CONTO DE INVERNO

Page 1


Unha fría mañá de inverno ao erguerme contemplei, dende a miña ventá, que a paisaxe estaba toda cuberta de xiada.


Despois de tomar un bo almorzo,abrigueime ben e puxen a bufanda e o gorro de lá para saír pescar co meu pai.


Dirixímonos ao peirao de Beluso para embarcar rumbo a Illa de Ons.


Cando xa estabamos no medio do mar démonos conta de que a penas nos quedaba gasóleo e por iso decidimos fondear preto da praia de Mourisca.


Nada máis desembarcar notamos unhas pegadas moi estrañas ao longo da area. Eran coma doce carreiros que chegaban ata as rochas que hai alá, ao final da praia. Fómonos acercando… e de súpeto…


Vimos como asomaba a cabeza xigante dun enorme POLBO. - Que,que,… que GRANDE –dixen eu cos ollos abertos coma pratos. O polbo moveu os seus raxos e saltou intentando alcanzarnos. Nós corremos, corremos e refuxiámonos nun bosque


Entón lembrei que levaba unha cámara na mochila. -Voulle facer unha foto. -Ten coidado –dixo meu pai. Arrimeime todo o que poiden e… CLIC!, pero coa luz do flash, o polbo cegouse e quedou desmaiado no medio da praia. Aproveitamos a ocasión e marchamos na procura do gasóleo.


Cando voltamos ao cabo dunhas horas pudemos comprobar que o polbo xa non estaba. So había unha enorme ÁRBORE DE NADAL con doce ponlas cheas de boliñas.


Conforme nos fomos achegando a aquela fantástica árbore, apreciamos que algo raro pasaba: Ademáis de ponlas tiña unha especie de cabeza con ollos na parte de arriba.


Meu pai foi de atrevido, tocoulle nunha das ramas e nese mesmo momento quedou cuberto cunha tinta negra e pegañenta. - Pero, isto que é? – dixen eu, aguantando na risa ao ver a meu pai todo manchado de negro - Que vai ser? – contestou papá moi enfurruñado- É O POLBO!


Empecei a recuar chamando polo meu pai: - Vente, vente… Entón unha das ponlas da ÁRBORE moveuse e comezou a escribir na area: QUERO SER O VOSO AMIGO, POR FAVOR .


Papá e máis eu mirámonos con cara de sorpresa. -Que facemos? Observamos atentamente ao POLBO-ÁRBORE e dixémoslle: -Queres vir con nós á Illa de Ons?


O polbo amodiño, amodiño, foi baixando as ponlas-raxos e, arrastrándose pola area, seguíunos ata o barco. Cando intentabamos botar o gasoleo, díxonos: -Non vos molestedes xa vos levo eu.



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.