Novoneyra 15 poemas para recitar

Page 1


Esta d o

é

unha escolma p o e t a d o

de poemas C o u r e l .

Uxío Novoneyra, (1930-1999) naceu en Parada de Moreda, nas montañas courelás. Foi presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega e entre a súa obra p o d e m o s d e s t a c a r : ” O s E i d o s ” , ” Po e m a s caligráficos”, “Poemas da doada certeza”, “Muller pra lonxe”,”Do Courel a Compostela” ou “Dos soños teimosos”. Dedicámoslle as Letras galegas 2010 polo seu traballo a prol da lingua e a cultura galega.

Recollemos as versións orixinais, non normativizadas, pois quixemos respectar a fonética do autor. ENDL C.E.I.P. QUINTELA (MOAÑA)


COUREL dos tesos cumes que ollan de lonxe! Eiquí síntese ben o pouco que é un home…. 1952 Os Eidos


CAI a neve cai cai f falopiña a falopiña

nin o vento a arremuiña nin a auga a desfai …………………………………

Cidro Castro de Brío nevados! Baixa a neve hastr´os prados. Os Eidos


Pacen as vacas na navarega. Treme a pequena que vai co`elas. Febreiro chove febreiro xea febreiro neva neve lixeira‌ Os Eidos


A Branca-Petra do Caurel

NO bicarelo do bico do brelo Canta o paxari単o. No mesmi単o bicarelo do bico do brelo. Os Eidos


Chove no monte e nas viñas. Envolca a auga en regueiras i ailí onde cain as beiras baila muiñeiras miudiñas… Os Eidos


FIANDEIRA namorada que fías detralo lume cos ollos postos en chamas roxiñas brancas i azules.

Fiandeiriña que fías nas noites do longo inverno as liñas máis delgadiñas co fío do pensamento.

Cai a neve fora riba dos teitos calada mentras ti fías e soñas nunha cousiña lonxana… Os Eidos


CANTA o cuco cala e canta dos casti単eiros do val. Pasa o tempo e non di nada e volta o cuco a cantar. Os Eidos


FONTIÑA do Carabel. Auga branca nacida ó pé dunha faia teñe que ter bon beber.

-Toma Pon de calexa esa folla. Aséntaa no buraco e préndea cunha pedra.

Qué fontiña máis pequena! Sécase dun sorbato.

Fontiña do Carabel Que dás xusto o que ún pode beber! Os Eidos


CHOVE para que eu soñe….. Os Eidos

CHOVE nas veigas sin que se oia. Unha tras outra cain as follas dando voltas…. Ollando a serra calada ún agarda una cousa queda e lonxana. Os Eidos


MAÑÁS de xeada! Despertar co día á ventana. Encollerse na cama chegar a roupa á cara i oir tropeando pola casa…. Canta a vaca cas astas na´scada. Canta o galo pandeando o corpo i o campo….. Os Eidos


CANTA a fontiña canta a fontela i anque a canción é dela ten unha cousiña miña pola que podo entendela. Os Eidos


A CASA DE PARADA A casa de pedra e cal vella -solaina e ventá para serrafeita fai cen anos á miña maneira. Os Eidos


NOITE e souto! Souto e chuvia! Chuvia e noite! Se berro iste intre desd `onde estoun borro os tres nomes. Os Eidos


Ando limpando a casa de cacharros e trastos lacenas e faios sen deixar rechubazo. Ando a tocarlle as maos ós antepasados‌. 1972 Os Eidos


Inda non estou co´ela. Aínda ún segue n ´el. Estou en Compostela vendo nevar no Courel… 1983 Os Eidos


Bibliografía: “Os Eidos.Libro do Courel”. Uxío Novoneyra. Edicións Xerais “Antoloxía poética.Uxío Novoneyra” Edición de Carmen Blanco. A Nosa Terra.

SELECCIÓN E MAQUETACIÓN: ENDL C.E.I.P. QUINTELA( MOAÑA)


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.