Revista bolboreta 2013

Page 1

CEIP SANTO PAIO DE ABAIXO CURSO 2012/2013

BOLBORETA 2013


BOLBORETA 2013


SUMARIO Editorial…………………………………………………………………………………………….……………………….2 Educación Infantil Os Sapiens………………………………………………………………………………………………..…………..4 Os Cocoricos A……………………………………..…………………………………………………………...6 Os Cocoricos B…………………………………………………………………………………………………...8 Os Waters……………………………………………………………………………………………………………...10 Obradoiros de estimulación da linguaxe………………………..13 Primeiro Ciclo 1º A e B………………………………………………………………………………………………………………………14 2º A…………………………………………………………………………………………………………………………………18 2º B………………………………………………………………………………………………………………………………….20 Segundo Ciclo 3º A e B……………………………………………………………………………………………………………………….22 4º A………………………………………………………………………………………………………………………………….25 4º B…………………………………………………………………………………………………………………………………..27 Marta e Brais……………………………………………………………………………………………………….29 Terceiro Ciclo 5º A………………………………………………………………………………………………………………….……………..30 5º B………………………………………………………………………………………………………………………………….34 6º A………………………………………………………………………………………………………………………………...37 6º B………………………………………………………………………………………………………………………………….40 Biblioteca…………………………………………………………………………………………………………………..42 Concurso da Reboraina…………………………………………………………………………..46 Deportes…………………………………………………………………………………………………………………….50 ANPA……………………………………………………………………………………………………………………………...51 Pax. 1

BOLBORETA 2013


EDITORIAL TEMOS UNHA RAZÓN: A CRISE TEMOS UNHA DISCULPA: A CRISE Estamos a comprobar que o termo crise amóldase coma unha loseta ao seu espazo porque ela é o resultado final e inapelable ao que temos que acomodarnos so pretexto de fenecer nas beiras do fracaso. Mais iso só é un pretexto porque a realidade social é moito máis complexa ca un termo que se nos impón dende o poder decisorio, e dende as estructuras que crean realidade, aínda que esta realidade sexa interesada. Porque non cabe dúbida que segregar ao alumnado por sexos é unha decisión ideolóxica afastada da realidade social; porque liquidar a igualdade educativa dos nenos e nenas, é outra decisión nada acorde cos tempos que corren e cos avances feitos dende hai anos; porque favorecer aos colexios concertados e de pago é unha cuestión moi grave para multitude de familias que non poderán exercer esa especie de liberdade de elección que nos venden. Porque reforzar o confesionalismo é dar un paso atrás porque a ciencia vai a estar en entredito cando hai comprobantes de que só a ciencia nos fai un pouco máis libres; porque, deste xeito, tratan de introducir o criterio de poder como resorte para unha obediencia debida, e xa todos coñecemos o que isto significa de cara á sociedade: unha autoestrada para os abusos de poder, os abusos dos prexuizos, os abusos sociais contra os distintos ou contra aqueles que non se consideran integrados no complexo social. Pax. 2

BOLBORETA 2013


EDITORIAL En definitiva, a crise é o dato perfecto que os poderososbanqueiros, políticos, relixiosos, etc.- usan co obxecto de ternos amarrados aos seus desexos e volver a ter cidadáns reconvertidos en marionetas das decisións do poder e dos poderes. Quérennos desiguais porque deste xeito poden controlarnos cun grao de maior seguridade para eles; quérennos pobres porque así pódennos comprar coma mercancía perecedeira; quérennos cansados e acríticos para poder facer e deshacer ao seu antoxo . Non necesitan cidadáns cultos e intelixentes senón xentes tristes e preocupadas por un futuro incerto porque deste xeito téñennos amarrados ás cadeas imprevistas dun presente incontrolable. Si, coma toda lóxica indica, os cidadáns loitamos polas migas que caen debaixo da mesa, só nos queda loitar polas sobras que o poder político e banqueiro deixa para que resolvamos os problemas mediante unha loita entre os desherdados das estructuras sociais.Xerarquizar ao profesorado é unha liña xenial para poder xerarquizar á sociedade porque introduce unha interiorización que será transmitida dende as primeiras etapas para que unha vez adultos, a conclusión lóxica é que a realidade social é a que é e non se pode cambiar En definitiva, somos crise, chamámonos crise, estamos en crise, imos de crise en crise, vemos crise, escoitamos crise; cando en realidade a crise está naqueles que a crearon interesadamente. Eles son a CRISE EN ACCIÓN .Xa por preguntar, cándo se sentarán no banco dos acusados os creadores da CRISE ??? Pax. 3

BOLBORETA 2013


EDUCACION INFANTIL SAÍDA AO PARQUE DOS SENTIDOS OS PEQUES DO COLE TRABALLARON SEN DESCANSO, CASE TODO O CURSO, AO REDOR DO CORPO. POLO QUE NA SÚA PRIMEIRA SAÍDA ACHEGÁRONSE AO PARQUE DOS SENTIDOS.

OS SAPIENS NA VILA DE MARÍN, ATÓPASE ESTE ORIXINAL PARQUE. NO QUE OS SAPIENS E O RESTO DOS PEQUESREBOREDA TIVERON A OPORTUNIDADE DE EXERCITAR OS SEUS 5 SENTIDOS.

TACTO

OÍDO

Pax. 4

BOLBORETA 2013


EDUCACION INFANTIL VISTA NUNHA CONTORNA TAN NATURAL, OS PEQUES POIDERON INTERACCIONAR CO MEDIO E DESCUBRIR TODAS AS SENSANCIÓNS QUE PERCIBÍAN A TRAVÉS DOS SEUS SENTIDOS

PERO O MELLOR ESTABA POR CHEGAR AO FINAL DO RECORRIDO. TOBOGÁNS, PONTES, ESCALADA,...

TOD@S A XOGAR!!!

SAPIENS (3 ANOS)

Pax. 5

BOLBORETA 2013


EDUCACION INFANTIL O SER HUMANO: UN SER EXTRAORDINARIO.

Pax. 6

BOLBORETA 2013


EDUCACION INFANTIL E ASÍ NOS VEMOS OS COCORICOS

COCORICOS A (4 ANOS)

Pax. 7

BOLBORETA 2013


EDUCACION INFANTIL OS COCORICOS B: UNS PREHISTÓRICOS CON MOITA ARTE! AOS COCORICOS B, ESTUDIAR A PREHISTORIA ENCANTOUNOS… DESCUBRIMOS MOITÍSIMAS COUSAS, PERO, SEN DÚBIDA, O QUE MÁIS NOS GUSTARON FORON AS MANIFESTÁCIÓNS ARTÍSTICAS PREHISTÓRICAS. METÉMONOS MOITO NO PAPEL E MIRADE TODO O QUE CREAMOS!!

Pax. 8

BOLBORETA 2013


EDUCACION INFANTIL

COCORICOS B (4 ANOS)

Pax. 9

BOLBORETA 2013


EDUCACION INFANTIL O SERVICIO DE URXENCIAS DE REDONDELA, ESES SERES HUMANOS EXTRAORDINARIOS

Pax. 10

BOLBORETA 2013


EDUCACION INFANTIL

Pax. 11

BOLBORETA 2013


EDUCACION INFANTIL

WATERS (5 ANOS)

Pax. 12

BOLBORETA 2013


EDUCACION INFANTIL

DURANTE

ESTE CURSO OS PEQUESREBOREDA DISFRUTARON, DA MAN DO SEÑOR VERMIÑO, COAS SÚAS AVENTURAS E PERIPECIAS. A TRAVÉS DAS HISTORIAS, CANCIÓNS E A PRESENTACIÓN DE TODOS OS SEUS AMIGOS FOMOS DESCUBRINDO TODO O QUE PODEMOS FACER COS MÚSCULOS DA CARA, A BOCA E COA MAXIA DA RESPIRACIÓN. E SEN ESQUECERNOS QUE COAS MAN TAMÉN PODEMOS FALAR. FIXEMOS CARREIRAS DE LANDRAS, PINTAMOS CON PALLETAS, LIMPAMOS OS MARES CHEOS DE CONTAMINACIÓN E ATA CENTOS DE POMPAS VOARON AO NOSO REDOR.

PREGUNTARÉDESVOS QUE FAI AQUÍ UNHA VACA? POIS ESTA É MACARENA, QUE NOS LEVOU A SÚA GRANXA PARA QUE COÑECÉSEMOS AOS SEUS AMIGOS, MIRADE, MIRADE!

TRAS UNHA BOA TEMPADA NA GRANXA, DECIDIMOS NAVEGAR HACIA A SABANA PARA VISITAR AOS NOSOS AMIGOS DE ÁFRICA.

Pax. 13

BOLBORETA 2013


PRIMEIRO CICLO

Pax. 14

BOLBORETA 2013


PRIMEIRO CICLO

Pax. 15

BOLBORETA 2013


PRIMEIRO CICLO

Pax. 16

BOLBORETA 2013


PRIMEIRO CICLO

Pax. 17

BOLBORETA 2013


PRIMEIRO CICLO

Pax. 18

BOLBORETA 2013


PRIMEIRO CICLO

NEN@S DE 2ยบA

Pax. 19

BOLBORETA 2013


PRIMEIRO CICLO MARÍA FUMAÇA

Pax. 20

BOLBORETA 2013


PRIMEIRO CICLO

NEN@S DE 2ยบB

Pax. 21

BOLBORETA 2013


SEGUNDO CICLO

Pax. 22

BOLBORETA 2013


SEGUNDO CICLO

Pax. 23

BOLBORETA 2013


SEGUNDO CICLO

NEN@S DE 3ยบ

Pax. 24

BOLBORETA 2013


SEGUNDO CICLO O NOSO FORNO SOLAR Un ano resultounos complicado decidir o tema do un artigo para esta revista. Tíñamos varias opcions sobre as actividades que realizamos ao longo deste curso: o horto, os diferentes animais que criamos na aula, as nosas creacións literarias…, pero decidimos facelo sobre un forno solar que construimos. Para construir noso primeiro forno solar contamos co asesoramento de Belén

que trouxo un para ensinárnolo e axudounos a

construir o noso.

PARA CONSTRUIR O FORNO SOLAR NECESÍTASE: Dúas caixas de diferente tamaño, xornais, papel de aluminio, un cristal, una bandexa negra, cola, pistola de silicona, cinta adhesiva, pinceis, tesoiras, regra e lapis ASÍ SE FAI: 1. Con papel de xornal fanse moitas bolas de papel que van a servir de aillante. 2. Cúbrese o fondo da caixa máis grande con bolas de papel. 3. Introdúcese a caixa pequena

dentro da

grande e rechéanse os espacios entre as caixas coas bolas ata que quede ben cheiño. 4. A caixa pequena está valeira e bótaselle cola por todo o interior. 5. Pégaslle o papel de aluminio por dentro e polos bordes cubrindo o espacio que queda entre as dúas caixas. 6. Pégase coa cinta adhesiva os bordes que sobresairon da caixa pequeña coa caixa grande. 7. O último paso é fabricar unha tampa que cubra as dúas caixas na que se lle abre unha ventana cortando tres lados do rectángulo. Polo interior pégaselle o cristal con silicona. Cúbrese con papel de aluminio para que

Pax. 25

BOLBORETA 2013


SEGUNDO CICLO EXPERIMENTANDO... Estabamos impaciente por probalo pero tivemos que deixar secar un día a silicona e a cola. Levámolo para o horto a primeira hora da mañán e metéñoslle un térmómetro dentro. Cada cinco minutos un de nos ía a ver a temperatura. Observamos que entre medida e medida subía una media de 8 a 10 graos, pero como ese día facía moito vento, ás veces descendía a temperatura porque a tampa se nos baixaba. Queríamos comprobar si de verdade funcionaba así que na hora do recreo metémoslle un ovo e na última unha hora fomos a velo e…. sorpresa, o ovo estaba cociñado. Estamos esperando a que suban máis as temperaturas e poder poñelo de novo a cociñar pero esta vez con algo rico para comelo despois.

Se queredes saber máis sobre esta experiencia tedes un artigo fotos e no noso blogue http://www.omanantial.blogspot.com.es/2013/04/o-noso-primeiro-forno-solar.html E se vos animades a construir o voso tedes un estupendo vídeo onde explican todo proceso en http:// www.youtube.com/watch?v=gG4zyaHHnLQ

NEN@S DE 4º A

Pax. 26

BOLBORETA 2013


SEGUNDO CICLO Durante o curso 2012/2013 a titoría de 4º B fixo moitísimas actividades das que podedes saber a través do noso blog de aula: http:// oscativosdareboraina.blogspot.com.es Para a revista Bolboreta deste ano decidimos seleccionar por votación tres actividades para que cada un dos equipos da aula se ocupase da súa redacción. Estas foron as actividades seleccionadas:

VISITA A CAMPO LAMEIRO (Equipo de redacción: Os leóns) No primeiro trimestre os alumnos de 4º fomos ao Parque arqueolóxico de arte rupestre de Campolameiro, despois de dar o tema da Prehistoria. Cando chegamos ao parque separámonos en dous grupos, 4º A e 4º B, cada un co seu guía. Despois deixamos as mochilas nunhas taquillas e entramos no museo. A guía púxonos un video mentres o explicaba. Logo levounos a unha sala onde había petroglifos, información sobre eles e unha parede con símbolos. Cando rematamos no museo fomos ver os petroglifos que había no monte mentres a guía nos explicaba que significaban. Chegou a hora de comer e por fin xuntámonos co outro grupo nunhas mesas que había fóra do museo. Mentres os demais remataban de comer, algúns atopamos un labirinto onde nos puxemos a xogar. Ao final rematamos todos alí, incluída a profe. Despois de comer voltamos a separarnos. Nós subimos ao monte coa guía para ver as réplicas duns castros. Aló preparamos pan como o facían naquela época: moemos gran con pedras para facer fariña e a mesturamos con auga e sal. Cando a masa estivo lista cada un fixo unha figura. Despois cociñamos a masa nunha plancha ao calor do lume. Mentres esperabamos a que se fixeran cantamos varias cancións. Cando as figuriñas estiveron listas untámolas con nocilla e as comimos. Finalmente baixamos do monte, collimos as nosas mochilas e marchamos ao colexio no bus. Foi unha viaxe moi divertida! NOTA: Podedes ver un video con fotos da saída no seguinte dirección: http://oscativosdareboraina.blogspot.com.es/2012/10/excursion-ao-paar.html

A MERENDA DE GALA (Equipo de redacción: Os piratas) O último día de clase do 1º trimestre celebramos unha merenda de gala para despedirnos dos compañeiros e da profe antes das vacacións de nadal. Ao longo desa semana estivemos pensando por equipos a decoración das nosas mesas, como por exemplo, manteis, servilletas… e decidindo quen traía cada cousa. Tamén tiñamos que

Pax. 27

BOLBORETA 2013


SEGUNDO CICLO A véspera, preparamos invitacións para a profe Alejandra e para Luisa, a coidadora. O día da gran merenda a profe explicounos como facer os canapés e tivemos que repartirnos as tarefas para facer os canapés en cadea. Despois decoramos as mesas. Na do noso equipo puxemos un mantel de nadal, palillos de cores, servilletas de tea, pratos elegantes de distintos tamaños e, no medio, un xarrón cunha flor dentro. Unha vez rematados os preparativos comezamos a degustación dos canapés. Logo fomos á mesa de gala do fondo e alí tomamos o postre con Ale, Luisa, a profe e o resto dos equipos. Tamén brindamos con “Champín” de fresa, aínda que a algúns non lles gustou. Ao acabar a merenda tivemos que recoller e limpar. As nosas galas serviron para o festival das panxoliñas.

SAÍDA A PONTEVEDRA (Equipo de redacción: Os galácticos) O día 29 de abril fixemos unha saída a Pontevedra co resto de alumnos de 3º e 4º. Ás 9.30 saímos do colexio en autobuses. Cando chegamos a Pontevedra fomos ao Auditorio de Caixanova para ver a actuación “Na pescuda do tesouro”. Cando entramos déronnos uns marcapáxinas. Ao comenzar a actuación apareceu un rapaz que descubriu unha cova cunha moura que gardaba un tesouro. O rapaz tiña que pasar catro probas relacionadas coa música galega para conseguir o tesouro. Foi unha actuación moi divertida! Logo fomos merendar á Praza da Ferraría, mentres esperabamos á nosa guía Raquel. Cando chegou, contounos moitas cousas contounos moitas cousas sobre Pontevedra como, por exemplo, a historia dun loro moi famoso chamado Rabachol. Tamén nos explicou o significado dos escudos e dos nomes das prazas do casco vello polas que pasamos. Durante a visita, sacámonos fotos cos monunentos históricos que atopabamos. Cando rematou a visita despedímonos de Raquel e fomos esperar ao autobus. Cando chegou, voltamos ao colexio para esperar ás nosas nais e pais, aínda que se nos adiantaron porque chegaron antes que nós ao colexio.

NEN@S DE 4ºB

Pax. 28

BOLBORETA 2013


SEGUNDO CICLO Benvida primavera!! Coa chegada da nova estaci贸n, Brais e Marta danlle a benvida realizando diferentes manualidades e celebrando a festa do equinocio. Aqu铆 vos deixamos a nosa flor de primavera para que vexades como se fai. Esperamos que vos guste.

Pax. 29

BOLBORETA 2013


TERCEIRO CICLO

Pax. Pax. 30

BOLBORETA 2013


TERCEIRO CICLO

Pax. 31

BOLBORETA 2013


TERCEIRO CICLO

Pax. 32

BOLBORETA 2013


TERCEIRO CICLO

NEN@S DE 5ยบA

Pax. 33

BOLBORETA 2013


TERCEIRO CICLO UN MICROSCOPIO NA AULA 1. Ocular: Lente a través da que ve o observador. Capta e amplía a imaxe. 2. Brazo 3. Pla na: Plataforma horizontal sobre a que se coloca a preparación. Permite o paso da luz a través dun pequeno orificio central. 4. T. Macrométrico: Tornillos de enfoque. Moven a pla;na ou o tubo arriba ou abaixo. 5. T. Micrométrico: Tornillo de enfoque de maior precisión. 6. Base 7. Foco: Dirixe a luz ao condensador. 8. Condensador: Concentra a luz sobre a mostra. 9. Pinzas: Fixan e suxeitan o portaobxectos coas preparacións a observar. 10. Obxec vos: Lentes que amplían a imaxe. 11. Revólver: Porta os obxec;vos cos diferentes aumentos, rótase para poder alinealos co ocular. 12. Tubo monocular

Investigando… Durante o primeiro trimestre en Coñecemento do Medio traballamos os seres vivos, os animais, a súa clasi icación,… e vimos que existían seres moi pequerrechos. Unha compañeira ofreceunos o seu microscopio para que puidesemos ver de cerca, tanto esos seres, como moitas outras cousas. Funciona con electricidade, porque precisa luz. Son sorprendentes as imaxes que se poden ver. Ademais ten unha cámara web que nos permite ver, as imaxes que veriamos polo ocular, a través do ordenador e proxectalas nunha pantalla. Todo esto permitiunos investigar tanto ao redor das distintas mostras que observamos, como sobre os microscopios.

Pax. 34

BOLBORETA 2013


TERCEIRO CICLO

Un pouco de historia… Aínda que é un invento no que, ao longo da historia foron moitos os que colaboraron no seu desenvolvemento, hai un amplo consenso que a irma que a primeira referencia histórica atópase no 1590 cos holandeses Hans e Zacharías Jansen. Construiron un instrumento que consistía en dúas lentes combinadas nun tubo. Conseguíanse 9 aumentos. Nun principio non tiña nome propio, e non foi ata o 1624, cando despois dun encargo e outras melloras, Galileo Galillei desenvolveu o seu “Ochiollino” que G. Faber denominou Microscopio en contraposición ao telescopio, término recentemente acuñado.

Tipos de Microscopios: Ao longo da historia moitos cientí icos foron adaptando distintos accesorios deste invento, en función ás necesidades que se lles ían presentando, para así poder obter cada vez imaxes máis nítidas de elementos cada vez máis minúsculos. Básicamente temos dous tipos de microscopios: Os ópticos e os electrónicos, e dentro destos dous tipos, moitos outros. A diferenza fundamental entre ámbolos dous é a fonte de enerxía que utilizan. Mentras o primeiro utiliza a luz (fotóns), o segundo utiliza electróns. Ademais estos últimos non utilizan lentes normais, senón lentes electromagnéticas. Estas diferencias permiten que mentras nun microscopio óptico poidamos acadar ata os 2000 aumentos, nun electrónico poidamos chegar ata 1000000 de aumentos.

Pax. 35

BOLBORETA 2013


TERCEIRO CICLO Como usar o microscopio: A través do microscopio podemos observar moitas cousas, podemos facelo directamente, colocando nun portaobxectos ou placa de petri o elemento que queremos observar ou elaborar as nosas propias mostras e preparacións. Unha vez colocada a mostra na platina, deberemos enfocar cos tornillos, macrométrico e micrométrico, ata conseguir unha visión perfecta. Para observar a mostra correctamente podes regular a luminosidade movendo o diafragma ata acadar a luminosidade axeitada para cada caso. A potencia de aumento do microscopio vai depender da combinación das súas lentes. Por exemplo se temos un ocular de 15x e un obxectivo de 40x o aumento total obtido é de 40x15=600 aumentos.

Como facer mostras: Colocamos o elemento a observar nun vidro transparente que chamamos portaobxectos e cubrímolo con outro vidro máis ino chamado cubreoxectos. (Debemos ter a precaución de limpar ben as mans e manexarnos con coidado para non contaminar a mostra, engadindo elementos estraños). Poñemos unha gota de pegamento transparente para ixar ambos elementos. Presionamos con moito coidado o portaobxetos ata que se pegue. E xa temos a mostra preparada para vela no microscopio.

Sabías que…? Hai restos arqueolóxicos anteriores aos 3000 anos a. de C. que desmostran que xa na antigüidade o ser humano elaboraba lentes plano-convexas e biconvexas (Exipto, Pompeia,…)? O recoñecido como inventor do microscopio Zacharias Jansen ademais de fabricante de lentes sábese que tamén era falsi icador de moeda? Investigadores Estado Unidenses crearon un microscopio capaz de examinar microorganismos usando hologra ías (usa raíos laser)? O microscopio máis caro do mundo, chámase “Diamond”, e non porque sexa de diamantes. Construido no Reino Unido é o máis grande, o máis preciso e funciona como un microscopio de Raios X? NEN@S DE 5ºB

Pax. 36

BOLBORETA 2013


TERCEIRO CICLO 10 ANIVERSARIO DO DESASTRE DO PRESTIGE Este curso cumpríronse 10 anos da Marea Negra do Prestige. Cando isto ocorreu nós eramos moi pequenos (tiñamos un ou dous anos) e por iso ,antes de facer este traballo, moitos non sabiamos nin o que era unha marea negra. O Prestige era un buque petroleiro monocasco (que tiña un só casco) que se afundiu fronte ás costas galegas o 19 de novembro de 2002. O 13 de novembro o barco atopábase a 28 millas de Fisterra (52 km) cando un golpe de mar producido por un temporal abriulle unha vía de auga. Cinco días despois, e tras intentar afastalo da costa, o Prestige partiuse en dous e afundiuse a uns 250 km de Galicia.

Isto ocasionou un vertido de petróleo, ou como lle chamamos aquí “chapapote”, que provocou un dos maiores desastres ecolóxicos da historia de España. A parte afectada da costa non solo tiña grande importancia ecolóxica (como no caso das Rías Baixas) senón tamén unha importante industria pesqueira. A marea negra afectou a toda a costa galega, dende Pontevedra ata Lugo, e alcanzou en menor medida á costa cantábrica e incluso a Francia.

Pax. 37

BOLBORETA 2013


TERCEIRO CICLO O accidente puxo de relevo a ausencia de medidas de seguridade na nosa costa e a falta de recursos dos que se dispoñía. Nos primeiros días os mariñeiros víronse obrigados a recoller o chapapote coas súas mans. A isto uniuse a falta de información por parte das autoridades. Os xornalistas denunciaron que tiveron que acudir a fontes estranxeiras para poder facer o seu traballo, xa que as imaxes que se vían por satélite ou nas praias non tiñan nada que ver coas versións que daban a Xunta e o goberno central. Pero este desastre deunos a todos un grande exemplo das consecuencias dunha mala xestión e tamén un grande exemplo da solidariedade humana. O primeiro, porque de non apartar o buque da costa, e de xestionar a avaría doutro xeito, nunca se tivera estendido o chapapote desa maneira. O segundo, porque a catástrofe conmocionou a todo o país e unha marea humana de miles de voluntarios chegados de todas partes de Galicia, España e do resto do mundo uniuse para limpar as costas e as praias.

A estes miles de voluntarios chamóuselles a “marea branca” pola cor dos monos cos que ían vestidos e porque loitaban contra a “marea negra”. Os datos apuntan que o número total de voluntarios superou as 100.000 persoas (sen ter en conta mariscadores e militares). Xuntos axudaron a recoller máis de 100.000 toneladas de fuel.

Pax. 38

BOLBORETA 2013


TERCEIRO CICLO Acompañando ao movemento dos voluntarios orixinouse tamén un gran movemento social con multitudinarias manifestacións baixo o lema “Nunca Máis” e o símbolo da bandeira galega en cor negra coa franxa azul.

Respecto ao xuízo, celebrado aínda este ano, non se coñecerá a sentencia ata setembro do 2013. Os únicos acusados son o capitán, dous oficiais da súa tripulación e o director xeral da Mariña Mercante no momento do accidente, ao que se fai responsable da decisión de afastar o barco da costa. Dende o desastre conseguiuse que os petroleiros similares ao Prestige foran apartados das costas españolas e francesas, e tamén acadouse en toda a Unión Europea a prohibición dos petroleiros monocasco, agora é obrigatorio que teñan dobre casco.

NEN@S DE 6ºA

Pax. 39

BOLBORETA 2013


TERCEIRO CICLO

Pax. 40

BOLBORETA 2013


TERCEIRO CICLO

NEN@S DE 6ยบB

Pax. 41

BOLBORETA 2013


BIBLIOTECA AS NOVAS DA NOSA BIBLIO Parece men;ra pero xa pasou un ano desde a úl;ma vez que nos vimos na Bolboreta. Despois de tantos meses vou aproveitar para contarvos algunhas das novidades da nosa biblio: .-Este curso estrenamos uns novos andeis que enchemos enchemos con libros maravillosos que nos agardan para cont para contarnos mil aventuras. .-Ademáis, despois de varios anos de funcionamento, iniciámonos no emprés;to a través do programa MEIGA. .-Tivemos a visita do escritor ANXO MOURE, autor do libro O CARBALLO CON BOTAS e co que botamos unhas risas. .-Os compañeiros e compañeiras de 1º A e B representáronnos o KAMISHIBAI que foi unha gozada, pero creo que eles xa volo van contar polo miudo, xa... .-Ademáis, ;vemos unha contacontos de excepción, a nosa profe Ánxeles, autora do libro EN REDONDELA VIVE... Pax. 42

BOLBORETA 2013


BIBLIOTECA DÍA DO LIBRO Un ano máis, e baixo o lema LER PARA VIVIR, VIVIR os libros da nosa biblio, como estaban de festa, decidiron saír a pasear. Cando chegamos pola mañá atopámonos cun colexio cheo de libros por todas partes e con recunchos que invitaban a ler cos compañeiros...

Pax. 43

BOLBORETA 2013


BIBLIOTECA Con respecto e coidado gozamos do seu saber e da súa compaña ao longo de toda a mañá. E E como o refrán di que vale máis unha imaxe que mil palabras, aí van varias instantáneas sobre o diver;do que foi

Pax. 44

BOLBORETA 2013


BIBLIOTECA Pero eso non foi todo, non… Ademáis, ;vemos a oportunidade de compar;r con todo o colexio as nosas lecturas favoritas a través dos altofalantes. SenBmonos como presentadoras e presentadores do telexornal. Que nervios !!!!

Un saúdo a todas e a todos de Pax. 45

BOLBORETA 2013


FALLO DA REBORAINA NA XV EDICIÓN DO CONCURSO DE NARRATIVA “DA REBORAINA”, QUE CONVOCA O CEIP SANTO PAIO DE ABAIXO, O XURADO ACORDOU OTORGAR OS PREMIOS A FAVOR DO ALUMNADO SEGUINTE:

CATEGORÍA A 1º PREMIO: “A VIAXE POLAS NUBES” Raquel Martínez Gallego 5º B 1º ACCÉSIT: “TERRA PROHIBIDA” Diego Muíños Míguez 4º B 2º ACCÉSIT: “O TEMPO NON É UN XOGUETE” Alejandro Figueroa Rodríguez 6º A 3º ACCÉSIT: “O PAÍS DAS FADAS” Lidia Collazo Couñago 5º B 4º ACCÉSIT: “LÚA E O MISTERIO DOS VAMPIROS DO DENTE DE CRISTAL” Aroa Rodríguez Míguez 5º B

.

Pax. 46

BOLBORETA 2013


FALLO DA REBORAINA CATEGORÍA B 1º PREMIO: “XOEL” Uxía Martínez Lago 2º ESO (IES MENDIÑO) 1º ACCÉSIT: “A LIBERDADE” Miguel Rancaño Míguez 1º ESO (IES MENDIÑO) 2º ACCÉSIT: “ONDE O DÍA É NOITE” Inés Pérez Couñago 2º ESO (IES MENDIÑO)

PREMIO DO CARTEL E DO LEMA: Lidia Collazo Couñago 5º B

A entrega dos premios farase no salón de actos no festival de fin de curso.

Moitas grazas ao alumnado participante e noraboa a todos os premiad@s

Reboreda, 23 de abril de 2013 O XURADO DO CONCURSO DE NARRATIVA “DA REBORAINA”.

Pax. 47

BOLBORETA 2013


PREMIO DA REBORAITÍTULO: “A VIAXE POLAS NUBES” AUTORA: Raquel Mar7nez Gallego CURSO: 5º B PREMIO CATEGORÍA A: PREMIO DA REBORAINA.

O meu nome é Raquel, teño 11 anos. Vivo en Saxamonde cos meus pais, a miña irmá e a miña cadela Xaxa. Un domingo espertei e mirei o despertador. Eran as sete e media. Entón penséis: “non teño cole… non teño par;do… Ben! Podo ir a mirar o televisor! Pero primeiro vou ir ao baño”. Cando voltei mirei que Xaxa tamén espertara. Sempre que se levanta polas mañás baixámola ao xardín para facer pis. Abrín a porta e mirei que todo estaba cuberto de néboa. Facía frío, polo que me puxen unha cazadora e uns zapatos. Xaxa empezou a corretear polo xardín coma sempre. Como a perdín de vista entre a néboa chameina: - Xaxa! Xaxa! Ven aquí! Pax. 48

BOLBORETA 2013


PREMIO DA REBORAIPero ela nin caso. De súpeto empecei a notar que debaixo dos meus pés algo me empurraba cara arriba. Era unha nube de néboa. Volvín chamar a Xaxa e dun brinco saltou aos meus brazos. Eu intentei sentarme para estar segura. Tiña moito medo e aquilo recordábame a unha atracción de “Port Aventura”. Ollei cara abaixo e mirei: a miña casa pequeniña, o garaxe, o portal, os coches... - Canta altura! Nese intre levantouse vento e comezou a moverse a nube que nos levaba cada vez máis rápido. Xaxa empezou a ladrar. Eu pechei os ollos e comprobei que estaba de volta na casa, que a nube desaparecera e todo estaba despexado. Subín correndo as escaleiras. Xaxa foi dereita ao seu cesto e eu para a miña cama. Pensaba como lle ía explicar esta incrible historia aos meus pais... Escoitei: - Raquel, estás esperta? Se estás levantada vai levar a Xaxa facer pis– dixo meu pai. Eu pensei: Outra vez??

Pax. 49

BOLBORETA 2013


DEPORTES TORNEO DE BALONMÁN : REBOREDA 2012 – 13 CLASIFICACIÓN FINAL EQUIPOS

X

G

E

P

PUNTOS

C

18

14

2

2

29

D

18

11

3

4

23

B

18

5

1

12

10

A

18

3

0

15

6

CAMPEÓN EQUIPO DE GAEL

TORNEO DE F. SALA : REBOREDA 2012- 13 CLASIFICACIÓN FINAL EQUIPOS

X

G

E

P

GF

GC

PUNTOS

B

16

12

0

4

55

33

36 + 22

A

16

8

3

5

36

35

27 + 1

E

16

8

1

7

42

37

25 + 5

D

16

5

3

8

35

39

18 - 4

C

16

2

3

11

36

53

9 - 17

CAMPEÓN EQUIPO DE DAVID MARTÍNEZ

REBOREDA, XUÑO 2013 Pax. 50

BOLBORETA 2013


ANPA BOLBORETA “ILUSIÓN E ADICACIÓN” Neste ano somos sete familias na directiva representando a ANPA deste colexio, ó que adicamos tempo, ilusión, imaxinación e tamén como en todos os ámbitos da vida risas e riñas. Todo isto facémolo por e para os nen@s, por iso un ano máis, vos pedimos que na medida do posible vos animedes a experimentar todas estas cousas, posto que somos 214 familas no centro, e todos temos as nosas ocupacións e as veces necesitaríamos axuda e comprensión. Coma todos os anos imos resumir as función que desempeñamos nesta a nosa ANPA dado que sempre se incorporan familias novas á nosa escola : » Coordinación, dirección e xestión do comedor escolar. » Búsqueda, coordinación e seguimento das actividades extraescolares.

Pax. 51

BOLBORETA 2013


ANPA BOLBORETA » Participación, axuda e entrega de agasallos, merendas nos eventos que organiza o colexio (grazas por suposto, a todos os socios por colaborar coa cuota anual da ANPA). • Magosto (rosquillas e bebidas). • Visita dos Reis Magos (caramelos). • Entroido (orellas e bebidas). • Día da árbore (acompañamento na medida do posible cos nen@s ó monte). » Organización e asistencia por parte da ANPA da: • Excursión de fin de curso (viaxe a Manzaneda) Sempre acompañados por dous ou máis membros da ANPA na que se aporta unha pequena parte do valor da viaxe, como axuda (véndese lotería de Nadal) e tamén agasallámolos cun recordo do seu derradeiro ano no colexio. • Convivencia a final de curso. Un día ó ano invitamos a participar a todas as familias e Mestres a disfrutar e celebrar unha xuntanza cos nosos fillos nun monte próximo. Tentamos amenizar a tarde con música e obradoiros para os nen@s.

Un saúdo da xunta directiva.

Pax. 52

BOLBORETA 2013


BOLBORETA 2013


Edita: DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA Portada e contraportada: ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

BOLBORETA 2013


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.