Resumo Proxecto Voz Natura

Page 1

Como todos os anos, a nosa escola participa dentro do programa medioambiental de “Voz Natura”. Este ano na súa 14ª edición adícase á “AUGA” en todas as súas vertentes. Dende a escola tratamos de explicarlle aos nenos a importancia da auga como medio de vida para os ecosistemas fluviais e mariños, así como fonte indispensable para a vida humana, e inculcarlle a importancia dun uso correcto da mesma no cole e nas súas casas , para evitar que este ben se esgote. No cole os nenos de 5 anos crearon una mascota en forma de gota de auga que se chama “ GOTÍN ”, e vai ser a encargada de ensinarlle aos nenos a importancia da auga e nos acompañará en todos os proxectos que levemos a cabo ao longo de todo o curso.

O noso amigo GOTÏN vainos contar outras cousas importantes que facemos na nosa escola. Temos un invernadoiro que cultivamos todos os nenos (cada aula ten a súa parceliña), e que debemos coidar para que a nosa colleita medre ben, regandoa cada semana, quitándolle as herbas malas, etc.


O NOSO INVERNADOIRO Limpamos a parcela

Seleccionamos as sementes

Plantamos as nosas sementes

Regamos semanalmente

Este ano fixemos una charca coa colaboración do Concello, para que os nenos poidan poñer en práctica todo o aprendido sobre o medio fluvial e a importancia que ten o bo coidado da auga, para vida dos nosos animais. Esta charca vanna coidar principalmente os nenos de 5 anos, por seren os maoires e os que están traballando máis en profundidade o tema da auga nos distintos ecosistemas. Ao redor da charca preparamos o terreo plantando unas fermosas plantas arómaticas.


A creación da nosa charca pasou por distinto momentos: Limpeza da zona Plantación de céspede

Presentámoslla a Gotín

E finalmente botámolle os peixiños e demóslle de comer


Ademáis da charca, os nenos de 3 anos temos na nosa clase unas novas mascotas, que son os nosas tartarugas “Patricio e Bob esponja” e os peixiños “ Pinocho, Nemo e Gari”.

Con estes animaliños trataremos de coñecer un pouco máis o seu medio de vida, a súa alimentación, a importancia dos coidados axeitados para que vivan ben, e despois de aprender tanto sobre eles , cando remate o curso botarémolos na nosa charca da escola, para que vivan ali todos xuntiños, e seguirémolos coidando nos vindeiros cursos. Este ano as nosas excursións tamén van estar encamiñadas a coñecer un pouco máis o tema da auga , como ecosistema fluvial ou mariño. Os nenos de 4 anos xa realizaron unha excursión no mes de novembro a unha “ DEPURADORA”, co obxecto de coñecer as clases de moluscos que alí teñen, os coidados que precisan, como se alimentan, a importancia da depuración da auga para o consumo humano, etc.


VISITA Á DEPURADORA Vimos os pilóns da depuradora

Manipulamos os memos

Observamos os moluscos

Os mexilóns nas piscinas

Acabaron a visita, indo a praia que está ao carón da depuradora , e alí estivemos vendo a cantidade de lixo que contamina as nosas praias , e recollendo cunchas.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.