Faladeiros 2010

Page 1


Editorial

Unha vez máis a Revista FALADEIROS sorpréndenos cunha variada mostra de todo o que traballamos durante este curso académico 2009/2010. Mergullámonos no mundo da INVESTIGACIÓN e descubrimos unha morea de cousas novas, desde os nenos/as máis pequerrechos de Educación infantil ata os maiores. Partindo do concello de Cangas, iniciamos unha viaxe espacial, sobrevoamos Marrocos, gozamos dunha panorámica da flora e fauna do noso planeta azul e, grazas ás novas tecnoloxías, teletransportámonos ao Medievo para divisar desde as almenas dos xigantescos castelos o inmenso mundo que aínda nos queda por descubrir. Este ano despídense de nós os mozos e mozas de 6º, xa que para eles/as comeza unha nova andaina polo Instituto, e desde aquí pedímoslles que sigan traballando como ata agora, coas mesmas gañas de aprender e de superarse día a día. Tamén se vai o profe Luis a navegar polos sete mares na procura dunha illa paradisíaca onde descansar despois de tantas batallas, desde aquí pedímoslle que non deixe de poñernos ao día das súas aventuras enviándonos o seu caderno de bitácora. Xubilouse a nosa querida Milagros, que co seu traballo e dedicación fixo do noso colexio un lugar agradable para quedarse e compartir moitos bos momentos. Igualmente felicitamos a toda a comunidade educativa, pais e nais, profesores/as, persoal non docente..., pois grazas ao seu esforzo estamos a construír unha escola participativa, divertida, aberta ao mundo e mellor para todos/as.

FALADEIROS

1


E. INFANTIL - 3 ANOS

TEMA NÚCLEO:

INVESTIGAMOS ÁS XIRAFAS

MIRAMOS LIBROS DE XIRAFAS E DESCUBRIMOS QUE ERAN MAMÍFEROS E COMÍAN AS FOLLAS DAS PÓLAS MÁIS ALTAS POR ISO TEÑEN O PESCOZO TAN LONGO.

MEDIMOS ATA ONDE CHEGARÍA UNHA XIRAFA SE VISITARA O COLEXIO E CHEGARÍA ATA O BALCÓN. 2

FALADEIROS


E. INFANTIL - 3 ANOS

XOGAMOS AOS BOLOS-CASTAÑA.

LEVAMOS UNHA CASTAÑA NUNHA CULLER COA BOCA.

COMEMOS MOITAS CASTAÑAS, ESTABAN BOÍSIMAS.

FIXEMOS UN TREN COA CARA MANCHADA DE NEGRO. FALADEIROS

3


E. INFANTIL - 3 ANOS

NECESITAMOS: 1 MEDIDA DE AUGA , 1 MEDIDA DE SAL E 2 MEDIDAS DE FARIÑA.

AMASAMOS A PASTA E APLASTÁMOLA CO RODETE, CUN MOLDE FACEMOS ESTRELAS PARA O NADAL. 4

FALADEIROS


E. INFANTIL - 3 ANOS

ENTRAMOS POR PARELLAS NO SALÓN FACENDO UN TREN.

FOMOS A UN SITIO ONDE HABÍA UNHA LÚA GRANDE E UNHA CIDADE DE NOITE.

DESPOIS ENTRAMOS NA CIDADE DE ALADÍN.

FOMOS ÁS TUBERÍAS E ULÍA FATAL , TAMÉN HABÍA RATOS.

MIRAMOS MOITOS CONTOS DE CIDADES.

APARECEU ORBIL UN LOBO QUE COMÍA MOITOS CONTOS E DÉMOSLLE CARICIAS. FALADEIROS

5


E. INFANTIL - 4 ANOS

6

FALADEIROS


E. INFANTIL - 4 ANOS

FALADEIROS

7


E. INFANTIL - 4 ANOS

8

FALADEIROS


E. INFANTIL - 4 ANOS

Novas

FALADEIROS

9


E. INFANTIL - 5 ANOS

10

FALADEIROS


E. INFANTIL - 5 ANOS

/AS OS NENOS , O ID O R T NO EN ÉN MOITOS M A T E , IL T DE INFAN MO, DISFRAZÁ S Á M A M E PAPÁS S TOLOS”. O IC ÍF T N IE S NOS DE “C XUNTÁMONO S E T N A S ÍA UNS D PREPARAR A R A P E D POLA TAR CES, OS DISFRA RON QUE QUEDA . CHULÍSIMOS

DIVERTIDO: I O M I O F NTROIDO DO O DÍA DO E ARREDOR O ID R R O C N PER ATIO, CANTA FIXEMOS U P O N A X LOGO, ENTROIDO. COLEXIO E E D S A L P O SAS C MOS AS NO

FALADEIROS

11


E. INFANTIL - 5 ANOS

12

FALADEIROS


E. INFANTIL - 5 ANOS

FALADEIROS

13


1ยบ DE PRIMARIA

14

FALADEIROS


1ยบ DE PRIMARIA

SOMOS OS NENOS E NENAS DE PRIMEIRO. DURANTE TODO O ANO ESTIVEMOS INVESTIGANDO SOBRE O ESPAZO. FIXEMOS 12 CARTEIS DE COUSAS INTERESANTES, QUE NOS CHAMARON A ATENCIร N DA NOSA GALAXIA.

FALADEIROS

15


2º DE PRIMARIA

INVESTIGAMOS: “Van facer obras de ampliación no colexio” Como supoñemos xa saberedes, van facer obras de ampliación no cole, tiñan que empezar en febreiro-marzo pero parece que a cousa se demora. En 2º de Primaria estivemos investigando en que vai consistir a reforma: Primeiro, buscamos nos planos do arquitecto que cambios había. Foi moi emocionante descubrir que pasaba coa nosa clase porque non estaba na planta baixa, pasamos ó 1º andar!! á planta dos maiores!!

Despois intentamos facer en 3D, con pezas de construción, a parte que se amplía, sinalando tamén os cambios de espazos.

Reflexionamos sobre que persoas colaborarían na obra, que materiais, ferramentas e máquinas utilizarían. Buscamos información, lémola por grupos e anotamos o máis significativo. Tivemos que aprender a cooperar, porque o traballo de cada un de nós é fundamental para que o grupo funcione. 16

FALADEIROS


2º DE PRIMARIA

Aquí vos facemos unha relación dos cambios que descubrimos: PLANTA BAIXA • Comedor (onde estaba a Biblioteca) con almacén, vestiarios e cociña. • ANPA (onde está o despacho de Dirección). • Despacho de Xefatura de Estudos (onde está agora a ANPA). • Despacho de Dirección (na metade da aula de Rosana). • Despacho do Orientador (na outra metade da aula de Rosana). • Conserxería. • Aula de usos múltiples (onde están agora as clases de 1º e 2º). • Aula de informática (onde está a clase de 4 anos). • Nova aula de 4 anos con baño dentro. • Novo almacén. • Nova aula de desdobre. • Baño dentro da aula de 5 anos. PRIMEIRO ANDAR • Aula de PT (onde agora está a fotocopiadora). • Aulas de 1º e 2º. • Nova biblioteca. • Novo almacén. • Nova aula de desdobre. A ver se en setembro podemos estrear un cole case novo do trinque! :-)

FALADEIROS

17


2º DE PRIMARIA

Se o vento anda na rúa é como unha pintura. Se o vento conta estreliñas a Lúa queda soíña. Se o vento sobe ós outeiros abanea os piñeiros Se o vento fai aloumiños alegra os meniños.

Se o vento é un lacazán as flores non medrarán. Se o vento sopra do norte douche un bico forte. Se o vento anda no espazo é coma un abrazo Se o vento move as flores soña coas cores. Remataron a proposta de Antonio García Teijeiro os nenos/as de 2º

18

FALADEIROS


2º DE PRIMARIA

ENCÁNTANOS ESTA FESTA. NELA DISFRAZÁMONOS. TODOS CANTAMOS COPLAS. RIMOS MOITO. O CELEBRAMOS TODOS OS ANOS. INVENTAMOS CANCIÓNS. DESFILAMOS XUNTOS POLA PEDREIRA Ó FINAL QUEIMAMOS O “MECO”

FALADEIROS

19


2º DE PRIMARIA

Hoxe (27-2-10) cando me levantei, que foi entre as 9 e as 10, abrín as persianas e o estor,mirei que chovía a chaparróns e facía vento, as árbores meneábanse coma un abano dun lado a outro, as nubes eran grises e o ceo azul claro, espero que non trone. Menudo día e iso que aínda non chegou o peor, porque segundo informou o telexornal ás 15:00 h. da tarde entra por Pontevedra unha gran tormenta perfecta, con ventos de ata 160 km/hora. Espero que non sexa tan forte como din e que non faga dano. Yanira

Hoxe (27-2-10) hai en Galicia e noutros sitios un furacán que se chama Xynthia. Outra noticia é que en Chile houbo un terremoto no mar de 8,4º Antón

“EL GATO MANCHADO Y LA GOLONDRINA SINHÁ” O once de marzo de 2010 fomos a Pontevedra os das clases de 1º e 2º ver unha obra de teatro. Cando chegamos a Pontevedra merendamos e ao acabar xogamos nun parque circuíto. A parte máis importante foi o teatro que trataba dun gato chamado Gato Manchado, non tiña amigos porque se portaba mal con eles. O primeiro día da primavera coñeceu a unha andoriña chamada Sinhá. A partir dese día fixéronse moi amigos e namoráronse pero a andoriña tivo que casar co reiseñor porque a nai lle dicía que non se podía casar con Manchado porque a podía matar. Despois de ver o teatro fomos para o cole. 20

FALADEIROS

O venres día 13 fixemos o magosto no cole. Cando chegamos ao cole, despois de poñer a data e mirar a temperatura fixemos un acróstico do magosto e un diálogo do verme e a castaña, un pouco máis tarde fixemos o libro de lingua castelá, máis tarde fomos merendar e saímos ao patio. Despois a profe explicounos as normas para facer xogos. O primeiro xogo consistía en que a profe sacaba un número cunha castaña e tiñamos que facer grupos, despois fomos buscar os nosos botes para meter as castañas, un rato despois emborrámonos a cara e comemos as castañas máis tarde fumos lavar as mans porque ¡estaban sucias! E logo viñéronnos buscar e o pasei chupi guai. Esquecín explicar o segundo xogo que consiste en levar unha culler na boca e a castaña encima dela e tiñamos que chegar á meta sen que nos caera.


2º DE PRIMARIA

Novas Hoxe, día 30 de novembro, as clases de 2º e 1º fomos ver cadros de Maruja Mallo. Primeiro fixemos a fila das parellas, despois montamos no autobús. Cando chegamos a Moaña tiñamos un problema co parque, estaba en obras e tivemos que ir ao parque de Domaio. Nada máis chegar comemos a merenda e púxose a chover, buscamos un refuxio para non mollarnos. De alí a un pouco subimos ao autobús e fomos a un parque de pasear en Vigo, nel xogamos á pita e despois as profes nos chamaron para ir á Casa das artes. Cando chegamos fixemos manualidades. Consistían en que faciamos un cadro ao que lle faltaban pezas. Nunha caixa que estaba na mesa había cachiños de moitas cores, eran as cousas que lle faltaban aos cadros. Podiamos poñerlle detalles. Logo fomos ás salas de cadros que aínda non coñeciamos, a min gustoume moito o da señora pescadora e a señora agricultora. Cando chegamos de volta ao cole rematamos as manualidades que fixeramos. Despois tocou o timbre e fómonos para a casa.

22-12-09 Hoxe foi un día moi especial. Ao chegar á clase ordenamos uns traballos de matemáticas e logo cando acabamos viñeron os Reis Magos. Cando se foron merendamos. Logo quixemos ir ao recreo pero chovía entón bailamos e xogamos na clase. Pedro

RECOÑEZO QUE HAI OUTRAS PERSOAS QUE TEÑEN OUTROS GUSTOS. ENTENDO QUE NON PODO ENFADARME CON QUEN PENSA DIFERENTE. SEI QUE HAI CULTURAS DISTINTAS. PENSO QUE TODOS/AS TEMOS UNHA MANEIRA DIFERENTE DE VIVIR. ESPERO QUE ME QUEIRAN TAL COMO SON. COMPRENDO QUE HAI XENTE QUE COME OUTROS ALIMENTOS. TODOS/AS SOMOS LIBRES DE PENSAR. OXALÁ QUE TODO ISTO SEXA REALIDADE. FALADEIROS

21


2º DE PRIMARIA

PARA FACERTE FELIZ QUERO CANTAR. ALÉGRAME XOGAR CONTIGO. PODO CONFIAR EN TI. ÁMOTE CON TODO O MEU CORAZÓN.

MOITO ME GUSTA ESTAR CONTIGO AI! QUE GUAPA ES MIL BICOS CHE DOU Á ESTRELA MÁIS BONITA DO CEO

¡CANTO TE QUERO PAPÁ!

¡SEN TI NON PODERÍA VIVIR! ¡ES A MELLOR MAMÁ DO MUNDO!

PASÉASME, PEITÉASME. AXÚDASME, ALIMÉNTASME. PROTÉXESME, PERDÓASME. ACOMPÁÑASME, ABRÁZASME. ¡QUÉROTE PAPÁ!

A LÚA E A NENA DOURADA Xa vén dona Lúa cantándolle arrolos á nena dourada que eu teño no colo.

COUSAS BONITAS QUE IMAXINO DE MIN Se eu fose unha folla sería moi fermosa, se fose moi fermosa bailaría co vento, se bailase co vento voaría libre no ceo, se voase libre no ceo estaría feliz. Se eu fose unha estrela xogaría coa Lúa, se xogase coa lúa pintaríamos a noite, se pintásemos a noite iluminaríamos os soños, se iluminásemos os soños desaparecerían os pesadelos. 22

FALADEIROS

Xa vén dona Lúa recitando cantigas dálle alegría á nena durmida. Xa vén dona Lúa á nena entreter co seu axóuxere faina tremer. Xa vén dona Lúa o berce abanear cos raios fermosos fai a nena brillar.


3º DE PRIMARIA

Este ano, os nenos e nenas de 3º curso estivemos investigando sobre os animais. Comezamos na clase contando cousas que sabíamos deles, a verdade e que sabíamos moitas cousas, pero aprendemos outras moitas.

Cada un trouxo información sobre o grupo de animais que lle tocou. Logo falamos de que poñeriamos imaxes, como eran, a súa reprodución... Despois fixemos uns debuxos de animais e pegamoslos nunha cartolina grande e tamén escribimos información dos animais. No grupo dos peixes fixemos moitas cousas: dous libros, unha guía de peixes e un libro sacado dun traballo que fixemos entre todos. No grupo das aves: Tomás e Abel escribiron e os demais faciamos debuxos e logo recortamos.

A profe fixo uns grupos de nenos/as os que lles tocou un tipo de animais: mamíferos, aves, peixes, réptiles e anfibios.

No grupo dos mamíferos fixemos un libro. Cloe trouxo as fotos dos mamíferos, a min deume un oso pardo que o levaban ao circo. E con todas as cousas que trouxemos todos os do grupo fixemos un libro de mamíferos. Os réptiles organizamos o traballo: onde viven, reprodución, alimentación, animais especiais... e despois expuxemoslo nunha cartolina. Estivemos moito tempo facendo o traballo pasámolo moi ben e estivemos moi entretidos. Mais adiante fixemos libros de animais invertebrados. Nenos/as de 3º

FALADEIROS

23


17 DE MAIO DE 2010

A POESÍA DE UXÍO NOVONEYRA As poesías de Uxío Novoneyra non teñen nin un número de versos, porque sempre se alterna, tampouco teñen un tipo fixo de rima (asonante ou consonante). Algunhas das súas poesías son: “Galicia”, “Os eidos”, “Se o pasado é pasado”...

Uxío Novoneyra nace en Parada de Moreda, no Courel o 19 de xaneiro de 1930. É fillo único de país labregos acomodados. Cando tiña 15 anos foi estudar o bacharelato a Lugo, e posteriormente foi estudar Filosofía e Letras a Madrid. É nesta cidade onde empeza a publicar os seus primeiros poemas en castelán na revista universitaria Bengala. En 1952 volve á súa terra natal onde entra en contacto con Manuel María, quen o leva a tomar conciencia galeguista e a escribir en galego. No ano 1973 casou con Elva Rey, con quen tivo tres fillos: Branca-Petra, Uxío e Arturo. Viviu durante un tempo entre Lugo e o Courel, e uns anos máis tarde situouse en Santiago de Compostela. Nesta cidade é elixido Presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, cargo que exerceu ata súa morte 17 anos despois. Escribiu moitos libros de poemas como: “Do Courel a Compostela”, “Os Eidos”, no que están recompiladas as poesías do Courel. Escribiu tamén libros para nenos: “Gorgorín e Cabezón”, “O cubil do xabarín”, “Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín”, ... Falece en Santiago de Compostela o 30 de outubro de 1999. Pasados xa dez anos da súa morte, homenaxeamos este ano no Día das Letras Galegas ao “Poeta do Courel”. 24

FALADEIROS

GALICIA digo eu un di GALICIA GALICIA decimos todos GALICIA astros que calan din GALICIA e saben sabemos GALICIA da door chora á forza GALICIA da tristura triste á forza GALICIA do silencio calada á forza GALICIA da fame emigrante á forza GALICIA vendada cega á forza GALICIA tapeada xorda á forza GALICIA atrelada queda á forza libre pra servir libre pra servir libre pra non ser libre pra non ser libre pra morrer libre pra morrer libre pra fuxir libre pra fuxir GALICIA labrega GALICIA nosa GALICIA mariñeira GALICIA nosa GALICIA obreira GALICIA nosa GALICIA irmandiña GALICIA viva inda recóllote da TERRA estás mui fonda recóllote do PUEBLO estás n’il toda recóllote da HISTORIA estás borrosa recóllote i érgote no verbo enteiro no verbo verdadeiro que fala o pueblo recóllote pros novos que vein con forza pros que inda non marcou a malla d’argola pros que saben que ti podes ser outra cousa pros que saben que o home pode ser outra cousa sabemos que ti podes ser outra cousa sabemos que o home pode ser outra cousa.


DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O COUREL OS CONTOS DE UXÍO NOVONEYRA

Uxío Novoneyra aínda que é coñecido polos seus poemas tamén escribiu algúns contos, como: “Gorgorín e Cabezón”, “Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín” e “O cubil do xabarín” editados pola editorial Edelvives, na colección Ala Delta. Para vos animar a ler os contos de Uxío Novoneyra, ó que lle foi adicado ó Día das Letras Galegas, facemos un pequeno resumo: O cubil do xabarín: Un grupo de nenos que cachean os arredores. Un domingo intentan subir a un monte chamado o Cubil do xabarín… Que lles pasará alí arriba? Gorgorín e Cabezón: Gorgorín e Cabezón son dous nenos que ó chegar a primavera van divertirse a beira dun río, no que son atacados polo temible Home do Saco… Que lles pasará? Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín: Ilda é unha moza que vivía nunha torre no cabo do mundo. Alí a gardaba o seu pai, illada da xente, desde a morte da súa nai. Un día que baixou ó patio, un corzo, un lobo e un xabarín, traídos polos monteiros logo dunha cazata e engaiolados, prometéronlle que a cambio da súa liberdade farían algo por ela… Que lle prometerán? Para saber o que ocorrerá… teredes que ler os libros.

O nome O Courel, ou Caurel, ven do nome aureum (ouro) debido as grandes minas romanas que había. O Courel está situado ao sueste da provincia de Lugo. Ten picos de moita altitude (Formigueiros 1634 metros, Pía Paxaro 1607 metros e Porto Marelo 1530 metros). Tamén ten ríos importantes, que son afluentes do río Sil ( Lor, Soldón e Quiroga). Climatoloxía Debido ao afastamento do mar e ao aumento da altitude, pódese falar desta zona coma se fora un clima oceánico de alta montaña. A temperatura media está entre os 8º e os 10ºC, e entre decembro e febreiro o Courel esta totalmente cuberto de neve. Vexetación A vexetación nesta zona é moi abundante dado a diversidade bótanica que fai dos seus bosques os de meirande extensión e mellor estado de conservación do país galego. Se diferencian pisos vexetativos: de 100 a 1400 metros é o predominio dos Quercus, carballo e rebolo, acompañados por abeleiras e castiñeiros; de 1400 a 1600 metros os bidueiros, acompañados dos acivros; sobre os 1600 metros a matogueira, o breixo, piornais e queirogas. En Moreda hai unha ampla variedade de vexetación: bidueiros, teixos, serbais, abeleiras, acivros, carballos, faias e outras especies. Fauna No Caurel as especies importantes son: lobos, corzos, xabaríns, raposos… non debemos esquecer a desaparición dos cervos, rebecos, aguias reais e, especialmente, o oso pardo, e asemade, a pita do monte. Alumnos e alumnas de 6º

FALADEIROS

25


3º DE PRIMARIA

O venres 12 fixemos unha merendola e despois desfilamos ao redor do colexio, con todos os/as nenos/as do colexio. Despois cantamos a canción do entroido, fixéronnos moitas fotos nosos pais, as profes, etc. E por último queimamos o Momo. O Entroido é unha festa na que a xente se disfraza. Este ano o entroido empezou o sábado 13 de febreiro e durou ata o sábado 20 de febreiro. Nós, o luns, o martes e o mércores non tivemos colexio, sin embargo o xoves empezamos as clases. A historia do entroido en Galicia remóntase a tempos dos Celtas e representa o fin do inverno e o comezo da primavera. Houbo un tempo que estivo prohibido, pero mantívose vivo nos núcleos rurais de Galicia conservando as tradicións culturais, folclóricas e a gastronómicas. No colexio fixemos un xogo da seguinte maneira: O luns levamos algo na cabeza, o martes algo no pescozo, o mércores algo no tronco e o xoves todo o conxunto. Antes diso facemos un disfraz no colexio coa axuda da profesora Teresa. Este ano fomos de Franquenstein. Tamén fixemos unha canción co ritmo dos Piratas do Caribe e falamos na canción sobre Franquestein e investigación.

26

FALADEIROS

A festa en Cangas, do entroido foi moi divertida: O luns houbo uns xogos no pabillón de Rodeira, e a xente que non ía estaba na rúa lanzándose ovos e fariña, paseando, bailando… O martes en moitos pobos houbo a cabalgata do Entroido e despois o enterro do Momo. Agora imos falar das festas nas parroquias: En Coiro vaise andando desde Cangas. Alí disfrázaste, comes filloas e orellas, xogas, bailas e diverteste moito e logo vaste andando ou en coche para casa. Vaise andando a outras parroquias coma Aldán, Hío… e a xente vai disfrazada de paiasos, indios, princesas, vampiros…, van cantando, bailando e xogando. Cando remata o entroido queímase o Momo que é un boneco que representa o entroido. Nenas e nenos de 3º


3º DE PRIMARIA

O venres 16 de outubro fomos a Pontevedra 3º e 4º. Ás 9:30 collemos o autobús e cantamos durante a viaxe. Chegamos a Pontevedra e paseamos un pouco polas rúas, chámanos a atención que as casas eran de pedra e cando chovía tiñan soportais para non mollarse. Ao chegar estivemos nun xardín que se chamaba As Palmeiras e había un estanque con moitos parrulos. Había un parrulo que parecía unha estatua porque non se movía. En Pontevedra hai moitas prazas. Pasamos por unha na que uns nenos estaban disfrutando do

recreo e por varias casas da xente importante, que tiñan uns escudos moi grandes. Vimos unha praza que tiña forma de triángulo, que tiña unha estatua de Valle Inclán. Despois fomos ás ruinas de Santo Domingo e vimos: Unha pia de auga bendita, moitos sarcófagos, nas columnas había escudos de pedra… Estivemos no museo de Pontevedra e vimos: figuras de ouro, maquetas de barcos, armas, unha cociña, soldadiños de chumbo, un camarote… Fumos dando un paseo ata o río Lerez. Alí collimos o autobús que nos levou ao colexio A Rúa.

FALADEIROS

27


3º DE PRIMARIA

Este curso, nas clases de 3º e 4º, estamos traballando a atención. Facémolo co PIAAR que é un Programa de Intervención educativa para Aumentar a Atención e a Reflexividade. A profe Patri axúdanos a atender e a traballar aos de 3º é a profe Rosana aos de 4º. Déronnos uns carteis para a clase cos trucos para facer ben os exercicios:

1) ATENCIÓN. ESCOITO ATENTAMENTE. 2) LEO A TAREFA ATENTAMENTE. FÍXOME MOITO. 3) PENSO. FAGO UN PLAN. 4) FAGO A TAREFA CON COIDADO. PODO FACELO BEN. 5) REPASO A TAREFA CON COIDADO E SE ME EQUIVOCO CORRIXO. 6) FELICÍTOME. FÍXENO BEN. As fichas do PIAAR poden ser de: atopar as diferenzas, buscar obxectos agochados, buscar imaxes iguais co exemplo... Sempre no tempo que nos dan as profes: 10 ou 15 minutos. Se as facemos ben, dannos puntos para toda a clase e se chegamos ata os 400 puntos darannos un premio elixido por nós: unha saída para os de 3º e ver unha película para os de 4º. Se os aplicamos nas clases e nos portamos ben tamén nos dan puntos. Estes trucos sérvennos tamén para facer mellor os traballos da clase, os deberes da casa, os exames e para solucionar problemas que temos entre nós. Helga e Cloe

28

FALADEIROS


3º DE PRIMARIA

O 31 de outubro é o Samaín, é dicir: o día dos mortos. Algúns nenos trouxeron cabazas con ollos e boca. Puxémoslles velas dentro para encendelas. A profe Patri disfrazouse de meiga e deunos un susto dicíndonos: que nos ía quitar a cabeza. A festa do Samaín é unha tradición celta moi divertida. Podes asustar a xente pola noite, tamén imos polas casas a pedir caramelos e chucharías. Fixemos un libriño con forma de cabaza e dentro puxémoslle unhas poesías. Un neno trouxo un morcego de peluche, arañas de plástico e unha cobra para decorar a clase.

FALADEIROS

29


3º DE PRIMARIA

O mércores fomos de excursión a Vigo. O día da excursión todos estaban impacientes por saír. Cando pasamos pola ponte de Rande, a esquerda seguían quilómetros da ría de Vigo e a dereita víanse as Illas Cíes. Eran enormes. Leváronnos a mirar o castro. O castro é un sitio moi fermoso, está no alto dun monte, ten varios xardíns, tamén ten un restaurante e varios anteollos cos que podemos mirar as Illas Cíes como se estiveramos o seu carón. A paisaxe era moi bonita. Mirábase toda a ría de Vigo. Despois fomos merendar e fomos andando ao autobús que nos levou ao teatro. Alí, vimos unha obra de teatro titulada “El niño colchón” pero era en castelán. A historia contaba que un neno chamado “Juan” tiña uns pais que se ían separar. Juan non entende por que e escápase. Encóntrase cun mendigo, logo con dous vixiantes e logo coa súa propia sombra e todos lle din que ten que volver á súa casa e que seus pais o queren tanto coma sempre. Ao saír do teatro fomos ao bus e volvemos ao cole; despois xogamos un rato no patio e regresamos a casa… OS ALUMNOS/AS DE 3º 30

FALADEIROS


4º DE PRIMARIA

Os alumnos e alumnas de 4º curso elaboramos un calendario para este ano. Chamámolo “CALENDARIO CIENTÍFICO” porque buscamos doce homes ou mulleres que investigaran no campo das Ciencias ou das Letras. Aquí tedes algúns datos das súa vida.

FALADEIROS

31


4º DE PRIMARIA

O día da festa chegamos ao colexio e na clase fixemos o Caderno do Magosto e despois… ¡DIVERSIÓN GARANTIZADA! Fixemos xogos por equipos formados por nen@s de 3º e 4º. Un xogo foi o do gato e o rato. A encargada deste xogo foi Teresa. Era dun gato e un rato que tiña que buscar a súa tobeira (eran dous ou tres nenas /os en circulo dándose a man) dentro de cada tobeira había una nena /os para cando entrara un rato ¡saía outro! Despois tocounos o xogo de Rosana. Era unha carreira de tres equipos. Cada equipo, posto en fila, tiña una castaña e o primeiro da fila tiña que ir correndo coa castaña, tocar a parede, volver

e darlle a castaña ao seguinte do seu equipo e correr con el, e co seguinte, e así ata rematar. Gañaba o equipo que remataba primeiro. Por último o de Celia: os aros. Os aros están no chan e Celia toca o tambor, mentres toca, temos que ir andando (correndo) e cando para de tocar hai que poñerse dentro do aro e quen se quede sen aro ¡eliminado! En cada quenda vaise quitando un aro ata que so queda un gañador. Cando rematamos os xogos, déronnos as castañas e comémolas. Ao final emborrallamos a cara coa cinza, ¡case non os coñecíamos!

32

FALADEIROS


4º DE PRIMARIA

No colexio hai dous representantes por clase que se votan a principio de curso e teñen estas funcions:      

AXUDAR ÁS PERSOAS QUE O NECESITEN. ASISTIR ÁS REUNIONS TRIMESTRAIS DE CONVIVENCIA. RECOLLER AS IDEAS DOS NENOS E NENAS DA CLASE. ANIMAR AOS NENOS E NENAS A APRENDER. FALAR COS COMPAÑEIROS SE TEÑEN UN PROBLEMA OU DISCUSIÓN. SER AMABLES PACIENTES E XUSTOS.

Uns días antes da reunión de representantes dannos unha nota coa orde do día e o que imos falar. Na reunión tamen está a Dinamizadora da Convivencia e a Xefa de estudos. Pregúntannos se temos algo escrito, e se o temos e é un problema falamos de como arranxalo, e se é unha peticion buscamos unha forma de conseguir o que se pide. Despois lennos a información recollida nos buzóns e falamos diso, de como arranxar os problemas, como conseguir o que piden ou das felicitacións. Cando rematamos de falar dos buzóns preguntannos se temos alguna petición ou suxerencia. Logo se hai algunha pregunta temos que facela nese tempo pero casi nunca hai. Normalmente cando voltamos da reunión informamos ó resto da clase do que falamos. Catalina Eirea e Iria Bermúdez. Representantes de 4º

Na Idade Media houbo moitas guerras e perigos de toda clase e por iso os Señores mandaron levantar os castelos? O foxo dos castelos impide que os soldados inimigos poidan subir ao castelo? Os muros do castelo podían chegar a ter ata tres metros de grosor? Os retretes dos castelos da Idade Media daban ó foxo do castelo? Durante a Idade Media cazábase toda clase de animais: aves, cervos, coellos, lebres, xabarís, e ata garzas e paxariños?

Bastantes mulleres morrían no parto porque non sabían case nada da hixiene necesaria nin de cómo arranxar as complicacións ou enfermidades que podía traer o parto? Na Idade Media non se coñecía nin o té nin o café en Europa e a maioría de xente bebían cervexa e/ou viño, incluso os nenos/as e a xente de Igrexa? Na Idade Media non había cámaras frigoríficas e por iso para conservar o peixe e a carne podían secalos ao aire libre, afumalos ou conservalos en sal? O Cabaleiro non podía vestirse só e necesitaba a axuda do seu escudeiro que tamén coidaba das súas armas? FALADEIROS

33


4º DE PRIMARIA

Os/as alumnos/as de cuarto curso escribimos poesías ao longo do curso escolar con distintas temáticas. Tamén fixemos o traballo de diferentes formas: individualmente, por parellas e en equipo. Estas son algunhas das que fixemos:

Unha noite moi escura un troll eu vin xogando ao baloncesto e á vez bailando o cha-cha- chá Unha noite moi escura eu vin unha bruxa borrachona que tamén bailaba o cha- cha- chá.

Unha noite moi escura ¡non sabes o que vin! Un gato moi pequeno enriba dun pirulí. Unha noite moi escura ¡non sabes o que vin! Unha pantasma e unha serpe bailando o chikichí. Unha noite moi escura ¡non sabes o que vin! ¡O ESPIRITO DO SAMAIN! Antía

Esta noite moi escura ¡non sabedes o que vin ! Un morcego de cor azul, unha pantasma borrachona, e un vampiro coa bruxa, xogando ao balancín.

Amable Lorenzo

Iria Miranda

Unha vez vin unha horta, que tiña moitas cenorias. Esa horta con moitas cenorias, tamén tiña moitas cebolas. Esa horta con moitas cebolas, tamén tiña moitas leitugas. Esa horta con moitas leitugas, tamén tiña moitas patacas. Tomás Currás

A bolboreta foi xantar, despois de camiñar. Alí atopouse unha xoaniña, e un golfiño no mar. Ao acabar de xantar, os tres xuntos puxéronse a xogar. Pero do que non se ían a acordar, e que o parrulo éo oso os estaban a observar. Laura Piñeiro

34

FALADEIROS

Nunha noite moi escura na que os zombis saen, e os mortos viventes tamén, asustan aos nenos, matan aos cans, envenenan aos pais, fan experimentos cos tíos, converten aos gatos en vampiros e aos porcos en cabazas ¡ ¡Ai que medo!! Pero… é noite de Samaín. Miguel Silva


4º DE PRIMARIA

No colexio temos unha horta que coidamos entre todos. Cada curso encargouse de plantar ou sementar distintas hortalizas, legumes, tamén de sachalas cando sexa necesario e regalas. Este é un pequeno estudo dalgunhas das que temos.

Estimula o apetito. É diurética e antianémica. Mellora a vista. É antioxidante e un eficaz protector da pel.

Dentro da horta tamén temos un composteiro para facer compost cos restos da materia orgánica das nosas merendas.

O TOMATE

A LEITUGA A leituga è unha planta anual, propia das rexións semitemperadas que se cultiva con fins alimentarios. Existen moitas variedades e o seu cultivo é cada vez maior en invernadoiros, e así, pódese consumir durante todo o ano. Normalmente cómense crúas. Ten pouco valor nutritivo pero un alto contido en auga, antioxidantes e minerais, sobre todo as follas mais verdes. A CENORIA É unha planta herbácea da familia das umbelíferas, de raíz comestible. É unha verdura moi boa para a alimentación das persoas de calquera idade. Pódese comer crúa ou cocida.

É rica en ácido fólico, vitaminas C, B1, B2, B3… e E. Ten minerais como calcio, fósforo, potasio, ferro, sodio,…

Os tomates son o froito da tomateira. Son un alimento excelente para quen desexe levar unha dieta saudable. Desintoxican o organismo e axuda a previr enfermidades.

O pemento e os pementos picantes teñen propiedades analxésicas, sendo bos para calmar as dores de enfermidades reumáticas.

Conten vitaminas C e A, e minerais como o potasio, calcio, sodio…

Son ricos en fibras, potasio, fósforos,..

A PATACA

A FRAMBOESA

As patacas son tubérculos comestibles. É o segundo alimento máis utilizado do mundo. Son un alimento moi antigo, utilizado polos pobos de América antes de que Cristobal Colón chegase a ela. Pola súa toxicidade, hai que comela cociñada.

É unha planta que medra preferentemente nos claros dos bosques. Coñecese como a fresa do bosque. É unha froita que se utiliza en centos de receitas.

É un alimento moi rico en almidón, potasio, hidratos de carbono, Vitamina C e minerais como o calcio e o fósforo. A CEBOLA É planta herbácea de horta da familia das liliáceas, de bulbo comestible, cheiro forte e sabor picante.

Refrescan e estimulan o apetito. Conteñen moita fibra polo que reducen o colesterol, e prevén o retraemento. Son unha fonte de vitamina C e polo tanto, ten acción antioxidante. Polo seu sabor, utilizase na industria farmacéutica para mellorar o sabor dalgúns medicamentos.

E boa para os diabéticos, pois axuda baixar o azucre no sangue e nos ouriños. Reduce colesterol. Ten vitaminas C, A, E e B, e minerais como xofre, magnesio, fósforo. O PEMENTO É o froito oco da pementeira, planta procedente de América. O seu cultivo está estendido por todo o mundo. Son moi ricos en vitamina C e axuda a aumentar as defensa do noso corpo. Estimulan o apetito. FALADEIROS

35


4º DE PRIMARIA

do a nosa copla pola Pedreira. Os nen@s de 3º e 4º festexamos o Entroido o día 12 de Febreiro deste ano no colexio A Rúa. Primeiro vimos unha película que se titulaba, Azhur e Asmar. Trataba de dous nenos que de pequenos se criaron xuntos e a nai (e ama de cría) que os coidaba contáballes historias sobre A Fada dos Gimns, sobre que algúns Gimns malvados a tiñan atrapada, e Azhur e Asmar a salvaron. Despois Asmar casou con A Fada da Luz e Azhur coa Fada dos Gimns. Gustounos moito.

36

FALADEIROS

A continuación fomos ás escaleiras de 5 anos para cantar as coplas, e logo queimamos o meco que tiña un cartel que poñía “6º mola”. Aquí xa rematou o Entroido. Na merendola que fixemos na clase de 3º curso comemos filloas, orellas, chulas, patatillas, gominolas caseiras…Todo moi rico. Despois da merendola puxemos os disfraces e saímos á pista grande para saír cantan-

FIN


5º DE PRIMARIA

Van Gohg empezou a pintar no 1879 de modo vehemente. Reencheu álbums copiando do natural. Marcoulle moito o barroco holandés. Gustáballe a literatura francesa. Despois as súas gamas foron escuras, os entornos pobremente iluminados e con tensións de luces e sombras. Na clase de plástica os alumnos de 5º fixemos unhas habitacións baseadas na súa. Puxémoslles un recheo de plastilina nalgunhas partes. Quedáronnos moi bonitas e cando as terminamos forrámolas e levámolas para a casa. Algúns dos exemplos son éstes:

FALADEIROS

37


5º DE PRIMARIA

Saímos ás 9:45 o Areal e alí vimos como conseguían e usaban a sal. Despois fomos ó auditorio de Caixanova a ver un concerto. Nos explicaron cales son as familias de instrumentos que son: vento metal, vento madeira, corda e percusión. Mostráronos como soan con cancións coñecidas como Sinchan, O Hormiguero, Os Simpson, Popeye... Ensináronos como soaban as boquillas. Despois tocaron todos unha composición famosa. Mais tarde deixaron subir a algúns nenos a tocar.

O día 18 de marzo fomos de excursión a Meiro (Millo Corvo), collemos o autobús as 10:30 e marchamos para alá. Cando chegamos alí atendéronos moi ben, había 2 mulleres e 2 homes que nos explicaron o que íamos a facer. Despois chegamos a un hórreo entramos nel e nos ensinaron o que había dentro. Logo fomos a casa da señora Pepa, alí ensinounos o forno que estaba a quentar para facer o pan. Máis tarde fomos ao muíño onde estaba a fariña a moer, era dun color moi raro e deixáronos coller un pouco. Despois estivemos camiñando durante un bo rato, cansámonos moito pero sobrevivimos a pesar de todo. Cando paramos de camiñar chegamos a un sitio onde nos paramos a merendar,cando rematamos fixemos o mesmo recorrido para volver a casa da señora Pepa, alí fixemos o pan deixáronos peneirar a fariña despois puxeron o pan no forno esperamos un rato e xa esta listo (o pan) probamos un cachiño cada un, ¡estaba delicioso! Máis tarde veu o autobús a buscarnos, e marchamos de volta ao cole. Alí falamos da excursión. ¡PASÁMOS MOI BEN!

38

FALADEIROS


5º DE PRIMARIA

O día 28 de abril fomos de excursión ao Parque Nacional de Sálvora, collemos o autobús ás 9:00. Despois fomos no autobús ata o Grove, tardariamos mais o menos unha hora e pico, e cando chegamos o Grove collemos o barco con dous colexios máis. Alí chegamos ás 11:15, aproximadamente. O regreso, en barco, o porto de saída foi as 17:15 dende Sálvora. Fixemos un xogo con Bea pola mañá ata o faro e despois, pola tarde, visitamos un poboado, que agora está abandonado, onde puidemos ver as casas onde vivían a xente, as cadras, hórreos, leiras, etc. O resto da illa non o puidemos visitar porque é un Parque Nacional. E, que é un Parque Nacional? Un Parque Nacional son espazos naturais que posúen valores ecolóxicos polos que a súa conservación merece unha atención preferente. Para que un espazo poida ser protexido como “Parque Nacional”. O Parque debe reunir estas características: 1. Representación do sistema natural 2. Extensión adecuada que permite a súa evolución natural. 3. Continuidade territorial salvo excepción xustificadas. 4. Asentamentos humanos, sen núcleos humanos. 5. Protección exterior, con territorios exteriores. Así un Parque Nacional e un espazo natural de alto valor natural e cultural, pouco alterado pola actividade humana que en razón dos seus valores naturais, do seu carácter representativo, a seguridade da súa flora e da súa fauna, merece a súa conservación cunha atención importante. En concreto o Parque Nacional de Illas Atlánticas protexe preferente os espazos que comentamos a continuación: OS FONDOS MARIÑOS As costas das illas, a excepción de Cortegada, pódense considerar expostas, aínda que á vertente Oeste (a que mira cara o océano) soporta máis os embates das olas. A vertente Leste, que mira cara ás rías, ten un grado de exposición menor.

Estas diferenzas no grao de exposición ás correntes mariñas crean distintos escenarios OS FONDOS ROCHOSOS: Un refuxio para a vida Os rochedos submarinos son vitais para a evolución da vida submarina, xa que constitúen o substrato ideal para que se fixen que os organismos mariños. OS FONDOS DE AREA: O reino da camuflaxe Os fondos de area ocupan tamén unha parte importante da superficie submarina do Parque. A imposibilidade de agochárense nesta superficie uniforme a razón de que os organismos que habitan nestes fondos deseñasen como ao longo da súa evolución, sistemas particulares para pasar desapercibidos. OS FONDOS DE MAËRL: Unha xoia natural Con este curioso termo, de orixe bretón, denomínase os fondos formados pola acumulación de dúas pequenas algas calcarias:Lithotamnion corallioides e L. calcareum. Forman un mesta armazón de ata varios metros de espesor onde unicamente permanecen vivas algas da zona superior. OS FONDOS DE CASCALLO: O mundo das cunchas Están constituídos por grandes acumulacións de fragmentos de cunchas e cachos que se van esfarelando no fondo mariño co paso dos anos.Os ocos que forma no seu interior tamén lle serven para agocharse a moitos pequenos organismos. A ZONA INTERMAREAL: A vida na fronteira Entre a baixa mar e a preamar atópase a zona intermareal, un mundo exclusivo para organismos adaptados aos cambios extremos.

FAUNA A fauna o medio mariño e o mellor representado no Parque; a súa gran variedade de ambientes proporciona unha diversidade faunística. Nas zonas rochosas mais batidas polo mar habitan organismos. A medida que aumenta a profundidade, aparecen refuxiadas entra as cendas moitos animais.Outros fondos móbiles son os formados por algas calcarias. En zonas de menor influencia mariña aparecen aves. FLORA A luz e as ondas condicionan a distribución da flora mariña. Na cara oeste das illas abundan as grandes algas pardas que forman auténticos bosques submarinos. A flora terrestre debe protexerse da aridez, o sal e o vento. As dunas que son parte de la flora son depósitos eólicos de area, nas dunas hai plantas como por exemplo: o tómelo de praia, o cardo da ribeira e a algodoeira. Os cantís que tamén son parte de la flora están en zona costeira inclinada e abrupta aféctalle a erosión mariña e o salitre. As plantas que están nos cantís deben adaptarse a solos esqueléticos, fortes ventos e ás salpicaduras das olas nos cantís hai plantas como por exemplo: o perexil de mar e a herba de namorar. Como podedes comprobar nós so puidemos ir paseando, se facer moito ruído para non molestar os animais que alí viven: gaivotas e cormoráns, sobre todo, por dous sendeiros: un cara o faro da illa, que serve para alertar ós mariñeiros do perigo que hai, debido as rochas e tamén para orientalos cando hai mal tempo ou néboa, e o outro camiño que como xa dixemos nos levou o poboado abandonado que hai nesta illa. Impresionounos moito que ó chegar a Sálvora o primeiro que se ve é un impresionante pazo que parece como si ali vivise un conde ou un marqués, pero non é máis que un almacén, segundo nos contaron, e que anteriormente fora unha fábrica de salazón. Tamén no porto hai a estatua dunha serea con cola de peixe e todo. FALADEIROS

39


6º DE PRIMARIA

O día 18 de marzo, os alumnos de quinto e sexto do CEIP “A RÚA” foron a Meiro a visitar Millo Corvo. Ao chegar a Meiro, fomos a unha parcela onde se atopaba un hórreo. Dentro había cestas de vimbio,que servían para debullar o millo enriba, e logo poder levala ao muiño. MUÍÑO.

CESTAS E MAZAROCAS.

Saímos da casa da señora Pepa para ir ver o muíño de auga, que estaba no monte, preto do río. Fomos monte abaixo, e polo camiño atopámonos con varios piñeiros ladeados, que parecían que se ían a caer enriba nosa. Cando chegamos ao muíño, se vía o río desviado cara el, e ao pasar por debaixo, facía xirar unhas aspas de ferro.

As mazarocas estaban penduradas do teito e tamén se atopaban algunhas no chan.

RODICIO DO MUÍÑO.

raba a fume. O pan estaba facéndose no forno e menMOEGA tres se cocía, E CACAREXO. nos explicaban o funcionamento do forno, que os carozos empréganse para facer lume, e na entrada do forno, había lume para que non se fose a calor.

FORNO.

Tamén nos dixeron que antes de facer a bola de pan coa fariña que se trae do muíño nas taleigas (sacos de tea), hai que peneirala, e que e iso? preguntámonos. A peneira é un instrumento de madeira, circular, cunha base de arame, formando unha rede. Ao botar na peneira a fariña, hai que axitala e a fariña terá que caer na bacía (bandexa de madeira, cos bordes altos).

MAZAROCAS PENDURADAS.

Logo fomos a casa da señora Pepa, onde está a artesa, que servía para amasar o pan. O pan cócese da seguinte maneira: métese a masa no forno, cunhas follas secas de castiñeiro debaixo (para que non se pegue o pan ao forno).

ARTESA. 40

FALADEIROS

A PENEIRA. MOA.

Dentro do muíño había dúas pezas de pedra e outras dúas de madeira. As de madeira eran a moega, onde se pon o millo, e o cacarexo, que ao chocar na moa, facía que caese o millo nun burato que tiña a moa. A moa xiraba grazas ás aspas, o millo quedaba entre a moa e o pé, e ao xirar a moa, machucábase e quedaba a fariña que saia polos bordes e caia no chan. Ao rematar fomos á casa da señora Pepa, e dentro da casa xa chei-

COMENDO PAN.

Un rato mais tarde comemos o pan, que estaba boísimo! Ao final marchamos cara ao colexio no autobús. Luis M. Carnero Feijóo


6º DE PRIMARIA

PrOjEcTs DoNe De CaNdIdA hÖfEr O día 10 de marzo, os alumnos de sexto de primaria, fomos ao Museo do Marco a ver unha exposición chamada “Projects Done” de Candida Höfer e os seus arquitectos. A súa exposición reúne proxectos fotográficos feitos dende 1968 a 2008.

Candida Höfer unha fotógrafa alemá, a quen lle encanta facer fotografías sen xente na imaxe porque di que as fotografías con persoas sáenlle peor. Nalgunhas fotografías hai persoas, pero son moi raras. Outra das súas características, é que a fotografía é un espazo baleiro, e iso permítenos como se puidéramos imaxinar unha historia en cada imaxe. Ademais, algunhas das súas fotos, levan réplicas, como estatuas, pero en diferentes cidades do mundo, Londres, París, etc. Tamén nesa mesma exposición hai imaxes na que saen animais, pero onde están encerrados hai pinturas sobre o hábitat do animal. Despois, fomos facer un taller. No taller tivemos que facer un espazo privado, unha habitación. Para facelo déronnos un papel para pintar, e despois uns mobles de papel, tamén para colorear. Laura Bouza Leirós

O Panel de Noticias é un taboleiro situado fronte ás escaleiras da entrada principal, onde colgamos as novas elaboradas polos nen@s do noso colexio. Este curso en 6º fixemos comisións para distintas tarefas: a Comisión de Manzaneda, para organizar a excursión; a dos Carballos, para plantar e coidar os carballos; a do Blog de Sexto, para encargarse de publicar no blog o que facemos na clase; a de Minerais, para preparar a exposición; a de Plantas de 3 anos, para coidalas; a de Biblioteca, para tomar nota dos libros que lemos, a do Lixo do patio, para limpalo; e a das Noticias, para colaborar co Panel de Noticias, que é a que nos tocou a nós. Non todas funcionaron como esperabamos, pero algúns esforzámonos para facelo ben. Comezamos cunha votación na clase para saber quen formaba cada comisión. Despois de saber que tiñamos que encargarnos das Noticias, fomos falar coa profe Rosana para colaborar no Panel de Noticias. Falámoslle das nosas primeiras ideas: facer seccións, recoller as noticias polos cursos, poñer o panel atractivo para a lectura... e ela díxonos que lle parecía ben e que comezáramos. Decoramos o panel e empezamos co traballo. A xente pensa que facer todo iso foi tarefa fácil, pois non, iso durou todo o primeiro trimestre porque tiñamos pouco tempo para facelo. Como había noticias atrasadas, colgámolas igual e agora todos os meses intentamos renovar o panel. Pero iso tampouco e fácil dado que temos que pasar por todas as aulas buscando as noticias, e ás veces non hai. Estamos contentas por como saiu e queremos dar as grazas ao noso profe Luis, aos nosos compañeir@s por votarnos para o panel, e a profe Rosana polo seu apoio. GRAZAS!!!

María e Andrea FALADEIROS

41


6º DE PRIMARIA

Sr Director. Que é o importante agora? Non sei moito de política pero algo sei de humanidades e polo pouco que sei do tema atreveríame a dicir que á maioría da xente impórtanlle máis os campos de fútbol do Morrazo, o campo do Alondras. Pero, a cantos de nós nos importa o decreto ou como din o decretazo? Pensade vós, cando leades isto, de verdade. A que lle dades máis importancia? Pensade que nós os nenos temos que expresarnos na nosa lingua natal se non queremos que o Galego se extínga. Nos nosos colexios temos que falar galego, algo máis (non pido moito) que o castelán e o inglés. O castelán aprenderémolo facilmente se viaxamos por fora de Galiza (ou por dentro) pero o galego non. A pesar diso,... quen se preocupa por nós? Nin sequera unha cuarta parte de galegos intenta parar o decretazo ou manifestarse contra el. Isto non é unha carta para manifestarse contra alguén pero iso non significa que non estea dicindo nada, posto que é para que a xente se dea conta do que fai. Caetano Eirea Orro

Señor Director: Sobre 2004, no verán, deteñen a un home de 36 anos (aproximadamente) por mostrar a unha LEOA coa cola cortada, media orella e nunhas condicións pésimas. O home quería vendela por dous millóns de euros a un millonario de Estados Unidos. Antes de comprala un amigo do millonario (que era dunha ONG para salvar a animais metidos no comercio ilegal), ao ver á leoa en tal estado denunciou ao propietario. O home tivo que devolver os dous millóns de euros e a ademais pagar a multa que lle puxeron. Esta historia por sorte non se ve todos os días pero si bastantes veces ao ano. SE QUEREMOS SALVAR A MOITAS ESPECIES ANIMAIS, por que non empezamos por terminar co comercio ilegal de animais? É o goberno quen ten que resolver este tema! María Ignacio

Señor Director: Hoxe en día utilizamos a tecnoloxía para todo. Que faremos o día que se gasten as cousas como o petróleo, as árbores, etc.? É ese o futuro que queremos para o día de mañá? Creo que todos coñecemos a resposta pero non queremos afrontalo. Como nos podemos chamar raza superior se non queremos afrontar o que sabemos que pasará? Hai que facer algo porque poida que non vos toque a vós a desgraza, pero aos vosos fillos, netos, .... si. Que queredes facer!!! Cambiar, ou provocar a morte segura para a Terra? Iso está nas nosas mans e por moito que teñamos que sacrificar hai que cambiar para un progreso mais saudable. Miguel Paz

42

FALADEIROS

Señor Director: Fai uns meses entereime de que Zapatero regalará un ordenador a cada neno de Quinto de Primaria. Eu quería que o puxerades no xornal porque me parece unha inxustiza para os que son maiores dese curso, por exemplo, Sexto de Primaria ou todo Secundaria. A min paréceme que se lles da a eles, aos demais tamén, e ademais eu como alumno de Sexto digo que nós tamén queremos un ordenador para traballar nos deberes que nos mandan. Así non pode ser. Vós tamén podedes protestar para que dean ordenadores aos vosos fillos e tamén aos vosos netos. Denis Sotelo

Señor Director: Eu vou adestrar un par de días á semana ao colexio de Coiro, por iso sei que se investiu moito diñeiro no colexio e pouco no pavillón, o cal cada vez que chove, nunha parte énchese de charcos. Xa ten pasado que os nenos que están a adestrar escorregan e caen por culpa dos charcos, ou que só se poida usar unha das dúas pistas. E iso non é todo, hai dous camiños para chegar ao pavillón. Un deles asfaltárono hai pouco pero aínda así énchese de charcos e o outro, o peor dos dous, é de terra, polo que cada vez que chove, o camiño antes de terra pasa a ser de barro. Por que non arranxaron ben o pavillón xa que fixeron obras no colexio? Marta Serantes

Señor Director: Eu creo que o fútbol é moi importante, porque é o deporte máis visto na televisión, e o máis practicado… O caso é que agora estamos dándolle moita importancia, porque cada club de fútbol que pide diñeiro ao Concello para facer un campo de herba, llo dan aínda que só sexa para xogar a un deporte, coma todos os demais. E cando piden diñeiro para que vaian a arranxar algo a unha escola ou a outro sitio din que non hai diñeiro. A min encántame o fútbol pero creo que deberíamos prestar un pouco máis de atención a outras cousas. E con isto non quero dicir que deixemos o fútbol, só quero dicir que non imos vivir del, imos vivir doutras cousas e se non as arranxamos nunca as disfrutaremos. Yago Estévez

Señor Director: É curioso que o Concello de Cangas do Morrazo quere que reciclemos, mandounos ao colexio uns imáns (de pegar na neveira) nos que dicían: separar para reciclar, explicando onde tirar cada cousa. Para que nos piden que reciclemos se despois non temos colectores de reciclaxe? De nada nos vale reciclar na casa, se despois témolo que botar no colector de materia orgánica todo. Eu creo que para fomentar a reciclaxe en Cangas, o Concello debería empezar pondo colectores de reciclaxe. Luís M. Carnero


ANPA E EXTRAESCOLARES CURSO 2009/2010

Visita dos reis magos ao cole.

Cross.

Melchor, Gaspar e Baltasar.

Escola de Pais da Rúa.

Este curso estreamos nova xunta directiva na ANPA do Ceip A Rúa, un desafío que as persoas que a compoñemos tomamos con respecto, bo humor e moitas gañas. Ao principio de curso, como en anos anteriores, organizáronse todas as actividades extraescolares deste ano 2009/10. Aínda que houbo moitas que se quedaron atrás, houbo outras moitas que continuaron con éxito (cociña, patinaxe, informática, xadrez, batuka, pintura, teatro e fútbol) e algúns estreos como ximnasia rítmica, e para a comunidade máis cativa do cole (english club e diverfit) e pilates para nais e pais, que empezou con boas expectativas, pero ao final houbo que deixar de impartirse polo escaso número de participantes. Ideamos unha nova camisola representativa do colexio, alegre e non moi rechamante ao mesmo tempo. E, de cara ao curso que vén, deseñaremos o chándal que, ao igual que a camisola, será voluntaria a súa compra. Acordamos cos Reis Magos, que lle gardariamos uns traxes exclusivos para eles no noso cole, para que non teñan que andar coas maletas ao lombo que xa bastante teñen con todos os agasallos que nos traen. En colaboración co centro, conseguimos recuperar a perdida Escola de Nais e Pais, con moito éxito, onde compartimos as nosas experiencias, problemas, preocupacións en relación á educación dos nosos fillos e aprendemos todos xuntos/as. Unha escola amena, divertida, educativa, etc., e moi, moi recomendable para as familias. Animádevos para o curso que vén!!! Ademais organizamos o noso 1º Cross “Internacional” do CEIP A Rúa, cun grande éxito de asistencia, case que 400 inscritos. Acompañounos un día estupendo e foi salientable a implicación e colaboración marabillosa dos pais e nais que compoñían a organización, un dez para todos/as eles/elas!! Conxuntamente co equipo directivo do centro, organizouse una xornada de convivencia, unha ruta de sendeirismo polo río Xabriña, que aínda está por vir e esperamos que sexa estupenda... E despois, ao final de todo, queda a festa de verán, a despedida deste 2009/2010 que aínda temos que idear. Dende aquí queremos decirvos que, sen a axuda e apoio de todos vós, socios e socias da nosa ANPA, nada disto sería posible, e esperamos que poidamos seguir facendo xuntos/as moitas cousas máis no futuro. MOITAS GRAZAS A TODAS E TODOS!!!

Os obxetivos das clases de Ximnasia Rítmica son fortalecer e mellorar a coordinación, a flexibilidade, o equilibrio, a expresividade… e tambén,… ¡divertirse!

Exhibicion de patinaxe.

Aula de plástica.

Aula de informatica.

Grupo de teatro “A Rúa”.

A Xunta Directiva FALADEIROS

43


COLABORACIÓNS CON OUTROS CENTROS

ste ano no Colexio do Hío puxemos en marcha a incubadora. Despois varios anos sen poñela a funcionar conseguimos obter ovos de quirica, de galiña de Mos e de oca . Estes ovos regaláronnolos; foron 65 . Repartíronse (en proporción co alumnado) por aulas: Neste curso durante as clases estivemos lendo o libro Usha, de María Reimóndez. Ensinounos diversos valores por medio dunha nena galega de 10 anos que marchou a vivir á India coa súa nai que é doutora nunha ONG. Alí a nena, Usha (Uxía), coñece a Lakshmi e Deepak e faise amiga deles. Aprende canarés (lingua de Karnataka), novos costumes e lendas, enfróntase a dificultades imprevistas e adquire unha nova visión da vida.

   

3 anos: levaron 13 ovos. 4 anos: 3 ovos. 5 anos: 8 ovos. 1º curso: 6 ovos... e así sucesivamente.

Para que saibades como é a nosa incubadora aqui vos mostramos este dibuxo.

Este libro ensínanos que ata a lingua máis descoñecida é importante, porque é cultura, porque calquera cousa que se saiba é valiosa. Tamén que a auga é importante xa que en moitos lugares é un recurso natural escaso e non se debe estragar. E que non se debe chufar das cousas que se teñen porque a persoa que menos esperas pode darche unha sorpresa. Destaca o esforzo pola igualdade da muller porque as mulleres non teñen por que casar se non queren, non teñen que quedar na casa a traballar mentres os seus irmáns van estudar nin deixar que ninguén decida por elas. E, por último, ensínanos que non se é mellor persoa por ser dunha cor, dun país, por ter máis diñeiro ou ser máis guapo que os demais porque todos somos, por riba de todo, persoas. Gabriela Villar Costas e María Martínez García Ex-alumnas do cole e alumnas do IES Rodeira 44

FALADEIROS

Imaxe: alumnado de 4º curso.


COLABORACIÓNS CON OUTROS CENTROS

Óscar (o noso coidador) dounos moita información porque sabe moito sobre pitiños e contounos cousas moi interesantes como:  Para que naza o pitiño do ovo, o ovo ten que estar galeado. Que é iso de estar galeado? Galear é cando o galo fecunda a galiña. Logo, unha vez que a galiña poña o ovo, hai que poñelo ó calor, non poden pasar máis de sete días. Hai un aparello para saber se os ovos están galeados ou non.  A temperatura que teñen que ter os ovos é entre 37,5º e un máximo de 39º. Para que non baixe nunca desta temperatura, ten un sensor que controla a temperatura, se baixa destes grados, encéndense as luces.  Os ovos hai que colocalos coa punta cara abaixo. Hai que darlle a volta cada 8 horas; serían tres voltas ó día. Por isto, fíxose un mecanismo para darlle a volta porque as horas que non estamos no cole teríamos que ir a movelos. Coincide que se voltean ás 9 da mañán, 5 da tarde e 1 da madrugada.  Onde se colocan os ovos, debaixo ten unha rede porque dous días antes, os ovos colócanse sobre a rede para nacer. Tamén, debaixo da rede, hai unha bandexa con auga para manter o ambiente húmido.  A incubadora non está completamente pechada xa que ten uns buracos polos lados para recibir osíxeno, é imprescindible. Este foi o seguimento diario que fixemos ata que naceron os pitiños. Despois de esperar

moito tempo... porque se nos fixo moi longo, empezaron a nacer os primeiros pitiños. O primeiro foi de quirica e os padriños foron os nenos e nenas de 1º curso que lle puxeron de nome Patiñas de Cenoria, non conseguiu sobrevivir. A segunda foi Bailarina que tampouco sobreviviu; pero sí o terceiro!! foi Coco que si o puideron levar para casa. Este libro de familia (como non se ve moi claro) poñía: Data de nacemento / hora de nacemento / nome d@s madriñas-padriños (o nome do curso encargado) / nome do pito / especie. Os pitiños que naceron, despois de pasar uns días no colexio con nós, cada curso sorteou os seus, entre as nenas e nenos que teñen na casa un sitio o máis axeitado posible para o seu desenvolvemento e maior felicidade: un lugar ó aire libre. Unha moi boa experiencia!! que esperando, de novo para o curso que ven, volver a repetila. Redacción: alumnado de 5º curso FALADEIROS

45


Luís, xubílaste, xa cumpriches dabondo!! Agora ábrese un novo horizonte onde non estarás sometido a horarios, a prazos, a debates... onde poderás dedicarlle todo o tempo do mundo a todo o que che apaixona, que non son poucas cousas, cónstanos. Queremos agradecerche todos estes anos de dedicación e esforzo á tarefa docente, a túa ilusión por crear unha escola diferente, comprometida co coidado do medio ambiente, coa dinamización da lingua galega... Non podemos esquecer o teu labor no Centro de Formación do Profesorado durante 6 anos. As persoas que participamos nos cursos que organizaches só temos palabras de agradecemento para ti. Foron moitas as horas compartidas, pedímosche desculpas polos “erros” que seguro “padeciches” ao longo destes anos de convivencia, pero sabes, que, no fondo, somos boa xente e querémoste. Unha aperta das de verdade e boa travesía, capitán! Os teus compañeiros e compañeiras do CEIP A Rúa

Lerdas parvadas aguantaches. Uf! Que canso quedaches! Incluso gustaríanos verte máis. Sempre no corazón estarás. Pena nos da verte ir. Eras un bo profe. Rápido correxiches os exames, E con algúns moito tardaches. Zapatos de pequenos nos ataches. Alumn@s de 6º POESÍA PARA O PROFE LUÍS O profe Luís vaise xubilar, O próximo curso xa non estará O profe Luís vaise a xubilar, Polo patio xa non se verá. O profe Luís vaise xubilar, As súas bromas imos estrañar. Ao profe Luís coñecimos, Que é un profe moi divertido. As túas vacacións te mereces. Despois de dar clase tantas veces. Agora desexámosche un feliz cruceiro No teu barco, mariñeiro. O profe Luís vaise xubilar, Por favor, vennos visitar. Alumnos de 4º 46

FALADEIROS


Abril 2010 Querido Luís:

O PORTO QUEDA ATRÁS Ábrese a porta chirriante, o ruído e moi irritante. Entra Luís tan parlante, co seu corazón xigante. Calamos para poder atender, e así chegar a aprender. Luís lévanos de excursión, sempre con moita ilusión. Luís ten no peirao unha balea, é un barco veleiro no que navega. Sobe e baixa coas ondas do mar, e coas velas abertas de par en par. O seu barco é o mellor, dende babor a estribor.

Ti vaste do cole porque te xubilas e nós imos para o instituto. Son vidas moi distintas e unha nova etapa para nós e para ti, unha etapa que temos que intentar superar. Esperemos que teñas unha vida chea de ilusións e que poidas ir co teu barco de viaxe. Queremos agradecerche estes dous anos de paciencia con nós. Esperamos que pasaran tan rápidos para ti tamén. Tivemos o tempo suficiente para darnos conta de que es unha boa persoa e un bo profesor, aínda que ás veces nos mandases moitos deberes. Fuches o noso último profesor de primaria, e aprendemos moito contigo. Grazas por aguantar as nosas últimas parvadas. Todos esperamos que nos volvamos a encontrar. GRAAAZASSSS!!!!!! Os teus alumn@s de 6º

Hoxe ti tes que desembarcar, e nós teremos que virar. O PORTO QUEDA ATRÁS...

Este curso xubilouse Milagros, a limpadora que levaba con nós “toda a vida”. Sinceramente, era unha máis de nós, sempre pendente de todo, coidaba do centro como se fose a súa casa. Botarémola moito de menos, pero desexamos que a partir de agora poida dedicar o seu tempo ao descanso e ó lecer facendo aquelas actividades que máis lle gusten. Esperamos que de cando en vez veña visitarnos, sabe que aquí ten a súa casa e sentirémonos gozosos de recibila. FALADEIROS

47


ESPECIALISTAS

Durante este curso 2009-2010 a meirande parte dos/as mestres/as do CEIP A Rúa, desenvolvemos un Plan de Formación e Asesoramento en Centros denominado “Aprendizaxe en grupos cooperativos”. A iniciativa xurdiu cun dobre obxectivo: 1) Incrementar as vías de atención á diversidade no centro. 2) Adquirir novas estratexias que permitan que o noso alumnado acade o máximo desenvolvemento das súas capacidades e Competencias Básicas, ante a demanda do cambio metodolóxico que implica a nova filosofía da LOE. A aprendizaxe cooperativa amósase como unha posibilidade para dar resposta a ambas cuestións. As diferencias entre os/as alumnos/as contémplanse como un elemento positivo que facilita a aprendizaxe; cada alumno/a aprende dos demais e responsabilízase tanto da súa propia aprendizaxe como da dos seus compañeiros. Con esta finalidade comezamos alá polo mes de novembro, reuníndonos nas tardes dos xoves. Investigamos sobre a teoría, analizamos as diferentes modalidades de aprendizaxe cooperativa, reflexionamos sobre a nosa práctica diaria, realizamos xogos e dinámicas cooperativas para experimentar por nós mesmos o que iamos a levar ás nosas aulas, programamos distintas actividades para desenvolver en cada curso, e creamos un blog onde pretendemos recoller todo este traballo. O enderezo é: http:// gruposcooperativosarua.blogspot.com/ Tivemos a sorte ademais de contar con relatores do máis alto nivel nacional e internacional no eido da aprendizaxe cooperativa: Manolo Rei, Orientador Escolar, e Carles Monereo, profesor da Facultade de Psicoloxía na Universidade Autónoma de Barcelona. Foi, en resumo, unha experiencia moi enriquecedora que esperamos repercuta positivamente na calidade da aprendizaxe dos/as nosos/as alumnos/as.

Nesta sección do xornal, imos amosar (mediante debuxos) algúns dos diferentes xogos e actividades feitos polos rapaces e rapazas do segundo ciclo de Educación Primaria (3º e 4º) dentro do período lectivo e tamén os diferentes predeportes realizados fóra del (practicados nas actividades extraescolares, en clubes ou escolas deportivas municipais). Dende a área de Educación Física, consideramos o xogo como un elemento fundamental na metodoloxía da ensinanza. Isto é así, debido a que é unha necesidade da persoa dende que nace e que continúa ao longo da súa vida, posibilitándolle a expresión dos seus sentimentos, desexos, emocións...; configurándose, polo tanto, como un factor principal para o desenvolvemento motriz, social, cognitivo, afectivo... O xogo (en si mesmo) é unha actividade cotiá, para a que non é necesario motivar (posto que xa existe ou debe existir unha predisposición favorable por parte do alumno). Con el, trátase de aprender, divertíndonos. Velaquí algúns debuxos realizados polos alumnos do ciclo en relación a diferentes actividades postas en práctica no hora-

rio lectivo (tarefas para a mellora da coordinación dinámico - xeral, saltos e xiros nos diferentes eixes, actividades de coordinación segmentaria, xogos de habilidades ximnásticas...). Xa para rematar, é importante resaltar que non nos debemos esquecer de que todos formamos parte dunha sociedade na que deben estar presentes certos valores e pautas de comportamento, e dende a escola, debemos facelos mais evidentes se cabe. Para ter isto moi presente, elaboramos unha “Ola da Deportividade”, na que botaremos diferentes ingredientes para facer unha sopa. Se todos nos alimentamos con ditos ingredientes, seremos, sen dúbida, uns alumnos - deportistas ideais.

Debuxos de predeportes practicados polos nenos e nenas do ciclo, fóra do horario lectivo (ximnasia rítmica, natación, ciclismo, piragüismo...).

48

FALADEIROS



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.