NORMAS DE CONVIVENCIA DA BIBLIOTECA

Page 1


BIBLIOTECA

IES FARO DAS LÚAS Un centro educativo es un conjunto organizado de aulas en torno a una biblioteca". Lourense H. Das, directora general de Europa de la IASL.

NORMAS BÁSICAS

1.-INTRODUCCIÓN A Biblioteca está concibida como un espacio educativo ó servicio dos procesos de ensino aprendizaxe e un centro de recursos da información. A Biblioteca está integrada no Proxecto Educativo de Centro e fomenta métodos activos de ensinaza e aprendizaxe. A Biblioteca Escolar non debe traballar de forma illada senón formando parte de redes A Biblioteca favorecerá o cumprimento de tódolos obxectivos xerais da educación e non só os académicos, en especial os relativos a transversalidade, a correción das desigualdades de orixe do alumnado, o aceso á cultura e o fomento da lectura. Ten como obxectivos fundamentais: ¾ Converterse nun lugar de referencia para toda a comunidade educativa, non só como lugar de información e lectura, senón tamén como espacio de lecer, tratando de ser un promotor da “vida” no Centro. ¾ Proporcionar un continuo apoio ó programa de ensino-aprendizaxe. ¾ Asegurar o aceso a unha ampla gama de recursos e servizos ¾ Dotar ó alumnado das capacidades básicas para obter e usar unha gran diversidade de recursos e servizos. ¾ Facilitar a toda a Comunidade Escolar o acceso á busca autónoma de información, elaboración de materiais diversos, principalmente con respecto ós contidos curriculares. ¾ Promover a lectura e cultura, tratando de mellorar o hábito lector.

2


BIBLIOTECA

IES FARO DAS LÚAS

2.-FUNCIÓNS DA BIBLIOTECA

Segundo o manifesto da UNESCO sobre bibliotecas escolares a función da BIBLIOTECA ESCOLAR é:

Proporcionar información e ideas que son fundamentais para desenvolverse con éxito na sociedade contemporánea, baseada na información e no coñecemento. Debe proporcionar ós alumnos competencias para a aprendizaxe ó longo de toda a súa vida e contribuír a desenrolar a súa imaxinación, permitíndolles que se conduzan na vida como cidadáns responsables. Consideramos que a biblioteca ten varias funcións fundamentais: 1. Técnicas o Ofrecer un conxunto organizado de fondos bibliográficos e hemerográficos que permitan afondar no estudio e o fomento do uso da información. Para unha axeitada xestión e organización dos fondos, a biblioteca sigue criterios estandarizados no ámbito bibliotecario. o Acoller os fondos e organizalos segundo os criterios adoptados. o Na biblioteca estarán centralizados todos os fondos do Centro (excepto os libros de texto) co fin de lograr un uso eficaz dos mesmos. o Todos os fondos adquiridos pola biblioteca ou polos Departamentos recibirán un número de rexistro e serán catalogados na biblioteca, independentemente da súa localización física final (departamentos, bibliotecas de aula ou a propia biblioteca). o Facilitar e difundir os recursos existentes entre os diversos sectores da comunidade escolar para un uso eficaz dos mesmos. o Xestionar os recursos, instalacións e equipamentos. o Ofrecer servicios de información bibliográfica, consulta en sala, hemeroteca, mediateca e préstamo a domicilio, tratando de poñer os fondos documentais existentes no centro ó servicio da comunidade. o Xestionar, organizar e tratar os recursos da información e documentación. o Elaborar documentación propia.

3


BIBLIOTECA

IES FARO DAS LÚAS

2. De tratamento da información: o Ofrecer servicios que permitan forxar un pensamento crítico e utilizar eficazmente a información en calquera formato. o Prestar servicio de información e formación de usuarios, así como de orientación respecto ós materiais existentes na mesma. o Prestar servicio de orientación na utilización de libros e outras fontes de información en todo tipo de soportes e accesibles directamente ou a distancia para completar e enriquecer os libros de texto e outros materiais pedagóxicos. o Facilitar o acceso a internet. 3. Educativas: o Fomento da lectura o Fomento da expresión e creatividade o Educación para o ocio e o lecer. Así ofrece servicios lúdico recreativos (xadrez, damas...etc) 4. Culturais e lúdicas o Organizar actividades culturais, na súa condición de espazo interdisciplinar o Proporcionar información sobre todo tipo de actividades, recursos e servicios externos.

3-SEÑALIZACIÓN DA BIBLIOTECA Unha boa señalización facilita o manexo autónomo do usuario nas instalacións da biblioteca. Distinguimos os seguintes tipos de señales: Las señales externas. Facilitan ó alumnado o acceso á biblioteca dende cualquer punto do centro e señalan a importancia que se concede á biblioteca no conxunto das instalacións. Deben ser atractivas e conter debuxos alusivos. Servirán para colocar debaixo os carteis que anuncien actividades puntuais (día do libro, exposicións, visita do autor...).

4


BIBLIOTECA

IES FARO DAS LÚAS

7 Las señales internas. Deben de estar na entrada e orientan os alumnos dentro da biblioteca. Poden aportar a seguinte información: ¾ Servicios que ofrece a biblioteca ¾ Horario de apertura e cerre ¾ Plano do local ¾ Normas de uso: ¾ Orientacións a cerca da búsqueda bibliográfica: CDU, Catálogos manuales, bases de datos, acceso a Internet, etc. ¾ O sistema de préstamo As señales de uso do espacio. Deben señalizarse as distintas zonas de actividades nas que se divideu o espacio da biblioteca con carteis anunciadores que conteñan texto e debuxos alusivos. A señalización temática das estanterías. Deben rotularse os corpos según a clasificación da CDU, tendo cuidado de non ocupar totalmente as estanterías e prever a chegada de novos materiais.

4-BENEFICIARIOS DA BIBLIOTECA ¾ Son beneficiarios dos servicios da Biblioteca todos os membros da Comunidade Escolar do IES Faro das Lúas en activo (alumnos, profesores, e persoal non docente) ¾ Recibirán este servicio dun xeito gratuíto e coa única limitación de respectar as normas de funcionamento da Biblioteca e previa petición de querer formar parte da mesma.

5.-NORMAS DE PRÉSTAMO PARA TODOS OS USUARIOS

5


BIBLIOTECA

IES FARO DAS LÚAS

4.1.-ACCESO Ó SERVICIO DE PRÉSTAMO ¾ Para acceder a calquera servicio da biblioteca todo lector/a deberá presentar o carnet da biblioteca no que ten asinado o seu número de usuario (SEMPRE). ¾ Este carnet da biblioteca será entregado de forma gratuíta ó inicio do periplo educativo no centro (alumnos), no momento da incorporación (profesores, persoal non docente...), en calquera caso deberá ser solicitado de forma persoal e estará en vigor mentres se dean as circunstancias descritas no apartado anterior. ¾ O usuario deberá poñer unha foto no lugar destinado para tal fin e será selada na biblioteca. ¾ Si se perde este carnet, para a obtención dun novo, deberán aboar o custe

do mesmo ou unha cantidade equivalente.

¾ Quedan excluídos do préstamo as enciclopedias, diccionarios e libros de consulta en sala. Están sinalados cun punto vermello no lombo. Tamén están sinalados cun “gommette” vermello os DVD para maiores de 18 anos, que non se poden prestar ós menores de idade. ¾ Os usuarios poderán ter en préstamo tres libros, ou outro tipo de material, simultaneamente e por un prazo de quince días naturais (de forma xeral), renovables por outros quince no caso de que a obra non estea solicitada. Para a renovación do préstamo deberase presentar o libro xunto co carnet. ¾ EXCEPCIÓNS: • Os Departamentos deben aportar a biblioteca dous ou tres ejemplares das lecturas obrigatorias . • No caso das películas en Vídeo e DVD só se prestarán 3 días e este será sempre en fin de semana (de venres a luns) ¾ Será a persoa que retirou o libro a que faga esa devolución e non poderá ser outra, salvo en caso xustificado de forza maior. ¾ Non se poderán prestar libros a ningún usuario co carnet doutro. É responsable o titular do número que figura na orde de préstamo. ¾ En caso de que dous usuarios queiran intercambiar un libro, deberán presentarse ámbolos dous para facer a devolución e o posterior préstamo. ¾ Para os usuarios profesores rexen as mesmas normas que para o resto. Non poderán retirar o material sen que quede constancia do seu préstamo. O material que se leve para utilizar nas clases ou nas gardas,

6


BIBLIOTECA

IES FARO DAS LÚAS

deberá ser solicitado como préstamo. Si non existe profesorado de garda na biblioteca, deberase deixar unha notificación coa persoa que retirou o material, o seu número de usuario e os números de rexistro dos fondos. ¾ Non se prestará material a alumnos que veñan “de parte do profesor”, deberá ser el mesmo o que o retire. ¾ Os vídeos e resto do material audiovisual ou calquera outro prestarase da mesma forma que os libros.

4.2.-USUARIOS QUE NON DEVOLVAN OS LIBROS DENTRO DO PRAZO PREVISTO

¾ Os usuarios que non devolvan os libros dentro do prazo previsto serán considerados morosos (atraso en 15 días naturais na devolución do préstamo). A comunicación se fará a través d@ encargad@ da biblioteca. ¾ Se non se respecta o prazo o prestatario perderá o dereito a sacar un novo libro da biblioteca no prazo dun mes. Este prazo poderá ser ampliado en casos especiais, debidamente xustificados e rexistrados. ¾ Se un libro non se devolve despois de 30 días de cumprirse o tempo de entrega e se non se alega unha razón satisfactoria, o prestatario deberá repoñer o mesmo material ou pagar o seu importe estimado. Si así non o fixera perderá indefinidamente o dereito de préstamo da biblioteca ata que non satisfaga este requisito con independencia de calquera outra medida adicional que se poida arbitrar dende a Direción do Centro. ¾ A persoa que devolva en mal estado o material prestado a domicilio correrá co custo da súa reparación.

4.3.-Normas de convivencia entre usuari@s ¾ Na Biblioteca deberase gardar o maior silencio posible para non molestar ás persoas que están estudiando ou lendo. ¾ Manterase en orde a Biblioteca deixando as cadeiras no seu lugar, as revistas no expositor, recollendo a mesa, os xogos, as revistas… e os papeis.

7


BIBLIOTECA

IES FARO DAS LÚAS

¾ Os usuari@s deberán comportarse de acordo coas normas de convivencia e respecto propios cara a todos os membros da comunidade educativa. ¾ Non se poderá comer nin beber na biblioteca. ¾ Para a utilización dos ordenadores nos recreos cumprirá apuntarse nunha lista situada no tablón de anuncios da bibloteca coa fin de evitar o uso indiscriminado dos mesmos usuarios continuamente. ¾ Os usuarios dos ordenadores deberán deixar os ordenadores apagados. ¾ Os ordenadores poderanse empregar para facer traballos, buscar información en Internet, consultar Encarta, ver o correo, gardar os traballos nun pen-drive… pero non poden ser usados para chatear nin para xogar.

5.-MEDIOS COS QUE CONTA A BIBLIOTECA ¾ Fondos varios en diferentes soportes ¾ Tres ordenadores (un para a xestión da biblioteca e outros dous para uso do alumnado). ¾ Os fondos existentes están rexistrados e poden consultarse na base de datos. Consulta a través de Internet , na páxina da nosa biblioteca dentro do proxecto meiga. Hai un acceso directo (CATÁLOGO BIBLIOTECA) en todos os ordenadores do centro conectados a internet (biblioteca, sala de profesores, aulas de informática, departamentos...). Tamén se poden facer suxestións a través da páxina Web. ¾ Televisión, aparato de vídeo e DVD para consulta en sala. ¾ Zona de lectura informal. ¾ Zona de xestión ¾ Zona de traballo e consulta ¾ Unha páxina Web de información sobre a biblioteca e as súas actividades ¾ Un Blog de opinión sobre cousas da biblio e outras relacionadas coas actividades e recomendacións de lecturas, ou outros temas de interese...

8


BIBLIOTECA

IES FARO DAS LÚAS

6.-APERTURA DA BIBLIOTECA ¾ O horario de apertura da Biblioteca establecerase no comezo do curso en función da dispoñibilidade do profesorado. O horario de préstamo será nos recreos. ¾ Este horario estará exposto nun lugar visible na entrada da biblioteca e na sala de profesores.

7.-PROFESORADO DA BIBLIOTECA ¾ É función da dirección organizar a utilización da Biblioteca. No caso de que exista profesorado con horario completo ou complementario de dedicación á biblioteca, será colaborador/a do funcionamento da mesma. 7.1.-As tarefas do profesorado que teña gardas de recreo na

Biblioteca

serán as seguintes: ¾ Abrir e pechar a biblioteca. ¾ Procurar que os usuarios da Biblioteca manteñan a actitude propia do lugar (manter a compostura, non comer nin beber, etc..). ¾ Responsabilizarse da recollida por parte do alumnado do material de xogos, revostas e xornais así como da colocación das cadeiras. ¾ Controlar a utilización dos ordenadores da biblioteca ó servicio do alumnado. Segundo acordo da reunión da comisión pedagóxica primará a utilización do mesmo para a realización de traballos e para a busca de información. Tamén poderán xogar a xogos educativos e outros que se consideren oportunos, quedando prohibidos totalmente os de temática violenta, erótica, xogos de rol... e chatear. ¾ Prestar e recoller os libros e outros materiais. ¾ Para o préstamo de películas seguirase o seguinte criterio: As carátulas das mesmas están na zona de lectura informal e audiovisuais; os DVD están na zona de préstamo. Os profesores encargados do préstamo, teñen que comprobar a idade do usuario (as películas están marcadas por goumets de cor vermello para as recomendadas a maiores de 18 anos) e cando se devolvan sacalos da carátula e deixalos no lugar correspondente para ser

9


BIBLIOTECA

IES FARO DAS LÚAS

colocados. A carátula irá a cesta de préstamos. Importante controlar que cando se devolven están as películas dentro. ¾ Axudar ao alumnado na localización dos libros ou calquera outro material. ¾ Para aforrar espacio non están a vista todos os exemplares dos libros existentes. Si hai máis de 1, colocaranse detrás, sempre no mesmo andel.

7.2.-O profesorado encargado da Biblioteca. O bibliotecario/a é un elemento imprescindible neste modelo de biblioteca escolar. Contará con dedicación plena de polo menos as horas complementarias. Será un docente de entre os que teña a formación axeitada que traballará cun equipo multicisciplinar de profesores/as que teñan asinadas horas de atención á biblioteca. As súas tarefas serán: ¾ Realizar o tratamento técnico dos fondos (seleccionar, catalogar, rexistrar e organizar). ¾ Asegurar a organización, manemento e utilización axeitada dos recursos documentais da biblioteca do Centro ¾ Elaborar o proxecto anual da biblioteca. ¾ Informar ó claustro das actividades da biblioteca e integrar as súas suxestións. ¾ Realizar a comezo de curso a Formación de usuarios para aqueles que se incorporen por primeira vez ó centro, ou cando se considere oportuno. ¾ Difundir os fondos existentes e as súas posibilidades de consulta entre a comunidade escolar. ¾ Levar a cabo de forma periódica o expurgo e control dos fondos. ¾ Coordinar o equipo de apoio á biblioteca. ¾ O Coordinador/a da biblioteca formará parte da Comisión de Coordinación Pedagóxica. ¾ Calquera outra que se poida establecer no regulamento de réxime interno do Centro 7.3.-O equipo de apoio, xunto co profesorado encargado da biblioteca: ¾ Colaborar na elaboración do proxecto anual da biblioteca. ¾ Organizar e manter os taboleiros de difusión de novidades e de outro tipo. ¾ Planificar e realizar o proceso de dinamización da biblioteca. ¾ Fomentar as actividades de animación e lectura. ¾ Colocar nos andeis os materiais prestados.

10


BIBLIOTECA

IES FARO DAS LÚAS

¾ Arquivar a prensa. ¾ Levar a cabo o control e ordenación da colección de libros de texto que se pretende facer. Por acordo gardarase un exemplar de cada libro de texto. ¾ Recoller propostas e suxestións do profesorado e alumnado coa fin de mellorar as intervención a realizar. ¾ Establecer criterios para a adquisición e actualización dos fondos da biblioteca ¾ Recompilar informacións, materiais e recursos necesarios para o bo funcionamento do servicio para facilitárllelos ós usuarios da biblioteca escolar. ¾ O equipo de docentes encargados da xestión da biblioteca reunirase, unha vez por trimestre para coordinar as actividades, avaliar o rendemento, propor medidas de mellora...

8.-USO DA BIBLIOTECA

¾ Pode ser usada por calquera profesor que o desexe, para eso deberá apuntarse nas follas colocadas para tal fin na conserxería. Sempre vai primar a persoa que estea apuntada, independentemente de quen chegou en primeiro lugar. ¾ Si se usan os ordenadores nestas horas, os responsables dos mesmos son os profesores que estean con eles, si hai calquera problema de funcionamento deberán deixar unha nota para intentar solucionalo. ¾ As mesmas directrices serven para a utilización da zona de audiovisuais, pelis, etc.... ¾ Non se pode usar o ordenador de xestión para ningún outro fin que non sexa o da xestión ou dinamización da biblioteca co fin de evitar problemas nas bases de datos e a entrada de virus. Este ordenador ten claves de acceso.

9.-XESTIÓN ECONÓMICA

¾ A Biblioteca non contará cun orzamento. ¾ Será o Equipo de Biblioteca o encargado de determinar as compras que se realizan e presentará un presuposto @ secretari@ do centro. ¾ Para compra de material pedirase opinión ós diferentes Departamentos. ¾ Escoitaranse as propostas dos Departamentos neste sentido. ¾ Os Departamentos poderán realizar compras que se leven a cabo con cargo ó seu presuposto. Os Departamentos deberían consultar na Biblioteca sobre si esas compras xa están presentes ou non nos fondos, para evitar a duplicación innecesaria de material. 11


BIBLIOTECA

IES FARO DAS LÚAS

¾ Os cargos que se desexen vaian á biblioteca, deberán ser presentados ó coordinador da biblioteca por escrito e serán estudiados na reunión do equipo de biblioteca.

Aparecen en vermello as accións pendentes de realizar.

Estas normas afectan a todos os usuarios da biblioteca, independentemente de cal sexa a súa condición.

12


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.