proba

Page 1


OBXECTIVOS DO ESTUDO Estes estudo parte dunha proposta da profesora, e no seu desenrolo queremos acadar os seguintes obxectivos: 

Aprender estatística.

Traballar en grupo.

Participar no II Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos.

Facer análise crítica da prensa: observar se a prensa comete erros estatísticos, fixarse que tipo de vocabulario estatístico e que tipo de gráficas usa, se hai manipulación na información ou non,...

Obxectivos educativos do estudo: desenrolar un proxecto cun grupo de alumnos e alumnas que teñen unha grande capacidade de traballo, seriedade e gusto polo rigor científico e unha gran creatividade. Contribuír ao adquisición das competencias básicas neste grupo de alumnos, no proxecto

tócase

a

competencia

en

comunicación

lingüística,

competencia

matemática, competencia en tratamento da información, competencia social e cidadá, pero os aspectos máis importantes para esta profesora é formar a estes alumnos e alumnas como persoas responsables, críticas e reflexivas, que saiban interpretar a información con claridade e con precisión e que dominen diferentes linguaxes: gráfica, numérica, textual, visual para ser cidadáns máis cultos e polo tanto máis libres.

DESCRICIÓN DA RECOLLIDA DE DATOS Eliximos uns determinados xornais porque eran aos que tiñamos máis doado o acceso xa que ás veces mercábanse nas nosas familias ou os podiamos coller no instituto. Estes xornais son: El Correo Gallego, La Región, El Mundo, El País e La Voz de Galicia.

Observando con lupa as noticias

2


Non fixemos unha mostraxe sistemática dado o custo que tería ter que mercar o xornal nos días seleccionados e ademais a nosa interese neste proxecto non é tanto cuantitativa se non máis ben cualitativa, interésanos máis ver que tipo de erros aparecen que saber a frecuencia destes. No grupo, cada un buscaba e seleccionaba noticias estatísticas no xornal, analizándoas coa axuda dunha ficha que elaboramos xunto coa profesora (ANEXO I). A primeira dificultade que atopamos foi diferenciar se as noticias eran estatísticas, económicas ou demográficas. Para analizar as noticias: 

Fixemos unha lectura detallada da noticia. Nesta lectura frecuentemente aparecía vocabulario estatístico, co cal decidimos ir construíndo un apartado dedicado a este.

Analizamos as gráficas mirando o tipo de gráfica, a escala e se hai ou non erros.

Analizamos as fontes dos datos, nas que atopamos multitude de organismos como o INE, IGE e o Eurostat.

Analizamos tamén as táboas e os textos.

Estudamos a fondo 35 noticias, de catorce aparece a análise neste documento pois nelas atopamos erros significativos que merecen a nosa atención e as outras 21 aparecen recollidas no ANEXO II . Das 35 noticias, 30 son de estatística descritiva e 5 de estatística inferencial. Ademais 3 pertencen ao xornal El Mundo, 7 a El Correo Gallego, 7 a El País, 9 a La Voz de Galicia e 9 a La Región . O tipo de gráfica máis utilizada é o diagrama de barras con 43, seguida das poligonais con 26, 18 diagramas de sectores, 8 cartogramas, 6 pictogramas e 1 pirámide de poboación.

Observando con lupa as noticias

3


ANALISE ESTATÍSTICA E INTERPRETACIÓN DE RESULTADOS Noticia na sección “Galicia”, páxina 12 do xornal, a 5 columnas e usa como fonte de datos IGE. Na noticia aparecen unicamente 3 táboas. Poñer unha gráfica nesta noticia axudaría moito a comprendela. Nas táboas de frecuencias hai un exceso de datos, posto que non é necesario separar por anos e tampouco indicar os datos de tantas comarcas, non existe gran variación polo tanto nin interesa, nin informa, só confunde. Tampouco ten sentido indicar ata as centésimas o 2’01%, demasiada precisión non significa mellor información e no título non se El Correo Gallego 3 xaneiro de 2012 indica o tempo no que os fogares viven con menos de mil euros (un ano, mes, …)

Ratio s80/20: indicador de cohesión social, que divide a renda da poboación con niveis superiores ao percentil 80 entre a renda da poboación que está baixo o percentil 20 .

Observando con lupa as noticias

4


El País 18 xaneiro de 2012

Noticia na sección “Sociedad”, páxina 32 do xornal, a 5 columnas e usa como fonte de datos ISAA e Eurobarómetro. Na noticia aparece un cartograma e dous diagramas de liñas. No texto, aparecen demasiados nome de países, empresas, persoas… Centrámonos no 2º diagrama de liñas para facer a nosa análise. A 2ª gráfica ten mal a graduación do eixo X, non segue un intervalo fixo. Se se puxera correctamente a inclinación do último intervalo sería menos pronunciada e causaría outra impresión sobre os alimentos transxénicos.

Barómetro: son estudos cunha periodicidade fixa e co obxectivo de medir o estado da opinión pública do momento e os seus cambios.

Observando con lupa as noticias

5


El Correo Gallego 26 xaneiro de 2012

Noticia na sección “Análisis”, páxina 6 do xornal, a 5 columnas e usa como fonte de datos INE, AHE e Ministerio de Fomento. Na noticia aparece un diagrama de sectores, dous de barras e un lineal, así como numerosas táboas de datos. Centrámonos nos diagramas de barras e nas táboas. As táboas conteñen un exceso de datos de dubidosa interese para o cidadán, basease no prezo en euros por metro cadrado (€/m2) das vivendas en Galicia. Nela recóllense os datos rexistrados de dito prezo nos trimestres de 2010-2011 causando unha difícil compresión dela. As gráficas de barras deberían de ser a dúas columnas e deberían ter unha altura proporcional coa cantidade que están a representar. Os números non están redondeados e nas táboas aparecen mal tabulados. Se analizamos detidamente os datos comprobaremos que o prezo por trimestre varía en cantidades moi pequenas, é dicir, ten unha mínima progresión e ademais é unha barbaridade aproximar ata as décimas de euro.

Euribor(European Interbank Offered Rate) é un índice publicado diariamente que indica o tipo de rédito promedio ao que as entidades financeiras prestan diñeiro no mercado interbancario do euro. O seu valor emprégase como referencia para préstamos, hipotecas, estatísticas…

Observando con lupa as noticias

6


El Mundo 26 xaneiro de 2012

Noticia na sección “Economía”, páxina 31 so xornal, a 5 columnas e usa como fonte de datos Apple. Na noticia aparecen dous pictogramas e dous diagramas de liñas. Centramos a nosa análise no pictograma das mazás posto que non mantén unha proporcionalidade, está mal a escala e non redondea os números. Na noticia vense tamén erros coma que o título transmite ideas erróneas, quedaría mellor: “Apple aumenta sus ventas” e que nalgún tramo do texto hai demasiados nomes dificultando a súa compresión.

Pictograma:

tipo

de gráfica estatística que representa as frecuencias mediante debuxos referentes ao tema indicado.

Observando con lupa as noticias

7


El País, 16 de novembro de 2012

Noticia na sección “Sociedad”, páxina 43 do xornal, a 5 columnas e usa como fonte dos datos o Observatorio Europeo de drogas e toxicomanías. Na noticia aparece unha táboa e un diagrama de liñas. Centramos a nosa atención no diagrama de liñas porque nel hai varios aspectos que habería que mellorar para entender mellor a información. No diagrama de liñas superpoñen os datos e de Chipre só teñen datos desde 2 anos e por exemplo de Reino Unido fai un reconto desde 14 anos.

O gráfico lineal: emprégase para representar, mediante unha ou varias liñas, a evolución dunha variable ao longo do tempo.

Observando con lupa as noticias

8


La Región, 17 de xaneiro de 2012

Noticia na sección “Ourense”, páxina 17 do xornal, a 4 columnas e usa como fonte de datos INE. Na noticia aparecen unha pirámide de poboación, un pictograma e un diagrama de liñas. Nesta noticia atopamos un erro terrible: a pirámide de poboación está invertida, o que provoca unha compresión visual contraria á que realmente se desexa presentar. Hai demasiada precisión nas cifras citadas e o seu redondeo permitiría unha compresión máis rápida e eficaz.

Saldo migratorio: é a diferenza entre o número de inmigrantes e o de emigrantes nunha determinada zona xeográfica.

Observando con lupa as noticias

9


La Voz de Galicia, 10 de xaneiro de 2012

Noticia na sección “Galicia”, páxina 4 do xornal, a 5 columnas e usa como fonte de datos La Voz de Galicia. Na noticia aparece un pictograma no que nos centramos e que hai varios aspectos que están mal e son: Non redondean os números e nos debuxos das pás non se segue ningunha escala porque vese a simple vista que a pá pequena de Vigo (1,60) ocupa un superficie maior que pá grande de Lugo (1,71).

Produto interior bruto (PIB): é unha medida que expresa o valor monetario da producción de bens e servizos finais dun país nun período (normalmente un ano).

Observando con lupa as noticias

10


La Región, 14 de Xaneiro de 2012

Noticia na portada, páxina 2, a 5 columnas(3 de texto e 2 de gráficas) e usa como fonte dos datos INE. Na noticia aparece 3 diagramas de sectores, 3 de barras e 1 cartograma. Nesta noticia hai algúns erros: Non indican cal das dúas últimas gráficas se refire á cidade e cal á provincia. Na gráfica rompen unha barra. Non ten sentido mesturar na mesma gráfica os estranxeiros que viven en Ourense que teñen unha frecuencia pequena cos españois que viven en Ourense que teñen unha frecuencia moi grande. A solución dada rompendo a gráfica pensamos que non é correcta pois a imaxe non transmite os datos reais. Non redondean os números, por exemplo di que viven 2701 alemáns en Ourense.

crecemento vexetativo: diferenza entre número de de nacementos e número defuncións

Observando con lupa as noticias

11


La Voz de Galicia, 9 xaneiro de 2012

A seguinte noticia atópase na parte de Economía, consta de 4 columnas e é de elaboración propia. Facemos fincapé nas gráficas debido a que provocan una confusión visual por estaren superpostas, deberían marcarse os anos nos eixes X e existe una contradicción entre titular e gráfica: No 2005 había aproximadamente uns 28 millóns de tarxetas de débito e uns 32 millóns de tarxetas de crédito, que en total suman 60 millóns de tarxetas. No 2011 había aproximadamente uns 27 millóns de débito e uns 42 millóns de crédito, que en total suman 69 millóns de tarxetas.

ERROS ATOPADOS

Coeficiente de Gini: é un indicador da desigualdade económica dunha zona xeográfica, ideada polo estatístico italiano Corrado Gini. Normalmente emprégase para medir a desigualdade nos ingresos.

Observando con lupa as noticias

Confusión visual, gráficas superpostas. Deberían marcas os anos no eixo X. Contradicción entre titular e gráfica.

12


La Región 19 xaneiro 2012

A seguinte noticia aparece na portada da Región e ocupa dúas follas. Nesta aparecen 8 gráficas: 3 de sectores, 2 de barras e 3 lineais. Nesta noticia facemos fincapé na seguinte gráfica posto que non usa criterios homoxéneos na precisión de números, de pronto redondea ás centenas de miles de euro e de repente ás unidades de euro; non se indica a unidade na que se mide ( 6.047.121’55 que? ); non existe unha constante organización de maior a menor nos datos e finalmente hai algunhas categorías que se poderían reducir (renovación señalización e vallados diversos) xa que non é significativo que separen esas pequenas cantidades.

ERROS ATOPADOS

Usa criterios diferentes no redondeo das cantidades.

Non se indica a unidade na que se está medindo.

Poderíanse reducir as categorías.

Non hai unha organización de menor a maior nos datos.

Crecemento económico: é o aumento da renda ou valor de bens e servizos finais producidos por unha economía (xeralmente un país ou unha rexión) nun determinado período.

Observando con lupa as noticias

13


El País 26 outubro 2011

A seguinte noticia pertence á sección de Sociedade, abarca cinco columnas no que se incluen 3 gráficas de barras. Baséanse en varias fontes: SCImago, Scopus, ISI, Thomson Reuters. Déstacamos esta noticia pola súa gran redacción na que se explican moitos tecnicismos pero nunha das gráficas resaltamos que se entendería moito mellor se se redondeasen as cantidades.

números índice permiten estudar a evolución dunha variable ao longo do tempo (ou espazo).

ANÁLISE CRÍTICA Noticia moi ben redactada explicando tecnicismos. Non se redondean os números da gráfica.

Observando con lupa as noticias

14


La Voz de Galicia 11 xaneiro 2012

Esta noticia aparece no apartado de Sociedade, ocupa 3 columnas e contén unha gráfica. Facemos fincapé no texto posto que hai un exceso de datos que provoca unha tremenda confusión, hai un efecto ascensor (emprega na mesma frase maior que e menor que) e as iniciais que nombra non están definidas.

ANÁLISE CRÍTICA.

Exceso de datos.

Observando con lupa as noticias

Efecto ascensor.

Non explica as siglas empregadas.

15


La Región, 27 decembro 2012

A seguinte noticia aparece En Portada, ocupa 2 columnas, contén oito gráficas e a súa fonte é o IGE. A noticia ten un exceso de gráficas, aportando unha información máis clara só con 3 delas. Nela aparecen cantidades moi longas, polo que os datos numéricos deberían estar redondeados para facilitar a compresión e mellorar a súa interpretación.

índice de crecemento: relación entre número de maiores de 64 anos e números de menores de 20

ERROS ATOPADOS.

Exceso de gráficas.

Os datos numéricos deberían estar redondeados.

Observando con lupa as noticias

16


El Correo Gallego 12 febreiro 2012

Esta noticia fai parte do P2 (Mercado do traballo), consta de 2 columnas, un cartograma, 3 gráficos de barras e un pictograma. Con referencia ás gráficas deberían organizar os datos de maior a menor e principalmente no pictograma sería mellor aproximar cantidades, utilizar outro tipo de gráfica posto que esta non transmite a información nin clara, nin rápida.

ANÁLISE CRÍTICA

taxa de paro:

Non ordenan os datos.

Non aproximan datos.

Observando con lupa as noticias

O pictograma non é nin claro , nin directo.

cociente entre poboación parada e poboación activa multiplicado por cen

17


CONCLUSIÓNS E PROPOSTA DE MELLORA E AMPLIACIÓN O estudo detallado das noticias seleccionadas no traballo, revelounos unha valiosa información acerca do uso da estatística no xornalismo. Atopamos erros, tanto no texto coma nas gráficas, nas táboas e sobre todo no uso dos números. O primeiro que observamos é que hai pouca orixinalidade e variedade nas gráficas, as gráficas son pouco coloridas, facendo que a noticia non chame tanto a atención. Pero o erro máis grande en gráficas foi non respectar as escalas. Os pictogramas que usa a prensa non son os clásicos co que é moi difícil que manteñan a proporcionalidade das cantidades. Atopamos unha gran inseguridade matemática no aspecto en que as cifras non se redondean supomos que coa intención de transmitir unha maior precisión, pero esta precisión case sempre é innecesaria e sen embargo dificulta a compresión, se non se redondean os números é difícil asimilar as cantidades e finalmente provoca que un non se entere moito da noticia. A información obtense do INE, IGE,..organismos que fan os recontos pero a prensa é a que nos dá a coñecer eses datos polo que estes deberían ser máis directos e comprensibles. Algúns textos estaban mal redactados e contiñan demasiados datos. En moitas noticias emprégase o “efecto ascensor” (aumentan e diminúen cantidades na mesma frase). O uso do vocabulario nas noticias pareceunos correcto, pero moitos tecnicismos tivémolos que buscar nos diccionarios e na internet porque eran palabras pouco coñecidas. Nas noticias que atopamos con táboas, a maioría non se entendían porque tiñan moitos datos. Os números que aparecían nas táboas non se redondeaban e nalgúns casos os números estaban mal tabulados. Non atopamos signos de manipulación, polo que pensamos que os erros débense máis, como di Josu Menzu, “á falta de habilidades matemáticas básicas e a un

Observando con lupa as noticias

18


temor reverencial aos números” que a unha intencionalidade de querer transmitir ideas erróneas. Para mellorar este traballo deberíamos facer unha mostraxe e facer unha análise máis profunda de cada noticia buscando documentación relacionada noutros medios e comparando como diferentes medios tratan a mesma noticia.

DOCUMENTACIÓN Wikipedia IGE e INE http://www.ine.es/explica/explica_pasos_estadistica_atractiva.htm http://www.ine.es/explica/explica_pasos_tipos_graficos.htm http://www.ige.eu/estatico/educacion/ Documental: “El lenguaje de las gráficas” da serie Mas por menos, de Antonio Pérez Conferencia "Periodismo con números para gente de letras" de Josu Menzo Una guía para escribir sobre números. Naciones Unidas. Comisión Económica Para Europa. Una guía para presentar estadísticas. Naciones Unidas. Comisión Económica Para Europa.

AUTORES DO TRABALLO Florina Valentina Medrea Lucía Del Río Guillermo Álvarez Vicente Bascoy Alumnos e alumnas de 2º ESO do IES Otero Pedrayo de Ourense Profesora: Conchi González Otero Observando con lupa as noticias

19


ANEXO I TITULAR NOME XORNAL: Data noticia: Páxina: Fonte da noticia: Sección: Número columnas noticia: Fonte dos datos: TIPO NOTICIA ESTATÍSTICA DESCRIPTIVA

ESTATÍSTICA INFERENCIAL

GRÁFICAS SECTORES

BARRAS

LINEAL

CARTOGRAMA

PICTOGRAMA

PIRÁMIDE

Tipo de gráficas: Numero de gráficas que aparecen TÁBOAS NUMERO DE TÁBOAS QUE APARECEN Análise uso de números: redondeo, decimais, separadores números grandes... Análise uso de conceptos estatísticos Análise das gráficas Análise do texto: usa demasiados números, mezcla cantidades subir e baixar ( efecto ascensor) Análise de titular: Comentario valorando a noticia: ANEXO II Outras noticias analizadas pero que non están recollidas neste documento 1. Los gallegos esperan una media de 93,4 días para poder operarse. La voz de Galicia, 28 outubro 2011 2. Una casa para una nueva vida. La región, 25 de novembro de 2011 3. Las cúpulas de la banca ganaron un 50% más que hace años. La voz de Galicia, 26 de outubro de 2011 4. El trabajo es salud : El Correo Gallego, 6 de novembro de 2011 5. La CEOE propone congelar dos años los salarios y un contrato de crisis. El país, 6 de xaneiro de 2012 6. La crisis dispara la desigualdad de ingresos entre los españoles. El país, 31 de outubro de 2012 7. Abocados a un cambio de modelo. La voz de Galicia, 5 de novembro de 2011 8. La mayoría absoluta está al alcance de PP y el PSOE perdería 50 diputados. La región 15 de novembro 2011 9. Andalucia dirime su fituro el 25 de marzo. El Pais 12 de xaneiro de 2012 10. La nueva legislatura, medidas del ejecutivo. El mundo 26 de xaneiro de 2012 11. El popular reorganiza su cúpula par abordar la integración del Pastor.La Voz de Galicia 1 novembro 2011 12. La mayoría de los concellos gallegos encarnan 2012 sin nuevos presupuestos El correo Gallego 2 xaneiro de 2012 13. Lenovo supera a Dell como segundo fabricante de PC. El país 19 de outubro de 2011 14. Un plan para los mayores. La voz de Galicia, 6 de otubro de 2011 15. Blanco dice que su marcha nada tiene que ver con otros asuntos. El mundo 26 de novembro de 2011 16. El 80% de los españoles cree que hay mucho fraude fiscal. La región 30 de novembro de 2011 17. Cinco mil parados más en diciembre llevan a Galicia a superar los 258 000. El correo Gallego 4 de xaneiro 2012 18. La tasa anual de IPC gallego se situó en octubre en el 3,1%. Laregion 15 de decembro de 2011 19. Galicia logro en el 2011 la segunda mayor inversión histórica en AVE. La voz de Galicia 12 de xaneiro de 2012 20. Casi diez mil gallegos emigraron durante los últimos tres años. El correo Gallego 6 de novembro de 2011 21. El gobierno sube los impuestos y recorta 8900 millones para reducir el déficit. La región 31 decembro 2011

Observando con lupa as noticias

20


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.