Protocolo Plan Evacuacion

Page 1

1

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN no caso de evacuación.

Actualización do Protocolo de Evacuación informado en sesión de ordinaria de Claustro o día 26/06/2014, así como en sesión de Consello Escolar de 27 de xuño de 2014.

PROTOCOLO EVACUACION

CEIP “SAN FCO XABIER”

PLAN EVACUACIÓN


2

PLAN DE EVACUACIÓN DO CEIP “SAN FRANCISCO XABIER” PROTOCOLO DE ACTUACIÓN O Centro conta con tres saídas de emerxencia ao exterior na planta baixa, cada unha delas con dúas portas con barras antipánico, polo que resultan de fácil apertura e tres escaleiras coa suficiente anchura para permitir unha baixada rápida. Existen bocas de incendio nas tres plantas e extintores (que se revisan anualmente) nos locais que poidan representar algún 'perigo (sala de caldeiras, sala de ordenadores, comedor, etc.). No caso de que algún grupo quedase atrapado nunha aula, as ventás teñen a suficiente anchura e ábrense facilmente para facilitar a colocación de tolvas, ou ramplas de baixada. O desaloxo farase cara a parte máis lonxe do edificio do colexio, dirixíndose ao mesmo bordeando a casa da conserxe, agás os grupos de E.Infantil que sairán pola súa porta habitual e seguirán bordeando a esquina do comedor, colocándose todos na zona dos xogos de madeira. O profesorado deberá asegurarse que tódolos seus alumnos/as estean en perfecto estado, dando parte da situación ao/á xefe de intervención (Xefa de estudos). Tratarase de que a saída do alumnado das aulas de tres anos sexa o máis áxil posible. O alumnado dos demais ciclos irase colocando no patio da seguinte maneira:  1º CICLO: Na parede lateral do pavillón deportivo, mirando aos xogos infantís.  2º CICLO: Na fachada do pavillón deportivo onde están situadas as portas de entrada dende o patio.  3º CICLO: Ao longo do peche de recinto que discorre paralelo a rúa Roberto Tojeiro Díaz Tres timbrazos rápidos e intermitentes, a través da serea, dados polo servizo de conserxería, sinalarán a situación de emerxencia e a necesidade de evacuación. Tamén. No caso de falta de subministro eléctrico, empregarase unha serea tipo mariñeiro.

PROTOCOLO EVACUACION

CEIP “SAN FCO XABIER”

PLAN EVACUACIÓN


3

Comezarán a evacuar o alumnado da planta baixa, onde se atopan os nenos e nenas máis pequenos (3 anos) que serán axudados no desaloxo, ademais do profesorado que lles estea impartindo clase, o profesorado de garda saíndo pola porta habitual de entrada e saída destes grupos e deixando sempre á súa dereita o edificio do colexio. Inmediatamente procederase ao desaloxo da 1ª planta, seguindo o esquema de evacuación adxunto, de maneira que cada grupo, en fila, baixará pola escaleira indicada, sempre pegados á parede, sen correr pero sen parar, saíndo pola porta correspondente e dirixiranse ao patio sempre deixando á súa esquerda o edificio, agás o alumnado de E. Infantil que se dirixirá ao seu lugar no patio deixándoo á súa dereita. O alumnado da segunda planta seguirá o mesmo esquema de evacuación que o anterior, coidando de que xa estea desaloxada a primeira e a planta baixa. Desta consideración encargarase o/a responsable de planta.  Responsable de 1ª planta: 1º especialista de P.T  Responsable de 2ª planta: Especialista de A.L  Responsable de Planta Baixa: Limpadora. No caso de que algún grupo quede bloqueado na súa aula, deberán abrir unha ventá e sinalar cunha prenda de vestir o lugar exacto no que están, coa finalidade de que os equipos de rescate poidan dirixirse a eles e proceder á súa evacuación. O/a profesor/a que se atope con ese grupo tratará de manter a serenidade no alumnado á espera de ser evacuados seguindo sempre as directrices dos equipos de rescate. O profesorado que nese momento se atope en situación de substitución nunha clase diferente da súa, iniciará a saída cos alumnos/as cos que estea. Unha vez no patio e na zona de evacuación, cada titor/a deberá facerse cargo do seu grupo clase, sempre que sexa posible, e procederá a contabilizar que, ao final do proceso, todos e todas os da súa titoría se atopen fóra do Centro. O profesorado que de seguido se relaciona terá as seguintes funcións específicas: A. O/a primeiro/a especialista de A.L desenvolverá a coordinación da segunda planta, encargándose de axilizar o proceso e de revisar tódolos espazos (aulas, titorías, servizos) asegurándose de que ninguén quede rezagado así como de que as portas e fiestras queden pechadas. B. O/a primeiro especialista de P.T será quen coordine a primeira planta, coas mesmas funcións que no caso anterior. C. O demais profesorado de P.T., se nese momento está en atención individual, levará ao alumno/a ao encontro do seu grupo e ,rapidamente, se dirixirá a PROTOCOLO EVACUACION

CEIP “SAN FCO XABIER”

PLAN EVACUACIÓN


4

prestar apoio ao alumnado de NEAE que estea ubicado na planta 1ª. D. O/a Director/a do Dpto. de Orientación, procederá como a anterior e prestará o seu apoio a aquel alumnado de NEAE que se atope ubicado na 2ª planta. E. O/A coidador/a dirixirase, rapidamente, a facerse cargo do alumnado motórico, se o houbese, senón apoiará ao alumnado de NEAE que se atope nas aulas de E.I F. O profesorado de E.Física que, no momento da emerxencia, estea dando clases no pavillón, levará ao alumnado ao lugar do patio convido e esperará con eles ata que chegue o seu titor/a. De seguido, colaborará na colocación e atención de todo o alumnado no patio. O/A Xefe/a de Estudos será a encargada de cubrir a posible falta dun titor/a de aula, realizando as funcións deste ata chegar ao patio onde se fará cargo dese grupo o profesor de E.F. O grupo ou grupos que no momento da emerxencia se atopen no pavillón, sairán do mesmo ao lugar do patio convido, custodiados polo profesor/a que estea con eles ata que acuda o/a seu titor/a. Se a emerxencia coincide coa estancia no Centro de alumnado en prácticas, este deberá colaborar, en todo momento co seu profesorado titor.

FUNCIÓNS ESPECÍFICAS DE PRIMEIRA INTERVENCIÓN  XEFA DE EMERXENCIA: DIRECTOR/A.- Indicará que se dea o sinal de alarma. Chamará aos bombeiros, policía local e conserxe do pavillón deportivo. Estará para recpción os servizos de emerxencia e brindarlles plano do centro. Dirixirá o plan de evacuación.  XEFA DE INTERVENCIÓN: XEFA DE ESTUDOS.- Actuará como coordinadora xeral do plan, informando, ao xefe de emerxencia como se vai desenvolvendo o proceso.  CONSERXE.- Cando reciba a orde, dará o sinal convido; de seguido dirixirase ao cadro eléctrico para cortar o subministro e, rapidamente, abrirá as portas do edificio e as exteriores para facilitar a saída e o acceso dos equipos de auxilio. Prestará especial atención a abrir a nova cancela de acceso ao patio, sita baixo a vivenda do/a conserxe En tódalas aulas do Centro haberá unha copia deste apartado, que deberá estar nun lugar visible e de fácil acceso para que todos, alumnado e profesorado, poidan consultalo en calquera momento e coñezan as normas básicas de actuación ante unha situación de desaloxo …

PROTOCOLO EVACUACION

CEIP “SAN FCO XABIER”

PLAN EVACUACIÓN


5

INSTRUCCIÓNS PARTICULARES PARA O PROFESORADO 1) Cando o profesorado dea a orde de evacuación ao alumnado, as mensaxes han de ser claras e sinxelas, de gran poder de persuasión e transmitindo serenidade e calma. 2) O alumnado deixará as súas pertenzas e material de traballo na aula. 3) Esperar as instrucións do xefe de planta para poder empezar a evacuación/saída. Este responsable de planta empezará a dar as saídas as aulas máis próximas ás escaleiras de evacuación. 4) Iniciarase a evacuación polos ocupantes da planta baixa, a continuación a 1ª planta e seguirase pola segunda. De tal forma que para auxiliar á evacuación poidan usarse ámbolos dous lados da escaleira na baixada. 5) Simultaneamente prepararanse os ocupantes das plantas superiores, chegando ata o pé das escaleiras e saíndo primeiro as aulas que se atopen máis cerca destas, pero sen iniciar a baixada ata que as plantas inferiores estean desaloxadas e as escaleiras expeditas. É preciso evitar aglomeracións. 6) Tenderase a manter a homoxeneidade dos grupos, evitando no posible a mestura de alumnos/as de diferentes clases. 7) Trala saída dos ocupantes das aulas e demais dependencias, quedarán as ventas pechadas e tamén as portas, previa constatación de que ninguén queda dentro. Desta maneira propíciase a estanquidade do edificio e a conseguinte acción de cortar u lume. Deixaranse colgadas das manillas exteriores das portas o cartel identificativo de "aula evacuada" ao efecto. 8) Os coordinadores de planta realizarán unha inspección para comprobar que as plantas queden desocupadas. Asemade os responsables de planta terán a responsabilidade de levantar a acta de evacuación segundo figura en modelo anexo. 9) No caso de que o alumnado evacuado deba saír do recinto escolar e ocupar zonas alleas ao Centro, tomaranse as precaucións oportunas en canto ao tráfico para atravesar a rúa correspondente.

PROTOCOLO EVACUACION

CEIP “SAN FCO XABIER”

PLAN EVACUACIÓN


6

10) Unha vez desaloxado o edificio, o alumnado atoparase no lugar ou lugares previamente sinalados como puntos de encontro e sempre baixo o control do profesor responsable, quen comprobará a presenza de todo o seu alumnado. O persoal do Centro intentará manter a calma en todo momento evitando condutas que denoten tensión nerviosa para dificultar a aparición de situacións de pánico colectivo. 11) O Xefe de intervención, xefe de emerxencia, acudirá a recibir os servizos de protección e facilitaralles un plano do edificio e a sinalización de calquera incidencia que se teña producida. 12) Cada titor/a ou profesorado responsable de grupo notificará ao Xefe de Emerxencia, que irá a recibir, o número de alumnos/as e o grupo ao que pertencen. 13) A estes efectos o Xefe levará unha un documento cunha relación de cursos e número de alumnado. 14) Ata a chegada dos equipos de emerxencia, se procede, débense procurar accións tendentes a controlar o incidente e paliar, na medida do posible, as consecuencias do mesmo. Débense levar a cabo por persoal que non teña como primeira misión a de acompañar e dirixir ao alumnado na evacuación.

INSTRUCIÓNS PARTICULARES PARA O ALUMNADO 1) Un alumno/a designado previamente polo titor/a suxeitará a porta manténdoa aberta ata que saian da aula tódolos seus compañeiros, e será o responsable do seu peche final, así como de apagar as luces. Asemade haberá outro/a que sexa encargado/a de pechar posibles fiestras abertas 2) Cada grupo/aula manterase sempre unido. 3) Rexeitar calquera iniciativa propia. Seguir sempre as instrucións do profesorado, en especial as do seu titor/a ou daquel que ocupe o seu lugar nese momento. 4) Calquera alumno/a que ao soar a alarma se atope fóra da súa aula deberá incorporarse rapidamente á mesma. No caso de que se atope en planta distinta a da súa aula, incorporarase ó grupo máis próximo que estea en movemento de saída. Ao chegar ao patio presentarase ao/á seu titor/a quedando incorporado no PROTOCOLO EVACUACION

CEIP “SAN FCO XABIER”

PLAN EVACUACIÓN


7

seu grupo. 5) Moverse con rapidez pero nunca correr, atropelar, empuxar, etc. 6) Camiñar sempre pegado á parede, deixando libre o resto do espazo tanto no corredor como nas escaleiras coa finalidade de que poida subir calquera persoa dos equipos de emerxencia. 7) Camiñar sempre no sentido da evacuación. Non retroceder xamais; en ningún caso, ninguén deberá volver atrás co pretexto de buscar a irmáns menores, amigos/as ou obxectos persoais. 8) Evitar deterse xunto as portas de saída.

CONCLUSIÓNS FINAIS

Automaticamente, ao sinal de alarma, todo o persoal con responsabilidades específicas desenvolverán os seus cometidos, tales como: Apertura de portas do recinto escolar (Conserxe) Suspensión do subministro de fluídos (Conserxe) Petición de axuda aos medios exteriores (Xefe de emerxencia) Actuación directa do Xefe de Intervención. Apoio ao alumnado en xeral e en especial a aqueles que precisan axuda individualizada. (O persoal responsable). F. Confeccionar actas de evacuación (Os/as responsables prefixados). Remisión do resultado das actas de evacuación ás institucións correspondentes (Concello e Xefatura provincial de Educación). (Xefe de Emerxencia)

A. B. C. D. E.

PROTOCOLO EVACUACION

CEIP “SAN FCO XABIER”

PLAN EVACUACIÓN


8

ANEXO I SIMULACRO DE EVACUACIÓN (RESULTADOS)

Data: …....../......../.......... Hora: .................... 1. Programouse o simulacro segundo as instrucións: SI NON Observacións: ......................................................................................................................... ............................................................................................................................................................... ............................................................................................................................................................... .....................................................................

2. Tempos reais de evacuación: Tempo controlado

Número de alumnos

Planta baixa: .........................

.................................

1ª planta: ...............................

.................................

2ª planta: ...............................

.................................

TOTAL: ..................................

PROTOCOLO EVACUACION

.................................

CEIP “SAN FCO XABIER”

PLAN EVACUACIÓN


9

25

A S E O S -H-

AULA PSICOM.

24

A S E O S -M-

23

AULA

22 AULA

21 AULA

AULA INF. CONCELLO

DEP. INGLÉS

A.L.

14

15 USOS MÚLTIPLES

16 AULA

17 AULA

18 AULA

19 AULA

20 AULA

AULA

2º ANDAR

13

A S E O S -H-

AULA MÚSICA

A S E O S -M-

12

11

AULA

10 AULA

9

AULA

DEP. ORIENTACIÓN

PT 1

PT 2

1

2 AULA

3 AULA

4 AULA

5 AULA

6 AULA

7 AULA

8 AULA

AULA IDIOMAS

1º ANDAR E.I. 3anos

A S E O S -H-

E.I. 3 a

A S E O S -M-

A L M A C É N

A L M A C É N

XEF. A S E O S

SALA PROFES.

SE

ESTUD CRET.

ALMACÉN

CON SERX ALMACÉN

COMEDOR

ANPA

SOPORTAIS

DIREC.

BIBLIOTECA

PLANTA BAIXA

PROTOCOLO EVACUACION

CEIP “SAN FCO XABIER”

PLAN EVACUACIÓN


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.