Revista de CEIP Ramon Falcon

Page 1


O motivo que escollemos perante o curso 2003-2004 para desenrolar poderíase enmarcar con dúas palabras: ”A CASTAÑA”, ainda que sen desligalo da súa razón de ser: O CASTIÑEIRO. Do mesmo xeito que fixemos co tema da matanza e do millo (tratados, nos números anteriores desta revista), neste caso tamen procuramos abarcar o maior número posible de aspectos dende os que poder tratar todo o relacionado co tema e sempre encadrándoo no contorno do Colexio (a Terra Chá), levando a cabo unha serie de actividades adaptadas ós distintos niveis, coa participación de tódo-los cursos e mestres, encamiñadas a conquerir un

coñecemento o mais amplo posible de todo o relacionado coa castaña, tratando de insertalo e utilizalo nas celebracións tradicionais (Nadal, Antroido, Letras Galegas... ), como aporte de material co que, de forma creativa, “fabricar” distintos elementos que se poidan empregar nesas o noutras celebracións. No Colexio vense celebrando dende hai anos aló polo mes de novembro –e cando as castañas están no seu punto- “A FESTA DO MAGOSTO”, asando as castañas de dous xeitos diferentes: co tradicional bombo e no forno da cociña; este ano houbo, si cabe, unha especial celebración do magosto por estar traballando este tema.

Todo eso é o que tratamos de recopilar e reflexar na presente publicación, o nº 3 de “FACEMOS”, coa intención de mostrar o que “facemos” neste Colexio, sobre todo o que fan as nenas e nenos tal e como eles o elaboran, sin que pase pola transformación que supón mecanografialo. Queremos mostralo tal cual eles o escriben ou o debuxan, porque queremos supoñer que así vano sentir máis seu, vanse sentir mais identificados cos seus traballos. Nese senso, o Equipo de Normalización Lingüística somentes se encargou do tratamento informático do material para edita-la presente revista Equipo de Normalización Lingüística


SUMARIO



















CANCIÓN









Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.