O recetario máxico de Kiosferis

Page 1


Introdución: O Concello de Negreira a través do Centro de Información ás Mulleres no marco das actividades de promoción da igualdade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia, desenvolveu durante o ano 2011 o programa de coeducación “Conto contigo”. Este proxecto foi executado por SENES Desenvolvemento comunitario no primeiro ciclo de primaria do CEIP O Coto durante os meses de outubro e novembro. “Conto contigo” asentouse no papel das familias como axente fundamental do proceso educativo e socializador das nenas e nenos e consistiu na elaboración dun conto que permitise ás familias amosar ás súas fillas e fillos as desigualdades entre homes e mulleres, nun paso previo á superación das mesmas. O conto foi obra do alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria do CEIP O Coto, e foron as creadoras e creadores, inventoras e inventores das historias, das personaxes, dos diálogos, das paisaxes… e desta abundancia de ilusión común naceu: “O Recetario máxico de Kiosferis”, un conto por e para a corresponsabilidade. É un conto para ler en familia, pais e nais, fillos e fillas, avós e avoas, netos e netas, para imaxinar xuntos realidades diferentes, fantásticas, coloristas, divertidas, … cheas de situacións próximas e coñecidas … en definitiva, un conto que, como recurso didáctico, ofrece múltiples posibilidades no ámbito da coeducación.



En Kiosferis vivían uns simpáticos seres con cabeza grande e corpo pequeniño; as súas pernas mesmo parecían espaguetes, e cando facía moito vento movíanse coma bimbios.Gustáballes moito viaxar dun lugar a outro coñecendo cada un dos currunchos do seu mundo, e para facelo tiñan unha técnica moi particular, xiraban sobre si mesmos coma se fosen buxainas.


Construíran un mundo de cores con casas enriba das árbores, debaixo da terra e as/os máis arriscadas/os incluso enriba das nubes; ahhh...e aquelo tan raro que se pode ver ao fondo da paisaxe, son os residuos do KIOTO, sabedes que é o KIOTO????


Un gran segredo, que gardaban con moita cautela: Un mineral máxico que explotaban da súa mina,vixiada por Lithiom, un dragón con 7 cabezas...


Ao introducilo polas chemineas das súas casas tornábanse limpas nun tris-tras: facíanse as camas, fregábase a louza, facíase a comida,…polo que os habitantes de Kiosferis vivían felices.


Pero para algúns non todo era felicidade; Amalium, a muller máis vella e máis sabia de todo Kiosferis, e que tempos atrás fora a guía e líder desta civilización, estaba moi triste polo comportamento tan avaricioso ao que chegaran os habitantes.


O mineral explotado causaba residuos moi nocivos, que estaban destruíndo as árbores, os ríos e os mares, pero xa non lle facían caso, ninguén escoitaba os consellos de Amalium, e sabía que o marabilloso mundo que ela recordaba ía desaparecer.


Pero un día as/os mineiras/os deron o aviso, saltaron as alarmas, o pánico chegou…

o mineral esgotouse!!!

Que imos facer?? preguntábase a poboación.


Todo se volveu caótico, había lixo por todas partes, as casas estaban porquísimas, non se podía camiñar pola rúa...non había comida, e os habitantes estaban cada vez máis fracos, non podían durmir porque as camas estaban desfeitas, e parecían zombis.



Mentres a cidade se facía preguntas, unha familia de intrépidas investigadoras buscaba solucións; de repente dixo Ota: - Por que non imos ver a Amalium?é a muller máis sabia de todo Kiosferis, e posúe o coñecemento de toda a nosa historia. - Claro...ela seguro que ten algunha idea para solucionar este problema.


E emprenderon camiño cara a árbore do coñecemento, onde vivía Amalium, e alí as recibiu! - Ola rapazas!!!vides a por solucións, verdade? - Siiii, precisamos da túa axuda, para salvar ao mundo!


Amalium revolvía por entre as súas cousas vellas, mentres roñaba, pola falta de caso que lle fixeran nestes anos e buscando, buscando.... - Aquí está- berrou Apareceu un libro moi peculiar, cunha cuberta brillante onde poñía RECETARIO MÁXICO DAS TAREFAS DO FOGAR.


Xito descifrou o misterio de pasar o Ferro...ao principio pareceulle coma escalar unha montaĂąa...pero seguindo o recetario, o ďŹ xo todo nun pis pas!.


Ota axudouse da lupa para enhebrar ben todas as agullas, así aprendeu a coser, a calcetar... Qué divertido! podía tecer a súa propia roupa!


A Pachu tocoulle a colada...a lavadora parecĂ­a endemoniada!... pero cunha pouca de paciencia resolveu tamĂŠn o caso dos calcetĂ­ns fedorentos.


Ota, Pachu, Ena e Xito ganizaron.

se or-

Cada día, meteremos as tarefas neste tarro- dixo Ota. Siiii,...e cada unha/un de nós, iremos sacando unha tarefaaclarou Pachu. Claro, e así todo estará sempre limpo e recollido- dixo Ena. Moi ben, a corresponsabilidade será a nosa forma de vida; a partir de agora compartiremos as tarefas do fogar!-aceptou Xito.


E pouco a pouco cada unha delas foi transmitindo as receitas do fogar por todo o mundo, e KIOSFERIS volveu á normalidade... E así... en cada unha das casiñas de enriba das árbores, debaixo da terra e incluso de enriba das nubes, todas as familias compartían as súas labores, vivindo en paz e harmonía, sen necesidade de materiais que lles solucionaran as súas tarefas.


Autores e autoras: Barbazán García, Mateo Forján Arufe, Naira García Cambeiro, Daniel García Corzón, Lara García Cunha, Iara Consuelo García Cunha, Jairo Luis García Fernández, Guillermo García Ruiz, Ildara García Sabugueiro, Paula Godón López, Adrián

Hombre Calviño, Milena Leis Barca, Joel Leis Piñeiro, Gabriel Mariño Domínguez, Rubén Miguens Paramos, Laura Míguez Quintela, Uxía Moreira Martínez, Lara Moure Bouzada, Anxo Rincón Saldarriaga, Emily Suárez Mendes, Ángel David Ziekman Romar, Colin

Agradecementos:

Rosa Fuentes Cambeiro- Directora CIM de Negreira. Cintia Picado Costa- Concelleira de Servizos Sociais. Edita: Concello de Negreira. Centro de Información ás Mulleres Desenvolvemento e execución do proxecto: SENES Desenvolvemento comunitario Director do proxecto: Damian Vázquez Lavandeira Coordinadora de proxecto: Marta Sanz Lorenzo Ilustración e Maquetación: Eva Bello Alonso Déposito legal: C 3117-2011



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.