Mareiriña Nadal 2011

Page 1

MAREIRIÑA

Nadal 2011


O proxecto da nosa Biblioteca

Proxecto SAHARA

COÑECERNOS PARA QUERERNOS Este curso o proxecto da nosa biblioteca está condicionado pola extraordinaria visita de Gonzalo Moure, que deixou unha pegada moi especial no noso colexio. Foi quen de transmitirnos a súa inquedanza polo pobo saharauí. É tal a súa admiración por este pobo que, segundo nos comunicou dedica un 80 % do seu tempo a esta causa. A finais de curso xurdiu a idea de colaborar con estes nenos, dun xeito práctico, enviando traballos feitos polos nosos alumnos aos clubs de lectura que están organizando nos campos de refuxiados, para establecer un intercambio entre as dúas culturas. Esta idea levouse a unha reunión de Plambe Ferrol-Terra, á que se apuntaron 10 colexios da zona, na que se acordou traballar baixo o lema: “Coñecernos para querernos”. A idea fundamental deste proxecto é que os nenos dos campos de refuxiados teñan unha motivación especial para aprender o español, que é a 2ª lingua que aprenden nesta zona. Ao mesmo tempo para os nosos alumnos pensamos que é unha grande oportunidade de coñecer outra cultura e as condicións nas que vive este pobo, da man de nenos da súa idade e fomentar a SOLIDARIEDADE. Este proxecto vainos permitir cohesionalo co valor que tiñamos pensado para o primeiro trimestre: “o respecto aos nosos maiores”, xa que a base da cultura saharauí é a tradición oral e o respecto. A continuación presentamos os nosos primeiros traballos que enviaremos como presentación e saúdo aos nenos e nenas do Sahara…. CEIP Isaac Peral

2


CEIP Isaac Peral

3


CEIP Isaac Peral

4


CEIP Isaac Peral

5


CEIP Isaac Peral

6


Proxecto SAHARA

CEIP Isaac Peral

7


Proxecto SAHARA

CEIP Isaac Peral

8


3Anos A CEIP Isaac Peral

9


3 Anos B

CEIP Isaac Peral

10


4 Anos A CEIP Isaac Peral

11


4 Anos B CEIP Isaac Peral

12


5 Anos A CEIP Isaac Peral

13


5 Anos B CEIP Isaac Peral

14


1ยบ A CEIP Isaac Peral

15


Proxecto SAHARA

1ยบ B

CEIP Isaac Peral

16


2ยบ A CEIP Isaac Peral

17


CEIP Isaac Peral

18


CEIP Isaac Peral

19


CEIP Isaac Peral

20


2ยบ B CEIP Isaac Peral

21


3ยบ A

CEIP Isaac Peral

22


4ยบ B

CEIP Isaac Peral

23


4ยบ A

CEIP Isaac Peral

24


4ยบ B

CEIP Isaac Peral

25


5ยบ A CEIP Isaac Peral

26


CEIP Isaac Peral

27


CEIP Isaac Peral

28


5ยบ B

CEIP Isaac Peral

29


Proxecto SAHARA

CEIP Isaac Peral

30


6ยบ A CEIP Isaac Peral

31


CEIP Isaac Peral

32


6ยบ B CEIP Isaac Peral

33


CEIP Isaac Peral

34


CEIP Isaac Peral

35


Outro ano máis, a apertura da biblioteca do Isaac Peral foi un espectáculo excepcional. Para abordar o respecto aos maiores versionouse un marabilloso musical titulado Carapuchiña do Eume, unha mestura de poesía, cancións populares galegas, lecturas a cargo do alumnado, cancións en castelán e inglés interpretadas polo compañeiro do Equipo de Biblioteca, que versionou o conto, e onde non falta o ingrediente da creación fantástica enraizada na nosa tradición. Todo isto envolto nunha atmósfera vexetal que cobra identidade e grandiosidade con nítidas fotografías das incomparables Fragas do Eume, que deixan resoar a voz dende o corazón con dozura, amizade, complicidade e comprensión.

Como non podía ser doutra maneira, os nenos e nenas foron os verdadeiros protagonistas

CEIP Isaac Peral

36


Un ano máis o noso colexio participa no PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) coa continuidade do proxecto iniciado no curso anterior: “Valores arredor dos autores”. Este trimestre o valor elixido é ”O RESPECTO AOS MAIORES”, tomando como presentación unha adaptación do conto de Carapuchiña Para facer ás familias partícipes do noso proxecto, onde os principais protagonistas son os avós, unha das actividades programadas foi unha exposición nas aulas de fotos cos avós e bisavós cunha frase ao pé de foto que recollese o sentimento do neno hacia os seus maiores.

CEIP Isaac Peral

37


OS NOSOS AVÓS Os avós son os pais dos nosos pais. Cando nacemos lévanse unha gran alegría e cóllennos todos ilusionados no colo para facernos aloumiños, darnos de comer, cambiarnos o cueiro… Os avós cóidannos cando os nosos pais están ocupados, lévannos ao colexio e vannos buscar; tamén ás actividades… Gústalles saír con nós de paseo ao parque, ao cine… Se estamos enfermos preocúpanse moito de nós e véñennos visitar moi a miúdo, case sempre con algún agasallo. Ao chegar o verán algúns de nós quedámonos todo o tempo nas súas casas de veraneo. Que ben o pasamos! Outros vivimos con eles sempre e dannos moitos mimos e sálvanos dos castigos e das rifas dos pais.

Sempre que os imos ver alégranse moito e téñennos preparada algunha sorpresa: a nosa comida preferida, unha película para ver en familia… Xogan moito con nós; ata ás veces fannos trucos de maxia. Que divertido é estar con eles! Coma son maiores e saben moitas cousas. Cóntannos historias, aventuras da súa xuventude, experiencias… Dannos moitos consellos. Sempre debemos escoitalos porque nos ensinan moito e sobre todo respectalos. Na nosa aula estamos facendo unha exposición de fotografías dos nosos avós. A algúns de nós vívennos todos, os dous avós e as dúas avoas; a outros, fáltanlles algún deles. Pola contra hai compañeiros que teñen bisavós ou bisavoas e trouxeron as súas fotografías. Parécennos moi velliños, pero todos teñen caras de moi simpáticos e de querer moito aos seus bisnetos. Cada un de nós fomos presentando aos nosos maiores e contando algunha bonita experiencia con eles.

Gustounos moito este proxecto de presentar aos compañeiros os nosos avós e avoas.

CEIP Isaac Peral

ALUMNADO DE 3º A

38


Elaborado polo Grupo TIC

CEIP Isaac Peral

39


O alumnado de 5º comeza a súa formación TIC Hai uns días, ao alumnado de 5º viñéronnos dar unhas recomendacións para navegar dun xeito seguro por Internet. A charla comezou e rematou coa mesma advertencia: Non fagas en Internet nada do que non farías na túa vida real. E foron as seguintes: •Explicáronnos moi polo miúdo que todo o que se pon na rede queda gardado, por iso, advertíronnos de que non puxéramos ningunha foto nosa nin de ninguén sen a súa autorización, porque pode ser manipulada e transformada. •En canto aos correos, avisáronnos de que non abrísemos ningún que fose sospeitoso, nin moito menos os documentos que xunten. •Tamén que nunca mercáramos nada sen consultar antes cos nosos pais. •Sobre as redes sociais dixéronnos que tivésemos coidado cos amigos que queriamos agregar, xa que podía ser unha persoa que nos quixera roubar os nosos datos, ou xente que pode dicir que ten unha determinada idade, e logo ser mentira. •En canto ao ciberacoso advertíronnos de que non debemos de quedar nin falar con ninguén que non coñezamos porque pode ser xente que nos estea mentindo e dando uns datos falsos, podendo chegar, ás veces, á chantaxe. •Que empregáramos sempre un antivirus actualizado. •Ao mesmo tempo, puxéronnos uns vídeos nos que os protagonistas, Vizu e Lola, ían vivindo unha serie de episodios que estaban baseados no que nos estaban explicando. •Faláronnos de cómo descargar música e páxinas oficiais e que as mellores páxinas para buscar información son Google Chrome e Mozilla Firefox. •Que non debiamos entrar nunca en páxinas de adultos e, o máis importante, que sempre que desconfiemos de algo, consultemos cos nosos pais ou profesores. Gustounos moito toda a información que nos deron e, ademáis, pareceunos moi interesante.

Elaborado por 5º B CEIP Isaac Peral

40


Noticia extraida do “Diario de Ferrol” (19- 11- 11)

41 CEIP Isaac Peral


A Patrulla Verde coida o noso patio Os alumnos de 6º e 5º de Primaria colaboran en¨A Patrulla Verde¨.Cada día, catro alumnos poñen uns chalecos identificativos e unhas luvas. Nunha bolsa recollen o lixo que atopan no chan . A función de “A Patrulla Verde” consiste en apuntar o nome e o curso dos nenos que tiran papeis, comida etc. ao chan para logo informar aos seus titores que son os encargados de correxir estas condutas. Outra das funcións é ir por todas as aulas ensinando o lixo que recolleron para que os alumnos se conciencien de que tirar algo ao chan non é correcto. A experincia está sendo positiva. O volume de lixo recollido na bolsa diminúe día a día. ¨A Patrulla Verde” está a axudar a ser ordenados e a coidar o noso patio. PEDÍMOSVOS QUE COLABOREDES, MANTER O COLEXIO LIMPO DEPENDE DE TODOS Elaborado polo alumnado de 6º

CEIP Isaac Peral

42


RESULTALLES DIFÍCIL MANTER A MIRADA, ENTENDERNOS SE FALAMOS RÁPIDO. ENTENDEN AS COUSAS TAL COMO AS DECIMOS. Se lles dicimos que morremos de fame , pensan que o corazón deixa de funcionarnos. E as bromas as veces non as entenden. Son moi sinceiros e din o que pensan sempre. Estas e outras cousas explicounas ASPERGA no noso colexio o pasado mes de outubro. Para saber mais do seu traballo, podes contactar con esta asociación: www.asperga.es

Diferentes, como cada un de vos

Fálanlles despaciño

Non lles deixan estar distraídos

Pregúntanlles se entenden

Danlles mais tempo para respostar

Explícanlles cómo deben facer as cousas Tratan de que teñan amigos


44 CEIP Isaac Peral


ENRE TODOS FIXEMOS MOITOS TRABALLOS PLÁSTICOS RELACIONADOS CO SAMAÍN

OS MONSTRIÑOS DABAN MOITO MEDO. SUBIR AS ESCALEIRAS ERA ARREPIANTE

FANTASMAS POR AQUÍ, BRUXAS POR ALÁ…


OS NENOS E NENAS DE INFANTIL TAMÉN FIXERON MONSTRIÑOS, PERO NON LLES TIÑAN MEDO. APRENDERON UNHA CANCIÓN E RÍANSE MOITO: JA, JA, JA, JA, JA.

VAMPIROS POR AQUÍ, MOMIAS POR ALÁ, VAMPIROS, MOMIAS, JA, JA,JA,JA,JA


Na semana do magosto, o alumnado trouxo para o recreo froitas que se recollen nesta estación:

Luns>>>>>>>>> uvas Martes>>>>>>> noces Mércores>>>>> mandarinas Xoves>>>>>>>> as castañas do magosto Venres>>>>>>> mazás UN GRAN APORTE DE ENERXÍA E VITAMINAS!!! CEIP Isaac Peral

47


NA BIBLIOTECA… Estivemos moi atentos e aprendemos moito sobre castiñeiros, castañas, castañeiras…cabazas…

CEIP Isaac Peral

A CASTAÑEIRA MARÍA

48


Castaniiiiinas, asadiiiii単as, ben quentiiiii単as, peladiiiii単as...

O FINAL FOI O MELLOR:

CANTAR E COMER!!! CEIP Isaac Peral

49


Asi felicita o Nadal o noso alumnado

CEIP Isaac Peral

50


CEIP Isaac Peral

51


CEIP Isaac Peral

52


CEIP Isaac Peral

53


CEIP Isaac Peral

54


Lucía Rico 6º A

Nadal 2011 CEIP Isaac Peral


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.