Alento 4

Page 1

4 DECEMBRO 2013

COLEXIADOS OFICIOS FORMACIÓN EMPRESA COXGA NORMATIVA TENDENCIAS AXENDA



EDIT O RIAL

Seguimos traballando, ese é o camiño 4 COLEXIADOS (entrevistas)

Anya Martínez

Katuxa Platero

8 OFICIOS

Simboloxía: A xoia como obxecto protector

Historia da Reloxaría (III): Fitos da evolución na medición do tempo

Xemoloxía: As vantaxes do certificado xemolóxico

13 COLEXIADOS (opinión) 14 FORMACIÓN

Os sapos e nós, as mulleres

Buscando camiños para os nosos negocios

17 COXGA

Este Nadal regala calidade e garantía

O Coxga responde

20 NORMATIVA

Solicitude de arbitraxe de consumo

Liquidación de existencias

Cámaras de vídeo vixilancia

Rebaixas

24 TENDENCIAS

O bizantino está de moda

25 ÚLTIMA HORA

O

traballo da froitos, e temos que aprender a agardar pola estación axeitada para recolleitar.

Ademais, sempre temos que dar solución aos distintos obstáculos cos que nos atopamos. Unha das principais trabas é a actual situación socio-política europea, na que parece que todo pasa pola destrución dos distintos sinais de identidade dos países como é o caso dos Colexios Profesionais. Fágome unha pregunta: A quen lle pode molestar un Colexio, se verdadeiramente é usado para o que foi creado? Desde logo, ao que se sinte profesional, non, e ao consumidor final, menos. Non debemos esquecer, en ningún momento que a comercialización da xoiaría está tomando camiños imprevisibles: a desaparición de figuras como os intermediarios tradicionais e a aparición doutras figuras novas ligadas aos avances tecnolóxicos. O que non debe deixar lugar a dúbidas é que prevalecerán sempre o profesional e a profesionalidade, conceptos que buscarán a agrupación nunha marca que vele pola súa continuidade e pola imaxe ante o gran público, e esa ben poderá ser o Colexio. O paso do tempo porá a cada un no seu sitio e non me cabe dúbida de que no momento en que o Colexio se consolide e estea formado fundamentalmente por todas esas persoas que teñen inquedanzas, que se forman e se titulan, darase un paso moi importante, pois todos eles terán optado por traballar conxuntamente para que a nosa profesión recupere o status case perdido, e por suposto irán en detrimento de filosofías pretéritas onde cada un só se mira a si mesmo e mal. Esta exposición reflexa un problema básico para o sector, que, a bo seguro, o día que se solucione, asentará as bases para solucionar moitos outros. So desde este punto se poderán acometer proxectos que estean na mente de todos e que a día de hoxe son tecnicamente pouco solucionables. Por todo, sería necesario que este colectivo formado por setecentos profesionais saiba ter paciencia e seguir traballando sen pausa, só ese é o camiño.

27 AXENDA

Oscar Rodríguez Blanco Presidente

27 ANUNCIOS POR PALABRAS Editor Colexio Oficial de Xoiaría

NÚMERO 4 · DECEMBRO 2013

Rúa Ramón Cabanillas 5-7, 2º B

15701 Santiago de Compostela

A Coruña

Contacto oficina COXGA

Portada II Concurso San Eloi Deseñadores non profesionais, deseño de Sonia María Vizcaíno Ínsua Deseño e impresión Tórculo Artes Gráficas, S. A. ISSN 2255-1492 Depósito legal C. 2.277-2012

Loli López e Lupe Santiso

www.coxga.es

Publicidade

O Colexio Oficial de Xoiaría non se fai responsable das opinións nin comentarios que os colaboradores expresen, en todo momento, de maneira individual. É preciso solicitar autorización ao Colexio Oficial de Xoiaría para as reproducións de contidos.

Teléfono: 981 598 858 Correo electrónico: prensa@coxga.es

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA

www.coxga.es

3


C O L E X I A D O S | en tr evi st as

Anya Martínez Platacero Montero Ríos, 13 15200 Noia (A Coruña) www.platacero.es T. 981 820 260

Platacero é licenciataria oficial e única para a FIFA World Cup que se celebrará en Brasil no verán 2014. Anya Martínez é a colexiada (nº A0851) encargada da xerencia da empresa. Falamos con ela para coñecer un pouco máis sobre este orixinal proxecto. Como xurdiu a idea? A idea xurdiu porque ao meu pai, Juan Martínez, director da empresa e do proxecto e que leva no mundo da xoiaría 32 anos, metéuselle na cabeza relacionar o mundo do deporte, neste caso o fútbol, coas xoias. Nun principio pensamos que sería un imposible lograr ser licenciatarios FIFA para un Mundial e ademais en Brasil, pero despois de moito esforzo, moita dedicación, e moita constancia, aquí estamos co logro conseguido. Como conseguíchedes esta meta? Para conseguilo presentamos á FIFA as nosas credenciais e a nosa traxectoria empresarial e expuxemos un proxecto deseñando desde Noia os 200 modelos que se fabricarán de forma mixta en Asia, Italia e España. 4

ALENTO

NÚM. 4

“Licenciatarios FIFA para Brasil son ao redor de 60 empresas, e para o resto do mundo moitas máis, pero ningunha delas conseguiu poder licenciar produtos de xoiaría máis que a nosa empresa, PLATACERO.” A idea gustou tanto no máximo organismo mundial do fútbol, a FIFA, que unha vez revisados quedaron encantados coa idea e co proxecto.

DECEMBRO 2013

Aprobouse e concedéronos a licenza “Jewerly” para Brasil e para o resto do mundo, en total 73 países. Para chegar ata aquí quedaron atrás moitos e moitos miles de horas de traballo moi intensos, moita paixón, entusiasmo e entrega para acadar esta meta. Pensar que estamos a fabricar xoias e a comercializalas en todo o mundo, é un reto enorme e moi ilusionante que non se consegue dun xeito nada doado. Había moitas outras empresas presentándose? Licenciatarios FIFA para Brasil son ao redor de 60 empresas, e para o resto do mundo moitas máis, pero ningunha delas conseguiu poder licenciar produtos de xoiaría máis que a nosa empresa, PLATACERO.


Que implica para vós ser Licenciatarios dende Noia? Pois primeiramente un grande orgullo profesional e empresarial, tanto para a nosa familia como para Noia, na Coruña, o lugar onde se creou este proxecto e onde residimos. Doutra banda, estamos moi satisfeitos xa que grazas a este proxecto podemos colaborar na creación de emprego, tan necesario hoxe en día, xa que tivemos que aumentar considerablemente o número de traballadores da nosa empresa. Tamén implica un enorme salto a nivel internacional, posto que con este proxecto abriránsenos moitas portas en todo o mundo, onde sempre estará presente Noia. COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA

www.coxga.es

5


C O L E X I A D O S | en tr evi st as

Katuxa Platero Rúa do Vilar, 45 15705 Santiago de Compostela www.katuxaplatero.es T. 981 576 506

Katuxa Platero é a colexiada (nº A0804) que deseña e vende as súas xoias na tenda do mesmo nome, en Santiago de Compostela. Co motivo dos sete anos da súa tenda, fixo hai unhas semanas unha renovación, dándolle un aire completamente diferente, e aproveitou tamén para abrir unha tenda online. Falamos con ela para saber máis. Estas últimas semanas emprendiches varios cambios no teu negocio: nova tenda, nova web. Que foi o que te animou a estas novas accións? Sempre tiven clara, tanto a decoración da tenda coma o logo. Aínda que esta sexa a miña segunda tenda, sempre mantiven as mesmas cores, xa que forman parte do meu sinal de identidade. O vermello, o branco e o negro son os tons que me definen, aínda que fixemos a reforma, as cores seguen sendo a esencia da xoiaría, estas cores sempre me estiveron acompañando desde a miña incursión neste fantástico mundo de soños que é a xoiaría. Ademais de ser moi ben identificados polos meus clientes. Como foi o proceso destes cambios? Procuro sempre facer cambios na tenda, creo que tanto os clientes 6

ALENTO

NÚM. 4

“Procuro sempre facer cambios na tenda, creo que tanto os clientes como eu mesma agradecémolo. Con estes cambios demóstrolles que penso en mellorar o meu negocio para eles, sexa cambiando as vitrinas, para unha mellor exposición do produto ou cambios na decoración.” como eu mesma agradecémolo. Con estes cambios demóstrolles que penso en mellorar o meu negocio para eles, sexa cambiando as vitrinas, para unha mellor exposición do produto ou cambios na decoración. E para min e a xente que traballa co-

DECEMBRO 2013

migo, atender nun entorno agradable fai que as horas na tenda, que son moitas, sexan máis levadeiras. Estou convencida que as xoiarías deberíamos levar a mesma estela que as mellores Boutiques de moda, facer cambios cada 4-5 anos para non quedarnos obsoletas. É tan importante o continente como o contido. Dar unha boa imaxe de xoiaría moderna e que segue as tendencias fai, desde o meu punto de vista, xoiarías máis “frescas” e actuais. Esa é a filosofía que se segue en Katuxa Platero. Levas unhas semanas coa tenda online. Xa tiveches algún movemento? Introducir unha tenda online na web era unha materia pendente. Teño moitos clientes estranxeiros que a demandaban. É un servizo máis que ofrezo aos clientes de fóra de Santiago, unha boa maneira de fidelizalos,


para que poidan seguir as novas coleccións e tamén seguir en contacto con nós. Vémoste habitualmente participando en desfiles de moda. Para ti é un escaparate tan idóneo como o da túa tenda? Onde prefires que vexamos as túas xoias? Os desfiles, sen lugar a dúbidas, son onde máis disfruto; podo deixar voar a miña imaxinación e crear pezas moi diferentes. Simplemente, fago o que me sae “da alma”, sen pensar se é unha peza vendible ou non. É realmente moi gratificante poder compartir momentos con outros deseñadores de moda; danche outra perspectiva e enriquécente a todos os niveis. Como profesional e compostelá, o feito de ter desfilado na Praza da Quintana foi un dos momentos máis

“Os desfiles, sen lugar a dúbidas, son onde máis disfruto; podo deixar voar a miña imaxinación e crear pezas moi diferentes. Simplemente, fago o que me sae ‘da alma’, sen pensar se é unha peza vendible ou non.” máxicos que vivín a nivel profesional. É emocionante ver o movemento; as pezas cobran vida cando as modelos desfilan con elas. O certo é que son dúas maneiras moi diferentes de facer xoiaría, pero procuro sempre que calquera das dúas sexan especiais e únicas, e a verdade é que na tenda-taller conviven ambas perfectamente.

Como te levas coas redes sociais? Utilizas algunha para presentar as túas xoias? Si, claro. As redes sociais están ao orde do día e, por suposto, son interesantes para dar a coñecer por exemplo novos escaparates ou o backstage dalgún desfile que me gusta colgar nas redes en directo para que poidan seguilo aqueles que non poden asistir, pero realmente paréceme máis apropiado que visiten a nosa web xa que alí teñen máis información sobre a nosa xoiaría de autor. Desexas aproveitar esta entrevista para mandarlles unha mensaxe aos colexiados? Sorte e boas vendas. Agradecemos o optimismo co que nos contestas e, ademais de darche os nosos parabéns, desexámosche moita sorte con esta nova aventura!

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA

www.coxga.es

7


OFICIOS

Anel con dente de leite de neno

SIM BO L O X ÍA Texto e imaxe

Rafael Quintía Pereira

Licenciado en Antropoloxía Social e Cultural http://asombradebouzapanda.wordpress.com/

A xoia como obxecto protector

A

s xoias son obxectos simbólicos polisémicos, isto é, teñen moitos significados que ademais adoitan cambiar co tempo e coas distintas culturas. Por iso, o que para uns non é máis ca un mero elemento ornamental para outros pode ser un obxecto protector —por exemplo, unha medalla—, un símbolo de status social —un anel de diamantes— ou incluso un símbolo de independencia económica en caso de problemas, como ocorre coas xoias das mulleres bereberes. Por suposto, sobra dicir que ás veces son todo iso ao mesmo tempo e moito máis. Neste artigo quero falar dun aspecto menos coñecido das xoias e que está fondamente enraizado na nosa cultura popular. Refírome ás xoias como elementos apotropaicos, é dicir, a xoia como un amuleto protector e incluso sandador.

Os amuletos —do latín amuletum ou do árabe hamala— son obxectos que propician o ben, que nos protexen do mal e afastan a desgraza, a enfermidade e a influencia do maligno, polo que son ambivalentes, é dicir, teñen virtudes valedoras e sandadoras. O talismán —do grego télesma— tería a virtude de outorgar sorte e fartura ou de atraer algún tipo de forza natural ou sobrenatural. O uso de amuletos é tan antigo como o ser humano. O temor ao descoñecido, aos fenómenos naturais, á morte, ás enfermidades e, en xeral, a todos os perigos e adversidades aos que se tiña que enfrontar na súa subsistencia diaria fixo que o home botase man de determinados elementos da natureza como pedras peculiares, partes de animais ou mesmo herbas e que crease con elas estes obxectos máxico-relixiosos que os protexesen das amezas cotiás. A necesidade de portar sempre consigo os amuletos fixo que moitos destes elementos naturais fosen transformados en colares, aneis e infinidade de adornos corporais. Co descubrimento dos metais incorporáronse estes novos materiais á elaboración dos amuletos e talismáns. O desenvolvemento das técnicas ourives e da xoiería posibilitou a confección de amuletos que eran verdadeiras xoias. Na nosa cultura popular aínda abundan fermosos amuletos de orixe animal, 8

ALENTO

NÚM. 4

Rosario con contas de coral vermello, e medallas e cruz de Caravaca de prata

vexetal e mineral que engarzados en prata, ouro ou latón se transmiten de xeración en xeración como verdadeiras xoias ou reliquias. Por exemplo, colgantes de cairos de lobo e xabaril contra o mal de ollo e a acción do maligno, os aneis portadores de antídotos contra velenos como o noso tradicional anel de alicornio, utilizado para tratar as mordeduras ou picaduras de animais pezoñentos e que aínda se fabrica na xoiería Refojo de Lugo. Temos tamén sortellas e pendentes feitos co Ollomao ou Ollo de Boi Vidal,

DECEMBRO 2013

poderoso opérculo de buguina usado contra o mal de ollo, para atraer a sorte e para curar as dores de cabeza. Non podemos esquecer tampouco as xoias amuleto feitas cos tres materiais máis indicados dende a antigüidade polo seu valor profiláctico: o acibeche, o coral e o cristal de rocha, e cuxas propiedades protectoras xa foron loubadas por Plinio. Así temos os colgantes de cornamáns feitos con coral, os cornos de coral vermello, os colgantes de prismas de seixo cristalizado —a nosa pedra do raio— e,


Cornamán de nacar

como non, as figas e as cruces de acibeche, a pedra apotropaica por excelencia na nosa cultura e un dos materiais máis valorados na xoiería tradicional galega, para mostra a tradición acibecheira de Compostela. Coa chegada do cristianismo, e seguindo a tradición ancestral de portar amuletos, o arsenal protector dos galegos ampliouse coa incorporación de medallas, rosarios, cruces, novenarios e outras xoias que representaban as potencias divinas ou portaban reliquias ou obxectos sagrados. Para exemplo os fabulosos rosarios que lucían antano as mulleres, algúns con contas de coral vermello, as cruces de Caravaca, as medallas e crucifixos de ouro ou prata, broches con detentes para protexer os bebés ou as medallas con anacos da porta santa da catedral de Santiago. Pero son moitas máis as xoias que naceron con vocación protectora. Poñamos algúns exemplos: os mordedores de prata fabricados polos prateiros composteláns como amuletos protectores da infancia, debido ao valor simbólico das cunchas; os pendentes en forma de landra relacionados coa protección das mulleres; os aros de ouro que levaban antigamente moitos paisanos como elemento protector, incluso os fermosos sapos de ouro poderían ter a súa orixe nun amuleto.

Figa de acibeche

Non só os materiais son importantes senón que tamén hai que ter en conta a forma da xoia amuleto, pois moitas veces materia e forma únense co fin de incrementar a acción beneficiosa e protectora da xoia. Así unha figa feita de acibeche unirá o poder profiláctico desta pedra contra o mal de ollo e a forza intimidatoria da figa, arma simbólica fronte ao mal. Vemos, xa que logo, que ás veces o que fai eficaz un amuleto é a súa forma particular e outras veces é a materia da que estea feito, mais é frecuente que forma e materia unan as súas virtudes para facer unha xoia amuleto que combine as

Mordedor de prata con forma de berberecho

propiedades de ambas as dúas. Iso é o que ocorre frecuentemente na ourivería tradicional, onde a técnica e a forma cargada de simbolismo combínanse cos materiais para facer desas xoias algo especial que transcende o mero ornamento para facer delas auténticos obxectos de poder. Deste xeito, e como cren moitos pobos do Magreb, a xoia actúa como elemento de baraka, de boa sorte, cuxa presenza inmuniza fronte ao mal. Velaí a maxia ancestral das xoias cando se converten en ferramentas protectoras coas que transitar seguros por un mundo, a miúdo, hostil e incerto.

Alicornio

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA

www.coxga.es

9


OFICIOS

Reloxo na Berenguela, catedral de Santiago de Compostela (foto Luis Miguel Bugallo Sánchez)

HISTO RÍA D A REL O X ARÍA III (de r rad e i ro)

Fitos da evolución na medición do tempo Texto e imaxe

Antonio Pérez Casas

Colexiado n.º A0229 www.alfonsojoyeros.es

N

o número anterior fixemos referencia aos fitos da evolución na medición do tempo pero non foron os únicos. Para que estes tivesen lugar, fíxose necesaria a concorrencia da crecente necesidade de controlar o tempo da actividade humana, as teorías que cada vez explicaban mellor o movemento dos astros (Tolomeo, Tycho Brahe, Copérnico, Galileo Galilei, Johannes Kepler, Descartes, Leibnitz, Huygens, Newton ou o mesmo Einstein), os avances na física (reflectida nos estudos de moitos científicos de todas épocas) e que moitos reloxeiros (merecen unha mención aparte), con pericia e moita imaxinación, aplicaron todos eses coñecementos para a continua perfección de materiais, dos diferentes órganos dos que consta un reloxo (fonte de enerxía, transmisión, regulación e indicación) e o deseño de sistemas novos, ou de maior complicación, que reducen as perdas de enerxía, compensaban as temperaturas, a gravidade da terra, os campos magnéticos ou evitaban as vibracións ou golpes durante o uso diario, de maneira que facían máis fiables os resultados obtidos. Neste senso, hai que destacar tamén: • O impulso creativo motivado pola curiosidade humana que levou os antigos filósofos a poñer as bases para que os notables (case na prehistoria) puideran gozar de curiosos aparatos que medían o tempo; • a distribución do traballo nos mosteiros que permitiu a especialización dos monxes en oficios e que algúns comezaran a fabricar os primeiros reloxos; • a concentración de xentes en mercados, á sombra dos castelos ou edificios públicos, que creou a necesidade de buscar a medición do tempo co fin de regular as actividades ante as diferencias de tempo de luz dos invernos e os veráns; • o desexo dos nobres de demostrar o seu poder de modo que financiaban a súa construción; • os descubrimentos de astrónomos e físicos que os levou a materializar os seus coñecementos e encontrar aplicacións prácticas; • ao reformador Calvino, que impuxo a vida austera e a ausencia de luxos, provocando o desprazamento dos artistas traballadores do metal, 10

ALENTO

NÚM. 4

Retrato de Abraham-Louis Bréguet, non atribuido (1798)

esmaltadores e outras artes, cara a construción doutros elementos non prohibidos, entre eles os reloxos, forxando o inicio da variada e perfecta reloxaría xenebrina; • a nacente e poderosa flota navieira holandesa e británica de transporte de mercancías de indias que necesitou encontrar un sistema de cálculo de posición para facilitar a navegación; • o científico Isaac Newton que propuxo á Royal Society de Greenwich un concurso para a construción dun

DECEMBRO 2013

Retrato Newton, por Godfrey Kneller (1689)

reloxo mariño de gran precisión e a John Harrison que, despois de moitos anos de perseguilo e realizando varios reloxos coa incorporación das últimas innovacións europeas, fíxose merecedor do premio no ano 1771, converténdose no referente dos avanzados reloxos de navegación; • a ampla competencia de magníficos expertos reloxeiros, con formación nunha ampla variedade de disciplinas, que loitaron por ser os mellores e fabricar os reloxos máis fiables, máis cómodos e máis asombrosos cos que


Reloxo da Porta do Sol, Madrid (foto Coxga 2012)

cegar á crecente clientela da realeza, aos nobres e aos burgueses adiñeirados. Moitos foron os reloxeiros que fixeron achegas que despois de máis de 200 anos aínda despertan admiración. Entre eles mencionaremos ao francés Abraham-Louis Bréguet (1747-1823) cuxas innovacións seguen sendo incorporadas aos mellores reloxos actuais e a Perrelet que inventou o primeiro sistema de dar corda automático. En Galicia e Asturias existiron uns magníficos reloxeiros como Juan Avarca de Santiago de Compostela, a cabalo dos s. XIV e XV. Posteriormente, destacarían moitos outros que chegaban a esta cidade en medio da riada de peregrinos e tanto fabricaban reloxos como calquera outro elemento ou aparato necesario en metal. No mosteiro dos franciscanos creouse unha verdadeira escola de reloxaría con produción de bastantes exemplares, entre eles destacan Frei Fulgencio de Castro e Frei Manuel del Río. Destacaban os tres Lombardero de Oscos (Asturias) por unha coidada fabricación, con produción ao longo de todo o s. XVIII de cuxo obradoiro sairían moitos reloxeiros. Francisco Javier Méndez y Neira de Saavedra, tamén coñecido

como o cura de Ludrio (próximo a Ortigueira) quen, sen saír da súa parroquia, chegou a montar un obradoiro completo, con fundición incluída, e realizando belos e avanzados reloxos con importantes innovacións. Está tamén Ramón Antonio Iglesias, nado na Coruña e becado en Londres. Finalmente monta en Suíza a súa fábrica en 1868 da que sairían unha curta serie de bos exemplares de sobremesa e peto, curta porque morrería en 1877. Tamén hai que mencionar algunhas fabricacións que se fixeron no entorno do estaleiro de Ferrol por varios enxeñeiros e especialistas que tiñan o fin de dotar os barcos do instrumental de navegación necesario pero finalmente terminaron facendo reloxos para outros encargos. O reloxo da catedral de Santiago de Compostela data do s. XIX, concretamente do ano 1830, e foi confeccionado polo magnífico reloxeiro ferrolán Andrés Antelo. Sábese que desde 1406 había outro reloxo pero non hai descrición del. Algúns escritores mencionan un obradoiro en 1860, en Corao, cerca de Cangas de Onís, do que din que saían os mellores reloxos de España. Mención especial merecen:

• Manuel Rivas, reloxeiro a finais do s. XVIII e principios do seguinte, foi nomeado Reloxeiro da Real Casa no ano 1801 cando xa tiña un amplo recoñecemento profesional • Manuel Gutiérrez, nado en Sigüenza, foi director dunha fábrica de reloxos (1800) propiedade de Correos de España. Os seus reloxos, de todo tipo, son moi apreciados polos entendidos pola súa gran calidade e polas innovacións que incorporaba. Foi autor do reloxo da Catedral de Toledo. • José Rodríguez Losada, nado cerca de Puebla de Sanabria, cuxa extensa obra se realiza basicamente en Londres a onde se foi por razóns políticas pero para congraciarse co goberno español regalou á cidade de Madrid, sobre 1860, o famoso reloxo do Sol. Constrúe todo tipo de reloxos pero especialmente para observatorios astronómicos, a mariña mercante e para a armada de varios países. • Alberto Billeter, suízo afincado en Barcelona en torno a 1850, fabricou importantes series de reloxos de gran tamaño desde o seu obradoiro do barrio de Gracia. O reloxo Big Ben da torre de Londres foi construído por Edward John Dent cun novidoso sistema de péndulo e instalado en 1859. A partir de finais do s. XIX é cando o mundo da reloxaría toma o impulso definitivo ao constituírse empresas de produción en grandes series, especialmente en Suíza, Alemaña, Francia, Inglaterra, EE.UU., Xapón e Rusia, que permitirían a especialización en maquinarias e oficios. A investigación e o deseño desembocaron na ampla variedade de tipos de técnicas de medición, na alta calidade de produtos acabados, e nos artísticos e sorprendentes modelos de reloxos que coñecemos actualmente, provocando a paulatina desaparición de reloxeiros individuais ou de pequenos obradoiros.

Toda a reloxaría de hoxe é o resultado de moitas horas dedicadas á observación, a pensar, ao estudo, á formación, a moita vocación, á persecución da mellor precisión, ao mellor deseño, á innovación, á busca da diferenciación e ao amor pola obra ben feita. Todo un desborde de técnica, oficio, paixón, traballo e imaxinación, por iso un reloxo non debe verse só como un produto de consumo, a destruír co uso diario, senón como o marabilloso resultado final da técnica, o traballo e a arte dos expertos reloxeiros que traballaron nel, un patrimonio a legar ás xeracións que nos seguirán. COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA

www.coxga.es

11


OFICIOS XEMOLOXÍA Cristobal Fernández Casas

Texto e Imaxe

As vantaxes do certificado xemolóxico

Colexiado n.º G0062 www.ferpejoyeros.es

U

n elemento moi importante, aínda que desafortunadamente hoxe pouco utilizado polos xoieiros como complemento nas nosas vendas, é o certificado das xemas ou xoias que ofrecemos nos comercios. Neste artigo intentarei explicar en que consiste e cales son as vantaxes que pode ofrecer, tanto aos profesionais como ao cliente que entra nas nosas tendas.

O primeiro que convén aclarar é que un certificado non é a habitual “tarxeta” de garantía que, con bo criterio, damos ao cliente xunto coa factura e na que se da conta das características da xoia que se vende. Un certificado debe en primeiro lugar ir asinado por un xemólogo ou avalado por un laboratorio xemolóxico contrastado, pois son estes profesionais os únicos con preparación e coñecementos suficientes para dar conta das calidades desas xemas ou xoias que as inclúan. Nel irán expostos todos os datos obtidos polo xemólogo despois de ter realizadas as análises correspondentes. Un certificado analiza unhas determinadas xemas e desagrega as súas calidades, pero non da información sobre prezos (iso sería una tasación). Este profesional tamén terá a honestidade de dicirnos se esa xema debe ser remitida a un laboratorio máis importante se ten calquera dúbida que el non puidese responder ou se precisase unha proba máis específica. Isto é cada vez máis importante pois todos os días temos noticias de novas sínteses de xemas, tratamentos, etc. Así, o documento validado por un profesional vólvese cada vez máis indispensable para poder ofrecer aos nosos clientes unha información máis exacta do que lles vendemos.

Reprodución facsímil do Lapidario (c. 1253), un tratado médico e máxico sobre as propiedades das pedras, encargado polo rei Alfonso X O Sabio

Turquesa, hematite, crisocola e ollo de tigre (primeira fila) cuarzo, turmalina, cornalina, pirita e suxilita (segunda fila) malaquita, cuarzo rosado, copo de neve, rubí e ágata (terceira fila) xaspe, amatista, calcedonia bandeada e lapislázuli (cuarta fila)

Existen diversos tipos de certificados no mercado e cada laboratorio ou xemólogo ofertan distintos modelos cada un deles adaptándose ás nosas necesidades, desde o certificado xemolóxico no que se explican a natureza dunha xema determinada ou se desagregan as súas calidades, ata o informe xemolóxico de xoias, nos que se analizan as pedras preciosas montadas nunha alfaia, pasando polos

Para contactar con algún xemólogo colexiado, consultar coa oficina de Coxga: 981 598 858 (de luns a venres, 9h - 14h e 16h30 - 19h30) ou info@coxga.es

12

ALENTO

NÚM. 4

DECEMBRO 2013

pre-certificados, os ditames verbais, informes, etc. É importante recordar que cada xemólogo ou laboratorio poden seguir unhas regras distintas na forma de clasificar unha xema (que estará baseada nos criterios da escola na que estudou) e outorgarlle unha determinada calidade, pero tamén o é que lle ofrecerá toda a información sobre as equivalencias con outros sistemas de uso común. Tanto para o vendedor como para o cliente as vantaxes dunha peza certificada son claras: unha terceira persoa, coa formación necesaria e sen relación nesa transacción avala unhas determinadas calidades por escrito. O xoieiro pode saber con máis exactitude o que vende e o comprador saber que paga a cantidade adecuada a unhas características. Pero aínda hai máis vantaxes que nos poden ofrecer os certificados, como ser necesarios para realizar un seguro das nosas xoias, como proba en caso de roubo, para unha posterior tasación, etc. Non debemos, xa por último, ver o feito de certificar xemas ou xoias como un gasto, senón máis ben como unha inversión. O costo é insignificante en comparación co prezo final e as vantaxes que nos pode dar así como a seguridade e impresión de relación comercial honesta que lle reporta ao cliente final merecen a pena.


COLEXIADOS | opinión

Por que? por Sergio Pesqueira Fariña fillo de Rosa María Fariña Pérez. Colexiada n.º A0574

Por que non somos máis competitivos? Por que dei­ xamos que se esvaezan tantos coñecementos da nosa xoiaría e reloxaría? Pois se lles digo a verdade non teño nin idea de como somos capaces de levar a cabo actos tan inconscientes. De feito quero dedicarlles este artigo a todos eses profesionais da xoiaría e reloxaría que levan toda a vida dedicados a este gremio tan apaixonante, a esas persoas que se retiran no silencio, aos que ninguén lles agradece tantos anos de dedicación, e en moitos destes casos comezando a traballar aos catorce ou dezaseis anos. Quero agradecerlle o seu esforzo, quero transmitirlles

a miña mais sincera gratitude pola súa achega ao noso gremio, pero sobre todo quero facerlles saber que se aínda lles quedan folgos e pensan coma min, deberíalles parecer moi triste que todo o seu saber se esvaeza no tempo sen deixar pegada ningunha. Dende o meu humilde punto de vista, penso que poderíamos ser moito máis competitivos se non deixáramos marchar tan valiosos coñecementos, que na maioría dos casos poderían supoñer unha vantaxe competitiva. Dende aquí invito á directiva do Colexio a recoller información para crear unha escola destes impresionan­

tes mestres reloxeiros e xoieiros que poderían facer que nun segundo grao de aprendizaxe, despois da Escola do Atlántico e da Mestre Mateo, se perfeccionase a magnífica labor destes centros; ou cando menos, xa que temos escolas de xoiaría, non deixemos escapar os coñecementos de reloxaría da nosa comunidade,

que son moitos e de enorme importancia e calidade. Por que non unha escola de reloxaría? Posdata: dedicado a Anto­ nio Piñón, un magnífico re­lo­ xeiro, que coñezo e unha das mellores persoas coas que trato.

desemprego é culpa nosa, por facer o traballo de varias persoas. E outras penso que non é xusto que se fale a cotío de que os traballadores por conta allea cobran menos que antes por traballar máis horas, cando ninguén ten en conta as horas que traballamos demais os autónomos, sen saber sequera se imos gañar ou perder.

O que está claro (polo menos para min), é que sen axudas directas e áxiles en canto á solicitude e ao cobro, dificilmente poderemos consolidar o noso mercado exterior. Pero a pesar de todo síntome un privilexiado por traballar no que me gusta.

Joyería Rosant (Marín) www.joyeriarosant.com

O superautónomo por Juan F. Lamas. Colexiado n.º C0290

Para unha microempresa como a nosa, a consolidación dun mercado exterior pode chegar a ser unha tarefa esgotadora, en tódolos aspectos. Analicemos a participación nunha feira profesional no exterior: 1. Solicitude; 2. Contratación do espazo, dos diferentes servizos, dos pases, dos intérpretes…; 3. Preparación da viaxe; 4. Envío dos elementos decorativos e mostraxes; 5. Envío de invitacións; 6. Mailing; 7. Desprazamento ao lugar de celebración; 8. Desenrolo da feira; 9. Viaxe de volta; 10. Xestión dos pedidos e contactos; 11. Envío de proformas, catálogos e correos de agradecemento; 12. Xestión dos cobros (e impagos); 13. Fabricación e envío dos pedidos…

Máis ou menos este é o proceso de participación nunha feira, e seguro que me deixo algún punto. En canto ao aspecto económico, é un continuo trasego de pagos que dificilmente se poderán compensar cos pedidos realizados, e sen ter en conta as horas de traballo que lle dedicamos nós mesmos. E o peor de todo: ao pouco tempo de chegar dunha feira, cando aínda non che deu tempo case de cobrar ningún pedido, xa tes que empezar a solicitar as feiras da campaña seguinte, cos seus conseguintes pagos. Ás veces síntome como un super heroe: ‘O superautónomo’ ou ‘Autónomo Man’. Outras veces chego a pensar que o problema do

www.silvereira.com COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA

www.coxga.es

13


FORMACIÓN Texto e imaxe

Susi Gesto

Colexiada n.º A0500 Taaroa diseño susigesto@hotmail.com

Os sapos e nós, as mulleres

D

ende que voltei ao meu lugar, na astilleira de traballo, e a medida que pasaban diferentes pezas de ourivería polas miñas mans, xurdiume un especial interese polo Sapo, peza raíña da ourivería tradicional galega. Un interese que ía máis alá dos porqués das súas formas, do porqué da súa denominación, do porqué da súa importancia simbólica e de outros moitos máis porqués… Ademais da importancia da súa descontextualización da vestimenta tradicional e do traslado deste á actualidade. Pensei en tolear coma sempre, tiña xa unha nova obsesión, “os sapos”. Comprendín a medida que pasaba o tempo a súa importancia, pois crin ver a mulleres con nome propio en cada unha destas pezas… fantásticas mulleres cos seus defectos e virtudes que me querían falar de algo, quizais a historia das súas antecesoras, e mesmo a súa propia historia, preparando unhas fortes raizames para o que estaba por vir. Na súa alquimia, nos procesos de creación de cada un destes sapos, comecei case sen darme conta a falar con eles, e en cada un vía a unha muller en diferentes estados, pois mesmo na súa orixe, na composición da filigrana, tes a obriga de imprimirlle a personalidade adecuada, xa que terá que fusionarse coa muller que o leve. O lume fai resaltar as súas paixóns máis agochadas. Cando lle limas os cantos déixase levar e é ela, este novo sapo, a que escoita as miñas inquedanzas. Ao branquexar acomódanse na auga en paz, onde non queren falar nin escoitar, só voar. Cando as somerxes no óxido asemella un corpo desencaixado rodeado de sangue, desacougándome por completo. Cando lle traballas o acibeche, érguese como se dunha forza da natureza se tratara. Chegado ao seu remate, no pulido final, vístelas de gala para que se sintan bonitas por elas mesmas. Na miña busca sobre os seus porqués atopara, xa hai tempo, diferentes teorías sobre a súa definición, unha de Fernando Fernández Vilanova e outra de Rafa Quintía Pereira, mais sentía que era pre14

ALENTO

NÚM. 4

ciso profundizar máis no tema, tíñame inquieta. Eu precisaba dunha visión feminina; quizais a miña propia visión, a cal ata o momento non estaba preparada para tan tremenda explosión de pensamentos que non sabía como ordenar e plasmar con palabras. Intenteino, mais non sabía o modo de comunicalo, non era experta nas letras nin nese tipo de expresión artística. Fai só uns días recibín un fermoso correo de Chus Pato, escritora galega, dona dun sapo que fixen recentemente,

DECEMBRO 2013

cando lin o texto apareceu ante min un milagre que me fixo ver que o noso diálogo, en todo o proceso de alquimia, fora algo real. Desde que teño acordanza lembro os sapos: ese lóstrego de luz sobre a brancura, o brillo do acibeche do lado da dozura do veludo. Lembro os sapos como un desexo e un imposíbel porque se algo tiña claro ao respecto era o feito de que eu nunca vestiría un traxe de galega, nin o rústico nin o de gala, e sendo así… sendo así eu non podería lucir nunca un sapo.


Así que o sapo estivo alí, desde o comezo, era o comezo. Un bo día, era o día dunha cerimonia á que asistía convidada, con abraio e deleite vin cinco, se cadra seis ou sete mulleres que coma min eran convidadas e portaban sapos pero non ían vestidas de galegas, ían de gala. Ese intre foi o dunha revelación, un sapo podía levarse sen o traxe tradicional, encarguei o meu. E de que me protexe o sapo? Fundamentalmente de min mesma, protéxeme da miña impaciencia, da ansiedade que tantas veces me traizoa, protéxeme da miña inseguridade, da envexa e da ambición que por veces sinto e que tanto me desacougan, protéxeme da miña lingua que tan a miúdo me enlea no que non quero, protéxeme, en definitiva, do mal demo que eu mesma son e que fai escoller mal e trabucar os camiños. Pero, se cadra, o máis e o mellor do meu sapo é que sei por il que todas as miñas antepasadas con todas as súas memorias están enrodeladas nel e por iso o meu sapo pode protexerme de min mesma, porque todas as que me precederon velan nel por min e din os seus consellos e o seu sosego. Elas, as que habitan na inmemorial memoria do sangue están nel, na noite, na luz, no brillo, no amor do meu sapo, no seu cantar, na súa palabra inesquecíbel, esa que ninguén di e que todas escoitamos. Chus Pato.

Os Sapos Teorías sobre a súa denominación En Galicia o sapo, que é a alternativa tradicional, acadará o perfil de xoia por excelencia pola súa variedade, riqueza decorativa e compromiso estético coas formas que se labraban no país. “O seu nome procede da voz castelá conque se coñecían as rosas de peito, chamadas popularmente galapago. A denominación ven suxerida pola súa semellanza coas formas acorazonadas das tartarugas, ao constar dunha forma aconvexada adornada con pedras preciosas en cabuxóns. O sapo, cunha estruturación ornamental desenvolvida en plano, recolle esta identificación zoomórfica cun animal menos distante, que cos seus ollos saltóns e pel verrugosa concita esta analoxía. Na súa iconoloxía popular máis primitiva, o identificaba co órgano sexual feminino e con todo o proceso reprodutivo.” A ourivería tradicional en Galicia, Fernando Martínez Vilanova Engade ademais o antropólogo Rafael Quintía nun artigo “Existe unha relación entre colgantes profilácticos e sapos xa que, como remedio para trata-lo mal de pezoña e o aire de bicho, pendurábase ó pescozo unha bolsiña negra que levaba dentro un sapo seco. Había que colle-lo sapo vivo e metelo nun bote pechado ata que morrese alí dentro de fame e ficase o seu corpo todo seco polo tempo. Despois metíase este sapo na bolsa que se cosía cunha cinta e este amuleto había que portalo pendurado ó pescozo polo tempo necesario para que remitise o mal. Así se recolleu no concello pontevedrés de Vilaboa. Tamén se usaba como amuleto unhas figuriñas que representaban ó sapo e que se ataban ós pulsos para librarse do mal de aire.” TÍTULO: Cornos, cairos, pezuños e outros amuletos de orixe animal. Autor: Rafael Quintía Pereira. Revista electrónica Galicia Encantada. Ano 2010. ISSN: 1887-2859.

Moitas grazas Chus. COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA

www.coxga.es

15


FORMACIÓN Texto e imaxe

Luis González Bahamonde Colexiado n.º E0519 Ardentia xoiajeweljoya www.ardentia.es

Buscando camiños para os nosos negocios

E

ste novo número de Alento, que estás lendo, confirma que pese a esa “chica” chamada crise, as persoas que temos proxectos seguimos traballando e agora se cadra máis ca nunca. Vin coma todos, durante estes últimos meses, algúns sinais de cambio, e hoxe gustaríame comentarvos un, que, ao meu modo de ver, destaca sobre os demais e que se cadra podería ser o cambio máis influínte para o futuro máis inmediato das nosas empresas.

Este é outro enfoque dos novos modelos de traballo de cara ás contornas colaborativas, buscando sinerxías coas empresas que nos rodean, de maneira que nos aporten retorno e compromiso nos nosos proxectos ou negocios, facendo desta premisa a base de toda relación comercial. Baixo esta fórmula, diferentes profesionais, fabricantes e comerciantes vincúlanse dunha maneira máis directa, obtendo beneficios mutuos dunha maneira moi inmediata e equilibrada. A través destas novas relacións de traballo, creo que empezamos a deixar de lado as influencias dunha feroz globalización, na que queríamos mellorar os nosos marxes en función duns costos baixos, (ignorando incluso nalgúns casos, como se conseguían eses prezos). Unha das consecuencias máis evidentes disto foi a importante perda de calidade e identidade dos nosos negocios, dando resultado a un sector gris no que todos temos practicamente a mesma oferta de produto. Outra das consecuencias non deixa de ser menos importante: a perda patrimonial que significa que os artigos do noso almacén non aguanten ben o paso do tempo, desde o punto de vista do deseño e da calidade. Isto representa, para un negocio como o da xoiaría, perder unha das súas maiores fortalezas, ao traballar con produtos nos que a materia prima xa ten un valor económico importante, con respecto ao costo total, tendo en conta tamén a outra característica 16

ALENTO

NÚM. 4

dunha certa atemporalidade. Este feito non se beneficia se lle engadimos que algúns establecementos viron certo futuro en vender bixutaría en vez de xoiaría. Creo que unha revisión máis pausada da situación nos clarificaría o que en realidade necesitamos e o que non, e ademais nos podería axudar a poñer cada cousa no seu sitio.

Sinceramente creo que, hoxe por hoxe, buscar a personalidade do noso negocio, combinar valores e tendencias relacionadas coa moda, na proporción axeitada, buscar compañeiros de camiño comprometidos cos resultados do seu produto nos nosos negocios, e un servizo post venda de luxo para os nosos clientes, poderían ser algunhas das claves no futuro dos nosos negocios. Como estes días estou traballando en diferentes proxectos con varias empresas nas que o denominador común é a contorna colaborativa, podo contarvos que nos relacionamos prestando servizos que están comprometidos cos resultados, como unha maneira de asegurar a continuación da prestación destes. Ben, dito isto, non estou traballando cun técnico que pertence a una empresa ou unha multinacional senón directamente

DECEMBRO 2013

Ardentia. Colección Haz Enves Outono 2013

co profesional. Facendo isto percibín enseguida unha mellora da comunicación, dos costos, da implicación, e polo tanto, dos resultados. Incluso xa están aparecendo no mercado formulacións como: “Se non hai resultados, non hai costo.”, vinculando este ao retorno obtido e froito dos servizos prestados, así nos convertemos todos en compañeiros de viaxe, e repartimos o éxito ou o fracaso deixando de lado moitas das incertezas que supoñen investir en momentos como estes que vivimos actualmente. Temos casos de éxito de referencia do que significou eliminar intermediarios do proceso de comercialización como é Zara, ao que moitas empresas se apuntaron recentemente, mentres outras o ignoramos, sen caer en facernos preguntas como: “Realmente para quen traballan os nosos comercios?”, “Que equilibrio de forzas temos cos nosos provedores?”, “Cales son os seus plans e que lugar ocupamos neles?”, “Que información lles estamos proporcionando dos nosos negocios?”, “Están claros os obxectivos e o compromiso de futuro?”. En definitiva, temos que pensar en traballar con aqueles provedores de servizos ou de produtos que máis alá do prezo aporten valor aos nosos negocios ou empresas, a través do compromiso, da implicación, do deseño, do servizo e, como non, a partir de aí virán os resultados.


COX G A Campaña Nadal 2013. Leva un diamante de regalo

Este Nadal regala calidade e garantía Este nadal regala xoiaría e reloxaría de calidade; asesórate cun profesional colexiado. Ademais, poderás gañar un diamante excepcional dun quilate en 200 dos nosos establecementos. Búscaos na web do Colexio Oficial de Xoiaría coxga.es e terás a garantía de acertar co teu regalo. Para esta V edición da Campaña de Nadal do COXGA, ademais de apostar, coma sempre, pola sensibilización xenérica do consumidor sobre a importancia de dirixirse a un profesional colexiado para garantir a calidade da súa compra, acordouse darlles un apoio visible aos profesionais que colaboran economicamente na campaña, dándolles a posibilidade de sortear entre os seus clientes un diamante dun quilate, cedido pola empresa Facet. Entre o luns 16 de decembro e o 6 de xaneiro 2014, os establecementos repartirán os boletos para participar no sorteo, que forma parte da Campaña global que xa empezou o domingo 1 de decembro (aproveitando o día de San Eloi, patrón dos xoieiros) circulando por toda Galicia, nas traseiras de autobuses. Tamén está presente en radio, anunciando o sorteo do dia-

Imaxes da campaña: adhesivo, urna e autobús.

mante en 200 dos establecementos de profesionais colexiados. Estes estarán identificados co adhesivo coa imaxe da campaña, na porta ou no escaparate, e cunha urna onde depositar o boleto para participar no sorteo. As bases completas do concurso, así como os enderezos dos establecementos de profesionais colexiados participantes e patrocinadores están dispoñibles durante toda a campaña na web do COXGA: coxga.es Na oficina do COXGA aténdense igualmente todas as dúbidas do público e dos profesionais. O sorteo do diamante H/VS2 de 1,04Ct, que se entrega con certificado, terá lugar o luns 13 de xaneiro 2014. A persoa que o gañe terá, evidentemente, todas as facilidades para contratar na mesma xoiaría o engarzado do diamante, se así o desexa.

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA

www.coxga.es

17


COXGA

O COXGA responde 1

Estou colexiado, podo solicitar a visita do Colexio?

Si. Pode chamar á oficina do Colexio ou enviar un correo electrónico para comunicar o seu interese na visita e, a continuación, acordarase o día e hora da mesma. Se non hai solicitudes, o Colexio realiza visitas aos colexiados, habitualmente os venres, de forma aleatoria, para coñecer de primeira man cales son as necesidades do sector, e poder adaptar, na medida do posible, as liñas de traballo futuro.

2

Como podo saber se un xoieiro, ourive, prateiro, reloxeiro ou xemólogo está colexiado?

Esta información está dispoñible na web do Colexio www.coxga.es no apartado “Censo de colexiados” do Portelo único, de acceso xeral para todos os cidadáns e colexiados. Aí poderá localizar a todo colexiado e consultar os seus datos profesionais: número de colexiado, enderezo profesional e situación de alta no Colexio (exercinte ou non exercinte).

gal” e agardar a recibir un correo electrónico co seu contrasinal. Finalmente, para acceder á área reservada a colexiados, debe cubrir o apartado de acceso a colexiado da web co seu NIF e contrasinal.

4

En que consiste a tasación dunha xoia? Para que serve a tasación?

A tasación dunha xoia é a valoración económica da mesma, subscrita por un xemólogo-tasador, previa análise das xemas e demais elementos que a compoñen. A tasación dunha xoia é de grande utilidade porque nos permite coñecer o valor de mercado actual da mesma e iso é fundamental para realizar unha boa operación de compra ou venda, para xustificar a propiedade en caso de roubo, en casos de separación de bens, partición de herdanzas ou para asegurar a xoia.

Tamén pode chamar á oficina do Colexio (981 598 858), de luns a venres en horario de 9 a 14h e de 16h30 a 19.h30, ou enviar un correo electrónico, indicando o nome e/ou apelidos do profesional que desexa consultar.

3

Como podo acceder aos apartados reservados a colexiados na web de Coxga?

Para acceder á área restrinxida a colexiados debe rexistrarse como usuario, cubrindo o formulario que atopará na páxina web. Unha vez cumprimentados os datos requiridos, debe facer clic no botón “Desexo rexistrarme e acepto o aviso le-

18

ALENTO

NÚM. 4

DECEMBRO 2013

5

Como me podo poñer en contacto cun tasador?

O Colexio Oficial de Xoiaría (COXGA) dispón dunha listaxe de tasadores de toda Galicia a disposición de colexiados, particulares e xulgados. En caso de estar interesado en contactar cun tasador, pode dirixirse á oficina do Colexio por teléfono ou correo electrónico e remitiranlle esta listaxe de tasadores actualizada.


6

Para que vai servir a nova pegatina dourada do 2014?

Serve, por un lado, para que os consumidores poidan identificar facilmente aqueles establecementos que contan con algún colexiado exercinte que poida ofrecer un asesoramento profesional e, por outro lado, serve para que os establecementos que a posúan se diferencien con esta imaxe de garantía de profesionalidade. O Colexio ten a previsión de repartir, cada ano, unha pegatina dunha cor diferente entre todos os establecementos con algún colexiado exercinte.

8

Podo realizar unha xoia e vendela sen o punzón do laboratorio de contrastación de Metais Preciosos, tendo en conta que lle entrego un certificado meu?

Non, todos os obxectos de metais preciosos (ouro, prata, platino, así como as aliaxes destes metais entre si ou con outros) que se comercialicen deben estar marcados cos debidos contrastes: punzón de identificación de orixe (fabricante ou importador) e punzón de garantía (do Laboratorio de Contrastación de Metais Preciosos). Siglas dos laboratorios de contrastación de metais nas marcas de punzóns de garantía:

7

Que é SEPA? Cando se empezará a aplicar?

A SEPA son as siglas en inglés de Zona Única de Pagos en Euros. Trátase dunha área cun sistema común de medios de pago en euros (transferencias, domiciliacións bancarias e pagos con tarxetas), creada para garantir que os pagos entre os estados adheridos teñen a mesma facilidade, eficiencia e seguridade que os pagos internos dentro dun Estado. O ámbito xeográfico de SEPA inclúe aos países da Unión Europea e, ademais, a Noruega, Liechtenstein, Islandia, Suíza e Mónaco. A partir do 1 de febreiro de 2014 será obrigatoria a utilización dos sistemas de pago SEPA. Para iso, as empresas deberán actualizar a súa documentación para que na mesma consten os IBAN de traballadores, clientes, provedores, etc., así como facilitar a provedores os IBAN propios. O IBAN é un código que serve para identificar unha conta bancaria a nivel internacional. En España, está composto por 24 díxitos: ES (código de país para España), un número de control (dous díxitos) e o CCC da conta corrente (20 díxitos).

Andalucía

A

Extremadura

E

Aragón

AR

Galicia

G

Asturias

AS

La Rioja

R

Baleares

B

Madrid

M

Canarias

CS

Murcia

MU

Cantabria

CA

Navarra

N

Castilla-La Mancha

CM

País Vasco

PV

Castilla-León

CL

Valencia

V

Cataluña

C

9

Como me podo poñer en contacto coa oficina do Colexio?

Para contactar coa oficina do Colexio pode chamar ao teléfono 981 598 858, de luns a venres en horario de 9 a 14h e de 16h30 a 19h30 ou enviar un correo electrónico a info@ coxga.es. En ambos casos será atendido por Loli López ou Lupe Santiso, persoal do Colexio.

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA

www.coxga.es

19


NO R MA TI V A

por J. Carlos García Cumplido (Asesor Xurídico do Coxga)

Teño un establecemento de xoiaría e notificáronme unha solicitude de arbitraxe de consumo. Estou obrigado a aceptala? Que teño que facer?

A

arbitraxe de consumo é unha vía extraxudicial voluntaria de resolución de conflitos entre empresas e consumidores. É un sistema rápido, eficaz e sen custes e, ademais, ten carácter vinculante e executivo para ambas partes (o laudo, a resolución ditada polo órgano arbitral, ten os mesmos efectos que unha sentenza xudicial firme).

Ó ser un procedemento voluntario, a empresa pode aceptar ou non a arbitraxe. En caso de aceptación, o sometemento ao sistema arbitral pode facerse de dúas formas: • para un caso concreto, ou • realizando previamente unha Oferta Pública de Adhesión ao sistema arbitral: compromiso da empresa de resolver a través da arbitraxe calquera controversia que nun futuro lle poidan plantexar os consumidores.

• Se a súa empresa non está adherida ao sistema arbitral de consumo, ten a opción de aceptar ou non a arbitraxe. Se acepta, deberá devolver cuberta e asinada no prazo de 15 días a solicitude de arbitraxe que lle remitiron coa notificación. Así mesmo, neste prazo debe formular as alegacións que estime oportunas, presentar os documentos que conX U N T A X U N sidere T A pertinentes e propoñer probas. ARBITRAL ARBITRAL

DE CONSUMO DE GALICIA

DE CONSUMO DE GALICIA

C

A oferta pública de adhesión ao sistema arbitral realizada por unha empresa pode ser xeral (para calquera discrepancia que poda xurdir) ou limitada (para determinados conflitos).

Identificadores

X U N T A ARBITRAL DE CONSUMO DE GALICIA

R B I de T calidaRAL O uso do distintivo supón unha garantíaA adicional DE CONSUMO de dos produtos e servizos que ofrece a empresa pois proporDE calquera GALICIA ciona aos seus clientes a posibilidade de resolver conESTABLECEMENTO troversia de forma rápida, eficaz e sen os custes que se derivan ADHERIDO dun proceso xudicial.

ESTABLECEMENTO ADHERIDO

ARBITRAXE Neste caso, se a solicitude entra dentro do ámbito da Oferta DE CONSUMO de Adhesión (no suposto de adhesión limitada), ten 15 días para formular as alegacións que estime oportunas, presentar os documentos que considere pertinentes e propoñer probas. CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

20

ALENTO

NÚM. 4

DECEMBRO 2013

Establecemento adherido

Por tanto, tendo en conta o anterior, para dar resposta á súa consulta debemos diferenciar dous supostos: • Se realizou unha Oferta Pública de Sometemento ao Sistema Arbitral de Consumo, xa aceptou a arbitraxe e, por tanto, iníciase o procedemento arbitral.

ANEXO

ARBITRAXE DE CONSUMO CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

X U N T A ARBITRAL DE CONSUMO DE GALICIA Establecemento adherido (oferta limitada)

Este sometemento á arbitraxe permítelle á empresa exhibir nos escaparates e en calquera documentación comercial un dos dous distintivos de adhesión aprobados oficialmente, segundo realizara unha oferta de adhesiónX plena limitada. Uou N T A

ESTABLECEMENTO ADHERIDO

ARBITRAXE DE CONSUMO CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA


4º. Que este compromiso de adhesión ao Sistema Arbitral de Consumo formúlase optando 3 por: Que a arbitraxe sexa resolta XUNTA ARBITRAL DE CONSUMO DE GALICIA

En equidade

Avda. Gonzalo Torrente Ballester, 1-5 baixo 15707 SANTIAGO DE COMPOSTELA Tel. 981 54 53 86 - Fax 981 54 45 98 www.igc.xunta.es

En dereito En equidade ou dereito, a elección do consumidor Que, con carácter previo ao coñecemento do conflito polos árbitros:

Non se intente a mediación

SISTEMA ARBITRAL DE CONSUMO OFERTA PÚBLICA DE ADHESIÓN

Que esta oferta pública de adhesión

1

NOME E APELIDOS OU RAZÓN SOCIAL : NIF/CIF:

teña carácter indefinido, salvo denuncia da oferta con meses de antelación. se realiza polo período de prorrogable por .............

NOME COMERCIAL:

ENDEREZO SOCIAL:

CÓDIGO POSTAL:

LOCALIDADE:

PROVINCIA:

ENDEREZO PARA NOTIFICACIÓNS:

CÓDIGO POSTAL:

..............

........................, (non inferior a 1 ano)

No caso de que non cubra unha ou algunha das opcións anteriores, entenderase respectivamente, que realiza a súa oferta pública de adhesión á arbitraxe en equidade, por tempo indefinido e con aceptación da mediación previa.

5º. Que autorizo á Xunta Arbitral de Consumo de Galicia e ao Instituto Nacional de Consumo a cesión dos datos de carácter persoal incluídos nesta oferta pública de adhesión que sexan necesarios aos efectos de divulgación de publicidade de divulgación de adhesión, así como a cesión ás Xuntas arbitrais de Consumo, aos interesados PROVINCIA: lexítimos e a cantos interveñan no procedemento arbitral.

LOCALIDADE: TELÉF.:

se intente a mediación

FAX:

ENDEREZO ELECTRÓNICO: ................ de ....................................... de ............

PÁXINA DE INTERNET:

ACTIVIDADE:

REPRESENTANTE LEGAL:

Asdo.: DNI:

CARGO:

DECLARA 2

1º. Que desenvolve a súa actividade en:

2º. Que actúa en representación da empresa ou como profesional con poder de disposición, previo acordo no seu caso do órgano de goberno correspondente. Advertencia: De acordo coa Lei 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal e a súa normativa de desenvolvemento, advírteselle ao solicitante da existencia dun ficheiro automatizado do que a súa estrutura e finalidade é a prevista na Orde do 17 de xaneiro de 2003 da Consellería de Industria e Comercio.

MANIFESTA

A L O A

Así mesmo, infórmase ao solicitante da posibilidade de exercitar os dereitos de acceso, rectificación, 1º. Que mediante a sinatura deste documento formula oferta pública unilateral de adhesión ao Sistema Arbitral de O responsable do ficheiro é o Instituto Galego de Consumo, con enderezo social cancelación e oposición; Consumo regulado no Real Decreto 231/2008, do 15 de febreiro. na Avda. Gonzalo Torrente Ballester, 1-5 baixo, Santiago de Compostela. 2º. Que coñece a regulación do Sistema Arbitral de Consumo contida no Real decreto 231/2008, do 15 de febreiro, e acepta que os conflitos que poidan xurdir cos seus consumidores sexan resoltos a través do procedemento previsto na dita norma, pola Xunta Arbitral de Consumo competente conforme ao previsto no artigo 8 do citado Real Decreto.

XUNTA ARBITRAL DE CONSUMO DE GALICIA

3º. Que tendo en conta o ámbito territorial da súa actividade, a súa adhesión ao Sistema Arbitral de Consumo prodúcese a través das Xuntas Arbitrais de Consumo constituídas ou que poidan constituírse no dito ámbito territorial de actividade. 3 1

Opte por algunha das fórmulas que se indican.

Persoas xurídicas.

2 Indicar o municipio, mancomunidade (e en tales casos, a provincia á que pertence o municipio ou mancomunidade), provincia ou Comunidade na que desenvolve a súa actividade empresarial ou profesional. Se desenvolve a súa actividade en máis dunha Comunidade Autónoma, indicar “ámbito supraautonómico” ou “ámbito nacional”.

X U N T A ARBITRAL Se non acepta a arbitraxe nese prazo ou a rexeita expresaDE CONSUMO mente, arquivarase o expediente por esta vía, quedando DE GALICIA ESTABLECEMENTO aberta a vía xudicial. ADHERIDO

En caso de aceptación, tanto se a empresa estaba previamente adherida como se acepta a arbitraxe para este caso concreto, procederase do mesmo xeito: nomeamento do órgano arbitral que vai decidir sobre o conflito, citación a unha audiencia para que cada parte poda manifestar o que estime conveniente e, por último, o órgano arbitral ditará o laudo que resolverá o conflito. ARBITRAXE

DE CONSUMO

No caso de que chegue a un acordo coa outra parte ao longo do procedemento, ditarase un laudo conciliatorio que tamén ten os mesmos efectos que unha sentenza xudicial firme.

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

Lexislación Real Decreto 231/2008, de 15 de febreiro, polo que se regula o sistema arbitral de consumo. A Oferta Pública de Sometemento ao Sistema Arbitral pode facerse por escrito, por vía electrónica ou en calquera outro soporte que permita ter constancia da presentación e da súa autenticidade. Dende a páxina web do Instituto Galego de Consumo (http://igc.xunta.es) pódese descargar un modelo de adhesión para empresas. A solicitude pode presentarse tanto no rexistro da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia (Avda. Torrente Ballester, 1-3-5 Baixo, 15707 Santiago de Compostela. Correo-e: igc@xunta.es) como en calquera rexistro administrativo estatal, autonómico ou local (con portelo único) ou por Correos (carta certificada).

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA

www.coxga.es

21


NO R MA TI V A

por J. Carlos García Cumplido (Asesor Xurídico do Coxga)

En que casos podo facer liquidación de existencias?

A

venda en liquidación ten por finalidade a extinción de determinadas existencias do establecemento e o comerciante pode levala a cabo nos seguintes casos:

• Cese total ou parcial da actividade comercial.

A duración máxima da venda en liquidación é de seis me-

• Cambio de rama de comercio ou modificación importante na orientación do negocio.

ses, agás no suposto de cese total de actividade que será dun

• Cambio de local ou realización de obras importantes que requiran o peche do local.

Na oficina temos, á disposición dos colexiados, impresos

• Causa de forza maior.

ano. tipo para comunicar á Xefatura correspondente o inicio da liquidación.

A liquidación ten que levarse a cabo no establecemento de venda habitual (que vai realizar obras, pechar...) e so pode afectar aos artigos que forman parte das existencias do establecemento; é dicir, quedan totalmente excluídos os artigos que non formaran parte das mesmas ou que foran adquiridos co obxecto de incluílos na liquidación. Deberá comunicarse a liquidación á xefatura territorial da Dirección Xeral de Economía e Industria con quince días de antelación á data prevista de inicio, precisando:

Xefaturas territoriais da consellería de economía e industria A Coruña: Praza Luis Seoane, s/n. - Edf. Admin. Monelos, 2º - 15008 A Coruña Lugo: Edf. Administrativo Ronda da Muralla, 70 - 27001 Lugo Ourense: rúa Curros Enríquez, 1-4º - 32001 Ourense Pontevedra: rúa Fernández Ladreda, 43-5º - 36003 Pontevedra

• causa da venda en liquidación, • data de comezo,

Mostra cartel liquidación.

• duración, • data de finalización. Se non se pode presentar a comunicación nos rexistros das diferentes xefaturas territoriais, pódese presentar en Correos (carta certificada) ou nos rexistros de calquera órgano da administración do Estado, Comunidades Autónomas ou Concellos (con portelo único). Ademais, hai que exhibir nun lugar visible do establecemento unha copia desta comunicación. Nos anuncios de venda en liquidación, tanto os que se fagan no propio establecemento como na publicidade que se realice, hai que indicar: • causa da venda en liquidación • data de comezo e • duración

22

ALENTO

NÚM. 4

DECEMBRO 2013

Lexislación Lei 13/2010 de 17 de decembro, de comercio interior de Galicia Lei 7/1996 de 15 de xaneiro, de comercio retallista


ZONA VIDEOVIXIADA

Son propietario dunha xoiaría dende hai dez anos e teño en proxecto abrir un novo establecemento o vindeiro ano. Ata cando quedou aprazada a obriga de instalar as cámaras de vídeo vixilancia? Este prazo tamén afecta ás tendas de nova apertura? No mes de agosto publicouse no BOE a Orde INT/1504/2013 que modificou os períodos de adaptación establecidos na Orde INT/317/2011 de medidas de seguridade privada. Esta modificación ampliou ata o 18 de agosto de 2021 o prazo dado ás xoiarías para cumprir coa obriga de dispor dun sistema de rexistro de imaxes. Quedou así, por tanto, aprazado o seu cumprimento ata o mesmo momento que a obriga de adaptar ao grado 3 as medidas de protección electrónicas contra roubo e intrusión. Este aprazamento afecta unicamente aos establecementos con sistemas de seguridade instalados antes do 18 de agosto de 2011, data de entrada en vigor da Orde publicada en 2011. As xoiarías de nova apertura, así como as que leven a cabo unha reforma estrutural, están obrigadas a cumprir todas as medidas de seguridade incluídas na Orde INT/317/2011.

LEI ORGANICA 15/1999, DE PROTECCIÓN DE DATOS

PODE EXERCITAR OS SEUS DEREITOS ANTE:

Neste punto, é preciso lembrar que tendo en conta o reducido volume de negocio ou outras circunstancias debidamente acreditadas, os Delegados ou Subdelegados do Goberno poderán dispensar algunha das medidas de seguridade obrigatorias a aqueles establecementos que o soliciten.

Lexislación Orde INT/1504/2013, de 30 de xullo, pola que se modifica, entre outras, a Orde INT/317/2011, de 1 de febreiro, sobre medidas de seguridade privada, e pola que se establecen as regras de esixibilidade de Normas UNE o UNE-EN no ámbito da seguridade privada.

Son propietario dunha xoiaría. Cando podo poñer rebaixas? Que artigos podo poñer á venda en rebaixas? Que preciso para poder anunciar rebaixas? Pode facer unha venda en rebaixas cando sexa do seu interese segundo o seu criterio e decidir libremente a súa duración. En canto aos artigos que poden ser obxecto dunha venda en rebaixas, son todos os que estiveron incluídos na oferta habitual da tenda canda menos no mes anterior ao inicio das rebaixas e non formaran parte de promoción algunha no transcurso do mes precedente á data de inicio das rebaixas. Ademais, non se admite a venda en rebaixas de artigos deteriorados ou adquiridos con esa finalidade e tampouco simultanear a venda en rebaixas con calquera outra promoción para o mesmo tipo de produtos. Respecto á última pregunta, para poder anunciar “rebaixas” estas teñen que afectar, polo menos, á metade dos artigos da tenda. No anuncio debe indicar de forma visible, mesmo can-

do o establecemento permaneza pechado, a data de comezo e remate de rebaixas. Os letreiros e as etiquetas deben exhibir, de forma ben visible, o prezo anterior e o novo prezo ou, en substitución deste último, a porcentaxe de redución. Se a rebaixa só comprende algúns artigos, non se pode anunciar como medida xeral, senón referida aos artigos afectados.

Lexislación Real Decreto-lei 20/2012, de 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade. Lei 13/2010, de 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA

www.coxga.es

23


T E N DE N C I A S Texto e imaxe

Katuxa Platero Seoane (excepto emperatriz Teodora) Colexiada n.º A0804 Katuxa Platero www.katuxaplatero.com

O bizantino está de moda

B

izancio foi unha das cidades máis ricas e esplendorosas (ss. V-VII d. C.) e da lugar a unha estética de luxo baseada no dourado e nas cores de pigmentación forte, así que encontrou na xoiaría unha aliada perfecta: o ouro e pedras preciosas, o sinal de identidade que serviu tamén de iconografía relixiosa coas cruces como abandeiradas deste estilo, sen esquecernos dos pendentes extra grandes, brazaletes a dúo, aneis… É natural que firmas internacionais de moda como Alexander McQueen, Chanel ou Valentino, entre outras, rendan homenaxe e recuperen o recargado gusto deste estilo con suntuosos tecidos, brocados e, como non, os complementos: cruces, tocados, brazaletes… Esta é outra proba de que arte e moda van da man. Aínda que o minimalismo impere, o luxo nestas festas de Nadal imponse, así

que ponte as túas mellores xoias, as máis grandes e ostentosas, non te cortes, brillarás nestas festas como a auténtica emperatriz Teodora, a muller máis influente e poderosa do Imperio bizantino. Aquí deixo unhas pezas da miña colección inspirada nesta gran muller: prata dourada, perlas en tamaño “XL” para que brilles como unha emperatriz do século XXI.

Collar Imperio 24

ALENTO

NÚM. 4

DECEMBRO 2013

A emperatriz Teodora nun mosaico de San Vital, en Rávena

Colección Teodora

Collar Imperio


ÚLT IMA H O RA Gala anual da xoiaría O domingo 1 de decembro, día de San Eloi, tivo lugar a Gala anual da xoiaría, en Viveiro. Nesta edición, ademais de saborear a gastronomía exquisita da zona, e de pasar un agradable momento entre profesionais, os convidados puideron presenciar varios actos:

Deseño de Sonia María: 1º premio

A entrega dos Premios do II Concurso de Deseño San Eloi 1º Premio de 1.000 euros: Sonia María Vizcaíno Ínsua. 2º Premio de 500 euros: Alberta Lorenzo Aspres. 3º Premio de 200 euros: Marta García Arcos.

Deseño de Marta García: 3º premio

Deseño de Alberta Lorenzo: 2º premio

A entrega das Seguetas de prata Estas seguetas entréganse a profesionais colexiados que levan toda a súa vida dedicada á súa profesión: Rafael Granados Guillén, da Coruña Manuel Lameiro Prol, de Vigo (Pontevedra) Jorge Cortiñas Castro, de Padrón (A Coruña) Antonio Frade Lombardero, de Santiago de Compostela (A Coruña) A entrega da Segueta de ouro Esta segueta entrégase a un profesional colexiado que leva toda a súa vida dedicada á profesión e ao sector. Este ano, a Xunta de Goberno do COXGA decidiu entregar este galardón a Orenjoya, S. A., de Ourense.

As seguetas

As fotos da Gala anual da xoiaría están dispoñibles na web do Colexio. www.coxga.es

De esquerda a dereita: Antonio Frade Lombardero, xoieiro; Sol Vázquez Abeal, Directora Xeral de Comercio (Xunta); Rafael Granados Guillén, xoieiro; Jorge Cortiñas Castro, xoieiro; Nava Castro Domínguez, directora Axencia Turismo de Galicia (Xunta); Óscar Rodríguez Blanco, xoieiro e Presidente COXGA; Raúl Rodríguez González e José Ramón Taboada Reza, de Orenjoya COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA

www.coxga.es

25


ÚLTI M A H O RA Gala anual da xoiaría A entrega da Medalla do Colexio A Medalla do Colexio entrégase cada ano a unha persoa que, non sendo profesional colexiado, destaca pola súa colaboración e especial apoio ao sector. Este ano entregouse a María Nava Castro Domínguez, directora Axencia Turismo de Galicia en recoñecemento ao traballo desempeñado durante a súa etapa de Directora Xeral de Comercio, na Xunta.

De esquerda a dereita: Raquel Arias Rodríguez, Delegada Territorial da Xunta en Lugo, María Nava Castro Domínguez, directora Axencia de Turismo de Galicia da Xunta e Oscar Rodríguez Blanco (presidente Coxga).

A María naceulle a vocación de pequena Por Antonia Iglesias Martínez, colexiada núm. A0260

A María, de pequena chamábana Maruxa. Cando María era Maruxa, soubo que as sereas existían. Maruxa era delgada, fraca diría eu, morena, pelo escuro, ollos negros, e (segundo a súa nai), máis inquieta que un rabo de lagarta. Non era unha nena bonita, non tiña meixelas rosadas de querubín, nin rizos rubios, nin mirada azul anxelical e ademais pasaba todo o día “na inopia”, fantasiando, soñando mundos distantes, cheos de aventuras, príncipes, princesas, fadas… Quizais toda a culpa non era súa, a súa nai adoitaba gastarlle unha broma: ti non es filla miña, deixáronte os xitanos unha noite de tormenta na miña porta e… como me deches pena, recollinte. Ai, que erro, Maruxa soñaba que un carromato, cos seus pais (por suposto príncipes xitanos), viña a recollela, as mulleres vestidas con saias longas, de alegres cores, con panos de moedas tintinantes na cabeza e sempre cantando e bailando. Pasou moitas horas mirando pola ventá, agardando na porta, os ruídos es-

26

ALENTO

NÚM. 4

Debuxo de Honorino Freire Sijas, colexiado nº A0258

traños púñana en alerta, xa veñen, xa veñen! Pensaba, pero… nunca chegaron, a cruel realidade facíase cada día máis patente… era filla do seu pai e da súa nai!! Maruxa non tiña moitas amigas, era demasiado estraña para as nenas “convencionais” pero entendíase moi ben co seu amigo Pepín. Pepín era bo, moi bo e dócil, moi dócil; iso víñalle moi ben a ela, porque el secundábaa (con medo, iso si) en todas as loucuras que a ela se lle ocorrían. Pepín, imos á punta do faro, dicíalle Maruxa. Non, que nos rifan, dicía el, pero… a vontade da nena cumpríase seeeempre. Trotaban polo camiño que bordeaba a costa imaxinando todo tipo de aven-

DECEMBRO 2013

turas, piratas, princesas, rescates perigosos… E alí estaban un día, tumbados na herba, boca abaixo, mirando como o sol entraba no mar (eles xuraban que cando se somerxía chispeaba), cando de pronto… ao contacto coa auga… desfíxose en febras de ouro. O mar encheuse de finos fíos dourados e unhas mozas esveltas, con interminables cabelos verdes cubertos con estrelas de mar, caracolas diminutas nas orellas e unha cola prateada, saíron da auga e coas finas febras de ouro fixéronse gargantillas, pulseiras, enroscábanas na cola, cubríanse con po dourado, lanzábanse unhas a outras feixes de fíos de ouro, cheos de finas perlas, como os nenos nunca viran…. Marabillados, quedáronse mirando ao mar ata moito despois de que as fermosas doncelas desapareceran e a lúa estivese alta, volveron correndo a casa, sabendo a rifa, ou algo máis que os agardaba, pero nese camiño de volta, Maruxa tivo claro que cando fose maior, non quería ser princesa xitana, nin ningunha das miles de cousas que quixera ser ata ese momento, tivo moi claro que cando fose maior quería facer cousas marabillosas con eses fíos de ouro e esas perlas e adornar os pescozos, os pulsos e as orellas de fermosas mulleres, como as sereas que acababa de ver.


AXEN D A No calendario da nosa web tamén podedes comprobar as datas de interese. Para conseguir máis información sobre algunha actividade, os profesionais colexiados poden remitirse ao apartado reservado da web, no que están todos os detalles, ou contactar coa oficina do Colexio Oficial de Xoiaría. Decembro 2013 domingo 1 domingo 1 domingo 8 domingo 15 luns 16 domingo 22 domingo 29

Inicio da Campaña de Publicidade de Nadal 2013 Domingo de apertura autorizada Domingo de apertura autorizada Domingo de apertura autorizada Inicio da Campaña do sorteo do diamante 2013 Domingo de apertura autorizada Domingo de apertura autorizada

Xaneiro 2014 mércores 1 domingo 5 luns 6 xoves 9 domingo 12 luns 13 luns 20 do 24 ao 27

Festivo estatal Domingo de apertura autorizada Fin da Campaña do sorteo do diamante 2013 Data límite para comunicar os números dos boletos cubertos sorteo do diamante 2013 Domingo de apertura autorizada Sorteo do diamante 2013 Inicio V Concurso Deseña unha xoia para a túa nai Feira Bijorhca, en París

Febreiro 2014 do 6 ao 9 do 6 ao 9 do 14 ao 17

Madrid Joya, Ifema-Madrid Bisutex, Ifema-Madrid Inhorgenta, Munich, Alemania

Marzo 2014 martes 25 do 27 de marzo ao 3 de abril luns 31

Data límite V Concurso Deseña unha xoia para a túa nai Basel World, Basilea, Suiza Reunión Xurado V Concurso Deseña unha xoia para a túa nai

Abril 2014 xoves 17 venres 18 venres 25

Xoves Santo, Festivo estatal de apertura autorizada Venres Santo, Festivo estatal Entrega de Premios V Concurso Deseña unha xoia para a túa nai

ANUNCIOS POR PALABRAS Compro, de segunda man, unha caixa forte que cumpra o grado III de seguridade, cunhas medidas estimadas de 1,20 m de alto por 0,50 m de ancho e 0,50 m de fondo. Correo-e de contacto: rvjotaka@gmail.com

proxecto de e-commerce, sólido e solvente, xoven, con gran proxeción profesional. Salario composto por fixo e variable. Interesados, enviar CV directamente a: rosaperez@wantedseleccion.es

Vendo ferramentas manuais tipo tenacillas, un laminador de chapa, un laminador de arame. Para prezo e listado completo: 986 473 838.

Traspásase negocio de xoiaría preparado. Moi económico. Aluguer: 140 € mensuais. Superficie: 25-30 m2. Ubicación: Vigo, en Alfonso X O Sabio, 4. Para máis información: 986 473 838.

Oferta de traballo para comprador online de xoiaría. Requírese: formación e coñecemento en xoiaría e xeoloxía, experiencia en compra e/ou venda de xoiaría, en comercio, internet, subastas, etc., habilidades sociais para negociación de compra e trato co público, moita experiencia nas novas tecnoloxías, valorarase especialemente afición por compra-venda de segunda man, antiquidades, coleccionista e xoiaría de alta gama. Localización do posto de traballo: Vigo. Ofrécese: incorporación a un

Véndese xoiaría en activo (15 anos) con local propio (74 m2 + 25 m2 entreplanta) en Vigo, zona centro. Non se pide traspaso. Para máis información: Xabier 986 291 837 ou 605 795 309. Véndese o seguinte material: impresora etiquetas ARGOX OS-214; 2 rollos etiquetas prateadas; lector código de barras “VOYAGER”; videocámara V Cam CU-230 USB CMOS e

impresora de tickets Epson TM-U210-PD. Para máis información teléfono 982 563 611. Deseño, prototipado 3D e fundición para profesionais do sector. Deseños de xoias personalizadas, institucionais, corporativas e relixiosas. Para máis información: info@mastaller.com Venda de obradoiro de xoiaría, con patente de fabricación. Céntrico, en Ourense (70m2 con 6 postos de traballo): 1 forno de fundición eléctrico (37 cilindros de fundición: 15 cm x 6 cm) e 1 forno de gas (6 cilindros), máquina de rodio, electro-pulido, cilindros eléctricos de chapa e fío, ferramentas de man, máquina de pesar, pulidoras de 2 postos, caixa forte, bombos de pulir de bolas e outros de conos de brillo… Para máis información chamar a María del Carmen: 678 530 970 e 988 247 551 ou 988 238 467 (en horario comercial).

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA

www.coxga.es

27



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.