Actividades Infantil

Page 1

ACTIVIDADES FORMACIÓN DE USUARIOS Os países e O pasado

Diccionarios e enciclopedias

Ler, falar

Pensar e coñecerse

Crear, divertirse

Rezar

Vivir xuntos

Curar, fabricar

A natureza

Baleiro

C.E.I.P. de Louro


INFANTIL


Obxectivos - Coñecer o espazo da biblioteca como un lugar especial distinto do resto das dependencias da escola. - Descubrir que materiais forman parte dunha biblioteca escolar: libros, CD-ROM, revistas, periódicos, Diccionarios, Enciclopedias, vídeos... - Coñecer que actividades se poden levar a cabo nunha biblioteca: ler, contar contos, ver libros, falar con outros nenos e nenas sobre estes... - Inicialos na organización de espazos e materiais da biblioteca. - Crear a necesidade de consulta por parte dos/as nenos/as. - Considerar a Biblioteca como un lugar fonte de información. - Manipular correctamente os materiais. - Ser conscientes de que a biblioteca é un lugar especial onde deben respectarse unhas normas básicas: silencio e orden. - Fomentar o gusto por ver ou ler libros. Actividades - Visita á biblioteca escolar como primero contacto. - Observar e nomear os diferentes materiais que forman parte da biblioteca. - Comentar entre todos cousas que se poden facer nunha biblioteca. - Establecer un horario semanal, fixo, para acudir á biblioteca. - Conversación: ¿Como buscarías na biblioteca un libro sobre un tema

concreto?

Necesidade

de

organización

de

espazos

e

materiais. •

Explicación: Roda de cores para a CDU (anexo). Entrégaselles unha a cada neno/a e coloréana. Os de tres anos poden cubrila con pétalos xa feitos de cartulina pegándoos con velcro.

Lectura do conto As preguntas de Uxío.


- ¿Cómo son os libros?: 1º curso: Cuberta, contracuberta, portada, lombo e follas. Manexo de libros: Dáselles, fotocopiadas, as portadas de 3 libros, e deben rodear ou pintar o título en cada unha delas. Segundo sexan capaces pintarán en azul o título e en vermello o nome do/a autor/a. Máis adiante e, segundo se vexa, pódese engadir a editorial, pintándoa en verde. - Ao principio de cada sesión de Biblioteca, comentar as normas básicas que hai que respectar: gardar silencio, utilización correcta dos materiais e deixar todo ordeado. Realización do xogo “O semáforo” (anexo) - Narracións de contos: por parte

da profesora, con e sen

monicreques, por parte dos alumnos, lecturas equivocadas.... - Contacontos. - Observar as novidades, suxerencias e os libros que hai expostos segundo a temática que se estea traballando nese momento. - Celebración do Día do Libro: realizar diversas actividades. - O alumnado do último curso de Infantil despois de ler un libro, cubrirá a ficha do anexo contestando á pregunta de ¿canto me gustou o libro?: nada de nada, un pouco, moito, un montón, moitísimo; e despois fará un debuxo que lles faga pensar nese libro.


A roda das cores

Os paĂ­ses e O pasado

Diccionarios e enciclopedias

Ler, falar

Pensar e coĂąecerse

Crear, divertirse

Rezar

Vivir xuntos

Curar, fabricar A natureza

Baleiro


Ficha 1: Sabes como coidar un libro?

O outro día, dando un paseo polo patio fíxenme amigo dun vermiño que prometeu axudarme a explicaros algunhas cousas moi importantes que hai que facer cando se collen libros.

Aquí volo presento: Chámase “Babosín” e tédeslle que facer moito caso.

El vos axudará a facer un bonito libro que podedes levar para casa e ensinárllelo a papá, mamá, e… a toda a familia e amiguetes ou amiguetas.

Pídelle axuda á profe para que cho faga dun xeito parecido a este, grampando as follas ou poñéndolles unha cinta:


Eu sei como coidar un libro

Pintado por: …………….……………………….

Ola, Ola, son babosín!, e a partir de agora vou vir moito pola vosa biblioteca a facerlle compañía a Dentiños. Encántanme os libros e sei como coidalos. Escoita ben e tamén ti aprenderás como facelo.


As mans limpas manteñen limpos.

os

Eu

libros sempre

me aseguro de que as miñas

mans estean

limpas antes de tocar un libro. Tes que acordarte de lavar ben as túas mans para que non teñan ni terra nin comida.

Encántame traballar con papel e pinturas de cores pero

nunca

pintaría,

pegaría ou dobraría a páxina dun libro. Por eso, cando quero facer de “artista” uso outro papel, non as páxinas dun libro.


Se pasas moi rápido as páxinas dun libro pódense

romper.

Que pena! Cando paso

as

leo, páxinas

collendo a puntita de arriba de cada folla, con moito, moito coidado.

Sabedes unha cousa? Ás veces non me dá tempo a terminar de ler un libro nun día e entón poño un marcador na páxina onde me quedei. Asi, cando volvo collelo sei onde quedei e podo seguir lendo.


Agora quero que recordedes as seguintes regras:

1. Mans limpas manteĂąen libros limpos. 2. Nunca escribas, taches, debuxes ou pegues nada nun libro. 3. Pasa as pĂĄxinas dende a esquina de arriba de cada folla.


Ficha 2: Sabes como coidar un libro?

Pinta o debuxo que mostra a este vermi単o listo para tocar un libro.

Pinta o libro que foi ben coidado

Pinta como se deben gardar os libros na biblioteca


Ficha 3: Normas da biblioteca

As seguintes viñetas representan diferentes accións que hai que facer cando imos á biblioteca. Debes ordealas e pintalas do seguinte xeito: Pinta de cor vermella a primeira; de cor azul a segunda; verde a terceira; amarela a cuarta; marrón a quinta e laranxa a última.


Xogo: “O semáforo” Destinatarios/as: Infantil, 1º e 2º ciclos de Primaria Obxectivos: - Experimentar a biblioteca como lugar máxico de encontro cos libros e co resto da comunidade educativa. - Establecer un primeiro contacto co seu amigo “o libro”, de xeito lúdico. - Adquirir hábitos relacionados co comportamento que se debe manter na biblioteca. - Recoñecer a biblioteca como un lugar onde se pode buscar información. Material: Círculos de cartulina verdes e vermellos (un de cada cor para cada alumno/a) Desenvolvemento: Comezamos cun diálogo sobre como debe ser o comportamento na biblioteca e como se deben tratar os libros. Aclararemos todas as dúbidas que xurdan. Repartimos un círculo de cartulina verde e outro vermello a cada un dos nenos e nenas e explicamos o seu uso: os verdes para os comportamentos correctos e os vermellos para os incorrectos. Insistirase en gardar silencio: só se levantará a cartulina. Accións de comportamento correcto (positivas = cartulina verde) e incorrecto (negativas = cartulina vermella).


Díselles, de xeito mesturado, as seguintes frases e deben levantar o círculo verde ou o vermello segundo crean que se debe facer o non. Se se considera oportuno se poden comentar as accións. ACCIÓNS POSITIVAS

ACCIÓNS NEGATIVAS

mirar as pastas

doblar os libros

ver os debuxos

facer raias e debuxos nos

libros pasar con coidado as follas

arrincar unha folla

deixarllo a un amigo

recortar un debuxo dun libro

pedirlle a alguén que mo lea

quitar o forro

gardalo no seu sitio

coller

un

libro

cando

estou

comendo forrar os libros

tiralos ao chan

facer un debuxo sobre o libro

mollalos

devolver o libro que me prestan

meter o bocadillo dentro dun

libro falar moi baixiño na biblioteca

deixar os libros remexidos con outras

cousas

mover con coidado as sillas

dar gritos na biblioteca

pedir que alguén coloque o libro

pelexarme

cun

compañeiro/a

quitarllo

non remexer todos os libros

comer na biblioteca.

Duración e temporalización: 30-40 min. 1º trimestre do curso. Variacións: Pódese facer co 3º ciclo sen utilizar as cartulinas.

para


Ficha 4: Normas da biblioteca

Pinta e debuxa unha carita feliz no recadro onde corresponda un bo comportamento na biblioteca


Ficha 5: Os recursos da biblioteca

Recorta cada un dos recursos que aparecen abaixo e p茅gaos no estante da biblioteca que corresponde:

Libros

Material audiovisual

Publicaci贸ns peri贸dicas


Ficha 6: Os recursos da biblioteca Recorta cada un dos recursos que aparecen abaixo e p茅gaos no estante da biblioteca que corresponde:

Libros

Material audiovisual

Publicaci贸ns peri贸dicas


Ficha 7: A avaliaci贸n dun libro Colorea a zona correspondente Este libro me gustou...

nada de nada

un pouco

moito

un mont贸n

moit铆simo

Fai un debuxo que che faga pensar neste libro


Ficha 8: As partes do libro

Nos libros podemos diferenciar varias partes. Fíxate no debuxo e saberás os seus nomes.

cuberta

portada lombo

páxinas

contracuberta (parte de atrás) Pinta e une cunha líña cada parte do libro co debuxo que corresponde.

cuberta ilustración

portada

contracuberta


Ficha 9: As partes do libro

Colorea as diferentes partes do libro: • de cor vermella a portada do libro • de cor azul o lombo do libro • de cor amarela a contracuberta • de cor verde a cuberta


Ficha 10: Tipos de libros libros

Tes que saber que non todos os libros son iguais nin nos din as mesmas cousas. Hai algúns que nos contan historias que non son reais. Os seus personaxes son inventados, non existen. Son os textos de ficción e a información que nos dan é ficticia. Outros nos contan cousas que si son certas, son os textos de non-ficción, que nos dan unha información real e neles podemos aprender moitas cousas.

Escoita atentamente o que lle pasou a Uxío. Las

preguntas

de Uxío

Uxío tiña seis anos e encantábanlle os golfiños. Pasábase o día debuxando golfiños: golfiños que nadaban, golfiños que saltaban por enriba da auga, golfiños que xogaban á pelota... Como os golfiños lle interesaban tanto, falaba deles continuamente. Á súa nai, mentras tendía a roupa: - Mamá, ¿ti sabes cantos anos viven os golfiños? – preguntaba Uxío. -

¡Ai, fillo! Agora non o sei. Logo, en canto teña un momento, mirámolo na enciclopedia, a ver se está. Tamén o intentaba co seu pai que fritía o peixe:

-

Papá, ¿como é que os golfiños falan? ¿E como o fan?, ¿coma nós? –preguntaba Uxío.

- Non, Uxío, coma nós non. É outra linguaxe, con sons. Anda, sal da cociña que non te salpique o aceite. Despois, en canto teña un momento, mirámolo no libro de animais que temos, a ver se está.


E Uxío saía da cociña e se sentaba a escribir unha lista de preguntas sen resposta. Nin o pai nin a nai tiñan un momento para axudalo a saber que dicían os libros sobre os golfiños.

Uxío tiña unha tía que o quería moito, a tía Rosalía. Cando Uxío cumpliu sete anos, a tía Rosalía fíxolle un regalo. - ¡Felicidades, Uxío! –dixo a tía Rosalía–. Tróuxenche un libro de golfiños. - ¡Un libro de golfiños! ¡Yuuppii! –exclamou Uxío–. Moitas grazas, tía, encántame. E se foi á súa habitación a lelo de cabo a rabo. O libro titulábase O golfiño Berlín. Era a historia dun golfiño chamado Berlín moi amigo de un neno; o neno axudábao a atopar á súa nai porque o golfiño se perdera. Era unha historia moi bonita.

Pero Uxío colleu a súa lista de preguntas sobre os golfiños e resultou que o libro da tía Rosalía non respondía a ningunha. - Os libros non serven para nada –pensou–. Non explican as cousas que me interesan. ¡Que birria! E, moi enfadado, tirou o libro ao chan. Entón oeuse unha vocecita que berraba: - ¡Ai, ai! Ti, rapaz, ¿que te cres? A voceciña saía do libro. Uxío abreuno; era Berlín que falaba: - ¡Fixéchesme dano! ¿Que maneira de tratar os libros é esta? Danáchesme a cuberta. ¡Un pouco máis de respecto ao meu libro, por favor! É a miña casa, este libro. - Síntoo, eu non cría que... –intentou excusarse Uxío–. - Non importa, xa está feito–respondeu o golfiño–. Pero ¿se pode saber a que vén tanto mal humor? ¿Por que estabas tan enfadado co meu libro? - Perdóname; enfadeime porque no teu libro non saen as cousas que eu quero saber.


- ¡Ah! ¿Así que non te interesou a miña historia? - Non é eso. - ¿Non te gustan os debuxos? ¿Parézote feo? - Non, non –dixo Uxío–, parécesme moi cuquiño. Pero o teu libro non explica o que eu quero saber dos golfiños. E leulle a súa lista de preguntas de cabo a rabo. Berlín despois de escoitalo díxolle: - Compréndoo. Estas cousas non se explican no meu libro porque non fai falla. Pero non digas que os libros non serven para nada: o que pasa é que te equivocaches de libro. - ¿Que queres dicir? - Mira, hai libros que explican historias inventadas, como o meu; e hai outros que explican cousas de verdade: son os que serven para saber cousas. - ¿E que libros son estes? ¿Onde están? –preguntou Uxío. - Mañán, ao saír do colexio, vai á biblioteca. Mira entre os libros que teñen un adhesivo de cor verde na parte de arriba do lombo; seguro que alí encontrarás alguén da miña familia que poderá axudarte. Dille que te mando eu.

Ao día seguinte, Uxío foise á biblioteca. Había libros con adhesivos de distintas cores: rosa, verde, vermella, marrón, laranxa, azul, … Uxío púxose a buscar entre os títulos, cando deu coa balea Lena. - Veño de parte de Berlín –dixo Uxío. - ¡Vaia, o meu curmán! ¡lAlégrome! –exclamou Lena moi contenta–. ¿Que fai? ¿Como está? - Moi ben. Díxome que aquí na biblioteca me axudaríades a atopar libros que explican as cousas. - Claro que si. Dime que cousas queres saber. - Quero sabelo todo dos golfiños.


- ¡Esto é moi sinxelol –dixo Lena–. Fíxate ben nos andeis, teñen diferentes nomes, números, debuxos,… Tes que buscar o andel onde haxa un cartel co debuxo dun animal. Se segues fixándote máis decataraste de que todos os libros que alí están teñen no lombo o número 59. Alí atoparás os que falan de golfiños.

Uxío empezou a mirar os andeis e a fixarse ben. Decatouse de que xusto onde estaba había un cartel onde poñía: 59 ANIMAIS. Todos os libros de aquel andel tiñan escrito no lombo a cifra 59. ¡Serían os libros que dixera Lena! Non lle custou moito dar con un de golfiños. - ¡Xa o teño! –pensou. Sentouse e empezou a mirar: era un libro con debuxos e fotos que explicaba todas, todas as cousas que Uxío quería saber.

Aquela tarde Uxío pasouna lendo na biblioteca. Cando terminou, xunto á lista de preguntas tiña outra de respostas.


Ficha 11: Tipos de libros libros

Rodea as portadas dos libros que son de ficci贸n


Ficha 12 12: Tipos de libros

Pinta as portadas dos libros que son de non-ficci贸n



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.