CATÁLOGO DE NADAL DE ABERTOS AO GALEGO

Page 1



CATÁLOGO DE NADAL DE ABERTOS AO GALEGO... AGASALLA EN GALEGO! Presentámosvos as propostas de agasallo das empresas de Abertos ao Galego. Coa escusa do Nadal, as empresas colaboradores e A Mesa pola Normalización Lingüística queremos presentarvos ideas para os presentes que nestas datas teñades previsto facer, coa idea de termos en conta que hai unha amplísima variedade de servizos e produtos na nosa lingua. En Abertos ao Galego hai unha aseguradora, un arquitecto, bares, casas de turismo rural, deseñadores, un zapateiro, unha distribuidora de lambetadas e unha granxa na que se produce leite fresco e xeados artesáns. Todas as empresas que forman parte de Abertos ao Galego teñen un compromiso en diferentes graos co noso idioma, e en todas elas traballan persoas que fan do galego o seu día a día, que facilitan que nós como consumidores e consumidoras poidamos ser atendidos na nosa lingua e que contribúen co seu traballo a xerar riqueza. Ademais, en cada un dos seus ámbitos destacan pola calidade dos seus produtos. Agardamos que gustedes destas suxestións e que sexan un xeito de coñecerdes mellor o traballo destas empresas comprometidas co galego.


Axenda Dietario 2013 A ferramenta necesaria para traballar os 365 días en galego. Cincuenta páxinas de información xeral sobre Galiza. Día por páxina para traballo diario con Efemérides Galegas, Cultura Popular, Feiras e Festas locais, Calendario Fiscal, Onomástica, Fases da Lúa...

16,00 €

cios e so

as

12€

da Mes

a

:

er Of

so

ci

ta p ar a

PVP IVE INCLUIDO

Para os que encarguedes a axenda a través de tenda@amesanl.org ou no 981 563 885


Edicións Xerais

www.xerais.es

As voces baixas de Manuel Rivas.

Esta obra é unha construción de humor e dor. Unha novela da vida para chorar e rir. Quen son as voces baixas? Son as criaturas, os nenos e nenas, as mulleres que falan soas, os mortos, os animais...

17,00 €

PVP IVE INCLUIDO

Cartas de inverno.

Novela gráfica de Antonio Seijas

Fermosa versión en banda deseñada de Cartas de inverno, a extraordinaria novela de terror de Agustín Fernández Paz, un dos clásicos da narrativa galega contemporánea.

18,00 €

PVP IVE INCLUIDO

Do G ao Z.

Dicionario indignado e humorístico de Manuel Veiga

Dicionario humorístico e indignado que comeza pola letra «G» e no que se van definindo, con moita retranca, palabras que teñen que ver coa actualidade, coa política, coa cultura e coa historia, sempre cun enorme sentido de humor. “Un bo regalo para os teus amigos (e tamén para os teus inimigos)”.

7,50 €

PVP IVE INCLUIDO

Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez. de Carlos Callón

Este libro é útil para un público diverso, interesado na lingua nosa, desde persoas que queren comezar a falala até estudantes de calquera nivel ou persoas que desexan mellorala.

12,50 €

PVP IVE INCLUIDO


´ edicións baIa

www.baiaedicions.es

O carballo

Autoría texto e ilustracións: Calros Silvar Formato: 20,6 x 34,0 cm 42 páxinas a cor Xénero: Natureza e divulgación cultural

Todos os habitantes da natureza formamos un grande equipo no que dependemos uns dos outros para termos éxito e triunfar. Carballo cóntanos como é a súa vida e as relacións cos demais seres vivos do seu ecosistema, con quen se leva mellor e quen o amola. Tamén nos recorda o importante que foi e é para as persoas, e como estas son na actualidade o seu maior inimigo.

14,90 €

PVP IVE INCLUIDO

O mundo máxico de Tolkien Autoría texto: Édouard Kloczko

Ilustracións: Krystal Camprubi - Formato: 24,5 x 33,0 cm - 30 páxinas a cor Tes entre mans unha obra única no seu xénero. Ao pasar as páxinas, descubrirás un universo máxico e fabuloso, habitado por criaturas a cada cal máis abraiante. Achégate á Terra do Medio, un país extenso cheo de marabillas e de estrañas historias extraídas do maxín do excepcional narrador inglés J.R.R. Tolkien. Has saber como o hobbit Smeagold se converteu na arrepiante criatura chamada Gollum, has ler as aventuras de Smaug, o dragón, e de Beorn o home-oso. Non agardes máis: percorre as páxinas desta obra e déixate prender pola maxia do mundo de Tolkien. Que a luz dos elfos alume a túa lectura!

29,90 €

PVP IVE INCLUIDO

Bandeiras negras

Autoría texto: Ana María Galego Gen

Ilustracións: Cristal Reza - Colección Meiga Moira – Narrativa xuvenil - Formato: 13 x 20 cm Encadernación: Rústica.

Obra gañadora do V Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil Meiga Moira 2012. Na Illa do Tesouro, Jim Hawkins, o narrador, ou Stevenson, o autor, non dan moitos detalles sobre a vida de Long John Silver. Só temos algúns trazos: que navegou co histórico capitán England, ou que está casado cunha muller negra. Este é o xermolo de Bandeiras negras. Quen é esa misteriosa muller, onde coñeceu a Silver e como chegou a casar con el? Páxina a páxina, coñeceremos as aventuras da pequena escrava Providence, quen se converterá no mariñeiro Chris e que navegará baixo as bandeiras dos piratas de máis sona: Bonnet, England... e Flint, o temible capitán do Walrus. Providence sabe cal é a vida á que está abocada dende o seu nacemento e será quen de rebelarse contra o seu destino. Non hai moitas oportunidades para as mulleres, e menos para as mulleres negras, no século XVIII. Pero as oportunidades, e a sorte, ás veces chegan andando sobre unha soa perna...

12 €

PVP IVE INCLUIDO


´ edicións baia

www.baiaedicions.es

Compendio de herbas máxicas

Autoría textos e ilustracións: Montse Rubio

Formato: 21,5 x 24,5 cm - 116 páxinas a toda cor - Divulgación cultural. Comentario: Antigamente homes e mulleres vivían fortemente ligados á natureza, tanto é así que as súas actividades vitais estaban vinculadas aos seus ciclos naturais e, polo tanto, eran grandes observadores das súas bondades e crueldades. Co tempo fixémonos moi hábiles no coñecemento das súas calidades, sobre todo das plantas, usándoas para curar e cubrir as nosas necesidades físicas e espirituais. Só recentemente, co desenvolvemento da ciencia moderna, se deixou de lado o uso místico e espiritual das plantas, relegándoo en pouco tempo case ao esquecemento. Este libro pretende ser unha homenaxe a ese uso “máxico-espiritual” relegado e ás meigas, feiticeiras e meigos, que, co seu bo facer, axudaron e axudan aínda hoxe en día a tantas persoas. Con todo, non está de máis ter en conta que a natureza é unha arma de dobre fío e, por iso, espero que saibades empregar este Compendio non como un manual de consulta, para iso hai outros libros, senón como un achegamento a un aspecto tan importante da nosa tradición cultural, real-fantástica.

19 €

PVP IVE INCLUIDO

Gramática práctica da lingua galega. Comunicación e expresión

Autoría textos: Xoán López Viñas, Cilha Lourenço Módia e Marisa Moreda Leirado Formato: 23,0 x 15,5 cm - 548 páxinas - Manual de galego.

2ª Edición corrixida A Gramática práctica da lingua galega. Comunicación e Expresión destínase a todas aquelas persoas que desexen ampliar, consolidar e sistematizar o seu coñecemento explícito do galego e resolver dúbidas de tipo teórico-práctico a nivel oral e escrito. Está concibida como un manual de apoio para as aulas, se ben pode utilizarse como un instrumento de autoformación. Trátase dunha guía que ofrece unha visión xeral das disciplinas lingüísticas tradicionais (“Fonética e Fonoloxía”, “Morfoloxía”, “Sintaxe”, “Semántica”), e, alén diso, fornece información de tipo comunicativo (“Comunicación e Linguaxe”, “Lingüística Textual”) que axuda a entender o feito lingüístico no seu conxunto desde unha perspectiva integradora. Así, inclúe aspectos que, en xeral, están ausentes das gramáticas, como a relación entre lingua e sociedade (“Lingua, comunidade lingüística, variación e mudanza”), a vehicularización da oralidade a través da escrita (“Representación gráfica da lingua oral”) ou as tipoloxías textuais.

30 €

PVP IVE INCLUIDO


MEUBOOK

www.meubook.com

Pack Libro de Fotos MeuBook Este pack está deseñado para publicar un libro no que se combinan textos e imaxes. A persoa á que lle regales este pack poderá crear un libro de historias contado a través das súas fotografías (libro de viaxes, infantil, familiar, dos seus amigos, etc.)

Este pack inclúe: - Publicación dun libro de fotos con texto a partir de varios deseños a elixir na plataforma Meubook. - Entrega dun exemplar impreso ao autor. - Este pack ten validez ata o 31/12/2012.

Características da edición: - Formato: 21 x 21 cm. - 36 páxinas. - Encadernación: rústica. - Envío do libro ao domicilio do autor

24,90 €

PVP IVE INCLUIDO

Pack Autopublicación de MeuBook O soño de publicar un libro xa está ao teu alcance grazas a este pack. Con el poderás facer realidade o teu soño ou o da persoa que queiras, de publicar o teu libro e vendelo. Este pack inclúe:

Este pack inclúe: - Publicación da obra. - Entrega de 5 exemplares ao autor. - Venda na librería Meubook. - Contratación dun ISBN. - Xestión e entrega de 5 exemplares ao Depósito Legal. - Promoción do teu libro nas redes sociais. - Este pack ten validez ata o 31/12/2012.

Características da edición: - Formato: 14.8 x 21 cm. -Impresión: portada a cor e interior en branco e negro. - Páxinas: máximo de 120 páxinas.

150 €

PVP IVE INCLUIDO


MEUBOOK

www.meubook.com

Pack Mini experiencias de MeuBook Crea un conto único para os máis peques da casa Poderá ser o protagonista do seu propio conto cos Bolechas ou vivir unha aventura a contrarreloxo da man de Lolo. Elixe a historia e forma parte dun mundo de conto.

Este pack inclúe: - Publicación dun conto personalizado. - Dous contos a elixir (Bolechas ou Lolo). - Entrega dun exemplar impreso no teu domicilio. - Este pack ten validez ata o 31/12/2012.

Características da edición: - Formato: 21 x 21 cm. - 24 páxinas. - Encadernación: cosido ao aire.

19,99 €

PVP IVE INCLUIDO

Pack Autor Novel de MeuBook

Este pack inclúe: - Publicación da obra. - Entrega de dous exemplares ó autor. - Creación do espazo web do libro. - Venda na librería Meubook. - Contratación dun ISBN. - Xestión e entrega de 4 exemplares ó Depósito Legal. - Promoción do teu libro nas redes sociais.

Válido para publicacións coas seguintes características: - Formato:14,8 x 21 cm o 17 x 24 cm -Impresión: interior branco e negro; portada a cor. -Páxinas:máximo 120 páxinas.

99 €

PVP IVE INCLUIDO


tórculo

Calendarios personalizados Tórculo

www.torculo.com

NESTE NADAL SORPRENDE AOS TEUS Agasalla calendarios personalizados. Desde Tórculo querémosche propor un agasallo único e orixinal para este Nadal. Son os calendarios personalizados. Trae unha foto do teu fillo, os teus pais, os teus avos, os teus tíos, os teus amigos... e facémosche o calendario personalizado para que sorprendas a quen o ti queiras. Pásate polas nosas tendas (Vigo, A Coruña ou Santiago- Mazarelos) ou envíanos un email a comunicacion@torculo.com. Ademais poderás elixir entre varios formatos.


CARAMUXO

Camisolas da Galiza

Agasalla Camisolas Caramuxo. Visita a nosa web e procura o deseño de que máis gustes. Camisolas serigrafiadas en alta calidade Camisolas de 160grs 100% algodón.

www.caramuxo.com


ozocoGZ

ozocogz@gmail.com 600876196 - 629975077

Bolsa Prestige OZOCOgz

Paraugas Prestige OZOCOgz

Bolsa de material Non-Woven (tecido sen tecer) rectangular con asa tipo bandoleira, medidas 32 x 29 x 7 cm. Cores amarela, marrón e laranxa.

Paraugas con deseño “Nunca Máis Prestige’s” impreso dun xeito discreto na tea. Cores Verde oliva e Granate.

5€

PVP IVE INCLUIDO

10 €

PVP IVE INCLUIDO

Camisola Matraquiño OZOCOgz

Cartaz Prestige OZOCOgz

Camisolas 100% algodón en cores variadas e con modelos unisex, moza e crianza. Deseños chamados a espertar a conciencia de sermos galegos e galegas. Unha chiscadela á reivindicación do propio sen renunciar á modernidade.

Cartaz póster “Nunca Máis Prestige’s”. 70x48 cm.

3€

15 €

PVP IVE INCLUIDO

PVP IVE INCLUIDO

Camisola O Zoco OZOCOgz Camisolas 100% algodón en cores variadas e con modelos unisex, moza e crianza. Deseños chamados a espertar a conciencia de sermos galegos e galegas. Unha chiscadela á reivindicación do propio sen renunciar á modernidade.

10 €

PVP IVE INCLUIDO


A PICOTA

Colón, 27 - Ourense - www.apicota.com

Colar de prata – A Picota

Colar de prata con pedras. O tamaño, o tipo de malla e as pedras van poden mudarse ao gusto da persoa.

Torque de bronce – A Picota

Torque de bronce; distintos modelos en torques para pescozo, pulseira ou anel, en prata e bronce, cabeza tipo burela ou en redondo.

Nó eterno – A Picota

Colgantes en prata con simboloxía celta.


Amarante comercio xusto

www.amarantesetem.org

Camisolas Galegas

de Comercio Xusto

(“Rosinha Recicleira”) Camisetas de algodón 100% sen clorar de Comercio Xusto (India), deseñadas e elaboradas coa técnica semi-artesanal do vinilo por Rocío Alén (Galiza), exclusivamente para AMARANTE Setem. Para muller, home, nenas/os e unisex, en diferentes talles e cores.

12 €

PVP IVE INCLUIDO

Roupa e téxtiles artesanais da cultura maia:

Cooperativa de mulleres de Chiapas - Jolom Mayaetik (“Tecedoras maias”) Blusas, camisas, coxíns, estoxos-fundas de gafas, bolsos... Produtos exclusivos elaborados artesanalmente polas mulleres da Cooperativa Jolom Mayaetik (Chiapas-México), cargados do simbolismo e a profundidade cultural da cultura maia. Son produtos feitos a man, bordados e tecidos en tear de cintura e de pedais, con fíos de algodón e lá. A súa liña de produtos abarca desde deseños tradicionais até innovacións nas tendencias da moda, e está dirixida a todos os públicos, co obxectivo de dar a coñecer a tradición dos seus antepasados maias e a súa propia visión do mundo téxtil. Jolom Mayaetik é unha cooperativa independente, integrada por 250 mulleres artesás indíxenas de diferentes comunidades dos Altos de Chiapas. Coa súa loita polo empoderamento da muller, están creando espazos colectivos de mulleres para atopar un mercado xusto aos seus produtos.

dende 11 € ata 32 € PVP IVE INCLUIDO

Produtos reciclados de Comercio Xusto

Bandexa de lata, bolsos, moedeiros, neceseres, fundas para móbil, estoxos, bolsas da compra, aventais, manteis individuais... elaborados con plásticos reciclados. Producidos pola organización MAI HANDICRAFTS de Vietnam, que actualmente ocupa a máis de 500 persoas produtoras, e destina TODOS os beneficios que consegue da súa venta ao reinvestimento en actividades sociais que fomenten o emprego, a formación e a autosustentabilidade das familias marxinadas e minorías étnicas desa zona de Vietnam.

dende 3,10 € ata 16,30 € PVP IVE INCLUIDO

(nome do convidado)

O/A teu/túa Amigo/a

Regalouche Seis Meses de Participación no Proxecto de de Amarante Setem!!! Como CONVIDAD@A ESPECIAL de AMARANTE, durante estes seis meses podes participar neste proxecto de solidariedade para o Ecodesenvolvemento, que promove a Solidariedade, o Consumo Responsable, a Cooperación e procura unhas relacións máis xustas e máis equitativas entre o Norte e o Sur.

1

Felicidades!!!

Un regalo de benvida co que poderás coñecer e degustar un produto de alimentación do Comercio Xusto; podes recollelo cando queiras en calquera das tendas, ou tendas consorciadas, de AMARANTE (*)

regalo Información puntual, tres real e de primeira man do que partes está a acontecer no mundo sobre 3 Consumo Responsable, O teu consta de

Ecoloxismo, Solidariedade, Interculturalidade e Feminismo,

2

Un 10% de desconto na compra dos produtos de Comercio Xusto que encontrarás nas tendas de AMARANTE (*)

a través das CAMPAÑAS que está a desenvolver AMARANTE: Finanzas éticas Proporciona información sobre Banca Ética e impulsa os proxectos de finanzas éticas Coop 57 e Fiare; ademáis, participa coa Federación Setem, da que fai parte, na denuncia das prácticas da banca convencional. Cooperación e Solidariedade AMARANTE entende a solidariedade cos pobos como un medio de apoio ás organizacións irmáns doutros países cuxo obxectivo sexa a loita contra as desigualdades e a transformación social, a través da denuncia e presión política e do apoio económico e técnico cos proxectos de Cooperación. As súas contrapartes son: a Fundación MCCH en Ecuador, MST (Movemento Sem Terra) en Brasil e Asociación Attawasoul en Marrocos. Xanela aberta ó Sur É un programa de formación e sensibilización co que se pretende achegar a realidade de pobos do Sur á nosa sociedade, compondo grupos de traballo que completarán a súa formación cunha viaxe a eses países, na que visitarán as nosas contrapartes: MST, MCCH e Attawassoul.

Campaña Roupa Limpa (CRL) a CRL é unha rede internacional de ONGs, sindicatos e organizacións de consumidores que traballa para mellorar as condicións laborais na industria da confección. Está presente en 13 países europeos e colabora con máis de 250 organizacións en todo o mundo. Comercio Xusto / Políticas Comerciais (CPR) Inclúe: Proxecto de Políticas Comerciais, que aborda as políticas de Comercio Xusto, desde liñas de sensibilización (como o Programa Bó Café) e información, ata tratados de libre comercio; e o Proxecto de Compra Pública Responsable, que é un programa dirixido á Administración Pública galega para que incorpore unha política de consumo responsable na súa adquisición de bens e servizos (isto é que todo o que merca ou consuma a administración o faga seguindo criterios éticos, sociais, ambientais e de Comercio Xusto). Educación Crea e difunde materiais que axuden a sensibilizar e comprender outras realidades, a través de exposicións, cortos de animación, Centro de Recursos de AMARANTE (biblioteca, audiovisuais...), etc.

¡Benvido/a á Loita pola Xustiza Social!

¡Benvido/a a

100% Cooperación Galega 100% Solidariedade Independente

Para facer efectivo este regalo ponte en contacto con AMARANTE visitando ou chamando por teléfono a calquera das tendas ( ) ou enviando un e-mail a amarantesetem@amarantesetem.org dándonos os teus datos (nome, dirección, e-mail e teléfono). A partir dese momento, tes 6 meses para disfrutar do teu regalo.

*

(*)Sede Central: SANTIAGO DE COMPOSTELA, Romero Donallo, 17. / C.P. 15706 / compostela@amarantesetem.org / Telefax: 881 978 705. Sede Administrativa: PONTEVEDRA, San Román 9. / C.P. 36002 / pontevedra@amarantesetem.org / Telefax: 986 848 159. Sede Ourense: OURENSE, Celso Emilio Ferreiro, 27. / C.P. 32004 / ourense@amarantesetem.org / Teléfono: 988 601 921 (só os martes pola tarde) Sede A Mariña: RIBADEO, Praza de España, 29. / C.P. 27700 contacto: amarantesetem@amarantesetem.org ribadeo@amarantesetem.org / Teléfono: 607 267 496.

Agasalla Soligariedade!! Regala unha participación de seis meses en AMARANTE. Con este agasallo, a persoa agasallada pode participar durante seis meses na loita pola xustiza social desde dentro do proxecto de AMARANTE, que defende un mundo máis xusto, promove a Solidariedade, o Consumo Responsábel, a Cooperación e procura unhas relacións máis xustas e máis equitativas entre o Norte e o Sur. Outras vantaxes deste agasallo son: 1) Un 10% de desconto na compra dos produtos de Comercio Xusto nas tendas de AMARANTE 2) Un agasallo de benvida, co que poderá coñecer e degustar un produto de alimentación de Comercio Xusto 3) Recibirá información puntual, real e de primeira man do que está a acontecer no mundo sobre consumo responsábel, ecoloxismo, solidariedade, interculturalidade e feminismo, a través das campañas que está a desenvolver AMARANTE (Finanzas Éticas, Xanela aberta ó Sur, Cooperación e Solidariedade, Campaña Roupa Limpa, Comercio Xusto-Políticas Comerciais e Educación para o Ecodesenvolvemento).

25 €

PVP IVE INCLUIDO


Cestas de produtos de alimentición de Comercio Xusto

Cestas de alimentos de Comercio Xusto de calidade, procedentes de todo o mundo e de Galiza: cafés, chocolates, panela, pastas, arroces, quinoa, marmeladas, zumes, infusións... Elaborados con respecto aos dereitos laborais e sociais das persoas produtoras e ao medio ambiente. Produtos naturais, éticos e sostíbeis, co valor engadido da defensa da dignidade das persoas. PVP (depende dos produtos escollidos):

Cesta pequena: 12€ aprox. Cesta mediana: 19€ aprox. Cesta grande: 28€ aprox.


Daveiga

www.daveiga.es

Galletas mariñeiras Daveiga As galletas mariñeiras DAVEIGA son unha forma de pan moi innovadora aínda que a súa orixe veña do século XV. Preséntanse coa forma redonda dunha galleta, cun sabor propio e textura dura mais agradábel. Segundo as variedades, o sabor da manteiga, do aceite de oliva ou das algas está moi presente nun produto que ten múltiples aplicacións como substituto do pan ou as galletas doces e tamén na cociña, sendo unha extraordinaria base para canapés e preparacións similares, nas que se converten nun ingrediente fundamental. A utilización de materias primas transformadas en Galiza é prioritario en DAVEIGA e só se empregan materias primas foráneas nos casos en que non poden atoparse en Galiza. Historia das galletas mariñeiras No século XV os barcos españois e portugueses lánzanse a percorrer todos os mares do mundo nunha aventura que culminaría coa descuberta de América. O fornecemento de alimentos para os seus tripulantes constituía un problema, dadas as longas estadías no mar sen tocar porto. Ademais, ao tratarse de barcos de madeira algunhas actividades, como cocer pan, supuñan un risco elevado. A solución veu do “biscoito”, pan cocido dúas veces para evitar toda a súa humidade, o que lle daba un tempo de duración en boas condicións moi longo, mais tamén dificultaba o seu consumo pola súa dureza, o que levaba aos mariñeiros a remollalo en auga antes de comelo. Durante un século Galiza foi produtora de galletas mariñeiras para a flota española. A comezos do século XVII fundáronse en Neda as “Casas Reais” ou “Fábricas de Biscoito”, que durante todo o século fabricaron pan e biscoito para a armada dos últimos reis da casa dos Austria. No río Belelle aínda se conservan algúns muíños de trigo. Desde España as galletas mariñeiras chegarían a América, onde continuaron producíndose despois de que aquí se esqueceran. Grazas a DAVEIGA, Galiza volve producir galletas mariñeiras, o pan que levaba no seu barco Cristovo Colombo camiño de América.


granxa o cancelo

www.https://www.facebook.com/granxaocancelo

Leite fresco e xeados artesáns da Granxa O Cancelo Desde Bemantes, Miño, a Granxa O Cancelo nace para traballar a prol do sector lácteo. O Cancelo produce leite aproveitando os recursos da nosa terra, ofrecendo un produto local e diferenciado. O proxecto da Granxa O Cancelo quere conectar a quen produce e quen merca do xeito máis directo posíbel, evitando intermediarios. Ademais, procuran utilizar técnicas de produción que permitan obter os mellores rendementos sen renunciar a un uso responsábel e sostíbel dos recursos, ao benestar das vacas e ás boas condicións laborais para as persoas. Tamén fan unha tarefa de formación de persoal técnico, colaboran con centros de investigación e universidades e desenvolven un labor divulgativo para dar a coñecer ás consumidoras e consumidores como se produce o leite que consumen e a importancia deste sector para o noso País. A Granxa O Cancelo ten unhas 90 vacas que se alimentan con forraxes producidas maioritariamente nas terras que a rodean, complementadas con cereais que mercan a empresas galegas. Despois de muxir, o leite é pasteurizado e almacenado en recipientes especiais. A venda de leite faise tanto na propia granxa como, sobre todo, nos puntos de venda que se poden consultar aquí https:// www.facebook.com/granxaocancelo/app_156218351098324. Dispoñen de dispensadores de diversos tipos e tamaños, adaptados para os distintos tipos de locais onde se pode atopar o leite, e para levalo para a casa é posíbel mercar unha botella no propio establecemento ou máquina, ou tamén levar unha botella da casa. Desde 2011, a Granxa O Cancelo comezou a produción de xeados artesáns, partindo do seu leite fresco ao que lle acompañan produtos galegos de calidade. Ademais dos sabores clásicos (nata de sempre, nata con virutas de chocolate, chocolate, vainilla) e de froitas (amorodo, plátano e kiwi), teñen outras especialidades, como o xeado de leite Granxa O Cancelo, o de licor café Coto de Gomariz, o de castañas, o de turrón artesán ou o de pasas borrachas. Unha das últimas incorporacións é o xeado de mel con noces. No Facebook da Granxa pódese consultar a listaxe de venda dos seus xeados.


albarino vento mareiro

www.ventomareiro.com

Albariño Vento Mareiro Vento Mareiro elabórase con uva albariña 100%, vendimada con mans agarimosas na segunda quincena de cada setembro. Logo dos veráns secos e cálidos da bisbarra do Salnés, de aventaxado clima durante todo o ano, cando a uva acada no punto xusto de maduración, xorde o viño que será privilexio para o padal. Vento Mareiro parte do método tradicional de pé de cuba, pero non renuncia ás vantaxes da tecnoloxía: caixas de 20 kgs. para a vendima, prensado suave e pneumático, despalilladora, fermentación con temperatura controlada en cubas de aceiro inoxidábel, estabilización por frío, filtrados baixo cero... Adega Durán entende o albariño e o que o rodea coma modo de vida: un modelo de crecemento sostido, en equilibrio e respecto co medio ambiente. Xa hai uns cen anos que leva funcionando esta adega, de ámbito familiar, nunha estirpe que combinaba a súa actividade principal, armadores de barcos de baixura, coa de tratantes de gando e taberneiros. Daquela o viño vendíase nas feiras da comarca e en Santiago. A partir dos anos 70 participou na Feira do Albariño de Cambados cun posto de seu. Pero en 1989, á par da constitución do Consello Regulador, Xosé Ramón (Roque) Durán aposta polo progreso e toma a decisión de transformar a actividade na sociedade Adega Durán S.L., sen perder a tradición artesá e o respecto pola coidada elaboración. Desas cinco hectáreas de viñedos propios (nos concellos de Cambados, Ribadumia, Meis e Meaño) sae un viño honrado, sinxelo e elegante. Vento Mareiro tira a forza da súa imaxe da viña familiar. Velaí a calidade e a diferenza.

Desde a Adega Durán chega unha oferta especial. Todos os pedidos de Vento Mareiro que se fagan a través de Abertos ao Galego (abertosaogalego@ amesanl.org; 981563885) poderán adquirir unha caixa de 6 botellas por 42€, con envío en 48 horas incluído dentro de Galiza.


Que é Abertos ao Galego? Abertos ao Galego é un certificado que se concede, en diferentes niveis, ás empresas, comercios, asociacións e entidades de toda índole que adopten e desenvolvan compromisos para a normalización do galego.

QUEN SE ENCARGA DO SEGUIMENTO E AVALIACIÓN? A Mesa pola Normalización Lingüística, a maior asociación cultural de Galiza, con máis de vinte anos de historia ininterrompida, é a responsábel do seguimento, promoción e avaliación do certificado.

CALES SON AS VANTAXES DAS EMPRESAS OU ASOCIACIÓNS QUE CONTÉN CO CERTIFICADO ABERTOS AO GALEGO? a. Figurarán no catálogo web, actualizado permanentemente na páxina www.amesanl.org/abertosaogalego. b. Poderán participar nos actos comarcais e nacionais que se realizarán cada ano para as entidades que ostenten o certificado e que terán difusión mediática. c. Poderán acceder a descontos publicitarios en medios de comunicación que colaboraren co proxecto. d. Poderán utilizar o distintivo do certificado alí onde o consideraren oportuno (A Mesa entregará os distintivos correspondentes). e. Conseguirán un impulso ao uso da lingua que nos une como galegos e como galegas, participando dunha ampla rede social.

CALES SON OS DIFERENTES NIVEIS DO CERTIFICADO?

A extensión da lingua galega a todos os ámbitos é un camiño que imos andando pouco a pouco. Por iso, o certificado estabelece catro graos. O NIVEL UN é para quen está a dar os primeiros pasos; o NIVEL DOUS para quen xa utiliza o galego cara ao exterior; o NIVEL TRES para quen tamén o usa internamente, e o NIVEL CATRO para aquelas entidades que ademais participan de forma especial en dinamizar o uso da lingua. NIVEL UN Adoptaron e están a desenvolver medidas para a normalización do galego. Están aínda a dar os primeiros pasos. No caso das empresas, estabelecerase como mínimo para este nivel o uso non deturpado da toponimia e o cumprimento da lexislación lingüística. No caso das organizacións, o estabelecemento de medidas concretas para o uso do galego será suficiente para este nivel, malia que tales medidas aínda non se concretasen. A Mesa realizará un seguimento específico da aplicación das medidas nos prazos acordados coa entidade correspondente. NIVEL DOUS Empresas e entidades que ofrecen toda a súa información exterior en galego. No caso de facer uso tamén doutros idiomas, o galego será a lingua de opción positiva e que apareza salientada ou en primeiro lugar. NIVEL TRES Ofrecen toda a información exterior en galego e, ademais, utilízano como lingua interna de traballo: nóminas, xestións administrativas, contabilidade etc. NIVEL CATRO Ademais de realizaren un uso sistemático do galego tanto interna como externamente, solicitan a información e a documentación en galego a provedores e administracións. Son entidades e empresas que dinamizan de xeito especial o uso e a extensión social do galego.

CALES SON OS REQUISITOS PARA OSTENTAR O CERTIFICADO?

1) Ter unha disposición favorábel ao uso do galego. 2) Colaborar na análise anual da situación lingüística da entidade (para o cal A Mesa pon ao seu dispor unha “Ficha para analizar e planificar a situación lingüística”) e, segundo a mesma, proporse obxectivos anuais. 3) Pagar a cota que corresponda para poder ostentar o certificado.

A ONDE ME PODO DIRIXIR PARA CONSEGUIR MÁIS INFORMACIÓN OU INICIAR OS TRÁMITES PARA OBTER O CERTIFICADO? Podes pórte en contacto coa Mesa pola Normalización Lingüística no correo electrónico abertosaogalego©amesanl.org ou no teléfono 981 56 38 85.


Estas son as empresas que forman parte de Abertos ao Galego



Os descontos de Abertos ao Galego Algunhas das empresas de Abertos ao Galego ofertan descontos a socios e socias da Mesa pola Normalización Lingüística

Julio Peinó Álvarez – Arquitectura e Urbanismo (1D2)

jpeino@coag.es Desconto do 20% a socios e socias da Mesa en todos os servizos (edificación, urbanismo, rehabilitacións, interiorismo, valoracións e peritaxes)

Englishpanish – Tradución & Deseño Gráfico/Web

info@englishpanish.com / Tel: 651707049 / www.englishpanish.com A túa páxina web GRATIS en GALEGO e INGLÉS: Deseña a túa páxina web con nós e obterás de balde a tradución aos idiomas GALEGO, ESPAÑOL E INGLÉS (a cargo dunha axencia profesional altamente especializada), con descontos do 10% no resto dos idiomas

Libraría Aira das Letras

Emilia Pardo Bazán, 5 Baixo – Allariz info@airadasletras.com www.airadasletras.com A libraría aplica a socios e socias da Mesa, coa presentación do carné, o mesmo desconto que aos seus Amigos: • 5% de desconto en libros e láminas. • Reserva de libros de texto (en campaña escolar) e o seguinte desconto: • 7% de desconto nos libros de texto da educación obrigatoria. • 5% de desconto nos libros de texto da educación non obrigatoria. • 10% de desconto en xoguetes e música. Se estás de aniversario (ou algún membro da túa familia) o desconto sube ata o 15% . Entendemos por familia os pais, fillos e avós. • Envíos con portes gratuítos.

Ela Diz

Praza Fuenterrabía, Santiago de Compostela (infoeladiz@gmail.com) 10%de desconto a todos os socios e socias da Mesa

Gran Colmado

Rúa das Tendas (Ourense) 5% de desconto a socios e socias

Sistemas de Seguridade A1 SL

Rúa República Arxentina nº 29 15701 Santiago de Compostela 981 59 21 2 - info@seguridade-a1.com Agasallo dun extintor co soporte para coche por unha compra superior aos 200 euros.

Ceros e Uns Informática

Azorín, 5 - baixo - 36860 Ponteareas telfs.: 986 667 996 / 655 80 22 37 www.ceroseuns.com 50% de desconto na segunda reparación (só man de obra).

IPR Xestión

Rocío da Igrexa Prego (981 685155 - rocio@iprxestion.com) Desconto dun 20% en todos os servizos da asesoría, durante 1 ano, a todas as persoas que presenten o carnet de soci@ da Mesa (agás nos relativos á suscripción ou renovación de seguros)

Centro de Terapias Manuais Acouga

Rúa Nosa Señora do Rosario, 10 - baixo 15001 - A Coruña Cita previa por teléfono via chamada, sms ou whatsapp: 646377888 Ou ben no correo: acouga.coruna@gmail.com 10% de desconto mínimo nos nosos servizos, sesións terapéuticas de quiromasaxe, drenaxe linfática manual e reflexoloxía podal. Este desconto é aplicable en calquera época do ano e non é acumulábel a outros descontos ou ofertas.

VENTOS Estudos Ambientais

5% de desconto a socios e socias da Mesa nas súas actividades (particulares ou entidades)


Demo Editorial

http://demoeditorial.blogspot.com.es/ 10% de desconto en pedidos a domicilio de títulos e merchandishing do seu catálogo editorial. A partir de 30 euros de facturación nos pedidos, os gastos de envío corren por conta da editorial (sen o desconto, os envíos custan 5€). Os pedidos deben formularse a través deste enderezo de correo: distribucion.demoeditorial@gmail.com Indicando os datos de facturación e NIF do cliente.

A Picota

Rúa Colón, 27, Ourense www.apicota.com Descontos do 10% en artigos de prata e bronce con simboloxía celta e pulseiras de coiro

Libraría Como unha Novela

20% de dto. en todos os exemplares en liquidación de A NOSA TERRA (sobre o prezo de saldo) 5% de dto. no resto das editoriais. 20% de dto. en estoxos e mochilas. 10% de dto. en xoguetes educativos JANOD e LILLIPUTIEN R/Sta. Lucía,65 Baixo esq. 15145 (A Laracha) Tlf/Fax 981.642.111

nanube

638 45 53 80 / nanube@nanube.com Desconto do 10% no teu proxecto de arquitectura de interiores.

Quercus

Santiago Álvarez, 1 – Santa Cruz (Oleiros) – quercus@galicia.com Desconto do 10% a socios e socias da Mesa.

Baía Edicións

http://www.baiaedicions.net/galego/ 15% de desconto en calquera dos libros do noso catálogo editorial. Os gastos de envío para Galiza son de 3 euros e para o resto da Península de 4 euros. Para realizar o pedido debe poñerse en contacto con eles a través deste correo electrónico: patricia@baiaedicions. net e nese mesmo correo debe indicar o NIF do cliente, enderezo electrónico e os datos de facturación.

Axencia de Seguros Ribeira Berbés

Ribeira do Berbés, 49-A ~ Vigo (36202) Pontevedra 986222093 ribeira.berbes@agencia.axa.es AUTOMÓBIL Desconto de até o 15 % da prima ofertada. Respecto da bonificación segundo as normas de contratación da AXA. FOGAR Desconto de até o 10 % da prima ofertada. SEGUROS DE VIDA Até o 31-12-2012 o 15 % de desconto sobre a súa tarifa habitual ou ben o 20% do prezo que estea a pagar actualmente no seguro de vida con outra entidade ou banco até o 31/12/2012. SEGUROS DE SAUDE. Gama Óptima, seguro vitalicio desde o primeiro día, con descontos importantes segundo o número de asegurados de até o 20%. COMERCIOS E NEGOCIOS - OFICINAS, ESTUDOS, CLÍNICAS Desconto de até o 30% da prima ofertada por tarifa até 31/12/2012. PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS - RESPONSABILIDADE CIVIL - CONVENIO COLECTIVO - SAÚDE PEMES Aplicaranse condicións especiais en función do risco a asegurar. Revisarase a póliza actualmente contratada e a súa siniestralidade e o seu ramo técnico e o subscritor do ramo realizará un asesoramento personalizado con condicións especiais. Tamén fan descontos noutros produtos: RETICAR (seguro de retirada de carné), CAZA & PESCA (seguro obrigatorio de caza e pesca), ACCIDENTES INDIVIDUAIS (até o 30% de desconto até 31/12/2012), SUBSIDIO HOSPITALIZACION (indemnización diaria por hospitalización).

Deseño e Cores

Dona Urraca, 86-88 Lugo - 982240400 www.deseno.net Desconto a socios e socias da Mesa pola Normalización Lingüística dun 25% en todos os seus materiais.



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.