o primeiro centenario da publicación de Cantares Galegos de Rosalía de Castro. Libro que inicia o rexurdimento da cultura e literatura galega. Con este motivo foi instituído por iniciativa da Real Academia Galega coa aprobación do Ministerio de Información e Turismo “O Día das Letras Galegas”. A data escollida para a conmemoración foi o 17 de maio. Cada ano dende entón adícaselle a un autor, aproveitando para reeditar a

1964 Castelao

1965 Pondal

1966 F. Añón

1967 Curros

1969 A.Noriega

1970 M. Valladares

1971 L. Abrente

1972 Lamas Carvajal

1973 Lago González

1974 X. V. Viqueira

1975 X. M. Pintos Villar

1976 R. Cabanillas

1977 Antón Vilar Ponte

1978 A. López Ferreiro

1979 Manoel Antonio

1981 Viecente M. Risco

1982 Amado Carballo

1963 Rosalia

1968 L. Cuevillas

1980 Alfonso X 18


1983 Leiras Pulpeiro

1984 Cotarelo Valledor

1985 Losada Diéguez

1986 Iglesia Alvariño

1987 F. Herrera G.

1988 Otero Pedrayo

1989 Celso Emilio Ferreiro

1990 Luis V. F. Pimentel

1991 Alvaro Cunqueiro

1992 F. Bouza Brey

1993 E. Blanco Amor

1994 Luís Seoane

1995 Rafael Dieste

1998 Xograres galegos

1999 Roberto Blanco Torres

2000 Manuel Murguía

2003 Antón Aviles de Taramancos

2004 Xoaquóin Lorenzo

2005 Lorenzo Varela 19

1996 Xesús Ferro Couselo

1997 Ánxel Fole

2002 2001 Frei Martín Sarmiento Eladio Rodríguez G.

2006 Manuel Lugríds F.

2007 María Mariño Carou


MARCOS PÉREZ UN GAITEIRO ENTRE NÓS Como comezas a túa andaina na música? Eu empecei a tocar a gaita ós oito anos e foi unha experiencia moi bonita. Logo ós once fun ao Luar e toquei “A muiñeira de Chantada” co grupo “Escola tradicional de Música Galega de Poio”, e actualmente estou no grupo “Os Trazantes de Tenorio”. Gústache tocar a gaita? Si, gústame moito. Que te motivou a formar parte dun grupo folclórico? Pois que o meu mellor amigo tocaba a gaita e a min parecíame moi interesante aprender e seguir coa música galega. Por que elixiches a gaita e non outro instrumento? Porque a gaita é un instrumento cunha melodía distinta e máis bonita cá doutros instrumentos. Que grupo che parece mellor o de Poio ou o de Tenorio? Eu creo que o de Tenorio, pero non hai porque comparalos son moi distintos. Estiveches en outros grupos aparte destes dous? Si, estiven tamén en “Os Águilas de Borela” e no de Marcón. Tés o traxe tradicional galego? Si que o teño, o traxe non é barato pero paga a pena telo pois é moi bonito, aínda que é máis bonito o das rapazas, pero tamén leva máis roupa: pololos, enaguas, falda, camisa, chaleco, sombreiro… Que tal a experiencia de ir o Luar? Moi ben , e Galloso é moi divertido, caínlle moi ben. Aprendices rápido a tocar a gaita? Si, parece moi difícil pero eu aprendín bastante rápido. Que opinas de Cristina Pato? E de Susana Seivane? Gustaríache no futuro ser coma elas? Susana toca a gaita porque lle gusta e por tradición familiar e Cristina so ten como obxectivo gañar cartos. Nas festas familiares tocas a gaita? Non, nin tampouco se me pasa pola cabeza. Na casa só toca meu irmán a guitarra. Atreveraste a tocar unha canción para os teus compañeiros de Instituto? Traerás a gaita algún día? Si, gustaríame moito. Pois claro que traerei a gaita. No grupo tocas a gaita e bailas? So toco a gaita, a verdade é que non me gusta moito bailar esa música, prefiro tocala ou oíla. De maior gustaríache ensinar a xente a tocar a gaita? Non sei eu agora penso no presente, despois xa se verá. Cal é a razón pola que estiveches en tantos grupos? Eso non o respondo, so podo dicir que me encanta tocar a gaita aparte en pouco tempo supero ós profesores, ja, ja, ja… é broma. Para ti tocar a gaita é unha afección ou un posible oficio? É unha afección, gústame moito pero para o meu tempo libre. A partir de que idade se pode aprender a tocar a gaita? 20


Iso depende de cada persoa, nunca é tarde para aprender, pero eu creo que con ter oito anos e suficiente. Cres que os mozos da túa idade aprecian a música tradicional? Eu penso que non, é triste constatar iso pero é verdade. Como é a experiencia de tocar a gaita? Ligas máis? É moi bonita a experiencia e creo que non ten que ver con ligar. Canto tempo lle dedicas a tocar a gaita? Con cinco minutos ao día é suficiente. Canto vale unha gaita? Depende da gaita pero por 1000 euros tés unha boa. Saídes a tocar moi a miúdo? Páganvos ben? Si, saímos bastante e eu non vou polo diñeiro pero sempre pagan ben. En cal dos grupos aprendiches máis pezas? Cantas sabes? Aprendín máis no de Tenorio, agora sei unhas corenta ou así. Cres que debería haber unha asignatura dedicada a música galega? Si, sería moi interesante. Cal é a túa peza favorita? O “Son do Ar” de Milladoiro Tatiana Rey Pazos 3º

Nomes que recibe a gaita noutros lugares, en: Roma: Tibia Utriculares Macedonia: Naxos Francia: Cornemuse Inglaterra: Bagpipe Irlanda: Piopa Alemania: Dudelsack Bulgaria: Gaia, Gajda Yugoslavia: Gaida, Gaidunitda Eslovenia: Gajda Croacia: Gaida Servia: Gajde Hungria: Gaide Moravia: Gajda, Gajdy Polonia: Gajdy Turquia: Ghaida Paises Arabes: Gaita, Gaitetum India: Moshuk Israel: Ougab, Ougab Rusia: Volinka 21


Cinema galego de animación O cine de animación galego está acadando gran repercusión no mundo do Cartoon movie. Difúndese a 30 países en 30 idiomas e levan conseguidos 4 premios Goya. No 2006 acadouno “A noite dun soño de verán”. Este ano no capitulo de animación a cinta gañadora foi “Pérez, el ratoncito de tus sueños” de Juan Pablo Buscarini que se impuxo ante outra película tamén galega “De profundis”, que está producida por Filmax, e dirixida por Miguelanxo Prado.”

Andrea Búa Fontán 4º

O DÉCIMO DE LOTERÍA A comenzos do século XX, dous canteiros da zona de Cotobade estaban a traballar en Madrid. Voulle dar dous nomes ficticios, xa que descoñezo os seus nomes reais, vounos chamar Xurxo e Bieito. Ámbolos dous compraron un décimo de lotaría en Madrid, cada un coñecía o número do outro. Xurxo soubo que o número de Bieito saíra premiado. Cando chegou a obra onde estaban a traballar, con moito cuidado e disimulo para que ninguen se decatara, trocoulle o seu décimo polo premiado. Bieito, sabedor disto, foille pedir explicacións a Xurxo, este negoulle os feitos e díxolle: -Non fun eu pero se en verdade fora, así quede eu cego e ti acabes tolo berrando polos montes. Mal sabía Xurxo que a maldición se cumpliría xa que el cegou e Bieito acabou tolo. Saínza e Andrea

22


FEIRA DE CUSPEDRIÑOS Os día 19 e 20 de maio de 2007 vaise celebrar a primeira feira do século XXI en Cuspedriños. Durante a primeira metade do século XX, Cuspedriños gozaba dunha grande e merecida fama como centro económico da comarca debido a súa importante feira. Para poder vender os seus productos a cuberto constrúese en ese tempo un edificio. Aquí vendíanse todo tipo de productos da zona (gando, millo, centeo, carne curada, chourizos, ovos, etc) esto servía como intercambio de mercadorías. A feira estaba dividida en dúas partes: na parte de arriba da capela vendíase o gando e na parte de abaixo hai unha praza onde se vandía o peixe, tamén se vendía tela, roupa etc. E despois máis abaixo vendíanse: ovellas, porcos, cabras e incluso había unha báscula para pesar os animais que se vendían. Vendíanse galiñas, ovos e moitas máis cousas que levaba a xente da casa. Había unhas casetas onde se vendía a roupa cando chovía para que non se mollara. Había tres tabernas onde se comía a medio día, que eran: a de Malvar, a de Concha e a do Tartarujo e tamén viña a pulpeira. Viña xente de todos os arredores, incluso de outros concellos, por exemplo: de Cerdedo, de Campolameiro, Moraña etc. O que se comía nesas tebernas era o cocido e os callos. Pola tarde a xuventude paseaba pola estrada adiante. Agora xa fai algo máis de corenta anos que non se fai a Feira de Cuspedriños, pero este ano volverase a facer e seguro que irá moita xente a ela. Rita García Fuentes 2º

Peto de animas

Cuspedriños

23


Rapa das bestas en Cuspedriños O día 6 de agosto de 2006 houbo un acontecemento moi importante importante na carballeira de Cuspedriños, como cada primeiro de agosto. Era a rapa das bestas en Cuspedriños, organizada polos veciños de Viascón. O sábado día 5 dende as sete da mañá ata as once da noite Tódolos organizadores xuntaron as diferentes greas de bestas. Ao día seguinte as once e media da mañá subíronse as bestas dende o cerre ata o curro pola estrada. Unha vez dentro do curro procedeuse a separar os potros para un cercado e poñelos a venda. Os cabalos de distintas greas pelexaron fortemente ata o momento da solta. Ao medio día parouse para comer e retomar forzas. O voltar recibimos aviso da Xunta de Galicia de que o lume nos rodeaba e tiñamos que evacuar. (despois de longas discusións e pelexas porque os organizadores querían deixalas no curro para salvalas e a Xunta soltalas. O final tivemos que fuxir do lume e soltar as bestas. Hoxe arrepentímonos, porque a maior parte das bestas confusas polo fume perdéronse e morreron queimadas. A xente nese momento polos nervios de ver o lume enriba e decatarse de que as bestas ían morrer fuxiron de alí uns en coche e outros a cabalo. Vocabulario Grea: Manada de bestas. Besta: Egua salvaxe. Solta : É no momento en que se soltan ao monte as bestas. Curro: É o cercado onde se rapan as bastas. Cerre: Lugar onde se xuntan as bestas. Pablo Bugallo Manuel Magdalena 3º ESO

24


Persoeiros de Cotobade O abade do Mosteiro dos Benedictinos de Tenorio exercía o cargo de padroado nas parroquias da comarca e tiña un carácter xurisdiccional en todo o territorio. Esta zona deu en chamarse Coto do Abade, de onde lle viría o nome de Cotobade. (A orixe deste topónimo e na actualidade moi discutido, barallándose outras posibilidades) Seguindo coa serie de persoeiros de Cotobade, escribimos hoxe sobre algúns deles. Mens Rodríguez de Tenorio, foi Adiantado de Fernando IV, era un cargo de xustiza e tamén de guerra, residindo os que a exercían en prazas fronteirizas, para que en casos de invasión inimiga os adiantados fosen os primeiros en repelela. Por algún tempo foi cargo hereditario en familias distinguidas. Alonso Jofre de Tenorio, adiantado de Alfonso X, quen o nomeou rico home en premio do seu valor, fidelidade e servicios. De Cotobade foron tamén: Gregorio Tenorio de Godoy, Antonio Pazos , Gomes Pazos de Probén, Jácome García, García de Pazos e outros que defenderon con tanto coraxe as Torres e o castelo de Tenorio contra as brutais acometidas do conde de Camiña, alcumado Pedro Madruga, que ao voltar este a Portugal, dise que repetía con frecuencia, “non hai no mundo guerreiros tan valentes como os de Cotobade”.

Invistigación hemeroteca 3º 25

As chaves de San Pedro de Tenorio A rotonda de Tenorio, ten no medio unhas grandes chaves en pedra e os que non son de aquí non saben cal é o motivo. Estivemos investigando e este foi o resultado das nosas pescudas. En 1328 naceu en Cotobade D. Pedro Tenorio que foi bispo de Coimbra, Arcebispo Primado de Toledo, e desempeñou outros cargos elevados. Mirou moito pola súa terra, e cando morreu no 1399 a xente sentiuno moito. Como agradecemento o mosteiro de Tenorio adoptou desde aquela por patrón a San Pedro. Dise que San Pedro é quen ten as chaves do Ceo, e soe aparecer representado con elas. O 29 de xuño celebrase a súa festividade en moitas localidades e tamén aquí en Tenorio, sendo esta, unha das festas máis importantes da parroquia.


O día 25 de abril coincidindo co Aniversario da Revolución dos Craveis, celebrouse en Pontevedra unha homenaxe a José Afonso, onde participaron importantes representantes da lusofonía no eido cultural e músical . Unha vez máis púxose de relevo a conexión emocional entre Galicia e Portugal. A canción Grándola foi cantada por tódolos asistentes para rematar a homenaxe. A canción Grándola entoada polo pobo mentres repartía craveis aos soldados é un símbolo da liberdade e a fraternidade. Moita xente galega canta esta canción. Podedes escoitar outras cancións portuguesas no programa Ponte nas Ondas feito por escolares de Galicia e Portugal. Xa no Cancioneiro de Cotobade, Antonio Fraguas recollía algunhas cantigas portuguesas que aquí xa cantamos como nosas. De Lisboa me mandaron tres peras nun ramalliño, ¿quen será ese bo mozo quen me ten tanto cariño

De Lisboa me mandaron tres peras e unha mazá, quen che me dera saber se mas mandou meu irmán

A inaudita guerra da avenida Gago Coutinho

Grândola Grândola, vila morena Terra da fraternidade, O povo é quem mais ordena Dentro de ti, ó cidade. Dentro de ti, ó cidade O povo é quem mais ordena, Terra da fraternidade Grândola, vila morena. Em cada esquina um amigo Em cada rosto igualdade, Grândola, vila morena Terra da fraternidade.

de Mârio de Carvalho Nesta historia amalgamaran-se entâo as datas de 4 de Junho de 1148 e 29 de setembro de 1984. Trata da entrada das tropas almoades co propósito de por cerco as murallas de Lixbuna. Curiosamente esto foi o que viron os automovilistas que nunha mañá de setembro de 1984 entraban en Lisboa pola Avenida Gago Coutinho. Este libro estaba en portugués, entendín case todo o vocabulario e divertinme moito. Pregunteille a Profe e díxome que na biblioteca tamén tiñamos estes outros libros en portugués: “Amor de perdiçâo” de Camilo Castelo Branco “Bichos” de Miguel Torga “Quen me dera ser onda” Diego Gómez Sarrapio 3º ESO

Terra da fraternidade Grândola, vila morena Em cada rosto igualdade O povo é quem mais ordena. À sombra duma azinheira Que já não sabia a idade Jurei ter por companheira Grândola a tua vontade. Grândola a tua vontade Jurei ter por companheira, À sombra duma azinheira Que já não sabia a idade.

26


O NOSO PRIMEIRO VOO O pasado día 27 de Marzo, os alumnos de 1º e 2º da E.S.O desprazamonos a Madrid en avión. Saímos do instituto as 05:15 da maña e chegamos ao aeroporto de Vigo (Peinador) as 06:00 para coller o avión destino Madrid. A viaxe no avión foi moi emocionante, posto que para algúns era o seu primeiro voo. Chegamos ao aeroporto de Barajas e o tempo era algo chuvioso. Subimos no autobús e desprazámonos polo centro de Madrid. Connosco ía unha guía que nos explicaba as caracteristicas máis destacadas de cada un dos lugares da cidade. Despois disto dirixímonos cara o zoo. Cando chegamos alí, o mal tempo ía mellorando. Miramos animais de distintas especies como o tapir, os golfiños... Tamén miramos reptís de moitas especies, onde os profesores Don Mario e Don Antonio colleron unha serpe nas súas mans, para facerse os valentes. No zoo déronnos a comida. Pola tarde visitamos o acuario que tamén se atopa no zoolóxico. Máis tarde collemos outro autobús que nos levou cara o Museo Nacional do Prado, alí vimos cadros moi importantes e de moito prestixio. O saír do Museo fomos merendar o Mcdonals, despois da merenda, dirixímonos ao Parque do Bo Retiro. Alí paseamos ata que chegou a hora de dirixírmonos ao aeroporto, onde tivemos que esperar un longo tempo para embarcar no avión. Chegamos ao aeroporto de Peinador para regresar de novo as nosas casas. ¡Pa

s á m o l o m o i b e n! Alba Acuña Graña Paula Villaverde Casal Mireya Gómez García

27


DESCUBRE GALICIA 2007 O día 26 de marzo de 2007, os alumnos de 4º e algúns de 3º, fomos de albergue a Gandarío A Coruña. Luns: Presentación. Chegamos sobre as 12, estivemos alí, coñecendo aos compañeiros doutros centros e os monitores que eran do mellorciño. Despois da presentación pasamos a facer algúns xogos. Martes: Xogamos ao paintball e máis tirando con arco. Logo fomos ao balneario e a Santiago onde fixemos unha ruta pola cidade. Mércores: Fomos aos Ancares, pero non puidemos facer a ruta que tiñan programada porque estaba nevando e non se podía pasar. Entón estivemos toda a mañá nun pavillón facendo actividades. A tarde subimos para os Ancares, aló durmimos nunhas cabanas. Á noite, despois de cear, os monitores representaron unha obra de teatro e logo de acabar contáronnos lendas dese lugar. Xoves: Fomos ao Cebreiro a facer unha ruta de sendeirismo. Polo monte atópamos con montóns de neve e nós colliámola e tirabámola uns aos outros. As oito volvemos para o albergue de Gandarío. Venres: Á mañá fomos visitar a casa de Rosalía. Á tarde estivemos no barco Hidria II. O barco estábanos esperando no medio do mar e ata alí leváronnos nun catamarán. Cando íamos no barco chovía moito e puxémonos coma pitos. Regresamos ao albergue das Sinas, a noitiña, alí fixemos unha festa. A festa era de cantar mozos contra mozas, inda que foi inxusto, gañaron eles. Esa noite houbo moitas bágoas xa quedaba pouco tempo para marchar e ademais tivémonos que despedir de algúns monitores que o sábado non podían estar. Sábado: Pasámolo na a praia e alí estivemos facendo xogos, comemos e despois recollemos todo para marchar. Opinión persoal: A excursión estivo moi ben, as actividades unhas mellor que outras. As noites foron un pouco aburridas xa que a xente non quería máis ca durmir. 4ºESO

28


D E S C U B R I N D O G A L I C I A

29


De que cidades se trata?

_____ O berce de Mozart

_________

Cidade das canles

_______ al pit a C

do

Va ls

_____

A taciña de prata

_____

_____

_¨_ _

Cidade dos rañaceos

de

re

___

n a P

________

uc az

Cidade do tango

______

sa

__________

gue

Capit

Capital da cervexa

_____

bu r ham

Capital da salchicha

A tixola de Andalucía

al da

Cidade da luz

__

30_

______

____

____


IGREXA DE SANTA MARÍA DE SACOS, MUSEO DE SOUTELO E MOSTEIRO DE ACIBEIRO

O departamento de Normalización organizounos unha visita á igrexa de Santa María, o Museo de Terra de Montes e Mosteiro de Acibeiro. A primeira visita foi á igrexa románica de Santa María onde nos recibiu o encargado e explicounos as súas características, onde encontramos os elementos románicos que xa viramos na aula. Foi como unha clase vendo na realidade cada un dos elementos que caraterizan esta maneira de facer obras. A segunda visita foi ao museo etnográfico de Soutelo. Ó chegar, un señor e unha señora atendéronnos e deixáronnos ver o que había. Na planta baixa vimos varias: un aparello que servía para facer cera, as tarteiras (que daquela eran de barro, non de aceiro), os pratos (tamén de barro) e outros útiles. Logo, subimos á planta de arriba. Alí vimos as ferramentas que se utilizaban nos traballos, aínda que algunhas se seguen empregando como, o martelo e a lixa. Despois, pasamos a outro cuarto onde vimos os diferentes aparellos que se utilizaban para facer tea. Alí vimos tamén os cuartos dos nenos de antes, que so tiñan unha cama, un escritorio, e mostras dalgúns xogos como o agora chamado tirachinas e unha boneta. Naquela época os baños comunicaban coas cortes. Ó marchar os encargados do museo pareceulles que non atenderamos, pero en realidade sí o fixemos. Para rematar visitamos o mosteiro de Acibeiro. O chegar unha guía do lugar ensinounos todo o que se pode mostrar. Primeiro as cabalerizas, que teñen un cristal para poder ver como era o chan, onde había un rego para auga porque alí tamén se podían limpar e lavar os animais. Hoxe esta adicado a dependencia da pousada. Logo pasamos ao interior e ó claustro. Atopas alí os distintos salóns do restaurante. Nunha parte do claustro teñen como un pequeño museo de roupa relixiosa, que cedeu o Sr Cura, esta é a parte que esta restaurada. Por último visitamos a igrexa do mosteiro, onde nos explicaron as cousa que alí hai., A min pareceume moi interesante a pía da auga para bautizar que non é como as demais que teño visto, esta é unha piscina situada na cabeceira da nave lateral esquerda na que bautizaban por inmersión (isto é metendo de corpo enteiro o que se ía bautizar) Achegamonos ao río Lérez que pasa por detrás do mosteiro e dende alí observámo-lo o ábside. Logo voltamos o Instituto, mentres comtemplámo-la paisaxe da serra do Candán. Diego 1º ESO

31


DEPORTE ESCOLAR Neste ano fíxose realidade a modificación prevista pola Consellería de Cultura y Deportes en nen@s en idade escolar. Así incorporáronse novos deportes nas competición como o bádminton, o voleibol e o balonmán, mantivéronse o fútbol, xadrez e baloncesto; desapareceu o tenis de mesa. Os nosos rivais víronse perxudicados ao iniciarse este ano en deportes como bádminton e o voleibol, que no noso Instituto teñen máis arraigo. É así como quedamos campión en categoría infantil, tanto masculino como feminina. Xa que agora non se queda campión por modalidade, se non que en global. Tamén foi unha novidade a proba cultural, na que quedamos mal parados ao dar un nivel máis baixo que o I.E.S. de Forcarei. O bádminton en Cotobade O bádminton é un deporte que se caracteriza pola velocidade (tanto de desprazamento como de reacción) cada vez ten máis adeptos no noso Instituto. Digamos que no campeonato que se fai no Instituto no primeiro trimestre participaron 32 alumnos e os campións absolutos foron: *En categoría masculina: Adrián Fontenla. *En categoría feminina: Noelia Blanco. Deste 32 alumnos 25 participaron no campionato provincial, destacando a súa actuación que quedaron subcampións provinciais en categoría cadete masculino, gañando a todo un clube como é As Neves, con grandes trofeos nas súas vitrinas. Despois levamos a 12 xogadores ao campionato galego, onde os resultados axustáronse mái ao noso nivel e verdadeiramente os clubes mostraronse no seu poderío. Cabe destacar a loita de todos os nosos xogadores: Andrea Búa, Enrique Tomé, Ángel Calvo, Pablo Bugallo, Daniel López, Noelia Blanco, María José Rodríguez, Rosa Prado, Luís Varela, Ángel Gómez, Eloy García e Andrea García. Non vos desilusionedes, sempre vos quedará ese bo resultado no provincial, sen entrenos, sen boas raquetas... Habedes chegar moi lonxe. ¡¡ Noraboa !! Serviredes de exemplo para que o ano que ven sexamos maís no noso campionato, e poidamos arranxar novos xogadores e alcanzar mellores resultados. CAMPIONATO DE BÁDMINTON

O motivo desta entrevista é porque María Xosé Rodíguez paréceme unha boa xogadora e tamén para que nos explicase como vivíu esa competición. Entrevistadora:¿Levas moito tempo xogando o badmintón? Deportista: Empecei a xogar en 6º de primaria, pero pódese dicir que comecei cando entrei neste centro. Entrevistadora:¿Xa participaras no campionato, ou era esta a primeira vez? Deportista: Esta foi a primeira vez pois solo xoga nas clases de educación física. Entrevistadora:¿Qué experiencia viviches? Deportista: Tiven unha experiencia bonita, pois tiña que facelo polos meus compañeiros e para poder deixar ben o centro e sobre todo o profesor. Fixen moitos amigos, fixen máis no campionato galego ca no provincial. Entrevistadora:¿Tes pensado seguir xogando o badmintón? Deportista: Espero que poida seguir xogando pois é un deporte que me gusta moito. Entrevistadora:¿Vas a clases de deporte ou xogas na escola? Deportista:Sí, para ser exactos vou dous días a semana, e logo práctico algo na escola. Entrevistadora:¿Paréceche interesante participar na competición ?¿por qué? Deportista: Sí, pois aprender a perder os nervios, a vergoña e o que é máis importante facer amigos. Entrevistadora:¿Había moitos equipos cos que tiveras que xogar? Deportista: Xogamos con catro equipos, dous no provincial e outros dous no galego. Entrevistadora:¿Resultouche difícil xogar contra os teus contrincantes? Deportista: Houbo un pouco de todo para min o mellor equipo foi o do colexo dos Sauces e o peor o de Portomarín. Entrevistadora:¿Cres que volverás ir aos campionatos para o ano que ven? Deportista: Eu penso que sí, agora todo depende do profesor se nos deixa ir. Entrevistadora:¿Quedaredes mellor ou peor ca este ano nas clasificacións do ano que ven? Deportista: Supoño que mellor xa que temos un ano por diante para entrenar. 32


Descubre na sopa de letras 5 nomes de mulleres galegas presentes na nosa historia.

Q U E B R A C A B E Z A S

Resolve o seguinte encrucillado e saberás a procedencia e o significado de dez nomes de persoa; se o fas ben, nunha das liñas verticais aparecerá tamén un nome.

A parede é de cor (branca); o papel do libro é de cor (branca); o folio é de cor (branca) Que beben as vacas?

Empregando os números do 1 ao 9 e sen repetir ningún completa os cadriños en branco para que se cumpran as catro operacións fundamentais

33


1ยบ

34

2ยบ


3ยบ

35

4ยบ


LETRAS GALEGAS 2007 M A R Í A M A R I Ñ O

36


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.