Déficit público

Page 1

Reducir o déficit público: contraer os gastos ou aumentar os ingresos?

En termos económicos o déficit público é a diferencia negativa entre os ingresos e os gastos que rexistra unha administración pública ao longo dun periodo de tempo. Déficit público = Ingreso público – Gasto público cando Ingreso público < Gasto público

Dada a anterior igualdade é fácil concluir que a diminución do déficit pode acadarse vía reducción do gasto e/ou vía aumento do ingreso. O gasto público cumpre unha función redistributiva. A actividad financieira do Estado intenta recadar recursos dos estratos de maior ingreso, para financiar a satisfacción de necesidades dos sectores máis pobres (saúde, educación, seguridade, etc) a través do gasto público, e desta maneira pode contribuir a unha redistribución socialmente máis xusta dos recursos. Sempre que o nivel de gasto público sexa racional, evitando dispendios innecesarios, parece lóxico pensar en combater o déficit público mediante o aumento dos ingresos, se isto é posible. Desta maneira os cidadáns non verán drásticamente reducido o seu nivel de benestar económico e social, sempre que existan mecanismos que permitan aumentar o nivel de ingresos públicos dunha forma racional e xusta. Trátase dunha decisión política actuar sobre unha ou outra vía -reducción do gasto vs. aumento dos ingresos-, optar por gobernar para o cidadán ou para os mercados e o capital. Non imos entrar aquí a establecer quen son os reponsables da actual situación de crise económica e quen debería soportar o maior esforzo para saír da mesma; “entre todos podemos”, pero uns poden máis que outros. Falaremos de cifras:

MEDIDAS DE CONTENCIÓN DO GASTO PÚBLICO APROBADAS POLO GOBERNO O efecto acumulado do radical plan de aforro e de contención do gasto público anunciado polo Goberno alcanza os 20.200 millóns de euros, entre 2010 e 2011, que se distribúe da seguinte maneira (en millóns de euros): • • • • •

recorte do soldo dos funcionarios unidose dos medicamentos rebaixa de investimentos cheque bebé axustes que aplicarán as CC.AA. e os Concellos 1

7.200 1.085 6.045 1.250

(35.64%) ( 5.37%) (29.93%) ( 6.25%)

1.200

( 5.94%)


• • • •

abaratamento dos medicamentos conxelación das pensións e outras medidas (como a eliminación da xubilación parcial) eliminación da retroactividade na axuda á Dependencia recorte na Axuda ao Desenvolvemento

1.000

( 4.95%)

1.150

( 5.69%)

670 600

( 3.32%) ( 2.97%)

Existen alternativas vía aumento de ingresos públicos? Ocórrenseme dúas primeiras posibilidades: loita contra a fraude fiscal e modificación do rexime de tributación das SICAV (Sociedades de Investimento de Capital Variable). FRAUDE FISCAL A pesar de que en España non existe un estudo oficial sobre a fraude fiscal, existen outros informes, estudos ou datos que poñen de manifesto a magnitude do problema e que, en termos porcentuais, cuantifican a fraude en España entre o 20% e 25% do PIB, o dobre que a media da UE. Esta situación corrobórase por outros datos adicionais. O primeiro refírese ao diñeiro en metálico en España, que supón o 10% do PIB, fronte ao 5% da zona euro e o 6% de USA. O segundo é o enorme volume de billetes de 500 euros que circula por España: actualmente circulan no país 111 millóns de euros en billetes de 500 euros, un 30% do total emitido na UE e o 64% do valor total do efectivo en mans dos españois. A cifra deste tipo de billetes multiplicouse por sete respecto a 2002, ano de posta en circulación do euro. Respecto da súa cuantificación en euros, se entre un 20% e un 25% do PIB español non paga os impostos que lles corresponde, o PIB de España alcanzou, en 2009, 1,1 billóns de euros, e a presión fiscal media sitúase no 36%, a cifra de cotas non ingresadas supera os 80.000 millóns de euros cada ano como mínimo. Dacordo cos datos anteriores, e tendo en conta que o período de prescrición establecido na Lei Xeral Tributaria é de catro anos, pódese cuantificar nunha cifra aproximada de 320.000 millóns de euros as cotas tributarias non ingresadas, (en dous anos suporía unha cifra aproximada de 160.000 millóns de euros), e que cunha actuación decidida do goberno, aprobando as medidas axeitadas, poderían ingresar nas arcas públicas. SICAV (Sociedades de Investimento de Capital Variable) Outra posibilidade de aumento dos ingresos sería modificando a tributación das SICAV, Sociedad de Investimento de Capital Variable. Unha SICAV é un instrumento financieiro que permite evasión legal de impostos ás grandes fortunas a través da creación dunha Sociedade Anónima na que o seu obxecto social é investir en activos financieros, rompendo coa progresividade (que pague máis quen máis ten ou gaña) establecida na constitución. Gozan de importantes vantaxes fiscais, de forma que as SICAV tributan ao 1% no imposto sobre sociedades. Actualmente este instrumento de investimento é un dos máis utilizados por persoas con grandes capitales. Na práctica, as SICAV utilízanse exclusivamente para a xestión individual de carteiras de grandes patrimonios. Cómo se transforma unha institución de investimento colectivo en xestión individual de carteiras? A resposta é sinxela: introducindo 100 investidores, que realmente non invisten, tendo o control

2


absoluto unha soa persoa ou, como moito, un grupo familiar. No argot financieiro, a estes investidores ficticios se lles coñece como “mariachis”. Chamaselles así, parafraseando a rancheira: “Con dinero y sin dinero, yo hago siempre lo que quiero y mi palabra es la ley…” O cidadán de a pé paga un 18% polos seus rendementos de capital e as grandes fortunas tributan ao 1% mediante o instrumento das SICAV. So pasarán a tributar ao 18% cando o investidor retire o diñeiro. Neste momento hai cerca de 3.369 SICAV, cun patrimonio baixo xestión de máis de 27.000 millóns de euros (casi 4,5 billóns de pesetas) que pagaron, nos últimos cinco anos, 56,6 millóns de euros polo Imposto de Sociedades despois de ter obtido 8.068,6 millóns de beneficios. So en 2008, en plena crisis, obtiveron unhas ganancias de 190 millóns (datos do terceiro trimestre), polos que pagaron 1,7 millóns de euros. Mentres tanto, tamén neste ano, as rendas do traballo, que aglutinan o 80% do IRPF e que soportan un tipo de ata o 43%, aportaron ás arcas públicas 71.341 millóns. As sociedades, pola súa parte, cunha tributación entre o 25% e o 30%, abonaron 27.301 millóns, mentras que os impostos sobre o consumo -IVE e especiais- acadaron os 67.591 millóns. Neste club de elite figuran os nomes dos conselleiros das principais empresas do país, sagas familiares, profesionais ou deportistas de primeira liña. Así, entre estes afortunados, atopamos nomes tan coñecidos como Esther Koplowitz, Amancio Ortega, Rafael Del Pino, Emilio Botín, os futbolistas Fernando Morientes e Iván de la Peña, o director de cine Pedro Almodóvar, o arquitecto Ricardo Bofill e incluso a Igrexa Católica.

3


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.